móvete en rede - home | entreculturas€¦ · 1 sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión...

16
móvete en Rede Rapaces e Rapazas 2 Organiza: Colabora:

Upload: others

Post on 07-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

móveteen Rede

Rapaces e Rapazas 2

Organiza: Colabora:

Page 2: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

C o o r d i nación de Sensibilización: R a q u el Mart í n . Responsable de Educación: Irene Ort e ga . C o o r d i nación autoría: Je n ni f er Wil liams R a m o s .Redacción: Jennifer Williams Ramos. Coordinadora de Tradución: Amalia Santos García. Tradución: R e v erso Servi zos Ling ü í st i c o s , S.L.Dirección de A rte e Deseño Gráfi c o : M a ri b el V á z q u e z . Colaboracións: Rede Solidaria da Mocidade. Foto de portada e interiores: ArquivoEntreculturas. Imprime: Iarriccio Artes Gráficas. Depósito legal: M - 3 4 8 5 1 - 2 0 0 5 . Setembro 2006.Impreso en papel reciclado.

A educación é...

Cal é a situación do dereito á educación no mundo?

Que podemos facer?

2

4

10

• Poboacións vulnerables: as nenas, as minoríasétnicas e os habitantes das zonas rurais

• Panorama da educación en América Latina.Avances e retrocesos.

• O longo camiño da educación para todos

• Campaña Mundial pola Educación

• Rede Solidaria da Mocidade. Participa!!!

• Participando no Cole

sumario

100 millóns de nenos e nenas non teñen acceso á educación.2 de cada 3 persoas analfabetas son mulleres.

2.500 millóns de persoas sobreviven con só 2 euros ao día.

"A pobreza non é un fenómeno natural. É resultado da acción humana e pode ser superada e erradicada coas accións dos seres humanos…". Nelson Mandela

Temos os cartos, temos os medicamentos, temos a ciencia, pero, temos a vontade? Temos a vontade de facer que a pobreza sexa historia?. Bono, U2

Non nos dá igual.

2015: 9 anos para cambiar o mundo

Page 3: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

Se desexas máis información sobre a campaña ¿Igual-Dá?, escríbenos! Entreculturas-Fe e Alegría. Departamento deEducación para o Desenvolvemento. Pablo Aranda 3, Madrid 28006. E-mail: [email protected]

Entreculturas é unha organización non gobernamental, promovida pola Compañía deXesús, que defende o acceso á educación dos máis desfavorecidos, como medio de

cambio social, xustiza e diálogo entre culturas.

Desde hai anos apostamos pola promoción social dos excluídos do mundo.En Entreculturas estamos convencidos da necesidade de educar tamén aquí nos nosos

países do norte para a comprensión dun mundo interdependente.

O xornal Móvete en Rede. Rapaces e Rapazas 2 forma parte de ¿Igual-Dá?, campañaeducativa

en prol da inclusión e a equidade orientada a comprender a orixe das desvantaxes queimpiden a igualdade de oportunidades, especialmente no ámbito da educación,

e tamén a necesidade de compensalas para transformar as realidades de exclusión.Móvete en Rede. Rapaces e Rapazas 2 está dirixido ao alumnado de 1º e 2º

ciclo da ESO e propón actividades de transformación desde o cotián.

Porque non nos dá igual. Queremos un mundo máis xusto para todos e todas!

presentación

Obxectivos:1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusiónasociados á desigualdade de oportunidades,especialmente no exercicio do dereito á educación.

2 Favorecer a reflexión e comprensión da equidade e a inclusión como parte das actitudes, estratexias epolíticas encamiñadas á igualdade de oportunidades,de xeito que se faga fincapé no ámbito educativo.

3 Promover actitudes e valores que faciliten a partici-pación activa a nivel local e global na transformaciónde procesos de exclusión. Conecta ademais con outrasiniciativas sociais con este mesmo fin.

Page 4: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...2

Educar é crer no cambio.Paulo Freire

Aínda que o dereito á educación está recoñecido interna c i o na l m e n t e,polo de agora non é unha realidadepara millóns de nenos e nenas no mundo. Calcúlase que actualmente hai máis de 100 millóns de nenose nenas que non teñen acceso á educación.

A educacióné...

