modelo de requirimento

4
Modelo de requirimento normalización_lingüística_cerceda Requirimento Introdución Mediante un requirimento, a Administración contacta cunha persoa ou entidade para que realice unha determinada acción ou actuación que é necesaria ou está inserida nun procedemento administrativo. Trátase, polo xeral, dun documento en que a Administración solicita que se emende algún defecto formal ou algún acto semellante, polo que a estrutura do documento debe estar formada na exposición de motivos e na base xurídica que xustifica a acción. 1

Upload: ivan-mendez

Post on 14-Feb-2016

224 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Breve explicación para redactar un requirimento administrativo

TRANSCRIPT

Page 1: Modelo de requirimento

Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda

Requirimento

Introdución

Mediante un requirimento, a Administración contacta cunha persoa ou entidade

para que realice unha determinada acción ou actuación que é necesaria ou está

inserida nun procedemento administrativo. Trátase, polo xeral, dun documento en

que a Administración solicita que se emende algún defecto formal ou algún acto

semellante, polo que a estrutura do documento debe estar formada na exposición

de motivos e na base xurídica que xustifica a acción.

1

Page 2: Modelo de requirimento

Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda

2

Page 3: Modelo de requirimento

Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda

Estrutura

Cabeceira

Identificación da persoa destinataria. Ao comezo do documento debe

identificarse a quen vai dirixido o requirimento, sempre e cando se tratar

dunha persoa particular. Os datos que se teñen que incluír son o nome e

mais os apelidos e o enderezo completo (nome da rúa, código postal,

localiade e provincia). Estes datos aliñaranse á esquerda se non se

empregar un sobre con ventá, en cuxo caso irán á dereita.

Se, pola contra, o requirmento estiver dirixido a un cargo público, a

identificación deberá aparecer na última liña do documento, en letra grosa

ou maiúscula.

Titulo. Os requirimentos deben incluír unha identificación sobre o asunto

ou o tema que se vai tratar. Debe escribirse en maiúsculas e nun

parágrafo á parte.

Corpo do texto

Antecedentes ou introdución. O documento ha comezar necesariamente

coa exposición dos motivos que levaron a redactar o requirimento. Neste

texto, preferibelmente nun parágrafo, deberá constar a persoa, o cargo ou

o órgano que o emitiu e no procedemento que se acha inserido. Tamén

poden constar a referencia lexislativa que se segue para emitir o

requirimento.

Requirimento propiamente dito. É o nucleo do documento e nel debe

enumerarse a acción ou accións que se requiren. Estas actuacións, se

foren varias, deberán relacionarse en parágrafos independentes

numerados.

Prazo. Nun parágrafo á parte, indicarase o prazo que a persoa destinataria

ten para realizar a actuación.

Consecuencias. Posteriormente deberanse explicitar as consecuencias

que se deribaren de non se seguiren as indicacións do documento.

Notificación. En último lugar dentro do corpo, pode incluírse unha

notificación como no exemplo que asegure a recepción do documento.

3

Page 4: Modelo de requirimento

Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda

Peche

O peche dos requirimentos deberá seguir a estrutura seguinte:

• O cargo da persoa que asina o documento

• A rúbrica

• O nome e os apelidos

4