cuestiÓn teÓrica 7: os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

15
CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos IES JOJHAN CARBALLEIRA (BUEU)

Upload: gmarmarin

Post on 05-Aug-2015

90 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e

factores explicativos

IES JOJHAN CARBALLEIRA (BUEU)

Page 2: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

  O sector Primario

Na actualidade o sector primario só dá emprego ao 4,5% dos ocupados en España, e xera unha proporción algo inferior (4%) do PIB: a produción final agraria é hoxe un 30% superior á de hai un cuarto de século grazas ao seu maior grao de tecnificación.

O sector primario ten un valor estratéxico (autonomía alimentaria, achega de materias primas, manter poboación e emprego en áreas rurais, preservar o medio ambiente...).

Page 3: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Os grandes tipos de usos do solo: terras labradas

As terras labradas comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total de España) Esténdense polas grandes cuncas e vales interiores, (vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir), algunhas depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga, etc.) e o

litoral mediterráneo Son escasas tanto nas rexións do norte

peninsular, coma nas áreas de montaña e o arquipélago canario.

Page 4: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Os grandes tipos de usos do solo: terras labradas

• Nas terras labradas:

Cultivos de regadío

Cultivos de

secaño

Page 5: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Os grandes tipos de usos do solo: Os prados e pastos

Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total), ocupan as áreas máis húmidas, topograficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo.

ClasifÍcanse en: pradarías permanentes desde Galicia ao País Vasco (gando

vacún).

pastos estacionais no oeste (gandaría bovina, ovina e porcina)

pastos de altura, utilizados tradicionalmente por unha

gandaría transhumante principalmente ovina.

Page 6: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Os grandes tipos de usos do solo: Os prados e pastos

Pradarías permanentes

Prados estacionais

Prados de altura.

Transhumancia

Page 7: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Os grandes tipos de usos do solo: As áreas forestais

As áreas forestais: ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total), sobre todo nas rexións máis húmidas, nas principais cadeas montañosas da Península e nos arquipélagos . Nelas explótase a madeira e outros produtos complementarios (cortiza, froitos, etc.), e úsanse para a caza.

Page 8: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Os grandes tipos de usos do solo:

Os restantes usosOs restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas

(que constitúe o 17% da superficie total); inclúense desde os terreos ermos improdutivos ata as áreas urbanizadas, as ocupadas por infraestruturas

(como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) e os espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros).

Page 9: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Factores explicativos da distribución de usos do solo

As condicións naturais: - dominio atlántico: predominio de prados e bosques

- dominio mediterráneo: predominio de terras labradas

- dominio subtropical das illas Canarias: a aridez é o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas expostas aos ventos alisios.

- áreas montañosas : a elevada altitude e pendente, os solos pouco profundos e o descenso térmico favorecen a existencia de prados e bosques

- chairas: predominio das terras cultivadas

- o tipo de solo: a súa composición determina a súa fertilidade. Algúns están máis afectados pola erosión e son menos produtivos.

- A dispoñibilidade de auga: cultivos de secaño e de regadío

Page 10: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Factores explicativos da distribución de usos do solo

A evolución histórica e a estrutura da propiedade:

- paso dunha economía de subsistencia a outra de mercado- na gran propiedade, son habituais os usos extensivos con

poucos rendementos por hectárea ,pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles

- a pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendementos

- os latifundios: atópanse sobre todo en Andalucía, Aragón, Estremadura e en zonas da submeseta sur. Predominan pastos e cultivos de secaño

- os minifundios: predominan en Galicia, na submeseta norte e na Comunidade Valenciana. Destacan as terras labradas e o regadío. Na actualidade están modernizándose pola aplicación dunha política de concentración parcelaria.

Page 11: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Predominio de prados e bosques

nas montañas e no dominio oceánico

Predominio de terras labradas nas chairas e no

dominio mediterráneo

Page 12: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Solos fértiles

Solos erosionados

Page 13: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Cultivos de secaño

Page 14: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Factores explicativos da distribución de usos do solo

 

Cultivos de regadío

Page 15: CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Latifundios e minifundios