mÓvete na casa · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. recordarvos que as...

12
MÓVETE NA CASA Ola!!! Como estades? Dende a área de Ed. Física seguimos recomendado que, na medida do posible, realicedes actividade física diariamente. Na casa é moi difícil cumprir co tempo de actividade que se recomenda pero, xa que é o único lugar onde podemos estar, imos deixarvos algunha outra idea para que non levedes unha vida sedentaria. MOVÉDEVOS!!!

Upload: others

Post on 07-Dec-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

MÓVETE NA CASA

Ola!!! Como estades?

Dende a área de Ed. Física seguimos recomendado que, na medida do posible,

realicedes actividade física diariamente. Na casa é moi difícil cumprir co tempo de

actividade que se recomenda pero, xa que é o único lugar onde podemos estar, imos

deixarvos algunha outra idea para que non levedes unha vida sedentaria.

MOVÉDEVOS!!!

Page 2: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

1. SEMPRE PRIMEIRO, QUENCEMENTO. Lembra: corre suave (sin desprazarte), skiping, skiping traseiro, lateral…

2. MOVE AS ARTICULACIÓNS: nocellos, xeonllos, cadeira, ombros, cóbado, pulso, dedos e pescozo.

Page 3: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

3. FAI ALGÚNS DESTES ESTIRAMENTOS

Page 4: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

4. SEGUE A XOGAR

- Volei-globo (con globo, pelota de papel…): golpeo cunha man, coas dúas, cos pés, cóbado, cabeza…

- Baloncesto: intento meter unha boliña de papel, calcetín ou similar nunha papeleira, inténtao tamén co pé, golpeándoa…

- Os bolos: cunha boliña de papel ou unha pelotiña pequena intenta tirar os rolos de papel rematado, uns vasos de iogur baleiros, botellas de plástico, ou similares, (colócaos a distinta altura: no chan, enriba dunha superficie…)

5. SEGUE A FACER EQUILIBRIOS SINXELOS: camiña por riba dunha corda para diante e para atrás sin saírte, pasa cos ollos pechados, transporta un obxecto na cabeza, na man…

Page 5: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

6. SEGUE A FACER SALTOS DIVERTIDOS

- 4 saltos cos pés xuntos no sitio.

- 4 saltos abrindo e pechando pernas.

- 4 saltos adiante e tres saltos atrás.

- 4 saltos a pata coxa con cada perna.

(Os de 1º e 2º, dúas veces; os de 3º e 4º, tres veces; os de 5º e 6, polo menos catro veces).

7. SEGUE A PRACTICAR COA RAQUETA QUE FIXECHES DE CARTÓN

Intenta darlle o maior número de toques, sin que caia, a unha boliña de papel, un globo ou un calcetín: primeiro por unha cara, despois alternando unha e outra, máis alta, máis baixa…

8. XOGO DA OCA (circuito de exercicio físico para toda a familia)

Page 6: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha
Page 7: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

9. SEGUE A PRACTICAR O BAILE DALGUNHA CANCIÓN QUE CHE GUSTE

Nestas direccións podes ver dúas cancións para bailar sen parar.

https://www.youtube.com/watch?v=JpXjQRKSe7E&feature=emb_title

https://www.youtube.com/watch?v=7_ITf8Kae3M&feature=emb_logo

10. FAI PERCORRIDOS SINXELOS POLO PASILLO CON DIVERSOS OBSTÁCULOS (rolos de papel, botellas de plástico baleiras…): saltando, en zig-zag, reptando, a catro patas…

Page 8: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

11. SEGUIDE A FACER MALABARES CON PELOTIÑAS

Na 1ª dirección podes ver como se fan as pelotiñas e na 2ª tes un titorial para iniciarse nestas habilidades.

https://www.youtube.com/watch?v=RygdmlcSiyc

https://www.youtube.com/watch?v=HTylO_MlhhE

12. PARA VOLVER Á CALMA E RELAXAR PODEMOS XOGAR EN FAMILIA

- “SIMÓN DICE”

- “BÚSQUEDA DO TESOURO”: escóndese algo pola casa e os outros xogadores teñen que atopalo.

13. XOGA A ADIVIÑAR TÍTULOS DE PELÍCULAS, FACENDO MÍMICA

Page 9: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

14. XOGA AS DRAMATIZACIÓNS: Oficios, deportes, animais, personaxes de dibuxos ou de películas…

15. PRACTICA ESTAS POSTURAS DE IOGA (tamén podes repetir algúns dos estiramentos anteriores).

Page 10: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

16. COÑECES ESTES DEPORTISTAS ESPAÑOIS

A investigar!!! Averigua o seu nome e coñece un pouco da súa vida, en

qué deporte destacan?...

17. CONTINUADE A COLABORAR NAS TAREFAS DE CASA

Page 11: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

18. NON OLVIDEDES

- HIDRATARSE CORRECTAMENTE

- COMER SAN

- MANTER OS HÁBITOS HIXIÉNICOS

- DORMIR AS HORAS PRECISAS

Algunhas páxinas interesantes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1426253683/contido/badminton.html

Información e xogos interactivos baseados en LIM, que ensinan contidos relativos ao bádminton. As actividades conteñen,

na súa maioría, abundancia de imaxes e texto.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1287996365/contido/ludos/index.html

Este recurso, elaborado polo Goberno de Navarra, contén moitas actividades atractivas e motivadoras. Presenta xogos

para todos os cursos, que melloran a psicomotricidade fina e tamén dan pautas para introducirse no voleibol.

Page 12: MÓVETE NA CASA · en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc. Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha

https://clic.xtec.cat/projects/jlimpio/jclic.js/index.html

Actividades interactivas elaboradas con JClic que teñen como contido central o xogo limpo. Os exercicios están baseados

en quebracabezas, pasatempos, asociación de imaxes, etc.

Recordarvos que as autoridades educativas, en colaboración con distintas canles de tv, puxeron en marcha varios programas e actividades referidas ás distintas áreas curriculares; por exemplo, Clan tv, os mércores de 9 a 12 h emite contidos de Ed. Física.

O máis importante é adicar un tempo do día a facer exercicio físico, e se pode ser en familia...moito mellor. Fixádevos que moitas das actividades están pensadas para disfrutar coa familia.

Saúdos dos vosos profes de E.Física, Perfecto e Conchi.

ÁNIMO E A COIDARSE MOITO!!!

QUÉDATE NA CASA!!!