sobre libros prohibidos

37
Unha pequena guía da estulticia * humana… *se non a coñeces …colle o libro que explica as palabras

Upload: ceip-amaia

Post on 24-Mar-2016

241 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

un resumo de algúns libros censurados ou prohibidos nalgún momento

TRANSCRIPT

Unha pequena guía da estulticia* humana…

*se non a coñeces …colle o libro que explica as palabras

Desde que a xente comezou aescribir libros para transmitirideas e soños, sempre houbo outra

xente adicada con igual interés acorrexilos, prohibilos, censuralos, ouxa directamente, queimalos utilizandofalsos argumentos, moralinas, ideasrelixiosas ou políticas, prexuizos … ou

esa cousa que lle chaman o“políticamente correcto”.

“Polos dereitos de liberdade de expresión e de prensa”

ESTA É UNHA PEQUENA MOSTRA DELIBROS QUE POR UNHA RAZÓN OU OUTRA EEN DISTINTAS ÉPOCAS E PAISES, ESTIVERONINCLUIDOS EN ESAS LISTAS NEGRAS…

UNHA LISTA INCRIBLE QUE PODE PARECERFICCIÓN...

…PERO QUE É TOTALMENTE REAL .

OS LIBROSCENSURADOS!

BÚSCAOS NA TÚA

BIBLIOTECA!

“Onde está Wally?” de Martin Handford

O libro é en realidade unha especie de xogo paraatopar o personaxe entre a multitude. Por iso é aíndamáis difícil de crer que estes libros sexan retirados decertas bibliotecas de Michigan e Nova York, porconter “cousas sucias” nalgunhas páxinas. Resultaque nunha das láminas aparecía unha imaxe(case microscópica) dunhaseñora en topless na praia.

“Alicia no País dasMarabillas”, de Lewis

Carroll:estivo prohibido en Chinaporque ao facer que falen epensen outorgalles aosanimais unhas cualidadespara que actúen no mesmonivel que os humanos.

”Don Quijote de la Mancha”, de Miguel

de Cervantes:Foi censurada en algún momento da épocafranquista por críticas a algúns “aspectos morais”relacionados coa caridade.

“Asterix” de Goscinny e Uderzo:

o argumento co que intentaron censuralo non hainada, foi que “fomentaba o consumo de sustanciasestupefacientes” (a pócima máxica dos galos!)

“Harry Potter e a pedra filosofal”, de

J. K. Rowling :foi censurado por “incentivar a bruxería”. En 2001,un grupo de fanáticos relixiosos deuse á tarefa dequeimar exemplares desta novela porque, inducía ámocidade á bruxería e as prácticas satánicas.

“As mil e unha noites”:

Esta recopilación de contos anónimos foiacusada de pór en risco a integridade moraldos cidadáns.

“O Diario de Ana Frank”, de Anne Frank:

ata o día de hoxe existen persoas que se opóñen aque este libro sexa permitido nas escolas. Acúsanode deprimente. Un argumento co que pretendenagochar a realidade e a historia , neste caso contadapor unha adolescente de 13 anos que durante ainvasión nazi de Holanda estivoagochada coa súa familia nunhabuhardilla ata que foron delatadospor uns veciños , detidos e enviadosaos campos de concentración candoela tiña 15 anos.

“A orixe das especies”,

de Charles Darwin:motivos relixiosos fixeron (eaínda fan!) que este libro sexacensurado en moitos países porexplicar a evolución fronte aoscreacionistas…

“A odisea”, de Homero:

as ideas gregas de liberdade non foron ben recibidas nos tempos do emperador romano Calígula, que prohibeu este libro.

“Oliver Twist” de Charles Dickens:

en 1949 os inconformes pais de familia deBrooklyn (Nova York) consideraban que ahistoria de Oliver violaba o dereito dos seusfillos a recibir unha educación laica e libre desesgo relixioso.

“Unha luz no ático”de Shel Silverstein

Unha colección de poemas infantís de 1981 ilustrados polaautora. Algúns pais de familia xulgaron que era veleno paraos seus fillos, especialmente polo poema “Como non ter quelavar os pratos”, e esoutro “A pequena Abigaíl e o fermosopony”, que describe a morte dunha nena despois de que osseus pais néganse a comprarlle un pony. Foi acusada defomentar a desobediencia, de impulsar aos nenos a rompera vaixela con tal de non lavala e de que os seus temas(demos, pantasmas, morte) eran inadecuados para a nenez.

“O Lórax” do Dr. Seuss

O Dr. Seuss escribiu un libro que fala do desequilibrioambiental. O libro, publicado en 1971, aborda o conflitoda sociedade industrializada e a súa ameaza á harmoníada natureza. Por iso, en 1989, un distrito escolar deCalifornia vetouno por criminalizar a industria forestal,é dicir por inspirar aos nenos a defensa do medioambiente!.

¡A miña nai vai ter un bebé!“Un neno mes a mes. Guía do embarazo”, de DoriHillestad Butler,está pensado para nenos pequenos con mamásembarazadas de novo, pero algúns pais pensaronque era demasiadoexplícito sobre a orixedos bebés.

“Rebelión na granxa” de George Orwell

Unha fábula dunha granxa de animais (dirixida porporcos), que durante a II guerra mundial foi censuradapor ingleses e americanos ao considerar que criticabaaos rusos, que eran os seus aliados fronte aos alemáns.Igual foi por dicir que “todos somos iguais, pero algúnsson máis iguais que outros”.

“Charlie e a fábrica de chocolate” ,

de Roald Dahl :

Censurado en Colorado, Estados Unidos, porque oseu contido mantiña unha pobre filosofía de vida.

“James e o melocotón xigante”, de

Roald Dahl:censurado polo seu linguaxe e por “promover asdrogas e a desobediencia aos adultos”.

