roteiro 2015

47
Concellería de Cultura e Normalización Lingüística IES Miraflores Bibliotecas Públicas Municipais Premio Nacional María Moliner 2011 Concellería de Cultura e Normalización Lingüística IES Miraflores Bibliotecas Públicas Municipais Premio Nacional María Moliner 2011

Upload: xenza

Post on 05-Aug-2015

273 views

Category:

Documents


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: Roteiro 2015

Concellería de Cultura eNormalización Lingüística

IES Miraflores Bibliotecas PúblicasMunicipais

Premio Nacional María Moliner 2011

Concellería de Cultura eNormalización Lingüística

IES MirafloresBibliotecas PúblicasMunicipais

Premio Nacional María Moliner 2011

Page 2: Roteiro 2015

Organización: Sistema de Bibliotecas Públicas Municipaisde Oleiros, Servizo de Normalización Lingüística e IESMiraflores

Coordinación: Rosa García Vilariño do Departamento deLingua e Literatura Galega do IES Miraflores, BibliotecaCentral Rialeda e Servizo de Normalización Lingüística

Profesorado: Concepción Castro Higelmo do Departa-mento de Ciencias Sociais e Susana López González eRosa Mª García Vilariño do Departamento de LinguaGalega e Literatura

Alumnado:Javier Rey, Guillermo Iglesias, Xoel Sixto, JuanManuel Lorenzo, David Bergondo, Víctor Vázquez, CarlosIllanes, Joaquín Reiriz, Mario Cambre, Adrián Villadóniga,Fernando Matiz, Javier Carballeira, Miguel Correa, IreneRiveiro, Nicole Rial, Saúl Boquete, Marta Sanjuán, MartaEstrada, Paula Morandeira, Gonzalo Vizoso, JimenaTorremocha, Paula Ferraces, Brais Lago, Sara Núñez,Carlota Sánchez, Javier Fernández, Pedro Rodríguez,Roberto Blasco, Andrea González, Ángela Blanco e OlallaLópez de 1º de bacharelato (Curso 2014-2015)

Agradecementos a:- José Luis Pena Rama e a Luis Pena García- Isabel Bugallal e a súa familia- Inés Babío Álvarez de Sotomayor e a súa familia- Pompeyo Fernández Pérez, director xerente de Aspronaga- Antonio Naya Sancho, director do centro Ricardo Baró

Deseño e maquetación: Departamento de Comunicacióndo Concello de Oleiros

Edición: Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais deOleiros e Servizo de Normalización Lingüística

Depósito legal:

Page 3: Roteiro 2015

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

2015

Page 4: Roteiro 2015

DEXO

SERANTES

MAIANCA

DORNEDA

OLEIROSLIÁNS

IÑÁSNÓS

Villa Isabel en Nós(Residencia do xornalistaJosé Luis Bugallal Marchesi)

Pazo do Río(Pazo onde veraneou o avogado epolítico Santiago Casares Quiroga)

Lamastelle(Casa onde vivíu o pintorFernando Álvarez deSotomayor)

PERILLO

Page 5: Roteiro 2015

Esta actividade organízase entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, oServizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores.

Consiste no percorrido por distintos lugares do municipio nos que residiron diferentespersoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezamos no pazo do Río, enMontrove, onde veraneou o avogado e político Santiago Casares Quiroga; despoistrasladámonos a Lamastelle, localidade onde residiu o pintor Fernando Álvarez deSotomayor; para finalizar en Nós, en villa Isabel, casa onde viviu o xornalista JoséLuis Bugallal Marchesi.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son:- Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que residiron no Concello de Oleiros.- Mellorar o coñecemento do patrimonio e diferentes espazos do termo municipal

de Oleiros.- Promover a lectura.

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

Santiago Casares Quiroga, o pazo do Río e villa Galicia en Montrove

Fernando Álvarez de Sotomayor en Lamastelle

José Luis Bugallal Marchesi e villa Isabel en Nós

Page 6: Roteiro 2015

“ París, 14 de abril de 1947Mi querida Vitola:Acabo de recibir tu carta del jueves, 10. Sin que tú te lo hayaspropuesto, y sólo por circunstancias fortuitas del correo, llegaella a mis manos en el aniversario de la proclamación de lafenecida República, y a la hora en que yo, hace ya la friolerade 16 años, corría por las carreteras de Castilla, en el automóvilde Senra, para llegar a tiempo al triunfo -que yo, con fe ciega,consideraba como seguro- de un ideal perseguido tenazmentedurante dos generaciones...”Carta de Santiago Casares Quiroga á súa filla María Casares.En: CASARES QUIROGA, Santiago e CASARES, María. Cartas no exilio:correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares(1946-1949). [Edición de] María Lopo. A Coruña: Baía, 2008. Páx. 54

Page 7: Roteiro 2015

antiago Casares, “Casaritos”amosa na súa personalidadevirtudes, defectos e carac-terísticas propias da bur-guesía ilustrada, republicana,

laica e masona da sociedade coruñesa doprimeiro terzo do século XX.

“Santiaguiño” naceu o 8 de maio de 1884na Coruña. É fillo de don Santiago CasaresPaz, avogado e administrador de éxito e conboa sona entre os seus veciños. Casares Pazera republicano, anticlerical e chegou a serconcelleiro da súa cidade. A nai, donaRogelia Quiroga Moredo tivo nove fillos, etodos morreron prematuramente agás San-tiago, quen malia a súa resistencia, non sevai librar da tuberculose que o vai acompañardesde os cinco anos.

Á hora da súa formación recibe as primeirasclases no seu domicilio, sito na rúa de Pana-deras, máis tarde acode ao colexio Dequit,ingresa na Escola de Comercio e prepara o

grao de bacharelato do que se vai examinaren 1900 no instituto Eusebio da Guarda, een 1905 obtén o título. Mentres tanto, grazasaos recursos familiares, viaxa frecuentementea Suíza para tratar a tuberculose e de pasoaprende idiomas. Durante unha das súasestadías en 1903 chégalle a noticia da mortedo seu irmán maior, Arturo Casares, a quentanto admiraba e quería e a quen A Coruñarenderá sentido homenaxe e dó.

Encamiñado como o irmán máis vello ecomo o seu pai cara aos estudos de Dereito,Santiago Casares vainos comezar en Com-postela, pero aos dous anos trasládase aMadrid cuxo clima lle é máis favorable.Estuda por libre na facultade madrileña,realiza a tese de doutoramento sobre donRamón de la Sagra e goza da vida culturale política do momento. Ademais do seuinterese polo teatro, faladoiros e mitins doAteneo onde coñecerá a Manuel Azaña,posúe os recursos necesarios para acceder a

5

Page 8: Roteiro 2015

libros, música, viaxes continuas e, comodiriamos hoxe, marca tendencia na súa apa-rencia e modos que o configuran como unauténtico “dandi” cosmopolita. Ademais detodas estas características, a súa estadíamadrileña fará del un pai solteiro, pois dosamores coa dona da pensión terá unha filla,que nace en 1910 e trae consigo á Coruña,á casa paterna. Así ao remate do curso de1910, Santiago Casares regresa co seu títulode licenciado en Dereito e cunha filla, queacaba de nacer, que se vai chamar EstherCasares.

