carátula primaria gallego 2 14/11/06 10:37 página 2 móvete ... · desde hai anos apostamos pola...

15
móvete en Rede Nenos e Nenas 2 Organiza: Colabora: Campaña educativa pola inclusión e a equidade. Organiza: Colabora:

Upload: buinhu

Post on 28-Nov-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

móveteen Rede

Nenos e Nenas 2

Organiza: Colabora:

Campaña educativa pola inclusión e a equidade.

Organiza: Colabora:

Carátula primaria gallego 2 14/11/06 10:37 Página 2

C o o r d i nación de Sensibilización: R a q u el Mart í n . Responsable de Educación: Irene Ort e ga . C o o r d i nación A u t o r í a : Je n ni f er Wil liams R a m o s .

Redacción: Jennifer Williams Ramos. Ilustracións: Mónica Almansa. Coordinadora de Tradución: Amalia Santos García. Tradución:R e v erso Servi zos Ling ü í st i c o s , S.L. Dirección de A rte e Deseño Gráfi c o : M a ri b el V á z q u e z . Imprime: Iarriccio Artes Gráficas.D e p ó s i t ol e g a l : M - 3 4 8 5 2 - 2 0 0 5 .S e t e m b ro 2006. Impreso en papel reci c l a d o .

100 millóns de nenos e nenas non teñen acceso á educación.2 de cada 3 persoas analfabetas son mulleres.

2.500 millóns de persoas sobreviven con só 2 euros ao día.

"A pobreza non é un fenómeno natural. É resultado da acción humanae pode ser superada e erradicada coas accións dos seres humanos…". Nelson Mandela

"Temos os cartos, temos os medicamentos, temos a ciencia, pero, temos a vontade?Temos a vontade de facer que a pobreza sexa historia?". Bono, U2

Non nos dá igual.

sumarioMedio natural

Consumo responsable

Interculturalidade

Paz

Igualdade de oportunidades

Saúde

Miscelánea

2

4

6

8

9

10

Cal é o teu papel?

Facemos iogur?Chocolate amargo

Bicho boliñaNun lugar do mundo

A mesma historia

Vaia lea!

Unha vida sa

CanciónsAdiviñasPoesíasPara navegarPara ler

2015: 9 anos paracambiar o mundo

Se desexas máis información sobre a campaña ¿Igual-Dá?, escríbenos! Entreculturas-Fe e Alegría. Departamento deEducación para o Desenvolvemento. Pablo Aranda 3, Madrid 28006. E-mail: [email protected]

Obxectivos:1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusiónasociados á desigualdade de oportunidades,especialmente no exercicio do dereito á educación.

2 Favorecer a reflexión e comprensión da equidade e a inclusión como parte das actitudes, estratexias epolíticas encamiñadas á igualdade de oportunidades,de xeito que se faga fincapé no ámbito educativo.

3 Promover actitudes e valores que faciliten a partici-pación activa a nivel local e global na transformaciónde procesos de exclusión. Conecta ademais con outrasiniciativas sociais con este mesmo fin.

Entreculturas é unha organización non gobernamental, promovida pola Compañía de Xesús, que defende o acceso á educación dos máis desfavorecidos,

como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre culturas.

Desde hai anos apostamos pola promoción social dos excluídos do mundo.En Entreculturas estamos convencidos da necesidade de educar tamén aquí nos

nosos países do norte para a comprensión dun mundo interdependente.

O xornal Móvete en rede. Nenos e Nenas 2 forma parte de ¿Igual–Dá?,campaña educativa en prol da inclusión e a equidade, orientada a comprender a orixe das

desvantaxes que impiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito daeducación, e tamén a necesidade de compensalas para transformar as realidades de

exclusión. Móvete en Rede. Nenos e Nenas 2 está dirixido ao alumnado de educaciónprimaria e propón actividades de transformación desde o cotián.

Porque non nos dá igual. Queremos un mundo máis xusto para todos e todas!

presentación

...2

Diariamente utilizamos moitos tipos de papel. Está presentenos libros que lemos,nos cadernos que usamos no colexio, nosxornais, revistas, folletos... nas etiquetas de moitos envases,na correspondencia, no diñeiro, etc.Pero, preguntácheste algunha vez de onde sae todo ese papel,como se fabrica ou onde vai o papel que depositamos noscolectores...? Imos coñecer algúns datos moi interesantessobre o papel.

Sabías que...?