“As aventuras de Tom Sawyer” e “Asaventuras de Hukleberry Finn” de Mark

Twain:xa sufriron censura na época do autor, e agora mesmoestán a ser retiradas de moitas bibliotecas de colexios einstitutos por “linguaxe ofensiva e racismo” (usando apalabra nigger/negro), sin ter en conta que reflicte aépoca na que foron escritos.

“Matar a un ruiseñor”, de Harper Lee

Foi censurada por linguaxe ofensiva, racismo … candoen realidade reflicte a loita contra eso mesmo.

“As viaxes deGulliver”, de Jonathan Swift:

un libro de ficción que foiconsiderado falso , vil e obsceno.Foi censurado en moitos paísesdebido aos temas de corrupciónpolítica, os sentimientos anti-guerra e por falar das inxusticiasda colonización.

“As aventuras de Sherlock Holmes”,

de sir Arthur Conan Doyle,foron prohibidas na URSS en 1929 por mor das súasreferencias ao ocultismo e o espiritismo.

“Moby Dick” de Herman Melville:

a novela foi retirada dos listados de algunhauniversidade por ser “conflitiva en relación aosvalores da comunidade” texana.

“Sen novidade na fronte”, a novela de

Erich Maria Remarque, escritor cuxas obras foronpresas das chamas a mans dos nazis, foi vetada enAlemaña e en Italia por conter “propagandaantibélica”, en 1933. A novela describe conclaridade o sufrimento provocado pola Iª guerramundial desde a perspectiva dunsoldado de 19 anos. Narrao adestramento do soldadoalemán, a realidade daguerra de trincheiras e averdade da pos-guerra...

“O pobo que non quería ser gris”de Beatriz Doumerc (texto) e Ayax Barnes(ilustracións)

Son contos que buscaban achegarse aos mozos conadultez e sen prexuízos. Neste libro infantil a xenteoponse á decisión do rei de pintar todas as casasdun mesmo cor e empeza a tinguilas de vermello,azul e branco...

“La ultrabomba”,

un piloto négase a cumprir a orde de arroxarunha bomba que caería sobre a xente. Foiacusado de subversivo e prohibido por decretoen Arxentina en 1976.".

“Un Elefante Ocupa Moito Espazo” -

por Elsa Bornemann:O elefante declarara folga xeral entre os animais e propuña queningún actuase na función. O libro foi Premio IBBY Internacional"Hans Christian Andersen“. Un ano despois era prohibido polaxunta militar Arxentina en 1976 .

Os contos da autora falaban da vida cotiá “os pais que traballan,as familias ás que non lles alcanza a prata” nunha época en que aliteratura infantil recentemente comezabaa consolidarse. Desenvolvemento que aditadura intentou encorsetar. Ata habíapalabras desaconselladas polo poder militar:tiñan que decir calzado en lugar de alpargatasxa que esta palabra implicaba pobreza.

"La Torre de Cubos” de Laura Devetach

ten moitas historias con mundos escondidos entorres de cubos e dibuxos feitos nas paredes, conpersonaxes inquedos e divertidos: un monigote decarbón e tres mariñeiros de papel. Todo pode pasar,como que Bartolo teña unha planta que dé libretas…Tamén foi prohibido por decretonacional por consideralo subversivo.

“Cinco dedos”:é un libro infantil -escrito en Berlín Occidental- no

que unha man verde persegue aos dedos dunhavermella que, para defenderse e vencer, únese eforma un puño colorado. Os editores arxentinosforon detidos 127 días por subversivos, xa que aman era verde … a cor do faxín dos militares.

En algunhas épocas,“ter un libro eraperigoso."

“A liña” de Beatriz Doumerc y Ayax Barnes :

é un libro infantil que amosa as posibilidades de todo

tipo dunha simple liña e o que a xente podemos facercon ela. Divertido , serio … e perigoso???. Tamén estivoprohibido…

http://www.youtube.com/watch?v=vbR_l1VnKm4

“O Principiño” de Antoine de Saint- Exupèry:

este foi acusado de “ilimitada fantasía!”.

•“Todas as persoasmaiores foron nenos aoprincipio... (aínda que poucas o lembran...)”.

A ilimitada fantasía do principiño!!!.As persoas maiores nunca son capaces de comprender as cousas por si mesmas, e é moi aburrido para os nenos ter que darlles unha e outra vez explicacións..Aos maiores gústanlles as cifras. Cando se lles fala dun novo amigo, xamaispreguntan sobre o esencial do mesmo. Nunca se lles ocorre preguntar: Que tonten a súa voz? Que xogos prefire? Gústalle coleccionar bolboretas? Pero encambio preguntan: ?Que idade ten? Cantos irmáns? Canto pesa? Canto gaña o seu pai?? Soamente con estes detalles cren coñecerlle.?.É unha cuestión de disciplina, dicíame máis tarde o Principiño -. Cando polamañá un termina de arranxarse, hai que facer coidadosamente a limpeza do planeta.•Coñezo un planeta no que vive un señor moi colorado. Nunca cheirou unha flor. Nunca contemplou unha estrela. Nunca amou a ninguén. Nunca fixo outra cousa que sumas. Pásase o día dicindo, como ti: ¡Son un home serio! ¡Son un home serio!, o que lle fai incharse de orgullo. Pero iso non é un home, ¡é un fungo!..Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos..E de que che serve posuír as estrelas?-Sérveme para ser rico.-E de que che serve ser rico?-Sérveme para comprar máis estrelas.?. O Principiño de Antoine de Saint- Exupèry

?

?

?

•“alí onde se comezaqueimando libros , remátase queimandohomes” Heinrich Heine

•Unha novela• Unha película• Unha realidade…

Adiviña cales de estas imaxes non son de ficción!