anexo i: as instalaciÓns da rsc 1. tipoloxÍa funcional...
TRANSCRIPT
1
ANEXO I: AS INSTALACIÓNS DA RSC
1. TIPOLOXÍA FUNCIONAL
1. ESC, Equipamentos SocioCulturais (5). Posúen unha dotación
infraestrutural en forma de salas ou espazos especializados que requiren
dunha programación e un persoal específicos, que quedan fóra do alcance do
obxecto de contrato.
Aínda que, como todas as instalacións da RSC, atenden á súa área de
influencia e dedican unha parte da súa capacidade e da programación a
servizos de proximidade, a súa actividade especializada, dirixida a dar servizo
a toda a cidade e ao público en xeral, eríxese na nota distintiva do equipamento
e outórgalle unha personalidade e proxección propia dentro da Rede. Son as
seguintes:
Santa Marta: Artes escénicas (sala Agustín Magán).
Casa das Asociacións de Cornes: Espazo maker.
Caramoniña: Conferencias e monográficos.
Vidán: Medio ambiente e campamentos de verán.
Vista Alegre/O Romaño: Espazo dedicado ao circo.
2. CSC, Centros SocioCulturais (13). A súa nota distintiva é a súa dimensión
en canto a poboación atendida, territorio referenciado, superficie útil e/ou
número de salas.
A súa misión principal é a de garantir os servizos de proximidade e traballar na
escala barrio/parroquia/zona. Na súa programación buscarán o equilibrio entre
as diversas liñas programáticas e tentarán fomentar a participación como eixo
de traballo. O persoal vinculado a estas instalacións deberá coñecer ben o
entorno e as necesidades dos usuarios.
Algunhas destas instalacións poderán ter algunha sala especializada, aínda
que esta, pola súa relevancia ou función dentro do conxunto, non lles outorgue
a condición de equipamento sociocultural.
2
3. LSC, Locais SocioCulturais (26). Posúen a mesma finalidade que os centros
socioculturais, pero a diferenza deles a súa dimensión poboacional, territorio
referenciado, superficie útil e/ou número de salas é máis reducido.
Nesta tipoloxía existe unha maior diversidade de instalacións e de casuísticas,
en función da titularidade, morfoloxía, tamaño, hábitat circundante e
conectividade co resto da cidade.
Estes inmobles adoitan posuír espazos reservados para as asociacións
veciñais da zona e concentran na actualidade a maioría das fórmulas de co-
xestión e autoxestión da Rede.
2. TIPOLOXÍA POR LOCALIZACIÓN
1. Zona Urbana (13 inmobles, cor vermella): Inmobles localizados na cidade
compacta ou urbe consolidada, cunha alta densidade de poboación.
Conéctanse coa súa contorna a través de itinerarios principalmente peonís (ou
de bicicleta) e posúen unha boa conectividade mediante transporte público.
Nas súas inmediacións atópanse numerosos equipamentos e servizos de todo
tipo.
Nun radio de 250m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada
de 22.500 persoas.
Nun radio de 500 m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada
de 45.000 persoas, se ben esta cifra contabiliza varias veces aqueles
habitantes que residen no ámbito de influencia de varios inmobles.
2. Zona Rururbana (11 inmobles, cor azul): Inmobles localizados no cinto que
rodea a zona urbana. A característica é a heteroxeneidade paisaxística e
ambiental que os circunda. Atopámonos con escenas urbanas que conviven
con retallos de rural, ás veces sen solución de continuidade. Son espazos de
alto potencial de cara á súa integración co resto da cidade.
Nun radio de 250m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada
de 7.500 persoas
Nun radio de 500 m arredor destes inmobles vive unha poboación aproximada
de 15.000 persoas.
3
3. Zona Rural (20 inmobles, cor amarela): Inmobles localizados no medio rural
e afastados do centro urbano. Na súa contorna atopamos escasa densidade
de poboación. Os usuarios empregan basicamente equipamentos que se
atopan nas proximidades, aínda que case todos teñen no coche o seu principal
medio de transporte.
No seu ámbito de influencia natural, a parroquia, vive unha poboación
aproximada de 15.000 persoas.