...UN DEREITO HUMANO

En 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou e proclamou a Declaración universal dos dereitos humanos,que, no seu artigo 26 recoñece que:

“ Toda persoa ten dereito á educaci ó n . A educación debe ser gra t u í t a , polo menos no que se refire á in st ru ción elemental ef u n d a m e n t a l . A in st ru ción elemental será obriga t o ri a . A in st ru ción técnica e pro f e s ional terá que ser xe n era li z a d a ; o accesoaos estudos superiores será igual para todos, en función dos méritos respect ivo s .”.

...UN DEREITO DA INFANCIA

Máis de 40 anos despois, en 1990, a Convención dos Dereitos daInfancia recoñece como un dos seus principios que:

“Todos os nenos e nenas teñen dereito a recibir educación, que seráde balde e obrigatoria polo menos nas etapas elementais.Darásellesunha educación que favoreza a súa cultura xeral e lles permita, encondicións de igualdade de oportunidades, desenvolver as súasaptitudes e o seu xuízo individual, o seu sentido de responsabilidademoral e social,e chegar a ser membros útiles da sociedade.”.

...UNHA RESPONSABILIDADE INTERNACIONAL

Desde aquela, asináronse outros compromisos internacionais, orientados cara ao cumprimento destedereito fundamental de todas as persoas.

A educación é unha responsabilidade internacional compartida e recoñecida como motor de desenvolvementohumano porque salva vidas, porque favorece o crecemento económico e a distribución da riqueza e porque llespermite aos cidadáns participar na vida pública e defender as súas opinións e dereitos.Vidal, C. para OneWorld Internacional. http://es.oneworld.net/article/archive/1303/

En 1990, na Confer e n cia Mundial sobre Educación para To d o s ,r e a lizada en Jo m t i e n - Ta il a n di a , fi x o u se a metade alcanzar en 2015 a educación primaria para todos.

Page 5: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

En abril de 2002 o Banco Mundial propuxo a Iniciativa Vía Rápida (FTI,polas súas siglas en inglés), que foi apoiada polaUNESCO. A FTI proporciónalles rápida e progresivamente axuda técnica e financeira aos países que adoptaron políticaspara universalizar a ensinanza primaria, pero que corren o risco de non acadala en 2015.

En 2000, durante o Foro Mundial sobre Educación, realizado en Dakar-S e n e ga l , fi x á ro n se seis obxe ct ivos para ga rantir o cumprimento do dereitoá educación recollido na Declaración universal dos dereitos humanos.

Os obxectivos de Dakar foron ratificados no Cumio do Milenio celebradoen se t e m b ro de 2000 na se de das Nacións Unid a s ,o n de se est a bl e c eron osoito Obxectivos de desenvolvemento do milenio para eliminar a pobrezano mundo.

...UNHA FERRAMENTA PARA ACABAR COA POBREZA

A educación contribúe a aumentar a esperanza de vida e a mellorar a saúde dapoboación, favorece o crecemento económico e a distribución da riqueza, e permitea participación cidadá na vida pública.Arias, M. Educación Agora: rompamos o círculo da pobreza.

A educación permítenos coñecer o mundo e transformalo, para que todas as persoas poidan vivir dignamente,exerzan os seus dereitos e participen activamente na construción dun mundo máis xusto e solidario, porque aeducación é a ferramenta máis poderosa para acabar coa pobreza.

Obxectivo 2Lograr a ensinanza primaria universal para o 2015.

Obxectivo 3P r o m over a igualdade entre os xéneros e a autonomía da mu l l e r ; e l i m i nar as desigualdadesentre os xéneros na ensinanza primaria e secundaria, p r e feriblemente para o ano 2005, e entodos os niveis da ensinanza para o 2015.

