alÉn - turismo deputación da coruña...situado nunha pequena enseada da ría de ortigueira, na...

8
A través desta ruta terás a posibilidade de acudir ao lugar ao que, segundo a lenda, irás de morto senón fuches de vivo. Unha contorna na que os cantís renden homenaxe ao mar. Desde o banco máis bonito do mundo, ata o punto máis setentrional da Península Ibérica, penetrando no mar que separa as augas do Atlántico das do Cantábrico, agárdache un fermoso paseo por un litoral de cantís de fantásticas vistas. Rematarás repousando no Porto de Bares, de orixe romana, moi ligado á industria conserveira e mariñeira, nunha actividade que aínda se mantén neste territorio, tradicional e reinventada, e que a través deste percorrido poderás descubrir. 2 DÍAS (2 días - 1 noite) 90 KM 4 CONCELLOS Cedeira, Ortigueira, Cariño, Mañón. ALÉN DO MAR a c d e k j i f g h Cariño Cedeira Ortigueira Mañón a. Punta Candieira b. Santuario de Santo Andrés de Teixido c. Serra da Capelada: Mirador da Garita de Herbeira d. Conservas La Pureza-Conservas Amieiro e. Casco Antigo da vila de Cariño f. Cabo Ortegal g. Ortigueira h. Muíño de mareas de Pol i. Conservas Mar de Ardora j. Porto do Barqueiro e Pontes del Estuario do Sor k. Faro de Estaca de Bares b

Upload: others

Post on 28-Dec-2019

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

A través desta ruta terás a posibilidade de acudir ao lugar ao que, segundo a lenda, irás de morto senón fuches de vivo.

Unha contorna na que os cantís renden homenaxe ao mar. Desde o banco máis bonito do mundo, ata o punto máis setentrional da Península Ibérica, penetrando no mar que

separa as augas do Atlántico das do Cantábrico, agárdache un fermoso paseo por un litoral de cantís de fantásticas vistas.

Rematarás repousando no Porto de Bares, de orixe romana, moi ligado á industria conserveira e mariñeira, nunha

actividade que aínda se mantén neste territorio, tradicional e reinventada, e que a través deste percorrido poderás descubrir.

2 DÍAS (2 días - 1 noite)

90 KM

4 CONCELLOSCedeira, Ortigueira, Cariño, Mañón.

ALÉN DO MARa

c d ek

j

i

f

gh

Cariño

CedeiraOrtigueira

Mañón

a. Punta Candieirab. Santuario de Santo Andrés de Teixidoc. Serra da Capelada: Mirador da Garita de Herbeirad. Conservas La Pureza-Conservas Amieiroe. Casco Antigo da vila de Cariño f. Cabo Ortegalg. Ortigueirah. Muíño de mareas de Poli. Conservas Mar de Ardoraj. Porto do Barqueiro e Pontes del Estuario do Sor k. Faro de Estaca de Bares

b

Page 2: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

A 7 kilómetros da vila de Cedeira atópase un lugar digno de visitar, o Faro de Punta Candieira. Localizado entre a Punta Valteira e Felgueira, para chegar ata alí terás que salvar un impresionante descenso desde o monte Purrido, marcado por dez curvas en forma de lazo. Pero sen dúbida a visita a este lugar, lonxe de toda civilización, e desde onde se contemplan os illotes próximos, deixarache con ganas de coñecer máis desta impresionante costa de bravo mar e verticais cantís.

Datos de interese: Punta Candeeira, 15391 Cedeira, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/punta-candieiraDistancia ao seguinte punto de visita: 16 km

PUNTA CANDIEIRA

DÍA 1a

Alén do mar

Page 3: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

Alén do santuario, por encima dos indubidables valores naturais e paisaxísticos da súa contorna, ou o acusado contraste cromático entre o branco da poboación e as cores do mar e a serra, San Andrés de Teixido é sinónimo de auga, natureza, enerxía, peregrinos. Un lugar no que, segundo a lenda, os animais que atoparás ao teu paso son almas en pena que peregrinan ao santuario por non visitalo en vida. Non te marches sen levarche os “Sanandresiños”, amuletos alegóricos de distintas formas elaborados con faragulla de pan polas mulleres da aldea, que aseguran a protección e boa sorte de quen os posúe.

