Árbores de xardín (varios)

81
ÁRBORES ÁRBORES ORNAMENTAIS ORNAMENTAIS

Upload: monadela

Post on 27-Jun-2015

493 views

Category:

Education


12 download

TRANSCRIPT

Page 1: Árbores de xardín (varios)

ÁRBORES ÁRBORES ORNAMENTAISORNAMENTAIS

Page 2: Árbores de xardín (varios)

MAGNOLIASÁrbores ou arbustos da familia da magnoliáceas orixinarias de Asia, América, As Antillas e Filipinas con folla persistente ou caediza e flores grandes e chamativas. Son especies moi primitivas o que se aprecia na súa estrutura floral, pola disposición e o grande número dos órganos de reprodución das flores.

En Galicia son moi abundantes nos xardíns dos pazos e cidades e cultívanse diversas variedades. As máis comúns son a M. grandiflora e a M. soulangeana. Tamén aparecen puntualmente a M. acuminata (a máis destacada atópase no Xardín das Angustias de Ferrol) e M. Campbelli (pazo de Santa Cruz de Rivadulla).

Page 3: Árbores de xardín (varios)

MAGNOLIA (Magnolia grandiflora)

Árbore de copa cónica e ampla que pode acadar os 25 m de altura, co toro dereito e robusto e a tona gris, fendida en pequenas placas.É orixinaria dos montes de California

As follas son persistentes, simples de forma lanceolada coa beira enteira, de ata 25 cm de lonxitude e 10 cm de ancho. Son duras, lisas e brillantes polo dereito e castañas e peludas polo envés.

Page 4: Árbores de xardín (varios)

As flores son simples e completas, moi grandes (ata 25 cm de diámetro), formadas por 3 sépalos verdes, 6-12 pétalos brancos e carnosos e numerosos estames de cor púrpura dispostos en espiral e tamén numerosos ovarios.

Os froitos agrúpanse nunha estrutura semellante a unha piña de cor vermella, de 10 cm de lonxitude que cando abre deixa ver as sementes ovais, negras e brillantes, colgadas de pequenos rabiños vermellos.

Page 5: Árbores de xardín (varios)

Magnolia grandiflora de Santa Rita. (Narón-A Coruña). É a máis vella das que se coñecen en Galicia. Ten máis de douscentos anos, mide 14 m de altura e 6 m de perímetro troncal.

Page 6: Árbores de xardín (varios)

Magnolia grandiflora do Pazo de Rubiáns (Vilagarcía-Pontevedra). Neste pazo hai dúas magnolias de 19 m de altura con máis de 160 anos.

Magnolia grandiflora do Pazo Serantellos (Cambados-Pontevedra). Ten arredor de 150 anos e mide 15 m de altura e 4 m de diámetro troncal.

Page 7: Árbores de xardín (varios)

MAGNOLIA SOULANXEANAMagnolia de folla caediza que non acada tanto tamaño e florece profusamente antes de botar as follas a finais do inverno e comezos da primavera. As flores son brancas por dentro e de cor rosa craro a rosa púrpura por fóra.

Pazo de Gandarón. Carballeira. (Pontevedra). Foi plantada a finais do século XIX e ten arredor de 16 m de altura.

Page 8: Árbores de xardín (varios)

TULIPEIRO DE VIRXINIA (Liriodendron tulipefera).

É unha árbore da familia das magnoliáceas con vistosas flores e que no outono adquire unha fermosa cor amarela.

Tulipeiro de Virxinia. Parque de Castrelos (Vigo). Mide 28 m de altura e case 6 m de perímetro troncal.

Page 9: Árbores de xardín (varios)

TILLEIRAS Árbores da familia da tiliáceas de copa ampla, abombada e mesta que pode acadar os 30 m de altura. É orixinaria do Sureste de Europa e Asia Menor. As máis comúns son a tilleira de folla grande (Tilia platyphyllos) e a tilleira prateada (Tilia tomentosas)

Follas de Tilia platyphyllos.