Dous destes obxectivos teñen como eixe central a educación e coinciden cos de Dakar:

...3

A educación non é unha maneira de fuxir da pobreza do país, é unha maneira de combatela. Julius Nyerere.

paralembrar { Día Universal dos Dereitos da Infancia: 20 de novembro

Día dos Dereitos Humanos: 10 de decembro

máisinformación{ — Declaración universal dos dereitos humanos.

http://www.un.org/spanish/aboutun/hrights.htm— A Declaración universal dos dereitos humanos en máis de365 idiomas. http://www.unhchr.ch/udhr— "Cadaquén ao seu".A Declaración universal dosdereitos humanos.http://www.amnesty-usa.org/spanish/educacion/pollos— Declaración dos dereitos da infancia. Vistos por Mafalda.http://www.margen.org/ninos/derecho4.html— Obxectivos de Dakar.http://www.cme-espana.org/resources_Dakar2.html

Page 6: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...4

Seguramente, todos relacionamos palabras co dereito á educación: profesores e profesoras, libros,aulas, compañeiros e compañeiras..., pero a educación tamén está relacionada con outros factores dasnosas vidas... Pensaches algunha vez que pasaría se as persoas non tivesen acceso á educación?, ouse fosen excluídas do seu dereito por ser mulleres ou pertencer a unha minoría?, e se a educación querecibiran non fora de calidade?, se non tivesen profesoras e profesores debidamente formados?...

“....millóns de nenos e nenas de todo o mundo reciben unha educación deficiente, que non se adapta ássúas necesidades e non lles proporciona as capacidades nin os coñecementos básicos para a vida adulta.Esta situación concéntrase nos países empobrecidos, sobre todo na África subsahariana, e afecta demaneira especialmente aguda aos colectivos máis vulnerables: as nenas, as minorías étnicas e oshabitantes das zonas rurais”.Vidal, C. para OneWorld Internacional. http://es.oneworld.net/article/archive/1303/

Cal é asituación do

Dereito áeducación

nomundo?

13 de xuño, 2006. As necesidades de educa-ción básica da poboación rural nos países debaixos ingresos ascenden a 1.640 millóns dedólares por ano, segundo estima a Organiza-ción das Nacións Unidas para a Agriculturae a Alimentación (FAO).

Máis de 94 millóns de nenos de áreasru rais non asisten ás clase s . A educaciónpara a poboación rural necesita un ma-

ior inv e st imento dos go b ernos e os doa-dores co fin de realizar os Obxe ct ivos dedesenvolvemento do milenio e chegar ámeta da "educación universal".

Vivir nunha zona ru ral dun país pobre amiúdo sig ni fica afrontar pobreza, fame eanalfabetismo. Nas zonas rurais, a p ro -p o rción de nenos que non van á escola éc a se o dobre ca nas zonas urbanas. M oi -

tos de stes nenos van fo rmar parte daseguinte xeración de adultos pobres ea n a l f a b e t o s .

h t t p : / / w w w . u n . o r g / s p a n i s h / N e w s / f u l l s t o r y n e w s .

asp?NewsID=7096

FAO advirte que deben investirse 1.640 millóns de dólares ao ano eneducación básica para poboación rural

paralembrar { Día Internacional contra a Utilización de

Nenas e Nenos Soldados: 12 de febreiroDía Mundial das Persoas Refuxiadas: 20 de xuño

Page 7: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...5

As nenas nos conflitos bélicos

Estimouse que polo menos a metade dos 110 millóns de nenos e ne nas quenon reciben educación están en países que sofren situacións de conflito ouque as sufriron recentemente.

En 8 de ses países as taxas de escolari z a ción neta son menores ao 50% e dos 17países da África subsahariana nos que a escolarización se reduciu na décadaanterior, 6 foron afectados por guerras. Dos 3,6 millóns de persoas mortas nasguerras desde 1990,case a metade foron nenos e nenas.

E stas situacións reci b i ron in s u fi ciente atención para ga rantir o dereito á educa-ción en contextos onde todos os dereitos humanos se violan e as oportunidadespara a coexistencia pacífica son sumamente precarias.O dereito á educación das nenas. Páx. 25

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/Informe_Relator_Especial_Educacion.pdf

En vez de en 2015, cumpriríanse en 2150

Axencia EFE. O secretario xeral da FAO, o senegalésJacques Diouf, advertiu, na apertura da II ConferenciaInternacional sobre Reforma Agraria e D e s e n v o l v e -mento Rural, que, nas condicións actuais, serán p r e c i -sos 146 anos para chegar ás metas que propuxo a ONUde redución de pobreza á metade antes de 2015 noschamados "Obxectivos de desenvolvemento do milenio".

