normativa xeral -...

12
O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas NORMATIVA XERAL

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

Normativa Xeral

Page 2: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

1.iNtroduccióNO programa Xogade, nacido na tempada 2009-2010 con dúas actividades, segue crecendo ano a ano co obxectivo de promocionar e fomentar a práctica de actividade física na poboación escolar galega ao abeiro do Plan Galicia Sauda-ble da Xunta de Galicia.

Para a posta en marcha deste programa e ao amparo das competencias das administracións públicas galegas en materia deportiva da LEI 3/2012 de 2 de abril, do deporte de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte establece, contra o seu presuposto, para o mellor exercicio destas competen-cias, segundo o artigo 6, Título II desta lei:

Un convenio anual con cada unha das federacións galegas, onde se establece o desenvolvemento da actividade depor-tiva federada.

Un convenio de colaboración coas Agrupacións Deportivas escolares para o desenvolvemento da actividade deportiva escolar.

Así mesmo, facilita un seguro deportivo a todos os deportis-tas federados de 6 a 16 anos,

independentemente da súa modalidade deportiva. Esta é unha medida fundamental para apoiar, sólida e eficazmen-te, o deporte de base, dentro do compromiso da Xunta de Galicia coa promoción da actividade físico deportiva e os hábitos saudables.

Coa finalidade de minimizar ao máximo outra das proble-máticas que plantexa a xeografía galega de cara á accesi-bilidade, a Secretaría xeral para o deporte inviste un ano máis na contratación dun servizo de transporte que garante a todos os escolares o acceso á actividade deportiva escolar en todas as súas modalidades, incluíndo a actividade depor-tiva federada de onde quedarían excluídas as modalidades de deporte de equipo, ao non axustarse o calendario de competición á duración da actividade escolar.

2.Normativa XeralA Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das agrupacións deportivas e federacións galegas, convoca o programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) en idade escolar para o curso 2013/2014.

3.actividadeS do ProGramaACTIVIDADE DEPORTIVA ESCOLAR

ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA

ACTIVIDADE LÚDICA.

COÑECE O MEU CLUB.

EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES.

MÓVETE +

XOGOS POPULARES.

XOGANDO CO VENTO

SEGURO FEDERADO DE 6 A 16

4- actividade dePortiva eScolar

4.1 modalidadeS

• Atletismo en pista

• Bádminton

• Baloncesto

• Balonmán

• Béisbol e Sóftbol

• Campo a Través

• Duatlón

• Fútbol sala

• Orientación

• Tenis de mesa

• Voleibol

• Xadrez

• Xogando co atletismo

4.2 iNScricióNS actividade dePor-

tiva eScolar

Poderán inscribirse neste programa, sen precisar licenza federativa, os centros de ensino, ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc. que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

A inscrición realizarase a través da páxina web: xogade.xunta.es, na aplicación “INSCRICIONS”. Pódese acceder tamén a través da web da Secretaría Xeral para o Deporte “deporte.xunta.es”.

Para acceder á inscrición, o responsable da entidade solicitará a clave de acceso a través da web para inscribir equipos e deportistas. As entidades que xa participaran nas tempadas anteriores manteñen o mesmo nome de usuario e contrasinal. As entidades novas no programa recibirán as mesmas dos seus respectivos servizos provinciais.

As datas límite de inscrición están especificadas nas distin-tas modalidades deste programa.

Page 3: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

Para inscribirse, deberán dirixirse ao menú de “equipos” e dar unha “nova entrada” para crear o equipo en primeiro lugar, e a continuación introducir ou vincular aos deportis-tas.

4.3. orGaNiZacióN actividade de-

Portiva eScolar

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos de deporte de cada provincia, organizará a actividade correspondente a cada unha das modalidades en función do número de inscritos, podendo desenvolverse de diferen-te maneira en cada provincia en función dos criterios que precise establecer cada Servizo Provincial de Deporte.

Para a organización desta actividade poderá contar coa colaboración das agrupacións deportivas de zona, clubs, Concellos ou calquera outra entidade pública ou privada que dende a Secretaría Xeral e os Servizos Provinciais de Deporte se estime convinte.

Para a participación nesta actividade a Secretaría Xeral para o Deporte disporá dun seguro de accidente deportivo gra-tuíto durante o período de duración da mesma, para todos os escolares participantes, os seus técnicos, adestradores ou profesores responsables. Así mesmo facilitará de forma gratuíta, a través dos seus Servizos Provinciais, sempre que estes o estimen necesario para a participación na activida-de, dun servizo de transporte gratuíto, para o cal deberá tramitarse unha solicitude expresa en cada caso por parte do interesado para poder ser valorada.

