o mensaxeiro ludicol nº 6

52
1 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Upload: revistas-colexio-ludy

Post on 21-Jul-2016

223 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

6ª entrega do noso agardado mensaxeiro.

TRANSCRIPT

Page 1: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

1 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 2: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Moi boas AMIGOS E AMIGAS:

Dixéronme que vos tiña que contar o que foi o meu traballo durante estes meses que nos levamos sen ver.

Neste tempo houbo de todo , andiven estudando un pouco, xogando outro pouco e, como non, tempo de troula no Entroido, tempo no que, din os vellos, estamos todos e todas de patrón.

Cóntovos, de contado, todos os traballos nos que estiveron a traballar os nosos compañeiros da Comunidade Escolar do Colexio Ludy, camiñando polo inverno e cheirando a chegada da primavera xa que os vexo eu algo rebuldeiros de máis.

Non me esquezo da historia do noso Cole, xa que así mo piden os que hai anos se formaron nesta grande Familia. Eles e elas son os que me fan chegar os recordos que me traen ao meu maxín que un xa vai entrando en anos.

Bueno AMIGOS, aquí vos deixo o meu traballo, xa me están chamando porque a vida segue e teño que continuar o meu percorrido.

Unha aperta e ata vérmonos

2

Page 3: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Í

Escola Infantil Ludy ................................................................................................ 4

Educación Infantil, 3 anos ....................................................................................... 6

Educación Infantil, 4 anos ....................................................................................... 8

Excursión a Aldea Nova ........................................................................................... 10

Educación Infantil, 5 anos (Entroido) .................................................................... 12

1º de Educación Primaria ...................................................................................... 14

2º de Educación Primaria ...................................................................................... 17

Excursión en Lancha ............................................................................................... 18

3º de Educación Primaria ...................................................................................... 20

4º de Educación Primaria ...................................................................................... 22

Excursión á Capela .................................................................................................. 23

Quen non gusta de xogar? ...................................................................................... 24

A chamada “Comida basura” ................................................................................... 26

5º de Educación Primaria ...................................................................................... 27 Seres míticos galegos ............................................................................. 27 Lendas ...................................................................................................... 28 Obradoiro de Literatura galega e castelá ................................................ 30

6º de Educación Primaria ...................................................................................... 33 Testemuñas ............................................................................................. 33 Poesía na lembranza ............................................................................... 37 Rutas ....................................................................................................... 38

Visita aos museos da Coruña .................................................................................. 42

Actividades feitas no 2º trimestre ............................................................................. 44

Bartoliño ................................................................................................................. 45

Mercadiño e Concerto .............................................................................................. 46

Tele Ludy Informa .................................................................................................... 47

Concerto “O lago dos cisnes” ................................................................................. 48

Recuncho dos Exalumnos ....................................................................................... 49

ÍNDICE3 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 4: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Escola Infantil Ludy

Xa está a piques de rematar o segundo trimestre deste curso tan movido. Fixemos moitas cousas divertidas na escola e aínda nos quedan moitas por facer.

Nestes meses aprendimos que no inverno vai moito frío e puidemos disfrutar da choiva, do vento, da sarabia e, incluso, da neve. A clase encheuse de folerpas de neve, nubes grises de choiva e lóstregos.Tamén xogamos coa roupa de inverno e coñecemos os iglús e os esquimós.

No Entroido pasámolo xenial disfrazándonos do conto do Soldadiño de chumbo e a bailarina. Fixemos un desfile onde os papás, mamás, amigos e familiares aplaudíronnos moito. O último día do entroido celebramos una gran festa cos disfraces traídos das nosas casas na que princesas, paiasos, piratas, carapuchiñas, indios… encheron a nosa Escola.

O día 14 de marzo fomos á nosa segunda saída do curso, á aula acuática Aquativos e pasámolo pipa xogando na auga!

E , agora, para rematar o trimestre, estamos preparando a nosa aula para a chegada da primavera con móbiles de flores , murais, arcos da vella, xoaniñas, abellas… esperamos que o sol “Lourenzo” volva das súas vacacións.

4

Page 5: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

5 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 6: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Educación Infantil, 3 anos.

Este curso aprendemos as normas de como andar pola rúa e da circulación. Sabemos que sempre debemos ir da man dun adulto ou adulta e que temos que mirar moi ben antes de atravesar a estrada ou a rúa. Pero facer este obradoiro foi moi entretido, pintamos un paso de peóns, fixemos un semáforo e convertímonos en policías de tráfico. Así , practicando foi moito máis doado aprender as cores do semáforo , onde se atopan os bonecos verdes que camiñan, e sobre todo, facer de policías co chifre foi do máis divertido!

6

Page 7: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Fixemos o noso propio boneco de neve con cenoiras e todo o que era

necesario! O mellor de Donald (que así se chamaba), era que non se derretía!

Nos talleres de creatividade fixemos pequenos bonecos de neve

reciclando os tubos do papel hixiénico e pintando co pincel.

Ademais a tele Ludy veu á nosa clase para gravar un video clip do

inverno. Pasámolo en grande e ata fomos de paseo ao parque. Moi ben

abrigados e abrigadas!

O invernO c

hegOu á

clase d

e tres anOs!

7 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 8: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Educación Infantil, 4 anos.

Neste trimestre como centro de interese especial tivemos “A granxa”.

Traballamos desde os animais que podemos atopar nela, os seus coidados e alimentación, os traballos que se realizan na granxa, as persoas que traballan alí…

Fixemos diferentes actividades:

-­‐ Videos documentais sobre a granxa -­‐ Fichas de picado, coloreado, recortado… -­‐ Mural motivador. -­‐ Obradoiro de teatro onde nos pintamos e

imitamos os animais da granxa. -­‐ Contos e cancións sobre a granxa. -­‐ Saída ao Parque Temático do mundo rural

“Aldea Nova”. Na nosa visita escollemos tres obradoiros para realizar -Animais: fixemos un percorrido onde coñecemos os diferentes animais(vaca,porquiño, coellos, cabalos….)o que comen e como se coidan. -Equitación subíronnos ao lombo dun poni e leváronnos visitar e coidar cabalos. -Cultura castrexa: visitamos, dentro das instalacións da granxa, recreacións dos antigos castros e explicáronnos moitas cousas sobre aquela época. Pasámolo en grande cos nosos compañeiros de 3 e 5 anos.

8

Page 9: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Para celebrar o Día da Paz realiza-mos un mural cun símbolo da Paz xigan-te que levaba pegados símbolos máis pequenos que coloreamos e recortamos. Para o día da Festa da Paz levamos ao salón de actos unhas diademas cunha pomba da Paz e subimos ao esceario a ensinar o noso mural.

DÍA DA PAZ9 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015 9

Page 10: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Excursión a Aldea Nova

10

Page 11: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

11 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 12: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Este ano houbo unha divertida novidade no Entroido do noso Colexio.Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos participamos, xunto co resto de cursos e profes do cole, no xogo do Meco. Un personaxe que cada día da semana do Entroido nos daba unha orde do que tiñamos que levar posto ao día seguinte. Este primeiro ano, o Meco do Colexio Ludy, fíxonos disfrazar de “hippis” e, aínda que o tempo non nos permitiu disfrutar dun divertido desfile polo barrio, si fixo unha

paréntese para saír queimar o Meco,con grande alborozo de todos os participantes da Comunidade Escolar (nen@s, mestr@s, e pais/nais que se achegaron ata o Cole). Dentro do recinto escolar disfrutamos dunha festa con larpeiradas propias da época e moita música, sobre todo coa canción “O Meco do Ludy”, feita expresamente para a ocasión polo profe Xil. Como vos podedes imaxinar pasámolo bomba. Esperamos ilusionados o que se lle ocurrirá ao Meco o vindeiro curso.