Ilustración 1: Mapa sintético da Rede SocioCultural
4
3. MAPA DE CENTROS
Ilustración 2: Mapa dos inmobles da RedeSociocultural
Ilustración 3: Mapa dos inmobles da RedeSociocultural (ampliación da zona urbana)
5
4. LISTADO DE EQUIPAMENTOS, CENTROS E LOCAIS SOCIOCULTURAIS
O listado de instalacións nas súas tres tipoloxías é o que segue:
6
Tipoloxía funcional Nome
Barrio(s) ou parroquia(s) no seu ámbito de influencia
Tipoloxía territorial
Superficie da parcela
(m2)
Superficie construída
(m2)
Habitantes nun radio de
250 m
Habitantes nun radio de
500 m Habitantes da
parroquia
Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche Ensanche Urbano 1.630 1.630 5.403 13.004
Fontiñas As Fontiñas, Concheiros Urbano 453 1.812 2.099 7.448
San Pedro San Pedro, Concheiros Urbano 155 155 2.217 4.285
Cidade Vella Cidade Vella, San Roque Urbano 116 100 1.826 3.992
José Saramago de Vite Vite, Guadalupe, San Caetano Urbano 541 1.626 1.807 3.525
Trisca Quiroga Palacios, Belvís Urbano 174 606 2.256 3.231
Vista Alegre / O Romaño Vista Alegre, Romaño, O Avío Rururbano 1.200 949 1.362 2.802
Pontepedriña Pontepedriña Urbano 360 336 1.462 2.515
Brañas de Andrés Pelamios, Vista Alegre Urbano 83 80 597 2.490
Almáciga Almáciga, Basquiños Urbano 309 100 2.168 2.317
Agustín Bueno do Castiñeiriño Castiñeiriño, Lamas de Abade Rururbano 1.368 805 1.718 2.221
Santa Marta Santa Marta, A Choupana Urbano 2.283 1.593 1.452 2.132
Casa Agraria Meixonfrío, Salgueiriños Rururbano 316 804 810 1.925
Cancelas As Cancelas Rururbano 499 210 660 1.890
Casa das Asociacións de Cornes Cornes, Conxo, Ensanche Urbano 482 1.189 1.174 1.870
Aurelio Aguirre de Conxo Conxo Rururbano 824 321 671 1.781
Caramoniña Almáciga, Bonaval Urbano 96 153 960 1.602
Cardeal Quiroga Pontepedriña, Restollal Urbano 149 149 1.242 1.573
Sar Sar Rururbano 157 99 639 1.508
Amio Amio, San Lázaro Rururbano 275 717 338 1.320
San Lourenzo San Lourenzo Rururbano 2.611 200 237 869
Vidán Vidán, Brandía Rururbano 1.710 506 198 634
Casas Novas Casas Novas Rururbano 1.149 111 255 531
Rocha A Rocha Rururbano 586 264 290 435
7
Tipoloxía funcional Nome
Barrio(s) ou parroquia(s) no seu ámbito de influencia
Tipoloxía territorial
Superficie da parcela
(m2)
Superficie construída
(m2)
Habitantes nun radio de
250 m
Habitantes nun radio de
500 m Habitantes da
parroquia
Villestro Villestro Rural 1.090 120 2.049
Aríns Aríns Rural 660 297 1.413
Laraño Laraño Rural 3.555 239 1.252
Marrozos Marrozos Rural 2.861 403 1.077
Eixo-Bornais O Eixo Rural 1.000 217 1.036
Bando Bando Rural 5.431 125 1.015
Figueiras Figueiras Rural 1.896 150 1.000
Xosé Mosquera Pérez da Lavacolla Sabugueira Rural 838 328 973
Gracia Tambre Rural 2.802 623 934
Enfesta Enfesta Rural 1.956 451 706
Peregrina Peregrina Rural 924 220 556
Marantes Marantes Rural 2.283 269 390
Verdía Verdía Rural 1.357 356 303
Grixoa Grixoa Rural 12.691 300 266
Busto Busto Rural 1.943 159 222
Santa Cristina de Fecha Fecha (Santa Cristina) Rural 878 350 212
Lamascal Fecha (San Xoán) Rural 1.442 258 211
Nemenzo Nemenzo Rural 1.989 142 208
San Xulián de Carballal Carballal Rural 3.672 69 197
Cesar Cesar Rural 2.172 164 142
8
De forma provisional e en tanto non estea operativo dentro da Rede o ESC de Vista
Alegre / O Romaño, as súas actividades, horas de programación e demais recursos
ofertados para o mesmo distribuiranse entre as instalacións circundantes actualmente
en funcionamento: CSC de Vite, LSC do Romaño (ao que substituirá), LSC das
Brañas de Andrés e LSC das Casas Novas.