Flores de Tilia tomentosa. O rabo floral leva unha bráctea laminar típica de forma oval-alongada que se separa do mesmo na metade. Desprenden un olor característico.

Page 10: Árbores de xardín (varios)

Tilleiras (Tilia platyphyllos) do Pazo de Oca. (A Estrada-Pontevedra). Arredor de 50 exemplares de máis de 100 anos e ata 30 m de altura, dispostos en dúas fileiras.

Tilleiras prateadas (Tilia tomentosa) do mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea-Ourense). Cinco exemplares, o máis grande de ata 26 m de altura. Foron plantados hai uns 70 anos.

Page 11: Árbores de xardín (varios)

PLÁTANO DE SOMBRA (Platanus acerifolia)Árbore da familia das platanáceas, de copa ampla e alta que pode acadar os 50 m, co toro dereito e forte. A tona é de cor verde-gris e despréndese en placas que deixan manchas de cor amarela crara.É un híbrido entre o platano occidental, orixinario do leste de Norteamérica e o oriental, orixinario do surleste de Europa. Medra rapidamente e soporta moi ben os ambientes das cidades e a contaminación.

É unha das árbores máis comúns nos parques, á beira das estradas e rúas. En Galicia atópanse numerosos exemplares monumentais.

Alongos (Toén)

Page 12: Árbores de xardín (varios)

As follas son caedizas, simples e alternas e poden superar os 20 cm de lonxitude. Son de cor verde brillante polo dereito e máis craras e con borra polo revés.

As flores femininas e os froitos nacen en agrupacións esféricas que aparecen en ramiños.

Page 13: Árbores de xardín (varios)

Plátanos do Pazo de Castrelos. Os máis grandes miden 46, 45 e 38 m de altura e máis de 5 m de perímetro troncal.

Plátanos do Pazo Mariñán (Bergondo. A Coruña). Foron plantados a finais do século XIX. Algúns exemplares acadan 50 m de altura. a case 6 m de perímetro troncal.

Page 14: Árbores de xardín (varios)

Plátanos da praza de Azcárraga (A Coruña).

Plátanos do Pazo de Dompiñor (O Incio-Lugo). O máis grande ten 46 m de altura.

Page 15: Árbores de xardín (varios)

CARBALLO AMERICANO (Quercus rubra)Árbore da familia das fagáceas que pode medir ata 25 m de altura, co toro dereito e forte e tona de cor gris prateada crara e con estrías. Os froitos (landras) tardan dous anos en completar o seu desenvolvemento.As follas son simples, de 10 a 25 cm de lonxitude, ovais, lobuladas e dentadas. Son caedizas e coloréanse vivamente no outono.É orixinaria do leste de América do Norte.

Page 16: Árbores de xardín (varios)

Carballo americano. O Castro (Vigo).

Page 17: Árbores de xardín (varios)

Carballo “fastiguiata” do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla. Ten arredor de 150 anos e mide máis de 32 m de altura e 4 m de perímetro troncal.

Carballo “fastiguiata” do xardín de Padrón. Mide 26 m de altura e foi plantado na segunda metade do século XIX. É unha variedade que se caracteriza polas ponlas erguidas.

Page 18: Árbores de xardín (varios)

CARPE (Carpinus betulus)Árbore da familia das betuláceas que pode acadar os 30 m de altura. É orixinario de Europa e do suroeste de Asia. En Galicia non é moi común.

As follas son caedizas, simples, de forma ovada coa beira doblemente dentada e no outono adquiren unha cor amarela moi viva.Os froitos son aquenios rodeados dunha brácteas trilobuladas

Carpes do Pazo de Castrelos (Vigo). Miden de 23 a 30 m de altura.

