recital roteiro 2013 2014

17
1 ROTEIRO ROSALIANO. Recitado Casa- Museo Rosalía Poema 11, Campanas de Bastabales ( Cantares gallegos) ( Cristina Torrente, Natalia Lodeiros e Sara Sierra) Poema 33 ( Cantares gallegos) Johana Louro, Lía Lois O pazo de A… ( Follas novas “ DO íntimo”) Yago García Lorenzo Miña casiña, meu lar ( Follas novas. “Da terra”) ( Lidia Ínsua e Eva Montero) Follas novas (Follas novas “Vaguedás” ( Sandra Canedo) Negra sombra ( Follas novas “Do íntimo”) (Lucía Cernadas Varela ) Cemiterio de adina. Santa María de Iria Padrón…! Padrón…! ( Follas novas, “ Do íntimo”) (Pedro Álvarez) Unha vez tiven un cravo ( Follas novas, “ Do íntimo” Bruno Vázquez Quesada) Dulce sono (Follas novas, “Varia”) (Carmen Omil Nogales Vamos bebendo ( Follas novas, “ Varia”) (Olivia Oliveira) Panteón de Galegos Ilustres. San Domingos de Bonaval Adiós! ( Follas novas, “Do Íntimo”) ( Marta Amboage) O toque d´alba( Follas novas, Fragmento, Cristina Torrente) A Rosalía ( Aires da miña terra, Curros, Alexis Rodríguez) N-a tumba de Rosalía ( Curros, Eva Rosal) Monumento Rosalía. Alameda En Cornes . (Follas novas. “ Da terra” ( Andrea Míguez ) Poema 14 ( Cantares Gallegos) ( Martín Zapata, Antón de la Fuente)

Upload: iconcepcion

Post on 29-Mar-2016

240 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

A orde e os poemas que se van recitar no roteiro

TRANSCRIPT

Page 1: Recital roteiro 2013 2014

1

ROTEIRO ROSALIANO.

Recitado

Casa- Museo Rosalía

Poema 11, Campanas de Bastabales ( Cantares gallegos) ( Cristina Torrente,

Natalia Lodeiros e Sara Sierra)

Poema 33 ( Cantares gallegos) Johana Louro, Lía Lois

O pazo de A… ( Follas novas “ DO íntimo”) Yago García Lorenzo

Miña casiña, meu lar ( Follas novas. “Da terra”) ( Lidia Ínsua e Eva Montero)

Follas novas (Follas novas “Vaguedás” ( Sandra Canedo)

Negra sombra ( Follas novas “Do íntimo”) (Lucía Cernadas Varela )

Cemiterio de adina. Santa María de Iria

Padrón…! Padrón…! ( Follas novas, “ Do íntimo”) (Pedro Álvarez)

Unha vez tiven un cravo ( Follas novas, “ Do íntimo” Bruno Vázquez Quesada)

Dulce sono (Follas novas, “Varia”) (Carmen Omil Nogales

Vamos bebendo ( Follas novas, “ Varia”) (Olivia Oliveira)

Panteón de Galegos Ilustres. San Domingos de Bonaval

Adiós! ( Follas novas, “Do Íntimo”) ( Marta Amboage)

O toque d´alba( Follas novas, Fragmento, Cristina Torrente)

A Rosalía ( Aires da miña terra, Curros, Alexis Rodríguez)

N-a tumba de Rosalía ( Curros, Eva Rosal)

Monumento Rosalía. Alameda

En Cornes . (Follas novas. “ Da terra” ( Andrea Míguez )

Poema 14 ( Cantares Gallegos) ( Martín Zapata, Antón de la Fuente)

Page 2: Recital roteiro 2013 2014

2

Poemas

Poema 11 (Cantares Gallegos)

Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. I Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, e das entrañas me doio. Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. II Aló pola mañanciña subo enriba dos outeiros lixeiriña, lixeiriña. Como unha craba lixeira, para oir das campaniñas a batalada pirmeira. A pirmeira da alborada, que me traen os airiños por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, nas súas alas ma traen rebuldeira e queixumbrosa.

