como son os cetáceos da nosa costa -...

16
Edicións A NOSA TERRA como son os cetáceos da nosa costa Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa

Upload: lecong

Post on 29-Jul-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

Edicións A NOSA TERRA

como son os cetáceos da nosa costa

Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa

Page 2: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

54

Os Bolechas embarcan co seu amigo Lois, que os vai levar onda oscetáceos e as aves mariñas que andan pola costa de Galicia.–Non vos marearedes, ho! –dilles o Lois.

Ao saíren do porto ven dousarroaces choutando na auga.–Sabedes unha cousa? Os

cetáceos respiran cospulmóns, igual ca nós.Os peixes, en cambio,respiran polas guerlas–explícalles o Lois.

OS CETÁCEOS TEÑEN QUE SAÍR ÁSUPERFICIE DO MAR PARA RESPIRAREN.RESPIRAN POLO AVENTADOR, QUE É

COMA O NOSO NARIZ.

AVENTADOR

OS CETÁCEOS SON MAMÍFEROSMARIÑOS QUE VIVÍAN EN TERRA

HAI MILLÓNS DE ANOS.

Page 3: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

76 Estes son os cetáceos que andan pola costa de Galicia:

BALEA COMÚN

BALEA VASCA

BALEA BOREAL

BALEA ALIBRANCA

BALEA XIBARTE

CACHALOTE

CANDORCA

GOLFIÑO

CIFIO

CALDEIRÓN

ARROAZ

TONIÑA

CACHALOTE PEQUENO

ARROAZ BOTO

GOLFIÑO RISCADO

Page 4: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

8 9

–Unha gaivota! –berra Braulio, que vai na proa do barco.–Si. Nas rías galegas hai moitas e tamén hai carráns, corvos mariños,pardelas, paíños. Hai moitas aves mariñas vivindo onda nós –di o Lois.

–As maiores colonias de gaivotas patiamarelas, corvos mariños ecarráns que viven en Galicia atópanse nos cantís das illas Atlánticas.Das tres aves, o carrán é a única que emigra.

GAIVOTA PATIAMARELA

CORVO MARIÑO CRISTADO

O CARRÁN É UNHA AVE DEPASO. EMIGRA DE INVERNO AZONAS QUENTES, PARA CRIAR.

Page 5: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

1110

Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría.–Os cetáceos nacen da barriga da nai e maman mentres son pequenos.Os peixes, en troca, nacen de ovos e non maman –explica o Lois.

O barco do Lois pasa onda outro barco que está a faenar na boca da ría.–Esas aves que penican no descarte son pardelas e paíños. O descarte éo peixe que rexeitan os mariñeiros. Os golfiños non comen peixe morto.

DESCARTE

AS TONIÑAS ESTÁN APUNTO DE SE EXTINGUIR.

É UNHA ESPECIE AMEAZADA.

ALGUNHAS PARDELASVEÑEN COMER AQUÍ

DESDE O MEDITERRÁNEO.

OS PAÍÑOS SÓ SEACHEGAN A TERRACON MAL TEMPO.

Page 6: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

1312

Os Bolechas e o Lois saen a alta mar e ven a través da auga outroscetáceos seguindo o barco. Teñen unha cara simpática, parece que rin.–Eses son golfiños! Os golfiños coñecémolos ben –berran os Bolechas.

Hai dúas clases de cetáceos: os que teñen barbas e os que teñen dentes.Todas as especies de baleas teñen barbas. Os cachalotes, golfiños ecaldeiróns, en troca, teñen dentes.

BARBAS

DENTES

Page 7: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

14 15

–Ollade acolá outra toniña. As aves son mascatos. Onde andan toniñas emascatos hai pesca segura. Antes de se inventar o sonar1, os mariñeirosguiábanse por eles para saberen onde había pesca –di o Lois.

Os mascatos son aves mariñas máis grandes que os patos. Viven miles noscantís. Pescan en alta mar, normalmente a moita distancia de terra.O seu alimento principal son as xardas e os arenques.

1. O sonar é un un radar submariño.

O MASCATO LÁNZASE ENPICADO, CANDO VE A PRESA.

MERGÚLLASE NOMAR A 100 KM/H.

CONTINÚA OVOO.

CAZA A PRESA.NADA IMPULSÁNDOSE COASÁS E AS PALMAS DOS PÉS.

Page 8: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

1716 Agora o Lois móstralles aos Bolechas a foto dunhaave mariña. Parece un pingüín.–Este é un arao. Xa desapareceron case todos da

costa galega, por iso volomostro en foto. Antes había

ben deles, mais afétanllemoito as vertedurasdos barcos e acontaminación do mar.

De invernoveñen algúnsdos maresdo norteacopañados decarolos. O mar está contaminado, porque os humanos botamos moito lixo nel:

restos de combustíbel dos barcos, augas residuais das cidades, fume...Hai especies animais e vexetais que non resisten esta contaminación.

AS TARTARUGAS MARIÑAS E OSCETÁCEOS FÍRENSE COS PLÁSTICOS,PORQUE OS CONFUNDEN CON

ALIMENTOS.CAROLO

Page 9: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

1918 Ademais dacontaminación, omar tamén sofre asobreexplotación2

pesqueira. Péscasetanto, que os peixesnon teñen tempo decriar e medrar.Ademais coasobreexplotación,deixamos senalimento moitospeixes, cetáceos eaves, que tamén sealimentan de peixe.

