memoria de actividades realizadas 2015 de actividades 2015.pdf · asoc. de mulleres rurais rio noa...

25
Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo MEMORIA DE ACTIVIDADES REALIZADAS 2015 GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA TAMBRE MANDEO

Upload: others

Post on 17-Jan-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

MEMORIA DE ACTIVIDADES REALIZADAS

2015

GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL

ULLA TAMBRE MANDEO

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Entidade: Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo

Réxime xurídico: Asociación sen ánimo de lucro

Datos de contacto:

Enderezo: Avda Lugo 41, Pedrouzo, O Pino. C.P. 15.821

Teléfono: 981.511.377

Correo electrónico: [email protected]

Blog: www.ullatambremandeo.blogspot.com

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Contenido 1. Membros da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo.................................. 4

2. Membros da Asemblea Xeral do GDR Ulla tambre Mandeo ................................... 5

3. Xuntas Directivas e Asembleas Xerais da anualidade 2015: acordos adoptados ..... 7

4. ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DO TERRITORIO ............... 14

5. PROXECTOS FINANCIADOS NA ANUALIDADE 2015.................................. 16

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

1. Membros da Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo

DENOMINACIÓN SOCIAL REPRESENTANTE

ASOC. DE EMPR. DA COMARCA DE ARZÚA ALFONSO GÓMEZ CORZO

CMVMC DE BOIMIL ÁLVARO FONTECOBA VÁZQUEZ

CONCELLO DE BOIMORTO GONZALO CONCHEIRO COELLO

ASOC. MOTEIRA OS AUTÉNTICOS DE CURTIS

EMILIO SOUTO IGLESIAS

CONCELLO DE CURTIS JAVIER FCO. CAÍNZOS VÁZQUEZ

SOCIEDADE COOP. MELISANTO PABLO COSTOYA VARELA

ASOC. EMP. TERRA DE MELIDE: ASETEM MANUEL VÁZQUEZ

ASOC. DE MULLERES RURAIS RIO NOA AMFAR

PILAR PINTOR GÓMEZ

CONCELLO DE O PINO MANUEL TABOADA VIGO

ASOC. DE OCIO E TR ULLA TAMBRE MANDEO

TERESA DÍAZ GUTIÉRREZ

ASOC. DE TURISMO DE ALDEA MATILDE PALLARÉS CAJIDE

CONCELLO DE SANTISO DANIEL ROIBÁS MOURIÑO

ASOC. CULTURAL A BRAÑA OVIDIO LEIVA PEREIRO

ASOC. ARRIEIROS MANUEL AGRA FERNÁNDEZ

ASOC. SOCIOCULTURAL SANTISO ANTONIO PAZO VÁZQUEZ

CONCELLO DE SOBRADO ÁNGEL LÓPEZ FIDALGO

SOCIEDADE DE CAZA E PESCA "A XUNTANZA"

