recomendacións preventivas de actuación ante árbores...

8
Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas enganchadas

Upload: others

Post on 12-Mar-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

Recomendaciónspreventivas

de actuación anteárbores apoiadas

enganchadas

Page 2: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas/enganchadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 2

• Planifica correctamente os traballos.• Emprega procedementos seguros e axeitados para a corta polo pé. • Se malia todo acontecese que, ao derrubar unha árbore, esta queda

apoiada sobre outra árbore, derrúbaa canto antes, utilizando sempre un procedemento de traballo seguro.

Extrema as precaucións en situacións tales como: • Leiras nas que xa existen árbores apoiadas/enganchadas debido a derribas

por ventos etc.• No momento de comezar un aproveitamento manual dunha leira polo inte-

rior da masa forestal debido a distintas causas (presenza de edificacións, estra-das, liñas eléctricas, danos a leiras colindantes etc).

• En tarefas de corta manual con motoserra durante un aproveitamento debido a erros de planificación, execución incorrecta de técnicas de corta polo pé etc.

• En traballos de clara/entresaca cando se realiza a corta polo pé de xeito manual.

Denomínase árbore apoiada/enganchada a aquela árbore que está sosti-da por outras árbores próximas.

_Definición

_Recomendacións xerais

Lembra que unha árbore apoiada/enganchada é un risco.

Planificar os traballos e seguir un procedemento de traballo axeitado axuda a previr que as árbores queden apoiadas/enganchadas

1

2

Page 3: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas/enganchadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 3

As tarefas que realices para desenganchar unha árbore apoiada, poden desen-cadear situacións perigosas, polo que debe procederse con extremo coidado. Libera as árbores enganchadas/apoiadas en canto sexa posible. Deixar unha árbore enganchada/apoiada supón un perigo importante para todo o que ac-ceda a esa zona.

Traballos previos

• Non transites, nin traballes na zona de influencia de caída da árbore en-ganchada, mentres non se realice a corta polo pé segura da árbore.

• Avisa a todo o persoal da localización da árbore enganchada.• Asegúrate de que ninguén entre na zona de influencia de caída da árbore.• Revisa a existencia de pólas inseguras na zona de traballo.• Avalía con detalle as posibles traxectorias de caída da árbore para elixir o

método de corta máis seguro.• Non abandones o monte sen delimitar a zona de influencia de caída da

árbore enganchada (p.e. con cinta de alta visibilidade).

__Recomendacións específicas3

Page 4: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas/enganchadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 4

Derriba de árbores

No caso de árbores que consideres que poidas voltear manualmente con seguridade, lembra:

Corta a bisagra, empezando polo seu centro e mantendo unha pequena parte desta no lado sobre o que queres que vire a árbore.

Con axuda dunha panca de derriba, empu-xa en dirección contraria a onde te atopas, tal e como se observa na imaxe.

Page 5: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas/enganchadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 5

Cando teñas que utilizar medios mecánicos, selecciona o máis axeitado en función das condicións do lugar de traballo, do arboredo, e as limitacións da maquinaria:

- Guindastre máquina de saca/procesadora- Cabrestante máquina de saca/procesadora- Cabrestante manual ou tráctel

Engancha a árbore pola parte inferior do tronco (o máis abaixo posible) e tira dela ata que caia ao chan. Os operarios que participen na operación situaránse fóra da zona de peri-go (zona de caída da árbore a derrubar e zona de alcance en caso de rotura do cable).Recoméndase o uso de cabrestantes manuais de corda en lugar dos de ca-ble, para evitar os perigos derivados da rotura do cable.

IMPORTANTE:Utiliza os equipos axeitados para cada traballo, e segue as instrucións facilita-das polo fabricante. A información e for-mación suficiente e axeitado ao teu posto de traballo, e debes dispoñer de autoriza-ción do teu responsa-ble para o equipo que vaias utilizar.

Page 6: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas/enganchadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 6

_Lembra4

2_NUNCA cortes unha árbore sobre a que hai outra enganchada/apoiada.

1_NUNCA permanezas/transites na zona de influencia da árbore enganchada/apoiada se non é para abatela de xeito seguro.

Page 7: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

ISSGA ALERTA: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores apoiadas/enganchadas INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL 7

3_NUNCA derrubes unha árbore sobre outra árbore enganchada/apoiada.

4_NUNCA gabees por unha árbore enganchada/apoiada para intentar baixala ao chan.

NUNCA TRABALLES DE XEITO ILLADO NO MONTE

Page 8: Recomendacións preventivas de actuación ante árbores ...issga.xunta.gal/export/sites/default/recursos/descargas/...Derriba de árbores No caso de árbores que consideres que poidas

ISSGA.XUNTA.GAL

Inst

ituto

Ga

lego

de

Se

gurid

ade

e Sa

úde

Labo

ral

- Is

sga:

Ge

ma

Bert

oa

Veig

a, Es

trel

la

Canc

io

Fern

ánde

z,Es

ther

Var

ela

Cerd

eira

, Héc

tor

Gonz

ález

Nov

oa, R

aque

l Bl

anco

Silv

a · C

onfe

mad

era

Galic

ia: J

osé

Ánge

l Go

nzál

ez R

íos

Ence

: Rob

erto

Man

teig

a Ló

pez,

Ósca

r Fer

nánd

ez C

arro

· Fi

nsa:

Man

uel P

érez

Pér

ez, C

arlo

s Ig

lesia

s Da

pena

· DL

: C 19

65-2

017

Recomendacións preventivas de actuación anteárbores apoiadas / enganchadas