A participación nesta actividade deportiva será TOTAL-MENTE GRATUÍTA e por tanto en ningún caso poderá estar suxeita a ningunha cota de inscrición ou similar.

4.4 documeNtacióN actividade dePor-

tiva eScolar

Cada entidade deberá cubrir no procedemento de inscrición a través de Internet os seguintes datos:

• Datos completos da entidade.

• Datos dos ou das responsables.

• Datos dos/das deportistas inscritos/as na modalidade elixida.

O/a responsable garantirá que os datos de cada participante corresponden á realidade.

Unha vez formalizada a inscrición dos participantes no programa XOGADE, deberán imprimir o certificado de inscrición e as fichas carné dos/as deportistas, que de forma automática facilita o programa de internet. No caso de facer cambios nas inscricións, deberán imprimir o novo certificado e os carnets das altas realizadas no programa, xa que ditos documentos serán requiridos na competición. No caso do carné do deportista será de carácter opcional nas fases previas pero obrigatorio a partir das fases provinciais e na fase autonómica de campo a través. Dito carné poderá ser substituído polo DNI.

Nas modalidades deportivas de fútbol sala, baloncesto, balonmán e voleibol dito carné será obrigatorio dende a primeira fase ou xornada.

4.5 SeGuro actividade dePortiva

eScolar

Todos os participantes na actividade deportiva escolar serán dados de alta nun seguro deportivo de accidentes, que cubrirá a asistencia nos centros concertados ao longo da competición, nos adestramentos e desprazamentos ás distintas competicións organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, unicamente dentro do programa Xogade. Os calendarios da actividade semanal poderán visualizarse na web. Esta póliza non será válida en actividades non or-ganizadas e non introducidas no calendario/programación de Xogade e finalizará o 30 de xuño unha vez rematado dito programa.

Integrarán igualmente o colectivo asegurado os adestrado-res, os monitores e os delegados dos equipos participantes nas referidas competicións deportivas, cando a súa activida-de garde relación co colectivo ao que se refire o parágrafo anterior.

Toda a documentación referente a cobertura do seguro está dispoñible na web; protocolo de actuación ante accidentes, parte de accidente, relación de centros concertados.

4.6 ParticiPaNteS actividade de-

Portiva eScolar

Todos/as participantes terán que xogar na categoría que lles

Page 4: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

corresponda pola súa idade, agás naqueles deportes nos que as normas técnicas se especifiquen outras idades. En ningún caso os/as xogadores/as poderán cambiar de equipo ou pertencer a máis dun da mesma modalidade deportiva ao longo de toda a tempada. Só excepcionalmente, os Ser-vizos Provinciais de Deporte poderán autorizar o cambio de equipo por causas xustificadas, coma o cambio de domicilio familiar ou a desaparición do equipo.

Categoría benxamín: a participación será mixta, agás nas modalidades deportivas nas que se especifique doutro xeito na regulamentación.

Categoría alevín: os equipos poderán ser femininos, mas-culinos e mixtos (integrados por nenos/as), agás campo a través, atletismo pista, na que a categoría será masculina e feminina.

Categoría infantil: a competición será feminina e masculi-na, e poderase autorizar a participación de deportistas femi-ninos en equipos masculinos en casos excepcionais, tras presentar solicitude individual ante a Secretaría Xeral para o Deporte xunto á autorización paterna, agás en xadrez por equipos, no que a competición será mixta e feminina. Este caso podería darse tamén na modalidade de bádminton se o Servizo Provincial establecese un formato de competición por equipos.

Categoría cadete: Soamente para as modalidades de Bádminton, Béisbol e Sóftbol, Campo a Través, Duatlón, Orientación, Tenis de Mesa e Xadrez.

A competición será feminina e masculina, e poderá autori-zarse a participación de deportistas de categoría feminina en equipos masculinos en casos excepcionais, co mesmo procedemento anterior.

Se un equipo ou deportista clasificado ou seleccionado para a seguinte fase non puidese asistir, deberá xustificalo ante a Secretaría Xeral para o Deporte; neste caso, será substituído polo seguinte clasificado/a ou seleccionado/a. De non presentar a xustificación poderá ser sancionado/a e impediráselle a súa participación na tempada seguinte.

Calquera pecualiaridade a maiores establecida polo Servi-zos Provincias de acordo coas súas agrupación deportivas de zona, será debidamente comunicada nas reunións orga-nizativas previas, unha vez finalizado o prazo de inscrición.

4.7 idadeS doS ParticiPaNteS Na

actividade dePortiva eScolar

Con carácter xeral establécense as seguintes categorías para a actividade deportiva.

BENXAMÍN: 2005-2004.