ARTURO PENAS PRADO

CONCELLO DE TOQUES JOSÉ ÁNGEL SÁNCHEZ PENAS

ASOC. DE AMAS DE CASA AMOR JOSEFA CODESIDO BARREIRO

AAVV SAN FÉLIX DE QUIÓN JESÚS MARTÍNEZ PEREIRA

AAVV SAN MIGUEL DE VILAR MANUEL J. BARREIRO FERNÁNDEZ

CONCELLO DE TOURO IGNACIO CODESIDO BARREIRO

SAT SAN MARTIN ARMENTAL JOSELINO GÓMEZ GUNDÍN

APRALCO J. DAVID LEIVA BALBOA

CONCELLO DE VILASANTAR FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ

CONCELLO DE MELIDE DALIA GARCÍA COUSO

SOC. COOP. PERPETUO SOCORRO MANUEL VARELA LÓPEZ

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

2. Membros da Asemblea Xeral do GDR Ulla tambre Mandeo

ASOC. DE EMPR. DA COMARCA DE ARZÚA ALFONSO GÓMEZ CORZO

SOC. COOP. LA ARZUANA SCG EUGENIO MONTERO VALIÑO

ASOC. VEC., CULT. SRA. DO VISO DE DOMBODÁN CARMEN SEIJO RAPOSO

CMVMC DE BOIMIL ÁLVARO FONTECOBA VÁZQUEZ

CONCELLO DE BOIMORTO JOSE IGNACIO PORTOS

SOCIEDADE DE CAZA CINEXÉTICA DE BOIMORTO ÁLVARO COSTOYA VALIÑO

ASOC. CULTURAL STA. MARÍA DOS ÁNXELES LAURA FOGUEIRA GARCÍA

ASOCIACIÓN DE CAZADORES NTRA. SRA. DEL PILAR JOSE BARRAL LÓPEZ

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE SANTAIA MANUEL ABAD ABAD

ASOCIACIÓN MOTEIRA OS AUTÉNTICOS DE CURTIS EMILIO SOUTO IGLESIAS

ASOC. VECIÑAL SAN JORGE DE RECAREO DE FOXADO MANUEL GARCÍA SOUTO

CONCELLO DE CURTIS JAVIER FCO. CAÍNZOS VÁZQUEZ

ASOC. EMP. TERRA DE MELIDE: ASETEM SONIA VALIÑO VÁZQUEZ

CLUBE DE CAZA DE MACEDA SANTIAGO LIÑEIRA ABAD

FUNGOCERGA SAT SANTIAGO LIÑEIRA CASAL

SOCIEDADE COOP. MELISANTO PABLO COSTOYA VARELA

ASOC. EUROPEA DO CAMIÑO DE SANTIAGO ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO

ASOC. CULTURAL OS MARTEIROS ALFONSO REY GIGIREY

CONCELLO DE O PINO MANUEL TABOADA VIGO

SOCIEDADE DE CAZADORES A MAGDALENA RAMÓN CARRIL

ASOC. DE MULLERES RURAIS RIO NOA AMFAR PILAR PINTOR GÓMEZ

SOCIEDADE DEPORTIVA O PINO MANUEL MOSTEIRO CASTRO

ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL SANTISO ANTONIO PAZO VÁZQUEZ