A partir de 1910, Santiago Casares dedícasede cheo á vida social, cultural e política deCoruña e Galicia e ao seu oficio de avogado.Os preitos nos que intervén fano enorme-mente popular e moitas das súas causas sonaltruístas, na defensa de sindicalistas, proce-sos da Restauración ou xuízos debidos áDitadura de Primo de Rivera. Colabora coseu pai no traballo de administración de

6

Caricatura de Santiago Casares Quiroga realizada por Cebreiro

Page 9: Roteiro 2015

fincas e seguros e mantén o seu despachono coñecido domicilio da rúa Panaderas (ACoruña). Desempeña o cargo como conce-lleiro coruñés desde 1911 ata 1917, posúeparticipacións do xornal Tierra Gallega, ecomparte negocios coa familia Wonenburgero que lle vai achegar importantes beneficiosgrazas á construción do Hotel Atlántico nopaseo de Méndez Núñez.

En canto á vida persoal, Casares precisacoidar a súa saúde. Viaxa a centros de saúdeou balnearios tanto en Suíza coma en Fran-cia e isto vai ser así ao longo da súa vida.Na Coruña desde 1915 mocea cunha rapazacoruñesa, modista, filla de solteira, que en1920 converterase na súa esposa. GloriaPérez de Casares ten admirada á sociedadecoruñesa pola súa beleza, estilo e saberestar. Esta é outra ocasión na que SantiagoCasares rompe os esquemas tradicionais daburguesía coruñesa pois á condición de paisolteiro, suma agora un casamento desigual.

O 25 de outubro de 1920 a parella contraematrimonio e o 21 de novembro de 1922nace Mª Victoria Casares, Vitola e Vitoliñapara a súa familia, e para o mundo MaríaCasares, actriz internacional.

7

María Casares, filla de Casares Quiroga

Page 10: Roteiro 2015

Agora á nova familia súmase a filla máisvella, Esther conta con 12 anos e regresa doseu internado francés. A vida familiar, acrianza, as lecturas, os conflitos matrimoniais,a vida política e o exilio da familia Casares

está fermosamente contada no libro Resi-dente Privilegiada, onde a actriz MaríaCasares vai deitando valiosísimos datos paraun mellor e íntimo coñecemento do seu paie dela mesma.

En Santiago Casares o compromiso políticoé constante e obsesivo. Nestes anos e mesmodurante a ditadura de Primo de Rivera traballaa prol da formación de ORGA, partido re-publicano e de esquerdas, que vai fundar en1929. A continuación forma parte do comitérevolucionario que apoia o levantamentofrustrado de Jaca, e acaba encarcerado naModelo, onde a súa tuberculose se agrava.Tras o consello de guerra, chega á Coruñao 28 de marzo de 1930 e recíbeo unhamultitude que o leva ao cabalete desde aestación de ferrocarril á súa casa da rúaPanaderas.

Para a convocatoria de eleccións en 1931consegue atraer a personalidades galeguistas

8

Casares Quiroga coa súa filla María

Page 11: Roteiro 2015

tan importantes na Coruña como Villar Pontee Suárez Picallo que co novo partido por elalentado, ORGA-Organización RepublicanaGallega- conseguen 17 escanos dos 44 paraGalicia. O obxectivo político de Casares,malia a súa participación en SolidaridadGallega, consiste no establecemento dunharepública democrática e todos os demaistemas, mesmo o autonomismo considéraossecundarios. Esta posición vaille carrexar asdúbidas e mesmo as críticas do propio Cas-telao e outros galeguistas, que se ben nuninicio se unirán a el en ORGA, acabaránabandonándoo. En 1932 crea o Partido Re-publicano Gallego e sairá elixido en 1933,deputado ás Cortes pola Coruña, finalmenteintegrarase na Izquierda Republicana, quepreside Manuel Azaña.

Mentres tanto os acontecementos político-sociais precipítanse e coa proclamación daRepública, Casares vai unir o seu porvir ecompromiso político a Manuel Azaña con

quen mantén desde hai tempo unha firmeamizade e acaba aceptando sucesivos cargosde goberno, que o levarán a ser ministro deMarina, de Gobernación e presidente doGoberno como máis importantes. A familiatrasládase a Madrid pero as cargas e respon-sabilidades políticas fan de Casares un esposoe pai ausente. Dunha parte as dificultadesda República por atopar un camiño demo-crático para o país son cada día maioresdebido ás sucesivas radicalizacións de extre-ma dereita e esquerda, que non axudan á súaestabilidade e todo vai acabar nun dos máisgraves e cruentos conflitos civís do séculopasado. No nivel familiar a separación e asinfidelidades arrefrían o matrimonio queporén, vaise manter unido ata o exilio.

9

Page 12: Roteiro 2015

Durante os cinco anos nos que exerce deministro, Casares gozará os meses de agostoda súa estancia en Oleiros, primeiro no pazodo Río e despois en villa Galicia en Montro-ve. A súa muller, Gloria, e as fillas Esther eVitola adiantan sempre as súas vacacións eagardan pola súa presenza. Ademais o ma-trimonio fai vida social e é convidado polosseus veciños como os señores Latorre, quepasan o verán no pazo Miraflores, ou como

os amigos de partido Ramón Mª Tenreiro,irmán do arquitecto Tenreiro, que pasaba overán en Pontedeume.

O golpe militar do verán de 1936 remata coaRepública e con calquera esperanza de vidademocrática. Galicia desde os inicios quedaentregada ao bando sublevado e as represaliase persecucións forman parte da vida ordinaria.A casa de Panaderas é espoliada e os librosda súa biblioteca persoal, máis de 10.000volumes, estragados e abandonados duranteanos. Tamén villa Galicia é asaltada causandogrande quebranto a Cándida Arizaga, viúvade Arturo Casares, que caeu desde o segundopiso. En Bañobre atopábanse de vacaciónsEsther coa súa filla e única neta de Casares,que van ser separadas e Esther recluída. Oxenro, Enrique Varela ponse a salvo e agar-dará 20 anos en México polo reencontro coasúa muller. O franquismo vainas ter en vixi-lancia domiciliaria e sen pasaporte ata 1955.Filla e neta van vivir da axuda clandestina

10

Pazo do Río

Page 13: Roteiro 2015

de amigos e van padecer desde o seu pisoda rúa da Franxa, o desprezo da xente doréxime. Polo que xa desde 1936, filla e painunca máis se verán.

