recetas da rÍa

36
AS NOSAS RECEITAS

Upload: gufemo-gufemo

Post on 06-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Recetario elaborado por alumnado de 1º Ciclo de Educación Primaria do Colexio de Parada-Campañó.

TRANSCRIPT

Page 1: RECETAS DA RÍA

ASNOSAS

RECEITAS

Page 2: RECETAS DA RÍA
Page 3: RECETAS DA RÍA

INDICE

Mexillóns á vinagreta............6

Centola rechea...................7

Arroz con camaróns..............9

Vieiras á grella.................11

Rapantes á grella...............13

Ameixas á mariñeira...........14

Nécoras cocidas.................16

Navallas en salsa mariñeira.....17

Sargo ao forno.................18

1

Page 4: RECETAS DA RÍA

Xoubas guisadas................20

Congro guisado con chícharos....22

Sardiñas asadas................24

Polbo á prancha.................25

Xurelos ao forno................26

Dourada en salsa de gambas....28

Chocos con arroz................30

Xurelo con tomate e piñóns......32

2

Page 5: RECETAS DA RÍA

Este libro de cociña foi elaborado

polos nenos e as nenas de 1 CICLOº

coa axuda das súas familias como

parte do proxecto “A nosa ría”.

Moitas grazas familias.

Campañó curso 2011-2012

3

Page 6: RECETAS DA RÍA

Mexillóns á vinagretaIngredientes-cebola - aceite-ovos cocidos -vinagre-pemento vermello PreparaciónCócense os mexillóns ao vapor. Picamos a cebola, o pemento, os ovos cocidos e mesturamos todo. Cubrimos os mexillóns coa mestura e engadimos o aceite e o vinagre.

UXÍA

4

Page 7: RECETAS DA RÍA

Centola rechea

Ingredientes-1 centola -2 ovos-1 pemento vermello -aceite-pementa de Cayena -1 limón -menta fresca

PreparaciónCocer a centola en auga con sal durante 20 minutos .Despois sacarlle toda a carne.Aparte mesturamos 2 xemas de ovo e cunha cullerada e media de mostaza e batemos como se fose unha maionesa engadindo un fío de aceite, follas de menta picadas,a pementa e o pemento vermello picado.Regar con zume de limón

5

Page 8: RECETAS DA RÍA

Mesturar a carne de centola coa salsa e encher a cuncha.Decorar coa menta .Servir fresco da neveira.

6

Page 9: RECETAS DA RÍA

Arroz con camaróns

Ingredientes-camaróns -arroz -4 allos -1 cebola - manteiga -pirixel -2 tomates -1 pemento-sal -pementa-1 cunca de viño branco -2 culleradas de comiño

PreparaciónBótaselle o sal,a pementa,o comiño aos camaróns e métense na neveira.Botar en auga fervendo os camaróns e o arroz (durante 2 min.).Sacalos e botalos nunha tixola coa manteiga a cebola,os tomates,o

7

Page 10: RECETAS DA RÍA

pemento,o pirixel ,o comiño,o sal pementa e o viño e déixase fritir 10 min.Servir nunha bandexa adornado co pirixel

8

Page 11: RECETAS DA RÍA

Vieiras á grella

Ingredientes-12 vieiras -2 porros-1 pataca -2 cebolas-1 vaso de caldo de ave-abelás para adornar

PreparaciónFacer o caldo de ave cun anaco de polo, cebola, cenoria, porro,todo cuberto con auga. Cocer durante 30 minutos e colar. Pelar, lavar e cortar os porros, picar a cebola e a pataca fritir cun pouco de aceite.Cubrir co caldo, engadir o sal e cocer 25 min. e triturar ata obter unha crema fina.

9

Page 12: RECETAS DA RÍA

Abrir e limpar as vieiras e pasalas pola grella durante 1 minuto por cada lado.Para servir, manchar o prato coa salsa do porro e poñer as vieiras no centro.Colocarlle as abelás para adornar o prato.

