móvete en rede · guía didáctica nenos e nenas móvete en rede por unha cidadanía para a...

12
Organiza: Colabora: Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global SUBVENCIONADO POLA PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA. SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Upload: others

Post on 28-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

Organiza: Colabora:

Guía didácticaNenos e Nenas

móvete en Redepor unha cidadanía para a solidariedade global

SUBVENCIONADO POLA PRESIDENCIA DAXUNTA DE GALICIA. SECRETARÍA XERAL DE

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Page 2: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

...2

O desafío de educar nun mundo globalizado

O mundo cambiou de xeito extraordinario e rápido no último medio século.Hoxe por hoxe, no mesmo día a día,consta-tamos que vivimos nun mundo globalizado.Desde a comunidade educativa ampla, formada por pais,nais,profesionaisda educación, mozos, ONG, sindicatos..., poderiamos reflexionar: que supón este feito de caraá formación das novas xeracións?

O espazo de refer e n cia no que nos movemos amplio u se dun xeito sen precedentes na hi st o ri a , ao se reduciren as distanciase s p a zo - t e m p o rais e configu ra rse a de n o minada aldea gl o b a l . Con iso, as de cisións e os asuntos que nos afectan transcen-den en moitas ocasións o límite do Estado-Nación que define o estatus de cidadanía.

Neste sentido todos e todas as habitantes do planeta compartimos presente e futuro, e conformamos unha comunidadeque tamén supera estas fro n t e i ra s . De aí a necesid a de da noción de “ cidadanía gl o b a l ” , que abre a porta á pertenza ásdistintas comunidades que nos afectan de maneira significativa (Mesa, M. 2003)3.

A fo rm a ción sobre as vi rt u des cívi c a s , sobre os valores democráticos e a pertenza a unha comunid a de, t erían que ter enconta esta dimensión global da cidadanía.

Polo tanto, o fenómeno da globalización preséntanos un desafío: promover o desenvolvemento de cidadáns e cidadásresponsables que actúen consecuentemente cuns valores centrados na solidariedade e a xustiza social; a diversidadec u l t u ra l , a in c l u s i ó n , o respecto ao medio natural e a conviv e n cia part i ci p a t iva e pacífi c a , tanto no local coma no global.

Hoxe a cidadanía responsable e activa implica ser cidadáns e cidadás do mundo.

1 Coordinadora de ONG de Desarrollo de España (2005). Educación para el desarrollo: una estrategia de cooperación imprescindible.2 Fe e Alegría (2003). La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe e Alegría e Fundación Santa María, Caracas.3 Manuela Mesa e outros (2003). Educar para la ciudadanía y la participación: de lo local a lo global. CIP-FUHEN.

1. A educación para o desenvolvemento:Educando para unha Cidadanía Solidaria

{“Os nosos ne n o s , ne na s , a nosa mocidade, xa non se poden educar tendo como referencia ex c l u s i vaa súa vila ou cidade, a súa comunidade autónoma e nin tan sequera o seu propio país. D e b e neducarse recoñecendo un mundo cada vez máis interdependente no plano global e valorando oenriquecemento que supón a apertura a culturas ou realidades dife r e n t e s ” . CONGDE (2005)1

Coa educación trátase de formar homes e mulleres que sexan capaces de vivir en plenitude e condignidade, e que asuman responsablemente a súa condición cidadá. Fe e Alegría (2003)2

Page 3: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

A educación para o de se nvolvemento (ED) é un proceso de aprendi z a xe act iva , b a seado nos valores de solid a ri e d a de,igu a ld a de, inclusión e coopera ci ó n , que fomenta a fo rm a ción de persoas act iva s , c r í t i c a s , s o lid a rias e compro m e t idas coben común, capaces de exerc er unha cidadanía responsabl e, con in fl u e n cia nas de cisións políticas, e c o n ó micas e soci a i sp a ra que sexan máis xustas e sost i bl e s .