ALEVÍN: 2003 - 2002

INFANTIL: 2001-2000.

CADETE: 1999-1998

Nas categorías e fases existen modificacións dependendo da regulamentación específica de cada unha das modali-dades deportivas, polo que será necesario a súa consulta.

O desenvolvemento das actividades deportivas será en fases: local ou comarcal, intercomarcal (se procede) e provincial. Na modalidade de Campo a Través realizarase a continuación unha fase autonómica.

curSo 2013-2014idadeS Por modalidade dePortiva

ACTIVIDADES BENXAMÍN ALEVÍN INFANTIL CADETE

ATLETISMO PISTA 2006-2005 2004-2003 2002-2001 2000-1999

CAMPO A TRAVÉS 2006-2005 2004-2003 2002-2001 2000-1999

XOGANDO CO ATLETISMO 2006-2005 2004-2003 - -

BÁDMINTON, BALONCESTO, BALONMÁN, FÚTBOL

SALA, TENIS DE MESA, VOLEIBOL, XADREZ 2005-2004 2003-2002 2001-2000 1999-1998

BÉISBOL E SOFBOL 2005-2004-2003 2002-2001 2000-1999

DUATLÓN 2005-2004 2003-2002 2001-2000 1999-1998

ORIENTACIÓN - - 2001-2000 1999-1998

Page 5: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

4.8 PremioS Na actividade dePor-

tiva eScolar

Os tres primeiros clasificados, nas fases intercomarcais (se procede) e provinciais, recibirán como recoñecemento do seu resultado os premios correspondentes. As medallas serán proporcionados polos servizos de deporte de cada provincia ou según acorde, a través das agrupación deporti-vas. No campionato galego de campo a través, os premios serán proporcionados pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Nas competicións por equipos, de darse o caso na norma-tiva específica de cada evento, recibirán ademais un trofeo segundo o posto acadado, e tamén ao 4º clasificado cando corresponda.

4.9 NormaS Na actividade dePorti-

va eScolar

Os regulamentos de xogo, sancións, recursos etc. serán os que figuran nas bases xerais e normas técnicas de cada deporte. Así mesmo, todos os aspectos non recollidos nestas normas regularanse pola normativa das respectivas federacións galegas e os comités provinciais organizadores.

4.10 rÉXime diSciPliNario Na ac-

tividade dePortiva eScolar

Entendendo que na actividade deportiva escolar deberán primar os aspectos educativos, dando maior peso ao obxec-tivo participativo e non competitivo, non debera ser preciso un desenvolvemento de réxime disciplinario mais alá das propias normas de convivencia e educación existentes nunha sociedade como a nosa. Aínda así, se fose preciso, poderá ser aplicado o establecido en primeira instancia neste punto para a actividade deportiva federada.

5- actividade dePortiva Federada

As federacións galegas no cumprimento das súas funcións de promoción das súas modalidades deportivas así como da organización de competicións oficiais autonómicas, esta-blecidas no artigo 56, sección 3º, CAP II de entidades depor-tivas da Lei 3/2012 de 2 de abril, organizarán a competición deportiva federada en idade escolar, tendo sempre en conta a obriga de cumprimento establecida para estas entidades no convenio anual coa Secretaría Xeral para o Deporte.

5.1 modalidadeS Na actividade de-

Portiva Federada• Baloncesto

• Balonmán

• Fútbol sala

• Judo

• Loita Olímpica

• Natación

• Natación sincronizada

• Patinaxe Artística

• Taekwondo

• Triatlón

• Voleibol

• Ximnasia Rítmica

5.2 iNScricióNS actividade dePor-

tiva Federada

Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc., que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia sempre que teñan a licenza federativa correspondente á modalidade na que se inscriben.

A inscrición realizarase a través da páxina web: xogade.xunta.es, na aplicación “INSCRICIONS”. Pódese acceder tamén a través da web da Secretaría Xeral para o Deporte “deporte.xunta.es”.

Para acceder á inscrición, o responsable da entidade solicitará a clave de acceso a través da web para inscribir equipos e deportistas. As entidades que xa participaran nas tempadas anteriores manteñen o mesmo nome de usuario e contrasinal. As entidades novas no programa recibirán as mesmas dos seus respectivos servizos provinciais.

As datas límite de inscrición están especificadas nas distin-tas modalidades deste programa.

Para inscribirse, o primeiro paso será entrar no menú de “Equipo” e dar una “Nova entrada” para xerar o equipo e a continuación introducir ou vincular aos deportistas.

Ao seleccionar no programa a actividade deportiva federada aparecerán as modalidades dispoñibles, así como as cate-gorías en cada uno dos casos.

