tema5

23
O imperialismo e a Primeira Guerra mundial.

Upload: aialo1

Post on 14-Apr-2017

4 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema5

O imperialismo e a Primeira Guerra mundial.

Page 2: Tema5

O IMPERIALISMO

Expansión territorial das

principais potencias europeas

na busqueda dun control e

abastecemento de materias

primas, para o seu

desenvolvemento industrial, e a

apertura a novos mercados. Co

imperialismo comezou o reparto

do mundo entre as potencias

europeas (Gran Bretaña,

Francia, Alemaña, Rusia e Italia)

e as novas potencias (EE.UU. e

Xapón) orixinando tensións e

rivalidades entre elas.

Caricatura publicada en “Le Petit

Journal” en 1885.

Page 3: Tema5

Determinantes:

Exceso de poboaciónmovementos migratorios cara as colonias no século XIX, na busca de novas oportunidades.

Factores económicos Busqueda de novos mercados onde colocar a produción sen elevadas taxas aduaneiras. As colonias eran tamén espazos onde realizar novas inversións. Interese económico na riqueza e os recursos das colonias.

Competencia político-militar Control de puntos estratéxicos: rutas marítimas e terrestres.

Cuestións ideolóxicas e de prestixio O reparto do mundo alimentaba o prestixio dun país e fortalecía o orgullo nacional.Xustificación do colonialismo como “misión civilizadora”, baseado no sentimento de superioridade da braza branca sobre os pobos que consideraban atrasados e non-civilizados.

Afán aventureiro.

Page 4: Tema5

A CONQUISTA : Determinada pola superioridade militar por parte das

metrópoles, o que facía máis rápida a sumisión dos indíxenas e a explotación

colonial.

Page 5: Tema5

Podemos distinguir tres tipos na organización e explotación colonial:

COLONIAS DE EXPLOTACIÓN: Os colonizadores mantiñan o goberno e

administración da colonia, e apropiábanse das terras para explotalas en grandes

plantacións, depósitos minerais e pedras preciosas. A poboación indíxena era a man de

obra barata, que traballaba en duras condicións e por salarios moi baixos. No comercio e

exportación dos recursos a metrópole tiña a exclusiva. (p.e. O congo Belga)

COLONIAS DE POBOAMENTO (DOMINIOS): Nas que os colonos se

instalaban definitivamente. Tiñan unha dependencia especial coa metrópole con certa

autonomía no goberno interior. A nova poboación asentábase en barrios exclusivos e

afastados da vida indíxena. Exemplos deste tipo serían Canadá, Australia, Nova Zelanda

ou Sudáfrica.

PROTECTORADO: A metrópole mantén as autoridades indíxenas que controla con

altos funcionarios. Un exemplo a suliñar é Marrocos, reino repartido entre Francia e

España, ou o establecemento dun protectorado británico sobre Exipto.

Page 6: Tema5

CONFERENCIA DE BERLÍN 1885

Para evitar enfrontamentos entre as

potencias europeas.

Establece:

LIBRE NAVEGACIÓN DOS RÍOS NÍXER E

CONGO.

LIBERDADE DE COMERCIO NO CENTRO

DE ÁFRICA.

NORMAS DE OCUPACIÓN: A ocupación

dunha franxa costeira daba dereito a ocupar

o interior.

Page 7: Tema5
Page 8: Tema5

IMPERIO BRITÁNICO IMPERIO FRANCÉS

- -Fortes fluxos migratorios caradiferentes colonias no mundo.

- - Relevancia de tres colonias:

CANADÁ: exportación de trigo

AUSTRALIA: lá, ouro

O CABO: ouro

- - A colonia máis importante durante a

etapa victoriana foi A INDIA (a xoia

da coroa) cuxa explotación

organizábase através da Compañía

das Indias Orientais.

- Estas colonias convertíronse en

grandes mercados para os produtos

industriais británicos ó tempo que

eran proveedoras de materias primas.

- Outras colonias británicas eran:

Canadá, Antillas, Guiana, Nixeria,

Colonia do Cabo, Exipto, Rodesia,

India ou Australia

É a segunda potencia colonialno momento. Comeza a súaexpansión polo Mediterráneo (Tunese Alxeria) e o establecemento doProtectorado de Marrocos, acolonización de Madagascar eIndochina.

OUTRAS POTENCIAS EUROPEAS

Bélxica conseguiu dominarunha rica colonia: O Congo.

Alemaña e Italia anexionan

algúns territorios en África.

Os Países Baixos controlaban

as Indias Orientais Holandesas.

Rusia extende o seu territorio

ate o sur (fronteira coa India).

Page 9: Tema5
Page 10: Tema5

O REPARTO DE ÁFRICA AS NOVAS POTENCIAS

Forte rivalidade entre Francia e Gran Bretañana carreira colonial. Intencionalidade na creación degrandes imperios contínuos: do norte ó sur no casode Gran Bretaña e do oeste ó este no caso deFrancia.

Para evitar friccións e enfrontamentos,

chegouse a un acordo entre as potencias:

Conferencia de Berlín 1885, na que se establecían as

normas e as zonas de ocupación en África.

Coa apertura do Canle de Suez, Gran Bretaña

comprendeu a importancia estratéxica da zona como

unha vía máis rápida cara a India, razón pola que

decide entrar a formar parte da compañía franco-

turca.

Estados Unidos decide comezar coacarreira colonial en dúas direccións:- Pacífico

- Caribe (Guerra de Cuba 1898)

Ademáis da ocupación dunha franxa de

Panamá.