Educación infantil, 5 anos12

Page 13: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

13 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 14: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

1º de Educación PrimariaSEREAS Na nosa aula colouse o mar e os seus contos. Todo comezou coa nosa particular excursión en lancha pola ría. Días despois, en todas as materias todo falaba desa gran masa de auga que cobre o noso planeta “azul”. Foi así como, en lingua, escoitamos falar da “Maruxaina”. Non podiamos quedar de brazos cruzados e, por iso, todos os lapis de 1º comezaron a idear as máis entretidas historias de sereas. Como todas non collían neste espazo, dúas son as elixidas.

Había unha vez unha serea que se chamaba Alicia. Tiña moitos amigos debaixo da auga e tiña un can que se chamaba Dadielpapi. Os únicos que non eran amigos da serea eran o tiburón e a súa tropa, chamados Equiper Shelton. Había unha furna na que a serea se protexía de Equiper Shelton e nela debuxaba namentres a auga brilaba. Un día apareceu outra serea e fixéronse boas amigas. Tamén unhas gaivotas malas e un golfiño bo. O golfiño fíxose moi bo amigo das dúas sereas.

CONTO DE ELISA FRAGA

Había unha vez un pobo no fondo do mar chamado Atlantis e alí vivía unha serea chamada Melisa. Todos os días subía á superficie. O seu pai, o rei, sempre lle dicía:-Filla, non subas á superficie, pois non quero que te vexan os humanos! Chegou o seu aniversario e Melisa foise na procura de aventuras e atopou un barco, dentro había un garfo. Un día subiu a unha rocha e por alí pasou o príncipe Filipe, ela quedou prendada del. Foise á furna da bruxa e pediulle que a convertera en humana. A bruxa converteuna no que ela lle pedira. Cando chegou ao pazo, Filipe namorouse dela e ese mesmo día casaron.

CONTO DE OLGA BARREIRA

14

Page 15: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

HORTA Desde principios do curso escolar, na nosa clase temos horta. Non podemos desaproveitar ningún dos raios de Sol que tan agradablemente entran na aula, así que decidimos, nun principio, plantar grelos e cenorias. Neste trimestre tocoulle a quenda ós amorodos e ás patacas, e quen sabe se teremos fabas tamén. O caso é que, despois de plantar máis de vinte e cinco amorodos, cada un se puxo tamén mans á obra e traballamos a nosa imaxinación para personificar aos amorodos e pensarlles unha historia.

15 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 16: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

O AMORODO AVENTUREIRO

Esta é a historia dun amorodo que estaba nun posto de venda de amorodos. Estaba triste ata que un día... Mercárono por dez euros! Pero no canto de comelo puxérono ó Sol.

CONTO DE HELENA RODRÍGUEZ

Dona Amorodo era unha planta moi, moi, moi pequena e tiña un dono chamado Martín. Este, un día á semana, botáballe auga. Dona Amorodo era feliz no seu testo pero estaba un pouco sedenta así que chamou por Martín. El ía collela e de súpeto caeulle ao chan. A planta intentou erguerse pero non puido. Martín ao vela, colleuna pero non puido revivir. Martín púxose moi triste e caeulle unha bágoa pola súa doce meixela. Esa bágoa caeu enriba da planta e Dona Amorodo reviviu.

CONTO DE SARA LÓPEZ

16

Page 17: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

2º de Educación Primaria

DÍA DA PAZ

Para celebrar o día da Paz os alumnos de 2º de Primaria fixeron un mural cunha preciosa pomba branca. Cada neno debuxou as súas mans nunha cartolina branca e logo recortáronas.

Todas estas mans fóronas pegando no mural formando unha gran pomba. Ao final, os nenos estaban encantados co resultado.

17 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 18: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Excursión en lancha18

Page 19: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

O pasado venres 6 de marzo, os alumnos de 1º e 2º de Primaria colleron a lancha no peirao de Curuxeiras con rumbo á fermosa vila mariñeira de Mugardos. Antes tocaba facer unha visita ao Castelo de San Felipe (fortaleza construída no S.XVI). Alí, pasearon polas súas dependencias e puideron contemplar unhas vistas espectaculares da ría de Ferrol. Cando chegaron ao peirao de Mugardos alí agardábannos uns mariñeiros da vila para explicarlles aos nenos os distintos apeiros de pesca que utilizan para coller o polbo e outras especies como as luras, nécoras etc. Logo un paseo pola Vila, un tempo de xogo na praia e, de novo, embarcaron na lancha para voltar a Ferrol. Como vedes, unha mañá moi completiña.

Debemos agradecer a colaboración de:

- Manolo Pazo (coordinador das ENDL de Ferrolterra)- Bernardo Máiz (catedrático de historia)- Juan Santiago e a súa tripulación (patrón da embarcación de Mugardos)

Todos eles, de xeito desinteresado, axudaron na organización da excursión.

19 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 20: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

3º de Educación Primaria

Os nenos e nenas de terceiro prepáranse para a chegada da primavera

Coa próxima chegada da primavera, os nenos e nenas de terceiro de Educación Primaria prepáranse, pintando testos de barro de distintas cores. Primeiro déronlle a cada testo unha capa de cor, mesturando as cores ao seu antollo. Logo, con papel, fixeron uns moldes que máis tarde pegaron en cada testo. A continuación pintaron o molde doutras cores e así quedan! Aínda lles falta algún que outro retoque. Van quedar de marabilla!

20

Page 21: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

21 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 22: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

4º de Educación Primaria

4º e a PAZ

Este ano os alumnos e alumnas de 4º tiveron un especial papel no día da Paz. Para mergullarnos nunha presentación de diapositivas sobre a figura de Martin Lutter King os nosos compañeiros interpretaron coas súas frautas o tema principal da Sinfonía do Novo Mundo de Dvorak. Desde a penumbra, coas posicións máxicas dos tubos sonoros das clases de música, tivemos tempo de festexar a un día de reflexión, conmemoracións e sobre todo de PAZ para todos e a todos os niveis.

22

Page 23: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Este trimestre os alumnos de 3º e 4º de Primaria estivemos no CEIP “Mosteiro de Caaveiro”, no concello da Capela, nunha xornada de convivencia disfrutando dos xogos populares galegos. Os nosos compañeiros do Cole que nos recibía eran os nosos monitores. Con anterioridade visitamos o Museo Etnográfico da Capela e puidemos comprobar como era a vida diaria dos nosos antergos: que utis de cociña empregaban, de labranza, o mobiliario das casas…Pasámolo xenial! O noso agradecemento á Comunidade Escolar do “Mosteiro de Caaveiro” en especial ao profe Xabier. Unha aperta para todos eles.