Page 3: Recital roteiro 2013 2014

3

Queixumbrosa e retembrando por antre a verde espesura, por antre o verde arborado. E pola verde pradeira, por riba da veiga llana, rebuldeira e rebuldeira. III Paseniño, paseniño, vou pola tarde calada de Bastabales camiño. Camiño do meu contento; i en tanto o sol non se esconde, nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando como a lúa vai saíndo, como o sol se vai deitando. Cal se deita, cal se esconde mentras tanto corre a lúa sin saberse para donde. Para donde vai tan soia, sin que aos triste que a miramos nin nos fale, nin nos oia. Que si oíra e nos falara, moitas cousas lle dixera, moitas cousas lle contara. IV Cada estrela, o seu diamante; cada nube, branca pruma; triste a lúa marcha diante. Diante marcha crarexando veigas, prados, montes, ríos, donde o día vai faltando. Falta o día, e noite escura baixa, baixa, pouco a pouco, por montañas de verdura.

Page 4: Recital roteiro 2013 2014

4

De verdura e de follaxe, salpicada de fontiñas baixo a sombra do ramaxe. Do ramaxe donde cantan paxariños piadores que ca aurora se levantan. Que ca noite se adormecen para que canten os grilos que cas sombras aparecen. V Corre o vento, o río pasa. corren nubes, nubes corren camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo; vanse todos, eu me quedo sin compaña nin amigo. Eu me quedo contemprando as laradas das casiñas por quen vivo suspirando. ............................................ Ven a noite..., morre o día, as campanas tocan lonxe o tocar da Ave María. Elas tocan pra que rece; eu non rezo, que os saloucos afogándome parece que por min tén que rezar. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Poema 33 (Cantares Gallegos)

Como chove miudiño, como miudiño chove; como chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove.

Page 5: Recital roteiro 2013 2014

5

¡Como a triste branca nube truba o sol que inquieto aluma cal o crube i o descrube, pasa, torna, volve e sube, enrisada branca pruma!. Xa, dempois lonxe espallada polos aires fuxitivos, desteñida, sombrisada, nos espasos desatada, cae brillando en raios vivos. Misteriosa regadeira fino orballo no chan pousa con feitiña curvadeira, remollando na ribeira frol por frol, chousa por chousa. Semellando leve gasa que sotil o vento move, en frotantes ondas pasa refrescando canto abrasa o que o sol ardente crobe. ¡Como chove miudiño polas veigas de Campaña! ¡Cal se enxugan de camiño os herbales de Laíño! ¡Como a ponte en sol se baña! Para Caldas todo é escuro, ceo azul lose na Adina trasparente, limpo e puro; da Arretén no monte duro, nube corre pelegrina Triste vai, que á terra toca xa cos pés de branca neve xa ca fina fresca boca; triste vai, que ós ceos invoca i a bicar o chan se atreve. Triste vai cando se abate vaporosa, soia e muda, cando maina as alas bate como un corasón que late

Page 6: Recital roteiro 2013 2014

6

ferido por pena ruda. Tal maxiño a sombra triste de mi maa, soia vagando nas esferas onde esiste; que ir á groria se resiste, polos que quixo agardando. Vexo o Souto en parda sombra envolvendo o seu ramaxe; que por bon, do Rei se nombra, donde fero o vento asombra, roxe e estala de coraxe. I o Palacio, serio e grave, ¡canto en pura luz se baña! Tal parés pesada nave que volver ó mar non sabe, se encallou na fresca braña. Vexo Valga á beira hermosa dun camiño todo prata, casta virxe candorosa, sentadiña en chan de rosa, vestidiña de escarlata. A San Lois vexo brillando bañado por tintas puras, sol e sombras amosando, en reposo contemprando montes, auguas e verduras. I a Padrón, ponliña verde, fada branca ó pé dun río, froita en frol da que eu quixerde, lonxe miro que se perde baixo un manto de resío. ¡Que inchadiña branca vela antre os millos corre soa, misteriosa pura estrela! Dille o vento en torno dela: "Palomiña, ¡voa!, ¡voa!". Faille arrolo á branca ría cun remanso mormuxante, que nás da arboleda umbría

Page 7: Recital roteiro 2013 2014

7

baixo un toldo de alegría, ó calor dun sol amante. […] O pazo de A. (Follas Novas, “Do íntimo”)

