as árbores na cultura popular

67
as árbores na cultura popular

Upload: monadela

Post on 16-Apr-2017

987 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: As árbores na cultura popular

as árbores na cultura popular

Page 2: As árbores na cultura popular

“A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos, porque nela cantan os paxaros; é un arrolado do espírito porque nas súas pólas conta contos o vento. A árbore pídelle auga ó ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura“.

Castelao

CASTIÑEIRO DO VAL. (Castelao)Museo de Pontevedra

Page 3: As árbores na cultura popular

Neste traballo recollemos unha pequena mostra das expresións populares de temas relacionados coas árbores e a tradición: crenzas, lendas, ritos e costumes, refráns, cantigas, adiviñas...A información foi recollida en directo, de bibliografía ou da Internet.

Page 4: As árbores na cultura popular

A cultura tradicional galega é marcadamente campesiña e a árbore ten un grande simbolismo, mestura de tradicións preindoeuropeas, atlánticas e célticas, e da cultura cristiá occidental. Desta combinación sobreviven mitos, lendas, crenzas, vocabulario e costumes por todo o territorio.

Page 5: As árbores na cultura popular

Os bosques e fragas galegas están cheos de lendas e tradicións pagás, moitas delas cristianizadas.

Page 6: As árbores na cultura popular

Os nosos devanceiros abrazaban o toro dunha árbore para lle transmitir as súas angurias e os seus problemas e receber a súa forza. Moitas árbores vellas, en especial os carballos, eran lugar de reunión da veciñanza.

Page 7: As árbores na cultura popular

Algunhas árbores adquiriron carácter sagrado por ter un vencello con fenómenos atmosféricos, como por exemplo pola sua capacidade de atraer aos temibles lóstregos. É o caso dos salgueiros, carballos, aciñeiras, abetos e tileiras. Outros non se ven afectados por esta descarga eléctrica, coma os ulmeiros, freixos, sabugueiros e faias. E esta crenza é un resultado da observazón. Por iso, no caso de treboada hai que escoller ben a que árbore achegarse.

Page 8: As árbores na cultura popular

A árbore era o símbolo da resurrección cíclica da vexetación (primavera-verán). Esta simboloxía maniféstase na celebración de diferentes festas: -Os maios son unha festa de exaltación da fertilidade vexetal celebrada con cantares e con roupas vexetais que visten os mozos e mozas.-O 3 de maio en Laza os mozos rouban unha árbore e lévana ata a praza principal da vila para presidir a festa.

Page 9: As árbores na cultura popular

En Galiza hai varias tradicións relacionadas cos maios. En moitos lugares (Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense...) fanse os maios, monumentos vexetais de forma cónica ou con motivos figurativos adornados con flores, ovos, fitas... e cántanse coplas. Tamén se visten os rapaces de “maios” con ponlas e flores para ir polas casas a pedir agasallos.

Aí ven o maiode frores cuberto...Puxéronse á portacantándome os nenos;e os puchos furadospra min estendendo,pedíronme crocasdos meus castiñeiros. Curros Enríquez

Page 10: As árbores na cultura popular

Xeralmente as árbores considéranse beneficiosas. Son as máis salientábles o loureiro, a oliveira, o carballo e todas as árbores froiteiras. "Quen a boa árbore se achega, ben acubilla".

Page 11: As árbores na cultura popular

Nalgúns lugares hai árbores santas, ou consagradas a algúns santos.-Carballo de Santo Antonio en Vilardefrancos. Cando se produce unha ferida no toro bota sangue. Isto atribúese a miragres do santo.-Carballo de Augas Santas (Allariz) bota sangue cando lle cortan o toro.-Din que o que cortou un piñeiro vencellado ao Santuario da Caridade en Monterrei quedou cego. -Hai carballos bendecidos por un santo da mesma madeira (Ameixoada)...

Carballo de Augasantas

Page 12: As árbores na cultura popular

Hai moitas especies ás que se lle outorga un carácter máxico: loureiro, teixo, bidueiro, estripeiro, abelaira, freixo, sabugueiro, virgondoiro, cerdeira, lodoeiro, cerquiño, salgueiro, castiñeiro das bruxas, oliveira, cinamomo ou árbore de Santo Eutelo...

abelaira

Page 13: As árbores na cultura popular

Hai moitos contos e lendas relacionados cos bosques e fragas: trasnos, meigas, fadas, lobishomes, Santa Compaña, olláparo, apalpador, mouros e mouras... Din que hai demos que foron expulsados do ceo e viven nas fragas.