Excursión á Capela

23 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 24: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

   A  verdadeira  etapa  das  persoas  é  a  infancia,  xa  que  nela  quedan  marcados  

os   valores   que   na   nosa   vida   futura   nos   definirán   como   persoas.   Moitas   veces  escoitamos  dicir  que  as  nenas  e  os  nenos  de  hoxe  non  saben  xogar.  Referímonos  a  que  non  controlan  os  xogos  de  sempre,  os  xogos  de  tradición  cultural,  xa  que  si  que  practican  e  conviven  con  outro  tipo  de  xogos.  Pero  pensemos,  meditemos  …  quen  lles  aprende  a  xogar?.  As   familias,   as  escolas,  a   sociedade  en  xeral  non  están  por  este  labor,  non  se  paran  nesta  tarefa  tan  necesaria.     Persoalmente  penso  que  esto  acontece  porque  o  ritmo  de  vida  actual,  o  que  demanda  o  mundo  de  hoxe  non  vai  polo  camiño  de  adicarlle  parte  do  noso  tempo  diario,   parte   do   noso   traballo   a   esta   faceta   lúdica.   Dámoslle   aos  máis   pequenos  unha   manchea   de   actividades   escolares,   extraescolares   que   lles   ocupan   o   seu  tempo,   pero   que   non   lles   aportan   creatividade,   diversión,   capacidade   de   pensar  por   eles   mesmos   …   Todo   está   superdirixido   e   completamente   adaptado   ás  necesidades  das  escolas  ou  das  familias.     Xogar   non   é   perder   o   tempo,   xogar   é   unha   das   condicións   innatas   ao   ser  humano.   Xogos   e   xoguetes   son   tan   antigos   coma   a   humanidade.   Por   iso   o   xogo  forma  parte  da  herdanza  cultural  de  calquera  pobo,  xa  que  está  presente  na  vida  das  persoas  desde  que  nacen  ata  que  morren.  Un  pobo  que  xoga,  que  argalla,  que  brinca  …  é  un  pobo  feliz.  Os  xogos  deben  ser  a  principal  actividade  na  infancia;  son  fonte  de  pracer  e  de  satisfacción,  axudan  a  formar  e  a  modelar  as  personalidades,  favorecen   as   relacións   interxeracionais,   desenvolven   capacidades   e   habilidades,  son   linguaxe   viva,   enriquecen   a   nosa   lingua,   estimulan   a   imaxinación,   a  curiosidade,  a  creatividade  (motores  básicos  de  calquera  aprendizaxe).     Teño  a  sorte  de  traballar  nunha  escola  (o  CEIP  Mosteiro  de  Caaveiro,  en  A  Capela),   na   que   os   xogos   tradicionais   están   presentes   na   vida   cotiá   do   noso  alumnado;  teñen  campos  propios  e  conviven  con  outras  actividades  deportivas.    

Temos  en  activo  un  Proxecto  educativo,  chamado  Brinquedos,  que  persigue  educar   en   valores   por   medio   dos   xogos.   Unha   parte   deste   proxecto   está  encamiñada   a   difundir,   a   divulgar,   a   dar   a   coñecer   e   a   vivenciar   os   xogos   de  sempre.  Para  conseguilo  convidamos  a  outros  centros  escolares  a  que  nos  visiten  (só  un  día  cada  semana).  Nestas  visitas  as  nosas  nenas  e  os  nosos  nenos  son  os  que  fan   de   informantes   destes   xogos,   presentándoos   e   vivenciándoos   en   común.   Son  dúas  horas  semanais  nas  que  se  traballa  a  igualdade,  o  respecto,  o  non  sexismo,  a  integración,   a   competencia   lingüística  …  pero,   sobre   todo,   tratamos  de  presentar  outras  actividades  para  os  tempos  de  lecer,  procuramos  tamén  dar  que  pensar  ao  profesorado  que  acompaña  aos  visitantes.     Pero  isto  non  abonda,  xa  que  cando  estes  nenos  e  nenas  marchan  da  escola,  cando   chegan   ás   súas   casas,   cando   volven   aos   seus   centros   ou   cando   vaian   aos  institutos,  este  tipo  de  xogos  non  estarán  presentes.     As   persoas   profesionais   do   ensino   temos   a   obriga   de   facer   que   o   noso  alumnado  xogue,  que  coñeza  actividades   lúdicas  sen  custe;  debemos  xestionar  os  tempos  de  lecer  cotiás  e  introducir  os  xogos  de  sempre.     Fagamos   das   escolas,   dos   institutos,   unhas   fábricas   de   xogos   e   de  brinquedos;  procuremos  que  os  centros  escolares  sexan  lugares  de  conservación  e  práctica  dos  xogos  de  tradición  cultural.     Por  un  mundo  no  que  as  persoas  xoguen!.             Xabier  López  García  (mestre  na  Capela)  

24

Page 25: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Aro bereber Asubío Himba

Bolos

Goma

Pelouros

Buxaina

25 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 26: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

O venres 6 de marzo os alumnos de 3º e 4º de Primaria puidemos disfrutar dunha xornada cos alumnos do Ciclo Superior de Dietética do IES San Pedro de Leixa. A través dunha charla informativa e de divertidos xogos, aprendimos moito máis do que xa sabiamos sobre a chamada “comida basura”. Os mesmos alumnos explicaron a importancia de comer san, os motivos polos que dita comida é tan nociva para a nosa saúde e que debemos comela en cantidades pequenas. Por iso, queremos dar as grazas aos alumnos do IES San Pedro de Leixa e a súa mestra Teresa por visitarnos por segundo ano consecutivo e por todo o que nos ensinaron.

A chamada “Comida Basura”

26

Page 27: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

5º de Educación Primaria

SERES MÍTICOS GALEGOS

Dentro dun obradoiro realizado na clase de 5º de Primaria, na asignatura de Lingua Galega, os rapaces e rapazas deron por poñerse a investigar as lendas e os seres míticos galegos. O resultado tédelo aquí.

GATIPEDRO Ser mítico galego que fai mexar aos nenos na cama. Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza. Vai ás casas polas noites, para nas habitacións nas que hai nenos durmindo, e entón ponse a botar auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando o pingar da fonte do gatipedro, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

TRONANTE Ser que produce os tronos. Compañeiro do nubeiro que fai camiñar as nubes e dirixe os tronos e os raios. O tronante forma o estrondo, golpeando nas nubes cos pés.

SACAÚNTOS É un boticario que anda cun saco ao lombo para meter nel aos nenos malos ou aos que atopa afastados das súas casas. Logo, seica, mátaos e sácalles o unto para elaborar medicinas.

A FESTA DA COCA Celébrase a principios de xuño polo Corpus Christi.Monstro que se presenntou un día en Redondela (Pontevedra). Xurdiu das ondas do mar embravecido e devorou dúas rapazas que xogaban na Praia. Despois dese ataque, viñeron moitos máis. Os veciños da vila reuníronse e escolleron os vinte e catro homes máis fortes para atacar á coca na súa seguinte aparición. A campá da igrexa deu aviso da chegada do monstro e os elixidos déronlle norte coas súas espadas. Formouse decontado unha gran procesión e ao redor da besta morta, os loitadores, iniciaron unha danza.

27 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 28: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Lago de Doniños. Ferrol (A Coruña). Hai moitos anos apareceu un pobre percorrendo a cidade de Valverde. Chegou a unha casa pedindo e dixéronlle:— Váiase, que eu non lle podo dar!Chegou a outra casa dunha señora con dúas criaturas xemelgas. A señora díxolle que non tiña nada para dar, pero que ía botar unhas bolas no forno e que se esperaba lle daría delas.— Ben, pois espero —dixo o pobre.Esperou, e a muller botou a bola no forno e deulle un pedazo,0 pobre (que era Xesucristo) díxolle:— Mire, señora. Aquí hai xente mala e van ter un desengano. Colla por ese camiño arriba, non mire para atrás e será salvada.— E as miñas criaturas? —díxolle a señora.— Non se preocupe. Déixeas no camiño, que Deus, que ben as ve, xa gobernará.Entón el marchou e ela colleu por un camiño arriba pero sentiu un ruído, deulle un desmaio e quedou morta. Apareceu todo asolagado, pero as dúas criaturas aboiaron no berce e salváronse. De aí vén o nome de Doniños.