Durante a vixencia do contrato e previo acordo da Xunta de Goberno municipal poderá
modificarse o listado de instalacións que integran a RSC, sen que a adición,
substración ou substitución de novas unidades implique para a adxudicataria a
asunción de máis actividades, horas de programación e demais recursos ofertados
que forman parte do servizo obxecto de contrato. Nese caso o Concello e a
adxudicataria acordarán, de mutuo acordo, a nova distribución dos recursos previstos.
5. PERFIL DEMOGRÁFICO DA POBOACIÓN ATENDIDA
Neste apartado ofrécense algúns datos estatísticos que caracterizan á poboación
residente no ámbito de influencia dos inmobles da rede. A súa inclusión está motivada
pola necesidade de dispor de indicadores obxectivos sobre o funcionamento da RSC,
a eficacia do programa ofertado e a eficiencia das actividades de programación que
teñen por destinatarios segmentos concretos da poboación.
As seguintes pirámides de poboación representan a estrutura por idades da
poboación residente (empadroada) no ámbito de influencia das instalacións da RSC.
Para as instalacións urbanas e rururbanas adoptouse a convención dun ámbito de
influencia de 500 m de radio arredor da localización da instalación. Para as
instalacións rurais representouse a totalidade da poboación da parroquia. No caso de
Fecha foi necesario agregar varias instalacións e os seus ámbitos de influencia para
obter e representar os datos.
9
10
11
12
13
14
A táboa seguinte mostra a composición da poboación residente no ámbito de
influencia dos inmobles da RSC en función da súa orixe (lugar de nacemento).
Tipoloxía funcional
Nome e tipoloxía territorial
Santiago de Compostela
(%)
Resto de Galicia
(%)
Resto de España
(%)
Estranxeiro (%)
Xuvenil do Ensanche 43 38 7 11
Fontiñas 44 41 6 8
San Pedro 45 39 7 9
Cidade Vella 45 37 8 10
José Saramago de Vite 65 26 3 5
Trisca 45 35 5 15
Vista Alegre / O Romaño 59 30 7 4
Pontepedriña 55 32 6 8
Brañas de Andrés 47 35 7 11
Almáciga 48 35 4 13
Agustín Bueno do Castiñeiriño 56 31 5 8
Santa Marta 47 35 8 10
Casa Agraria 53 34 5 8
Cancelas 51 36 5 9
Casa das Asociacións de Cornes 40 40 8 12
Aurelio Aguirre de Conxo 54 35 6 6
Caramoniña 49 36 5 9
Cardeal Quiroga 46 40 7 7
Sar 48 32 7 13
Amio 55 33 6 6
San Lourenzo 55 32 6 8
Vidán 59 30 7 4
Casas Novas 63 22 5 10
Rocha 73 20 3 4
15
Tipoloxía funcional
Nome e tipoloxía territorial
Santiago de Compostela
(%)
Resto de Galicia
(%)
Resto de España
(%)
Estranxeiro (%)
Villestro 61 28 6 6
Aríns 71 21 4 4
Laraño 62 22 5 11
Marrozos 72 21 3 4
Eixo-Bornais 79 16 1 3
Bando 60 31 5 4
Figueiras 79 14 1 6
Xosé Mosquera Pérez da Lavacolla 74 20 3 3
Gracia 74 18 3 5
Enfesta 81 15 2 2
Peregrina 66 24 3 7
Marantes 70 24 3 3
Verdía 79 16 2 3
Grixoa 76 13 3 9
Busto 83 13 2 2
Santa Cristina de Fecha 78 18 1 3
Lamascal 78 18 1 3
Nemenzo 78 16 1 4
San Xulián de Carballal 65 24 1 9
Cesar 82 15 2 0
Todos os datos demográficos están referidos ao Padrón Municipal de Habitantes
con data 1 de xaneiro de 2016.