Page 6: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

5.3 orGaNiZacióN da actividade

dePortiva Federada

Esta actividade estará organizada polas diferentes federa-cións galegas.

Para a participación nesta actividade a Secretaría Xeral para o Deporte facilitará gratuitamente, o seguro de accidente deportivo asociado á licenza da federación corresponden-te en cada unha das modalidades, tanto para todos os escolares participantes, como para os seus técnicos, ou adestradores responsables.

Nas modalidades deportivas individuais; Judo, Loita Olím-pica, Natación , Natación Sincronizada, Patinaxe Artística, Taekwondo, Triatlón e Ximnasia Rítmica, os Servizos de deportes Provinciais, sempre que éstos o estimen necesa-rio para a participación na actividade, facilitarán o servizo de transporte gratuíto, para o cal deberá tramitarse unha solicitude expresa en cada caso por parte do interesado. Así meso a Secretaría xeral para o Deporte financiará as xornadas nas que se desenvolve a competición de cada una destas modalidades.

Nas modalidades deportivas de equipo: Baloncesto, Balonmán, Fútbol Sala e Voleibol, a Secretaría Xeral Para O Deporte financiará a totalidade das arbitraxes nas cate-gorías benxamín e alevín, subvencionará parcialmente as arbitraxes na categoría infantil, e na categoría cadete, como en anos anteriores, cubrirá o seguro de accidente deportivo.

Para o coñecemento das bases de competición, os interesa-dos deberán dirixirse á federación deportiva organizadora, para o que se establece a continuación os seguintes datos de contacto:

BALONCESTO: Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 14. 15890 – Santiago de C. Tel.: 981 585 040 (Susana) / 981.565.700, Fax: 981.566.066 E-mail: [email protected]// direcció[email protected] Web: www.fegaba.com

BALONMÁN: Fotógrafo Luis Ksado, 17 – baixo, local 3. 36209–Vigo (Pontevedra).Tel.: 986.410.618 / 986.420.176 Fax: 986.239.366 E-mail: [email protected] Web: www.fgbalonman.com

FÚTBOL SALA: Praza Agustín Díaz, nº 3. 15008 – A Coruña Tel: 981.134.238 Fax: 981.134.229 E-mail: [email protected]

JUDO E D.A., Praza Agustín Díaz, nº 3. 15008 – A Coruña

Tel.: 981.133.758 Fax: 981.132.440 E-mail: [email protected] Web: www.fgjudo.com

LOITA: Fotógrafo Luis Ksado, 17, local 6. 36209 – Vigo. (Pontevedra) Tel.: 986 247 519 Fax: 986.247.521 E-mail: [email protected]

NATACIÓN: Praza Agustín Díaz, nº 3. 15008 – A Coruña

Tel.: 981 174 377 Fax: 981.290.900 E-mail: [email protected] Web: www.fegana.com

PATINAXE: Praza Agustín Díaz, nº 3. 15008 – A Coruña Tel.: 981 130 994 Fax: 981.134.183 E-mail: [email protected] Web: fgpatinaje.com

TRIATLÓN E PÉNTATLON MODERNO, Rúa Castelao, 21 – entrechán 2. 27001 – Lugo. Tel.: 982 251 345 Fax: 982.109.800 E-mail: [email protected] Web: www.fegatri.org

TAEKWONDO, Praza Agustín Díaz, nº 3. 15008 – A Coruña

Tel.: 981 130 487 Fax: 981 134 996 E-mail: [email protected] Web: www.taekwondogalego.com

VOLEIBOL, Praza Agustín Díaz, nº 3. 15008 – A Coruña Tel.: 981 134 453 / 607 619 141 Fax: 981.132.959 E-mail: [email protected] Web: www.webgalega.com/fgvb

XIMNASIA, R/ Noriega Varela, 12 - baixo. 32004 – Ourense.

Tel.: 988 238 999 / 606 381 755 Fax: 988.392.168 E-mail: [email protected] Web: www.ximnasia.com

5.4 documeNtacióN Na actividade

dePortiva Federada

Cada entidade deberá cubrir no procedemento de inscrición a través de Internet os seguintes datos:

• Datos completos da entidade.

• Datos dos ou das responsables.

• Datos dos/das deportistas inscritos/as na modalidade elixida.

Page 7: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

O/a responsable garantirá que os datos de cada participante corresponden á realidade.

Será a normativa establecida por cada unha das federacións as que determinen a documentación obrigatoria a presentar no momento da competición, podendo ser o certificado de inscrición, que de forma automática facilita o programa ou ben a licenza deportiva por ser esta de carácter obrigatorio para a participación na actividade deportiva federada

5.5 SeGuro Na actividade dePorti-

va Federada

Todos os participantes na actividade deportiva federada serán dados de alta nun seguro deportivo de accidentes, que cubrirá a asistencia nos centros concertados ao longo da tempada de vixencia da súa licenza federativa.