Ábrese agora a etapa do exilio, que malia assúas dificultades fará posible reunir o restoda familia, aínda que a todos estes sensaboressumarase a invasión nazi en Francia. Enoutubro de 1936, Gloria Pérez e María Ca-sares instálanse en París, e Santiago Casaresabandona España o 6 de febreiro de 1939, oseu estado de saúde é tan grave que vaidescansar a Suíza acompañado pola filla.Ante a invasión nazi, prodúcese unha novafuxida, Santiago Casares consegue embarcarcara a Londres grazas aos desvelos de JuanNegrín, mentres as dúas mulleres pasarán ooutono de 1940 no sur de Francia. O desterrolondinense dura cinco anos e regresa a Parísen xullo de 1945.

Seguidamente, en apenas un ano, morre GloriaPérez o 13 de xaneiro de 1946 e entérrase en

11

Villa Galicia

Page 14: Roteiro 2015

12

Montparnase, o mesmo lugar onde, en 1950,repousarán os restos do seu home.

Santiago Casares sempre doente, unhas vecesencamado e outras amarrado ás bombonasde osíxeno vive a carón da súa filla máisnova. Desde París intenta comunicarse eaxudarlle a Esther, pero os intentos sonbaldíos. A carón de María goza dos seuséxitos teatrais e cinematográficos. CandoMaría Casares falta por mor do seu traballo,o pai escríbelle longas e emotivas cartasliterarias. A súa vida apagarase o 23 dedecembro de 1950.

O Concello de Oleiros garda a súa memoria na rúa que leva o seu nome, na parroquiade Liáns. Tamén, o instituto de secundariada avenida Che Guevara, loce o nome dasúa filla María Casares, xuntamente cunharúa no centro de Santa Cruz.

Casares Quiroga

Page 15: Roteiro 2015

l ALFEIRÁN, Xosé. “Casares Quiroga expoliado”. En: La Voz de Galicia 23/03/2014[en liña][Consulta: 10/03/15]. Dispoñible en:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/03/23/casares-quiroga-expoliado/

l CASARES, María. Residente privilexiada. Iñás (Oleiros): Trifolium, 2009l CASARES QUIROGA, Santiago e CASARES, María. Cartas no exilio:correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949).[Edición de] María Lopo. A Coruña: Baía, 2008

l “El Colegio de Abogados desvela que nunca llegó a expulsar a Casares Quiroga”.En: La Voz de Galicia 03/05/2014 [en liña][Consulta: 10/03/2015]. Dispoñible en:http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2014/05/03/0003_201405H3C10993.htm

l Diciopedia do século 21. [Vigo]: Galaxia / Ediciós do Castro, 2007. T. 1, páx. 451

l Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo, D.L. 1999. T. 5, páx.16

l “Encuentran en los juzgados de A Coruña el expediente de la Guerra Civil deincautación de bienes de Casares Quiroga”. En: Europapress 15/03/2014 [en liña][Consulta: 10/03/15]. Dispoñible en:http://www.europapress.es/cultura/exposiciones-00131/noticia-encuentran-juzgados-coruna-expediente-guerra-civil-incautacion-bienes-casares-quiroga-20140315123152.html

13

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 16: Roteiro 2015

l FERNÁNDEZ SANTANDER, Carlos. Casares Quiroga: una pasión republicana.Sada: Ediciós do Castro, D.L. 2000

l Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso / Diario de Pontevedra,D.L. 2003. T. 8, páx. 142-144

l PÁRAMO CASAS, Andrés. “Casares Quiroga o el compromiso republicano”.En: Cuadernos republicanos. Madrid: Centro de Investigación y Estudios Republicanos,2005. Nº 58, páx. 107-118. Dispoñible en:http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1180912

l PARRILLA, José Antonio. Casares Quiroga y La Coruña de su época 1900-1936.La Coruña: Ayuntamiento de La Coruña, 1995

l POUSA, Luís. “El jardín cerrado de Vitoliña”. En: La Voz de Galicia 08/03/2014[en liña][Consulta:10/03/15] Dispoñible en:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/03/08/jardin-cerrado-vitolina/

l REDONDO ABAL, Francisco Xavier. “A pillaxe da biblioteca de Santiago CasaresQuiroga: un exemplo de incautación dunha biblioteca privada”. En: A trabe de ouro.Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2007. T. 1, ano XVIII., páx. 73-85

14

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 17: Roteiro 2015

l Santiago Casares Quiroga. En: Museo Virtual de la Masonería [en liña][Consulta10/03/2015]. Dispoñible en:http://www.uned.es/dptohdi/museovirtualhistoriamasoneria/5historia_masoneria_espana/santiago%20casares.htm

l Santiago Casares Quiroga, la forja de un líder. Edición de Emilio Grandío Seoanee Joaquín Rodero. Madrid: Eneida, 2011

15

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 18: Roteiro 2015

“Autobiografía confidencial: Fernando Álvarez de Sotomayor”.En: Vida Gallega. Vigo, nº 754, xaneiro 1960

“Entonces tuve la sorpresa de encontrarme en el pueblo en donde vi la luz.Al despertarse leves recuerdos de mi niñez, lo vi todo y pudeapreciar, sin prejuicios, las bellezas no sólo de la exuberantenaturaleza sino el carácter de la raza. Había pasadoanteriormente una larga temporada en Flandes y encontrétales semejanzas en ciertas costumbres populares y aúncaracteres de raza que quedé sorprendido. Las foliadas ylas quermeses se parecían. Eran los tiempos en que elpaisano vestía aquella pintoresca y maravillosaindumentaria. Busqué el tipo celta, quees absolutamente diferencial del restode España: colores nórdicos, frenteazulada, mejillas encendidas, tonosfinos, ojos azules, pómulos salientes, y todas lascaracterísticas que yo he tratado de buscar y reproduciren mis cuadros. Entonces me hice de verdad gallego.”

Page 19: Roteiro 2015

ernando Álvarez de Soto-mayor amosa xa desde osapelidos a pegada dunhaliñaxe fidalga que conformae desenvolve a súa vida. Esta

orixe social vai configurar a súa personali-dade e tamén a súa obra.

Os seus pais son Pedro Álvarez de Sotomayory Flores e dona María de la Asunción deZaragoza y Núñez del Pino. Fernando Álva-rez de Sotomayor nace o 25 de setembro de1875 en Ferrol, onde o pai é destinado polasúa profesión de tenente Navío da Armada,mais a súbita morte do cabeza de familiacando o pintor ten catro anos, vainos deixaren moi precaria situación. A súa nai aos 28anos de idade queda viúva e con tres fillos,José de cinco anos, Fernando de catro eFrancisco de dous. Estas circunstancias obri-gan ao traslado a Madrid.