• Para facer papel utilízase celulosa (unha fibra vexetal proce-dente das árbores), auga e moita enerxía.• Máis do 90% do papel que utilizamos procede dos montes.• Unha quinta parte da extracción mundial de madeira utilí-zase para a fabricación de papel.• No mundo, menos da décima parte dos materiais utilizadospara a fabricación de papel procede doutras fontes non madei-r e i ra s : palla de arroz e trigo, b a ga zo de cana de azucre, cánabo,algodón, etc.• A produción de papel xera gran cantidade de residuos.• Só se consome case a totalidade do papel destinado paraescribir e imprimir nuns poucos países do mundo.• No ano 2002, o consumo de papel en España era de algomáis de 170 kg por persoa ao ano.• Máis da terceira parte dos residuos das cidades europeasestán formados por papel e cartón; a maior parte provén deenvoltorios.

Cal é oTEU PAPEL?

Libros Amigos dos BosquesOs Libros Amigos dos Bosques e stán feitos con papel reciclado e conse gu i ron un afo rro de 1.900 árbores (unhas u p er fi cie equivalente a máis de catro est a dios de fútbol), c a se un millón de li t ros de auga (2/3 dunha piscin ao l í m p i c a ) , 822.800 kWh (enerxía equivalente ao consumo doméstico medio de 250 persoas en España durante unano) e evitou a xera ción de 190 toneladas de resid u o s .www.greenpeace.org

paralembrar { • Día Mundial de Loita

contra a Desertización:17 de xuño.

1. Usas as dúas caras das follas dos teus cadernos?2. Utilizas follas impresas ou usadas por un lado, para apuntamentos, facer contas, debuxos, etc.?3. Usas moitos produtos de "usar e tirar" (panos de papel, papel de cociña, panos de mesa de cociña, etc.)?4. Colles folletos ou xornais gratuítos que non utilizas nin les?5. Mercas produtos que teñen moito envoltorio?6. Sabes facer papel reciclado?7. Depositas todo o papel no colector para reciclar?

Para saber máis:• Como reducir o consumo e optimizar o uso e areciclaxe de papel. 2004.http://www.greenpeace.org/raw/content/espana/reports/el-papel.pdf• Libros Amigos dos Bosqueshttp://www.greenpeace.org/espana/campaigns/bosques/defensores-de-los-bosques-prim/librosamigos-de-los-bosques• Como facer papel reciclado? 10 pasos parareciclar papel na casa.http://www.comsoc.udg.mx/orvicu/red_divulga/articulos/contenidos/papelotes/papel.pdf• Pasos para reciclar papelhttp://www.quintosol.8m.com/Reciclar.htm

Necesitas:

Fas un bo uso do papel?

Paso a paso:

• Corta o papel coas túas mans en anacos pequenos, 2 cmaproximadamente.• Remolla os anacos de papel en auga para que abranden.• Engade a cola branca e bate a mestura cun batedor.• Verte a pasta nun barreño; se queres podes agregaralgúns elementos para decorar o papel, pétalos de flores,fíos de cores, etc.• Somerxe o bastidor no barreño e déixao escorrer.• Traslada a pasta a un trapo ou tea sobre unha superficieplana. Podes eliminar o exceso de auga coa axuda dunrolo ou facendo presión sobre a pasta co trapo entre dúastáboas grandes.• Retira a tea con moito coidado e deixa secar a folla nunlugar ventilado sobre unha superficie plana que podescubrir previamente con plástico.• Transcorridas unhas 8 horas, levanta a folla de papelreciclado coa axuda dunha espátula.

Facemos papel reciclado

• Buscar alternativas para consumir menos papel e usalomellor. Se nunca fixeches papel reciclado é unha boaoportunidade para facelo; é sinxelo e ademais divertido.Anímaste?• Recoller durante un mes a publicidade que chega ácaixa do correo da casa. Utiliza unha báscula e calculacanto se podería acumular nun ano.

...3

É importante que todos fagamos un bo usodo papel; así conservaremos os nososmontes e protexeremos o noso planeta.

2 follas de papel de periódico, 3/4 de litro de auga, 1c u l l erada sopeira de cola bra n c a , 1 bast idor de madeiracon malla plástica, 1 barreño e 1 batedor de cociña.

actividades

...4

Que é o iogur?

actividades• Utilizar os envases de iogur para facer tarros de plantas, porta-clips, etc.Podes usar a túa creatividade para realizar agasallos estupendos.• Comprobar cal é a diferenza de prezo entre un litro de iogur comprado e un litro de iogur feito na casa. A que cres que se debe?• Le as etiquetas dos iogures; ademais de leite e bacterias, teñen outrosingredientes?, sucede o mesmo co feito na casa?, por que?

