Árbores de galiza

43

Upload: isabel-de-la-santisima-trinidad

Post on 11-Mar-2016

265 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Herbario feito polos nenos e nenas do 2º Ciclo

TRANSCRIPT

Page 1: Árbores de Galiza
Page 2: Árbores de Galiza

Bidueiro –Abedul – Betula pendula

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca.

As súas follas son dentadas e con forma de corazón.

Necesita moita auga; crece moi ben preto dos ríos.

Page 3: Árbores de Galiza

Acacia

CARACTERÍSTICAS:

De orixe australiano e africano.

Árbore leguminoso, de folla perenne.

As follas lanceoladas son de cor verde claro e delgadas.

As follas en forma de racimo son de cor amarelo.

Adáptase a todo tipo de chan.

Page 4: Árbores de Galiza

Acivro – Acebo – Ilex aquifolium

CARACTERÍSTICAS:

Ten follas duras de cor verde oscuro, enceradas e dentadas. Folla perenne.O seu froito son boliñas de cor vermella brillante . Poden chegar a ser peligrosos.Danse en zonas frías.É unha especie protexida.

Page 5: Árbores de Galiza

Aciñeira – Encina – Quercus ilex

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca, moi resistente ao vento e a contaminación.O seu tronco é curto e as polas son rectas e ascendentes.As súas follas son coriáceas; ovaladas e, nas beiras, onduladas con dentes. O seu froito son as landras.A súa madeira é moi resistente.

Page 6: Árbores de Galiza

Ameneiro – Alisio – Alnus glutinosa

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca , arredondeada de base puntiaguda e as beiras onduladas e dentadas. Ten flores brancas formando espigas.Vive preto dos ríos.

Page 7: Árbores de Galiza

Buxo – Boj - Buxus microphila japónica

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto de folla perenne. De crecemento lento que pode durar varios séculos.As súas follas son pequenas, ovaladas e moi brillantes.As flores son de pequeño tamaño e os froitos son unhas boliñas vermellas tóxicas.A súa madeira era típica para facer as gaitas.

Page 8: Árbores de Galiza

Camelia – Camellia japónica

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla perenne, de crecemento lento.Ten orixe xaponés. Moi corriente nos xardíns galegos.As súas follas son pecioladas, coriáceas, brillantes e de cor verde oscuro.Ten flores solitarias de distintas cores

Page 9: Árbores de Galiza

Carballo – Roble – Quercus robus

CARACTERÍSTICAS:

Árbore mitolóxica de Galicia. Pode vivir mil anos.Árbore de folla caduca.As follas son simples, ovais e lobuladas ( entre tres e cinco lóbulos por banda). Rematan por riba de forma redondeada.

Page 10: Árbores de Galiza

Carqueixa – Carquesa - Chamaespartatumtridentatum

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto de moito ramallo. Non ten follas. Ten unha especie de dentes. Sen talo, é correoso.As súas flores son amarelas.Dase nas zonas altas e frías. Sirve de comida para o gando e para encender o lume.

Page 11: Árbores de Galiza

Carrasca – Brezo – Calluna vulgaris

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto típico dos montes atlánticos.Resistente ao vento e ao frío. De pequena altura, pode chegar a medir un metro.Ten flores pequeniñas de cor púrpura.Da ao monte unha cor sensacional.

Page 12: Árbores de Galiza

Castiñeiro – Castaño – Castanea sativa

CARACTERÍSTICAS:

Árbore cultivada dende moi antigo.Árbore de folla caduca, alongada e dentada.É tipico do clima atlántico.O seu froito é a castaña.

Page 13: Árbores de Galiza

Choupo Branco – Álamo Blanco – Populus alba

CARACTERÍSTICAS:

As follas teñen forma variada. Distínguense porque nun lado son de cor verde e no outro de cor blanca tormentosa . Folla caduca.Chámanlle a “ dama do bosque “.A súa madeira é lixeira e porosa.

Page 14: Árbores de Galiza

Choupo – Chopo – Populus nigra.

CARACTERÍSTICAS:

A súa folla é triangular, con forma de corazón. Folla caduca.Crece nos bosques e sobretodo preto dos ríos.Aprovéitaselle a madeira.

Page 15: Árbores de Galiza

Espiñeiro–Espino albar –Crataegus oxyacantha

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto de folla caduca. Pode chegar a medir ata 10 metros de altura.Ten o tronco grisestriado. As súas follas son lobuladas, cos extremos redondeados.As súas flores son de cor branca. Os seus froitos son boliñas de cor vermella forte.

Page 16: Árbores de Galiza

Eucalipto – Eucaliptus globulus

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca, que pode chegar a ser altísimo. A súa orixe é australiana.Ten o tronco dereito e liso.As follas son alongadas, duras, de bordes lisos e en forma de fouce. O cheiro das súas follas é moi coñecido.Úsase en medicina.

Page 17: Árbores de Galiza

Freixo –Fresno – Fraxinus excelsior

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca.As súas follas son compostas, lanceoladas e aserradas. Teñen propiedades medicinais.A súa madeira é fácil de traballar.Vive preto dos ríos.

Page 18: Árbores de Galiza

Loureiro – Laurel – Laurus nobilis

CARACTERÍSTICAS:

Árbores de folla perenne.As follas son coriáceas, lanceoladas e cor verde escuro moi pálida no envès. O rompelas e rozalas na man dan un cheiro característico.Utilízanse na cociña.