6. ENTIDADES COMUNITARIAS VINCULADAS Á RSC
A orixe, natureza e funcións da RSC están directamente vinculadas á existencia,
presenza e actividade das entidades comunitarias, nomeadamente a das
asociacións veciñais, aínda que non só, dando cabida na Rede ao resto de
asociacións sectoriais ou temáticas (culturais, deportivas, xuvenís , etc.).
A integración destas entidades comunitarias na RSC materialízase en:
A existencia de instalacións de titularidade privada cuxa abertura e
mantemento dependen das asociacións que son propiedade das mesmas ou
as alugan para a súa actividade.
A existencia en varias das instalacións de titularidade pública de espazos
cedidos ás asociacións, en exclusiva ou con preferencia de uso, nos que
residen ou desenvolven actividades en réxime de co-xestión e autoxestión.
16
A táboa seguinte ofrece unha primeira aproximación a esta realidade, a cal resulta
fundamentais para a activación de novas formas colaborativas de xestión no ámbito
da RSC:
Tipoloxía funcional
Nome e tipoloxía territorial
Titularidade / Rëxime de
uso
Asociación veciñal vinculada
Salas reser-vadas das A.V.
Co-xestión
de activi-dades
Nº anual
de activi-dades propias
Nº de entidades comuni-tarias
presentes no
inmoble
Nº de
asociacións rexistradas no ámbito
de influencia
do inmoble
Xuvenil Municipal do Ensanche
Cedido pola Deputación
A.V. Raigame 10 39
Fontiñas Municipal
A.V. As Fontes A.V. O Camiño
11 10
San Pedro Alugueiro privado
Cidade Vella
Alugueiro municipal
A.V. Casco Histórico
10 4 20
José Saramago de Vite
Municipal 9
Trisca Municipal 15
Vista Alegre / O Romaño
Municipal A.V. Ponte do Romaño
1 2
Pontepedriña Municipal
A.V. Pontepedriña
Si Si 13 6
Brañas de Andrés
Cedido pola Deputación
A.V. Brañas de Andrés
Si 12 5 7
Almáciga Municipal
A.V. Francisco Asorey
Si 8 22
Agustín Bueno do Castiñeiriño
Municipal 4
Santa Marta Municipal 1
Casa Agraria
Privada veciñal
A.V. Casa Agraria
Si 6 1 7
Cancelas
Alugueiro municipal
A.V. As Cancelas
4 4
Casa das Asociacións de Cornes
Municipal 11
Aurelio Aguirre de Conxo
Municipal 4
Caramoniña Municipal 8
Cardeal Quiroga Municipal
A.V. Sandra Prego Rial
Si 5 4
Sar Municipal A.V. Sar Si 3 4
Amio Municipal
A.V. Monte do Gozo
Si 10 4 3
San Lourenzo Municipal
A.V. Río Sarela
Si Si 10 2
Vidán Municipal
Casas Novas
Alugueiro municipal
2
Rocha
Cedido pola Deputación
A.C. A Rocha Forte
Si 2 1
17
Tipoloxía funcional
Nome e tipoloxía territorial
Titularidade / Rëxime de
uso
Asociación veciñal vinculada
Salas reser-vadas das A.V.
