cig informa reforma laboral · 2017-10-14 · confederación intersindical galega 2 marzo 2012 •...

4
Marzo 2012 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com Todas e todos á folga xeral do 29 de marzo MOBILÍZATE! En nome dunha crise provocada polas políticas entregadas á gran Banca, ao gran capital financeiro, ás multinacionais a aos poderosos, o goberno do PP volve, máis unha vez, a castigar as vítimas deste sistema: as traballadoras e os traballadores. O PP, en lugar de incentivar me- didas contrarias ás que nos levaron a esta crise, pretende continuar con políticas ultraliberais que veñen im- postas desde instancias económicas e políticas (BM, FMI UE), non suxei- tas a ningún control democrático. Coa desculpa de combater o déficit e a débeda pública, asáñanse co gasto social, cos servizos públicos e coas conquistas laborais, favorecen- do, descaradamente, os intereses do capital financeiro e especulativo, e empobrecendo, aínda máis, aos que menos teñen. Pretendese, de novo, que sexan as súas traballadoras e traballadores e os servizos públicos os que paguen as consecuencias desta crise, debida a un sistema especulativo e totalmen- te inxusto que comporta a destrución de todo o que é público, a precari- zación das condicións de traballo e amplía as desigualdades sociais Así, constatamos: A mingua de 425 millóns nos or- zamentos destinados á educación en Galiza, desde o ano 2009.

Upload: others

Post on 13-Feb-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CIG INFORMA reforma laboral · 2017-10-14 · confederación intersindical galega 2 marzo 2012 • A eliminación da gratuidade dos libros de texto. • A supresión de máis de 1000

Marzo 2012

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

Todas e todos á folga xeral do 29 de marzo

MOBILÍZATE!MOBILÍZATE!

En nome dunha crise provocada polas políticas entregadas á gran Banca, ao gran capital fi nanceiro, ás multinacionais a aos poderosos, o goberno do PP volve, máis unha vez, a castigar as vítimas deste sistema: as traballadoras e os traballadores.

O PP, en lugar de incentivar me-didas contrarias ás que nos levaron a esta crise, pretende continuar con políticas ultraliberais que veñen im-postas desde instancias económicas e políticas (BM, FMI UE), non suxei-tas a ningún control democrático. Coa desculpa de combater o défi cit e a débeda pública, asáñanse co gasto social, cos servizos públicos e coas conquistas laborais, favorecen-do, descaradamente, os intereses do capital fi nanceiro e especulativo, e empobrecendo, aínda máis, aos que menos teñen.

Pretendese, de novo, que sexan as súas traballadoras e traballadores e os servizos públicos os que paguen as consecuencias desta crise, debida a un sistema especulativo e totalmen-te inxusto que comporta a destrución de todo o que é público, a precari-zación das condicións de traballo e amplía as desigualdades sociais

Así, constatamos: • A mingua de 425 millóns nos or-

zamentos destinados á educación en Galiza, desde o ano 2009.

Page 2: CIG INFORMA reforma laboral · 2017-10-14 · confederación intersindical galega 2 marzo 2012 • A eliminación da gratuidade dos libros de texto. • A supresión de máis de 1000

confederación intersindical galega2

marzo 2012

• A eliminación da gratuidade dos libros de texto.

• A supresión de máis de 1000 pro-fesores/as.

• A eliminación de máis de 3000 postos escolares e 176 unidades nos centros públicos.

• O empeoramento da atención á educación especial e á diversida-de.

• A ampliación dos concertos e a entrega, por parte da Consellaría, de máis de 247 millóns de euros ao ensino privado, amais de sub-vencións adicionais.

• A depreciación en máis dun 15% dos nosos salarios, en menos de tres anos.

• A diminución, de novo, das nosas nóminas entre 20 e 45 euros men-suais, a causa do incremento do IRPF.

• O incremento dos descontos

nun 1% para pasivos e MUFACE, 16,94 euros no caso de mestres/as, e 21,56 euros nos PES anuais.

• A supresión da xubila-ción LOE.

• O incremento do horario lectivo do profesorado, empeorando a calidade do ensino, para destruír emprego.

• A redución, aos interinos/as e laborais, das súas re-tribucións nos primeiros 21 días de baixa por continxencias comúns.

• A liquidación do Fondo de Acción Social.

• A non convocatoria de oferta de emprego, co obxecto de amortizar prazas.

• A supresión das licenzas por es-tudo e da matrícula gratuíta na

universidade.

Todas estas medidas en contra dos dereitos laborais e salariais do profesorado están orientadas a dete-riorar, recortar e privatizar os servizos públicos e destruír emprego, imposi-bilitándolles o acceso ao traballo aos máis novos.

Agora, o goberno do Estado do PP vén de aprobar unha reforma laboral que supón o desmantelamento dos dereitos laborais, conquistados pola clase traballadora en décadas de loi-ta, para favorecer a parte máis forte nas relacións laborais, o capital.