2. Sobreexplotar é aproveitarse de algo demaneira esaxerada.

Page 10: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

2120

–Os mariñeiros anoxámonos cando os golfiños e outros cetáceos nosrompen os aparellos. Mais temos que ter paciencia, porque tamén nós nosmetemos no seu hábitat, que é a súa despensa –di o Lois.

Os mariñeiros e oscientíficos mariños teñenque colaborar paraprotexeren o mar e asespecies que viven nel,animais e vexetais.Os mariñeiros queren queo mar estea vivo, porque éo seu medio de traballo.Os científicos axudan osmariñeiros coas súasinvestigacións e estesaxúdanos a eles coa súaexperiencia no mar.

OS GOLFIÑOS E OS ARROACES ROMPEN ASREDES PARA COMEREN O PEIXE. ÁS VECESRÓMPENAS AO SE ENMALLAR NELAS.

Page 11: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

2322 Ei! Un arrastreiro3 colleu sen querer ungolfiño nas redes. Os mariñeiros paran amanobra para non ferilo.

–Hai que chamar a terra, para que oveñan salvar –di o patrón.Cando un cetáceo se enreda nosaparellos de pesca, non se debesubir a bordo.

A veterinaria chega pronto. Os Bolechas e o Lois achegáronse tamén aoarrastreiro para axudaren os mariñeiros a salvar o golfiño.–Tédeo fóra da auga, para que respire, e falade baixiño! –dilles ela.

3. O arrastreiro é un tipo de barco de pesca.

Page 12: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

2524

A veterinaria, coa axuda dos mariñeiros, do Lois e máis dos Bolechas,desenguedella con moito meco o golfiño da rede, e devólveo ao mar.–Nin se asustou. Hai que tratalos con moito coidado –di ela.

Despois da aventura, o Lois muda o rumbo para regresaren ao porto.–Ollade ese mascato! Vai afogar coa cabeza na bolsa–berra Carlos.–Hai que collelo e levalo ao centro de recuperación

de aves –di o Lois, anoxado cos que botan lixono mar.

Page 13: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

2726

–As áreas mariñas protexidas son zonas do mar, onde os peixes e avexetación mariña non sofren contaminación nin sobreexplotaciónpesqueira –explica o Lois de camiño de volta.

O Lois atraca o barco e os Bolechas soltan o mascato. Xa non fixo faltalevalo ao centro de recuperación, tiráronlle a bolsa e saíu voando.Agora van merendar unha empanada de vieiras. O mar deulles fame!

NESTAS ÁREAS OS MARIÑEIROSPESCANCON MOITO COIDADO.

Page 14: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

A sobreexplotación pesqueira tamén ameaza a vida no mar,impide a recría de peixes e deixa sen alimento a moitasespecies.

As áreas mariñas protexidas son zonas do mar onde asespecies viven sen ameazas.

O CEMMA é a coordinadora para o estudo dosmamíferos mariños. Podes coñecela e pedirlleinformación en: www.cemma.org, [email protected]éfono: 981 366 149. Para emerxencias sobrecetáceos ou aves podes chamar ao 112.

29Lembra:

Os cetáceos son mamíferos, porque nacen da barriga danai, maman de pequenos e respiran por pulmóns. Nonson peixes. Os peixes nacen de ovos, non mamam erespiran por guerlas.

Nos cantís das illas Atlánticas atópanse algunhas dascolonias de aves mariñas máis grandes do planeta.

A contaminación e as verteduras cotaminan o mar. Porcausa delas están ameazadas de extinción variasespecies animais e vexetais.

28

Page 15: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS:Os Bolechas lavan o canOs Bolechas xogan ás escondidasOs Bolechas van ao cineOs Bolechas fan maxiaOs Bolechas van ao médicoOs Bolechas van ao supermercadoOs Bolechas van de excursiónOs Bolechas van á praiaOs Bolechas van pola rúaOs Bolechas teñen medoOs Bolechas xogan co ordenadorOs Bolechas van mercar roupaOs Bolechas cortan o peloOs Bolechas van ao circoOs Bolechas van á aldeaOs Bolechas van á piscinaOs Bolechas van de acampadaOs Bolechas van a un cumpreanosOs Bolechas van de pescaOs Bolechas teñen gatoOs Bolechas fan pisOs Bolechas fan un carroOs Bolechas están namoradosOs Bolechas perderon o canOs Bolechas van ao parque de atracciónsOs Bolechas vaná hamburgueseríaOs Bolechas xogan ao baloncesto

Os Bolechas pelexan cunha avespaOs Bolechas van a un festivalOs Bolechas van en caravanaOs Bolechas rifan no cuarto de bañoOs Bolechas teñen unha curmá

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS van de viaxe:Buscan a Linda en PontevedraA moeda de LugoPrimeiro amor en FerrolA vaca da AmaíaO castelo encantado d’O PorriñoCarreiras en PoioO tesouro de Baiona

Libros publicados na colecciónOS BOLECHAS queren saber...:que é o aireque é a enerxíaque é a augaque é o lixoque é o solocómo é un parque de bombeiroscómo é a policía localcómo é unha bibliotecacómo é un acuarioCómo é un castro

© PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A.

Deseño da colección, texto e debuxosde Pepe Carreiro

ISBN: 000000D.L.: VG-000000Impresión e encadernación:Comercial Gráfica Nós, S.A.Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo

Page 16: como son os cetáceos da nosa costa - indemares.esindemares.es/sites/default/files/os_bolechas.pdf · 10 11 Ao chegaren á boca da ría, ven choutar unha toniña coa súa cría. –Os