Cóntase que aló polo século XIII, un paisaniño de Barxamaior, apelidado Santín e home de fondas crenzas relixiosas, nun día de inverno de moito frío, con neve e tormenta, subiu ata o Convento do Cebreiro. Distaba uns catro quilómetros costa arriba da súa casa. Ó chegar á Igrexa atopou un freire celebrando a Misa.

Seica o freire non era home de moita fe e vendo tan só a aquel homiño vello, cheo de frío, pensou para si mesmo: “¡tanto sacrificio, total para un cacho de pan e un pouco viño!. Hai que estar tolo para saír da casa co frío que vai, ...¡co ben que estaría na casiña á beira dun bo lume!.

Nese mesmo momento, era o momento de alzar, o freire quedou abraiado. Viu alí, nas súas mans, ¡o pan convertido en carne e o viño convertido en sangue!.

A imaxe da Virxe, que estaba no altar do lado, unha talla románica do século XII, incli-nou a cabeza e así aparece aínda hoxe con ela abaixada.

LENDAS28

Page 29: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Se o río Miño, Deus non o queira, queda sen auga, tendes que saber o posible motivo. No castro de Amboade, que está na parroquia de Vilar de Ortelle do concello de Pantón, en Lugo, houbo, igual aínda o hai, un encanto moi grande que vivía nunha adega debaixo da croa. Aquel encanto tiña tratos cun humano que ía todos os días visitalo. Ao chegar, o home agardaba a que o recibise unha gran serpe que lle subía polo corpo arriba e que en canto lle chegaba a tocar a cara transformábase en muller. Non sabemos máis. Non sabemos si o encanto se desencantou, se quedou ou marchou. É pouco saber, sobre todo escoitando o que se di por alí. Estarrece:

Cando nesta adega falte o viño,ha de faltar a auga.

Nota: o texto anterior está sacado do libro “A flor de auga” de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais. Un libro do 2006 no que se recopilan lendas de Galicia que teñen relación coa auga. Se o río Miño queda sen auga.

O cabo do mundo no río Miño moi cerca do lugar o se

conta esta lenda. Fotografía de Secundino Lorenzo.

Se o río Miño, Deus non o queira, queda sen auga, tendes que saber o posible

motivo. No castro de Amboade, que está na parroquia de Vilar de Ortelle do

concello de Pantón, en Lugo, houbo, igual aínda o hai, un encanto moi grande que

vivía nunha adega debaixo da croa.

Aquel encanto tiña tratos cun humano que ía todos os días visitalo. Ao chegar, o

home agardaba a que o recibise unha gran serpe que lle subía polo corpo arriba e

que en canto lle chegaba a tocar a cara transformábase en muller.

Non sabemos máis. Non sabemos si o encanto se desencantou, se quedou ou

marchou. É pouco saber, sobre todo escoitando o que se di por alí. Estarrece:

Cando

nesta

adega

falte o

viño,

ha de

faltar

a

auga

A TORRE DE HÉRCULES

Hai varias lendas arredor da construción do único faro romano e que segue actualmente en funcionamento. A máis coñecida asegura que un xigante coñecido como Gerión, rei de Brigantium (Breogán), tiña aos seus súbditos aterrorizados, pois obrigáballes a entregarlle a metade das súas posesións, fillos incluídos. Un día os súbditos, diante a inutilidade de revelarse contra o xigante decidiron pedir axuda a Hércules, que o retou nunha cruenta batalla. Hércules derrotou a Gerión, soterrouno e levantou un túmulo que coroou cun facho. Preto dese monumento fundou unha cidade e, como a primeira persoa que chegou foi unha muller chamada Crunia, Hércules puxo á cidade o seu nome, A Coruña.

29 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 30: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

OBRADOIRO DE LITERATURA GALEGA E CASTELÁ Nun obradoiro da asignatura de Lengua Castellana, os rapaces e rapazas de 5º de Primaria, descubren a obra dalgún persoeiro da literatura española.

A partir do personaxe de Perucho que aparece na obra “Los Pazos de Ulloa” de Emilia Pardo Bazán. A segunda parte, escribiuna a autora, na súa obra “La madre Naturaleza”.

Emila Pardo Bazán (1851-1921) está considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxes, obras dramáticas, composicións poéticas e moitísimas colaboracións periodísticas, nelas a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao específicamente feminino.

A lagoa da serpeA Veiga do Bolo (Ourense)

Na Lagoa da Serpe, na serra de Pena Trevinca, dicíase que antigamente había unha serpe moi grande temida por todos. Segundo di a lenda, nas noites de lúa chea, esta serpe convertíase nunha fermosa muller e que cando un mozo lle acertase cun salivazo na boca, esta habíase converter nunha fermosa muller e casaría co mozo. Unha noite de lúa chea, un mozo da aldea de Ponte, que é a máis próxima á lagoa, foi ver a serpe e topouse coa fermosa muller. Entón esperou ata que abriu o día e, cando se converteu de novo en serpe, cuspiulle na boca. Nese intre volveu aparecer a fermosa moza que el vira pola noite e casaron os dous. A Lagoa da Serpe está na Pena Trevinca. A lenda di que toda persoa que beba da súa auga morrerá e que se te metes nela, sómete para dentro. Xa houbo un caso dunha persoa que foi sumida para dentro, pero non se sabe de xente que morrese por beber a auga porque ninguén se atreve a facelo.

30

Page 31: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

6º de Educación Primaria

A SEGA

Alberti: “Marinero en tierra”. A partir deste título, fixeron unha aproximación á obra de Rafael Alberti.Rafael Alberti Merello. (El Puerto de Santa María, Cádiz, 16 de decembro de 1902 - El Puerto de Santa María, Cádiz, 28 de outubro de 1999). Poeta da Generación do 27. En 1917 trasládase a Madrid, onde abandona o bacharelato pola pintura, que exerce unha gran influencia na súa obra. Por motivos de saúde trasládase, pouco despois, a vivir nas serras de Guadarrama e Rute, onde comeza a escribir as súas primeiras poesías, recollidas baixo o título de “Marinero en tierra”. Con este libro obtén o Premio Nacional de Literatura (1924-25), concedido por un xurado que integraban Antonio Machado, Menéndez Pidal e Gabriel Miró. A esta obra seguiron “La Amante” (1925) e “El alba de alhelí” (1925-26). Nos seus primeiros libros apréciase claramente a influencia de Gil Vicente, do Cancioneiro e Romanceiro españois e doutros autores como Garcilaso, Góngora, Lope, Bécquer, Baudelaire, Juan Ramón Jiménez ou Antonio Machado. A súa poesía é popular, personalísima, de tradición española, pero sen retorno innecesario, nova, fresca e acabada á vez, rendida, áxil, graciosa, parpadeante, andalucísima.“MARINERO EN TIERRA”

O libro foi publicado no 1924, premiado co “Premio Nacional de poesía”. Escribiuno durante a súa estadía na localidade segoviana de San Rafael.Pertence á primeira etapa da obra de Alberti, caracterizada polo popularismo, adopción de formas populares, en especial o cancionero tradicional. A temática e o ton, en xeral, é de nostalxia producidda no autor polos recordos da súa terra natal, moi lonxana durante o tempo no que escribiu a obra.