Page 19: Árbores de xardín (varios)

LIQUIDAMBAR (Liquidambar styraciflua)Árbore de orixe americana, da familia das hammaelidáceas que pode acadar 40 m de altura. A tona nas ponlas medra en forma de costelas de cortiza. As follas son palmeadas e no outono adquiren unha coración moi viva que vai do púrpura ao amarelo.

Page 20: Árbores de xardín (varios)

Liquidámbar no pazo de Torrecedeira (Redondela), os máis grandes de Galicia (acadan 35 m de altura).

Page 21: Árbores de xardín (varios)

ARCESSon árbores da familia das aceráceas, de follas opostas e lobuladas e cos foitos con ás (sámaras dobles). Son árbores moi valoradas para os parques e xardíns, en especial polas vivas cores das súas follas no outono.

Page 22: Árbores de xardín (varios)

Arce americano (Acer negundo). Ramo con froitos. Orixinario de América do Norte. Coas follas opostas e compostas.

Page 23: Árbores de xardín (varios)

Acer palmatum. Nos parques e xardíns atópanse moitas variedades de arces coas follas simples e palmeadas de fermosas cores no outono.

Page 24: Árbores de xardín (varios)

Arce real (Acer platanoides). Parque de Castrelos (Vigo). Mide 34 m de altura.

Page 25: Árbores de xardín (varios)

Freixo florido do Pazo Mariñán. (Bergondo). Mide 13 m de altura.

FREIXO FLORIDO (Fraxinus ornus)

Ten as flores moi vistosas, hermafroditas, de cor branca agrupadas en grandes acios terminais.

Page 26: Árbores de xardín (varios)

SÓFORA DO XAPÓN (Sophora japonica)Árbore da familia das leguminosas orixinaria da China. Ten as follas compostas e froitos formados por legumes carnosas.

Sóforas dos Xardíns do Posío (Ourense). Teñen máis de 100 anos. A máis grande mide 20 m de altura e máis de 3 m de perímetro troncal.

Page 27: Árbores de xardín (varios)

Sófora da variedade “pendula” do Pazo de Lourizán (Pontevedra).

Page 28: Árbores de xardín (varios)

CASTIÑEIRO DAS INDIAS (Aesculus hippocastanum)Árbore da familia das hipocastanáceas, orixinaria dos Balcáns coa copa abombada e densa, que pode acadar os 30 m de altura. A tona é de cor parda escura con fisuras.As follas son caedizas compostas-palmeadas, moi grandes, formadas por 5-7 foliolos ovovados, rematados en punta e coa beira serrada.As flores son hermafroditas, de cor branca ou rosada, agrupadas nunha panícula vertical. Florece en abril.

É unha árbore empregada desde antigo como ornamental e moi popular en Galicia.

Page 29: Árbores de xardín (varios)

Os froitos (castañas de indias, chamadas tamén castañas das Bruxas) son esféricos e espiñentos, de cor verde e ao abrir liberan as sementes, xeralmente unha, de forma globular e cor castaña brillante.Úsanse tradicionalmente para dar sorte e espantar as meigas. Tamén se poñían nos ropeiros para que non se picase a roupa. A tona da árbore e as castañas son vasoconstrictoras e empregábanse en mediciña popular contra as hemorroides.

Page 30: Árbores de xardín (varios)

Castiñeiro de Indias do xardín de Padrón. Mide arredor de 29 m de altura.

Castiñeiros de Indias da Alameda de Vigo.

Page 31: Árbores de xardín (varios)

OMBÚ (Phytolaca dioica)Árbore da familia das fitolacáceas de orixe sudamericana que destaca pola estrutura do seu toro, ancho na base e que forma ocos e ramificacións. Xeralmente a folla é persistente pero en Galicia, polo clima, compórtase como caediza.

Os máis grandes atópanse en Oleiros, Pazo de santa Cruz de Rivadulla, Casa-museo de Rosalía de Castro (Padrón) e xardíns Méndez Núñez (A Coruña).