ASOC. SAN ESTEBAN DE PEZOBRES JOSE MANUEL LAYA

ASOC. "ARRIEROS" J. MANUEL AGRA FERNÁNDEZ

ASOC. CULTURAL PAISAXE RURAL GALEGO J. FCO. VAAMONDE LONGUEIRA

ASOC. DE TURISMO DE ALDEA MATILDE PALLARÉS CAJIDE

AAVV DE ARCEDIAGO, RAIRIZ E MOURAZOS CLEMENTE FOCIÑOS BLANCO

CONCELLO DE SANTISO DANIEL ROIBÁS MOURIÑO

ASOC. CULTURAL A BRAÑA OVIDIO LEIVA PEREIRO

CONCELLO DE SOBRADO JACOBO FERNÁNDEZ GARCÍA

SAT REBORDIÑOS Mª CELIA SÁNCHEZ

CONCELLO DE TOQUES JORGE CALVO PESTONIT

SOCIEDADE DE CAZA E PESCA "A XUNTANZA" ARTURO PENAS PRADO

AAVV SAN FÉLIX DE QUIÓN JESÚS MARTÍNEZ PEREIRA

AAVV SAN MIGUEL DE VILAR MANUEL J. BARREIRO FERNÁNDEZ

AAVV SANTA ISABEL DE BENDAÑA JOSÉ R. BARRAL LAGO

ASOC. DE AMAS DE CASA AMOR JOSEFA CODESIDO BARREIRO

ASOC. DE MULLERES RURAIS DE TOURO Mª CARMEN DÍAZ SOTO

ASOC. DE VECIÑOS DE FOXÁS Mª CARMEN DÍAZ SOTO

ASOC. DE VECIÑOS DO BATÁN Mª CARMEN SANTISO SANTOS

ASOC. DE VECIÑOS SAN VICENTE DE BAMA ROBERTO MONTERO LORTES

BANDA DE MÚSICA ISABEL II JOSÉ LODEIRO

COMISIÓN DE FESTAS XUVENTUDE DE QUIÓN Mª JOSE RIAL CUTRÍN

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

CONCELLO DE TOURO IGNACIO CODESIDO BARREIRO

ESCUDERÍA TOURO MOTOR RAMÓN GONZÁLEZ VILLAR

SOCIEDADE DEPORTIVA TOURO ANTONIO GARCÍA FERREIRO/

AAVV AS MIMOSAS DE MOUTERÓN JOSÉ Mª FERNÁNDEZ PUGA

SAT CHAO JOSÉ M. MAHÍA PORTO

SAT SAN MARTIN ARMENTAL JOSELINO GÓMEZ GUNDÍN

ASOC. DE FAMILIAS RURAIS SAN ROQUE ANTONIO VÁZQUEZ RODRÍGUEZ

APRALCO J. DAVID LEIVA BALBOA

ASOC. AGRARIA XÓVENES AGRICULTORES JUAN L. PÉREZ MIRAMONTES

ASOC. PROF. DE SILVICULT. DE GALICIA SILVANUS ANTONIO DE MARÍA ANGULO

SOC. COOP. PERPETUO SOCORRO EUGENIO MONTERO VALIÑO

FEDERACIÓN EFA GALICIA ENRIQUE RODRÍGUEZ RENDO

ASOCIACIÓN DEPROECO JESUS VILLANUEVA LÓPEZ

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS RURAIS ASER MINIA VARELA ANTAS

CONCELLO DE VILASANTAR FERNANDO PÉREZ FERNÁNDEZ

ASOC. CULTURAL E VECIÑAL O MILENIO DE BOIMORTO Mº JESÚS NOVO GÓMEZ

CONCELLO DE MELIDE ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO

ASOCIACIÓN EMPRES.L E TURÍSTICA TERRAS DE ULLA E TAMBRE EDUARDO A. BRANDARIZ COSTOYA

ASOCIACIÓN DE OCIO E TR ULLA TAMBRE MANDEO TERESA DÍAZ GUTIÉRREZ

GANDERÍA SAR SAT CARLOS FERNÁNDEZ ARES

ASOC. EMPRESARIOS E PROFESIONAIS DE SOBRADO SILVIA BARBA ABAD

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

3. Xuntas Directivas e Asembleas Xerais da anualidade 2015: acordos adoptados

XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA

TAMBRE MANDEO

LUGAR: Centro Cultural Luís Seoane, O Pino.

DATA: 30 de marzo de 2015

HORA: 13.00 horas

Principais acordos:

Aprobación de axuda de proxectos Leader:

Medida 413. Diversificación da economía rural e mel lora da calidade de vida.

Expediente L14-41300-23-086 denominado Taller de artes gráficas e artesanía,

Expediente L14-41300-23-090 denominado Melloras tecnolóxicas para a dinamización do sector forestal, promovido por don J. Manuel Barreiro Martínez en Touro.

Expediente L14-41300-23-094 denominado Sinalización viaria da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, promovido polo Consorcio das Mariñas en Curtis e Sobrado.

ORZAMENTO ACEPTADO 65.852,48 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Consolidación 1 UTA

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 26,82 %

AXUDA PROPOSTA 17.661,64 €

ORZAMENTO ACEPTADO 201.0000,00 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Consolidación 2.42 UTA

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 29,66 %

AXUDA PROPOSTA 59.616,50 €

ORZAMENTO ACEPTADO 1.922,32 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Sen incidencia

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 42,96 %

AXUDA PROPOSTA 825,83 €

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

- Acórdase comunicar a Agader a situación de incerteza de algunhas das obras, que teñen pouco prazo para executarse, e moito traballo por facer, para que Agader siga co trámite de expedientes que están en reserva, por si algún dos promotores non pode xustificar, que haxa proxectos en reserva xa aprobados.

- Acórdase deixar parte dos gastos destinados a difusión e promoción do territorio en reserva, á espera de ver a execución final da anualidade, e, no caso de alcanzar unha boa porcentaxe de execución, destinar parte dos fondos a un mapa turístico. Tamén neste apartado se acorda que equipo técnico realizará un estudo socioeconómico da zona, para ir avanzando na candidatura para o Leader 14-20.

- Acéptase a baixa no GDR da asociación DEPROECO e dase conta das asociacións que non aboaron a cota anual.

- O presidente informa de que se vai proceder á execución da subvención da Deputación de Coruña, de 2.500€, que se vai emplear na promoción da industria agroalimentaria local. Informa tamén de que se renovou a póliza, por importe de 35.000€ en La Caixa.

XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA

TAMBRE MANDEO

LUGAR: Centro Cultural Luís Seoane, O Pino.