A fase superrealista aparece atente en “Sobre los ángeles” (1927-1928). A partir de entón, e despois de afiliarse ao partido comunista, a súa obra adquire ton político. Este xiro lévao a considerar a súa obra anterior como un ceo pechado e unha contribución irremediable á poesía burguesa. A poesía de Alberti cobra cada vez máis un ton irónico desgarrado, como os poemas burlescos En 1939, ao rematar a Guerra Civil española, emigra á República Argentina, desde onde se traslada a Roma en 1962. En 1945 publica, en Buenos Aires, “A la pintura: poema del color y la línea”, e ademais un volumen que abarca a case totalidade da súa obra lírica, “Poesía”, onde se mostra certa nostalxia pola patria. Regresa finalmente a España en 1977. Os seus libros de memorias colleitan grandes éxitos nas distintas edicións, cada vez máis completas. Entre as numerosas distincións e homenaxes que se lle dedican destaca o Premio Miguel de Cervantes, que se lle concedeu no ano 1983.

31 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 32: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

A partir dunha data e dunha frase, adentráronse na obra de dous persoeiros sen os que a Cultura galega, en xeral, carecerían de sentido.

A data é a do 24 de febreiro de 1837.

Eles comproban que esta é a data de nacemento de Rosalía de Castro. Naceu nesta data en Santiago de Compostela e morreu o 15 de xullo de 1885 en Padrón. Foi unha poetisa e novelista que escribiu tanto en lingua galega como en castelá. Considerada na actualidade como unha escritora indispensable no panorama so século XIX. Representa, xunto a Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa aportación literaria e polo feito de que os seus “Cantares Gallegos” sexan entendidos como a primeira grande obra da literatura galega contemporánea, senón polo proceso de socialización ao que foi sometida e que acabou por convertela na encarnación e símbolo do Pobo Galego. Considerada, xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, a precursora da poesía moderna. Algunha das súas obras:“En las orillas del Sar”“La hija del mar”“Follas Novas”“El caballero de las botas azules”“Las literatas”…

A frase: “Os vellos non deben namorarse”

Descubren a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Aos once anos, Castelao, emigra coa súa nai á Arxentina. Anos máis tarde retomará o seu bacharelato e cursará medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 comezou a traballar como doutor na súa vila pero unha crise de cegueira aló polo 1914, afastaríao da práctica médica. Castelao é todo un símbolo do nacionalismo galego, un loitador no exilio que reflictiu na súa obra literaria e pictórica, cun fondo compromiso que o unía a Galicia. O castelao político xa participara nas Irmandades da Fala desde o nacemento destas aló polo 1916, actuando como delegado nas Asambleas Nacionalistas e colaborando en “A Nosa Terra”. En 1950, ano no que se disolve o Partido Galeguista, falece en Bos Aires un 7 de xaneiro. Algunha das súas obras:“As cruces de pedra na Bretaña”“As cruces de pedra na Galicia”“Sempre en Galicia” “Os dous de sempre”“Nós”“Cousas da vida”

32

Page 33: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Neste segundo trimestre os rapaces e rapazas de 6º de Primaria quixéronlle rendir unha ben merecida homenaxe aos seus antergos.Así fixeron dúas actividades encamiñadas a conquerir dito obxectivo: Recoller testemuñas da vida dos seus avós. Rebuscar nos arquivos fotográficos familiares e copiar un poema da literatura galega, que vaia ben co tema da fotografía: “Poesía na lembranza”

6º de Educación Primaria

O meu avó naceu en 1931. Aos 6 anos ía coas vacas que pacían nos arredores do campo. Acompañábano os seus curmáns. De 8 a 10 anos: foi á escola pero moi pouco, porque tiña que ir ao monte coas ovellas, as cabras e as vacas.Pasaba todo o día alí. De 8 a 18 anos: Aos 10 anos deixou o colexio e ata os 14 seguiu indo cos animais que tiñan e traballando no agro. De 18 a 21 anos: estudou e traballou nun taller de mecánica. De 21 a 23 anos: foi ao Servicio Militar na Mariña De 23 a 28 anos: traballou de carreteiro: persoa que levaba un carro tirado por bois, vacas ou cabalos. Levaban diferentes tipos de mercadorías dun lugar a outro. Podían levar tanto madeira para os aserradoiros, coma levar patacas para as feiras, sacos de millo ou fariña dos muíños. Os carreteiros facían o traballo que actualmente se fai cos camións. De 28 a 84 anos (a idade que ten agora): Comprou un camión, traballou de camionero,e anos despois montou unha empresa na que traballan os seus fillos actualmente.

TESTEMUÑAS

A infancia da miña avoa En torno ao ano mil novecentos cincuenta e dous a miña avoa vivía na zona rural de Ferrol, no lugar de Pazos . Durante a súa nenez estivo enferma ata os nove ou dez anos. Ela levaba a pacer as vacas despois ou antes de ir á escola , e ían lavar a roupa ao río e á fonte a coller auga. Ademais ían ás terras cando se plantaban e se recollían as diferentes colleitas do ano. Cando era o tempo, as maquinas de mallar ían á súa casa mallar o trigo e tamén facían a desfolla do millo, a colleita gardábase no hórreo e no fallado. Algunhas veces utilizábanse as follas do millo para facer colchóns. As súas bonecas facíaas ela con trapo e millo. Naqueles tempos cociñábase na lareira e utilizaban madeira e un trespés para colocar os utis. A corte das vacas atopábase dentro da casa normalmente debaixo das habitacións porque daba moita calor. Os días máis importantes do ano eran as festas do Nadal, o Entroido e o día do patrón. Xuntábase toda a familia e facían unha comida especial. Matábase un cabrito e íase á Función, que consistía nunha misa e procesión do Santo.Resumindo, a súa nenez, aínda que lles faltaban moitas cousas, eran moi felices.

33 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 34: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

O NOSO AVÓ

Vivía nunha casa de aldea, na que, naqueles tempos, non tiñan aínda luz eléctrica. Para estudar necesitaban candeas ou candís.

Tamén axudaba á súa nai cos labores agrícolas: plantaban patacas, segaban a trigo e mallábano ou coidaba o gando mentres pacía.

Todas as mañás ía ao colexio andando uns 2 km., só por camiño. Nos colexios os nenos e as nenas estaban separados. Xogaban a buxaina, á billarda, que era a máis perigosa, á tirafonda que facían eles cunha póla en forma de “Y”.

No tempo libre fabricaban unhas trampas para paxaros, que son un montón de paos flexibles colocados en forma de pirámide suxeitados por bimbio. Esta trampa chamábase panterlo.

O avó tamén era monaguillo, todos os domingos ía axudar ao crego nas misas, onde se falaba en Latín.

Cando o avó tiña nove anos non había cartos para comprar bicicleta. O noso avó fabricábaas con táboas de madeira e rodas de madeira; facíanse de dúas ou tres rodas, eles ao arredor das rodas (parte que toca o chan) recubríana de goma para que durara máis.

As bicicletas non tiñan nin pedais nin freos. Había montos de accidentes. As bicicletas só se podían utilizar nas costas abaixo.

O avó di que era unha das formas para pasalo ben naqueles tempos.

A NOSA AVOA

Recorda con cariño, cando ía á romaxe do Santo Antón, unha ermida que está en Cedeira.

Ia coa familia, preparaban o xantar e ía cara ao Santo Antón. É unha romaxe, que se celebra o 13 de Xullo.

Para chegar tiñan que subir ata a ermida, levaban unha cesta coa comida. Xuntábanse moitos dos seus amigos, para bailar a muiñeira e escoitar as gaitas. Bailaban todos os rapaces.

Pola noite volvía á súa casa moi contenta, coa súa familia.

A nosa avoa, cando era pequena ía coa súa nai ao peirao de Cedeira a esperar ao seu pai que viña do mar. Ían vender o peixe á lonxa de Cedeira. A Avoa pasábao moi ben cando o seu pai a subía á ponte do barco, e desde alí miraba como baixaban as caixas de peixe ao peirao.