Datos de interese: Lg. Santo André de Teixido. Régoa (Santa María), 15358 Cedeira, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/santuario-de-santo-andre-de-teixidoDistancia ao seguinte punto de visita: 6 km

SANTUARIO DE SANTO ANDRÉS DE TEIXIDO

SERRA DA CAPELADA: MIRADOIRO DA GARITA DE HERBEIRA

Estás nunha paraxe famosa por ofrecer unhas vistas inmellorables sobre os cantís máis altos da Europa Continental, cunha altura de 613 metros e unha pendente superior ao 80%. En días claros, é posible divisar as Illas Sisargas, en dirección sur e, cara ao norte, a Punta de Estaca de Bares. Goza da inmensidade do océano e a bela contorna natural de tupidos bosques e verdes praderías, nas que che rodearán cabalos salvaxes pastando en liberdade.

Datos de interese: Serra da Capelada, Cariño, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/sierra-de-capelada-mirador-de-la-garita-de-herbeira

Distancia ao seguinte punto de visita: 10 km

b

c.

Alén do mar

Page 4: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

Datos de interese: Rúa do Río Grande, 2, 15360 Cariño, A Coruña. Teléfonos 981 405 004 // 650 870 525. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/conservas-la-pureza ; http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/conservas-amieiroDuración aproximada da visita: 30 minDistancia ao seguinte punto de visita: 6 km

CONSERVAS LA PUREZA- CONSERVAS AMIEIRO

Visita as instalacións de Conservas La Pureza e coñece o proceso de elaboración de conservas de peixe, que esta empresa elabora con materias primas de primeira calidade e distribúe por toda España. Está situada na vila de Cariño, un importante punto de actividade pesqueira no que a industria conserveira estivo sempre moi arraigada. Ademais, no seu interior poderás descubrir Conservas Amieiro, especializada na fabricación de conservas vexetais, e onde poderás coñecer o proceso de elaboración de exquisitas conservas e marmeladas, que seguro que antes de irte querrás probar!

En Cariño localízase o porto máis importante da Ría de Ortigueira. As características deste municipio están marcadas pola impresionante presenza da Serra da Capelada e as súas vertentes, abruptas nos cantís que miran ao Atlántico. Este espazo terrestre e marítimo está incluído, con diversas figuras, na Rede Natura 2000, especialmente polo seu interese ornitolóxico e xeolóxico. Visítao!

Datos de interese: Vila de Cariño, 15360, Cariño, A Coruña. Información más detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/casco-antiguo-de-la-villa-de-carinoDistancia ao seguinte punto de visita: 1 km

CASCO ANTIGO DA VILA DE CARIÑOe

d

Alén do mar

Page 5: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

Para finalizar o día, despídeo nun dos puntos máis impresionantes que che ofrece esta ruta. Considerado como o punto que marca a división entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, Cabo Ortegal presenta un gran interese tanto pola súa riqueza paisaxística, faunística como pola súa singularidade xeolóxica, xa que é un dos puntos da superficie terrestre onde afloran algúns dos materiais rochosos máis antigos do planeta. Goza da beleza das súas vistas, xa sexa cara á ría como cara aos cantís da Serra da Capelada. Fronte ao Cabo, contemplarás os illotes de Vos Aguillóns, que subliñan coa súa presenza a potencia dese mar bravío.

Datos de interés: Cabo Ortegal, 15360 Cariño, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/cabo-ortegalDistancia ao seguinte punto de visita: 20 km

CABO ORTEGAL f.