Na capital do Estado comeza os estudos debacharelato que vai rematar en Toledo, onde

a familia se atopa en 1887. Xa desde estetempo vese a súa inclinación e boas aptitudespara pintar e debuxar, mais a familia desexaque realice estudos universitarios. Despoisde intentar Enxeñería de Camiños, Dereitoe Filosofía e Letras para finalmente abando-nar, consegue que triúnfe a súa vocación easiste a clases con don Manuel DomínguezSánchez, reputado pintor historicista ematricúlase na Escola de Pintura, Esculturae Gravado de Madrid. Entre 1895 e 1899está dedicado á aprendizaxe e ao estudo eaínda que presenta cadros á ExposiciónNacional de Belas Artes nos anos 1895 e1897, pasa desapercibido.

A oportunidade e o comezo do éxito para asúa formación chegaranlle coa bolsa queconsegue para estudar en Roma entre os anos1899 e 1904. Desde Italia visita Nápoles,Pompeya, Venecia, París, Bruxas, A Hayae Ámsterdam. Este período de formaciónélle fundamental e posiciona xa a súa estética

17

F

Page 20: Roteiro 2015

18

e concepción pictórica que vai desenvolverao longo da súa produción. Así a mitoloxía,a composición no cadro e os retratos enespazos interiores van ser as súas caracterís-ticas. Os grandes mestres para Sotomayorson Velázquez, Rembrandt e sobre todo FranHals, pintor do Renacemento holandés cuxoscadros coñece e admira en Ámsterdam.

En 1905 prodúcese unha viaxe a Galicia pormor do casamento de seu irmán Francisco.Este acontecemento é substancial na súavida. Primeiramente, vai coñecer a súa esposaPilar Castro Gómez e en segundo lugar,redescubrirá Galicia, a súa terra, ata agoraacochada nos catro anos de infancia e nuncarevisitada, nin revivida. Desde este momento,Galicia formará parte da súa temática eespléndida creación.

Unha vez casado e ante a falta de encargose perspectivas vai aceptar unha oferta detraballo que o leva a Chile. Primeiro encár-

gase da praza de profesor de Colorido eComposición na Escola de Belas Artes de

A muller do pintor

Page 21: Roteiro 2015

19

Santiago de Chile e máis tarde chega a sernomeado director desta. Durante a estadíachilena que comprende desde 1908 a 1915,pinta retratos para a alta burguesía, realizaun gran labor de mutuo coñecemento sobreas tendencias pictóricas entre un e outropaís e, o máis importante, deixa a súa pegadaen toda unha xeración de pintores da Escolade Belas Artes chilena cuxo nome será o deXeración de 1913 ou Xeración Sotomayor.

De regreso a Madrid, o seu éxito chileno asícomo a participación en diferentes exposi-cións de Arte Galega tanto na Coruña en1912, como en Madrid, onde obtén moiboas críticas dos cadros “Bergantiñáns”,“Aldeáns galegos”, “Retrato da miña nai”e “O rapto de Europa”, vanlle abrir as portasda sociedade española. As aptitudes de So-tomayor como retratista son excelentes, acadaun enorme éxito o que por fin lle vai reportarunha vida sen aperturas económicas. Paula-tinamente, vaise converter no retratista por

excelencia e mesmo pintor da Corte, el, quepor outra parte sente e vive amigablementeo réxime monárquico. Son retratos dignosde mención o realizado ao rei Afonso XIII,á raíña Victoria Eugenia, a dona Cayetana,duquesa de Alba, a don Pedro Barrié de LaMaza, ao escritor Fernández Flórez, á mar-quesa de Salinas, ao conde de Gamazo e unlonguísimo etcétera. Porén ao compararmosos retratos de encargo con aqueles outrosmáis persoais coma os familiares -á muller, ás fillas- ou coma os modelos realistas queescolle para as súas composicións, estescadros acollen un maior dinamismo, unhapincelada solta e viva e unha ollada de maiorcalado psicolóxico que aqueloutros que llederon maior sona.

En canto á temática costumista, que agromacon pulo desde o seu descubrimento de Ga-licia, Sotomayor deita a súa ollada de pintorclásico, ademais da súa excelencia no retratoco importante dominio da composición para

Page 22: Roteiro 2015

traballar na temática rexionalista onde pre-dominan a paisanaxe galega e momentos davida cotiá en oficios, labores e tamén festivacon romarías, foliadas, procesións, vodas,xantares etc. A produción é extensa e vaimanter esta temática ao longo de toda asúa vida. Os títulos dos cadros resultan sig-nificativos “A moza do pano encarnado”,“Parolando”,“Parella de galegos”,“Mociña”... Mais entre todas elas, a pezamestra así valorada pola crítica é a coñecida“Comida de voda en Bergantiños”. Aquí opintor leva á excelencia os seus recursoscompositivos na preparación da escena, naambientación do interior de plena influenciaholandesa, as propias viandas a xeito debodegón na mesa, as vestiduras dos homese os panos rameados, vistosos e encarnadosnos toucados das mulleres, abraian ao espec-tador. No seu achegamento ao retratocostumista, Sotomayor ennobrece e idealizaos protagonistas do cadro, amosa a súa sim-

patía e realiza o mesmo tratamento coma seformasen parte da aristocracia. Tense com-parado os seus personaxes cos da escritoraEmilia Pardo Bazán, mais a autora coruñesaadopta unha ollada naturalista da que Soto-mayor carece.

20

Comida de voda en Bergantiños

Page 23: Roteiro 2015

21

Desde o seu regreso de Chile, Sotomayorinstálase definitivamente en Madrid e nonsó mantén contacto con Galicia, senón quevén pasar os veráns á súa terra. Primeiro nopazo de Mende en Vilasantar, máis tarde enLamastelle (Oleiros) e finalmente, no pazode Sergude na Ponteceso pondaliana.

Da estadía en Lamastelle arredor dos anos20, fai constancia e crónica o periodistaoleirense José Luis Bugallal Marchesi,recollida en fotografías publicadas en VidaGallega, en xaneiro de 1921, como na repor-taxe do seu encontro e do coñecemento do

pintor no xornal ABC, o 5 de abril de 1960.Por el sabemos que o faiado da casa era oestudo, e que alí se pintaron os cadrostitulados “Foliada” ou “Festa galega”,“Procesión da Virxe da Franqueira” e

Familia de Fernando Álvarez de Sotomayor en Lamastelle

Casa onde vivíu o pintor Fernando Álvarez de Sotomayor

Page 24: Roteiro 2015

“Mulleriñas” que leva tamén o título de“Paisanas” e que o pintor regalou ao Con-cello de Ferrol. Estas estadías oleirensespermítenlle participar nas importantes expo-sicións de arte galega que se van celebrar naCoruña en 1917 e 1923. Na segunda delasparticipan tamén Castelao, Corredoira,Sobrino, Asorey e Lloréns contando para asúa apertura coa presenza da Condesa de

Pardo Bazán. E no ano 1923 acompañan aSotomayor na organización da exposiciónimportantes persoeiros e artistas como SeijoRubio, Ángel Castillo, Antonio Palacios eRafael González Villar.