A reforma causará unha despro-tección absoluta á clase traballadora. Provocará un empobrecemento xeral das traballadoras e traballadores e un enriquecemento da minoría máis rica. Traslada diñeiro público do Estado ás empresas nas bonifi cacións, nas de-ducións fi scais e no pagamento das indemnizacións por despedimentos, reducindo o gasto en sanidade, en-sino, servizos públicos, pensións e prestacións.

Estamos ante unha reforma que fa-cilita o abaratamento do despedimen-to, xeneralizándose o despedimento obxectivo (20 días por ano de traballo cun máximo de 12 mensualidades) por causas técnicas, organizativas

Page 3: CIG INFORMA reforma laboral · 2017-10-14 · confederación intersindical galega 2 marzo 2012 • A eliminación da gratuidade dos libros de texto. • A supresión de máis de 1000

confederación intersindical galega3

marzo 2012

ou produtivas que tamén poderá ser aplicado no sector público, e redúce-se nun 70% o custo do despedimento improcedente. Suprímese a autoriza-ción administrativa nos despedimen-tos colectivos para os ERE de extin-ción que tamén se poden producir no sector público.

As baixas por incapacidade tem-poral común poden ser motivo de despedimento, cando nun período de 2 meses se superan 8 días de baixa ou 21 días en catro meses, en dúas baixas distintas.

Estabelécese a fl exibilidade total na contratación para menores de 30 anos a través do período de proba dun ano. Durante este ano, poderase despedir sen ningún tipo de indem-nización. A empresa contará con bonifi cacións, axudas públicas e de-ducións fi scais.

Modifícase a regulación de contra-tación a tempo parcial para permitir a realización de horas extras.

Permítese que os empregados/as que cobran prestación poidan facer traballos sociais sen compensación económica, o que vai supor que se substitúa persoal laboral das admi-nistracións por persoas preceptoras

de prestación por desemprego. Facilítase o descolgue dos conve-

nios e o convenio de empresa ten prioridade absoluta fronte aos sec-toriais. Deste xeito, restrínxense os dereitos de negociación colectiva, permítese que a empresa, alegando condicións obxectivas, poida baixar os salarios, ampliar a xornada de traballo, modifi car o horario e cam-biar as vacacións. Se non hai acordo despois de dous anos de fi nalizar a vixencia do convenio, perderanse to-dos os dereitos, quedando regulados polo Estatuto dos traballadores/as.

A coartada para este golpe de estado contra os nosos dereitos é que temos un mercado laboral ríxi-do, cando a realidade é que o ano pasado fi xéronse no Estado máis de 18 millóns de contratos por horas, por días, de interinidade, por substi-tución, por obra, por ETT (Empresas de Traballo Temporal).

Estamos ante unha reforma do go-berno do PP que supón un saqueo aos dereitos da clase traballadora. Esta reforma vai comportar máis des-emprego, aumento da precariedade e inseguridade no traballo. Trátase de facilitar o despedimento, o que su-porá máis paro. O empobrecemento da clase traballadora non activará a

economía, xa que reducirá o consu-mo. Así podemos ver como todos os países de Europa que teñen os sa-larios máis baixos son os que teñen unha crise máis fonda, máis paro e máis precariedade nos contratos ou, polo contrario, como no País Vasco, cos mesmos dereitos ca nós e uns salarios superiores aos nosos nun 40%, teñen a metade de paro que en Galiza.

Amais de todas estas razóns para ir a folga, temos que saber que ou respondemos con contundencia o día 29 ou o goberno do estado terá as mans libres para que nos orzamentos do estado, que está previsto sexan aprobados a fi nais de mes, continúe recortando no ensino e nos dereitos laborais do profesorado e dos empre-gados/as públicos/as.

Page 4: CIG INFORMA reforma laboral · 2017-10-14 · confederación intersindical galega 2 marzo 2012 • A eliminación da gratuidade dos libros de texto. • A supresión de máis de 1000

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

Existen alternativasOutro modelo económico e social é posíbel

Empecemos por:• Unha reforma fi scal na defensa dun modelo que grave máis as rendas máis altas, as grandes fortunas, a banca e as

grandes empresas.• Medidas contra a fraude fi scal.• Eliminar os paraísos fi scais.• Penalizar os movementos especulativos do capital.• Crear unha banca pública.• Mellorar o poder adquisitivo dos salarios.• Incrementar o investimento público.• Mellorar os servizos públicos básicos como o ensino, a saúde ou a asistencia social.• Mellorar as prestacións dos sistemas públicos de protección social.• Fomentar a economía produtiva fronte á especulativa.• Crear empresas públicas en sectores estratéxicos da economía.• Defender un novo modelo económico e social xusto, solidario, democrático e sustentábel social e ambientalmente.• Defender un Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias, dentro dun marco político amplo de

soberanía política para Galiza.