10

Page 13: RECETAS DA RÍA

Rapantes á grella

Ingredientes-rapantes -pirixel -sal-2 allos -aceitePreparaciónBótase nun morteiro 2 dentes de allo pelados, unha rama de pirixel, sal e machácanse. Engadimos o aceite. Ponse o rapante limpo nunha fonte e cúbrese co adobo.Cociñar o rapante na grella e servilo quente.

11

Page 14: RECETAS DA RÍA

Ameixas á mariñeira

Ingredientes-1 quilo de ameixas -aceite de oliva-1copa de viño branco -zume de limón-1 cullerada de pan reladoPreparación1 Lavar as ameixas coa auga e oº sal2 Pelar a cebola e os dentes de alloº3 Picar o pirixelº4 Nunha tixola cun vaso de augaº abrir as ameixas ao lume lento, escurrilas e dispoñelas nun cazo plano. Reservar o zume5 Nunha tixola con aceite quenteº sofritir a cebola e o allo.

12

Page 15: RECETAS DA RÍA

6 Espolvorear con pan relado e oº loureiro e rociar co zume das ameixas,engadir o loureiro, o viño e o zume do limón.7 Colocar nunha tixola ao lume eº deixar uns 10 minutos. Rectificar o sal e decorar con pirixel picado.

13

Page 16: RECETAS DA RÍA

Nécoras cocidas

Ingredientes -6 nécoras frescas e vivas. -sal Preparación Ponse unha tarteira con auga a ferver (a auga xusta para cubrir as nécoras e bótaselle sal ao gusto).Introducir ás nécoras coas patas cara abaixo e déixanse cocer de 7 a 10 minutos (segundo o tamaño).Deixar que arrefríen e sérvense.

14

Page 17: RECETAS DA RÍA

Navallas en salsa mariñeira

Ingredientes-navallas -allo-cebola -loureiro-tomate solís -brandyPreparaciónRustrir a cebola, o allo, o tomate,o loureiro e o brandy.Engadir as navallas e deixar que se fagan.Servir quentes.

15

Page 18: RECETAS DA RÍA

Sargo ao forno

Ingredientes● 3 patacas● 1 cebola● 2 dentes de allo● 1 pemento verde e 1 amarelo● aceite de oliva● reladuras de limón e laranxa● sal

PreparaciónDespois de limpalos facémoslles dous cortes no lombo.Cortamos as patacas en rebandas e fritímolas.Colocamos as patacas na bandexa do forno, engadimos as cebolas e os pementos e poñemos os sargos.

16

Page 19: RECETAS DA RÍA

Picamos os allos e xunto coas reladuras, o botamos por riba así como o aceite.Por último o metemos no forno precalentado ata que este feito.

17

Page 20: RECETAS DA RÍA

Xoubas guisadas

Ingredientes● 500gr de xoubas● 1 cebola picada● 1 dente de allo● tomate triturado● follas de loureiro● viño branco● pementón, pirixel, aceite e sal.

PreparaciónNunha tarteira quéntase un chorro de aceite, bótase a cebola ben picada e engádeselle o tomate.Poñemos as follas de loureiro, as xoubas, un pouco de viño branco e esporeamos cunha ou dúas culleradas de pementón.

18

Page 21: RECETAS DA RÍA

Despois deixamos que se fagan movendo suavemente a tarteira ata que o viño se consuma e comece a espesar a salsa.

19

Page 22: RECETAS DA RÍA

Congro guisado con chícharos

Ingredientes● 1 congro● patacas● chícharos● cebola● pemento verde● aceite, sal e pementón doce

PreparaciónNunha tarteira botamos un bo chorro de aceite e facemos unha cama de cebola, enriba engadimos a pataca cortada en toros e deseguido engadimos os chícharos un pouco máis de cebola picada e o pemento vermello.