DATA: 7 de maio de 2015

HORA: 19.00 horas

Acórdase traspasar os fondos sobrantes de proxectos non produtivos, a proxectos

produtivos, 45.100€, posto que aínda así van quedar expedientes aprobados que

carecen de fondos para ser financiados polo Leader.

Apróbanse os seguintes proxectos:

Expediente L14-41300-23-085 denominado Tanatorio en Santiso, promovido por

Valiño Mosteiro SL en Santiso

Expediente L14-41300-23-093 denominado Ampliación de empresa para servizos

agrarios e forestais promovido por Agroforestal Vaamonde Mella SL en Arzúa

ORZAMENTO ACEPTADO 177.134,42 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Consolidación 2 UTAs, creación 1 UTA % AXUDA SEGUNDO BAREMO 35,00 %

AXUDA PROPOSTA 61.997,05 €

ORZAMENTO ACEPTADO 843.912,67 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Consolidación 5.41 UTA, creación de 0.5 % AXUDA SEGUNDO BAREMO 24,69 %

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Expediente L15-41300-23-108 denominado Plataforma de interacción co cidadán

CYTY4CURTIS, promovido polo Concello de Curtis

- Acórdase a realización dun mapa turístico cos principais recursos do territorio,

tanto patrimoniais e naturais como negocios de hostalaría.

- Acórdase realizar a Asemblea Xeral o día 18 de xuño, e facelo coincidir coa

promoción dos produtos agrolimentarios con axuda Leader, a invitación a Don

Javier Blanco e a valoración do Programa Leader 2007-2013 ata o momento.

XUNTA DIRECTIVA POLO PROCEDEMENTO ESCRITO ABREVIADO PARA A SELECCIÓN DE PROXECTOS DO 20 DE MAIO DE 2015

- Selección de proxectos para o Pograma Leader: Aula TIC de O Pino, promovido polo Concello de O Pino.

XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA

TAMBRE MANDEO

LUGAR: Centro Cultural Luís Seoane, O Pino.

DATA: 18 de xuño de 2015

HORA: 18.00 horas

Expediente L14-41100-23-097 denominado Posta en marcha de planta de

transformación de biomasa en Melide, promovido por Ramón Cabado Biomasa SL.

Por erro do persoal de Agader este expediente e o seguinte (L14-41300-23-096)

non foron tramitados cando lles correspondía, polo que non se puido aprobar ata o

de agora.

AXUDA PROPOSTA 208.362,06 €

ORZAMENTO ACEPTADO 9.000,00 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Sen incidencia

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 76,12 %

AXUDA PROPOSTA 6.851,12 €

ORZAMENTO ACEPTADO 47.991,14 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Sen incidencia

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 85,26 %

AXUDA PROPOSTA 43.045,46 €

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Expediente L14-41300-23-096 denominado Posta en marcha de obrador de

repostería, promovido por Andrea González Rodríguez en Arzúa. Igual que no caso

do proxecto anterior, e debido a un erro de Agader que non tramitou este

expediente cando lle correspondía

Expediente L15-41300-23-104 denominado Ampliación de parque de maquinaria

agrícola promovido por Alberto González Chento en Touro

- Acórdanse os criterios de aqueles elementos que conterá o mapa turístico que se está elaborando.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA

TAMBRE MANDEO

LUGAR: Centro Cultural Luís Seoane do Pino.

DATA: 18 de xuño de 2015

HORA: 19.45 horas

Apróbase a memoria de actividades e contas anuais, así como as actividades

previstas e orzamento para o presente ano.

Faise unha valoración estadística, cualitativa e cuantitativa do Leader 2007-2013 e

débatese sobre os resultados obtidos.

ORZAMENTO ACEPTADO 493.238,89 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Creación 1 UTA

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 35,00 %

AXUDA PROPOSTA 172.633,61 €

ORZAMENTO ACEPTADO 34.247,92 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Creación 1 UTA

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 28,24 %

AXUDA PROPOSTA 9.671,61 €

ORZAMENTO ACEPTADO 89.052,00 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Consolidación 1 UTA

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 27,95 %

AXUDA PROPOSTA 24.890,03 €

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA

TAMBRE MANDEO

LUGAR: Fonte-Díaz, Touro

DATA: 10 de setembro de 2015

HORA: 18.00 horas

- Infórmase sobre a resolución do director xeral de Agader, onde se dota ós

distintos GDRs galegos con actividade dun total de 30.220,99€ adicionais para

gastos de funcionamento na vixente anualidade 2015. Do mesmo xeito,

informa que, desde Agader, dáse a posibilidade de manter o persoal contratado

ata o mes de decembro (incluído) do 2015.