Integrará igualmente o colectivo asegurado os adestrado-res, os monitores e os delegados dos equipos participantes nas referidas competicións deportivas, cando a súa activida-de garde relación co colectivo ao que se refire o parágrafo anterior.

Toda a documentación referente a cobertura do seguro esta dispoñible na web; protocolo de actuación ante accidentes, parte de accidente e relación de centros concertados.

5.6 ParticiPaNteS Na actividade

dePortiva Federada

Todos/as participantes terán que xogar na categoría que lles corresponda pola súa idade, agás naqueles deportes nos

que as normas técnicas se especifiquen outras idades. En ningún caso os/as xogadores/as poderán cambiar de equipo ou pertencer a máis dun da mesma modalidade deportiva ao longo de toda a tempada.

Categoría benxamín: a participación será mixta, agás nas modalidades deportivas nas que así se estipule segundo a regulamentación.

Categoría alevín: os equipos poderán ser femininos, mascu-linos e mixtos, agás campo a través e atletismo en pista, nos que as categorías serán masculina e feminina.

Categoría infantil: a competición será feminina e masculina.

Categoría cadete: a competición será feminina e masculina.

Para máis información, consultar as bases da normativa da competición de cada unha das federacións.

5.7 idadeS doS ParticiPaNteS Na

actividade dePortiva Federada

Con carácter xeral establécense as seguintes categorías para a actividade deportiva.

BENXAMÍN: 2005-2004. ALEVÍN: 2003 - 2002

INFANTIL..: 2001-2000. CADETE: 1999-1998

Nas categorías e fases existen modificacións dependendo da regulamentación específica de cada unha das modali-dades deportivas, polo que será necesario a súa consulta.

O desenvolvemento das actividades deportivas será esta-

curSo 2013-2014idadeS Por modalidade dePortiva

ACTIVIDADES BENXAMÍN ALEVÍN INFANTIL CADETE

BÁDMINTON, BALONCESTO, BALONMÁN, FÚTBOL

SALA, TENIS DE MESA, VOLEIBOL, XADREZ 2005-2004 2003-2002 2001-2000 1999-1998

JUDO 2005-2004 2003-2002 2001-2000 1999-1998

LOITA OLÍMPICA 2005-2004-2003-2002 2001-2000-1999 1998

NATACIÓN 2005-2004 2003-2002 - -

NATACIÓN SINCRONIZADA 2005-2004 2003-2002 - -

PATINAXE ARTÍSTICA 2005 - 2004-2003-2002 2001-2000-1999-1998

TAEKWONDO 2005-2004 2003-2002 2001-2000 1999-1998

TRIATLÓN 2005-2004 2003-2002 2001-2000 1999-1998

XIMNASIA 2006-2005 2005-2004-2003 2003-2002-2001 2001-2000-1999

Page 8: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

blecido por cada unha des federacións deportivas en cola-boración coa Secretaría Xeral para o Deporte e atendendo en todo momento ao recollido no convenio anual existente entre ambas partes.

5.8 PremioS Na actividade dePor-

tiva Federada

Dependerá do establecido en cada caso pola federación galega correspondente.

5.9 NormaS Na actividade dePorti-

va Federada

Os regulamentos de xogo, sancións, recursos etc. serán os que figuran nas bases xerais e na normativa das respectivas federacións galegas.

5.10 rÉXime diSciPliNario Na ac-

tividade dePortiva Federada

As infraccións das normas xerais de conduta deportiva, así como as cometidas con ocasión ou como consecuencia dos encontros e competicións deportivas, denunciaranse ante o comité da delegación da federación galega respectiva, dentro dos tres días seguintes ao do remate do encontro.

As resolucións ditadas en primeira instancia polo anterior comité de competición poderán ser recorridas, no prazo máximo de dez días, ante o comité de apelación da federa-ción respectiva.

Contra as resolucións do comité de apelación, que esgotan a vía federativa, caberá interpoñer recurso, no prazo máximo de 15 días, ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Para presentar denuncia e posteriores recursos non será necesario facer ningún depósito económico.

Aquelas entidades que acheguen documentación que se demostre falseada sancionaranse na medida que se deter-mine dende a Secretaría Xeral para o Deporte.

6- actividadeS lÚdicaS

As actividades lúdicas ofertadas dentro do Programa XOGADE 2013-2014, teñen como obxectivo principal o ache-gamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas empregando a mellor das ferramentas das que se dispón en educación: O XOGO.