Ombú do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Mide 11,5 m de altura.

Page 32: Árbores de xardín (varios)

Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz. (Oleiros-A Coruña). Ten 13 m de altura e un toro formado por varios brazos cun perímetro en conxunto de 15 m.

Page 33: Árbores de xardín (varios)

METROSIDEIRO (Metrosideros excelsa)

Árbore orixinario de Nova Zelanda, raro en Galicia. Destaca polas raíces aéreas que colgan dos seus talos.

Metrosideiro do Patio da Policía Municipal (A Coruña). Ten máis de cen anos e mide 18,50 m de altura e 6,38 m de perímetro troncal.

Metrosideiro do xardín da Torre de Andrade. (Pontedeume). Ten 22 m de altura e 5 m de perímetro troncal.

Page 34: Árbores de xardín (varios)

BUXO (Buxus sempervirens)Arbusto ou árbore da familia das buxáceas que pode acadar os 5 m de altura coa copa baixa e densa. As follas son persistentes, simples, opostas, de forma elíptica ou ovada, de ata 15 mm de lonxitude, de cor verde escura e coirentas, e co peciolo curto. As flores nacen en distinto pé e son moi pequenas. Os froitos son cápsulas pequenas e duras que se abren en tres partes.É unha especie orixinaria de Europa, norte de África e sudoeste de Asia, cultivada desde moi antigo para formar sebes e abeirar paseos. É habitual formar sebes artísticas e labirintos.

Page 35: Árbores de xardín (varios)

Buxos do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra-A Coruña). Son os máis vellos de Galicia. Atópanse formando paseos e algúns en estado silvestre. Os máis grande miden 8 m de altura e teñen arredor de douscentos anos.

O buxo atópase naturalizado en Galicia, sobre todo nas serras orientais, onde algúns autores opinan que é espontánea.A súa madeira é moi apreciada para torneado e emprégase para instrumentos musicais, sobre todo para gaitas. En moitos casos chámaselle erroneamente mirto.

Page 36: Árbores de xardín (varios)

Tarde de húmidos azuis.Neste abril de aire de árbores,un vello xardín pacego-entre verdes de buxosverdes, de loureiros,de tilos-e un rumor de augaspor caneiros e fontesapaga tódalas voces.

Luis Rei Núñez

“Oca. A Ronda Invisible”. Buxos do Pazo de Oca (A Estrada-Pontevedra). Os máis grandes miden 13 m de altura.

Page 37: Árbores de xardín (varios)

Buxos na illa de San Simón

Page 38: Árbores de xardín (varios)

MIRTA (Myrtus conmunis)

Arbusto de orixe mediterránea da familia das mirtáceas, que pode acadar 5 m de altura. É moi raro en Galicia e atópase naturalizado nalgúns bosques e cultivado nos xardíns.

Os máis antigos e de maior tamaño están no Pazo de Mariñán (Bergondo), con 5 m de altura e máis de 150 anos.

Crara noite,piano entre magnolias,voz de mirto ou de oboe.

Luis Pimentel “Sombra do aire na herba”

Page 39: Árbores de xardín (varios)

Mirtos no bosque do Pego, á beira do Ulla.

Page 40: Árbores de xardín (varios)

RODODENDRO (Rododendron arboreum)

Arbusto ou árbore que pode acadar 15 m de altura coas follas persistentes simples, alternas e de forma lanceolada coa beira enteira. Atópase cultivado en gran cantidade de parques e xardíns.

Rododendro do Pazo de Castrelos

Page 41: Árbores de xardín (varios)

Rododendro do pazo de Serantellos (Cambados-Pontevedra). Dous exemplares de 12,5 e 13,5 m de altura e aproximadamente 150 anos.

As flores dos rododendros son hermafroditas, coa corola acampanada e agrupadas en ramiños. As cores varían de branca a encarnada, rosa ou púrpura.