Alén do mar

Page 6: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

ORTIGUEIRA

DÍA 2g

Datos de interese: Avda. Francisco Santiago, 6-9. 15330 Ortigueira, A Coruña. Teléfono 981 402 413. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/ortigueiraDistancia ao seguinte punto de visita: 2 km

Ortigueira, a súa contorna, e a ría á que dá nome, presentan un indubidable interese tanto desde o punto de vista natural como cultural. Está incluído na Rede Natura 2000 como Zona de Especial Protección de Aves, Zona de Especial Conservación e tamén dentro do convenio RAMSAR de protección de humidais. Visita o seu núcleo urbano. Conta con edificios e conxuntos urbanos de gran interese, como o barrio do Ponto, onde se celebra, desde 1978, o Festival Internacional do Mundo Celta.

Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado en Galicia. O conxunto restaurado presenta unha presa que aínda permite o almacenamento da auga coa subida da marea, recreando a imaxe do seu funcionamento ao longo dos seus anos de actividade.

Datos de interese: Lg. Pol. Senra -San Xulián-, 15338 Ortigueira, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/molino-de-mareas-de-polDistancia ao seguinte punto de visita: 4 km

MUÍÑO DE MAREAS DE POL

h.

Alén do mar

Page 7: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

O Estuario do Río Sor, no límite provincial entre A Coruña e Lugo, está atravesado actualmente por tres pontes, de épocas diferentes, nun conxunto que resume moi ben os condicionantes que impón o medio físico ao desenvolvemento das comunicacións terrestres, un aspecto esencial no proceso de industrialización, e a importancia estratéxica de determinados puntos de paso. O primeiro deles, que hoxe ocupa a posición central, comunicou por terra ambas as beiras en 1901, que ata ese momento só se salvaba a través de barca. Hoxe en día esta ponte, composta por tres tramos metálicos, xa non exerce tampouco o seu papel orixinal, e forma parte dun paseo que une O Porto do Barqueiro, os areais da ría e o curso baixo do Río Sor, de gran beleza.

PORTO DO BARQUEIRO E PONTES DO ESTUARIO DO SORj

Descobre esta empresa dedicada á elaboración artesanal de produtos ecolóxicos de tempada, cunha produción limitada e métodos de extracción sustentable. A súa filosofía baséase no respecto ao medio ambiente e a preservación das calidades e propiedades organolépticas e nutricionais dos diferentes recursos: algas en conservas, algas deshidratadas, herbas do litoral...Non to podes perder!

Datos de interese: Pol. Ind. A Rega - Cuiña, parcela 97, 15338 Ortigueira, A Coruña. Teléfono 698 167 933. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/conservas-mar-de-ardoraDuración aproximada da visita: 30-45 minDistancia ao seguinte punto de visita: 20 km

CONSERVAS MAR DE ARDORA

Datos de interese: Lg. O Porto do Barqueiro. 15339 Mañón, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/puerto-de-o-barqueiro-y-los-puentes-del-estuario-del-sorDistancia ao seguinte punto de visita: 9 km

i

Alén do mar

Page 8: ALÉN - Turismo Deputación da Coruña...Situado nunha pequena enseada da Ría de Ortigueira, na desembocadura do río Maior, este muíño foi o último da súa tipoloxía levantado

E se che sobra o tempo...achégache a visitar o Cabo de Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica. Visita o seu conxunto de muíños, e descobre como a súa enxeñosa construción baséase nun pequeno curso de auga e a configuración do terreo para o aproveitamento dun recurso escaso. Os muíños vanse encadeando entre si e descendendo pola cada vez máis acusada pendente do cantil ata o mar. Un pequeno carreiro comunica a serie de edificios e de canalizacións da auga ata conformar unha sucesión case vertical na impresionante paraxe de Estaca de Bares. Alí levántase un faro de mediados do século XIX, e os restos dunhas instalacións militares que funcionaron ata 1991 como central de comunicacións, e que hoxe están abandonadas. Percorre o camiño que che permitirá achegarte ata a Punta de Estaca de Bares e os seus impresionantes cantís, e goza para acabar o día da súa fermosa posta de sol.

Datos de interese: Lg. Estaca de Bares. Bares (Santa María). 15339 Mañón, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/naturaleza-y-energia/faro-da-estaca-de-bares

FARO DE ESTACA DE BARES E MUÍÑOS DE BARES

k.

Alén do mar