"O obxectivo da ONU de reducir á metade onúmero de persoas que pasan fame, coas actuaistendencias, non será alcanzado en 2015 senónen 2150".Segundo cálculos das Nacións Unidas,aproximadamente 900 millóns de persoas, trescuartos da poboación mundial pobre, viven enáreas rurais e dependen do acceso á terra parasubsistir.

http://www.pobrezacero.org/noticia_detalle.php?boletin=83

17 de maio, 2006. O relator especialda ONU sobre os dereitos humanos eas liberdades fundamentais dos pobosindíxenas, Rodolfo Stavenhagen, la-mentou os altos índices de pobreza eexclusión que seguen afectando aosindíxenas en Guatemala.

“A poboación indíxena afrontagra n des pro bl e m a s , como a violen-cia, a marxinación, a discrimina-ción e a pobreza, a demais das difi-

cultades que ten para obter servi-zos sociais axeitados en materiade saúde, educación,auga potablee servizos públicos”.Estas caren-cias son históricas e non se supe-raron desde os tempos do conflitoarmado en Guatemala.

h t t p : / / w w w . u n . o r g / s p a n i s h / N e w s / f u l l s t o r y

n e w s . a s p ? n e w s I D = 6 9 1 0 & c r i t e r i a 1 = G u a t

emala

Guatemala: un relator especial afirma que os indíxenas seguen pobres e excluídos

A FAO advirte que os Obxectivos do milenio tardarían en cumprirse146 anos máis

máisinformación { — Internacional da Educación. http://www.ei-ie.org/es/index.php

— Letras para as nenas. http://www.enredate.org/letras/educacion.htm— O dereito á educación das nenas.http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/Informe_Relator_Especial_Educacion.pdf— Coalición Española para Acabar coa Utilización de Nenos e Nenas Soldado.http://www.menoressoldado.org

Page 8: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...6

–– Na República Dominicana, un de cada tres mozos entre18 e 25 anos non completa a escola primaria e un terzo dosque terminan non acaba a secundaria.

–– Gran parte da rexión sofre im p o rtantes défi cits en escola-rid a de se c u n d a ria e terci a ria (univ ers i t a ria) e menor term om e dio acumulado de anos de educaci ó n .

–– Só unha educación univ ers i t a ria ase gu ra ingresos sufi ci e n -tes para fuxir da pobreza, p ero os títulos univ ers i t a rios bene-fi cian máis os ricos ca os pobres.

–– Os nenos e mozos do 20% das familias máis pobres afron-tan maior risco de fracaso escolar en comparación con aque-les provenientes de familias de clase media.Este risco osciladesde 55% no Brasil, 40% na República Dominicana, ata20% en Chil e . O risco de fracaso escolar de b ido a limitacións

de oferta é un 40% máis alto nas áreas rurais do Brasil,Co-lombia e Nicaragua,e un 20% máis alto nas áreas rurais daRepública Dominicana.

Tomado de BID: informe Redución da pobreza e crecemento. Círcu-los virtuosos e círculos viciosos. 2006. http://www.clavedigital.com/Portada/Articulo.asp?Id_Articulo=7633

Agás a África sub s a h a r i a na , América Latina e o Caribe é a rexión que presenta maior desigualdade. O10% máis rico da poboación da rexión percibe o 48% dos ingresos tota i s , mentres que o 10% máispobre só percibe o 1,6%. Na República Dominicana , o 20% das familias máis ricas concentran o 56%do ingreso na c i o na l , mentres que o 20% máis pobre recibe só o 4%.

Dun total de 30 millóns de nenos e nenas en idade de asistir ao nivel pre-primario, só 16 millóns asisten a programas educativos formais.

En países como Nicaragua e Panamá a porcentaxe é inferior ao 30%.

Estímase que un 6% dos nenos e nenas hoxe menores de cinco anos non culminará a educación primaria cara ao ano 2015 en 18 países de América Latina.

Esta situación non é homoxénea dentro da rexión, e en casos como Guatemala,Honduras e Nicaragua estímase que máis do 20% non concluiría a primaria.

Os esforzos realizados na rexión indican que a metade dos países logrou que polo menos o 70% da mocidade en idade de cursar a educación secundaria o estea facendo.

Con todo, aínda existen situacións de demora neste tema, pois hai países nos que estaproporción non chega ao 50% (O Salvador, Guatemala, Nicaragua e a República Dominicana).

