guía de lectura. ilustrarte

19
IlustrArte MostraBibliográfica sobre IlustraciónGalega na BibliotecaForum

Upload: bibliotecas-municipais-de-a-coruna

Post on 09-Apr-2017

215 views

Category:

Art & Photos


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Guía de lectura. IlustrArte

IlustrArte MostraBibliográfica sobre IlustraciónGalega na BibliotecaForum

Page 2: Guía de lectura. IlustrArte

A Real Academia de Belas Artes, vén de declarar o 1 de abril o Día das Artes Galegas, este ano adicado a Castelao. Porén quixemos rendirlle unha pequena homenaxe ó máis célebre dos nosos ilustradores cunha mostra dedicada ós ilustradores galegos, na que atoparedes unha pequena selección do traballo de moitos destes artistas.

E é que xa o dicía Manel Cráneo:

“Dedicarse á ilustración en calquera dos seus afluentes foi sempre unha opción ligada á incomunicación debido ao illamento que supón traballar por conta propia…“.

Entre abril e xuño na Biblioteca do Fórum Metropolitano atoparedes unha mostra bibliográfica e unhas actividades coas que pretendemos dar maior visibilidade a estes profesionais, destacando a labor levada a cabo pola AGPI, que leva dende o 2003 procurando crear “conciencia de grupo e polo tanto de non traballar na soidade”.

Nestes meses tamén estarán presentes datas sinaladas, como o día do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, ano adicado a Manuel María.

Ilustradores de antes e de hoxe, reunidos nesta pequena selección do que podedes atopar nos fondos das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Page 3: Guía de lectura. IlustrArte

De abril a xuño de 2016

PARAOSMÁISPEQUES…

Árbol / AntonioRubio e ÓscarVillán

Os conceptos enriba, debaixo e no medio; ademais da suma “dun máis un, son dous”, aparecen neste libro de imaxes coma se dun xogo se tratase. E é que autor e ilustrador conseguen que conceptos que pode resultar difíciles de comprender para os máis pequenos, a través dun texto breve e rimado, e dunhas ilustracións que estes poden recoñecer e identificar, resulten doadas de comprender e, ademais, dun xeito divertido, cantarín e xoguetón.

Violín / AntonioRubio e ÓscarVillán

Un texto mínimo e musical para os prelectores. É ideal para ler en voz alta, con versos acumulativos que permiten aos nenos participar e entreterse. O texto que xoga con “onomatopeyas” e as expresivas imaxes, permiten captar a atención dos nenos. O material sobre o que está impreso o libro -cartón duro- e o seu reducido tamaño fano moi recomendable para empregar con bebés.

Paxariña de papel / AntonioRubio e ÓscarVillán

Sinxela e enxeñosa proposta poética dirixida aos máis pequenos. A paxariña de papel está a poñer a mesa, primeiro pon o mantel e enriba vanse acumulando unha serie de obxectos, ata compoñer un sinxelo poema. Sete secuencias de marcado ritmo, con rimas e imaxes moi adecuadas aos máis pequenos. Unha boa proposta para ler xuntos en voz alta, xogando coa voz e o ritmo. A presentación tamén está moi indicada para a idade, encadernadaen cartoné en formato cadrado e con puntas redondeadas.

Page 4: Guía de lectura. IlustrArte

Bechos pequerrechos / MaríaLires

Conto para nenos amantes dos animais e da poesía, onde verán un desfile zoolóxico divertido e cheo de cores. Bechos de cabelos crechos que cantan e contan a súa vida de pequerrechos.

Antón e Pompón. As cores / AnxoFariña

Conto moi musical para aprender as cores a ritmo de poesía. Formato orixinal de tapa dura acolchada moi manexable para peques. Poderedes desfrutar de vibrantes ilustracións cheas de cor e aprenderedes o valor da amizade co Antón e os seus amiguiños.