Cando acababan, a nosa avoa estaba moi contenta porque o seu pai ía pasar a fin de semana na casa.

O noso avó chámase Luis e a nosa Avoa chámase Teresa.

O ENTROIDO NO POBO DA MIÑA AVOA

34

Page 35: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

A festa celebrábase o venres, sábado, domingo, luns e martes. Era unha festa principalmente gastronómica. Reuníanse todas as familias cada día nuha casa e comezaba o venres coa cea. Comíase carne de porco salgada ou afumada, principalmente a cabeza, lacón, chorizos, ás veces galiña, grelos, patacas cocidas enteiras e sobre todo moito, moito postre, o tipico de agora, freixos, orellas, fritos, chulas e roscas. Lémbrome que a miña nai podía pasarse unha tarde enteira facendo freixós nunha tixola chamada freixoeira. Facíanse na freixoeira enriba dunha fogueira con leña de carballo para que non botara tanto fume.

A xente disfrazábase e petaban nas portas das casas onde se celebraban as comidas para que os invitaran ao viño e as lambetadas.

Tamén se queimaba o entroido que era un boneco de palla con roupa como agora, o enterro da sardiña. Rematábase a festa sen nada especial sinxelamente remataba a festa.

O ENTROIDO NO POBO DA MIÑA AVOA

A miña avoa Mari naceu en 1950 en Betanzos. Era a cuarta de nove irmáns. Os seus pais tiñan unha casa de comidas e bodega de viños.

O que máis lle gustaba era xogar cos seus amigos e andar na bicicleta, pero non podía cando quería xa que naqueles tempos os nenos tiñan que axudar na casa. Ela, xa de pequeña, botáballe unha man á súa nai para coidar ós máis pequenos e tamén tiña que dedicar tempo a axudar no negocio e nas labores da casa.

Foi a máis traviesa dos nove irmáns e, calquera o diría, porque despois convertiuse nunha persoa moi responsable e moi traballadora.

Non lle gustaba nada estudar e as anécdotas máis sonadas da miña avoa teñen relación coa escola.

Para ir á escola tiña que pasar por unha ponte dun río. Un dos días que ía cos seus amigos ocurréuselle tirar os libros ó río. Cando chegou á escola díxolle á mestra que os esquecera na casa e á súa nai dicíalle que os tiña na escola, ata que se descubriu todo.

Como non quería facer as tarefas que lle poñía a súa mestra, a miña avoa levaba unha tableta de chocolate e a cada un dos seus compañeiros que lle fixese os traballos, dáballes unha onza.

Neses tempos non todos os nenos podían tomar chocolate.

Se sabía que a mestra ía preguntar a lección o primeiro que facía ela ó chegar á escola era esconderlle todas a reglas á mestra, para que non lle pegara con elas.

Unha das anécdotas máis graciosas da miña avoa foi un día que a mestra lle preguntou que era a Aritmética. Ela rapidamente respondeu: “ a Aritmética é a ciencia que estuda paciencia e nos quita as ganas de estudar”. A mestra correu detrás dela ata conseguir darlle un bo tirón de orellas. Desde ese día, no que a miña avoa tiña nove anos ata agora que ten 65 non se lle esqueceu a resposta correcta: “a Aritmética é a ciencia que estuda os números e as operacións que con eles se fan”.

35 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 36: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

A HISTORIA DA MIÑA AVOA.

Isto foi o que a miña avoa me contou:

O meu bisavó tiña moitos castiñeiros en Torbeo, Lugo. El vivía en San Clodio, Ourense. No último día da recollida de castañas organizaba unha festa para celebrar o remate da tempada.

Pois levaron moita comida e sempre o celebraban con todos os traballadores que participaban na recollida. Ao final bebían un bo viño, o de Quiroga.

A HISTORIA DO MEU AVÓ.

Isto foi o que me contou o meu avó:

Cando o meu avó era pequeno, axudaba ao meu bisavó a recoller as patacas no campo. Levábanlles o almorzo ao campo que consistía en patacas cocidas e torreznos. Ao principio o traballo parecíalles moi divertido pero ao final acababan mortos do cansanzo.

Logo axudaban a cargar en carros os sacos de patacas, que se levaban á estación es subíanos aos vagóns de tren.

Ademais, tamén desgranaban as mazorcas e collían o millo. Sempre, cando o verano acababa, ían moi tristes porque o pasaban moi ben.

36

Page 37: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

POESÍA NA LEMBRANZA Co doble obxectivo de coñecer as raíces familiares de cada rapaz e rapaza e o coñecemento da literatura galega, 6º de Primaria traballou na unidade didáctica “Poesía na lembranza” da que deseguido tedes dous exemplos.

37 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 38: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Senda costeira de Liméns

Distancia: 4 km ida e volta

Dificultade: Moi baixa

Descrición:

Ao principio temos que seguir a estrada a Cabanelas durante un tramo curto pero pronto nos desviamos por unha pista de terra cara a Carballeira da Portela. Deixando este lugar baixamos polas pistas de concentración parcelaria cara ao río. Antes de atravesar a ponte tomamos un pequeno sendeiro ribeireño con restos dos muíños abundantes na zona e do sistema de regadío antigo. Logo pásase á outra beira por unha ponte

Neste punto podemos tomar o camiño rápido de volta á ponte da Raxa por unha pista algo rota á esquerda ou ben ir pola dereita , polas marcas da ruta , para camiñar un tramo polo antigo Camiño Real.

Tras cruzar a ponte, o camiño discorre entre zonas de pasto na aldea de Cabanelas , piscinas fluviais e área recreativa que esconden no seu final unhas atractivas pozas para o verano. De alí, en vez de seguir inmediatamente as marcas ao outro lado da estrada, podemos andar uns metros pola estrada e logo subir entre unhas casas cara á derivación do petroglifo.

Ao petroglifo chégase por unha pista de fronte ao cartel indicativo de non máis de 400 m que logo hai que retomar a ruta orixinal. Ao baixar a onde está o indicativo tomamos á dereita para seguir entre prados ata a estrada , dando un rodeo que volve preto do río. Espéranos unha corta subida ata a fonte de Natoal de novo en asfalto pero un tramo bastante curto, pois pronto, á esquerda aparece unha pista de subida muy rota e pronunciada que nos levará en menos do que pensamos a unha boa altura preto do cumio do coto Ramalloso. A subida é dura pero curta e merece a pena atacándoa con paciencia.

Logo quédanos o descenso polas pistas amplas entre eucaliptos principalmente, aínda que poderemos , sen dúbida, observar algún dos estragos que causou a oleada de incendios de agosto do 2006 no concello de Cotobade .

Tralo descenso cruzando unha pista pavimentada que baixa á parroquia de A Bouza , o camino e acompañado dunhas vistas xenerosas do pequeno val que forma o río Lérez ata o petroglifo da Portela de Laxe, case pegado á estrada nacional . Lindamos un grupo de casas en Viascón e pásase ao outro lado da estrada por unha estreita ponte que nos achega á igrexa e casa reitoral de Santiago en Viascón. Este sería o final da ruta.

De alí parte un pequeno sendeiro circular ata a Atalaia , con boas vistas e bordeando o final do río Lérez con varios muínos de auga, con retorno de novo á zona da igrexa desde onde regresariamos ao punto de partida seguindo as marcas na estrada atravesando a n-541 polo viaducto cara a Cabanelas e logo por unha pista asfaltada recta que conclúe xusto no punto de comezo onde está o cartel indicativo, todo isto ben señalizado con pintura no chan

RUTAS38

Page 39: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Roteiro Mariñan Costa da Égoa

Dificultade.- Media

Punto de partida/llegadaChamosos (Carral) - UTM: 29T X: 551153 Y:4782506 | Igrexa Santo Estevo de Paleo / Chamoso (Concello de Carral).