Co-xestión
de activi-dades
Nº anual
de activi-dades propias
Nº de entidades comuni-tarias
presentes no
inmoble
Nº de
asociacións rexistradas no ámbito
de influencia
do inmoble
Villestro
Cedido pola Deputación
A.V. A Unión Si 4 7
Aríns
Privada veciñal
A.V. Coto da Nai
Si 8 1
Laraño Municipal A.V. A Xunlla Si 2 1 6
Marrozos Municipal
A.V. Francisco García Beiro
Si Si 2 3
Eixo-Bornais Municipal
A.V. Domingo Cepeda
Si 2 3
Bando Municipal
A.V. Camiño de Santiago
Si 2 7
Figueiras Municipal
A.V. Nova Xeira
Si 7 1 2
X. Mosquera Pérez da Lavacolla
Cedido pola Deputación
A.V. Lavacolla
Si 2 5
Gracia Municipal A.V. A Gracia Si Si 6 1 4
Enfesta Municipal
A.V. Ponte Sionlla
Si 1
Peregrina Municipal
A.V. Río Sarela
Si 3 1
Marantes Municipal
A.V. Rego das Pedras
Si Si 3 1 2
Verdía Municipal
A.V. Santa Mariña
Si 3
Grixoa Municipal
A.V. Monte Longo
1
Busto Municipal
A.V. Campo das Escolas
1
Santa Cristina de Fecha
Deputación (cedido)
A.V. Nosa Señora de Belén
Lamascal Municipal
A.V. San Xoán de Fecha
2
Nemenzo Municipal
A.V. Campo do Monte
San Xulián de Carballal
Municipal A.V. Pasadoiro
Cesar Municipal A.V. Cesar
Ademais das actividades realizadas pola adxudicataria, por unha banda, e pola
Concellaría de Acción Cultural, o resto de departamentos e organismos municipais,
outras Administracións e as persoas e entidades que contraten ou en quen
deleguen, pola outra, a adxudicataria deberá integrar na programación da RSC as
actividades realizadas polas entidades comunitarias baixo o modelo de coxestión e
autoxestión, ademais de fomentar e dinamizar de forma proactiva a súa realización,
dentro da finalidade xeral de mediación sociocultural do servizo.
18
7. TIPOLOXÍA DE ESPAZOS
Os inmobles da RSC posúen espazos interiores e en moitos casos tamén espazos
exteriores que forman parte integral do inmoble e son aproveitables para a
realización de actividades.
Os espazos internos directamente relacionados coa prestación do servizo reciben o
nome de salas e clasifícanse consonte a seguinte tipoloxía:
Salas especializadas. Posúen características especiais únicas na RSC e acollen
actividades prestadas por persoal técnico especializado.
Adoptan a forma ben dunha sala individual ou ben dun conxunto formado por unha
sala principal e unha ou varias salas complementarias de apoio. Poden chegar a
funcionar como espazo independente do equipamento ou inmoble no que se atopan.
A organización e impartición de actividades especializadas queda fóra do obxecto
de contrato. Porén, si é responsabilidade da adxudicataria a xestión destes espazos
en todo o que ten a ver co sistema de información da RSC (recollida de propostas,
rexistro e documentación das actividades desenvolvidas, e divulgación e
comunicación das mesmas). En todo caso, a adxudicataria facilitará as tarefas de
coordinación entre o Concello e as entidades ou persoas responsables da
organización de actividades especializadas.
Salas normalizadas. Posúen infraestrutura e persoal específico e están presentes
en varias instalacións da RSC, o que lles permite ofrecer servizos compartidos ou
acoller actividades que se replican ao longo e largo da Rede.
Estas salas normalizadas acollen servizos estables, con horarios constantes e
coñecidos ao comezo de cada curso de programación, no que se desenvolven as
seguintes actividades ordinarias:
Bibliotecas (e lectura ou estudo).
Espazos de benestar (xogos, saúde e convivencia).
Aulas de competencia dixital.
Representan aproximadamente o 30% do número total de salas non especializadas
da RSC.
Salas polivalentes. A súa infraestrutura e dotación en material inventariable é
mínima, permitindo o seu uso para actividades de natureza diversa e programación
baixo demanda.
Representan aproximadamente o 45% do número total de salas non especializadas
da RSC.
Salas reservadas. Correspóndense con:
Espazos administrativos, oficinas técnicas, espazos de almacenamento e
outras instalacións reservadas para a xestión interna da RSC.
19
Salas cedidas de forma permanente a asociacións.
Representan aproximadamente o 25% do número total de salas non especializadas
da RSC.
8. FICHAS DE INMOBLES
Nas páxinas seguintes recóllense as fichas das 44 instalacións que compoñen a
RSC nas que se resumen as súas principais características. Na parte inferior das
fichas recóllese a información máis actualizada dispoñible.
