recomendacións preventivas de actuación ante árbores...

6
Recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas

Upload: others

Post on 12-Mar-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores …maderasdegalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/AlertaI...curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores

Recomendacións preventivas

de actuación anteárbores sentadas

Page 2: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores …maderasdegalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/AlertaI...curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 2

• Planifica os traballos: identifica as árbores que pola súa morfoloxía (p.e. curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores de bordo, pendente do terreo, en afección de tendidos eléctricos, vías, edificacións etc.) presentan maior dificultade para a súa corta, prestando especial atención a aquelas árbores que poidan necesitar unha axuda comple-mentaria (p.e. enganche con cabrestante de máquina ou manual etc.)

Denomínase árbore sentada a aquela árbore que unha vez que o motose-rrista realizou os cortes para a súa corta polo pé non cae ao chan, queda en pé sen iniciar a súa caída..

_Definición

_Recomendacións xerais

• Previamente á corta ten en conta as condicións atmosféricas existen-tes (p.e. vento, choiva etc.) e realiza unha avaliación específica de cada árbore (p.e. copa da árbore con pó-las danadas ou penduradas, direc-ción máis segura para a súa corta, vías de escape despexadas e limpas de obstáculos etc.)

1

2

PERIGO

PELIGRO

zonasegura

vía de escapevía de escape

Lembra que unha árbore sentada é un risco.

Planificar os tra-ballos e seguir un procedemento de traballo axeitado axuda a previr que as árbores queden sentadas.

PERIGO

zonasegura

45º45º

Dirección da corta

Page 3: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores …maderasdegalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/AlertaI...curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 3

3/4 1/4

Corte de entallaCorte de caída

Bisagra

45º

Anchura bisagra mínima 10% diámetro do tronco medido á altura do peito (aprox. 1,30 m)

Corte de caída

• Realiza os cortes para a corta correctamente e respecta a forma e dimen-sión establecida para a bisagra:

• Lembra dispoñer ao pé da árbore todas as ferramentas auxiliares de axu-da para a súa corta (p.e. cuñas e maza de golpeo). Podes levalas nun cinto portaferramentas, nunha mochila etc.

• Asegúrate de que podes comunicarte directamente co resto de compa-ñeiros do equipo de traballo (p.e. teléfono, emisora, código de sinais, sis-tema integrado en casco etc.), comprobando previamente aos traballos de corta que os dispositivos funcionan correctamente, teñen cobertura e dispoñen de batería cargada.

Page 4: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores …maderasdegalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/AlertaI...curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 4

Realiza a secuencia correcta de cortes para a corta polo pé en función das características da árbore que se vai cortar. No caso de que sexa necesario, utiliza a(s) cuña(s) para asegurar que a espada da motoserra non se quede atrapada e para dirixir a caída da árbore cara á zona planificada.

_Recomendacións específicas3

Se a árbore non inicia a súa caída, toma a decisión máis axeitada á situación que se che presente:• Se observas que podes cambiar a dirección da corta e estás seguro de que

cortarás a árbore sen problemas cara a esa nova dirección, e dispós de novas vías de escape, realiza un novo corte a uns 10 cm como mínimo por enriba do primeiro na dirección escollida.

• Se observas que non podes cambiar a dirección da corta e que a árbore está asegurada, é dicir, que ten os cortes ben realizados respectando a bisagra obrigatoria e cunha/s cuña/s introducidas no corte de caída, podes saír da zona de influencia da árbore pola(s) vía(s) de escape sen perder de vista a árbore, pide axuda e informa ao resto de compañeiros do monte, e sinali-za a zona de influencia da árbore que está sentada cando sexa necesario. A entrada e saída a base da árbore, tanto para ti motoserrista como para os medios de axuda (p.e. maquinaria, peón etc.) realizarase polas vías de escape establecidas.

Ten en conta que se a árbore non está asegurada, permanecer na base á espera de que a árbore ini-cie a súa caída, avisando o resto de compañeiros de tal situación de risco, é a situación máis segura para ti. Unha vez que inicia a súa caída, abandona a base da árbore sen perdela de vista e colócate nunha zona segura para non ser alcanzado.

Page 5: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores …maderasdegalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/AlertaI...curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores sentadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 5

1_ Informa o resto de compañeiros en monte da existencia da árbore sentada. Indica aos medios de axuda (p.e. maquinista, peón etc.) a dirección das vías de escape que aseguraches para a entrada e saída da árbore.

2_Nunca abandones o monte deixando unha árbore sentada sen sinalizar. Aplica todas as medidas necesarias ou solicita axuda para abatelo.

3_É importante que dispoñas dunha formación e información axeitada e suficiente do teu posto de traballo.

_Lembra4

NUNCA TRABALLES DE XEITO ILLADO NO MONTE

Page 6: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores …maderasdegalicia.com/wp-content/uploads/2019/02/AlertaI...curvatura, grosor, ramosidade etc.) ou localización (árbores

ISSGA.XUNTA.GAL

Inst

ituto

Ga

lego

de

Se

gurid

ade

e Sa

úde

Labo

ral

- Is

sga:

Ge

ma

Bert

oa

Veig

a, Es

trel

la

Canc

io

Fern

ánde

z,Es

ther

Var

ela

Cerd

eira

, Héc

tor

Gonz

ález

Nov

oa, R

aque

l Bl

anco

Silv

a · C

onfe

mad

era

Galic

ia: J

osé

Ánge

l Go

nzál

ez R

íos

Ence

: Rob

erto

Man

teig

a Ló

pez,

Ósca

r Fer

nánd

ez C

arro

· Fi

nsa:

Man

uel P

érez

Pér

ez, C

arlo

s Ig

lesia

s Da

pena

· DL

: C 19

62-2

017

Recomendacións preventivas de actuación anteárbores sentadas