Percorrido.-Igrexa de Santo Estevo de Paleo, Paradela, Pazo de Esperante, Salgueiros, Pazo de Vilasuso, Chamoso, Igrexa de San Pedro de Rubieiro, Montemeán, Costa da Égoa, Herves, Pazo das Cadeas, Muíño de Batán, Chamoso.

Lonxitude.- A ruta principal mide 12,5 km.

Duración.-3 horas.

Descrición.-Arquitectura tradicional / Etnografía

Percorre o val de Barcia a través dun camiño moi recomendable para realizar a pé ou en btt.

Trátase da unión de dous percorridos, o primeiro lineal e o segundo circular, cuxa combinación ofrece unha boa oportunidade de gozar do patrimonio pacego, así como da visita a varias igrexas e ao Eco-Museo Costa da Égoa con catorce muíños e unha pequena central hidroeléctrica. O primeiro tramo do sendeiro parte da Igrexa de Santo Estevo de Paleo, cun orixinal retablo de estilo rococó, e percorre o Monte Xalo, a través do antigo Camiño de Santiago, ata alcanzar o núcleo rural de Chamoso. Destacan os Pazos de Esperante e Vilasuso. Pasando por este último pódese optar por continuar a senda ou regresar ao punto de inicio.

O segundo tramo é unha ruta circular que parte desde Chamoso, podendo optar por dirixirnos cara ao leste en dirección a Batán ou cara ao oeste en dirección ao Rubieiro. Optando por esta segunda alternativa, a paisaxe séguenos ofrecendo estampas de gran beleza que se poden apreciar desde o Miradoiro do Rubieiro.

Tras cruzar Montemeán chégase ao conxunto hidrográfico de Costa da Égoa, que se alimenta das augas do río Abelleira. En Herves está o Pazo das Cadeas, que data do século XVI, e antes de regresar a Chamoso pódese visitar o Muíño de Batán.

39 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 40: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

RUTA DO OUROLugar: Quiroga- Ribas do Sil.

Distancia: 30 kilómetros aproximadamente.

Tempo estimado: 6-7 horas

Modalidade: Sendeirismo.

Dificultade: Media.

Itinerario: Visita ás antiguas minas de ouro romanas, cuxos restos máis evidentes se encontran a ámbolos lados do río Sil, nos municipios de Quiroga (Montefurado) e Ribas do Sil (Figueiredo, Peites e Piñeira). Visita á mina do Covallón.

Descrición: Pola N-120 entre a Rúa e Monforte saír en Montefurado, continuar cara a Bendilló. Seguir ata Sequeiro, Bendollo, Quiroga, Alto de Aldriz, Medulas de Margaride e Ponte Romana de Barxa do Lor.

Outros datos de interese

A localidade de Montefurado, no municipio de Quiroga, é coñecida ante todo polo espectacular túnel escavado polos romanos na Pena do Corvo para explotar o ouro do Sil. Desde o punto de vista histórico, non son menos importantes as pequenas médulas e a rede de galerías que deixaron na zona as actividades mineiras realizadas na antigüidade. En Montefurado foi preciso desviar a canle do río Sil nun tramo de tres quilómetros para atacar os grandes aluvións auríferos da zona. Estes depósitos foron lavados completamente mediante un complexo sistema de canles e galerías subterradas nas que se introducían grandes cantidades de auga, para erosionar e fender os aluvións que gardaban o ouro.

40

Page 41: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Ruta dos muíños de EsmelleNesta ruta percorreremos gran parte do patrimonio da auga do Val de Esmelle. Zona rica neste recurso natural, con catro pequenos ríos que discorren polo territorio. No percorrido podemos atopar 22 antigos muíños, fontes e lavadoiros que noutros tempos formaban parte da vida cotiá dos habitantes desta aldea. Algúns dos muíños na actualidade atópanse restaurados pola iniciativa veciñal a través do Proxecto Esmelle.

Ademais, a Asociación de Veciños proponche a opción de realizar dous tipos de rutas guiadas:

· Ruta dos muíños: é unha visita guiada polos muíños e, nun deles podes ver como se fai o pan. Tamén unha visita a unha horta ecolóxica.

· Mini-rutas dos muíños (especial para colexios aventureiros): é unha visita na que es panadeiro por un dia. Nun dos muíños regálanche unha bola de pan.

Descrición da ruta

A ruta parte do local social de Esmelle. Cóllese o camiño “Do mago Merlín” que chega ao primeiro muíño (Muíño do Otero). A continuación, unha nova pista que nos leva ao Miradoiro de Pedrouzo e ao baixar tomamos unha senda que vai bordeando o río pasando por diferentes muíños, algúns restaurados e outros non.

· Distancia: 13km.

· Duración: 4h aproximadamente.

· Dificultade: Moderada.

41 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 42: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Neste segundo trimestre, os maiores do Colexio Ludy realizaron unha saída cultural certamente interesante. Os tres museos científicos de A Coruña foron visitados nunha soa xornada. Comezamos na Casa das Ciencias, onde a maiores puidemos saber algo máis dos segredos do Universo.A continuación, A Domus, a casa do ser humano, onde puidemos ver os nosos ancestros ou un parto, algo que moitos rapaces e rapazas non viran nunca.Rematamos a viaxe, no Aquarium, lugar fantástico para os rapaces onde no Nautilus, nos falaron das características das quenllas.Unha gran xornada para rapaces e mestres.

VISITA AOS MUSEOS DA CORUÑA42

Page 43: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

43 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 44: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

ACTIVIDADES FEITAS NO SEGUNDO TRIMESTRE

- Excursión Educación Infantil. Aldeanova.

- Excursión 1º e 2º Primaria. Ría de Ferrol, Castelo de San Felipe e Mugardos.

- Excursión 3º e 4º de Primaria. Convivencia no Colexio “Mosteiro de Caaveiro” da Capela e ao

Museo Etnográfico.

- Excursión 5º e 6º de Primaria. Domus, Aquarium e Casa das Ciencias en A Coruña.

- 1º a 6º de Primaria. Concerto didáctico: “ O Lago dos cisnes”. Palacio da ópera de A Coruña.

- Visita Sociedade Galega de Historia Natural. 5º Primaria.

- Celebración Entroido. Este ano incorporando a figura do “ Meco” no noso Centro. do 9 ao 13 de

febreiro.

- Celebración día da Paz. Este curso adicado a Marthin Luther King.

- Entrega premios postais de Nadal da AAVV Ensanche A. Acudiron Ed.Infantil 5 anos, 1º e 2º de

Primaria.

- Contacontos para Educación Infantil.

- Charla: “ Non á comida lixo” por alumnado do Centro San Pedro de Leixa para 3º e 4º de

Primaria.,

- Visita ao monumento 10 de marzo en Recimil o citado día e explicación destes sucesos

históricos.: 5º e 6º de Primaria.

- Feirón de segunda man e concerto do grupo “ Adán sin Eva” no Colexio Ludy co obxectivo de

recadar fondos para a excursión de fin de curso.

- Realización dunha curtametraxe por parte do alumnado de 6º de Primaria.

- Diferentes programas de Radio Ludy con distintas temáticas: Contos como” El ladrón del

tiempo”, conmemoración días especiais coma “ O día internacional da muller”, etc realizado polo

alumnado do obradoiro de radio.

- Teleludy. Semanalmente se realizou un programa da Axenda-escola onde se poden ver as

actividades que se foron facendo no noso Centro.