Page 42: Árbores de xardín (varios)

GINKGO (Ginkgo biloba)Árbore ximnosperma da familia das ginkgoaceas coa copa irregular, delgada e estreita, que pode acadar os 30 metros de altura. O toro é dereito pouco ramificado, coa tona de cor gris-castaña crara con sucos e fendas.

É unha especie dioica. As flores masculinas son amentos cilíndricos de cor amarela, as femininas son de forma esférica, pequenas e de cor verde, sen pétalas e formadas por dous primordios seminais. Saen en grupos de 2-3.As follas son caedizas, simples, de ata 10 cm de lonxitude, con forma de abano.A semente está rodeada dunha envoltura carnosa que ao madurar é de cor amarela e de olor desagradable.

Page 43: Árbores de xardín (varios)

Ginkgos do Xardín de Fonseca. Santiago. Miden 26 e 21 m de altura e teñen arredor de 130 anos.

O ginkgo e orixinario da China e consídérase un fósil vivo por ser o único representante actual de especies do Xurásico. Moi valorado en xardinería pola vistosa cor amarela das súas follas en outono.

Page 44: Árbores de xardín (varios)

ALCIPRESTESCo nome nome común de alcipreste coñencense varios xéneros de ximnospermas da familia das cupresáceas (Cupressus, Chamaecyparis e Thujas), que se caracterizan por ter as follas escamiformes, as flores femininas e masculinas separadas no mesmo pé ou en pés diferentes e os conos pequenos e globulares. A principal característica é o seu porte columnar-cónico e as ponlas cilíndricas.

Page 45: Árbores de xardín (varios)

ALCIPRESTE MEDITERRÁNEO (Cupressus sempervirens). Orixinario do sudoeste de Asia e leste do Mediterráneo.

Alcipreste mediterráneo do Mosteiro de Ferreira de Pantón. Mide 16,50 m de altura.

Alcipreste mediterráneo. Casa da Cultura. Quiroga. Mide 27,50 m de altura.

Page 46: Árbores de xardín (varios)

Alcipreste mediterráneo. Samos (Lugo). Ten perto dos 500 anos e mide 26 m de altura e 3,25 m de perímetro troncal.

“O ALCIPRÉS E A ERMIDA”,Millenta soles deron volta ó mundodesque unha santa man benedictinachantou en terra este alciprés altivocabo da ermida. As sedentas raíces alongadasó maino río, as ponlas arrandeana luminosa outura dos frolidoscampos de estrelas.O tronco forte, ríxido e cincentoenmantado en follaxe verdemouro,vive sereo, estático, calado,místico ensono. .....

Ramón Cabanillas en “Samos”, 1958.

CRENZAS E COSTUMESOs ramos de alcipreste úsanse contra o mal de ollo.

CANTARESAlcipreste non se regaporque na lentura nace;amor firme non se esquecepor máis traballos que pase.

Page 47: Árbores de xardín (varios)

ALCIPRESTE DE CALIFORNIA Cupressus macrocarpaÉ orixinario da península de Monterrei, en California. Ten a copa máis redondeada e aplanada. As follas desprenden arume a limón ao seren fregadas.

Xardín do Malecón. (Ortigueira-A Coruña). Impresionante paseo de alciprestes formado por 15 exemplares. Os máis antigos foron plantados a finais do século XIX, miden máis de 22 m de altura e 7 e 6 m de perímetro troncal.

Page 48: Árbores de xardín (varios)

Alcipreste de California. Pazo de Quintáns (Meis-Pontevedra). Ten uns 140 anos. Mide 30 m de altura e 8,6 m de perímetro troncal.

Alcipreste de California. A Misericordia (Viveiro-Lugo). Ten uns 130 anos e mide 23 m de altura e 8 m de perímetro troncal.

Page 49: Árbores de xardín (varios)

ALCIPRESTE DE LAWSON (Chamaecyparis lawsoniana). É orixinario de Oregón e California. O xénero Chamaeciparis caracterízase por ter as ponlas aplanadas e os conos moi pequenos.