Don Pon e o pequeno Pin / RodrigoChao

O pequeno Pin, un cangrexo ermitán, atravesa unha gran crise de identidade ata que se atopa con Don Pol, o polbo máis vello dos océanos. A súa intelixencia e astucia non só o salvan de ser o xantar do famento Don Pol, tamén o levan a coñecer a súa verdadeira identidade e a vivir co seus iguais a salvo de todo perigo.

Roi quere ser mamá / AnaPilladoVega

Forma parte dunha colección “Lila Lilaina”, trátase dun conto que narra con delicadeza a igualdade entre nenos e nenas. Roi é un neno ao que lle gosta coidar á súa irmá e xogar ás casiñas... Ana Pillado quere que hábitos asociados normalmente ás mulleres se vexan normalizados tamén nos homes, esquecendo prexuízos.

PARACOMPARTIllAR NACASA…

Page 5: Guía de lectura. IlustrArte

A casa máis animada do mundo / AlmudenaAparicio

Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.

El corazón de la casa / CarmenGómez

Os recunchos máis especiais dunha casa serven a esta magnífica autora como pretexto para lembrar e recrear, a través dun verso sinxelo e cheo de emotividade, imaxes gardadas na memoria. O cuarto escuro, as xanelas, o trasteiro... énchense de lirismo e de vida a través dunha linguaxe poética tan próxima ao neno que lle resultará un xogo. A magnífica ilustración soubo captar toda a plasticidade e emotividade da particular atmosfera creada pola autora.

Venres / SantiagoFreire e DaniPadrón

Reinterpretación de “Robinson Crusoe” desde a perspectiva do personaxe de Venres. A obra permite achegarse a este clásico da literatura desde unha óptica diferente, ao situar como protagonista a un personaxe secundario, facendo fincapé en valores como a amizade e a igualdade e a convivencia entre distintas culturas.

O meniño Nito. Entón, os homes choran ou non? / SoniaRosa e MacusRomero

Os homes choran ou non choran? Este é o dilema no que se atopa Nito, e que lle trae non poucos problemas ata que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas.

PARADESFRUTAR ONDEQUEIRAS…

Page 6: Guía de lectura. IlustrArte

A galiña / AdelaLeiro, XoséRamónDaporta, MartaRiera, PepeCarreiro e GenovevaPiñeiro

Libro informativo que forma parte dunha colección sobre animais domesticos galegos, neste caso da galiña. Sumerxíndonos nas suas páxinas podémonos entreter coas ilustracions de Marta Riera, Pepe Carreiro e Genoveva Piñeiro e aprender sobre a fisionomía, alimentación, etc. das galiñas do país.

Hércules e Crunia /JoseAntonioAbad e DavidPintor

Jose Antonio Abad profunda nas raíces mitolóxicas da Coruña para dar a coñecer a súa orixe, destacando a tolerancia por riba detodas as cualidades. Pola súa banda, o debuxante David Pintor pareceulle un reto estimulante o de ilustrar un texto sobre a cidade na que naceu, combinando lenda, mar e música. Por iso se documentou sobre o mito de Hércules, visitou os que podían ser escenarios da loita contra Xerión e empapouse da xeografía costeira... Ata que despois de centos de bosquexos logrou o resultado final, que mestura un estilo moderno pero sen perder o carácter clásico das historias mitolóxicas.

Nicolás va de compras / AliciaSuárez

Produtos de alimentación, pezas de vestir, obxectos de agasallo e un refrixerio para repoñerse dunha intensa xornada de compras. A guía de tendas facilítanos o "día a día".

As linguas dos amais / AnxoFariña

Ilustrado magníficamente por Anxo Fariña que nos conta que está baseado no Carmina Burana 132.

A través dun álbume de cromos o avó vai amosando aos seus netos as diferentes linguas dos animais.

Descubrimos que o morcego asubía, os porcos gruñen, o tigre roufeña, o leopardo funga, o elefante brama, a ovella bea, o cabalo rincha, o rato chía, o gato miaña, etc. E nós falamos e danos a risa.

PARASABER DE…

Page 7: Guía de lectura. IlustrArte

Compostela / DavidPintor

Este libro sen palabras lembra tanto a eses antigos rolos ilustrados xaponeses (emaki) como a eses xoguetes ópticos previos ao cinema que en Occidente abriron novos espazos de entretemento e investigación científica.

