“as árbores que falan”

13
Proxecto Ferrol: O campus universitario

Upload: freya-hardy

Post on 30-Dec-2015

52 views

Category:

Documents


12 download

DESCRIPTION

“As árbores que falan”. Proxecto Ferrol: O campus universitario. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: “As árbores que falan”

Proxecto Ferrol: O campus universitario

Page 2: “As árbores que falan”

Queridos rapaciños e rapaciñas: Os nenos e nenas de 1º e 2º quixemos coñecer un pouquiño máis as nosas árbores por ser tan importantes para a vida e, por iso, fumos visitalas ao Campus que está enfrente do noso cole.

Elas mesmas vanvos falar:

Page 3: “As árbores que falan”
Page 4: “As árbores que falan”

Ola! Eu son o plátano pero non pensedes polo meu nome que dou plátanos, ese é outro amiguiño: o plataneiro (non vos confundades). Eu dou froitos redondiños que vos non comedes. As miñas follas son palmeadas, como a palma dunha man. Se me vedes agora, estou nú porque caéronme todas (son caduco de apelido). Son moi, moi alto, podo ser máis alto que un edificio de 12 pisos.

Page 5: “As árbores que falan”

Ola! Eu son o carballo. Son moi forte e famoso en Galicia. As miñas follas parecen a carreteira de Cedeira, cheiña de curvas e tamén quedo desnudiño no inverno (Podedes atopar as miñas follas no chan). O meu froito ten un gorriño e chámase landra.

Page 6: “As árbores que falan”

Ola! Eu son o bidueiro, son máis delgadiño que os meus irmáns. No meu tronco teño manchas e as miñas follas teñen dentes nos bordes como se fosen unha serra. As miñas ramas son moitas e moi longas. Con elas os indios de América facían as canoas

Page 7: “As árbores que falan”

: Eu chámome maciñeira e son unha árbore moi importante porque dou froita para que comades vos: de min saen as mazás. Neste caso, mazás pequerrechas como as que me nacen no campus de Ferrol. Visitádeme en primavera, xa veredes que bonita estou.

Page 8: “As árbores que falan”

Ola! Eu son o teixo, non teñades medo de min, pero o meu tronco e as miñas raíces teñen tanta forza que parece que queren sair da terra. En cambio, o meu froito é pequeniño e delicado, para que o coman os paxariños, parece unha aceituna vermella. Para protexelos, saco unhas follas longas e finas e nunca me veredes calvo porque son perenne. Ah! e son moi velliño, teño moitísimos anos, dis que son milenario.

Page 9: “As árbores que falan”

Pero..., non soamente hai árbores, tamén hai arbustos. Sabedes cal é a diferencia?Que volo conten eles mesmos!

Page 10: “As árbores que falan”

Ola! Eu son o buxo, son máis baixo que unha árbore e o meu corpo está formado por varios tronquiños.Coa miña madeira xógase dende hai moito tempo. Sabedes como? Coas buxainas. Tamén fago música porque conmigo fan a gaita galega.

Page 11: “As árbores que falan”

Eu son a adelfa, quedei para o final porque me daba igual, o importante é que tamén me coñezades:Teño flores moi bonitas que me saen cando vos ides a praia e ao cole xa non tedes que vos achegar: no verán!

Page 12: “As árbores que falan”

Agora xa coñecedes un pouquiño máis as miñas amigas: as árbores. Se queredes, podédelas visitar que alí enfrente elas van estar.Coidalas e respectalas e así a natureza moi contenta vai quedar.

Page 13: “As árbores que falan”