Para saber máis:• Do iogur e outros alimentoshttp://www.food-info.net/es/qa/qa-fp104.htm • Queres aprender a facer iogur?http://www.pangea.org/cric/cast/articulos/yogur.html

A palabra "iogur" provén da palabra turca “yoghurmak”, que significa 'espesar'. O iogur é un produto frescofermentado. Elabórase con leite; engádenselle unhas bacterias que transforman a súa consistencia e sabor.Adóitase usar para sobremesas, almorzos ou pratos de acompañamento.Tamén existen no mercado ioguresfeitos a partir de leite de soia.

Preparando iogur na casa

Necesitas:

1 litro de leite, 2 culleradas de iogur natural, 1 bote devidro grande ou varios pequenos e 1 culler limpa.

Paso a paso:

•Quecer un litro de leite nun cazo, durante 5 minutos,sen que chegue a ferver.• A contin u a ci ó n , hai que poñelo a arr e f riar rapidamente

ao baño maría, ata que a temperatura diminúa e o leiteestea morno. Engadir dúas culleradas dun iogur naturale remexer.• Colocar a mestura nun recipiente limpo de vidro(unha botella) ou en varios botes pequenos,cerrar outapar cun pano limpo e deixar repousar durante 5 ou 7horas, sen que a temperatura diminúa (pódenseenvolver en papel de periódico).• Unha vez feito o iogur debe gardarse no frigorífico.Conservarase en perfecto estado durante unha semana.

para lembrar { • Día dos Dereitos

do Consumidor/a:15 de marzo.

...5

Chocolate amargo?Imaxina que ti e a túa familia traballades na colleitados froitos maduros da árbore do cacao. Cortádelos daárbore coa axuda dun machete e abrídelos dando gol-pes, para separar, coas vosas mans, os grans da espigaque os contén.

Cando recollades unha boa cantid a de, de i x á delos cuber-tos con follas de plátano 2 ou 3 días para que ferm e n t e n .De que tra n s c o rra este tempo, r e c o l l é delos e de i x á del o ssecar ao sol est e n didos sobre unha super fi ci e . Cando assementes estean se c a s , c o l o c á delas en sacos duns 40 kge vendédelos no mercado local.

A túa familia é unha das moitas familias do lugar quet raballan a esgalla no campo e, a cambio, só reci b e nunha cantid a de pequena que case nin vos dá para sobre-vivir.

No entanto, quen vos compra o cacao obtén un gran be-neficio ao exportalo a outros países, onde o transfor-marán ata convertelo en chocolate e outros derivados.É precisamente neses países onde se decide o prezo quese lles paga aos produtores, coma ti e a túa familia,

pero vós non tedes o control da situación exeralmente non se toman en conta as vosasnecesidades nin os vosos dereitos.

• Como vos se n t ides ti e mais o resto da túaf a mili a ? , que vai pasar se non reci b ides di -ñ e i ro sufi ci e n t e ? , os nenos e nenas poder e -des ir ao colexio ? , por que?

• Por que no voso país o chocolate é un lu-xo, se a vós escasamente vos pagan polocacao que é a materia prima?

Chocolate e comercio xusto

Moitos países empobrecidos vense obrigados a venderos seus produtos a baixo prezo. Isto non significa queas cousas non poidan ou deban cambiar. Desde hai unsanos, algúns dos produtos do Sur comercialízanse através do comercio xusto, tomando en conta as persoase os seus dereitos.

Cando mercamos chocolate e out ros pro d utos de comer-cio xusto estamos apoiando a moitas familias e gruposde mulleres ou pequenas cooperativas para que poidanobter unha remuneración que lles permita levar unhavida digna.

Isto significa que:

• Os salarios e as condicións de traballo son boas.• Non hai explotación infantil.• Hai igualdade entre homes e mulleres.• Todas as persoas participan e poden ser escoitadas.• Destínase unha parte dos cartos ao beneficio de todaa comunidade.• Existe un trato respectuoso co medio natural.• Os produtos son de boa calidade.• Podemos recibir máis información se a solicitamosnos puntos de venda.

actividades• Identificar o chocolate de comercio

xusto e os lugares onde podes adquirilo.• Comparar as etiquetas dunha libra dun chocolate

de comercio xusto con outra de marca comercial.Que diferenzas e semellanzas encontrades?