A través do XOGO os nenos e nenas tanto de primaria como de secundaria terán a posibilidade de divertirse ao mesmo tempo que realizan a súa primeira inmersión en diferentes deportes.

Dende a Secretaría Xeral para o Deporte quérese dotar aos centros escolares dos medios humanos e materiais nece-sarios para levar a cabo este acercamento dentro do propio centro escolar.

Serán xornadas de achegamento de diferentes modalidades deportivas aos centros educativos para proporcionarlles aos escolares un primeiro contacto, empregando o xogo como ferramenta educativa.

As actividades realizaranse en horario lectivo durante unha ou dúas mañás dependendo de cada actividade e levaranse a cabo por técnicos da federación correspondente.

O centro disporá dunha unidade didáctica na web ao finali-zar a actividade.

actividadeSlÚdicaS cateGorÍaS data lÍmite

de iNScricióN

BÁDMINTON NA ESCOLA PRIMARIASECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

BAILE DEPORTIVO 6.º PRIMARIA1.º SECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

BÉISBOL E SOFBOL5.º-6.º PRIMARIASECUNDARIA1º. BACHARELATO

15 DE NOVEMBRO DE 2013

COLOMBOFILIA 5.º-6.º PRIMARIA1º- 2º SECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

ESGRIMA 4º - 5º -6º PRIMARIA1º- 2º SECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

ESPELEOLOXÍA5.º-6.º PRIMARIASECUNDARIABACHARELATO

17 DE FEBREIRO DE 2012

JUDO NA ESCOLA PRIMARIASECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

Page 9: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

LOITA OLÍMPICA NA ESCOLA PRIMARIASECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

ORIENTACIÓN NA ESCOLA PRIMARIASECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

RUGBY NA ESCOLA5.º-6.º PRIMARIASECUNDARIA 1º. BACHARELATO

15 DE NOVEMBRO DE 2013

TAEKWONDO NA ESCOLA PRIMARIASECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

TRIATLÓN NA ESCOLA5.º-6.º PRIMARIA1.º-2.º SECUNDARIA3.º-4.º SECUNDARIA

15 DE NOVEMBRO DE 2013

VOLEIBOL NA ESCOLA 5.º-6.º PRIMARIA1.º-2.º SECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

XADREZ NA ESCOLA 4.º-5.º PRIMARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

XIMNASIA NA ESCOLA PRIMARIA SECUNDARIA 15 DE NOVEMBRO DE 2013

ParticiPaNteS

Os escolares de primaria, secundaria e bacharelato dos centros de ensino pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia, previa solicitude por parte dos centros escolares.

iNScricióN

Na web xogade.xunta.es, atoparás a aplicación de “inscri-ción” para o proceso de solicitude (www.deporteescolarga-lego.com).

O 15 de novembro, unha vez rematado o prazo de solicitude, comezará o proceso de validación, segundo os criterios publicados na web. Cada centro poderá inscribirse como máximo en tres actividades.

Os centros escolares que obteñan a validación serán avisa-dos por correo electrónico e a través da web.

criterioS de validacióN

Os centros escolares que soliciten esta actividade serán atendidos baseándose nos seguintes criterios de validación:

Orde de inscrición.

Posibilidades xeográficas de realización.

Reparto equitativo (solicitudes por provincia).

Non ter validada a mesma actividade en anos anteriores.

7- coÑece o meu cluB

Con este programa preténdese facilitarlles aos escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecerlles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, e fomentar a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. E poñer así en mans dos nosos alumnos e alumnas a maior cantidade de recur-sos posibles, que lles axuden na consecución de hábitos cada vez máis activos e saudables.

eN que coNSiSte?En achegarlles aos escolares os recursos deportivos dis-poñibles na súa poboación, e ofrecerlles unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre, que lles axude na consecución de hábitos activos e saudables.

Os técnicos do club visitarán os centros escolares para facer unha presentación do seu deporte, explicar o funcionamen-to do club (localización, horarios de adestramento, compe-ticións…) e invitarán aos escolares a compartir un dos seus adestramentos. Crearase así un vínculo importante entre o centro escolar e o club da localidade.

O centro escolar deberá emitirlle un certificado por dupli-cado ao club que realice a actividade, unha vez finalizada esta, onde se indiquen os datos indispensables publicados na web.

O club terá a responsabilidade de cerciorarse de que uns dos certificados sexa remitido a Secretaria Xeral para o Deporte (Servizos Provinciais), para que alí conste a efectos oportunos de posibles subvencións.