As fichas preséntanse ordenadas do mesmo xeito que nas táboas precedentes,
primeiro os inmobles urbanos e rururbanos e despois os rurais, ordenados en cada
caso de maior a menor poboación residente no seu ámbito de influencia.
Ilustración 4: Lenda interpretativa das fichas
20
S.ESP.: BIBLIOTECA (FUNDACIÓN ABANCA, NON MUNICIPAL) S.NOR.: SALA DE LECTURA, AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALÓN DE ACTOS (80 PAX), SALA DE
XUNTAS/REUNIÓNS (20 PAX), SALA POLIVALENTE S.CER.: ESCRITORIO (X10)
S.ESP.: BOXES DE ENSAIO (MÚSICA) ANDAR -1 S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (70 PAX) 3º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (20 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS 2º
ANDAR, SALA DE CONVIVIO (25 PAX) 1º ANDAR (XUVENIL), SALA
DE CONVIVIO (25 PAX) 2º ANDAR (SÉNIOR) S.POL.: SALÓN DE ACTOS (170 PAX) PLANTA BAIXA, SALA
POLIVALENTE (25 PAX) 1º ANDAR, SALA POLIVALENTE (20 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XUNTAS (12 PAX) 3º ANDAR (X2) S.CER.: ESCRITORIO (X3)
S.POL.: SALA POLIVALENTE
S.POL.: SALA POLIVALENTE
21
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (30 PAX) 1º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (15 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS (15
PAX) 1º ANDAR, SALA DE CONVIVIO (10 PAX) PLANTA BAIXA S.POL.: SALÓN DE ACTOS (150 PAX) PLANTA BAIXA (XIMNASIA, BAILE), SALA POLIVALENTE (15 PAX) 1º ANDAR (X5) (CURSOS, OBRADOIROS), SALA DE XUNTAS (10 PAX) PLANTA BAIXA S.CER.: ESCRITORIO
S.ESP.: SALA DE DEBUXO E DESEÑO S.NOR.: SALA DE XOGOS (15 PAX) 1º ANDAR (INFANTIL), SALA
DE CONVIVIO (30 PAX) PLANTA BAIXA (SÉNIOR, SALA DE
LECTURA, INTERNET, EXPOSICIÓNS) S.POL.: TERRAZA (25 PAX) 4º ANDAR, SALÓN DE ACTOS (35
PAX) 3º ANDAR (EXPOSICIÓNS), SALA POLIVALENTE (35 PAX) 2º
ANDAR (CURSOS, XUNTAS, ENSAIO), SALA DE OBRADOIROS (25
PAX) ANDAR -1 (MERENDA), SALA DE XUNTAS (4 PAX) 1º 2º E 3º
ANDAR (X3) S.CER.: ESCRITORIO, ALMACÉN
SERÁ SUBSTITUÍDO POLO NOVO ESC DE VISTA ALEGRE-O
ROMAÑO UNHA VEZ INAUGURADO. S.ESP.: CIRCO
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (10 PAX) 1º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (6 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS (15
PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (35 PAX) PLANTA BAIXA (XIMNASIA, OBRADOIROS, EXPOSICIÓNS), SALA DE XUNTAS (10 PAX) 1º
ANDAR S.CER.: ESCRITORIO, ESCRITORIO (A.V., TALLER) (X2)
22
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (15 PAX), AULA DE
INFORMÁTICA (40 PAX) (CINE) S.POL.: SALA POLIVALENTE (15/40 PAX) (XIMNASIA, BAILE), RECIBIDOR S.CER.: ESCRITORIOS (X3) (RESERVADA A.V., SALA DE XUNTAS, SALA DE MÁQUINAS)
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (35 PAX) 1º ANDAR
(POLIVALENTE), AULA DE INFORMÁTICA (15 PAX) 1º ANDAR
(POLIVALENTE), SALA DE XOGOS (15 PAX) 1º ANDAR (LUDOTECA) S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX) PLANTA BAIXA (XIMNASIA), SALA DE OBRADOIROS (20 PAX) PLANTA BAIXA, COCIÑA