Era ó caer da tarde, encomenzaba o cántico dos grilos, xorda a presa ruxía, brilaban lonxe os lumes fuxitivos. Ó pé do monte, maxestuoso, erguíase na aldea escura o caserón querido, ca oliva centenaria de cortinax ó ventanil servindo. Deserta a escalinata, soio o paterno niño, e enriba del caendo misteriosas coas sombras do crepúsculo, as do olvido. ¿Quen ó pasado volve os ollos compasivos? ¿Quen se lembra dos mortos, si inda non poden recordarse os vivos? Miña casiña, meu lar (Follas Novas, “ Da terra”) Miña casiña, meu lar, ¡cantas onciñas de ouro me vals! Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar, descalciña de pé e perna, sin comer nin almorzar. Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar, i anque ganas tiña delas non tiña para as pagar. Nos mesóns arrecendía a cousas de bon gustar, mais o que non ten diñeiro sin elas ten que pasar. Fun chegando á miña casa toda rendida de andar, non tiña nela frangulla con que puidera cear. A vista se me barría, que era aquel moito aunar. Fun á porta dun veciño que tiña todo a fartar; pedinlle unha pouca broa

Page 8: Recital roteiro 2013 2014

8

e non ma quixo emprestar. As bagullas me caían, que me fora a avergonzar. Volvinme á miña casiña alumada do luar; rexistrei cada burato para ver de algo atopar; atopei fariña munda, un puñiño a todo dar. Vino no fondo a artesa. Púxenme a Dios alabar. Quixen acende-lo lume; non tiña pau que queimar; funllo a pedir a unha vella; tampouco mo quixo dar, si non era un toxo verde para me facer rabiar. Volvín triste como a noite a chorar que te chorar; collín un feixe de palla, do meu leito a fun pillar; rexistrei polo cortello mentres me puña a rezar e vin uns garabulliños e fieitos a Dios dar. ¡Meu San Antón milagroso, xa tiven fogo no lar! Arrimei o pote ó lume con auga para quentar. Mentras escarabellaba na cinza, vin relumbrar un ichavo da fertuna... ¡Miña Virxe do Pilar! Correndiño, correndiño o fun en sal a empregar; máis contenta que unhas páscoas volvín a porta a pechar, e na miña horta pequena unhas coles fun catar. Con un pouco de unto vello que o ben soupen aforrar, e ca fariñiña munda, xa tiña para cear. Fixen un caldo de groria que me soupo que la mar; fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar; despois que o tiven comido, volvín de novo a rezar; e despois que houben rezado, puxen a roupa a secar, que non tiña fío enxoito

Page 9: Recital roteiro 2013 2014

9

de haber tanto me mollar. Nantramentras me secaba, púxenme logo a cantar para que me oíran en todo o lugar: Meu lar, meu fogar, ¡cantas onciñas de ouro me vals! Follas novas (Follas Novas. “Vaguedás”) ¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levás, cal se a unha moura ben moura branca lle oise chamar. Non Follas novas, ramallo de toxos e silvas sós, hirtas, coma as miñas penas, feras, coma a miña dor. Sin olido nin frescura, bravas magoás e ferís... ¡Se na gándara brotades, como non serés así! Negra sombra ( Follas novas, “ Do íntimo”

Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pe dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite, i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. ¡Silencio! ( Follas novas, “Vaguedás”) A man nerviosa e palpitante ó seo, As niebras n'os meus ollos condensadas,

Page 10: Recital roteiro 2013 2014

10

Con un mundo de dudas n'os sentidos Y-un mundo de tormentos n'as entrañas; Sentindo como loitan, En sin igual batalla, Inmortales deseios que atormentan, E rencores que matan. Mollo n'a propia sangre á dura pruma Rompendo á vena inchada, Y escribo... escribo ¿para qué? ¡Volvede O mais fondo da yalma Tempestosas ima es! Ide á morar c'as mortas relembranzas; Qu' a man tembrosa n'o papel sô escriba ¡Palabras, e palabras, e palabras! ¿Da idea á forma inmaculada e pura Donde quedou velada? ¡Padrón...! ¡Padrón...! (Follas Novas) II O simiterio da Adina n’hai duda que é encantador, cos seus olivos escuros de vella recordazón; co seu chan de herbas e frores lindas, cal no’outras dou Dios; cos seus canónegos vellos que nel se sentan ó sol; cos meniños que alí xogan contentos e rebuldós; cas lousas brancas que o cruben, e cos húmedos montóns de terra, onde algunha probe ó amañecer se enterrou. Moito te quixen un tempo, simiterio encantador, cos teus olivos escuros, máis vellos que os meus abós; cos teus cregos venerables, que se iban sentar ó sol, mentras cantaban os páxaros as matutinas cancións, e co teu osario humilde que tanto respeto impón cando da luz que nel arde ve un de noite o resprandor.