• Visitar unha tenda de comercio xusto e identificarque produtos se venden alí e cal é a súa orixe.

Seguro que te sorprendes.

para lembrar { • Día Europeo do Comercio

Xusto: 11 de maio.

...6

Carlos, Marta, Ximena e Juan estaban sentados nun banco do parque. De súpeto, algo chamou a atención domáis pequeno dos catro: Mira, Ximena, un bicho boliña!, dixo entusiasmado, mentres sinalaba uns troncos. Osseus amigos riron ao escoitar esa frase: “un bicho boliña”. Vaia invento! —pensaba Ximena. Carlos contoullesque cando vivía en Bos Aires vía de cando en vez algún bicho boliña polo xardín, e que un día seguira un e viucomo este se metía na cociña da súa casa. Fixárase en que non andaba só, en que outros cinco bichos iguaisasexaban ao redor dos tarros das plantas da ventá.

- Pero, que é un bicho boliña? —preguntoulle Juan.

E por máis que Carlos lles intentou explicar de que se trataba, os seus amigos non se facían unha idea. Martapensou que, quizais, se viran un, saberían de que bicho se trataba, así que foron cara aos troncos e alí atoparontres bichos. Ou era só un?

- Iso é un chanchito de terra! - dixo Ximena.- Como que un chanchito de terra? Se iso é un marranito- replicou Marta.- Que non tedes nin idea...que é unha cochinilla da humidade, —dixo Juan mentres intentaba seguila coa mirada.Intrigábao saber de onde saíra. E, sobre todo, por que os seus amigos lle chamaban dun xeito tan raro...

Bicho boliña

actividades• Investiga a que bicho se refire Carlos seche di que viu un c a s c a r u d o . U n h ap i st a : C a rlos naceu na Arxe n t in a .

Le de novo o texto “Bicho boliña” e intenta comprobar quen é quen...

• A curmá de Carlos naceu no Perú. É...• Dous son dos mesmos anos pero non son parentes. Son...• Marta e Juan van na mesma clase.• O curmán da nena morena naceu na Arxentina.• Marta aprendeu a xogar ao fútbol en Colombia.• A nena loura non leva lentes. É...• O curmán de Ximena é o menor dos catro. É...• A familia de Juan é de Burgos.• Dous son curmáns e naceron en países diferentes. Son...

Quen é quen?

para pensar { • Cres que todos falaban do mesmo bicho ou vían bichos diferentes?, por que?

• Pasouche algunha vez algo parecido? Anímate e cóntanolo, escríbenos [email protected]

para lembrar { • Día Internacional pola Tolerancia: 16 de novembro.

A cordilleira dos Andes ao oeste percorreo país de norte a sur.Ten unha cidade chamada Córdoba.Un baile típico que é o tango.É..............................................................

É o terceiro país máis grande de Sudamérica,despois do Brasil e a Arxentina.Un dos seus maiores atractivos turísticos éo Machu Picchu, que sig ni fica “ o ut e i ro vel l o ” .Limita ao oeste co océano Pacífico.

É..............................................................

A súa moeda é o dólar estadounidense.Alí están os volcáns Pichincha e Cotopaxi.O español e o quechua son os seus idiomasoficiais,pero tamén se falan outraslinguas.É..............................................................

A súa capital é A Paz.Ten unha gran riqueza mineral: estaño, ouro,prata, zinc, chumbo, volframio e cobre.Comparte co Perú o lago Titicaca.É..............................................................

É o país máis grande de Sudamérica.A súa moeda é o real.Unha das súas cinco rexións é a Amazonia.É..............................................................

É un país sen costa.O guaraní e o español son os seus idiomasoficiais. A maior parte da súa poboación ébilingüe.A súa capital é Asunción.É..............................................................

Un lugarno MUNDO

actividades• Comprobar o nome destes países.É mellor realizar esta actividade con amigose amigas doutros países, xuntos podedesaprender moitas cousas.• Comprobar as respostas coa axuda dunatlas.• Escribir pistas novas para cada país ououtros países que coñezades.

...7

Para saber máis:• Guía do Mundo http://www.guiadelmundo.org.uy • Miradas do mundo http://www.miradasdelmundo.org/

para lembrar { • Día Mundial da Poboación: 11 de xullo.

• Día Internacional das Migracións: 18 de decembro.