Alciprestes de Lawson. Castelo de Soutomaior. Foi plantado a fináis do século XIX. Mide 31 m de altura. O toro está formado por seis brazos que se ramifican desde abaixo e que en conxunto miden máis de 6 m de contorno.

Alciprestes de Lawson. Casa dos Quiroga, Hospital (O Incio-Lugo). Miden 24 m de altura e arredor de 9 m de perímetro troncal.

Page 50: Árbores de xardín (varios)

TUIA XIGANTE (Thuja plicata)Son árbores orixinarias de América do Norte. As ponlas son aplanadas e as follas, ao fregalas, despiden un olor a limón e eucalipto mesturado. Os conos son pequenos e alongados.

Tuia xigante do Pazo Torres Agrelo (Redondela-Pontevedra). Medía 32 m de altura e un raio rompeu o toro principal.

Page 51: Árbores de xardín (varios)

CALOCEDRO DE CALIFORNIA (Calocedrus decurrens). Cupresácea de porte columnar, coas ponlas aplanadas. É orixinaria do oeste de Norteamérica.

Calocedro do Castelo de Soutomaior (Pontevedra).

Page 52: Árbores de xardín (varios)

ARAUCARIASConíferas de folla perenne con toros monopódicos e ponlas verticiladas, coas follas escamiformes, agudas e duras, de tamaños variados. Os conos desfanse na árbore.

ARAUCARIA DO BRASIL (Araucaria angustifolia).Xardín de Caldas (Pontevedra). Mide 32 m de altura.

Page 53: Árbores de xardín (varios)

ARAUCARIA EXCELSA(Araucaria heterophylla)Pazo de Lourizán (Pontevedra). Mide 33 m de altura e 3,10 de perímetro troncal. Ten máis de cen anos.

ARAUCARIA DE CHILE, PEHUÉN (Araucaria araucana), orixinaria dos Andes arxentinos e chilenos. Castelo de Soutomaior (Pontevedra). Mide 26 m de altura e 2,40 m de perímetro troncal.

Page 54: Árbores de xardín (varios)

TAXODIÁCEASFamilia de coníferas (anxiospermas) formada por árbores de follas escamiforme-aciculares persistentes ou caedizas.

ponla de secuoia vermella

Page 55: Árbores de xardín (varios)

SECUOIA VERMELLA (Sequoia sempervirens) É unha árbore orixinaria do sur de Oregón e California, de copa piramidal que no su lugar de orixe acada máis de cen metros de altura. As follas son lineales-aciculares de aproximadamente 2 cm de lonxitude.

Secuoia vermella do Pazo de Soutomaior.Ten máis de 100 anos. Mide 39 m de altura e 9,25 m de perímetro troncal.

Secuoias vermellas do Xardín de Padrón. Teñen 32 e 33 m de altura e máis de 150 anos.

Page 56: Árbores de xardín (varios)

SECUOIA XIGANTE (Sequoiadendrom giganteum). É orixinaria de California. Ten as follas moi pequenas e agudas.

Secuoia xigante do Pazo O Casal. Bergondo. Ten máis de cen anos e mide 31 m de altura e máis de 9 m de perímetro troncal.

Secuoia xigante do Parque Rosalía de Castro (Lugo). Varios exemplares. O máis grande mide 31, 5 m de altura.

Page 57: Árbores de xardín (varios)

METASECUAIA (Metasequoia glyptrostroboides)É unha conífera de folla caediza orixinaria do suroeste de China.

Metasecuoia do Pazo de Lourizán. Pontevedra. Mide 28 m de altura

Page 58: Árbores de xardín (varios)

CUNINGAMIA (Cunninghamia lanceolata)Conífera orixinaria da China de copa columnar irregular. Os cono son ovoides e pequenos. As máis grandes atópanse no Pazo de Gondomar e miden arredor de 40 m.