A secuencia narrativa funciona como unha cinta continua que nos dá a impresión de viaxar por Compostela sen saír de casa. Acompañando ao debuxante que serve de guía, sentimos o seu vento e percorremos teitos, rúas, balcóns, xardíns e cafés nunha excursión que desexamos volver facer unha e outra vez.

Las aventuras de la Bruja Fritanga / XanLopezDomínguez

De todos os feitizos, pócimas e tolemias máxicas, o mago Renglong deu cun de enormes consecuencias: converteuse a si mesmo en xigante!

Pero non atopa un antídoto para volver ao seu tamaño normal. A súa única esperanza é que a boa da bruxa Fritanga lle axude a atopar unha solución. No seu divertido periplo para axudarlle, Fritanga descubrirá que para vencer grandes dificultades hai que asumir grandes riscos.

O castelo do asombro / RamonCaride e DaniPadron

O castelo do asombro —que seacompaña das sempre suxestivas imaxes de Dani Padrón— é nunha lograda compilación de relatos populares que se engastan nunha trama principal que avanza en meandros, desenvolvendo unha tipoloxía de fórmulas, personaxes e solucións narrativas ben coñecidas polos contadores de sempre: xemelgos que se intercambian, seres terroríficos que habitan castelos encantados aos que cómpre vencer, espelidos cegos que a todos enganan, un festival de arquetipos que faría as delicias de Propp e que funcionou, funciona e funcionará porque enraíza na cerna mesma do noso imaxinario social no que sempre nos vemos recoñecidos.

IMAXINANDO…

Page 8: Guía de lectura. IlustrArte

Os megatoxos e os templarios da luz / AnxoFariña

A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca mudou por completo desde o accidente que os converteu en mutantes. O que prometera ser unha divertida viaxe de estudos a esquiar, vaise converter nun pesadelo xeado no corazón dos Pireneos. Veranse obrigados a viaxar ao pasado, á cidade de París no medio da Revolución industrial, onde coñecerán o poder dos Templarios da Luz. E alí terán que facer fronte á terrible decisión: escoller entre a vida dun ser querido ou a dunha cidade enteira... Ti que escollerías?

Fantasmas de luz / AgustínFernandezPaz e MiguelanxoPrado

A Damián fascínalle o cinema, quizais porque leva trinta e cinco anos traballando como operador de cabina de proxección no cinema Soñadores. Un día recibe unha carta do seu xefe citándoo a unha reunión na que lle pide que non volva ao traballo. Isto será o desencadenamento dun profundo cambio na vida de Damián. Con angustia, irase dando conta de que aos poucos se vai volvendo invisible.

Historias que contan as paredes / AnaMªFernandez e ManelCraneo

Foi unha interesante experiencia para Manel Cráneo enfocar o traballo utilizando diferentes tipos de paredes como tetigos mudos do que acontece na vida e que con tanta sensibilidade sabe contar Ana María.

Obviamente, as imaxes adquiren máis sentido ao ler os textos que acompañan.

ENREDANDO NALECTURA…

Page 9: Guía de lectura. IlustrArte

Nano / ConchaBlanco

Nano é un mozo que ben se pode identificar co inverno, pola súa cor gris, estación do ano de días curtos e noites largas. Nano procura recoñecerse e aceptarse tal como é, cos seus defectos e virtudes. Inténtao primeiro da man de Mali e logo da de Román. Cústalle abrir a porta da gaiola na que el mesmo se pecha cada día e comezar a voar, proxectándose libremente ao exterior ante os ollos da súa xente. Cuando cre que o vai conseguir, unha desgraciada circunstancia, coa que ninguén contaba, convértese nun atranco difícil de salvar. Pero do dano sufrido tamén se aprende e Nano non se permite tocar fondo e rexorde, agora coma os gromos na primavera. Unha historia de intriga e de loita polo recoñecemento da propia identidade sexual.