...8

actividades• Pensa e responde as seguintes preguntas:Que conto che recorda?, en que se diferenciadaquel?, que cousas ten en común?De que maneira pode cambiar a túa opinión dascousas tendo en conta outros puntos de vista?• Busca un conto que che guste e cambia denarrador, intenta contarlles a historia a outraspersoas. Cres que a recoñecerán facilmente?• Lembra que todas as persoas temos distintospuntos de vista.

Un bo día, estaba durmindo tranquilamente na miña suave cama, cando de súpeto comecei a notarunha gran abafo. Cando mirei pola ventá, vin que o monte se estaba queimando... unhas enormes lapasbordeaban xa a maior parte da miña casa. Pensei nos veciños que viven nas casas próximas. Saín copixama posto correndo cara ás tres casas dos porquiños. A pesar de que non eramos demasiado bosamigos, tíñaos que avisar do perigo que corrían.

Ao chegar diante da casa de pala, chamei para entrar,pero o meu veciño non me quixo abrir porque pensabaque o quería comer. As lapas achegábanse cada vezmáis... así que pensei que se sopraba podía evitar oincendio da casa. Soprei e soprei tan forte que chegueia esnaquizala.

O porquiño saíu correndo sen decatarse do lume. Fuxiuata entrar na casa de made i ra de seu irm á n .Achegueimecorrendo á súa porta e pedín que me abriran... peroeste porquiño era tan testán coma o anterior. Mentrestanto, o lume ía achegándose perigosamente e penseique non había outra solución máis que soprar tan fortecomo puidese. Soprei e soprei tan forte que cheguei aesnaquizar tamén esta casa. Os dous porquiños saíroncorrendo sen decatárense do lume. Fuxiron ata entrarna casa de ladrillos do irmán pequeno.

O lume foinos rodeando; a casa non corría perigo peroeu estaba fóra e empezaba a chamuscarme a cola. Pedínque me deixaran entrar...os tres porquiños gritábanme

ao unísono que non,e que non.Decidín entrar pola che-minea. Mentres baixaba, os porquiños presentiron amiña manobra e colocaron unha ola grande con augafervendo ao lume... Ao caer dentro, notei unha granqueimadura e saín disparado coma un foguete polacheminea ata aterrar no pequeno estanque do bosque.

Nese momento, chegaron os bombeiros e foron contro-lando o incendio. Por sorte, caeu o tronco dunha grandeárbore no estanque onde me encontraba e así puidensaír –algo contusionado e mollado– pero enteiriño. Osporquiños desde a ventá miraban o desenlace final eparecían arrepentidos polo seu comportamento, peroeu xa o tiña decidido:mudeime e funme a vivir a outrobosque, con outros veciños que foran amigos.

A mesma historia PERO AO REVÉS1

para lembrar { Día Internacional da

Paz: 21 de setembro.

...9

Alejandro non se aclara, non sabe onde deixou as chaves da casa e seuspais están fóra esta fin de semana.

Podes axudalo?, ti que farías no seu caso?

Vaia LEA

Nota: Debes usar as palabras dos círculos

para inventar unha historia. Se é curta

necesitarás polo menos cinco voltas, para unha

historia máis longa unhas dez serán suficientes.

actividades• Corta os círculos e a partepunteada da ventá. Coloca o círculocoa ventá enriba e une ambos osdous cunha chincheta.• Verifica que xiren con facilidade.• Xira o círculo 5 veces e escribeas palabras na orde na queaparezan. Con esas palabrasdeberás escribir unha historia paraAlejandro. Encontrará as chaves?• Agora escribe unha historia comase a protagonista fora María. Haialgunha diferenza?, por que?

...10

Todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar nunambiente san e a gozar da alimentación, a vivenda e aatención médica axeitadas.Convención sobre os Dereitos da Infancia.

UNHA VIDA saudable

Para ter unha vida sa necesitamos:

• Auga potable• Atención médica• Alimentación variada• Unha vivenda en boas condicións• Aire limpo• Zonas verdes...

No entanto, no mundo hai millóns de nenos e nenas para os quetodas estas cousas só exi sten na súa im a xin a ci ó n . A pobreza, aex p l o t a ción e o abuso, a gu erra , o VIH/SIDA e a di s c rimin a ción sonunha gran barr e i ra para o cumprimento de ste der e i t o . . .

• Millóns de nenos menores de cinco anos morren todos os anosde b ido a enfermid a des que se poden previr facilmente con va cin a s .