Tras analizar o orzamento necesario para ter a oficina en marcha ata decembro, a

Xunta directiva acorda traspasar parte da cantidade asignada por Agader a gastos de

funcionamento, a financiar proxectos produtivos. Dos 30.220,99 traspásanse un total

de 16.884,69.

- Apróbase enviar unha solicitude ó Director Xeral de Agader, pedindo que dote

de máis fondos ó GDR Ulla Tambre Mandeo en caso de que outros grupos non

dean executado o orzamento dispoñible.

- Aínda que se carece de fondos, apróbase o Expediente L15-41300-23-105

denominado Ampliación de maquinaria forestal en Touro, promovido por Rey

Mera SC en Touro.

- Expediente L15-41300-23-116 denominado Ampliación de gardería municipal,

promovido polo Concello de Boimorto

ORZAMENTO ACEPTADO 56.300,00 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Consolidación 4,13 UTAs

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 27,95 %

AXUDA PROPOSTA 15.735,85 €

ORZAMENTO ACEPTADO 38.472,48 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Sen incidencia

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 78,88 %

AXUDA PROPOSTA 30.346,15 €

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

- Expediente L15-41300-23-111 denominado Sinalización da Reserva da Biosfera

Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, promovido polo Consorcio das

Mariñas en Curtis.

- O Presidente, don Ovidio Leiva, informa de que para o período 14-20 o número

de GDRs en Galicia verase considerablemente reducido e aposta pola

configuración actual do Ulla Tambre Mandeo debido ó seu dinamismo,

implicación da Xunta Directiva e bos resultados de execución e investimentos.

XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA

TAMBRE MANDEO

LUGAR: Centro cultural Luís Seoane, O Pino

DATA: 5 de outubro de 2015

HORA: 18.30 horas

- Estúdase o borrador das bases que rexirán a selección de grupos para o

vindeiro período 14-20 e, tras o debate, tómase a decisión de facer alegacións

en canto á distribución territorial, pois o GDR Ulla Tambre Mandeo é cortado

pola metade e fusionado con Ordes por un lado e con Terras de Compostela

polo outro, e tamén en canto o número máximo de membros da Xunta

directiva permitidos (15). Acórdase xuntar unha análise socioeconómica coa

alegación territorial.

- Acórdase aprobar a solicitude de entrada da Asociación Asociación de

Empresas, Comercio e Profesionais de Sobrado dos Monxes.

- Acórdase felicitar a exalcaldesa de Melide, dona Ángeles Vázquez, polo seu

novo cargo de Conselleira de Medio Rural.

- En rogos e preguntas dona Matilde Pallares quere deixar constancia pública e

expresa de que dende a Xunta Directiva sempre se apoiou a tódolos proxectos

posibles, e persoalmente ela nunca tratou de impedir que se concedera unha

ORZAMENTO ACEPTADO 4.221,52 €

INCIDENCIA NO EMPREGO Sen incidencia

% AXUDA SEGUNDO BAREMO 42,96 %

AXUDA PROPOSTA 1.813,56 €

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

axuda a un novo negocio, senón todo o contrario, polo que insta ós presentes a

non xerar informacións confusas entre os solicitantes.

XUNTA DIRECTIVA ORDINARIA DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL ULLA

TAMBRE MANDEO

LUGAR: Centro cultural Luís Seoane, O Pino

DATA: 28 de decembro de 2015

HORA: 13.00 horas

- O presidente da conta da información recibida dende Agader: As bases que

rexerán o novo programa 14-20 sairán no DOGA a finais de xaneiro. Nestas

bases o GDR Ulla Tambre Mandeo queda cos mesmos concellos, a excepción de

Curtis, polo que non será necesario constituír unha nova asociación, nin unha

nova xunta directiva, abondará cunha modificación estatutaria.

O Presidente informa tamén de que se prevé a posta en marcha do novo

Leader para finais de 2016, e que neste período os órganos de goberno do GDR

recuperarán parte do poder de decisión, volvendo o Leader a recuperar os

elementos que o identifican: gobernanza, participación e decisións de abaixo a

arriba.