Celebrado e recoñecido xa como importantepintor e artista, en 1919 vai ser designadosubdirector do Museo do Prado e máis tarde,ocupou o cargo de director nun período queabrangue desde 1922 a 1931. A proclamaciónnese ano da República cólleo nunha viaxena capital londinense e, non sentíndose par-tícipe desta, presenta a renuncia e a familiatrasládase a Lamastelle. Comeza así un novoperíodo entre 1931 e 1936, no que se dedicafundamentalmente a pintar e a viaxar, arre-dado de calquera cargo de responsabilidadepública. Pinta numerosos cadros, a maioríade temática galega “A Santiña” ,“Costureira”, e produto das excursións aVigo e A Guarda van ser os de ambientaciónmariñeira como “Peixeira con merluza”,

22

Foliada ou Festa galega

Page 25: Roteiro 2015

23

“Pescantinas do Berbés” etc. Coa chegadada República escasean os encargos de retratose en 1932 viaxa a París onde prepara e pre-senta unha exposición na Sala Charpentiercon 18 cadros de tema costumista galego equince retratos o que lle vai supor un impor-tante éxito de críticas, de vendas e encargos.Outro tanto sucedeu coa exposición que enoutubro do mesmo ano realizou en Bos Aires.

As noticias do golpe de Estado de 1936recíbeas en Lamastelle. Colabora na Presi-dencia da Comisión Provincial de Monumen-tos Históricos da Coruña, tamén comovoluntario para cooperar nos organismos deaxuda para o exército, e durante uns mesesvai exercer de alcalde na Coruña. Tamén foipresidente honorario da Real Academia Ga-lega de Belas Artes.

Finalmente acepta o nomeamento de directordo Museo do Prado, cargo que exercerá desde1939 a 1960, e como tal encárgase do traslado

das grandes obras deste, que foran gardadase custodiadas pola República ante o temordos bombardeos franquistas sobre Madrid.Volve ser o retratista oficial da alta sociedadeespañola, non abandonou nunca a pintura etampouco a temática costumista galega, áque aínda achegou importantes cadros. Man-tivo sempre as súas características plásticassen abrirse aos novos camiños e concepciónsque triunfaban en Europa e agromaban taménen España. Recibiu todos os honores e ho-menaxes en vida e morreu repentinamenteun 17 de marzo de 1960 sen ter abandonadoa tarefa creativa.

Hoxe en día a obra pictórica de Sotomayordedicada á terra en paisaxe, personaxes ecostumes conforma un período clásico ines-quecible e fundamental da nosa historia daarte.

Page 26: Roteiro 2015

24

l “Autobiografía confidencial: Fernando Álvarez de Sotomayor”. En: Vida Gallega.Vigo, nº 754, xaneiro 1960

l ÁLVAREZ de SOTOMAYOR, Fernando. Fernando Álvarez de Sotomayor (1875 -1960): [exposición] Museo de Belas Artes da Coruña, outubro - novembro 98 [e]Centro Cultural Caixavigo, decembro 98 - xaneiro 99. X. Textos de Antón Castro etal. [Santiago de Compostela]: Dirección Xeral de Promoción Cultural, [1998]

l Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando. En: Museo Nacional del Prado[en liña][Consulta: 10/03/2015]. Dispoñible en:https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/

l Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando. En: Abanca, colección de arte [en liña][Consulta: 10/03/2015]. Dispoñible en: http://coleccion.abanca.com/es/Coleccion-de-arte/Artistas/ci.Fernando-Alvarez-de-Sotomayor-y-Zaragoza.formato7

l “Álvarez de Sotomayor, Fernando”. En: Museo de Belas Artes da Coruña [en liña][Consulta: 10/03/2015]. Dispoñible en:http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=392&ida=3939

l Artistas galegos. Pintores. Editado por Carlos del Pulgar Sabín. Vigo: Nova GaliciaEdicións, D.L. 1997. Vol. 3: rexionalismo I. Páx. 18-62

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 27: Roteiro 2015

25

l BUGALLAL MARCHESI, José Luis. Fernando Álvarez de Sotomayor. En: Boletínda Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega, 1961. Nº 339-344, páx.301-304. Dispoñible en: http://www.realacademiagalega.org/boletins#paxinas.do?id=1491

l BUGALLAL MARCHESI, José Luis. Sotomayor en Galicia. En: ABC 05/04/1960[en liña][Consulta: 10/03/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1960/04/05/005.html

l Diciopedia do século 21. [Vigo]: Galaxia / Ediciós do Castro, 2007. T. 1, páx. 112

l Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo, D.L. 1999. T. 1, páx. 98-99

l Fernando A. de Sotomayor. Coordinación José Carlos Valle Pérez. A Coruña:Fundación Pedro Barrié de la Maza, [2004]

l Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso / Diario de Pontevedra,D.L. 2003. T. 2, páx. 171-172

l “Hablan los descendientes: José Álvarez de Sotomayor”. En: El Mundo[en liña][Consulta: 10/03/2015]. Dispoñible en:http://www.elmundo.es/larevista/num114/textos/descen2.html

l BUGALLAL MARCHESI, José Luis, fotografías. Nuestros pintores: Fernando A.de Sotomayor, en Galicia. En: Vida Gallega. Vigo, nº 162, 5 de xaneiro de 1921

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 28: Roteiro 2015

26

l PABLOS, Francisco. A Pintura en Galicia: do XVII ás últimas tendencias = La pinturaen Galicia: del XVII a las últimas tendencias. Vigo: Nigra Trea, 2003. Páx. 56-62

l PABLOS, Francisco. Pintores gallegos del novecientos. A Coruña: Fundación PedroBarrié de la Maza, 1981. Páx. 84-95

l “La pintura del siglo XX: los pintores del 98: la generación de 1870”. En: Enciclopediatemática de Galicia. Barcelona: Nauta, 1988. Vol. 5, páx. 185-192

l REY PÉREZ, Ana. La II República en Oleiros. Santiago de Compostela: Auga Editora,[2011]. Páx. 57-59

l ZAMORANO PÉREZ, Pedro Emilio. El pintor F. Álvarez de Sotomayor y su huellaen América. La Coruña: Universidade da Coruña, Servicio de Publicacións, D.L. 1994

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 29: Roteiro 2015

27

Finca en Lamastelle onde estaba situada a casa do pintor

Page 30: Roteiro 2015

“Nueve Oleiros hay en Galicia y sólo unogoza del privilegio de tener litoral, de sentiren invierno los abrazos del océano y enverano la caricia de la espuma. De ser tierray también mar...”