• Os aumentos nos ga ses inv ern a d oi ro –como o di ó xido de carbono–causados por actividades humanas contribúen ao requecementodo planeta e o cambio climático, dous fenómenos quepoden provocar fames negras e outras catástrofes.

• A participación dos nenos e nenas, por exemplo, en grupos damesma idade, é esencial para o seu crecemento e desenvolvementosaudables.

Para saber máis:• Os dereitos da infanciahttp://www.rayuela.org • A Declaración dos dereitos da infanciacontada por Mafalda e os seus amigos e amigashttp://www.margen.org/ninos/derech4a.html

...11

actividades• Fai unha listaxe doutras cousas que podes facer para ter unha vida saudable.• Escribe carteis ou tarxetas postais con mensaxes saudables e intercámbialascos teus amigos e amigas.

Estás nunha idade de constante crecemento e desenvolve-m e n t o .As túas necesid a des alim e n t i cias poden va riar en fun-ción ao teu crecemento e á actividade física que realices.

S u bliña cal de stas prácticas nos axuda a ter unha vida sau-dable:

• Permanecer moitas horas xogando no ordenador.• Comer lambetadas a todas horas.• Saír a camiñar.• Saltar algunhas comidas.• Comer comida rápida.• Comer froitas e verduras.• Non almorzar.• Ir á revisión dental.• Beber auga en lugar de refrescos.

UNHA VIDAsaudable?

Para saber máis:• Próbame. Páxina sobre alimentación e saúde:http://phobos.xtec.net/acuesta1/esp/inici.htm

para lembrar { • Día Universal dos Dereitos

da Infancia: 20 de novembro.• Día Mundial da Saúde: 7 de abril.

Sólo tres letrastres letras nada más,sólo tres letrasque para siempreaprenderás.Sólo tres letraspara escribir P A Z...

SólotresletrasGloria Fuertes

...12

Un díauna olaque estabatriste y solase puso a cantar.

Desde entoncescantan todaslas olas del mar.

cancióncon OLAMaría Hortensia LacauArgentina Todo o mundo o leva,

todo o mundo o ten,porque a todos lles dan unen canto ao mundo vén.Que é?

Ten ollos de gato e non é gato,orellas de gato e non é gato;patas de gato e non é gato;rabo de gato e non é gato;Que é?

miscelánea

adiviñasQue será?

poesies

Pancho, el chanchoviaja hoy a la Lunaa buscar fortunay comprar un rancho

Josefina la gallinay Simeón el ratónle han llevado gelatinay una chompa de algodón

Pancho el chanchofabricó su propia naveque se enciende con un ganchoen el huequito de la llave

Un botón es el timónuna almohada su sillóndos ollas son turbinasque sacó de la cocina

Adiós amigos ya me voydijo triste el buen Panchoun abrazo a todos doyy comenzó el zafarrancho

Entre humos y chispazosla nave se elevóa perderse en el espaciohasta que nada se vio

No pasó ni media horay volvió Pancho al corralen su nave vencedoradel espacio sideral

Le pregunta la gallinaqué pasó Pancho querido¿se acabó tu recorrido?No, se me acabó la gelatina.

• Literatura infantil.http://cuatrogatos.org

• “Por preguntar que non sexa”.A inmigración e os dereitos dos nenos e as nenas.Cadernos de educación en valores.http://www.rayuela.org

• Mapa de Peters (en catalán).http://168.96.200.17/ar/E/Peters.htm

• Insectarium virtual infantil.http://www.insectariumvirtual.com/infantil/htm/cuentos.htm

• O mundo de Dina. Web sobre dereitos da infancia.http://www.scslat.org/Dina/index.php

• Coordinadora Estatal de Comercio Xusto.http://www.e-comerciojusto.org/es

para NAVEGAR

Pancho el CHANCHOJuan Luis Dammert. Perú

canción

...13

Momo. Michael Ende. Momo é un fermoso canto á amizade. Os homes grises queren roubar un dos bens máisprezados que posúen as persoas: o seu tempo. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saberescoitar aos demais.

Cuentos por teléfo n o . Gianni Rodari. Contos de enredos que son un xogo sin xelo e de moito humor. Pero os se u sx o gos non constitúen unha fin a lid a de en si mesmos, senón que nacen sempre dunha visión positiva do mundo.

para LER

Vocabulario:Chancho: porcoChompa: xerseiZafarrancho: estrago

actividades• Se tiveses que facer unha viaxe,onde che gustaría ir?, por que?• Imaxina que tes que facer unhaviaxe longa, con quen che gustaría ir?