tardígrado

21
CLASIFICACIÓN TAXONÓMICA Dominio: Eukarya Reino: Animal Superfilo: Ecdysozoa Filo: Tardígrada Clases: Heterotardigrada Mesotardigrada Eutardigrada

Upload: pilar-de-vega-rodriguez

Post on 15-Jan-2017

150 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tardígrado

CLASIFICACIÓN TAXONÓMICA

Dominio: Eukarya

Reino: Animal

Superfilo: Ecdysozoa

Filo: Tardígrada

Clases: Heterotardigrada

Mesotardigrada

Eutardigrada

Page 2: Tardígrado

VIDEO

Page 3: Tardígrado

QUE É UN TARDÍGRADO?

É un animal microscópico, parente dos Artrópodos, pertencente ao Phylum Tardígrada, palabra que provén das raíces latinas tardus: lento e gradus: paso (camiñantes lentos) Están distribuidos na maioría de ecosistemas e en casi todo o planeta. Non representa ningunha ameaza para o home e moi poucos seres Humanos coñecen a súa existencia.

Microfotografía dun tardígrado De clase Heterotardígrada

Page 4: Tardígrado

PRIMEIROS DATOS SOBRE ESTES ANIMAIS

O primeiro en escribir sobre estes animais foi o zoólogo alemán

Johann August Ephraim Goeze (1731-1793) no ano 1773 e

denominouno “osiño de auga”. A súa talla pode variar entre 0.05 mm y 1.5 mm e a súa apariencia

física é para algunhas persoas, moi parecida á dun oso en

miniatura pero con dous pares de patas adiccionais. Estes

organismos habitan en ambientes húmidos ou acuáticos, en

ecosistemas mariños, dulceacuícolas ou terrestres, habitualmente

asociados á capa de auga que recubre as carrizas e liques

Page 5: Tardígrado

PRIMEIROS DATOS SOBRE ESTES ANIMAIS

Os tardígrados son os animais máis resistentes xa que posúen a

capacidade de permanecer nun estado especial denominado

criptobiose. Neste estado sobreviven a condicións máis adversas

razón pola cal son moi importantes non só dentro dos

ecosistemas, senón por constituir un modelo biolóxico para

investigacións aplicadas ao beneficio do ser humano.

Actualmente os tardígrados son usados por algúns científicos

para explicar os principios básicos das ciencias biolóxicas.

Page 6: Tardígrado

ANATOMÍA

O aspecto dos tardígrados é moi particular e fainos inconfundibles. O seu corpo é máis ou menos cilíndrico, na maioría dos casos algo cóncavo na parte ventral. Posúen cinco segmentos, o primeiro corresponde ao segmento cefálico ou cabeza e os outros catro posúen un par de patas lobopodiais, provistas de garras ou dicos adhesivos, que lles serven para o seu desprazamento; o cuarto par de patas está dirixido cara atrás e é frecuentemente usado para agarrarse ao substrato.

Page 7: Tardígrado

OS DOUS TIPOS DE TARDÍGRADOS

Eutardígrado

Heterotardígardo

Existen dous tipos de tardígrados: Heterotardigrados e Eutardígrados. Aos primeiros denomínaselles acorazados porque posúen placas que recobren o seu corpo e diferéncianse ademais pola presenza de apéndices.

Page 8: Tardígrado

APARATO DIXESTIVO

É semellante ao dos artrópodos. Na boca existe un tubo bucal cun

órgano que posúe un par de estiletes orais, útiles para perforar o corpo

das súas presas e unha farinxe bulbosa e muscular, con barras

Quitinosas chamadas placoides, as cales interveñen na trituración do

alimento e serven como apoio estrutural. Ten un par de glándulas

salivais con función excretora e ademáis interveñen na formación no

novo tubo bucal despois de cada muda. O alimento pasa da farinxe ao

esófago e logo a un intestino medio onde se da o proceso de dixestión e

absorción. O tubo dixestivo temina nunha cloaca-en eutardígrados- ou

nun recto –en heterotardígrados- o cal se abre nun poro anal terminal.