Xapón Ocupa Manchuria (rivalidade conRusia) e ocupou Corea e Formosa (en Taiwán)

Page 11: Tema5
Page 12: Tema5
Page 13: Tema5

Algúns territorios tiñan só un interese económico para a metrópole, explotando a súa

riqueza con grandes plantacións e monocultivos, extraíase a súa riqueza mineral e

sometían á súa poboación a duros traballos.

Outras colonias recibiron unha grande cantidade de poboadores occidentais, que se

asentaban nas novas terras. En ocasións a poboación indíxena foi vítima dunha dura política de

exterminio (pe Australia).

Colonizadores e colonizados vivían realidades sociais diferentes.

Page 14: Tema5

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (1914-1918)

Os antecedentes No último tercio do XIX viviuse en Europa

un período de tensións determinadas por cuestións fundamentais:

As pretensións territoriais e as disputas entre as diferentes

potencias coloniais. (tensión entre Alemaña, Francia e Gran

Bretaña pola cuestión marroquí/ Francia reclama a Alemaña Alsacia e

Lorena).

O crecemento económico de Alemaña: Reino Unido e Francia

comezan a ver a Alemaña como unha ameaza para os seus

intereses.

A exaltación nacionalista:

Inimizade entre Alemaña e Francia dende a guerra franco-prusiana.

Descontento entre as nacionalidades que conformaban o Imperio

Austrohúngaro e Turco. Os Balcáns convértense nun fervedoiro de

tensións.

Pretensión rusas con respecto ós pobos eslavos (Paneslavismo).

O conflicto nos Balcáns: Serbios, Albaneses, Búlgaros e

Romaneses tentaban independizarse dos Imperios Austro-húngaro e

Turco-otomano.

Page 15: Tema5

Austria desexaba a ocupación de Serbia e chegar ó Mediterráneo por Tesalónica, este

obxectivo tamén abranguía un intento de rematar con este centro nacionalista.

Os serbios eran eslavos e a forte Rusia pretendía a protección de todos os pobos eslavos

e tamén pretende abrirse camiño cara o Mediterráneo, razóns polas que estaba disposta a

defender os intereses serbios.

Estas tensións entre as potencias alimentaron o interese por comezar unha

carreira armamentística, durante a chamada Paz Armada.

Comeza a artellarse un Sistema de Alianzas

Page 16: Tema5

Sistema de Alianzas complexo:

1882 Alemaña, Austria-Hungría e Italia

asinan a TRIPLA ALIANZA.1907 Asinase o Triplo Acordo (TRIPLA

ENTENTE) formada por Reino Unido, Francia

e Rusia.

1917 Rusia retírase da contenda. Paz de

Brest-Litovsk.

1917 Estados Unidos entra a apoiar ós

aliados.

Page 17: Tema5

AS GRANDES ALIANZAS

TRIPLE

ENTENTE

G. BRETAÑAFRANCIA RUSIA

TRIPLE

ALIANZA

ALEMAÑAAUSTRIA-HUNGRÍAITALIA

CRISES POLÍTICAS

ANTES DA I GUERRA

MUNDIAL

1905 Marrocos

1908-1909 Bosnia-Herzegovina

1912-1913 Guerras Balcánicas

1914 Asasinato en Saraxevo do

herdeiro ao Imperio Austro-

húngaro.

REARME DAS POTENCIAS DURANTE A PAZ ARMADA: Prepáranse ante a inminencia do conflito.

Page 18: Tema5

En 1914 ten lugar un acontecemento que acelera o conflicto, o

asasinato do herdeiro da coroa austro-húngara en Saraxevo, a

mans dun estudante serbio nacionalista.

Comeza a porse en práctica o sistema de alianzas militares e

comezan as declaracións de guerra.Austria-Hungría declara a guerra a Serbia, co apoio de Alemaña.Rusia mobilízase contra Austria-HungríaAlemaña declara a guerra a Rusia, e dous días despois a FranciaReino Unido decláralle a guerra a Alemaña.

Page 19: Tema5
Page 20: Tema5

EXTENSIÓN TERRITORIAL DO CONFLITO

Imperios coloniais.

EMPREGO DE NOVAS ARMAS Maior

capacidade mortífera.

GUERRA TOTAL Produción de material bélico.

Efectos da guerra na poboación.

Incorporación da muller ao mundo laboral.

Page 21: Tema5

1914: GUERRA DE MOVEMENTOS: Grandes ofensivas.

1914-1918: GUERRA DE POSICIÓNS. TRINCHEIRAS

Ano 1917 ENTRADA DOS EE.UU NO CONFLITO

SAÍDA DE RUSIA DO TRIUNFO DA REVOLUCIÓN SOVIÉTICA.

1918: RENDICIÓN DOS IMPERIOS CENTRAIS.

1919 CONFERENCIA DE PARÍS

TRATADO DE VERSALLES

Cales foron as novas armas empregadas no conflito?Fai un esquema coas etapas da I Guerra Mundial.(páx 131) Act 3 e 4(páx 133) Act 2, 2 3(páx 140) act. 2

Page 22: Tema5
Page 23: Tema5

PAZ DE PARÍS (1919-1923)

14 PUNTOS DE WILSON

oFIN DA DIPLOMACIA SEGREDA

oDEMOCRATIZACVIÓN DOS ESTADOS

oDEREITO DE AUTODETERMINACIÓN DOS POBOS

oRETORNO AO LIBRECAMBIO

oCREACIÓN DA SDN

TRATADOS:Versalles (ALEMAÑA)Saint Germain (Austria)Trianon (Hungría)Neuilly (Bulgaria)Sèvres (Turquía)

A paz foi imposta polos vencedores, o que xerou un sentimento de revanchismo de Alemaña e os seus aliados.A paz non trouxo a pacificación de EuropaCuantiosas reparacións impostas aos vencidos