Ouro negro / Pereledi e AndrésMeixide

“Se quere volver ver os seus fillos e mais a súa irmá, siga as nosas instrucións”. A inspectora Nola acaba de recibir no seu móbil esta inquietante mensaxe. Mal empezan as súas vacacións. Está no aeroporto de Algures, esa fermosa illa á que viaxou coa súa familia para pasar uns días de descanso todos xuntos. E, de súpeto, chega esa mensaxe e todo se torce. Por que secuestraron aos seus? Quen pode estar detrás de todo isto? Nola, muller afouta e incansable, non parará ata descubrir onde está a súa familia. Coa axuda do valente gato Lolo, percorrerá a illa de Algures nunha trepidante busca chea de enredos, atrancos e sorpresas. Porque a vida só ten sentido cando sabes que as persoas que queres están a salvo.

Page 10: Guía de lectura. IlustrArte

Cartas de inverno / AgustinFernándePaz e AntonioSeijas

Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que quizais as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar.

Marcopola. A illa remeira – Dragoneta / JacoboFernándezSerrano

Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós?

Golfiño e os invasores / Fausto

Xa están aquí! A humanidade aínda non o sabe, pero a invasión está en marcha! O que empeza sendo unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha disparatada aventura na que deben facer fronte a unha raza alieníxena chegada á Terra con propósitos inconfesables...

Conseguirá Golfiño deter os maquiavélicos plans do Gran Imperio Cuá-Cuá? Nestas páxinas tedes o relato veraz do sucedido.

UNPOUCO DE BANDADESEÑADA…

Page 11: Guía de lectura. IlustrArte

Guia ilustrada da Galicia invisible / AntonioReigosa e NoemíLopez

Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve inzada de reinos, cidades, vilas, illas, covas, camiños, montes e outros moitos lugares onde disque fan vida xentes anfibias e outros seres capaces de circular entrambos os mundos, o tanxible e o intanxible, o que vemos e o que temos que imaxinar.Neste libro, unha guía práctica para viaxar por un cento destes lugares, abrimos as galerías, franqueamos e iluminamos os pasos soterrados para chegar a eses mundos escuros, sepultados baixo a terra ou a area, navegamos polas canles que conducen aos lugares mergullados baixo as arrebatadas augas dun pozo ou dunha lagoa, do mar ou do ceo, a guiámosvos polos carreiros que agabean ou descenden ata os segredos do misterio. Unha guía que fai visible o invisible.

Hercules e Xerion / ManuelAlmofrei e LuisSendón

Recreación libre da lenda tradicional que narra a estadía de Hércules na Galiza, o seu enfrontamento con Xerión e a construción dunha Torre que servise de recordo da súa vitoria e alumase as viaxes dos navegantes.

A memoria das arbores / MarcialdelAdalid, XoseA.NeiraCruz e KikoDasilva

Os pais de Tano, cando naceu, prantaron unha árbore no xardín para que crecese xunto a el. Todos os anos, o día do aniversario de Tano, fan unha especie de cerimonia en torno á árbore. A Tano isto non lle parece suficiente, así que colle un anaco do seu pastel e lévallo ao baobab. Pola noite, un estrano son vai perturbar o sono de Tano. Unha bonita e tenra historia aderezada cunhas peculiares ilustracións e cun disco gravado pola Sinfónica de Galicia.

PARASABERMÁIS…

PARAESCOITAR…

Page 12: Guía de lectura. IlustrArte

De profundis / MiguelanxoPrado e NaniGarcía

Había unha vez unha casa no medio do mar, onde unha muller esperaba tocando un violoncelo melancólico. Agardaba ao seu amado, un pintor que sempre quixo ser mariñeiro para navegar entre as medusas, as estrelas de mar e os peixes de mil colores e que soñaba nos seus cadros.

A súa fascinación levoulle a emprender unha viaxe no que descubrir a emocionante beleza e os misterios das profundidades, pero tras o que ningún de sabíaos se algún día poderían volver atoparse?

O soño dunha noite de San Xoán / ÁngeldelaCruz, ManoloGómez

Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente, pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.