Page 14: As árbores na cultura popular

AS SOMBRAS DAS ÁRBORESA sombra do carballo e máis a do piñeiro son boas, a do castiñeiro húmida e fría e a da nogueira enfermiza. Considéranse tamén prexudiciais as sombras da figueira e do alcipreste dos cimeterios, durmir ao seu carón senta mal e ata pode facer enfermar.

Page 15: As árbores na cultura popular

PARA DAR FROITASCando unha árbore non daba froito dábaselle unha tunda con paus ou préndíanselle pedras nas ponlas. Despois da cea de Noiteboa, os nenos e os maiores tiraban pedras ás árbores, especialmente ás froiteiras que so dan froito cada dous anos.O dono da árbore di: -eiquí estamos, heino de cortar.Outro veciño, que fai de defensor da árbore di: -Por Deus e polas ánimasdeixádeo quedar,pró ano que venhállas de dar.O dono accede ao rogo, pero apredra de novo a árbore e vaille dando as costas. Esa mesma noite as árbores revíranse e poñen as raíces ao aire e as copas na terra para que as ponlas e as follas collan a substancia da terra e dean fartura de froitas.

Page 16: As árbores na cultura popular

CARBALLOO carballo é a árbore máis simbólica en Galiza e a máis sagrada de todas. Símbolo de forza e de pureza, de sombra beneficiosa e con poderes curativos.

Page 17: As árbores na cultura popular

-Os carballos purifican o ambiente e dan boa sorte.-É bo refregar aos animais por noiteboa con ponlas de carballo.-Rañarse contra un carballo cura a sarna. -Os carballos curan tamén os meigallos e o arangaño e en xeral as doenzas contaxiosas.-As persoas enfermas sandaban se deixaban a súa roupa pendurada das ponlas dun carballo.-Para curar aos cativos fanse pasar por unha fenda dun carballo vello porque se cre que no seu interior agochan as “pedras do raio”. Outra opción e facelo entre dúas ponlas que fagan forquita ou por dúas partes dunha ponla que se fende adrede e se ata despois para ver se liga ou non, que será sinal de que cure ou non cure. Nalgúns árbores co toro furado tíranse pedras para adiviñar a sorte en amores.

Page 18: As árbores na cultura popular

CARBALLO CASADEIRO DE SANTO ANTONIO. (Artes-Carballo).Segundo a tradición, cando santo Antonio peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo derrubou o edificio.Conta a lenda que o burato do carballo é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antonio. As mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete. Se o conseguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual serve para pedir un desexo calquera. Tamén se conta que en caso de facerlle unha ferida ou de cortarlle unha póla, o carballo derrama un líquido que semella sangue (prodixio atribuído ao santo Antonio).

Page 19: As árbores na cultura popular

CARBALLO DE SANTA MARGARIDA. (Mourente-Pontevedra)Segundo a tradición as promesas que se fan debaixo non poden romperse. Nas súas proximidades había unha fonte miragreira, na que se lavaban os leprosos coa esperanza de curar. O carballo é testemuña do que foi a “Carballeira dos Gafos”, é dicir, dos leprosos.

Santa Margaridado Monteporreiroque ten o carballomaiore do Reino.Frei Martín Sarmiento (1695-1772) “Coloquio en mil duascentas coplas galegas”, 1746.

Page 20: As árbores na cultura popular

CARBALLO DO VIÑO (O Pelete. San Sebastián de Covelo-A Lama). Conta a lenda que unha das mulas dun arrieiro, que ían cargadas de viño, deulle unha couce ao fillo e deixouno medio morto. Desesperado, o seu pai pediu a intercesión da Virxe dos Remedios para que o curara. O arrieiro agradeceulle á Virxe a curación donando o viño que se consumira na festa.

Na festa dos Remedios séguese a tradición de regar o carballo con viño. Segundo os veciños por iso este carballo se mantén tan saúdable despois de tantos anos.

Page 21: As árbores na cultura popular

CARBALLO DOS CARTOSCastelo (Taboada)Contan que un soldado deixou a súa fortuna agochada no pé dun carballo. Cando soubo que non volvería escribeulle á súa muller pra dicirllo. Como ela non sabía ler deulle a carta a un veciño, que a enganou, logo mercoulle a carballeira e desde ese día empezou a dispoñer de riquezas, que aumentaban cada vez que visitaba o carballo.Desde entonces quedou entre as xentes do lugar o costume de meter a man no furado que tiña a árbore no pé coa esperanza de facerse rico. Hoxe a árbore, convertida en monumento, adorna o lugar.