F u n d a m é n t a se en dous aspect o s : o cogni t ivo, que permite o coñecemento e a análi se da realid a de, p a rt indo do próxim o,do local, ata alcanzar o contexto global máis amplo no que iso se enmarc a ; e o ético, que supón o de se nvolvemento «dunhaa t e n ción constante cara á xustiza e a dig nid a de humana»4. Por iso, a ED é unha est ra t exia fundamental para que osnenos/as e mozos/as de se nvo l van valores e comportamentos pro - s o ci a i s ,p ro p ios do exerci cio dunha cidadanía gl o b a l ,t a n t oa niv el in dividual coma colect ivo .

4 Coordinadora de ONG de Desarrollo de España (2005). Educación para el desarrollo: una estrategia de cooperación imprescindible.5 Para máis información sobre as propostas educativas de Entreculturas consultar www.entreculturas.org6 Pérez Esclarín, A. La educación popular y su pedagogía. Federación Internacional Fe e Alegría e Fundación Santa María. Caracas,2 0 0 3 .

A dimensión ética e a participación como claves educativas

Entreculturas comprométese desde o comezo na súa andaina coa promoción de valores e actitudes de cidadanía globalnos contextos educativos, a través de materiais didácticos, propostas de participación xuvenil, actividades formativase de asesoría, etc5.

A súa praxe da educación para o desenvolvemento bebe dos principios da Educación Popular, entendida como unhaproposta ética, política e pedagóxica para a transformación social, desde a participación na construción dunhasociedade inclusiva, na que se respecte a diversidade e que sexa capaz de garantirlles a todos e todas o gozo dosbens e servizos esenciais e o pleno exercicio da cidadanía6.

A proposta de Entreculturas: educar para a cidadanía, I g u a l - D á ?

...3

Apostamos por aqueles proxectos que contribúan a xerar comunidades solidarias, (…) por aquelas accións queimpulsen cambios estruturais de orde social e política e sexan capaces de crear unha sociedade baseada nacorresponsabilidade, na xustiza e na igualdade.Documento de identidade de Entreculturas

Page 4: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

...4

N e ste se n t id o, as p r o p o s tas educativas de Entreculturas q u eren contribuír á fo r mación dos máis novos como cidadáns ecidadás responsables e activos, que coñezan progresivamente a realidade na que viven,tanto a nivel local coma global,e participen na súa transformación.

Por iso, consideramos que é esencial educar unha ollada aberta e interesada polas necesidades, sentimentos e ideasdos demais; e tamén polo ben común, desde as primeiras etapas da vida.

Isto ha favorecer unha lectura da realidade que parta do valor da xustiza, xunto coa crenza firme na dignidade daspersoas, e no consecuente imperativo da universalización dos dereitos e as oportunidades para todas elas.

A nosa campaña educativa Igual-Dá?, da que fo rma parte o se gundo número da revi sta Móvete en Rede . Rapaces eR a p a z a s , á que acompaña esta guía did á ct i c a , e stá orientada a comprender a orixe das situacións de inxustiza, que seproducen no mundo do que formamos parte.

Pretende:

• Sensibilizar sobre os procesos de ex c l u s i ó n , de xeito que se favorezan as refl exións críticas e unha ollada que permi t aide n t i ficar a necesidade de compensar desvantaxes de partida para acadar a igualdade de oportunidades.

• Promover actitudes e valores que faciliten unha participación cidadá activa e responsable, que busque a igualdadereal de oportunidades entre todas as persoas e colectivos.

Con este material queremos facer especial fincapé na dimensión global que debe ter unha concepción e un exerci cio dacidadanía baseado na centra lid a de da pers o a , na xustiza e na solid a ri e d a de, de cara á const ru ción dunha soci e d a de máisin c l u s iva local e gl o b a l m e n t e .

Page 5: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

...5

A revi sta Móvete en Rede Nenos e Nenas 3, no marco da de va n dita campaña educativa Igu a l - D á ? , q u ere favo r e c er ot raballo con nenos e nenas entre os 8 e os 12 anos, en torno aos Obxe ct ivos de de se nvolvemento do mil e nio (ODM),como metas que unen á comunid a de global ante o obxe ct ivo de reducir a pobreza, as súas causas e mani f e st a ci ó n s , n oano 2015.

