informa - cig ensino informa centros...febreiro 2017 confederación intersindical galega ensino...

4
Febreiro 2017 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.gal CENTROS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE A CIG-ENSINO VOLVE EXIXIR UN CONVENIO PROPIO GALEGO COMO A VÍA PARA LOGRAR MELLORAS DAS CONDICIÓNS LABORAIS E SALARIAIS DOS TRABALLADORES/AS DOS CENTROS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE Delegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse , de novo seis meses despois, diante da Consellaría de Política Social coa finalidade de ser recibidos polo Conselleiro para darnos resposta ás nosas demandas, máxime agora que están en negociación os Orzamentos da Xunta para o 2017. Máis de medio centenar de delegados e delegadas da CIG-Ensino dos centros de atención a persoas con discapacidade concentráronse o mércores, 18 de xaneiro, diante da Consellaría de Política Social para exixir o incremento preciso das partidas orzamentarias desta Consellaría e negociar un convenio propio galego que atenda as demandas do sector. Pois esta é a única vía para conquerirmos melloras laborais e salariais así como mellora na calidade na atención aos usuarios/as. Esta concentración insírese na campaña que se ven desenvolvendo desde hai meses, avalada por 773 traballadores/as que asinaron estas demandas xunto con 66 delegados e delegadas dun total de 95 electos. Esiximos que a Xunta de Galiza asuma na súa totalidade a xestión dos servizos destes centros, como centros públicos a todos os efectos, garantindo o manter os postos de traballo do persoal actual. Mentres iso non se leve a cabo, demandamos un incremento das partidas orzamentarias para o sector e que os centros reciban as subvencións necesarias para prestar o servizo cun mínimo de calidade, mellorando a situación dos usuarios/as e as condicións de traballo do persoal. Ademais que se acurten os prazos de aboamento desas subvencións, para evitar atrasos no pagamento das nóminas, e que a administración galega faga un seguimento riguroso das subvencións. Próximas accións reivindicativas Ao remate da concentración os delegados e delegadas realizaron unha xuntanza na que acordaron dar continuidade á campaña reivindicativa. Decisións tomadas: 1º - Realizar ASEMBLEAS-INFORMATIVAS COS TRABALLADORES/AS, informando da perda de dereitos no convenio estatal e que a solución pasa por un convenio galego e presentar a nosa plataforma reivindicativa para negociar o XV convenio… 2º - Convocar CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS DE TRABALLO O XOVES 23 DE MARZO, con cartaces reivindicando MELLORAS LABORAIS E SALARIAIS : CONVENIO GALEGO. Facer unha ampla divulgación das mesmas nas redes sociais. Sacar fotos e envialas á CIG-Ensino, subilas ao Facebook, ao twiter, …. co hashtag #conveniogalegodiscapacidade. 3º - Seguir a PRESIONAR PARA QUE NOS RECIBA O CONSELLEIRO, pois na entrevista que tivemos co secretario xeral técnico de Política Social o 13 de xuño non se produciu ningún avance nen se asumiu ninguna das reivindicacións presentadas.

Upload: others

Post on 30-May-2020

18 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: iNFORMA - CIG Ensino INFORMA Centros...Febreiro 2017 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CENTROS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE A CIG-ENSINO VOLVE EXIXIR UN CONVENIO

Febreiro 2017

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.galCENTROS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

A CIG-ENSINO VOLVE EXIXIR UN CONVENIO PROPIO GALEGO COMO A VÍA PARA LOGRAR MELLORAS DAS CONDICIÓNS LABORAIS E SALARIAIS DOS

TRABALLADORES/AS DOS CENTROS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADEDelegados e delegadas da CIG-Ensino concentráronse , de novo seis meses despois, diante da Consellaría de Política Social coa finalidade de ser recibidos polo Conselleiro para darnos resposta ás nosas demandas, máxime agora que están en negociación os Orzamentos da Xunta para o 2017.

Máis de medio centenar de delegados e delegadas da CIG-Ensino dos centros de atención a persoas con discapacidade concentráronse o mércores, 18 de xaneiro, diante da Consellaría de Política Social para exixir o incremento preciso das partidas orzamentarias desta Consellaría e negociar un convenio propio galego que atenda as demandas do sector. Pois esta é a única vía para conquerirmos melloras laborais e salariais así como mellora na calidade na atención aos usuarios/as. Esta concentración insírese na campaña que se ven desenvolvendo desde hai meses, avalada por 773 traballadores/as que asinaron estas demandas xunto con 66 delegados e delegadas dun total de 95 electos.