ARAUJO, Mariano [Pseudónimo de José Luis Bugallal Marchesi]

“Oleiros: una bendición de Dios”. En: ABC 27/07/1971

Page 31: Roteiro 2015

osé Luis Bugallal y Marchesinace na Coruña o 18 de se-tembro de 1899. Os seus paisson Isidoro Bugallal Araújoe Pilar Marchesi Buhigas,

ambos descendentes de familias moi coñeci-das na Coruña. Por unha parte IsidoroBugallal, ademais de xornalista e avogado,vai ser deputado en diferentes lexislaturas1903-1917 polo Partido Conservador, tantopor Pontevedra coma por Ourense. A istoengádese que o seu tío, Gabino Bugallal,foi ministro en diferentes carteiras nos anos1902, 1913, 1917, 1919, 1920 e no ano 1931,cando se proclamou a Segunda República,ministro de Economía. Pola liña materna, asúa nai é filla de José Marchesi y Dalmau,alcalde coruñés en 1890 e en 1893. José LuisBugallal responde a esta tradición familiare encamíñase cara ao estudo de Dereito evai recibir unha formación conforme á tradi-ción e recursos familiares.

Así os seus estudos primarios recíbeos nocolexio alemán de Madrid, fundado en 1896e seguidamente matricúlase no Colexio dosPadres Xesuítas da mesma capital. En 1916xa co graduado de bacharelato, trasládase aSuíza para aprender idiomas, e queda internono Lyceum Alpinum de Zuoz (Suíza), ataque regresa en 1917. Os estudos universi-tarios de Dereitotranscorren os tresprimeiros enDeusto pararematar enSantiago deCompostelaen 1923.

A s a í d aprofesionaloriéntase caraao xornalismo.Xa en 1923 es-cribe por vez pri-

29

J

Page 32: Roteiro 2015

meira na revista coruñesa Marineda, revistasemanal ilustrada, con crónicas deportivas. En 1927 publica El coloso de Rande, novelana que manifesta a súa grande afección polofútbol e que emprega Bugallal para dedicár-llela a todos os futbolistas que nos anos 20adquiriron gran sona e recoñecemento. Estavocación de xornalista deportivo vaina man-ter ao longo de toda a súa vida, pois chegoua ser director do semanario Balón, que desde1932 se publicaba co periódico Adelante,xornal republicano conservador, que remataa súa tiraxe en 1936.

A súa rúbrica vaise facer presente tamén noFaro de Vigo, Vida Gallega e nos xornaiscoruñeses El Orzán, Galicia Gráfica, Sta-dium e El Ideal Gallego. Neste último dirixe

30

a sección de deportes cuxas crónicas oureportaxes deportivas asinaba baixo o pseu-dónimo de Marathon. No mesmo xornalasina como Corzanes unha sección fixa de-nominada Buenos días con novas de tipolocal que despois pasou a titularse Glosasbreves. Ademais dos pseudónimos xa citadosson artigos da súa autoría os asinados comoPascual Montes, Olimpo, Ventureira, Sar-gento Mochila, Glauco, Cascarilla e Rabanal.

Bugallal Marchesi no estadio de Riazor

Page 33: Roteiro 2015

Mentres tanto a carreira xornalística ábresecon outros horizontes e José Luis Bugallaltrata temas moi variados, que o van converternun xornalista polifacético.

Entre os anos 1931 e 1943 traballa funda-mentalmente no Ideal Gallego e a partir de1940 comeza a súa colaboración como críticode arte. A isto engádese o nomeamento deredactor para “La Hoja del Lunes” e acorrespondencia de Galicia para o periódicomadrileño ABC. Este cargo exercido durantemáis de corenta anos no xornal madrileñovaille achegar moitas satisfaccións persoaise premios periodísticos. Así na sección Cró-nicas del Verano do dito periódico publicaOleiros: una bendición de Dios que resultapremiado polo propio Concello e tamén oartigo dedicado a Pontedeume e publicadono mesmo xornal baixo o título Pontedeume,vergel de Galicia, que acada o premio desalocalidade.

31

OLEIROS: UNA BENDICIÓN DE DIOSNueve Oleiros hay en Galicia y son todos losde España. Nadie sin embargo, ose afirmarque no hay más Oleiros en el mundo. Porqueen la Pampa, en el Chaco y hasta en lasselvas del alto Amazonas puede existir algún

Page 34: Roteiro 2015

32

perdido Oleiros ignorante de su origen, perode indiscutible fundación gallega.

Nueve Oleiros hay en Galicia y sólo uno gozadel privilegio de tener litoral, de sentir eninvierno los abrazos del océano y en veranola caricia de la espuma. De ser tierra y tam-bién mar.

Este Oleiros, con topónimo de inmemorialartesanía que pervive, es políticamente-porque su naturaleza desborda los límitesmarcados por la administración- el términomunicipal del partido judicial de La Coruñaque linda con los de Sada, Bergondo y Cam-bre y con ese mar verde-celta que es elpuerto magno de los Artabros, al que abrelos regazos de sus playas y lanza la puntagranítica del Seixo Branco, del que es avisoy recelo de navegantes el peñasco de LaMarola, con su leyenda de ingenua conso-nancia marinera: “Quien pasó La Marola,pasó la mar toda”.

Y si hay nueve Oleiros en Galicia, este Oleirosde la Mariña de los Freires, la que fue señoríode frailes templarios antes de serlo de loscondes de Lemos, tiene nueve parroquiasde agreste y eufónico nombre y de celestialpatrocinio: Santa María de Oleiros, SantaMaría de Dexo, Santa Leocadia de Perillo,Santaia de Liáns, San Martiño de Dorneda,San Cosme de Mayanca, San Xián de Seran-tes, San Pedro de Nós y San Xurxo de Iñás.

Y este Oleiros de la Mariña es una supervi-vencia concentrada del paraíso de nuestrosprimeros padres con su mismo milagro demilagros: el milagro de un suelo blando yubérrimo; el de una vegetación que hermanaa todas las especies; el de un tesoro nutricioque brota espontáneamente de la tierra y delmar; el de un clima ni gélido en el invierno niardiente en el estío; el de las suaves montuo-sidades que forman su respaldo y sonatalayas de uno de los más fascinadorespaisajes que ojos humanos puedan contem-

Page 35: Roteiro 2015

33

plar: la ría de La Coruña, la ciudad, que desdeallí -vuelvo a decirlo- “tiene la gracia de unasirena tendida en las ondas para recibir lacaricia del sol”, y detrás, el océano.