BARTOLIÑO44

Page 45: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

BARTOLIÑOENTROIDO

Ola!! Xa estou aquí de novo para contarvos as miñas impresións deste país chamado COLEXIO LUDY.

Neste último trimestre, aos habitantes deste lugar deulles a tolemia de vestirse con roupas distintas ás que usan normalmente. Disque se chama ENTROIDO.

Andivo por aquí un personaxe chamado MECO que nos ía dicindo o que vestir cada día da semana. Ao remate desta, soubemos que tíñamos que parecer HIPPIES. Así vestidos todos e todas, fixemos unha festa na que non faltaron as larpeiradas. Esa foi a parte que máis me gustou: VIVA O ENTROIDO!!!

O MISTERIO DO LEITE

Este trimestre tamén o dediquei á investigación.

Decateime de que, todos os días, no tempo de lecer, os nenos e nenas do Centro pasan polo comedor a beber leite e entroume a curiosidade: De onde ven este leite? Como aparece no Colexio?

Descartada a maxia e despois intensas pescudas, souben que o Colexio está a seguir un programa chamado “Leite na Escola”, polo que a Consellería do Medio Rural intenta que ningún neno/a quede sen tomar leite diariamente. A ver se sodes capaces de atopar o cartel anunciador.

Pero o leite non ven só á Escola. Para iso temos a JAVIER. Coñecédelo?

Desde hai máis de 8 anos e cando aínda non amenceu, chega no seu camión e trae as bolsas de leite *pasteurizado” BOHAL para os case que 250 nenos e nenas da Escola Infantil e do Colexio.

Contoume Javier que a granxa de vacas de onde procede o leite está en As Somozas, a case 40 Quilómetros do Cole, e que, para que nos chegue fresquiño cada día, ten que erguerse ás 4 da mañá.

Graciñas amigo!!! Encantoume coñecerte e descubrir o misterio.

Vémonos polo Cole.

Apertas ratonís.

* Pateurizar – proceso inventado por Louis Pasteur (1822-1895) e que leva o seu nome. Trátase de someter ao leite a un quentamento suave (70º-90ºC) durante uns segundos. Con isto consíguese inactivar os microbios e tamén que o leite dure máis. Tras a pasteurización, enfríase rapidamente e séllase nas bolsas de plástico nas que o recibimos.

Fonte de información - Ratopedia (Enciclopedia Virtual para Roedores)

45 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 46: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Neste segundo trimestre no Colexio Ludy realizamos unha novidosa actividade da que estamos plenamente ledos e, de seguro, repetiremos en vindeiros anos. Consistiu no seguinte: Co obxectivo de recadar fondos para a excursión de tres días de 5º e 6º de Primaria, por certo, á que iremos por primeira vez ás Rías Baixas, organizamos un feirón no noso Centro, un venres pola tarde, no que contamos coa axuda de toda a Comunidade Educativa. O alumnado destes cursos trouxeron obxectos de segunda man que tiñan nas súas casas, así coma repostería realizada polas súas familias. Eles poñíanlles os prezos. Todo o recadado foi para abaratar a excursión de fin de curso. Máis de 200 persoas pasaron pola nosa feira. A continuación, no salón de actos do Centro, comezou o concerto do grupo “ Adán sin Eva”. A entrada, de tres euros, ía destinada ao mesmo obxectivo. Este grupo actuou de balde para apoiar a citada causa, está formado, algúns dos seus compoñentes, por familiares de alumnado do noso Centro e así, tivemos concerto ata ben entrada a noite. Sen dúbida, unha experiencia máis que interesante na que a Comunidade Educativa ao completo, participou e disfrutou.

46

Page 47: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

TELE LUDY INFORMA

Desde Tele Ludy a información, foi de novo a prioridade, completando un ciclo de 18 Axenda Escolas onde seguimos a contar cada unha das actividades que se levan a cabo na escola. Ademais, neste trimestre, o alumnado do obradoiro (toda a clase de 6º) elaborou unha curtametraxe para participar no concurso escolar “Educacción 2015” que se convocou en Alacante co motivo do Festival de Cine da mesma cidade. Aínda que non acadaron o palmarés, o seu curto “Julieta” foi un dos vintecatro seleccionados para proxectarse o Xoves pasado.

O filme pódese ver no blogue da radio e da televisión do Colexio.

www.ludyradio.blogspot.com

Nestes intres toda a clase, está a traballar noutro proxecto, esta vez máis longo, para presentar ao certame Olloboi.

Son uns artistas e deixaron constancia do seu mérito a case 1000 km da casa.

47 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 48: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

O pasado 26 de febreiro enganchámonos á cultura dos contos e á cultura musical do noso Planeta. Como en pasados cursos, toda a Primaria viaxou ata a Coruña para participar nun dos concertos didácticos que se levan a cabo na cidade veciña. Este ano tocounos Tchaikovski, en concreto o ballet do lago dos cisnes. Cousa bonita o que vimos e escoitamos no Pazo da Ópera. Os intérpretes foron a Orquestra Sinfónica e o Xove Ballet de Galicia. Odette, Odille, Sigfrido, a raíña Sara ou o malvado conde de Rotenbart cubriron o baleiro do esceario con fermosas melodías e movementos aderezados con fermosos decorados.

CONCERTO “O LAGO DOS CISNES”48

Page 49: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Entrevista a Lara Castro, por Laura Casal (5º de Primaria)Lara Castro, é ex alumna do noso Centro. Actualmente cursa 2º Bacharelato no Instituto “Concepción Arenal”.

Nun traballo para este Centro, decidiu acordarse do seu colexio de toda a vida e achegouse para realizar entrevistas a mestres, ex mestres, alumnas e ex alumnas. Falouse neste documental que podedes atopar no blog da radio e televisión, sobre todo de Educación e de experiencias relacionadas con esta. Agora, Laura Casal, alumna de 5º de Primaria, protagonista tamén do documental, fai unha entrevista a Lara para a nosa revista “O mensaxeiro Ludicol”. Aquí a temos:

Laura Casal: Que che pareceu a entrevista cando a remataches de montar?

Lara Castro: Pois foi moi emotivo ver o resultado e aprender das motivacións e as vivencias de persoas que formaron parte da miña educación e infancia.

Laura Casal: Canto tempo che levou montar o documental?

Lara Castro: Estiven dous ou tres días traballando nel.

Laura Casal: Quedaches contenta co resultado?

Lara Castro: Si, quedei moi satisfeita, non tanto pola miña presentación como polo contido da entrevista.

Laura Casal: Para ti, houbo algún desperfecto?

Lara Castro: Ben, de habelos serían desperfectos técnicos. O son das entrevistas non é moi bo, por exemplo, pero supoño que é atribuído á inexperencia e á falta de recursos.

Laura Casal: Tiveches outras ideas para a entrevista?

Lara Castro: Si, por suposto tiven varias ideas. Pensei facelas sobre o teatro, sobre a felicidade, pensei no desemprego...e incluso ir pola rúa preguntando a persoas ao chou.

RECUNCHO DOS EX-ALUMNOS

49 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Page 50: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Os mestres e a Fundadora do Colexio, Dna. Ludy, tamén se disfrazaban. Entroido 1993

Imaxen da primeira edición da “Milla Escolar Ludy”

50

Page 51: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

Imaxen da primeira edición da “Milla Escolar Ludy”

51 Revista Ludicol Nº 6, Marzo de 2015

Dúas fotos das acampadas que organizaba o Cole ao remate do curso, atopábanse no camping de Baiona

Page 52: O Mensaxeiro Ludicol Nº 6

52