Cuningamia do Parque de Caldas de Reis. Mide 31 m de altura.

Page 59: Árbores de xardín (varios)

TAXODIO (Taxodium distichum)Son coníferas de folla caediza que adquiren unhas vistosas tonalidades no outono. Son orixinarias de México e do sudoeste de Estados Unidos onde habitan en zonas pantanosas. Emiten unhas características raíces aéreas (neumatóforos) para suxeitarse mellor nos terreos lamacentos e coller aire.

Page 60: Árbores de xardín (varios)

Taxodios do xardín de Artime (Vilagarcía de Arousa). O máis destacado mide 33 m de altura e 5,80 de perímetro troncal e posiblemente sexa un dos máis grandes de España.

Page 61: Árbores de xardín (varios)

CRIPTOMERIAConífera orixinaria de Asia Oriental que se caracteriza por ter as follas persistentes en forma de lesna e conos globosos pequenos moi abundantes. Coñécese tamén co nome de cedro xaponés.

Page 62: Árbores de xardín (varios)

Criptomeria (Cryptomeria japonica). Castelo de Soutomaior (Pontevedra). Ten máis de 130 anos. Mide 29 m de altura e 4,60 m de perímetro troncal.

Criptomeria (Cryptomeria japonica). Mondariz-Balneario. Mide 32,50 m de altura.

Page 63: Árbores de xardín (varios)

Criptomeria (Cryptomeria japonica, variedade Elegans). Pazo de Oca (A Estrada). Mide 27 m de altura e case 4 m de perímetro troncal.

Esta variedade de criptpmeria ten as copas amplas e redondeadas e as súas follas cambian de cor no inverno como resposta ao frío.

Page 64: Árbores de xardín (varios)

CEDROSSon orixinarios das montañas de Asia Occidental e norte de África. Caracterízanse por ter dúas clases de acículas, unhas que se insiren illadas sobre ponlas longas e outras agrupadas en feixes sobre ponlas curtas. As piñas desintégranse na árbore ao madurar.

Cono do cedro coa súa típica forma globosa.

Page 65: Árbores de xardín (varios)

Cedro do Atlas (Cedrus atlantica). Centro da terceira idade. Melide. Miden 25 e 23 m de altura.

Cedros do Himalaia (Cedrus deodara). Xardíns de Vincenti (Pontevedra). Teñen arredor de cen anos e miden 23 a 27 m de altura.

Page 66: Árbores de xardín (varios)

Cedros azuis (Cedrus atlantica, variedade Glauca). Pazo de Gandarón (Pontevedra). Miden 26 a 30 m de altura.

Cedro do Líbano (Cedrus libani). Pazo de Lourizán (Pontevedra). Mide 30,5 m de altura e 5,20 m de perímetro troncal. Ten arredor de 120 anos.

Page 67: Árbores de xardín (varios)

ABETOSCo nome de abetos coñécense varias árbores de aspecto semellante -típico porte piramidal- que se distinguen pola posición e tamaño dos conos, entre as que están os abetos verdadeiros (que teñen os conos ergueitos que se descaman na árbore), as piceas (cos conos colgantes) e as tsugas e pseudotsugas (cos conos colgantes máis pequenos).

Page 68: Árbores de xardín (varios)

ABETO, ABETO BRANCO (Abies alba).Orixinario de Europa.Follas aciculares coa punta roma dispostas en dúas fileiras. Conos ergueitos

Abetos no Monte Aloia

Page 69: Árbores de xardín (varios)

ABETO DO CÁUCASO (Abies nordmanniana). Orixinario do Cáucaso e nordeste Turquía.

Abeto do Cáucaso. Paseo da Ferradura, (Santiago de Compostela). Chamado “A Perona” por ser plantado por Eva Duarte de Perón en 1947. Mide 32 m de altura e 3,80 m de perímetro troncal.