Page 22: As árbores na cultura popular

REBOLO, CERQUIÑO, CARBALLO NEGROCura a sarna e o tangaraño. Hai que fregar o corpo contra el e deixar a roupa colgada na árbore.

Page 23: As árbores na cultura popular

ACIÑEIRAAs persoas enfermas sandaban se deixaban a súa roupa pendurada das ponlas dunha aciñeira.

Page 24: As árbores na cultura popular

CASTIÑEIRO-Para pedir un desexo danse voltar arredor dun castiñeiro vello.-Din que os trasnos varean os castiñeiros pola noite.

Page 25: As árbores na cultura popular

CASTIÑEIRO DE BEMBIBREViana do Bolo.Tiña uns 20 m de perímetro.Foi cortado na Guerra Civil.Segundo referencias de D. Antón Fraguas, cortárono porque Otero Pedrayo, subido nunha das súas ponlas, deu un discurso a favor do Estatuto Galego, en 1936, "

Page 26: As árbores na cultura popular

O MAGOSTOÉ unha festa que se celebra en novembro de longa tradición en Ourense. Ten unha orixe moi antiga relacionada co ciclo das colleitas. Ásanse e cómense as castañas xógase e cántase.Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van quentarse ás brasas das fogueiras e hai que deixarlles algunhas castañas para elas.

Page 27: As árbores na cultura popular

CASTIÑEIRO DE INDIASAs castañas de indias (chamadas tamén castañas das Bruxas ou castañas louras) úsanse para dar sorte e espantar as meigas. Tamén se poñían nos ropeiros para que non se picase a roupa.

Page 28: As árbores na cultura popular

LOUREIRO-O loureiro plántase arredor das casas para protexelas.-Protexe das treboadas, os malos espíritos e as bruxas e evita que a envexa prexudique ás criaturas ou aos animais da casa. -Cando se remata de levantar unha casa ponse un ramo de loureiro no tellado.-Cando se ten o viño “abillado” (á venda nas adegas) colócase un ramo de loureiro na porta para anuncialo.

Page 29: As árbores na cultura popular

-Na porta das pousadas e tabernas era común poñer unha ponla de loureiro para indicarlle á xente que eran bos lugares de descanso. O loureiro protexía o viaxeiro e dáballe sorte ao negocio. -O loureiro úsase para os esconxuros, para quitar “aires” de morto. -Nalgúns lugares queimábase o loureiro e facíase pasar a criatura polo fume durante tres días dicindo: “Loureiro que foches nado sen ser plantado, quítalle o aire de morto e de excomulgado”. -Unha ponla de loureiro emprégase para bendecir aos mortos.

Page 30: As árbores na cultura popular

OLIVEIRA-Plantada en lugar sagrado ten propiedades curativas. -Protexe contra os lóstregos, os malos espíritos e as meigas e evita que a envexa prexudique os meniños ou os animais da casa.

Page 31: As árbores na cultura popular

-Ponse unha ponla de oliveira enriba da entrada, tanto da casa coma da corte. -Por Pascua lévanse ramos de oliveiras a bendecir e gárdanse na casa todo o ano para que dean boa sorte.-As mulleres que van tomar as nove ondas acompáñanse de nove follas de oliveira.-Para protexer e conxurar nos nenos o mal da envexa, lévase a criatura á oliveira e alí, espido, toca a árbore dicindo: ” oliveira bendita quita do neno a fada da envexa”.

Page 32: As árbores na cultura popular

SABUGUEIRO-Na noite de San Xoan facíanse fogueiras de sabugueiro e facíase que o gando dera voltas arredor delas para liberalo da peste. -Tamén se empregan ponlas de sabugueiro para espantar as bruxas.-Din que o sabugueiro é bo para espantar aos sapos, píntegas e cóbregas polo cheiro que desprende.

Page 33: As árbores na cultura popular

ACIVRO-Para curar os cólicos dos animais dáselles fregas no ventre cunha ponliña de acivro. -Ten propiedades para namorar. Cando un mozo desexaba ser amado por unha rapaza apañaba unha ponla de acibro na media noite do día de San Xoán, levabaa ao mar e pasaba por baixo de trece ondas, rezando de cada vez un credo. A ponla tornábase máxica e a moza á que se lle tocase con ela quedaría perdidamente namorada.

Page 34: As árbores na cultura popular

LIMOEIROPlantar un limoeiro na horta da casa ou no eido da boa sorte.