Y en los días claros son tres paisajes distintosde una misma naturaleza: el de la mañana,luminoso de perfiles puros y colores intactos;el del atardecer, en que el horizonte es res-plandor astral y el Sol se sumerge en elAtlántico, y el de la noche, cuando La Coruña,de punta a punta, enciende la miríada desus luces palpitantes, reflejadas en el espejode la bahía, y es como si allí, en la etapaúltima de su camino a Santiago, hubiesequerido reposar la Vía Láctea.

Pero antes que ese fondo de mar y cielo estáOleiros. Oleiros, fecundo en recios hombresy sufridas mujeres que hacen aflorar las ri-quezas de su tierra y de su mar; Oleiros delos altos y apretados pinares y los castañedosopulentos y asombrosos, y los trigales y los

maizales que ponen su oro viejo de agostoen los jugosos verdes infinitos, y los camposde labor, donde el cultivo baja, entre regatos,hasta las mismas rocas del litoral… Oleirosde las casonas señoriales, como la de loscondes de Maceda y San Román, en Xaz,honrada con la visita de los Reyes, el Príncipede Asturias y los Infantes de España.

Y si hay nueve Oleiros en Galicia, y nueveparroquias en Oleiros, en este privilegiadoOleiros hay también nueve playas: las quese extienden desde la ría del Burgo, bordeanla ribera derecha de la ría coruñesa y doblanel Seixo Branco para ofrecer también su finaarena en donde la ría de Sada abre su seno.Así, se suceden las de Santa Cristina -unaque mira al remanso del Burgo, y otra quese entrega al mar-, Bastiagueiro, BastiagueiroChico, Santa Cruz, Naval, Mera, Canabal yLorbé (Lorbé, de los mejillones más exquisi-tos de todas las mariñas del mundo). Playasde extensión varia, de diversa orientación y

Page 36: Roteiro 2015

34

de distinta arena; todas placer de la miraday gozo de agua, de sol y de voluptuosidad.

Todo lo reúne Oleiros para el solaz y el regalodel hombre, y por reunirlo todo, sus bellezasfueron musa de escritores y artistas. Mera,a lo largo de muchos estíos, inspiró el almasensitiva de la poetisa Sofía Casanova; Lón-gora, con su pazo entre eucaliptos y pinos ysu aire de romántica melancolía, sugirió evo-cadoras páginas a la escritora Fanny Garrido(“Eulalia de Liáns”) y poetizó el lirismo tempe-ramental de su esposo, el músico Marcialdel Adalid, en cuyas baladas alienta, armoni-zado, el rumor pastoral de la floresta, de lospájaros y de la espuma que se amansa enlas arenas de Bastiagueiro.

Las playas, las brañas y los valles pintadospor Francisco Lloréns, y la sencilla humani-dad campesina recreada por FernandoAlvarez de Sotomayor en su taller de Lamas-telle son hoy Oleiros redivivo en museos ycolecciones de Europa y América.

Oleiros, con su tierra, su mar, su cielo y sufamilia es un pueblo que concierta todas lasexcelencias del tipismo, del bienestar y de lapermanencia. Y, más que todo ello, es unabendición del Creador. Yo lo veo, con susnuevas parroquias, igual que a la Virgen delas Cuevas de Zurbarán: Santa María deOleiros con los brazos abiertos, el mantohecho dosel por los ángeles, y el EspírituSanto en lo alto, y arrodillados en torno SantaMaría de Dexo, Santa Leocadia, Santa Eula-lia, San Martín, San Cosme, San Julián, SanPedro y San Jorge.

Una bendición de Dios.- Mariano ARAUJOARAUJO, Mariano [Pseudónimo de José Luis BugallalMarchesi] “Oleiros: una bendición de Dios”. En: ABC27/07/1971

Page 37: Roteiro 2015

35

Outra faceta de interese da súa traxectoriaestá na amizade con personaxes que comael mesmo veranean en Oleiros. Estes sonFernando Álvarez de Sotomayor e SofíaCasanova pois ambos os dous coinciden noconcello. O primeiro en Lamastelle e a se-gunda en Mera. Bugallal dedica a Sotomayorunha reportaxe en ABC titulada, Sotomayoren Galicia e nela refire unha breve biografíado pintor, a súa vinculación con Galicia e aemoción do propio Bugallal que no veránde 1920, con apenas 21 anos, tira as fotogra-fías que lle van servir moitos anos despois,o cinco de abril de 1960, para a súa reportaxeno xornal madrileño. Á outra protagonista aquen dedica un estudo é Sofía Casanova.Un siglo de glorias y dolores que edita aImprenta Roel da Coruña en 1964. Aquísobresae a admiración pola periodista pio-neira e tamén correspondente do mesmoxornal madrileño. Bugallal amosa a súaamizade e homenaxe a unha figura feminina

esquecida e dá a coñecer moitas das cartasque entre eles intercambiaron.

José Luis Bugallal mantén con Oleiros ecoas parroquias de Montrove e Nós non sóafectos profesionais, senón vitais e familiaresdesde o seu nacemento. Por vía materna, osMarchesi marcan en Oleiros un senlleiroestilo de casa ou vila para o veraneo do quechegan a gozar as familias da alta burguesía que escollen o noso concello para o descanso

José Luis xogando coa súa nai en villa Isabel

Page 38: Roteiro 2015

estival. Así a familia materna, liñaxe dosMarchesi, encarga ao arquitecto Luis Bellidotres quintas que son villa Isabel en 1901,villa Galicia en 1902 e villa Marchesi en1903 e ao paisaxista Édouard André os xar-díns desta última. Esta arquitectura de gustomedievalizante e pintoresco vaise converteren símbolo do poder político, social e econó-mico da sociedade coruñesa durante oprimeiro terzo do século XX.

José Luis Bugallal y Marchesi morre o 26de decembro de 1989. Ao longo da súa lon-xeva vida combinou o periodismo deportivocoa creación literaria, a crítica de arte enumerosas recensións sobre Galicia que llevaleron multitude de recoñecementos epremios como os da Deputación da Coruña,o Pérez Lugín, Medalla ao Mérito Deportivo,a condecoración da Orde de Afonso X, OSabio e un longo etcétera. Así mesmo formouparte das máis prestixiosas institucións cul-turais como a Real Academia Galega, cuxo

36

discurso de ingreso foi El sentimiento líricomaterno en la pintura de Ovidio Murguía,a de Belas Artes Nosa Señora do Rosario,correspondente da de San Fernando, e ade-mais do Instituto Portugués de Arqueologia,História e Etnografía.