Page 9: Tardígrado

SISTEMA NERVIOSO

O sistema nervioso dos tardígrados é similar ao dos artropodos. No segmento cefálico presentan un ganglio cerebral dorsal con catro lóbulos e outro ventral conocido como subedofágico, unidos entre si por un anel nervioso que rodea o tubo bucal. Os catro segmentos restantes poseen cada un ganglio ventral lixeiramente bilobulado. Dous cordóns nerviosos conectan os ganglios entre si, formando un patrón escaleirado. Adiccionalmente, presentan pequenos ganglios periféricos ubicados nas patas, na xona caudal e cerca do ano. De cada gaglio estendense conexións nerviosas que inervan seccións específicas do corpo.

Page 10: Tardígrado

SISTEMA MUSCULAR

Nos tardígrados, a presión interna dos fluídos do hemocele fai que o seu corpo e extremidades se estendan e a súa contracción é ocasionada por fibras de músculos lonxitudinais dorsais e ventrais son os responsables do movemento do corpo, mentres que as patas se moven gracias a grupos de músculos que se extenden dende o extremo de cada unha hasta a cutícula. Unha serie de músculos que se atopan na zona caudal actúa na deposición de ovos e defecacións. A musculatura do aparello bucal varía de acordo coa especie e pode conter entre 40 e 140 músculos estructuralmente independentes. Unha complexa serie de músculos que unen as furcas entre si e outros que se extenden dende as mesmas hasta o tubulo bucal e farinxe son os encargados de producir o movemento dos estiletes.

Page 11: Tardígrado

SISTEMA EXCRETOR

Os tardígrados posúen diferentes métodos de excreción. A acugulación de produtos de excreción na cutícula fai que o animal poida desfacerse deles no momento da muda. Crese que as glándulas salivais cumpren unha función moi importante na excreción no momento en que o animal expulsa o aparato bucal durante á ecdisis. Os túbulos de Malpighi, tamén presentes en artrópodos, son os encargados de producir a urina que se descarga directamente no intestino, cumprindo desta maneira funcións tanto excretoras como osmorreguladoras.

Page 12: Tardígrado

ANATOMÍA TARDÍGRADO

Page 13: Tardígrado

SISTEMA REPRODUTOR

Aínda que existen algunhas especies hermafroditas, a maioría dos tardígrados posúen sexos separados. O sistema reproductor feminino está composto por un único ovario, ubicado por encima do intestino e unido mediante pequenos ligamentos á parede dorsal do corpo. Nas hembras dos eutardígrados o oviducto é único e ábrese no recto , nos heterotardígrados ábrese ao exterior mediante un gonoporo.

O sistema reproductor maculino está composto por un testículo e dous condutos espermáticos, que nos eutardígrados ábrese nunha única cloaca mentres que nos heterotardígrados fusionanse nun conduto común. Adicionalmente, os eutardígrados presentan un testículo suspendido da parede dorsal do corpo por dous ligamentos, mentres que nos heterotardígrados se presenta un só ligamento.

Page 14: Tardígrado

REPRODUCIÓNOs detalles dos mecanismos de reprodución de moitas especies de tardígrados aínda non foron explorados. Sen embargo, en términos xerais coñécese que posúen reprodución sexual e asexual. As especies limnicas e terrestres poden ser gonocóricas ou hermafroditas e presentan reprodución sexual, ainda que é máis común que en ambientes limnoterrestres se presenten eutardígrados e heterotardígrados femias, que usan a partenoxénese telitoquia como modo de reprodución. Os representantes de ambientes mariños, na súa maioría, son gonocorísticos e so forón rexistrados uns poucos casos de hermafroditismo.