Esiximos que a Xunta de Galiza asuma na súa totalidade a xestión dos servizos destes centros, como centros públicos a

todos os efectos, garantindo o manter os postos de traballo do persoal actual.

Mentres iso non se leve a cabo, demandamos un incremento das partidas orzamentarias para o sector e que os centros reciban as subvencións necesarias para prestar o servizo cun mínimo de calidade, mellorando

a situación dos usuarios/as e as condicións de traballo do persoal. Ademais que se acurten os prazos de aboamento desas subvencións, para evitar atrasos no pagamento das nóminas, e que a administración galega faga un seguimento riguroso das subvencións.

Próximas accións reivindicativasAo remate da concentración os delegados e delegadas realizaron unha xuntanza na que acordaron dar continuidade á campaña

reivindicativa. Decisións tomadas: 1º - Realizar ASEMBLEAS-INFORMATIVAS COS TRABALLADORES/AS, informando da perda de dereitos no convenio estatal e que a solución pasa por un convenio galego e presentar a nosa plataforma reivindicativa para negociar o XV convenio… 2º - Convocar CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS DE TRABALLO O XOVES 23 DE MARZO, con cartaces reivindicando MELLORAS LABORAIS E SALARIAIS : CONVENIO GALEGO. Facer unha ampla divulgación das mesmas nas redes sociais. Sacar fotos e envialas á CIG-Ensino, subilas ao Facebook, ao twiter, …. co hashtag #conveniogalegodiscapacidade.3º - Seguir a PRESIONAR PARA QUE NOS RECIBA O CONSELLEIRO, pois na entrevista que tivemos co secretario xeral técnico de Política Social o 13 de xuño non se produciu ningún avance nen se asumiu ninguna das reivindicacións presentadas.

Page 2: iNFORMA - CIG Ensino INFORMA Centros...Febreiro 2017 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CENTROS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE A CIG-ENSINO VOLVE EXIXIR UN CONVENIO

confederación intersindical galega2

Precariedade no sectorO secretario nacional da CIG-Ensino,

Anxo Louzao, denunciou as precarias condicións que sofren as traballadoras e traballadores dos centros afectados polo XIV convenio colectivo estatal de centros de atención a persoas con discapacidade. Unha precariedade que considerou que “conduce a un deterioro da calidade dun servizo que debería procurar a mellora dos seus recursos materiais e humanos, no canto de centrarse en criterios mercantilistas. Así atopámonos con centros que incumplen ratios, outros que abusan de xornadas laborais , do voluntarismo con presión, de modificacións de xornada do calendario laboral, de realizar funcións doutras categorías sen recoñecerlla,… que se deben moitas veces a falta de recursos que non proporciona a administración ( 1ª responsable deste servizo público) facendo oídos xordos ou mirando para outro lado. Esiximos por tanto da administración, a través da inspección, que se regulen estas situacións precarias.

Ademais “rexeitamos o actual convenio estatal porque as súas condicións impiden que os/as traballadores/as poidan realizar o seu labor dun xeito digno e, ademais, estabelece unha clara discriminación entre o persoal, en función das tres tipoloxías de centros que recolle”, afirmou e engadiu que “non se están a ter en conta as características específicas destes centros en Galiza nin, en consecuencia, as condicións laborais propias dos/as traballadores/as galegos/as, que ven así limitada a súa capacidade de influír no proceso negociador e que se contemplen as súas demandas concretas de cara ao XV convenio”.

Convenio galegoPor iso o sector demanda que, dado que

as competencias sobre as subvencións coas que se financian estes centros están transferidas á Xunta de Galiza, a consellaría de Política Social inicie unhas negociacións nas que participen as patronais do sector (maioritariamente asociacións) e as organizacións sindicais, en función da súa representatividade, para acadar un convenio galego que mellore substancialmente as condicións recollidas no convenio estatal e o financiamento destes centros.