- O presidente explica que haberá unha axuda de 13.300€ para a elaboración da

estratexia, que se pode facer mediante unha contratación de asistencia técnica

ou mediante contratación de persoal por conta allea, sendo ambas opcións

legais e igualmente válidas. Sométese a votación a proposta de encarga dos

traballos de elaboración da estratexia ó equipo técnico do GDR no Leader 2007-

2013, e os asistentes acordan, por unanimidade, a súa aprobación

- Debátese sobre a posibilidade de cambiar o sistema de cotas do GDR,

discriminando entre públicos e privados. Acórdase que o equipo técnico faga

unha proposta ó respecto para a seguinte reunión.

- Acórdase solicitar unha axuda á Deputación da Coruña, para cofinanciar a

elaboración da estratexia e a posta en marcha do novo Grupo.

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

4. ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DO TERRITORIO

PROMOCIÓN DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS

Durante os meses de abril e maio, o GDR levou a cabo unha campaña de difusión dos produtos agroalimentarios dos dez concellos do GDR: Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.

O GDR Ulla Tambre Mandeo aposta pola calidade da súa produción agroalimentaria local. Son moitos os exemplos das estupendas características dos nosos productos e do bo facer dos persoas elaboradoras da zona, as cales ofrecen á poboación auténticos manxares gastronómicos.

Promocionáronse os produtos títpicos e tradicionais do territorio, como o queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa, ou a repostería tradicional de Melide (ricos, almendoados e melindres), e tamén aquelas pequenas empresas postas en marcha coa axuda do Leader: iogures Gurgur de Touro, queixería Santos, panadería Naveira, e embutidos Aldea de Barrio.

XORNADA SOBRE O LEGADO ROMANO NO CONCELLO DE SOBRAD O

O día 30 de abril levouse a cabo unha xornada sobre o legado romano no noso territorio, en colaboración co GDR Mariñas Betanzos, e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A nosa técnica, María Mellid, foi a encargada de guiar a visita á Ciadella, dentro dunha xornada que tivo por obxectivo explorar novas formas de recuperación patrimonial, posta en valor do noso territorio e o aproveitamento turístico dos nosos recursos.

PROMOCIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS

Durante os meses de xullo e agosto, o GDR levou a cabo unha campaña de promoción dos recursos patrimoniais, naturais e eventos importantes dos dez concellos que compoñen o Grupo.

O obxectivo foi dar a coñecer a nosa riqueza e atractivos entre a poboación local e os potenciais visitantes galegos e estranxeiros.

O maior investimento desta actuación correspondeu á elaboración e edición dun mapa turístico que ordena os recursos e da a coñecer a oferta hostaleira do territorio. Pódese descargar no noso blog, no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/0B6_l2ylO6WdKdnY3b1FFWTRnM2M/view

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Esta iniciativa constitúe a continuidade doutras realizadas en anos anteriores, por exemplo, a elaboración do vídeo turístico que amosa, en sete minutos, a beleza do entorno e a riqueza patrimonial da que dispoñemos.

INICIO DO PROCESO PARTICIPATIVO PARA A POSTA EN MAR CHA DO NOVO LEADER

Xa dende outubro se empezou a traballar no territorio para lograr a máxima participación, e dar a coñecer o proceso participativo para a posta en marcha do novo GDR, a o máximo número de persoas interesadas posibles.

Dende a publicación das bases para a posta en marcha do Leader 14-20, en outubro, abriuse un período de alegacións e o GDR deu difusión a toda a información e fixo de canalizador do sentir local cara a Xunta de Galicia.

FEIRA AGROALIMENTARIA DE GALICIA MANXARES

O GDR, en colaboración co Concello de Melide, organizou a Feira Agroclimentaria de Galicia, Manxares. Cita imprescindible para gozar dos manxares do rural e no rural, cunha representación de preto de sesenta empresas agroalimentarias elaboradoras de productos galegos de calidade cos que encher a mesa neste Nadal e cun amplo abano de actividades para toda a familia durante a celebración da Feira.