Page 19: Árbores de Galiza

Limoeiro – Limonero – Citrus limón

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla perenne, de pequeño tamaño ( 3-6 metros).Non soporta condicións extremas.Ten moitas ramas de espiñas duras. As súas follas son simples; de cor verde brillante, de forma ovalada. Ten flores blancas ( azahar) cun cheiro moi agradable.O seu froito é o limón e é comestible.

Page 20: Árbores de Galiza

Maceira – Manzano – Pyrus malus

CARACTERÍSTICAS:

Non se coñece a súa orixe. Árbore de folla caduca. Pode chegar ata os 10 metros de altura.As súas follas son ovaladas, lixeiramente dentadas, con peliños no envés.Ten flores de cor branca, aromáticas. O seu froito é a mazá; é comestible.Non resiste os climas extremos; de clima templado.

Page 21: Árbores de Galiza

Nogueira – Nogal – Junglans regia

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca. Pode chegar ata os 25m de altura. Necesitan humidade.O seu tronco é grisáceo e liso.As follas son lanceoladas e ovaladas. Teñen o borde enteiro.Os seus froitos son os conchos ou noces e son comestibles. Teñen unha cuberta leñosa.

Page 22: Árbores de Galiza

Oliveira – Olivo – Olea europaea

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla perenne; de tamaño mediano, moi ramoso e con tronco nudoso. Pode vivir moitisimo tempo.O seu froito é a oliva.

Page 23: Árbores de Galiza

Olmo - Olmo - Ulmus

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca, acorazonadas e asimétricas.O seu tronco é dereito e robusto. A cortiza é lisa e marrón tirando a gris.Vive na montaña, preto dos ríos e correntes de auga.A súa madeira foi moi apreciada. Ten e tivo moita importancia en medicina.

Page 24: Árbores de Galiza

Pereira – Peral – Pyrus communis

CARACTERÍSTICAS :

Existen moitas variedades.Árbore de folla caduca e redondeada.O seu froito é a pera.Coa súa madeira pódese facer carbón.Necesita auga e sol moderado.

Page 25: Árbores de Galiza

Piñeiro – Pino – Pinus pinaster

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla perenne ; tronco dereito e algo flexuoso.As súas follas son aciculares , moi longas e duras , verdes , punzantes . Sempre reunidas en grupos .O seu froito é a piña . Cómese a semente que se chama piñón.

Page 26: Árbores de Galiza

Plátano – Plátano de paseo – Platanus hispánica

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca que pode chegar a medir 50 metros.Son árbores de xardín.O seu tronco é groso e dereito .As follas son moi grandes. Teñen de tres a cinco lóbulos triangulares con incisións pouco profundas.O seu froito é unha bola rodeada de pelos.

Page 27: Árbores de Galiza

Pradairo – Arce – Acer pseudoplatanus

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca. As follas teñen cinco lóbulos , tres lóbulos principais grandes e dous laterais.O seu tronco é moi recto e pode chegar ata 35 metros.Vive en solos fértiles profundos dos bosques atlánticos.

Page 28: Árbores de Galiza

Sabugeiro – Sauco – Sambucus nigra.

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto que crece onde hay moita humidade . É unha planta medicinal . As follas son compostas, opostas, lanceoladas e aserradas.Folla caduca .Tronco moi mol. Flores blancas e compostas.O seu froito son boliñas negras.

Page 29: Árbores de Galiza

Salgueiro –Sauce – Salís atronicera

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca.As súas follas son alongadas, máis anchas arriba que abaixo.O seu tronco é pardo e grisáceo.Crece nas beiras dos ríos.

Page 30: Árbores de Galiza

Sauce Chorón – Sauce Llorón – Solix babylónica

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca. Follas estreitamente lanceoladas.As ramas son delgadas, verdes pálidas e moi longas.Necesitan moita auga.Utilízanse en medicina.

Page 31: Árbores de Galiza

Sobreira – Alcornoque- Quercus suber.

CARACTERÍSTICAS:

Árbore de folla caduca, tronco groso e dereito. Produce a cortiza.As súas follas son ovais, ríxidas, con espiñas na beira.O seu froito son as landras.Vive en sitios frescos. Pode durar ata 500 anos.

Page 32: Árbores de Galiza

Toxo – Tojo – Ulex europeaus

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto moi espiñento. Carece de verdadeiras follas. Ten espiñas moi longas.As súas flores son de cor amarelo, olorosas e con peliños.É típico do clima atlántico.

Page 33: Árbores de Galiza

Xesta – Retama – Cytisus scoparius

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto sagrado para os galegos; florece en Maio, por iso tamén se lle chama “ maio”. Formado por ramiñas alongadas, inclinadas e tumbadas. As flores son grandes e de cor amarela, pero hainas tamén de cor blanca.O seu froito é oblongo con pelos pardos.Dase nos claros do bosque.

Page 34: Árbores de Galiza

Xilbardeira – Arrayán – Ruscus aculeatus

CARACTERÍSTICAS:

Arbusto de folla perenne, sempre verde. Pode chegar a medir 1,5 metros de altura.As súas follas son ovais, lanceoladas e duras.Os seus froitos son unhas boliñas vermellas.É típico dos bosques galegos. Úsase en medicina como diurético.

Page 35: Árbores de Galiza