Page 10: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

a queN vai diriXido? Aos clubs deportivos que estean inscritos no rexistro de clubs da Comunidade Autónoma de Galicia.

como Facer a Solicitude? Na paxina web xogade.xunta.es, os clubs interesados deberán rexistrarse en Xogade, e poñer os seus datos á disposición dos centros de ensino da súa localidade intere-sados nesta actividade.

coNdicióNS do cluB:Deberá estar rexistrado na federación deportiva correspon-dente na súa modalidade.

PoSta eN Práctica:• FASE 1. Realización da solicitude por parte do club.

• FASE 2. O centro escolar poderá ver na web os clubs solicitantes.

• FASE 3. O centro escolar establecerá contacto co club segundo os seus intereses.

• FASE 4. Visita do club ao centro escolar en horario lectivo para presentar a súa modalidade .

• FASE 5. (Optativa para o centro) visita ás instalacións do club co alumnado interesado para coñecer e practicar esa modalidade. (O transporte, en caso de ser necesario irá a cargo do centro escolar).

8- XoGoS PoPulareS

eN que coNSiSte?

En cederlle ao centro educativo durante unha semana o seguinte lote de material en concepto de préstamo:

1. Expositores para colocar no centro escolar:

O centro escolar disporá de 12 despregables verticais con estrutura de aluminio para montar a exposición. Neles explicaranse mediante texto e imaxes diferentes xogos populares e tradicionais atendendo aos seguintes epígrafes:

• Nome do xogo.

• Materiais e espazos necesarios.

• Descrición do xogo.

• Regulamento (en caso necesario).

• Variables do xogo.

2. Baúl de xogos:

Onde se encontrará o material necesario para poñer en práctica os xogos expostos.

3. Unidades didácticas:

Adaptadas ás diferentes idades dos participantes para que o profesorado poida poñelas en práctica co seu alumnado.

criterioS de validacióN:Os centros escolares que soliciten esta actividade serán atendidos baseándose nos seguintes criterios de validación:

ordeN de iNScricióN.Proximidade con outros centros solicitantes: intentar que ningunha zona quede sen participar neste programa e intentar aproveitar as solicitudes de centros próximos entre si, o que facilitaría o traslado do material en préstamo.

Repartición equitativa: cada servizo provincial xestionará este material realizando unha repartición por localidades o máis equitativa posible.

A non realización desta actividade en anos anteriores.

iNScricióN:Na paxina web deporte.xunta.es, atoparás a XOGADE e a plataforma deseñada para o proceso de solicitude (www.deporteescolargalego.com).

O 15 de novembro, unha vez rematado o prazo de solicitude, comezará o proceso de validación, segundo os criterios publicados na web.

Os centros escolares que obteñan a validación serán avisa-dos por correo electrónico e a través da web.

9- educacióN, dePorte e valoreSO deporte ten de seu valores como o traballo en equipo, o respecto polo compañeiro, a delegación de tarefas, a corres-ponsabilidade, o esforzo en favor dun obxectivo común, o fomento da superación persoal…, valores todos eles que poden ser aplicables a todos os ámbitos da vida persoal e profesional dos nenos.

Con este proxecto queremos presentar o Xogade non só como o espazo para a práctica da actividade física, senón como unha plataforma de educación a través do deporte, e aproveitar a estrutura xa vixente (disciplinas deportivas, número de xogadores, adestradores, axentes, familias…) como unha oportunidade para educar e promover condutas e valores.

Page 11: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

eN que coNSiSte?Exposición itinerante polos centros educativos. Con este material preténdese axudar ao profesorado a divulgar entre o colectivo escolar o fomento dos valores proporcionados a través da práctica deportiva.

Está dirixido a todo o colectivo escolar.

material NeceSario:Lonas despregables con estrutura de aluminio e soporte traseiro para colocar en posición vertical e preferiblemente en espazos interiores. Son lixeiros, de fácil manexo e dura-deiros.

oBXectivoS: Construír unha ferramenta de traballo para titores, mestres e monitores, así como todos os axentes involucrados no deporte base que poida exemplificar os valores inherentes ao deporte.

Uniformar as diferentes iniciativas que os docentes e centros están xa levando a cabo co seu alumnado e propoñer unha liña de traballo conxunta.

Presentar o deporte como ferramenta educadora e forma-dora de condutas e valores de desenvolvemento individual e social.

Fomentar e desenvolver a educación multicultural e inclusi-va grazas ao potencial pedagóxico do deporte.

Previr a xenofobia e as condutas violentas, non só no ámbito do deporte senón como exemplo extrapolable á súa vida social e profesional nun futuro.

Mellorar a convivencia entre equipos e as relacións que se producen nas competicións e fomentar a convivencia e o respecto mutuo.

coNtidoS:

1. RESPECTO:

Respecto cara ao árbitro.

Respecto cara aos compañeiros.

Respecto cara aos rivais.