Contou con numerosas actividades, degustacións e catas, muxido da vaca Mazarica, photocall, actuacións teatrais de exaltación da horta galega, promoción do leite galego 100%, taller de elaboración do queixo, todo elo coa nosa mellor embaixadora e anfitriona, a Conselleira de Medio Rural, dona Ángeles Vázquez.

ENCONTRO DE EMPRESAS LEADER

O GDR celebrou a IV edición do Encontro de Empresas Leader do GDR Ulla Tambre Mandeo, que contou coa participación dos beneficiarios e beneficiarias das axudas Leader 2007-2013, e serviu para debater sobre temas de actualidade e aqueles asuntos que preocupan ás persoas que montan empresas no rural.

O encontro estivo presidido pola Conselleira de Medio Rural, dona Ángeles Vázquez, e o noso Presidente, Don Ovidio Leiva.

ESPAZO LEADER EN RADIO MELIDE

Durante todo o ano, e cada xoves ás 11.10, tralo informativo, o GDR ofreceu toda a información sobre o Leader, a actualidade do territorio e as principais actuacións do Grupo, en Radio Melide, no seu Espazo Leader que xa vai polo cuarto ano de emisión.

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Cada semana se tratou un tema de interese para o público. Entre outros invitados, o Espazo Leader entrevistou a todas as persoas beneficiarias do Programa Leader, que explicaron os investimentos realizados coa axuda da subvención do GDR.

PROMOCIÓN DO GDR NA FEIRA DO GALO PIÑEIRO DO PINO

Como cada ano, o GDR acudiu con stand propio á Festa do Galo Piñeiro que se celebra no Concello do Pino o primeiro fin de semana de agosto. O GDR promociona os produtos agroalimentarios do territorio, e cede un espazo a aquelas empresas que levaron axuda do Leader para que se poidan dar a coñecer.

5. PROXECTOS FINANCIADOS NA ANUALIDADE 2015

Medidas de eficiencia enerxética e aplicación das TIC na explotación

Proxecto que consiste na modernización dunha gran granxa de vacas, coa introdución dos seguintes elementos: melloras sistema de muxido(arranque automático), identificadores de pata (podómetros), sistema automático de detección de celos en novillas, cepillos automáticos e carro misturador automotriz.

Promotor: Gandería Sar SAT (Touro)

Investimento: 242.302,73 €

Axuda: 67.723,61 € (27,95%)

Consolidación de 8 empregos

Executado o 65% final no 2015

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Promotor: David Ares Castro (Sobrado)

Investimento: 60.340,00 €

Axuda: 19.995,61 € (33,21%)

Creación dun emprego

Executado o 21,77% final no 2015

Panadería artesanal con forno de leña

A panadería contará cun obrador (amasadora, laminadora,etc.) na que a cocción das pezas se efectuará en dous fornosde leña tradicionais.Para poñer en marcha a actividade produtiva o promotoracomete o acondicionamento dun antigo pendello depropiedade familiar.

Promotor: Asociación Cultural A Braña (Santiso)

Investimento: 74.479,86 €

Axuda: 43.399,41 € (58,27%)

Executado o 10,20% final no 2015

Recuperación e rehabilitación de cruceiro e contorno de igrexa parroquial

O proxecto consiste na rehabilitación e acondicionamento e mellorado contorno da Igrexa parroquial de Belmil. As obras a executarconsistirán na reconstrución dos muros de mampostería de pedrasobre pedra a dúas caras vista, colocada xunta e unida con morteirode cemento e na rehabilitación e acondicionamento de cruceiro daigrexa.

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Promotor: Concello de Touro

Investimento: 36.086,86 €

Axuda: 29.823,85 € (100%)

Executado nun 100%

no 2015

Aula TIC e elementos interactivos para a interpretación do Ulla

Habilitación dunha aula TIC (PCs, pizarra electrónica, proxector,etc.) no concello de Touro para o achegamento das TICs ápoboación local, así como deseño e implementación dunha seriede elementos interpretativos do río Ulla con informaciónetnográfica, ambiental, cultural, etc.