A obra de Bugallal Marchesi mantense aolongo dos anos nunha extraordinaria

combinación deperiodista deportivopopular e de im-portante seguimentocoa dun periodismode raíz local e detraxectoria cultural.

José Luis Bugallal Marchesi

Page 39: Roteiro 2015

l ARAUJO, Mariano [Pseudónimo de José Luis Bugallal Marchesi] “Oleiros: unabendición de Dios”. En: ABC 27/07/1971 [en liña][Consulta:10/03/2015].Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1971/07/27/039.html

l BUGALLAL y MARCHESI, José Luis. Cónclave en San Pedro de Nós: cuento decuentos y de historias seguido de otras historias y otros cuentos. Sada (A Coruña):Edicións do Castro, 1984

l “Calle José Luis Bugallal Marchesi”. En: La Opinión Coruña 04/08/2009[en liña][Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en: http://blogs.laopinioncoruna.es/callejero/

l “Concesión de condecoraciones: Orden de Alfonso X El Sabio, Don José LuisBugallal Marchesi”. En: ABC 19/07/1964 [en liña] [Consulta: 09/02/2015].Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1964/07/19/062.html

l “Don José Luis Bugallal, Premio Pérez Lugín”. En: ABC 14/09/1954 [en liña][Consulta: 09/02/2015]. URL: http://hemeroteca.abc.es/

l “Don José Luis Bugallal Marchesi […] ha ganado hoy el premio de artículosperiodísticos convocado por el vecino Ayuntamiento de Oleiros”. En: ABC 11/08/1971[en liña] [Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1971/08/11/032.html

37

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 40: Roteiro 2015

l Enciclopedia Galega Universal. Vigo: Ir Indo, 1999. T. 4, páx. 89

l “Entrega del Premio de Periodismo de la Diputación coruñesa”. En: ABC 05/10/1975[en liña][Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1975/10/05/027.html

l “Fondo Bugallal y Marchesi, J.L: historia institucional”. En: Arquivo Municipalda Coruña [en liña]. [Consulta: 09/02/2015]. Dispoñible en:http://albala.arquivodegalicia.xunta.es/

l GALLEGO MORELL, Antonio. “La novela y el cuento en el deporte [El coloso deRande de José Luis Bugallal Marchesi]”. En: ABC 01/05/1982 [en liña][Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1982/05/01/043.htmlhttp://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1982/05/01/044.htmlhttp://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1982/05/01/045.html

l Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso / Diario de Pontevedra,D.L. 2003. T. 6, páx. 15

l “José Luis Bugallal Marchesi”. En: Wikipedia [en liña][Consulta: 04/02/2015].Dispoñible en: http://gl.wikipedia.org

38

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 41: Roteiro 2015

l “Libros nuevos: Bugallal y Marchesi, José Luis La pintura militar de Victor Morelli”.En: ABC 19/01/1973 [en liña] [Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1973/01/19/052.html

l “Libros nuevos: Bugallal y Marchesi, José Luis Sofía Casanova”. En: ABC 16/09/1965[en liña] [Consulta: 09/02/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1965/09/16/059.html

l MILLARES, E. “Mansiones en venta”. En: El Comarcal, novembro 2014, páx. 20-21. [A Coruña]: La Voz de Galicia, 2012

l “Necrológicas: Adela Vela Rojo”. En: ABC 10/07/2002 [en liña][Consulta:10/03/2015].Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/2002/07/10/080.html

l “Necrológicas: José Luis Bugallal y Marchesi”. En: ABC 28/12/1989 [en liña][Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1989/12/28/044.html

l “O engado modernista da Casa do Vilar”. En: Vivir en Oleiros. Nº 6, novembro 1999[en liña][Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en: http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/vivir-en-oleiros

39

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 42: Roteiro 2015

l “Premio Diputación Provincial de La Coruña de Periodismo”. En: ABC 16/10/1975[en liña][Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en: http://hemeroteca.abc.es/

l “Premio Pérez Lugín XIV edición 1954: José Luis Bugallal Marchesi: mesa redonda”.En: 70 años del Premio Pérez Lugín. A Coruña: Asociación de la Prensa de La Coruña,D.L. 2010, páx. 105-109. Dispoñible en: http://www.apcoruna.com/

l “Premio periodístico a Don José Luis Bugallal”. En: ABC 16/12/1970 [en liña][Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en:http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1970/12/16/070.html

l “Premio Periodístico Alejandro Pérez Lugín”. En: Asociación de la Prensa de LaCoruña [en liña][Consulta: 23/01/2015]. Dispoñible en:http://wwwapcoruna.com/premios/prezlugn/

l SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel. “Entre la persistencia de lo autóctono y la seducciónpor lo foráneo. Espacios residenciales en Galicia en los siglos XIX y XX”. En: Universitatde Barcelona [en liña] [Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en:http://www.ub.edu/gracmon/capapers/Sanchez%20Garcia.pdf.

l SÁNCHEZ GARCÍA, Jesús Ángel. “Deseño do paisaxista Edouard André: xardín deVilla Marchesi”. En: Xardíns das Mariñas. A Coruña: Fundación Juana de Vega, 2008.Páx. 85

40

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

Page 43: Roteiro 2015

41

BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB

l VILLAR, M. “Una mansión de película en Nós”. En: La Opinión Coruña 18/05/2010[en liña] [Consulta:10/03/2015]. Dispoñible en: http://www.laopinioncoruna.es/

l VILLAR, M. “La mansión Isabel se alquila”. En: La Opinión Coruña 31/08/2010[en liña][Consulta: 10/03/2015]. Dispoñible en: http://www.laopinioncoruna.es/

Villa Isabel en Nós

Page 44: Roteiro 2015

42

Traballos realizados polo alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores (curso 2014/2015)

Page 45: Roteiro 2015

43

Traballos realizados polo alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores (curso 2014/2015)

Page 46: Roteiro 2015

Bibliotecas PúblicasMunicipais

Premio Nacional María Moliner 2011

n Biblioteca Central Rialeda:Avda. Rosalía de Castro, 227A

15172 Perillo - OleirosTelf.: 981 639 511- Fax: 981 639 996

[email protected]

CATÁLOGO DO FONDOBIBLIOGRÁFICO

http://bmpg.rbgalicia.org/oleiros

Visita o noso blog:http://bibliotecasoleiros.blogspot.com

www.oleiros.org

Concellería de Cultura eNormalización Lingüística

Síguenos en twitter @ bibloleiros

Page 47: Roteiro 2015

Agradecementos:

Queremos expresar o noso agradecemento ás persoas que cederonfotografías para a súa utilización nesta publicación e ás que

permitiron fotografar os distintos edificios.