(MERENDA) S.CER.: ALMACÉN (BAIXO ESCENARIO)
S.ESP.: ARTES ESCÉNICAS (SALA AGUSTÍN MAGÁN) S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (40 PAX), AULA DE
INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS S.POL.: SALA POLIVALENTE (X4) S.CER.: ESCRITORIO (X3)
23
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE (140 PAX) 1º ANDAR, SALA
POLIVALENTE (80 PAX) PLANTA BAIXA, SALA POLIVALENTE 2º
ANDAR (ACTOS, CURSOS, OBRADOIROS, XUNTAS, XIMNASIA)
S.POL.: SALA POLIVALENTE (100 PAX) (XIMNASIA, BAILE, XUNTAS), SALA POLIVALENTE (15 PAX) (LECTURA, INFORMÁTICA, OBRADOIROS, COCIÑA)
S.ESP.: ESPAZO MAKER S.NOR.: SALA DE LECTURA (24 PAX) 1º ANDAR, SALA DE
INFORMÁTICA (20 PAX) PLANTA BAIXA S.POL.: SALA POLIVALENTE (80 PAX) 3º ANDAR (CON TERRAZA
ANEXA PARA 32 PAX), TERRAZA (46 PAX) 3º ANDAR, SALA DE
XUNTAS (20 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XUNTAS (12 PAX) 1º
ANDAR, RECIBIDOR (8 PAX) 3º ANDAR, RECIBIDOR (12 PAX) 2º
ANDAR S.CER.: ESCRITORIO (X4), ALMACÉN (X2)
S.NOR.: SALA DE LECTURA (35 PAX) 1º ANDAR, AULA DE
INFORMÁTICA (12 PAX) PLANTA BAIXA, SALA DE XOGOS (15 PAX) 1º ANDAR, S.POL.: SALA POLIVALENTE (100 PAX) (ACTOS, XIMNASIA), SALA
POLIVALENTE DIVISIBLE (75 PAX OU 3X25 PAX) (CURSOS), SALA
POLIVALENTE (65 PAX), SALA POLIVALENTE (25 PAX) (X3), SALA
DE XUNTAS (12 PAX) 1º ANDAR, ESPAZO EXPOSITIVO (16 PAX) PLANTA BAIXA, RECIBIDOR (10 PAX) PLANTA BAIXA S.CER.: ESCRITORIO (X3)
24
S.NOR.: SALA DE LECTURA, AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE
XOGOS S.POL.: SALÓN DE ACTOS S.CER.: ALMACÉN
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (20 PAX) (SALA DE
XOGOS, XUNTAS), AULA DE INFORMÁTICA (7 PAX) S.POL.: SALÓN DE ACTOS (50 PAX) (XUNTAS) S.CER.: ESCRITORIO (A.V., 3 PAX)
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (10 PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (60 PAX), SALA DE OBRADOIROS
(10 PAX), RECEPCIÓN (7 PAX) S.CER.: ESCRITORIO (A.V., 15 PAX), ALMACÉN
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA (16 PAX) 1º ANDAR, AULA DE INFORMÁTICA (10 PAX) 1º ANDAR, SALA DE XOGOS (15
PAX) 1º ANDAR S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX) PLANTA BAIXA (CON 2
CAMERINOS), SALA POLIVALENTE (20 PAX) PLANTA BAIXA E 1º E
2º ANDAR (X3) (XIMNASIA, OBRADOIROS), ESPAZO EXPOSITIVO
(SCALEXTRIC), RECIBIDOR PLANTA BAIXA E 1º ANDAR (X2) S.CER.: ESCRITORIO, ALMACÉN (X3)
25
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (12 PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (50 PAX) (XIMNASIA, BAILE, OBRADOIROS) , COCIÑA (10 PAX) (LECTURA, XOGOS) S.CER.: ESCRITORIO (8 PAX)
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (20 PAX) PLANTA BAIXA S.POL.: SALA POLIVALENTE (40 PAX) PLANTA BAIXA (XOGOS, XIMNASIA, XUNTAS) S.CER.: ESCRITORIO (4 PAX), ALMACÉN
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (40 PAX) 1º ANDAR, SALA DE