Panorama daeducación en

América Latina e o Caribe:

Avances eretrocesos

Datos da UNESCO: informe 2004, Educación para todos. Compartir desafíos, multiplicar resultados.w w w . u n e s c o . c l / m e d i o s / b i b l i o t e c a / d o c u m e n t o s / f o l l e t o _ o r e a l c _ e p t _ e s p a n o l . p d f

Page 9: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

América Latina. Nivel primario. Probabilidade de conclusión cara aoano 2015 para a poboación que hoxe ten menos de 5 anos (ano 2002).

menos do 70%

entre o 70% e o 80%

entre o 80% e o 90%

entre o 90% e o 95%

95% a máis

sen datos

...7

C o l o m b i a : S e gundo a edi ción 2005 do Info rme mundial de se gu imento da educación para todos, Colombia encóntrasenunha posición intermedia de cara a lograr os obxectivos fixados para 2015.A taxa de alfabetización de adultosrolda o 94% e a ensinanza é obrigatoria para os nenos de 5 a 15 anos. http://portal.unesco.org

O Salvador: Cunha taxa de alfabetización de adultos do 79,7%, O Salvador encóntra se nunha posición in t erm e di ade cara a lograr os obxe ct ivos de Educación para todos. http://portal.unesco.org

Honduras: Entre 1990 e 2000 o país logrou aumentar a súa taxa de alfabetización de maiores de 15 anos do 68,1ao 80%, pero aínda serán necesarios esforzos adicionais e financiamento suplementario para que o país alcance osobxectivos de Dakar. http://portal.unesco.org

Nicaragua: Segundo o último informe de EPT, Nicaragua debe facer grandes esforzos para conseguir os obxectivosde 2015.Este país posúe unha das taxas de alfabetización máis baixas da rexión (por debaixo do 80%).

Panamá: En nov e m b ro de 2003 reali zo u se o Fo ro Intern a cional sobre a Comuni c a ción e a Expresión Cultural Local,no que se tra t a ron cuestións como a salva garda de culturas en perigo, a div ers id a de cultural e a li b er d a de de ex p r e s i ó n .http://portal.unesco.org

República Dominicana: Existe unha gran disparidade en materia de alfabetización entre os fogares máis pobres eos máis ricos que se aproxima ao 30%.No caso das mulleres, a disparidade é maior ca entre os homes.

G u a t e m a l a : Guatemala leva a cabo im p o rtantes esfo r zos para lograr os obxe ct ivos fixados para 2015, p ero aíndap ers i ste unha gran di s p a rid a de entre os sex o s .

Fonte: OREALC/UNESCO Santiago. A conclusión universal da educación primaria en América Latina. Estamos realmente tan preto? (2004).

Page 10: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...8

O longocamiño daeducación

para todos

Poboación adulta analfabeta no mundo; porcentaxe por país (2000-2004)

China 11,2%

Bangladesh 6,5%

Pakistán 6,4%

Nixeria 2,8%

Etiopía 2,7%

Exipto 2,6%

Brasil 1,9%

Indonesia 2,3%

Resto do mundo 29,7%

Fonte: UNESCO. InformeEducación para todos 2006.

Poboación analfabeta do mundo: 799 millóns

máisinformación { Educación para todos.

Informe de seguimento no mundo.http://www.efareport.unesco.org

India 33,8%

Page 11: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...9

paralembrar { Día Internacional da

Alfabetización: 8 de setembro

1948 Declaración universal dos Dereitos Humanos1989 Convención dos Dereitos da Infancia1990 Conferencia Mundial sobre Educación para Todos.

Jomtien-Tailandia2000 Foro Mundial sobre Educación. Dakar-Senegal2000 Cumio do Milenio das Nacións Unidas:

Obxectivos de desenvolvemento do milenio2002 FTI: Iniciativa Vía Rápida. Banco Mundial/UNESCO2003/ Decenio das Nacións Unidas da Alfabetización:2012 a Educación para todos

Page 12: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...10

CampañaMundial

pola Educación

A Campaña Mundial pola Educación (CME) é unha coalición inter-nacional de ONG, sindicatos do mundo educativo, centros escolares emovementos sociais comprometidos co dereito á educación. Esta coa-lición nace en 1999 co fin de esixirlles aos gobernos o acceso e gozodo dereito á educación de todos e todas reflectido en practicamentetodas as declaracións, foros e cumios internacionais ata a data.