Promotor: Ana García Pardo (Arzúa)

Investimento: 65.852,48 €

Axuda: 17.661,64 € (26,82 %)

Executado nun 100% no 2015

Taller de artes gráficas e artesanía

Mellora nun taller de impresión coa adquisición de novoequipamento co que deseñar e realizar novos produtos: impresora detazas, software, etc. Do mesmo xeito, a promotora realiza unhaactividade de deseño e venda de artesanía propia coa quecomplementa a actividade principal

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Promotor: Tecnología Modular VLC SL

(Arzúa)

Investimento: 519.697,86 €

Axuda: 174.826,36€ (33,64 %)

Executado nun 100% no 2015

Tecmódulo

Posta en marcha dun novo negocio de construción de casasprefabricadas por módulos. O cliente deseña a casa baixo pedido econtrúese por partes a cuberto garantindo unhas mellores condiciónsde traballo e unha maior rendibilidade de man de obra e materiais,finalmente móntase sobre unha plataforma na parcela de destino.

Promotor: Valiño Mosteiro SL (Santiso)

Investimento: 183.814,89 €

Axuda: 61.997,05 €(33,35%)

Executado nun 100%

no 2015

Tanatorio en Santiso

Construción e posta en marcha dun servizo de tanatorio en Santiso,servizo ata agora inexistente no concello. O edificio conta con dúassalas de velorio, tamén se inclúe o equipamento e mobiliarionecesario para prestar o servizo.

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Promotor: Concello de Curtis

Investimento: 9.000,00 €

Axuda: 6.850,80 € (76,12%)

Executado nun 100% no 2015

Plataforma de interacción co cidadán CYTY4Curtis

Habilitación dunha app móbil do concello de Curtis coa que manterunha comunicación bidireccional coa súa veciñanza. A través da apppódese pedir cita nos distintos departamentos do concello, accederás novas, facer suxestións ou outro tipo de xestións municipais.

Promotor: Consorcio das Mariñas

Investimento: 3.913,85 €

Axuda: 1.681,39€ (42,96%)

Executado nun 100% no 2015

Sinalización da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Deseño e instalación de sinais divulgativas e informativas da Reservada Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do mandeo nos concellos doUTM afectados pola mesma: Curtis e Sobrado.

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Promotor: Concello de Boimorto

Investimento: 46.551,70 €

Axuda: 30.346,15 € (78,87%)

Executado nun 100% no 2015

Ampliación de gardería municipal

Ampliación do edificio da gardería municipal coa que poñer enmarcha unha nova zona de xogos e interacción. O proxecto consistiuen habilitar un espazo desaproveitado na parte superior do cuarto decaldeiras co seu correcto acondicionamento: albanelería, carpintería,instalación calefacción, etc.

Promotor: Concello de O Pino

Investimento: 47.991,14 €

Axuda: 43.045,46 € (85,26%)

Executado nun 100% no 2015

Acondicionamento de aula TIC de O Pino

Posta en marcha de aula TIC en O Pino coa adquisición e instalaciónde diversos equipamento: acondicionamento da aula (pintura,albanelería, carpintería, etc.) e adquisición de PCs, impresora,proxector, TV, pizarra electrónica, etc. A aula TIC ten a función deachegar as TICs á poboación e ser o lugar de celebración deactividades divulgativas e formativas para este achegamento.

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

MODERNIZACIÓN E AMPLIACIÓN DE EMPRESAS DE SERVICIOS AGRÍCOLAS E FORESTAIS

Diferentes empresas de servizos do territorio decidiron investir enmaquinaria agrícola e forestal de última tecnoloxía, coa compra detractores, picadoras, sementadoras, empacadoras e outras.

Promotor Investimento % axuda Axuda Concello EmpregosExecutado

2015

J. Mª López Díaz 86.462,81 € 24,55% 21.226,62€ Curtis 2,5 60,14%

Ignacio Rodríguez Iglesias 372.236,17€ 24,55% 91.383,98 € Curtis 3 43,38%

Traballos agrícolas Viquin SL 447.750,00€ 23,98% 107.370,45€ Arzúa 1 16,79%Servicios agrícolas y forestales Avelino SL 261.771,78€ 28,52% 74.657,31 € Boimorto 3 31,81%

Agroforestal VaamondeMella SL 465.477,77 € 24,69% 114.926,46€ Arzúa 6 100%

J. Manuel Barreiro Martínez 200.000,00 € 29,66 % 59.320,00 € Touro 2 100%

TOTAL 1.833.698,53€ 25,99% 468.884,82€ 17,5

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

6. Contas Anuais

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo

Actividades realizadas 2015. GDR Ulla Tambre Mandeo