Download - Modelo de requirimento
Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda
Requirimento
Introdución
Mediante un requirimento, a Administración contacta cunha persoa ou entidade
para que realice unha determinada acción ou actuación que é necesaria ou está
inserida nun procedemento administrativo. Trátase, polo xeral, dun documento en
que a Administración solicita que se emende algún defecto formal ou algún acto
semellante, polo que a estrutura do documento debe estar formada na exposición
de motivos e na base xurídica que xustifica a acción.
1
Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda
2
Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda
Estrutura
Cabeceira
Identificación da persoa destinataria. Ao comezo do documento debe
identificarse a quen vai dirixido o requirimento, sempre e cando se tratar
dunha persoa particular. Os datos que se teñen que incluír son o nome e
mais os apelidos e o enderezo completo (nome da rúa, código postal,
localiade e provincia). Estes datos aliñaranse á esquerda se non se
empregar un sobre con ventá, en cuxo caso irán á dereita.
Se, pola contra, o requirmento estiver dirixido a un cargo público, a
identificación deberá aparecer na última liña do documento, en letra grosa
ou maiúscula.
Titulo. Os requirimentos deben incluír unha identificación sobre o asunto
ou o tema que se vai tratar. Debe escribirse en maiúsculas e nun
parágrafo á parte.
Corpo do texto
Antecedentes ou introdución. O documento ha comezar necesariamente
coa exposición dos motivos que levaron a redactar o requirimento. Neste
texto, preferibelmente nun parágrafo, deberá constar a persoa, o cargo ou
o órgano que o emitiu e no procedemento que se acha inserido. Tamén
poden constar a referencia lexislativa que se segue para emitir o
requirimento.
Requirimento propiamente dito. É o nucleo do documento e nel debe
enumerarse a acción ou accións que se requiren. Estas actuacións, se
foren varias, deberán relacionarse en parágrafos independentes
numerados.
Prazo. Nun parágrafo á parte, indicarase o prazo que a persoa destinataria
ten para realizar a actuación.
Consecuencias. Posteriormente deberanse explicitar as consecuencias
que se deribaren de non se seguiren as indicacións do documento.
Notificación. En último lugar dentro do corpo, pode incluírse unha
notificación como no exemplo que asegure a recepción do documento.
3
Modelo de requirimentonormalización_lingüística_cerceda
Peche
O peche dos requirimentos deberá seguir a estrutura seguinte:
• O cargo da persoa que asina o documento
• A rúbrica
• O nome e os apelidos
4