2. IGUALDADE:

Igualdade de xénero.

Igualdade de raza.

Igualdade cara á discapacidade.

3. ESFORZO:

O deporte como exemplo de superación.

Aprendemos se practicamos, o adestramento como esce-nario.

Ser constante no traballo sen deixar as cousas a medias.

4. NON VIOLENCIA:

Prevención da violencia física.

Prevención da violencia verbal.

O diálogo.

5. COOPERACIÓN:

Traballo en equipo.

Axudar ao compañeiro.

Compartir cousas.

6. DIVERSIÓN:

O primeiro é divertirse.

O deporte é un xogo.

7. XOGO LIMPO:

As regras do xogo son importantes.

8. TOLERANCIA:

Cada un de nós é diferente ao outro.

9. RESPONSABILIDADE PERSOAL:

Puntualidade.

Materiais.

Compromiso persoal co equipo.

Criterios de validación:

Os centros escolares que soliciten esta actividade serán atendidos baseándose nos seguintes criterios de valida-ción:

• Orde de inscrición.

• Proximidade con outros centros solicitantes: intentar que ningunha zona quede sen participar neste programa e intentar aproveitar as solicitu-des de centros que queden próximos entre si, o que facilitaría o traslado do material en préstamo.

Page 12: Normativa Xeral - xogade.xunta.galxogade.xunta.gal/adjuntos/cNoticias/1_1_normativa2013_2014..._1.pdf · MÓVETE + XOGOS POPULARES. XOGANDO CO VENTO SEGURO FEDERADO DE 6 A 16 4- actividade

O programa XOGADE está organizado pola Secretaria Xeral para o Deporte en colaboracion coas agrupacións deportivas e federaciónes galegas

• Repartición equitativa: pretenderase que cada servizo provincial xestione este material e realizará unha repar-tición por localidades o máis equitativa posible.

• Realización desta actividade en anos anteriores.

iNScricióN:Na paxina web xogade.xunta.es, atoparás a plataforma de “Inscrición” deseñada para o proceso de solicitude (www.deporteescolargalego.com).

O 15 de novembro, unha vez rematado o prazo de solicitude, comezará o proceso de validación, segundo os criterios publicados na web.

Os centros escolares que obteñan a validación serán avisa-dos por correo electrónico e a través da web.

10- móvete +

“Móvete+” é unha actividade do programa Xogade dirixida a tódolos escolares de Galicia. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar mais canti-dade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

Baseado nunha composición musical e coreográfica orixinal, “Móvete+” é o novo himno do Plan Galicia Saudable (http://galiciasaudable.xunta.es.) que ten como obxectivo difundir entre a comunidade educativa e, por extensión, á sociedade galega, os principais valores do Plan Galicia Saudable.

A acción desenvolverase nos tempos de lecer dos escolares, como recreos ou outros como o programa “madrugadores”, antes ou despois do comedor, ou á espera de outras activi-dades extracurriculares.

A actividade conta cun material didáctico e está estruturada para que o profesorado poida integrala nas clases das materias que estimen oportunas.

11- XoGaNdo co veNto

Esta actividade nace para dar cabida a un conxunto de proxectos que se veñen desenvolvendo en diferentes puntos da nosa xeografía coa finalidade de acercar aos escolares galegos a un medio tan importante para a nosa Comunidade Autónoma como é o MAR.

O denominador común destes proxectos será o emprego do mar, do vento e da vela como instrumentos de xogo para traballar cos rapaces e rapazas, contidos transversais entre diferentes áreas sen deixar de promover e fomentar a actividade física na súa vida cotiá.

12- SeGuro Federado de 6 a 16

A Xunta de Galicia proporciona un seguro deportivo gratuíto para todos os federados de 6 a 16 anos. Esta é unha medida fundamental para apoiar, sólida e eficazmente, o deporte de base, dentro do compromiso da Xunta de Galicia pola pro-moción da actividade físico deportiva e os hábitos saudables.

Serán as federación deportivas galegas (co seu usuario e clave de federación ou de axudante) as que dean de alta aos deportistas no momento de tramitar a licenza federativa, Poderán facelo importando un Excel ou manualmente en caso de que o número de deportistas a asegurar sexa ase-quible.

O modelo de Excel a pregar será enviado dende a Secretaría Xeral para o deporte.

Na barra do menú inferior aparecerá un novo botón para a función de “Importar Excel”

Deberán importar a totalidade de deportistas federados de 6 a 16 anos que desexen asegurar ó tramitarlles a licenza deportiva. Isto é independente ao feito de que os clubs intro-duzan aos deportistas na actividade deportiva federada, xa que e a federación a única con competencia na tramitación de licenza deportiva.