Entrevista co conselleiroCoincidindo coa concentración,

representantes da CIG-Ensino e algún delegado/a intentaron entrevistarse co conselleiro. Ante a súa ausencia foron recibidos polo Xefe de Gabinete, que quedou de xestionar unha entrevista co Conselleiro nun tempo prudencial. Unha vez máis, fixo falta que leváramos a cabo unha concentración diante da consellaría para lograr sermos recibidos polo Conselleiro, X.M. Rey Varela logo de 2 escritos presentados (o 1º en febrero do 2016 e o 2º en decembro).

Unha semana despois emplazáronos para sermos recibidos o próximo día 1 de marzo, polo conselleiro. Informarémosvos do resultado da mesma na que se lle vai trasladar as distintas problemáticas do sector, así como o cadro reivindicativo avalado por centos de sinaturas de traballadores/as e de delegados/as dos centros de atención ás persoas con discapacidade.

Os nosos locaisSantiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.

Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n

Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruña

[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo

36780. A GuardaTlf. 986609360 Fax. 986610465

[email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 1

36947. CangasTlf. 986302987 Fax. 986302987

[email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,

15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. 981358760

[email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.

27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891

e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º

32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. 988222855

[email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.

36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. 986855050

[email protected]

A Mariña27700. Ribadeo

Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. 982129593

[email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º

32600. VerínTlf. 988412345 Fax. 988411013

[email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.

36205. VigoTlf. 986827935 Fax. 986262844

[email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º

36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. 986505323

[email protected]

Page 3: iNFORMA - CIG Ensino INFORMA Centros...Febreiro 2017 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CENTROS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE A CIG-ENSINO VOLVE EXIXIR UN CONVENIO

confederación intersindical galega3

- ALGUÉN PODE ENTENDER QUE ESTE MANIFESTO NON SE POIDA ASINAR POLA PATRONAL ??- QUE RAZÓNS PODE HABER PARA O DESINTERESE NESTAS PROPOSTAS ??

Como traballadores/as do sector e para con estas Asociacións e Federacións tedes moito que dicir, opinar e incluso pedir explicacións, pois a ninguén se lle escapa que a mellor vía para acadar estes obxectivos e reivindicacións( moi precisas e lexítimas) é a unidade das partes implicadas, que sofren a falta de recursos.

A CIG-ENSINO ESTÁ ABERTA AO DIÁLOGO E A FACERMOS UN FRENTE COMÚN !!!

O 7 de xullo de 2016 tivo lugar a 1ª reunión e o 17 de outubro a 2ª, que a CIG-Ensino convocou por escrito ás Federacións e Asociacións do país coa finalidade de facermos un frente común, ante as dificultades polas que está a pasar o sector, as persoas usuarias, os traballadores/as e todas aquelas persoas/entidades que asumen a responsabilidade de prestar e xestionar este servizo esencial (responsabilidade da administración) sen ningún ánimo de lucro . Elaborouse unha proposta de borrador de manifesto por parte da CIG, aberto ás posibles aportacións e recollendo as sensibilidades e intereses comúns para poder ser asinado maioritariamente e dirixirllo á Consellaría de Política Social e facerlles ver as necesidades do sector…

As organizacións patronais e sindicais que suscriben este escrito, todas elas con representación no sector de atención a persoas con discapacidade,

MANIFESTAN:Que todos os centros existentes en

Galiza dos que estas federacións e/ou asociacións son titulares e que traballan no dito sector cumpren unha función social fundamental e atenden un servizo que a propia Administración non é quen de ofertar neste momento. Servizo que, por certo, é desenvolvido sen ánimo de lucro e que debe de camiñar a ser prestado pola administración pública coa participación do sector.

Que, se ben os recursos cos que contaron historicamente estes centros para desenvolver o seu labor nunca foron suficientes, nestes últimos anos aínda sufriron máis recortes que os fan manterse en situacións de difícil supervivencia, con graves problemas económicos e de liquidez para seguir

coa súa actividade.Que esta falla de recursos afecta

directamente á capacidade para ofertar os servizos a un sector máis amplo da sociedade que os demanda así como á calidade do mesmo.

Que tamén afecta ás condicións laborais e salariais de todo o persoal que traballa nestes centros, sendo cada vez máis precarias. Este é un factor básico en relación co punto anterior pois, dadas as características tan especiais dos usuarios e usuarias cos que traballan, resulta fundamental que teñan a cualificación necesaria e poidan facer o seu traballo en condicións dignas.