Page 11: Recital roteiro 2013 2014

11

Moito te quixen e quérote, eso ben o sabe Dios; mais hoxe, ó pensar en ti núbraseme o corazón: que a terra está removida, negra, e sin flors... ¡Padrón...! ¡Padrón...! Santa María... Lestrove... ¡Adiós! ¡Adiós!

Unha vez tiven un cravo ( Follas novas) Unha vez tiben un cravo cravado no corazón, y eu non m´acordo xa s´era aquel cravo d´ouro, de ferro ou d´amor. Soyo sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto m´atormentóu, qu´eu dia e noite sin cesar choraba cla chorou Madalena na Pasión. "Señor, que todo ó podeles -pedinlle unha vez a Dios- dáme valor pr´arrincar d´un golpe cravo de tal condiçón". E doumo Dios e arrinqueimo mais…¿quén pensara?…Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qu´era delor; soupen so que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica… seica tiven soidades d´aquela pena… ¡Bon Dios! Este barro mortal qu´envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor! Dulce sono ( Follas novas “Varia”)

Baixaron os ánxeles adonde ela estaba, fixéronlle un leito coas prácidas alas, e lonxe a levano na noite calada. Cando á alba do día tocóu a campana, e no alto da torre cantóu a calandria, os ánxeles mesmos,

Page 12: Recital roteiro 2013 2014

12

pregada-las alas, "¿Por qué -marmurano-. por qué despertela...? Vamos bebendo ( Follas novas “Varia”)

Teño tres pitas brancas e un galo negro que han de poñer bos ovos andando o tempo; i hei de vendelos caros polo xaneiro; i hei de xunta-los cartos para un mantelo; i heino de levar posto no casamento; i hei.. - Pois mira, Marica, vai por un neto, que antramentas non quitas eses cerellos, i as pitas van medrando co galo negro, para poñe-los ovos, e todo aquelo do xaneiro, dos cartos i o casamento niña prenda da ialma vamos bebendo

¡Adiós¡ (Follas Novas)

Adiós, montes e prados, igrexas e campanas; adiós, Sar e Sarela cubertos de enramada; adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas; Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas; San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas; Balvís, para min sempre o das fondas lembranzas; Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa - vidas da miña vida, anacos das entrañas - e vós tamén, sombrisas paredes solitarias que me vicheis chorare soia e desventurada; adiós, sombras queridas; adiós sombras odiadas; outra vez os vaivéns da fertuna pra lonxe me arrastran. Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba: os mesmos montes negros i as mesmas torres pardas da catedral severa ollando as lontananzas.

Page 13: Recital roteiro 2013 2014

13

Mais os que agora deixo tal coma a fonte mansa ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas, ¡canto, cando eu tornare, vítimas da mudanza, terán de presa andado na senda de desgracia! I eu..., mais eu ¡nada temo no mundo, que a morte me tarda! O TOQUE D'ALBA ( Follas novas, fragmento) D'a Catredal campana Grave, triste e sonora, Cand'ô rayar d'o dia O toque d'alba tocas, N'o espazo silencioso Soando malencónica; As tuas bataladas Non sei que despertares me recordan. — Foron alguns tan puros Coma o fulgor d'aurora, Outros cal a esperanza Qu'o namorado soña, Y a derradeira inquietos, Mitá luz, mitá sombras, Mitá un pracer sin nome, E mitá un-ha sorpresa aterradora. — ¡Ay! qu'os anos correron E pasaron auroras E menguaron as dichas E medràno as congo as. E cand'ora campana, O toque d'alba tocas, Sinto que se desprenden D'os meus ollos bagullas silenciosas. — Que orda e tristemente, Que pavorosa sóas No meu esperto oido, Mensa eira d'a aurora, Cand'o romper d'o dia Pausadamente tocas!... ¿En donde van aqueles Despertares de dichas e de groria? —

A Rosalía

Page 14: Recital roteiro 2013 2014

14

Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan soia na noite sin fin, ¡que inda recei pola probe da tola eu, que non teño quen rece por min! A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta se veu… Os ósos son dela que vades gardar. ¡Ai, dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

( Curros Enríquez) N-A TUMBA DE ROSALÍA Collidas a pedir de porta en porta (Que eu non herdei xardíns nin hortas teño) ¡Sombra sin paz da nosa “Musa” morta!