Para iso os contidos baséanse na adquisición de valores e actitudes que se encontran tras os ODM7 e que contribúena formar persoas pro-sociais, activas e cunha boa predisposición para comprometerse na súa consecución.

En canto aos contidos conceptuais e pro c e dementais optouse por unha serie de e i xes temáticos que permiten que os nenose as nenas realicen unha a p r ox i mación integral aos ODM de n de a vin c u l a ción co seu contorno in m e di a t o .

Pa ra iso, sel e c cio n á ro n se os se gu intes temas tendo en conta como cri t erio s , por unha banda, a súa rel a ción conceptual eética cos ODM e, pola out ra , a posibilid a de de que os nenos e nenas rel a cionen con realid a des cotiás, a c c e s i bles no se uc o n t o rn o :

–––––– Medio–––––– Consumo responsable–––––– Interculturalidade–––––– Paz–––––– Igualdade de oportunidades–––––– Saúde

2. Educación para a cidadaníasolidaria en Móvete en Rede Nenos eNenas: traballando a dimensión globalda cidadanía.

7 Xustiza, igualdade de oportunidades, dignidade da persoa, responsabilidade, paz, participación e valoración positiva da diversidadeson os valores presentes na proposta, como mostra a seguir o cadro de contidos.

Page 6: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de
Page 7: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

...7

3. Orientacións didácticasmedio

Obxectivos:• Identificar os efectos do consumo de auga no medio.• Participar activamente no coidado do contorno.

Textos relacionados:• Erre que erre.Páxina 2• Ríos en perigo.Páxina 3

Descrición das actividades:

Segundo ciclo Terceiro ciclo

• Previamente comentar o uso da auga na escola e na casa,etc.e facer unha listaxe de todos os usos da auga na nosa vidacotiá:beber, lavar a roupa, os pratos,o coche, regar, preparar os alimentos,etc.

• Realizar unha listaxe das cousas que saben da auga.Pódese orientar a participación con preguntas: como é a auga?, ondese atopa?, que características ten?, etc.

• Posteriormente, dialogar: sabiades que no noso planeta hai máis auga ca terra?; pensades que no mundo todas as persoaspoden facer uso da auga coma nós?, coñecedes ou oístes falar deses lugares?, onde se atopan?...

• Ler o texto: Erre que erre

• Dialogar: credes que todas as persoas fan un bo uso da auga?, credes que hai que insistir no coidado da auga?, quepasaría se non facemos un bo uso dela?

• Propoñer pautas para facer un mellor uso da auga na escola e na casa.

• Escribir e debuxar algunhas boas prácticas para o coidado da auga. Comprometerse a facer un bo uso.

consumo responsable

Obxectivos:• Favorecer o desenvolvemento de actitudes de consumoresponsable.

Textos relacionados:• Ves demasiada tele? Páxina 4

• Ler o texto: Ríos en perigo• Situar nun mapa os lugares onde se atopan eses ríos.• Dialogar sobre os ríos que coñecen e os problemas quelles afectan.• Buscar información sobre a Expo de Zaragoza. Cal é o tema desta exposición?, quen participa?, etc.

Page 8: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

interculturalidade

Obxectivos:• Favorecer o coñecemento e aprecio porrealidades diferentes da propia.• Identificar que a diversidade é unhaoportunidade de aprender cousas novas.

Textos relacionados:• Coñezamos algo máis de Bolivia.Páxina 6• Lápices de colores.Páxina 7

...8

Descrición das actividades:

Segundo ciclo Terceiro ciclo

• Facer táboas e gráficas que representen o número de horasque dedican a ver a televisión, os programas que ven e oscontidos que lles gustaría que houbese nun programa dirixidoa eles e elas..

• Previamente comentar os programas que ven da televisión: que programas de televisión vedes?, están dirixidos a nenos enenas?, vedes todos os mesmos programas?...

• Facer unha listaxe dos programas que a clase ve, analizar os seus contidos e o que poden aprender en cada caso. Podenempregar unha táboa como a seguinte:

Esta listaxe pódese facer na casa previamente ao traballo na clase e logo facer unha táboa xeral do grupo.

Nome do programa ehorario de emisión

De que trata? Que aprendemos oupodemos aprender?