Page 35: As árbores na cultura popular

FIGUEIRA-Disque a figueira florece no Venres Santo e que da unha soa flor moi cobizada como amuleto para a sorte.-O que se acobilla debaixo dunha figueira é atacado axiña polo “aire” da árbore que produce inchazóns en todo o corpo, así tamén coma “mal de ollo” e mesmo conxuntivite. -Nalgúns lugares aseguran que nas entrañas da figueira teñen a súa morada lexións de espíritos infernais, e que estas árbores son refuxio propicio para os trasnos.

Page 36: As árbores na cultura popular

FIGUEIRA DO MECOAtópase nun con do monte da Siradella (O Grove) Conta a lenda que o Meco era un cacique do Grove que cometía moitos abusos. Unha noite tivo unha discusión nunha taberna e partíronlle unha xerra na cabeza. Os veciños levárono ao monte da Siradella e colgáronno dunha figueira. Cando a xustiza preguntou Quen matou ao Meco? o pobo respondeu Matámolo todos!

Page 37: As árbores na cultura popular

ALCIPRESTE-Os ramos úsanse contra o mal de ollo.

Page 38: As árbores na cultura popular

TEIXOOs romeiros que van a Santo André de Teixido levan ponlas de teixo.

Page 39: As árbores na cultura popular

CERDEIRA-Na noite de San Xoán empréganse ponlas de cerdeira para espantar as bruxas.-En Laza os mozos colgan ramos de cerdeira nos balcóns das mozas.

Page 40: As árbores na cultura popular

SALGUEIRO CHORÓNO salgueiro chorón protexe do raio. -Din que se lle dobraron as ponlas para darlle acubillo á Sagrada Familia cando fuxía de Herodes (Verín). -Outros din que foi para protexer a Xesús dos seus perseguidores, ou que foi chorando a morte do Noso Señor.

Page 41: As árbores na cultura popular

NOGUEIRA-A sombra da nogueira é prexudicial tanto para as persoas como para as sementes.-As follas e a tona empregábanse en medicina tradicional como purgante, para tratar problemas do cute, furunchos e tallos.-Beber auga que pase ao pé das raíces dunha nogueira produce bocio.

Page 42: As árbores na cultura popular

CINAMOMO (SANGOMIÑO)Coñecido como árbore do Santo Outel ou San Eutelo. -Cura a rabia.

Page 43: As árbores na cultura popular

VIRGONDOIRO -Cura a rabia.

Page 44: As árbores na cultura popular

REFRÁNS -Achégate á folla mentras non molla.-Xente nova e leña verde, todo é fume.-O que a boa árbore se achega, boa sombra o acobilla.-Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas.

Page 45: As árbores na cultura popular

-O que non sabe mañas non come castañas.-A castaña no agosto quer beber e no setembro comer.-A castaña no Nadal sabe ben e parte mal.-A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo.-Temperá é a castaña que por setembre regaña.

Page 46: As árbores na cultura popular

-Pranta eucalitos para ti, piñeiros para os fillos e carballos para os netos.

Page 47: As árbores na cultura popular

-No tempo dos figos non hai amigos.-Auga para o figo, e para a pera o viño.

Page 48: As árbores na cultura popular

-Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote, meu amigo.-As cerdeiras e os ladróns, anque os prendan non son bos.-Non quero pereira, quero castiñeiro, para ter castañas para o ano enteiro.-Se para San Xurxo (abril) xea non collerás nin unha pera.-De escribáns e de ameixeiras, libre Deus as miñas terras.-A laranxa e o limón medios ciruxáns son.-Por San Xusto e San Pastor entran as noces en sabor.

Page 49: As árbores na cultura popular

-Se queres ter bo banastro, corta as vimbias no marzo. -Queimemos o loureiro no mes de xaneiro

Page 50: As árbores na cultura popular

DITOS-Da árbore caída todos fan leña. -De tal árbore tal astela-A árbore coñécese polo froito.-Ser máis raro que un piñeiro manso.-Ser forte coma un carballo.

Carballo en Carballedo

Page 51: As árbores na cultura popular

CANTARES Indo polo souto abaixoatopei un ouriciño,tres castañiñas me deupara ti meu queridiño. Non chas quero, non chas quero,castañas do teu magosto, Non chas quero, non chas quero,que me cheiran ao chamosco. A castaña no ourizoeu ben sei o que che fai;se é que está verde, amadura,e despois de madura cai. Santo que estás no canizobota castañas abaixo,que anque non teño mantelo,apáñochas no refaixo.