Aquí estas frores a traguerche veño. I ó esparexelas sobre a pedra fría Que un “Resurrexit” pra crebarse agarda, Sinto cuase o tremor que sentiría O ladrón que recea e se acobarda.

Como el, ao che deixar a miña ofrenda A soledade en miña axuda chamo, Que si el ten medo que a xustiza o prenda, Temo eu que me marmuren os que amo. Tanto do noso tempo a xente esquiva As patrias grorias burla i escarnece:

¡Xeneración de mánceres cativa

Que hastra o pai que a enxendrara desconece. Que hoxe é pecado relembrar fazañas Porque impotentes pra as facer nacemos E cecais que gabar grorias estrañas

Nos console das propias que perdemos. O valor, o carácter, as ideas, Fala, costumes... son “lendas douradas” ¿De que cor serán ¡ai! as alleas Que nos fan ler a couces e pancadas?

...........................................................

Mais dorme, Rosalía, mentres tanto Nas almas mingoa a fe i a duda medra ¡Quen sabe se deste recinto santo Non quedará mañá pedra con pedra!

Page 15: Recital roteiro 2013 2014

15

¡Quen sabe si esta tumba, nese día, Chegará a ser, tras bélicas empresas, Taboleiro de iankee mercería Ou pesebre de bestas xaponesas!

En Cornes (Follas Novas, “Da terra”)

I

Formoso campo de Cornes, cando te crobes de lirios, tamén se me crobe a ialma

de pensamentos sombrisos. De Cornes lindo lugare,

que cruzan tantos camiños: anque cuberto de rosas, as rosas tamén fan guizos.

Antre as pedras, alelises;

antre os toxos, campanillas; por antre os musgos, violas; regos por antre as curtiñas.

Río abaixo está o moíño, Compostela río arriba...

Río arriba ou río abaixo, todo é calma na campía.

II

Cruceiro de Ramírez que te ergues solitario dos Agros na espranada, antre as rosas dos campos:

o sol da tarde pousa en ti o postreiro raio coma nun alma triste pousa un soño dourado.

Algunha vez no estío, eu ó teu pé sentada escoito silenciosa, mentras a tarde acaba;

baixo das pedras mudas, que teu sacreto gardan, maxino que resoa o brando son dun arpa, ¡música incomprensible que doutros mundos fala!

¡Tal de Memmón se oían ó amañecer na estatua,

aqueles sons divinos que as almas encantaban!

Poema 14 (Cantares Gallegos)

Acolá enriba na fresca montaña, que alegra se crobe de verde retama, meniña morena, de branco vestida,

Page 16: Recital roteiro 2013 2014

16

nubiña parece no monte perdida, que xira, que corre, que torna, que pasa, que rola e, mainiña, serena se para. Xa envolta se mira na espuma que salta do chorro que ferve na rouca cascada. Xa erguida na punta de pena sombrisa, inmoble cal virxe de pedra se mira. A cofia de liño aos ventos soltada as trenzas descoida que os aires espallan. Tendída-las puntas do pano de seda, as alas dun ánxel de lonxe semellan si as brisas da tarde, xogando con elas, as moven ca gracia que un ánxel tivera. Eu penso ¡coitado de min!, que me chaman si as vexo bulindo na verde enramada. Mas, ¡ai! que os meus ollos me enganan traidores, pois vou e, lixeira, na niebra se esconde. Se esconde outras veces na sombra dos pinos, e canta escondida cantares dulciños que abrasan, que firen ferida de amor que teño feitiña no meu corazón. ¡Que feita, que linda que fresca, que branca dou Dios a meniña

Page 17: Recital roteiro 2013 2014

17

da verde montaña! ¡Que hermosa parece que chore, que xima; cantando, sorrindo, desperta, dormida! ¡Ai!, se seu pai por regalo ma dera, ¡ai!, non sentira no mundo máis penas. ¡Ai!, que por tela conmigo por dama, eu lla vestira, eu lla calzara! Lectura recomendada