A CME está impulsada pola convicción de que unha educación de cali-dade para todos e todas é alcanzable.As organizacións que integramosa CME facémolo movidas pola preocupación que supón a falta deeducación nos países empobrecidos e as consecuencias que isto tenpara millóns de persoas que non poden saír do círculo da pobreza.

Page 13: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...11

Estado actual da educación

Durante a última década realizáronse certos avances que nosfan ter esperanza:• Nos últimos 5 anos, 27 millóns de nenas e nenos fo ron esco-larizados.• As taxas escolares reducíro n se considera blemente en variospaíses como Kenia,Tanzania, Uganda e Burundi.• En Bangladesh, actualmente, existe o mesmo número denenas ca de nenos escolarizados.• Nalgúns países de América Latina o gasto público en edu-cación incrementouse visiblemente.

A pesar dos avances producidos na situación mundial daeducación, aínda queda un longo camiño por percorrer paraacadar a educación básica universal e de calidade en 2015:

A educación infantil permanece estancada nos últimos anos.

A educación primaria universal NON está garantida:• Uns 100 millóns de nenos e nenas no mundo non están esco-larizados.O 55% son nenas.• 23 países corren o risco de non lograr a univ ers a li z a ción daeducación primaria en 2015, xa que as súas taxas netas deescolarización están diminuíndo.

O prim e i ro dos Obxe ct ivos de de se nvolvemento do mil e nio parao 2005,alcanzar a paridade entre os sexos en ensinanza pri-maria e secundaria, non se logrou en 94 países e 86 deles,coas tendencias actuais,corren o risco de non chegar á pari-dade nin sequera en 2015.

A alfabetización de persoas adultas subestímase:• 799 millóns de persoas adultas,2/3 delas mulleres,carecende competencias básicas en lectura,escritura e cálculo.• Os gobernos e os organismos de axuda ao desenvolvementonon lles outorgan prioridade nin financiamento suficiente aosprogramas de educación básica de persoas novas e adultas.

A calidade é moi insuficiente:

Durante a última década realizáronse certos avances que nosfan ter esperanza:

• Falta de recursos educativo s .I n s u fi ciente cobert u ra , falta demateriais educativos axeitados.• Máis dun terzo do alumnado de primaria non chega aoúltimo grao deste ciclo educativo.

Desde 2001, durante o mes de abril, organízase anualmentea Semana de Acción Mundial pola Educación (SAM),na queos membros da CME traballan en conxunto para chamar aa t e n ción de de cisores políticos, m e m b ros da comunid a de edu-cativa,medios de comunicación e sociedade en xeral,sobre an e c e s id a de de facer real e efect ivo o dereito a unha educaciónbásica de calidade.

Extraído de: CME-Documento de posicionamento SMA 2006.

Ti tamén podes participar na Campaña Mundial polaE d u c a c i ó n . No noso web encontrarás info r ma c i ó nactualizada das nosas accións. Únete!www.cme-espana.org

paralembrar { Semana de Acción Mundial pola Educación: abril

Día Mundial do Profesorado: 5 de outubro

Page 14: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

...12

Rede Solidaria da Mocidade: Unha aposta pola participación e a cidadanía

A Rede Solidaria da Mocidadecomezou a súa andaina en 2001 e na actualidade conta cunha rede estatal que se estende por

2001 2002 2003 2004 2005 2006

Andalucía2001-2006

Madrid2003-2006

Murcia2004-2006

Galicia2004-2006

Valencia2005-2006

Asturias2005-2006

Castela e León2006

Page 15: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

Participando no cole

Como construímos cidadanía na Rede Solidaria daMocidade?

Andrea Mart í nez participou na Rede Solidaria da Mocidadede Galicia e cóntanos a súa experiencia:

Hai un ano, cando cursaba 2º de bacharel a t o, b rin d ó u seme ap o s i b ilid a de de entrar a colaborar na Rede Solid a ria da Moci -d a de*.