PARAVERENFAMILIA…

S.O.S.SOMOSPAIS…

Eu tamén son fonte / TeresaMoure e LeandroLamas

Nesta nova obra, Teresa Moure preséntanos un texto poéticopara unha historia fermosa sobre o amor, a vida, e a intimidade gozosa entre as nais e os seus fillos e fillas.

Page 13: Guía de lectura. IlustrArte

Ardalén / MiguelanxoPrado

Somos o que lembramos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Sabela tenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia, a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van entretejiendo nese proceso de recuperación, outras persoas, outras memorias. Porque tamén somos o que os demais lembran.

E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e agarimo, e hai rancores e odios. Por iso lembrar non é inocuo. Pero quen non lembra, non vive.

Despois de tres anos dedicado a Ardalén, Miguelanxo Pradonos ofrece a súa obra máis extensa e ambiciosa ata a data. Un relato fascinante sobre os recordos e a memoria, con personaxes inesquecibles e a mestría dun dos mellores autores de cómic do noso país.

COMIQUEANDO…

El infierno del dibujante / KikodaSilva

Manuel Pardo é un debuxante de 72 anos que leva toda a vida dedicándose a crear historietas... pero a pesar da súa versatilidade e destreza co lapis, nunca foi capaz de publicar ningunha. Cada vez que crea unha historieta descobre que alguén se lle adiantou e publicou unha igual á súa. Que mala sorte! Pero o incansable Manuel seguirá tentando ser o máis rápido para lograr que lle publiquen algún dos seus cómics... a condición de que alguén non o fagan antes que el. Conseguirao?

Honrando aos grandes clásicos da historieta cun gran respecto, Kiko dá Silva é capaz de mesturar con gran mestría un debuxo intimista e doce que narra a vida de Manuel cunha excelente imitación dos cómics que desde nenos lemos.

Page 14: Guía de lectura. IlustrArte

Aventuras de un oficinista japonés / JoséDomingo

Conta en clave de humor e sen palabras o enrevesado camiño de volta a casa dun sinxelo oficinista quen un día como outro calquera sae do seu traballo sen sospeitar que, sen o cheirar, unha longa sucesión de estraños e incribles acontecementos está a piques de desencadearse ao redor, sobre e en contra da súa persoa.

Unha narración atípica, que presta especial atención ao detalle, á expresividade e á fluidez narrativa, buscando sorprender, divertir e emocionar de principio a fin.

Coruñagráfica

A primeira guía profesional de creadoras e creadores locais que traballan no ámbito da ilustración, banda deseñada, animación e humor gráfico.

Coruña Gráfica recolle os traballos, algúns inéditos, de 69 autoras e autores profesionais ou semiprofesionais da cidade ou que desenvolveron unha parte da súa traxectoria profesional na mesma. Ademais dos traballos, a guía amosa obras destacadas, premios, portfolio dixital, contacto e unha fotografía de cada autor e autora realizada nos espazos culturais dependentes da Concellería de Culturas.

Humorgráficogalego

Antoloxía de humor gráfico, composta por m. A obra está dividida en dúas seccións: a primeira de caricaturas, e a segunda de chistes gráficos. Os personaxes caricaturizados foron na súa maioría representativos da sociedade galega (Laxeiro, Xosé Manuel Beiras, Isaac Díaz Pardo, Xaquín Marín, Miguel Anxo Fernán Vello…).

SOBREILUSTRADORES…

Page 15: Guía de lectura. IlustrArte

Can depalleiro

Cando a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración buscaba un tama para a súa primeira exposición soou o ouveo do can de palleiro, unha especie autóctona e protexida con denominación de orixe. Pareceulles que os ilustradores galegos tamén podían reclamar a súa denominación de orixe mediante oa promoción conxunta do seu traballo e que o mesmísimo can de palleiro podería ser o nexo temático da mostra. Neste catálogo da expoción, aparecen corenta e tres participantes de varias xeracións de artistas gráficos, salientando a diversidade estilística e a calidade do seu traballo.

Sorrisos e boacolleita

Unha homenaxe de corenta humoristas galegos aos homes e mulleres do agro, fonte de riqueza, de sabedoría, e como non, de humor. De cada ilustrador aparece unha obra e información sobre a súa traxectoria, publicacións e premios.

A muller mariña: dunha mítica criatura do mar e da terra / XoséLuísMartínezPereiro e AnaPillado

E velaí que o cazador, desde a súa privilexiada situación de cabaleiro, víu deleitada na beira, como durminido xunto ás penas, una criatura extraordinaria que, de os ollos non mentiren, tiña parte de muller e parte de peixe. O mar estaba tan calmo que podía sentirse escaravellar da senrada entre os mexillóns e tamén a respiración humidosa da serea. Foián, hipnotizado, non lograba quitar a vista da aleta caudal que lle nacía pouco máis abaixo do embigo. ¡Así que era verdade que existían!

NOVELEANDO…

Page 16: Guía de lectura. IlustrArte

La casa de la Troya / AlejandroPérezLugín e SusoCubeiro

A novela máis importante de Alejandro Pérez Lugín. Desenvólvese no Santiago de Compsotela de finais do século XIX e narra a historia de amor entre dous mozos, Gerardo e Carmiña. O autor reflicte as actividades dunha sociedade que chegou a coñecer e serviuse de personaxes reais para construír os que poboan este inesquecible libro.

Lilus Kikus / ElenaPoniatowska e SantiGutiérrez

Lilus Kikus é como todas as nenas do mundo, máis non todas as nenas do mundo son como Lilus Kikus. Lilus é unha nena que fai, e pensa, e di o que todas as nenas penetrantes e inocentes. Porén cando Lilus se pregunta a quen pertence unha lagarta que ve todos os días, Lilus está a facer unha pregunta fundamental. Os contos de Lilus Kikus publicáronse orixinalmente en 1954. Este foi o primeiro libro de Elena Poniatowska, que nos anos seguintes se convertiría nunha das autoras máis notables de México. A presente edición engade ao encanto do relato as ilustracións realizadas especialmente por Santy Gutiérrez.

O libro das viaxes imaxinarias / XabierP.Docampo e XoséCobas

O libro das viaxes imaxinarias contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitad os ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algúns textos reflexivos máis íntimos.

Page 17: Guía de lectura. IlustrArte

Terra Chá / ManuelMaría e Isaac DíazPardo

Publicado por vez primeira en 1954, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria luguesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e poderosa.

A función do tequila / ManuelGuedeOliva e XoséCobas

Peza basada nun feito real, que conta a historia de María Docampo, secretaria de Castelao en Nova York, en 1938, cando este se atopaba recadando apoios para a causa republicana. Non obstante, esta muller resultará ser unha axente do Servizo de Intelixencia Americano,destinada a espiar ao intelectual galeguista.

Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales / PacoMartín, XabierP.Docampo, AgustínFernándezPaz, MarilarAlexandre e XoséCobas

Daniel atopou a primeira foto de Diana un luns do mes de xullo pouco antes do mediodía e, nunha rúa próxima ao Reitorado de Vigo, non dubidou en preguntarlle a Agustín Fernández Paz, que pasaba por alí, se tiña noticia da rapaza. A vaca Brensa, ben ofendida, acláralle a Marilar Aleixandre que non é caníbal nin vaca tola, e que fuxiu da casa porque de ningún xeito ía comer aquelas fariñas feitas de animais. Paco Martín foi un dos moitos que andaban polo bosque a tarde que Clementina Celia da Misericordia López de Vídalo e Rodríguez-Veiga decidu comprobar se podía perderse na fraga da súa infancia. E Xabier P. Docampo foi testemuña do brillo desa estrela que abraiou un rapaz e que puxo luz onde antes só había tebras. Xosé Cobas soubo destas engaiolantes historias e decidu iluminalas coas súas cores.

POEMARIOS…

PONTEENESCENA…

A ponte / ManuelLugrísFreire e AnxoFariña

Estreada en 1903, este drama en dous actos en prosa, dividido en tres cadros, supuxo unha ruptura respecto do teatro anterior polo emprego dunha lingua contemporánea, o uso da prosa e a referencia constante a unha temática social próxima á revolucionaria.

CONTANDO…

Page 18: Guía de lectura. IlustrArte

O chapaote móvese / ColectivoChapapote

Testimonio gráfico de la plataforma formada por 66 profesionales del cómic, nace como resultado de la necesidad de una vía de expresión visual ante la catástrofe del Prestrige. En él se aúnan viñetas con ilustración, humor gráfico, fotografía, pintura, escultura…

INDAGANDO…

Os Réis de Galicia / AnselmoLópezCarreira e TuchoFernándezCalo

Ata 1833 Galicia era oficialmente un Reino, pertencente á Coroa dos monarcas españoles. Ata esa data cada rei de España sumaba entre os seus títulos o de “Rei de Galicia”. Hermerico, Frumario, Remismundo, Veremundo, Teodimiro, Audeca, Mauregato, Vermudo II, Urraca e Xoán de Gante son só algún dos monarcas que reinaron en Galicia dende o século V ata o XIV, e que poderás coñecer nesta obra que inclúe tanto ilustracións orixinais, coma recreacións.

175 Debuxos de Castelao: edición especial 50 cabodano do seu pasamento

A obra é unha reedición da publicada en 1976 pola Caja de Ahorros de Santiago. Recolle 175 debuxos dunha das xoias da colección artística de Afundación: as caricaturas e sentencias de Cousas da Vida, extraordinariamente profundas na súa brevidade, que remiten a un humorismo que reúne verdade, beleza e utilidade, e na que se captan os variados tipos humanos de Galicia.

Cogumelos de Galiza / MarisaCastro, VíctorLópezRomán e CarlosSilvar

Os cogumelos, eses “froitos” que aparecen abundantemente nos húmidos outonos galegos e que corresponden á parte visíbeldalgúns fungos. Nesta obra recóllense as 60 especies máis comúns nos bosques galegos. Descritas por Marisa Castro e Víctro López, con indicacións de se son comestibstíbeis ou tóxicas, e representadas polas cores de Carlos Silvar.

Page 19: Guía de lectura. IlustrArte

Arrugas

Narra la amistad entre Emilio y Miguel, dos ancianos recluídos en un geriátrico. Emilio, que acaba de llegar a la residencia en un estado inicial de Alzheimer, será ayudado por Miguel y otros compañeros para no acabar en la planta superior de la residencia, el temido piso de los asistidos. Su alocado plan tiñe de comedia y ternura el tedioso día a día de los ancianos porque, aunque para muchos sus vidas habían terminado, ellos acaban de empezar una nueva.

Basada en el aclamado cómic de Paco Roca.

PARAVER…

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña

Tfno.: 981 189 886 Fax.: 981 189 887 [email protected]

BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN

Praza Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña Tfno.: 981 184 390 Fax: 981 184 391

[email protected]

BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTUDOS LOCAIS Rúa Durán Loriga 10, 1º, 15003 A Coruña

Tfno.: 981 184 386 Fax: 981 184 385 [email protected]

BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO

Rúa Río Monelos, 1, 15006 A Coruña Tfno.: 981 184 298 Fax: 981 184 295

[email protected]

BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL. Rúa Durán Loriga 10, Baixo, 14003 A Coruña

Tfno.: 981 184 388 Fax: 981 184 385 [email protected]

BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO

Praza dos Avós, s/n - 3º, 15002 A Coruña Tfno.: 981 184 382 Fax: 981 184 383

[email protected]

BIBLIOTECA MUNICIPAL OS ROSALES Praza Elíptica, 1, 15011 A Coruña

Tfno.: 981 184 389 Fax: 981 184 351 [email protected]

BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA

Rúa Antonio Pereira, 1-3 Baixo, 15007 A Coruña Tfno.: 981 184 392 Fax: 981 184 393

[email protected]

www .coruna.es/bibliotecas @bibcoruna