20

Page 23: RECETAS DA RÍA

Nunha cunca grande facemos unha mestura de auga, aceite e pementón doce e botámosllo por riba.Poñer ao lume ata que a pataca estea branda.

21

Page 24: RECETAS DA RÍA

Sardiñas asadas

Ingredientes● sardiñas● salPreparaciónLávanse as sardiñas e sálganse.Despois preparamos as brasas.Poñemos as sardiñas nunha grella enriba das brasas e cando estean feitas polos dous lados, sácanse e xa se poden servir.

22

Page 25: RECETAS DA RÍA

Polbo á prancha

Ingredientes● 1 polbo cocido● 1 cebola● 1 pemento verde● 1 cogombro● aceite, sal e limón

PreparaciónCórtase o polbo e as verduras en láminas finas.Úntase a prancha coa mestura do aceite e o limón.Ponse na prancha o polbo e as verduras. Sálganse e fanse ao gusto.

23

Page 26: RECETAS DA RÍA

Xurelos ao forno

Ingredientes● 3 ou 4 xurelos grandes● 2 cebolas● 1 pemento verde● 1 pemento vermello● 1 tomate● aceite, sal● patacas● viño branco

PreparaciónNunha fonte de forno ponse unha base de cebola, pemento, tomate e patacas co aceite e métense no forno ata que empecen a estar pochadas.

24

Page 27: RECETAS DA RÍA

Logo póñense os xurelos enteiros enriba desta base e vólvense a meter no forno.Antes de que este feito de todo botáselle o viño e vólvese a meter no forno ata terminar de facerse.

25

Page 28: RECETAS DA RÍA

Dourada en salsa de gambas

Ingredientes● 1 dourada grande● 1 vaso de caldo de peixe● 1 cullerada de caldo de peixe● coñac● 8 gambas● 1 vaso de viño branco● 1 iogur natural

PreparaciónSalpiméntase a dourada e ponse nunha bandexa de forno.Botáselle por riba o viño e o caldo e cócese 30 minutos a forno forte.Póñense as gambas na tixola coa margarina e despois flaméxanse coñac.

26

Page 29: RECETAS DA RÍA

Pélanse e as cabezas pásanse polo chino xunto coa graxa da cocción.Despois incorpórase o iogur e salpiméntase.Servimos a dourada acompañada das gambas e a salsa.

27

Page 30: RECETAS DA RÍA

Chocos con arroz

Ingredientes● 3 chocos medianos● 600 gr de arroz● 1 cebola● 1 pemento● chícharos● allo, aceite e sal

PreparaciónUnha vez limpos os chocos, cortámolos en pedazos.Poñemos aceite nunha tarteira xunto coa cebola ben picadiña e o allo machacado co sal, despois botámoslle os chocos e deixamos que se fagan ata que estean dourados.

28

Page 31: RECETAS DA RÍA

Unha vez conseguido este punto botámoslle auga, a razón de catro partes por unha de arroz, e deixamos que abrande e despois lle engadimos a tinta e os chícharos e por último poñemos o arroz e deixamos cocer 20 minutos máis.

29

Page 32: RECETAS DA RÍA

Xurelo con tomate e piñóns

Ingredientes● 4 xurelos● 3 patacas● 2 cebolas, pirixel, piñóns● 100 gr de tomate tamizado● 200 ml de caldo de peixe● 100 ml de aceite

PreparaciónCortamos a cebola e as patacas en rebandas e refogámolas durante 15 minutos, sazonámolo con sal.Limpamos os xurelos e facemos filetes e botámoslle un pouco de sal.Poñemos as patacas e a cebola nunha fonte de forno. Por riba

30

Page 33: RECETAS DA RÍA

poñemos o peixe e vertemos o tomate e o caldo de peixe e, por último engadimos os piñóns e o pirixel picado.Metémolo no forno uns 15 minutos.

31

Page 34: RECETAS DA RÍA

32

Page 35: RECETAS DA RÍA
Page 36: RECETAS DA RÍA