Pareceume unha idea incrible o non sentirme soa nisto dasolidariedade, senón que outros rapaces e rapazas da miñaidade compartirían, do mesmo xeito, tempo, esforzo, ganas,ilusións, expectativas, experiencias e sensacións que van máisaló da rutina atafegada do bacharelato. Fixemos o quepuidemos,iso sen dubidalo.Arrancamos o proxecto que hoxeen día segue adiante.Unha vez que saín do colexio aínda non

encontrei a mellor maneira para se guir colaborando coa Rede,pero non dubido en recomendarllo a calquera dos rapaces erapazas que permanecen alí.

Máis im p o rtante ca sacar a sel e ct ivid a de, é sacar unha lecci ó n( p a ra min básica): o ut ro mundo é posibl e, e conse gu i r é m o l on ó s , a mocid a de, que para iso somos o fut u ro .

Non é xusto que se nos acuse a todos por igual de desintere-sados, pasotas, desilusionados, tópicos...'vellos coma a PlayStation', din algúns. En encontros como o Foro en Valoresque Entreculturas organizou en Valladolid, quedou bastanteclaro que non somos catro tolos, senón que moitos mozosestán facendo horas para sacar en xuño iso: a lección máisimportante."

* Rede Solidaria da Mocidade Galicia.

máisinformación { www.entreculturas.org

Rede Solidaria da Mocidade Asturias

Rede Solidaria da Mocidade Madrid Rede Solidaria da Mocidade Galicia

...13

Page 16: móvete en Rede - Home | Entreculturas€¦ · 1 Sensibilizar sobre os fenómenos de exclusión asociados á desigualdade de oportunidades, especialmente no exercicio do dereito á

Docentes ou persoal do c e n t e . N ú m ero de persoas empregadas a tempo completo ou parcial nunha est rut u ra de st inada a orientare dirixir a experiencia de aprendizaxe de alumnos e estudantes, independentemente das súas cualificacións e do mecanismo detransmisión dos coñecementos (presencial e/ou a distancia). Esta definición exclúe o persoal educativo que non ten funciónspedagóxicas (por exemplo, os directores ou administradores de centros de ensinanza que non exercen a docencia), e tamén aspersoas que traballan de xeito esporádico ou voluntario en institucións educativas.

Educación básica. Conxunto de distintas actividades educativas que ten como obxectivo satisfacer as necesidades básicas deaprendizaxe, tal e como se definen na Declaración mundial sobre educación para todos (Jomtien,Tailandia, 1990). A educaciónbásica comprende a ensinanza primaria (primeira etapa da educación básica) e o primeiro ciclo da ensinanza secundaria (segundaetapa). A educación básica abrangue tamén unha ampla serie de actividades diversas extraescolares e non formais, públicas eprivadas,que están destinadas a satisfacer as necesidades básicas de aprendizaxe de persoas de todas as idades.

Ensinanza obrigatoria. Número de anos ou período de idade definidos pola lei,durante os cales os nenos e os adolescentes teñena obriga de asistir a programas educativos.

Esperanza de vida escolar. Número probable de anos que un neno en idade de ingresar na escola vai pasar na escola e nauniversidade, comprendidos os anos de repetición de curso.

Gasto público en educación. Total de recursos financeiros públicos dedicados á educación polas administracións locais,rexionaise nacionais, comprendidos os concellos. As contribucións das familias non se inclúen.

Nenos sen escolarizar. Nenos en idade oficial de ir á escola que non están matriculados nesta.

Poboación en idade escolar. Poboación do grupo de idade que corresponde oficialmente a un determinado nivel de educación,independentemente de que os que a compoñen estean ou non escolarizados.

Taxa (estimada) de alfabetización de adultos. Número de persoas de 15 anos ou máis que saben ler e escribir, expresado enporcentaxe da poboación do grupo de idade correspondente. Considérase alfabetizada toda persoa que sabe ler e escribirun texto sinxelo sobre a súa vida cotiá, e comprenda o seu significado.

Taxa neta de escolarización (TNE). Número de alumnos escolarizados do grupo en idade oficial de cursar un determinado nivelde ensinanza, expresado en porcentaxe da poboación dese grupo de idade.

UNESCO. Informe 2005 Educación para todos.

glosario

Organiza: Colabora:

Campaña educativa pola inclusión e a equidade.