Page 70: Árbores de xardín (varios)

Abeto de Douglas. Castelo de Soutomaior. Miden 29 e 32 m de altura.

ABETO DE DOUGLAS (Pseudotsuga menziesii). E unha árbore orixinaria do oeste de Norteamérica que pode acadar unha gran altura. As follas desprenden ao fregalas un aroma de limón.

Page 71: Árbores de xardín (varios)

Picea común (Picea abies). Castelo de Soutomaior.

Detalle dunha ponla de picea coas piñas colgantes.

Page 72: Árbores de xardín (varios)

PINSAPO (Abies pinsapo) do Pazo de Trasalba (Amoeiro-Ourense).Ten 25 m de altura e 6,5 m de perímetro no toro. Recentemente destruído por un raio.

PINSAPO (Abies pinsapo) Orixinario do Sur da Península Ibérica.

Page 73: Árbores de xardín (varios)

PALMEIRASMonocotiledóneas de porte arbóreo co toro febroso sen ramificar e as follas grandes, pinnadas ou palmeadas. Son comúns nos parques e xardíns das zonas costeiras. A máis abundante é a palmeira canaria.

Page 74: Árbores de xardín (varios)

PALMEIRA CANARIA (Phoenix canariensis)Ten as follas pinnadas, arqueadas, de 5 a 7 m de lonxitude, flores pouco aparentes, en pés separados, en grandes acios de espigas amarelas. Os froitos son drupas ovais de 2 a 3 cm de lonxitude, de cor amarela e parda ao madurar. A semente oval, grande, dura, cun profundo suco lonxitudinal. É orixinaria das Illas Canarias.

Palmeira canaria dos Xardíns Méndez Núñez (A Coruña). Entre o grupo de palmeiras canarias destes xardíns atópase a máis grande de Galicia con 25 m de altura.

Page 75: Árbores de xardín (varios)

PALMEIRA DATILEIRA (Phoenix dactylifera).É unha especie orixinaria do Sahara e zonas limítrofes. Os dátiles consumense como alimento.

BUTIA BRASILEÑA (Butia capitata)Orixinaria de Sudamérica.Pazo de Castrelos (Vigo). Catro exemplares de 8 a 9,50 m de altura.

Pazo de Mariñán (Bergondo). Miden 11,50 e 14, 50 m de altura.

Page 76: Árbores de xardín (varios)

PALMEIRA DO SENEGAL (Phoenix reclinata) Destaca pola gran cantidade de talos que emite desde as raíces.

Palmeira do Senegal do Xardín de Padrón. Mide 11 m de altura.

Page 77: Árbores de xardín (varios)

Washingtonia robusta do Pazo de Santa Cruz (Vedra). Miden 25 e 26 m de altura.

Washingtonia filifera da Praza de Compostela (Vigo). Mide 23 m de altura.

WASINTONIAS Son palmeiras orixinarias de México e do suroeste dos Estados Unidos co estipe vertical e alto e as follas en forma de abano co limbo dividido radialmente ata a metade.

Page 78: Árbores de xardín (varios)

LIVISTONA DE AUSTRALIA (Livistona australis)

Pazo de Castrelos (Vigo). Mide 15 m de altura.

Page 79: Árbores de xardín (varios)

PALMA EXCELSA (Trachycarpus fortunei). As follas son planas, grandes e divididas radialmente ata a metade. O toro está recuberto de febras escuras. É orixinaria do sur de China.

Parque de Castrelos (Vigo).

Page 80: Árbores de xardín (varios)

Cordyline australis

Árbore perennifolio da familia das lilíaceas que pode acadar 10 m de altura, de toro recto coas follas simples, enteiras dispostas en moutas terminais. É orixinaria de Nova Zelanda. É moi común nos xardíns das zonas costeiras.

Page 81: Árbores de xardín (varios)

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Isaac Pontanilla Xan Colazo