• Facer o test: Ves demasiada tele?

• Comentar en pequenos grupos os resultados do test. Logo pódese facer unha posta en común.

• Propoñer actividades alternativas a ver a televisión.

• Organizar un taller de creatividade no que se usen materiais reciclables como envases, caixas de cartón, etc. e se simuleun programa de televisión de bricolaxe para nenos e nenas.

• Finalmente, facer unha exposición de todos os traballos realizados.

Page 9: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

Segundo ciclo Terceiro ciclo

• Comentar se alguén sabe algo de Bolivi a : onde está situado este país?, coñecedes algún boliviano ou boliviana?, que sabedesdeste país?

• Facer unha listaxe das cousas que saben de Bolivia.

• Ler o texto: Coñezamos algo máis de Bolivia.

• Contra star a in fo rm a ción coa li st a xe que fi xeron previ a m e n t e .D i a l o ga n : que aprendemos de Bolivia?, que podemos aprenderdeste país?...

• Buscar máis información deste país e dos países representados na aula. Poden realizar un traballo de investigación engrupo e facer unha posta en común.As familias de orixe estranxeiro poden axudarlle á clase a montar unha exposición.

• Ler o texto: Lápices de colores.

• Realizar as actividades propostas na revista.

• Observar a ilustración que acompaña o texto e responder: que observades?, que están a facer estes nenos e nenas?

• Inventar unha historia a partir do debuxo:“Un día as cores...”

paz

Obxectivos:• Fomentar a busca de solucións pacíficas fronte aos conflitos.• Favorecer o desenvolvemento de actitudes de respecto e escoita cara aos demais.

Textos relacionados: • Descubre as palabras secretas. Páxina 8• Labirinto de palabras.Páxina 9

Segundo ciclo Terceiro ciclo

• Ler o texto: Descubre as palabras secretas.

• En pequenos grupos xogan a descubrir as palabras secretas que se atopan en: dinosauro, amizades, adestrador, xanela,ordenador, camiseta, etc.

• Hai que darlle a oportunidade a todo o alumnado de participar e propoñerlle unha palabra ao resto do grupo para buscaras palabras dentro dela. Cantas palabras atopamos? Axudámoslles a Xoán, Marta, Andrés... a atopar outra palabra?

• Dialogar: como vos sentistes cando xogabades e os demais compañeiros e compañeiras vos axudaban?, en que outrasocasións recibides ou prestades axuda?, como vos sentides cando non recibides a axuda que pedides?

• En pequenos grupos desenvolver a actividade: Labirinto de palabras.

• Investigar como se chama o lago que se encontra entrePerú e Bolivia.Situar nun mapa ambos os países.

• Substituír as palabras que aparecen en negra (novo s , redon-di ñ a s ,e n c a rn a d a s ,m a ra b illosas) e facer unha se gunda lecturado texto.

• Divídense en dous grupos e len alternativamente as estrofas.

• Dialoga r: que sucede cando non escoitamos os demais?; e cando non nos escoitan, como nos sentimos?

• Ide n t i ficar situacións nas que precisan axuda dout ras persoasdo seu contorno.

Page 10: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

igualdade de oportunidades

Obxectivos:• Favorecer o desenvolvemento da imaxinación e a creatividade.• Reflexionar sobre os papeis home/muller na vida cotiá.

Textos relacionados: • Igual-Dá? Páxina 10

saúde

Obxectivos:• Favorecer o desenvolvemento de prácticas de vida saudable.

Textos relacionados:• Ensalada. Páxina 11• Canto hai que non dás unha volta? Páxina 11

Segundo ciclo Terceiro ciclo

• Ler o texto Ensalada e realizar a actividade proposta en pequenos grupos. Posteriormente, facer un plenario.

• Dialoga r: que vos pareceu esta historia?; quen participa nela?; que vos chamou máis a atención?; parécevos que esta familiafixo un bo reparto das tarefas?, por que?; por que credes que a idea de Susana lle pareceu a Carlos “unha idea xenial e moisaudable”?; que significa para vós unha vida saudable?

