platón. o mito da caverna 1

9
PLATÓN O MITO DA CAVERNA

Upload: honomastico

Post on 24-Jun-2015

1.078 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

O mito da caverna de Platón.

TRANSCRIPT

Page 1: Platón. O mito da caverna 1

PLATÓNO MITO DA CAVERNA

Page 2: Platón. O mito da caverna 1

Biografía• 428 ou 427 a.C. – Nace en Atenas no seo dunha familia

aristocrática con notable interese pola política.• Aos 20 anos, a fin de se preparar para a actividade

política, comeza os seus contactos con Sócrates.• 404 a.C. – Atenas é derrotada por Esparta, que impón

un réxime non democrático no que participaban algúns familiares de Platón. Este queda moi desencantado desta forma de goberno.

• 399 a.C. – Restablecida a democracia, Sócrates é xulgado e condenado a morte.• A raíz da morte de Sócrates, Platón sufre unha crise vital, política e filosófica que o leva a emprender unha serie de viaxes onde toma contacto con outras culturas e co saber dos pitagóricos, Heráclito, Parménides e os filósofos pluralistas.• 388 a.C. – De volta en Atenas funda a Academia onde no 367 a.C entrará a estudar Aristóteles.• Despois dunha serie de viaxes a Siracusa, onde quería poñer en práctica os seus ideais políticos, e de compoñer unha obra extensa e de gran calidade escrita en forma de diálogos, morre en Atenas no 347 a.C.

Page 3: Platón. O mito da caverna 1

Clasificamos os 36 diálogos de Platón que conservamosen 4 etapas:

- Período de xuventude ou socrático: Apoloxía de Sócrates, Protágoras, Eutifrón…- Período de transición: Gorxias, Menón, Cratilo…- Período de madureza: O banquete, Fedro, A República, Fedón…- Período de vellez: Teeteto, Parménides, Timeo, As leis…

Page 4: Platón. O mito da caverna 1

Influencias

Se opónaos

SofistasPitágoras

Heráclito Sócrates

Parménides

Page 5: Platón. O mito da caverna 1

HERÁCLITO• Heráclito de Éfeso (h. 544 – 484 a.C.),

alcumado “o Escuro” polo carácter enigmático das súas afirmacións, escribiu unha obra a modo de aforismos.

• Baixo a aparente pluralidade dos fenómenos existe un orde oculto (LOGOS) que a razón do home pode entender.

• A phisis está en constante devenir, porque o ser das cousas consiste nunha armonía que xurde da guerra entre os opostos.

• Non é doado coñecer este logos ou lei natural porque a natureza gosta de ocultarse.

Page 6: Platón. O mito da caverna 1

IDEAS DE PITÁGORAS• Pitágoras de Samos (h. 570 – 480 a.C.)

fundou en Crotona unha comunidade místico-filosófica, os pitagóricos.

• Os pitagóricos consideraban que os números constitúen o arxé ou principio de todas as cousas e que, polo tanto, permiten describir a realidade porque esta se ordena de acordo con principios matemáticos. Cos pitagóricos comeza a matematización do real.

• Crían tamén na metempsicose ou doutrina da transmigración das almas e no dualismo antropolóxico.

Page 7: Platón. O mito da caverna 1

PARMÉNIDES• Parménides de Elea (h. 540 – 470 a.C.)

fundou na cidade de Elea a escola eleáticaen aberta polémica co pensamento de Heráclito.

• Parménides expuxo a súa filosofía nun poema cuxas teses son as seguintes:

• O ser é e o Non-ser non é. O que significa que o ser é, e éimposible que non sexa, e pode ser pensado e comunicado. Pola contra o Non-ser non é, e é imposible que sexa, e non pode ser pensado nin comunicado.

• A partir destas premisas Parménides deduce loxicamente que o Ser é: Eterno, Inmóbil, Un, Pleno e Esférico.

• O movemento resulta imposible. É un engano dos sentidos.

Page 8: Platón. O mito da caverna 1

Sócrates• Sócrates nace en Atenas no 470 a.C. e morre no 399

a.C.

• Con el ten lugar o xiro antropolóxico na filosofía.

• Afirma que para chegar á verdade hai que recoñecer a propia ignorancia: “Eu só sei que non sei nada”.

• Sócrates pensa que mediante o diálogo se pode chegar a un coñecemento certo acerca da virtude, o ben e o mal, que culminaría nunha definición destes conceptos.

• O intelectualismo moral.

• O método socrático: a ironía e a maiéutica.

Page 9: Platón. O mito da caverna 1

O xuízo de Sócrates• No ano 399 a.C.,

restablecida a democracia en Atenas, Sócrates é acusado de impiedade e de corromper á xuventude.

• No xuízo é condenado a morte por inxestión de cicuta.

• Despois dun mes na cadea, e rodeado de discípulos, se cumpre a sentenza.