Page 15: Tardígrado

HÁBITAT E ALIMENTACIÓN

Os tardígrados teñen un par de estiletes e unha farinxe muscular que lles permite perforar e succionar os fluÍdos de bacterias, algas, plantas, líques e de pequenos animais como protozoos , rotíferos e larvas. Nalgúns casos poden inxerir organismos completos e incluso se observou como algunhas especies de tardígrados poden consumir outros tardígrados máis pequenos. Os detritus tamén pode ser unha fonte de nutrientes para algunhas especies. Non hai moita información sobre a alimentación dos tardígrados mariños. Coñecese que algunhas especies non se alimentan por largos períodos de tempo e que outras son parasitas de invertebrados mariños.

Page 16: Tardígrado

QUE É A CRITOBIOSE ?

Á critobiose é un estado de latencia ou animación suspendida dos procesos vitais que presentan algúns seres vivos cando as condicións ambientais son desfavorables, como por exemplo o conxelamento, desecación, anoxia, variacións na salinidade, entre outros moitos. Os tardígrados son os mellores representantes da critobiose xa que nese estado son ademáis capaces de resistir as condiccións máis extremas.

Page 17: Tardígrado

TIPOS DE CRITOBIOSIS

*Anoxibiosis: que é inducido pola baixa concentración de osíxeno na auga. Algunhas especies poden sobrevivir cinco días neste estado de latencia.

*Criobiosis: latencia inducida por baixas temperaturas. Este tipo de critobiosis posibilita á supervivencia dos tardígrados ao conxelamento e desconxelamento, permitindo que algunhas especies limno-terrestres sexan comúns en rexións polares e ecosistemas de alta montaña.

*Osmobiosis: inducida pola elevación na presión osmótica. Algunhas especies mariñas e limno-terrestres eurihalinas poden tolerar variaccións na salinidade.

*Anhidrobiosis: este estado é incluido pola pérdida da auga do ambiente por evaporación. É o tipo de critobiosis máis común en tardígrados.

Page 18: Tardígrado

COMO IDENTIFICAR UN TARDÍGRADO

Polo seu tamaño, os tardígrados só poden ser observados usando un microscopio e necesitase microscopía de contraste de fase para identificalo.

Ascaracterísticas mor- folóxicas serven como criterio taxonómico.

Page 19: Tardígrado

EXPERTO MUNDIAL EN TARDÍGRADOS

O Dr. Oscar Lisi, é biólogo e Profesor de Bioloxía Evolutiva na Universidade de Catania, Italia. É pupilo dun dos máis grandes tardigradólogos da historia, o Dr. Giovanni Pilato y el Dr. Lisi levan cerca de 12 anos estudando á taxonomía dos tardígrados e como produto da súa labor científica realizou máis de 50 publicacións e describiu máis de 69 novas especies de tardígrados para a ciencia.

Page 20: Tardígrado

SABÍAS QUE?

Os tardígrados poden sobrevivir a temperaturas extremas dende -273ºC hasta 151ºC.

Os tardígrados poden resistir unha radiación mil veces maior á tolerada polo ser humano.

Os tardígrados volveron á vida despois de 120 anos. Despois de rehidratar un musgo de herbario recolectado hai 120 anos, atopáronse tardígrados vivos.

Page 21: Tardígrado

BIBLIOGRAFÍA

Anon, (2016). [online] Available at: http://www.cienciorama.unam.mx/a/pdf/317_cienciorama.pdf [Accessed 20 May 2016].

Anon, (2016). [online] Available at: http://www.ducray.com/sites/default/files/images/cp_tardigrade_pr_rebecchi_avril_2012_esp_def_0.pdf [Accessed 20 May 2016].

Es.wikipedia.org. (2016). Tardigrada. [online] Available at: https://es.wikipedia.org/wiki/Tardigrada [Accessed 20 May 2016].

Latam.discovery.com. (2016). La fascinante historia del tardígrado: ¿animales o extraterrestres? | Discovery. [online] Available at: http://www.latam.discovery.com/animal-planet/la-fascinante-historia-del-tardigrado-animales-o-extraterrestres/ [Accessed 20 May 2016].

Tardigrada.es. (2016). EL FILO TARDIGRADA. [online] Available at: http://www.tardigrada.es/HistoriaEstudioTardigrados.html [Accessed 20 May 2016].