Que existe unha clara incompatibilidade entre o marco actual de negociación e o de competencias, creando importantes dificultades para os centros o feito de ter que acollerse a un convenio de ámbito estatal que non ten en conta as diferenzas entre as distintas comunidades autónomas, as características especiais dos

nosos centros e, en consecuencia, as competencias e recursos que a Administración galega debe exercer sobre eles.

Por todo isto:ACORDAN: Solicitar á Administración o

incremento dos recursos para estes centros, que cada vez teñen máis difícil desenvolver o seu labor, así como a creación dun marco de negociación no que as tres partes implicadas, Administración, patronais e organizacións sindicais, estas dúas últimas en función da súa representación, busquen solucións para o futuro destes centros, marcando as bases para dotalos dos recursos suficientes, e melloren a calidade do servizo e as condicións do seu persoal, chegando a un convenio propio de ámbito galego, máis axeitado á realidade do sector en Galiza.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2016.

REUNIÓNS COAS ASOCIACIÓNS- FEDERACIÓNS (PATRONAIS ?) DO SECTOR DA DISCAPACIDADE

Proposta de manifesto

Page 4: iNFORMA - CIG Ensino INFORMA Centros...Febreiro 2017 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA CENTROS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE A CIG-ENSINO VOLVE EXIXIR UN CONVENIO

confederación intersindical galega4

Perda de poder adquisitivo do 5,2% Exemplo: Coidador, percibe 911,49€/mes , serían 969,03€/mes sen perda de poder adquisitivo. Perda anual en 2016 - 805,61€. Perda acumulada desde 2011 - 3.918,24€.

Perda de días de vacaciónsAntes 1 MES + 20 ou 18 días. Agora 22 + 3 días laborables.

Aumento da xornadaAntes 37,5 ou 38 h/semana. Agora 38,5 ou 39 h/semana.

Outros dereitos perdidos:

INVOLUCIÓN CONVENIOS ESTATAIS DE ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE

ANTES (DENDE O IX CONVENIO) AGORA (NO XIV CONVENIO)

ANTIGÜIDADE TRIENIOS Cobrábase sen condicionamentos

ELIMINACIÓN TRIENIOS - NOVO "CDP" Complemento de desenvolvemento profesional, condicionado a superar a avaliación da empresa

PERMISOS RETRIBUÍDOS

ASUNTOS PROPIOS: 6 días ou 4 días ACCIDENTE,ENFERMIDADE GRAVE, HOSPITALIZACIÓN, NACEMENTO: 3 ou 5 días se é distinta provincia

ASUNTOS PROPIOS: 0, perdidos. ACCIDENTE,ENFERMIDADE GRAVE, HOSPITAL, NACEMENTO: 3 ou 5 días se hai mais de 250 km

INCAPACIDADE TEMPORAL

Baixas: complemento en enfermidade común ou accidente non laboral: SALARIO 100% o 1º MES DESCONTO NO SALARIO DENDE 1º DÍA

ROUPA DE TRA-BALLO REPOSICIÓN ANUAL ou 30€/ano REPOSICIÓN POR DETERIORO ou CADA 3 ANOS

FLEXIBILIDADE FUNCIONAL POR CATEGORÍAS POR GRUPOS PROFESIONAIS

COMISIÓN PARITARIA CONSTITUÍDA POlAS ORGANIZACIÓNS NEGOCIANTES CONSTITUÍDA SÓ POLAS ORGANIZACIÓNS ASINANTES

Estas perdas débense á falta de negociacións reais en Madrid e ao entreguismo e pactismo das OO.SS. estatais,

SÓ SE PODERÁ REVERTIR SE TEMOS UN CONVENIO DIGNO!

CONVENIO GALEGO XA!-POLA RECUPERACIÓN DOS DEREITOS PERDIDOS: SALARIOS DIGNOS!

-POLO INCREMENTO DAS PARTIDAS ORZAMENTARIAS NO SECTOR

-POR MÁIS RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS NOS CENTROS

-POR MELLORAS LABORAIS E SALARIAIS DOS TRABALLADORES/AS

-POLA REDUCIÓN DAS RATIOS

-POR MAIOR CALIDADE NO SERVIZO AOS USUARIOS

Concentracións nos centros 23 de marzo #ConvenioGalegoDiscapacidade Difunde e reivindica!

A LOITA COA CIG A úNICA SOLUCIÓN