Page 52: As árbores na cultura popular

O río cando vai cheoleva carballos e follas,tamén debería levaras línguas marmuradoras. O carballo da Portelaten a folla revirada,que lla revirou o ventonunha noite de xeada. A raíz do toxo verdeé moi mala de arrincar,carballo que nace tortonon se pode endereitar.

Carballo da Portela (Mondariz)

Page 53: As árbores na cultura popular

Arrimeime a un pino verdepor ver se me consolaba,e o pino como era novo (ou verde)ao verme chorar, choraba. Alto pino, pino alto,que ao ceo chega coa rama,non me derrames o pinoque me derramas a alma.

Page 54: As árbores na cultura popular

Paxariño comechónque me andas nas cereixas,come paxariño come,pero a ver as que me deixas. Chamácheme moreniña,éche do polvo da eira,xa me verás o domingocomo a guinda na guindeira. Nena que vendes as peras,Cantas che mandaron dar?para ti meu galaniñonon mas mandaron contar. Da miña pereira as peras,todiñas me van roubando,unha a unha, tres a tres,sen elas me vou quedando.

Page 55: As árbores na cultura popular

Xa fun a Marínxa pasei o mar,xa comín laranxasdo teu laranxal. A laranxa naceu verdee co tempo madurou,o meu corazón era libre,ata que te conquistou.

Page 56: As árbores na cultura popular

Debaixo da oliveiranon chove nin hai orballo,meniña, se has de ser miñanon me deas máis traballo.

Salgueiro prende de ponla,ameneiro de raíz,amores que foron doutranon servides para min.

Un cesteiro anda tras de min,e eu fuxindo do cesteiro,anda cun feixe de varase pode tentalo o demo.

Page 57: As árbores na cultura popular

Desgraciado do loureiroque está ao pé do camiño,cada persoa que pasatíralle o seu ramiño. Alcipreste non se regaporque na lentura nace;amor firme non se esquecepor máis traballos que pase.

Page 58: As árbores na cultura popular

Se queres que o carro andeforte, a un tempo e velaíño,bótalle o eixo de freixo e as treitoiras de sanguiño. Glorioso San Sebastiánfeito de pau de ameneiro,primo carnal dos meus zocos,curmán do meu tabaqueiro.

Page 59: As árbores na cultura popular

ADIVIÑAS No campo nacín,no campo me alimento,sempre a onde me levané para darme tormento.(A madeira) Nace no monte, no monte se cría,e antes de vir para a casa, arma unha gritería(A madeira no serradoiro)

Page 60: As árbores na cultura popular

A un alto cabaleirodalle a risa e perde o diñeiro(O ourizo da castaña)

No alto estou de ouro vestido,por unha regaña perdín os meus fillos(O ourizo da castaña) No aire se cría,no aire se ten,bota unha risadae perde canto ten.(O ourizo da castaña) Alto está, barbas tenrí, e guinda o que ten.(O ourizo da castaña)

Alto pimpín, ruín cabaleiro,pégalle unha risadae perde o diñeiro(O ourizo da castaña)

Ten pelexo como a xente e é moi boa para comer;chega polo mes de Santose todo o ano a tes.(A castaña)

Page 61: As árbores na cultura popular

No alto estou, ladróns vexo vir,da miña carapuchiñanon podo saír.(A landra)

Page 62: As árbores na cultura popular

Unha casa de madeiratoda de alcobas chea,en cada alcoba unha damaa que abran as portas espera(Piña e piñóns) Casa pechada, e en cada alcoba unha dama.(Piña e piñóns)

Page 63: As árbores na cultura popular

Primeiro fun brancalogo verde me vin,e agora que estou dourada,ai pobre de min!(A laranxa)

De bronce é o talo,as follas de esmeralda.De ouro é o froito,as froles de prata.(A laranxeira)

Page 64: As árbores na cultura popular

Cen e cen fillos tene a todos con leite mantén.(A figueira) Adiviña adiviñador,que frutal carga sen a súa flor,(A figueira)

Page 65: As árbores na cultura popular

Unha caixiñarequinquilladiña,e non hai requinquilladorque a requinquille mellor.(A noz) Catro monxas nun conventodonde non entra nin aire nin vento.(A noz)

Page 66: As árbores na cultura popular

BIBLIOGRAFÍA-Ritos y creencias gallegas. Xesús Taboada Chivite. Ed. Sálvora, 1982.-Diccionario dos seres míticos galegos. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed. Xerais, 1999.

Page 67: As árbores na cultura popular

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon DaportaCambados, setembro 2015