XOGOS (10 PAX) ANDAR 0 S.POL.: SALA POLIVALENTE (50 PAX) PLANTA BAIXA E ANDAR 0
(X2) (XIMNASIA, BAILE, ACTOS, EXPOSICIÓNS), SALA DE
OBRADOIROS (30 PAX) PLANTA BAIXA (COCIÑA), RECIBIDOR (25
PAX) ANDAR 0 (LECTURA, CONVIVIO) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.), ALMACÉN
26
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA, AULA DE
INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS S.POL.: SALA POLIVALENTE
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS, SALA DE
BAILE S.POL.: SALÓN DE ACTOS, SALA DE XUNTAS (X2) (OBRADOIROS)
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE (X2)
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (25 PAX) 1º ANDAR
(OBRADOIROS, COCIÑA), SALA DE XOGOS (10 PAX) 1º ANDAR S.POL.: SALÓN DE ACTOS (70 PAX) 1º ANDAR (XIMNASIA) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.) PLANTA BAIXA, CAFETARÍA
(PECHADA)
27
S.POL.: SALA POLIVALENTE (50 PAX) 1º ANDAR (ACTOS, CURSOS, XOGOS) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.)
S.NOR.: SALA DE LECTURA (14 PAX) (OBRADOIROS), AULA DE
INFORMÁTICA (6 PAX), SALA DE XOGOS (50 PAX) (XIMNASIA, XUNTAS)
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE (X2)
S.NOR.: SALA DE LECTURA, AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE
CONVIVIO S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX), SALA DE OBRADOIROS, SALA DE XUNTAS S.CER.: ESCRITORIO (A.V.) (X2)
28
S.NOR.: BIBLIOTECA E SALA DE LECTURA, AULA DE
INFORMÁTICA, SALA DE CONVIVIO S.POL.: SALÓN DE ACTOS (100 PAX), SALA DE OBRADOIROS, SALA DE XUNTAS S.CER.: ESCRITORIO (A.V.) (X2)
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (8 PAX) 1º ANDAR (BIBLIOTECA) S.POL.: SALA POLIVALENTE (60 PAX) 1º ANDAR, SALA DE
CURSOS (30 PAX) PLANTA BAIXA (LECTURA, OBRADOIROS, XUNTAS, EXPOSICIÓNS), RECIBIDOR (20 PAX) S.CER.: ESCRITORIO (8 PAX), ESCRITORIO (A.V.), ALMACÉN
S.NOR.: SALA DE LECTURA (2 PAX), AULA DE INFORMÁTICA (8
PAX) S.POL.: SALA POLIVALENTE (25 PAX), SALA DE OBRADOIROS
(25 PAX) (XOGOS, XIMNASIA), AULA DE TV (15 PAX), COCIÑA (20
PAX) S.CER.: ESCRITORIO (A.V., 3 PAX), ALMACÉN
29
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA, SALA DE XOGOS, SALA DE
CONVIVIO S.POL.: SALA POLIVALENTE (X2) S.CER.: ESCRITORIO (A.V.)
S.NOR.: SALA DE LECTURA (15 PAX) PLANTA BAIXA
(INFORMÁTICA) S.POL.: SALA DE XUNTAS (90 PAX) PLANTA BAIXA (COCIÑA, ALMACÉN), SALA POLIVALENTE (60 PAX) 1º ANDAR (XOGOS, XIMNASIA), SALA DE OBRADOIROS (20 PAX) 1º ANDAR S.CER.: ESCRITORIO (A.V.)
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA S.POL.: SALA POLIVALENTE
S.POL.: SALA POLIVALENTE, SALA DE OBRADOIROS (X3), SALA
DE XUNTAS
30
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (DEPUTACIÓN) S.POL.: SALA POLIVALENTE (TV, XUNTAS)
S.POL.: SALA DE XUNTAS
S.NOR.: AULA DE INFORMÁTICA (DEPUTACIÓN) S.POL.: SALA POLIVALENTE (GRANDE) PLANTA BAIXA, SALA
POLIVALENTE (PEQUENA) 1º ANDAR