• Ide n t i ficar algunhas prácticas cotiás de vida saudabl e :b e b er auga ,c a mi ñ a r, p ro t exerse do sol ou abriga rse se gundo o tempo,facer deporte, manter un peso adecuado, durmir e descansar axeitadamente, etc. Que outras ideas se vos ocorren para levarunha vida saudable?

• Ler o texto: Canto hai que non dás unha volta?

Segundo ciclo Terceiro ciclo

• Ler o texto:Igual-Dá? e realizar a actividade proposta.

• Comentar as di f erenzas entre un final e out ro da hi st o ria de Mart a : cal vos gusta máis e por que?, coñecedes algunha persoaá que lle acontecese o mesmo que a Marta?

• Dialogar: se no lugar de Marta a historia a protagonizase Miguel, sería diferente? Por que?

• Facer unha segunda lectura substituíndo o nome de Marta por Miguel e inventar un final novo.

• Recoñecer que todas as persoas podemos participar das mesmas actividades con independencia do feito de ser homes oumulleres.

• Dialogar: cales son os beneficios de dar un paseo? Acostu-mades pasear en familia ou con amigos e amigas? Por que?

• Dar unha volta ao redor do centro e debuxar aquilo que chechamou a atención.Unha alternativa é dar un paseo en familiae logo contarlle ao resto do grupo como o pasastes.

Descrición das actividades:

Page 11: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

miscelánea

Obxectivos:• Valorar o traballo cooperativo.

Textos relacionados:• Adiviña: Que será? Páxina 12• Poesía:Ronda del girasol.Páxina 12• Canción: Soy pan,soy paz,soy más... Páxina 13

Segundo ciclo Terceiro ciclo

• Ler o texto Que será?

• Ler o texto: Ronda del girasol.

• Dialogar: é un texto alegre ou triste? Por que?

• Substituír a palabra "nunca" da poesía por: sempre, unha vez,a cada pouco, etc.e ler o texto cos cambios.

• Ler o texto: Soy pan, soy paz, soy más...

• Dialogar sobre as palabras “contame, decime, vos”. Quen as utiliza? Por que?

• Identificar que as expresións do castelán varían en diversos lugares.

Se queres máis info r mación ou desexas realizar algunha consulta sobre o material da campaña Igual-Dá?, escríbenos a:e n t r e c u l t u r a s @ e n t r e c u l t u r a s . o r g

C o o r d i nación de Sensibilización: R a q u el Mart í n . Responsable de Educación: Irene Ort e ga . Responsable de contidos e actividades: Je n ni f erWil liams Ramos. Tex t o s : I s a b el Borr e go. I l u s t r a c i ó n s : M ó nica Almanza. Dirección de A rte e Deseño gráfi c o : M a ri b el V á z q u e z . I m p r i m e :I a rri c cio Artes Gráfi c a s . Depósito legal: M - 3 4 5 4 0 - 2 0 0 6 .S e t e m b ro 2007. Impreso en papel reci c l a d o .

Móvete en Rede. Nenos e Nenas 3 forma parte de Igual-Dá?campaña educativa en prol da inclusión e a equid a de, o rientada acomprender a orixe das desvantaxes que impiden a igualdade deoportunidades, especialmente no ámbito da educación, e taména necesidade de compensalas para transformar as realidades deexclusión.

Non nos dá igual. Queremos un mundomáis xusto para todos e todas!

Máis información e actividadescomplementarias:

• www.entreculturas.org• www.entreculturas.org/educared.htm

• Dialogar sobre a resposta:que pistas seguistes para dar coa resposta?

• I nventar out ras adiviñas e pro p o ñ erllas ao gru p o .

• Debuxar a resposta da adiviña.

• Realizar un cómic da canción. Tamén poden crear finaisalternativos.

Page 12: móvete en Rede · Guía didáctica Nenos e Nenas móvete en Rede por unha cidadanía para a solidariedade global ... A educación para o de se n volvemento (ED) é un proceso de

Organiza: Colabora:

Campaña Educativa pola inclusión e a equidade.

SUBVENCIONADO POLA PRESIDENCIADA XUNTA DE GALICIA. SECRETARÍAXERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA