Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o sistema solar, a terra e a lúa, así como as...

56
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 56 Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 2 O Universo a través do computador

Upload: others

Post on 23-Sep-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 56

Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial

Módulo 1 Unidade didáctica 2

O Universo a través do computador

Page 2: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 2 de 56

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Obxectivos didácticos ................................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 Estrutura e funcionamento de Internet .......................................................................... 4 2.1.1 Servizos de internet: páxinas web (www) ..........................................................................................................5 2.1.2 Manexo de buscadores: Google, Yahoo, etc. ....................................................................................................9 2.1.3 Servizos de internet: correo electrónico (e-mail)..............................................................................................14 2.1.4 Servizos de internet: grupos de noticias (news)...............................................................................................18 2.1.5 Licenzas de uso e distribución do software......................................................................................................21

2.2 O Universo, o Sistema Solar e a Terra ....................................................................... 23 2.2.1 O Universo: forma e orixe ................................................................................................................................23 2.2.2 Identificación dos elementos do Sistema Solar................................................................................................26 2.2.3 Recoñecemento da Terra como planeta dentro do Sistema Solar ..................................................................27 2.2.4 Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta .........................................................30 2.2.5 Fenómenos relacionados cos movementos da Terra ......................................................................................32

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................36

4. Actividades complementarias........................ ........................................................37

5. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................39

6. Solucionarios...................................... .....................................................................43

6.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 43 6.2 Solucións das actividades complementarias............................................................... 48 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 50

7. Glosario........................................... .........................................................................54

8. Bibliografía e recursos............................ ................................................................56

Page 3: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 3 de 56

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Internet é unha ferramenta que, día a día, se torna máis básica para intercambiar informa-ción. Coñecer, aínda que só sexa basicamente, como se pode presentar, acceder e utilizar a información é fundamental para mellorarmos a nosa visión do mundo. As páxinas web, o correo electrónico e todas as aplicacións que se atopan ao noso dispor na rede son elemen-tos de grande utilidade que non podemos descoñecer. Non abonda con sabermos da súa existencia; tamén é necesario aprendermos a manexar todos os recursos que a grande rede pon ao noso alcance.

O uso do recurso de internet vainos permitir acceder a información sobre o Universo para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción.

1.2 Coñecementos previos

Para un mellor aproveitamento deste tema cómpre coñecer o manexo básico do computa-dor e das aplicacións máis comunmente empregadas. Haberá que empregar un procesador de texto e deberán coñecerse as súas funcións máis básicas do mesmo: copiar, cortar e pe-gar. Tamén será necesario saber como gardar ficheiros e acceder a eles.

Será preciso, para unha parte das actividades propostas, traballar con equipamentos in-formáticos que dispoñan dunha conexión a internet.

1.3 Obxectivos didácticos � Coñecer o funcionamento de internet e os seus servizos.

� Crear un correo electrónico.

� Utilizar as ferramentas que achega internet para a procura de información.

� Valorar adecuadamente as creacións de artistas e intelectuais, e usalas correctamente.

� Identificar tipos de licenzas en programas para uso libre, temporal ou con pagamento.

� Utilizar o Google Sky, ou similar, para iniciar unha visita ao espazo, situando a Terra no Sistema Solar.

� Recoñecer os elementos que compoñen o Sistema Solar, e situalos na Vía Láctea.

� Coñecer a orixe do Universo, do Sistema Solar e dos planetas.

� Comprobar as posicións do Sol, a Terra e a Lúa no Sistema Solar.

� Analizar os movementos da Terra para definir día e noite, con experiencias sinxelas.

� Observar o movemento da Terra arredor do Sol para definir o ano e as estacións.

� Analizar os movementos da Lúa para coñecer as súas fases e os eclipses.

Page 4: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 4 de 56

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 Estrutura e funcionamento de Internet

Internet é un conxunto formado por milleiros de redes de todo o mundo que están conec-tadas entre si. O nome de Internet vén do inglés Interconected Networks (interconexión de redes). Cada rede conectada a Internet ten, á vez, un feixe de equipamentos informáticos conectados entre eles.

Enderezos

A información móvese a moita velocidade entre os equipamentos. Cada equipamento co-nectado a internet está identificado por un enderezo (enderezo IP) formado por unha se-cuencia de catro números que están comprendidos, cada un deles, entre 0 e 255. Depen-dendo das condicións en que o equipamento se conecta á rede, este enderezo pode ser está-tico (sempre o mesmo) ou dinámico (varía cada vez que se establece a conexión).

Exemplo de enderezo IP: 69.52.180.1

Conexións

Para poder establecer a conexión dun equipamento a internet é preciso contratar unha co-nexión telefónica cunha compañía. Hai compañías que proporcionan este servizo de xeito gratuíto.

As conexións a internet poden ser diversas, e as diferenzas máis salientables radican na velocidade de transmisión de datos. Os tipos de conexión que se usan na actualidade son:

� Liña telefónica normal: non se emprega demasiado, xa que resulta moi lenta e non permite o envío de paquetes de información grandes.

� Conexión RDSI: permite a transmisión de voz e a conexión a internet por unha soa li-ña. Mellora a velocidade de transmisión de datos con respecto á liña telefónica normal.

� Liña ADSL: alcanza velocidades de transmisión moi altas. É seguramente o tipo de conexión máis empregado. Proporciónano moitas compañías de telefonía. Abonda con ter unha liña telefónica e contratar o servizo con calquera das compañías que o ofrecen.

� Conexión por cable: o sistema máis avanzado. Dispoñible só nalgúns lugares.

Page 5: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 5 de 56

2.1.1 Servizos de internet: páxinas web (www)

Internet ofrece diversos sistemas de intercambio de información: páxinas web, correo elec-trónico, grupos de noticias, etc. Un dos medios de comunicación e de transmisión de in-formación en internet é o constituído polas chamadas páxinas web.

En internet a información está dispoñible en servidores, e cada servidor ten un nome, que se denomina enderezo URL (Uniform Resource Locator). Existe unha rede de servi-dores que ofrece información a todos os usuarios, é a chamada World Wide Web (www) (rede de tea de araña mundial). Os servidores son servidores web.

Para acceder a un servidor precisamos o seu enderezo. Nun servidor a información está estruturade en páxinas, as páxinas web. Unha páxina web está construída con hipertexto, é dicir, con conexións que levan a outras páxinas, imaxes, etc.

Navegadores

Para poder acceder ás páxinas web é preciso dispor dun navegador. Os que máis se em-pregan son Explorer, Netscape e Mozilla. Todos estes navegadores poden descargarse de balde, aínda que o normal é que os equipamentos informáticos teñan xa instalado un nave-gador.

Hai que localizar a icona no escritorio ou no menú de Inicio. Nos pasos sucesivos empre-gamos o navegador internet Explorer.

Page 6: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 6 de 56

� Para lanzar o navegador cómpre estar conectado a internet.

� Para acceder a páxinas web das que se coñece o enderezo só é preciso escribir o nome completo da páxina na barra de enderezos do navegador.

� Ao pasar o apuntador sobre determinados puntos dunha páxina web prodúcese un cam-bio na súa aparencia, xa que toma o aspecto dunha man, trátase dunha ligazón. Selec-cionándoa co botón esquerdo do rato podemos movernos a outra páxina que está ligada con aquela na que estamos.

� As páxinas que se van abrindo sucesivamente poden ser visitadas sen volver a escribir o seu nome empregando os botóns de atrás e adiante.

Favoritos

Se queremos gardar o enderezo dunha páxina que nos interesa, para podermos acceder a ela noutro momento sen volver escribir o enderezo, podemos incluíla en Favoritos.

Page 7: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 7 de 56

Opcións de internet

O navegador ten unha páxina de inicio que podemos cambiar por outra que prefiramos. Para isto é preciso modificar as opcións en Opciones de internet do propio navegador.

Copiar, pegar e gardar

Cando atopamos unha información do noso interese podémola gardar. Tanto se é un texto como se é unha imaxe, podemos Copiar e Pegar despois, por exemplo, nun documento de Word ou de OpenOffice. O procedemento é sinxelo, temos que seleccionar, empregando o botón esquerdo do rato e percorrendo todo aquilo que nos interesa. Logo eliximos no bo-tón dereito do rato a opción Copiar, e despois a de Pegar, empregando tamén o botón de-reito do rato, sobre un documento de Word previamente aberto. A información que se co-pia non sempre aparece co mesmo formato: tipo de letra, parágrafo, etc.

Page 8: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 8 de 56

Cando a páxina web é moi grande pódese gardar e traballar con ela cando xa non se teña conexión a internet. Para gardar unha páxina web hai que elixir a opción do menú Archivo e Guardar como. Cumprirá elixir o cartafol e o nome con que se queira gardar a páxina.

Actividades propostas

S1. Acceda a páxinas web das que coñeza o enderezo e navegue polas súas liga-zóns. Probe inicialmente con estas:

� http://www.astromia.com/fotouniverso/index.htm

� http://www.spitzer.caltech.edu/espanol/edu/askkids/index.shtml

� http://cosmos.astro.uson.mx/planetas.htm

� http://www.google.es/search?hl=es&q=astronomia&meta=

� http://www.astrofotos.com.es/

� http://www.solarviews.com/span/

� http://museoprado.mcu.es

S2. Garde páxinas web do seu interese en Favoritos e acceda despois a elas direc-tamente, seleccionándoas co botón esquerdo do rato.

S3. Cambie a páxina de inicio do navegador e comprobe o seu funcionamento co-rrecto. Modifique o navegador para que empregue como páxina de inicio cada unha das sinaladas.

� http://www.xunta.es

� http://www.edu.xunta.es

� http://www.google.es

S4. Garde algunha das páxinas web da actividade anterior.

S5. Constrúa un documento de Word con información sobre cada un dos planetas do Sistema Solar. Ten que incluír unha imaxe do planeta e un pequeno texto expli-cativo sobre el. Garde ese documento nun cartafol.

Page 9: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 9 de 56

2.1.2 Manexo de buscadores: Google, Yahoo, etc.

Non sempre coñecemos o enderezo completo da páxina ou das páxinas web que conteñen a información que precisamos. Podemos buscar e identificar as páxinas que conteñen esa información empregando buscadores.

O manexo de buscadores é sinxelo e permite que, entre os millóns de páxinas dispoñi-bles en internet, filtremos aquelas que teñen a información que queremos. Hai moitos bus-cadores: Google, Yahoo, ...

Accédese aos buscadores como ao resto das páxinas web, escribindo o seu nome na ba-rra de enderezos ou seleccionándoos en favoritos, se antes nos ocupamos de gardalos.

Page 10: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 10 de 56

Cantas máis palabras empreguemos para facer a procura máis refinada será esta. Os arti-gos, as preposicións, as conxuncións, etc. non se teñen en conta na busca. Só se terán en consideración cando vaian entre comiñas. Este é o sistema para buscar frases enteiras.

Ademais, Google permite empregar varios idiomas para facer buscas.

Procura de imaxes

Google, o mesmo que outros buscadores, ten unha ferramenta de procura de imaxes. Se-leccionándoa pódese facer unha busca das imaxes relacionadas cun determinado tema. O procedemento é o mesmo que para a busca de páxinas web: hai que escribir o tema na ventá de busca.

Page 11: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 11 de 56

Para copiar unha imaxe dunha páxina web hai que colocar o apuntador sobre ela e, no bo-tón dereito do rato, elixir a opción Guardar imagen como... A imaxe pódese gardar nun cartafol do equipamento e posteriormente inserila nun documento de Word, ou vela con calquera das aplicacións de imaxe dispoñibles.

Tamén se pode elixir, no botón dereito do rato, a opción Copiar. Deste xeito, a imaxe pode ser pegada nun documento de texto (Word, Open Office, etc.) coa ferramenta Pegar.

Page 12: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 12 de 56

Page 13: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 13 de 56

Actividades propostas

S6. Empregue un buscador para atopar información sobre algúns temas que lle inte-resen, por exemplo, sobre astronomía. Velaquí algúns buscadores:

� http://www.google.es � http://www.yahoo.es � http://www.ozu.es � http://www.lycos.es � http://www.altavista.es

S7. Empregue un buscador para achar información sobre algúns temas que sexan do seu interese. Por exemplo, busque información sobre:

� A atmosfera de Venus.

� Os satélites de Xúpiter.

� A Vía Láctea.

S8. Procure imaxes sobre Astronomía, refinando cada vez máis o sistema de busca. Comece por construír un documento de Word que conteña as imaxes seguintes:

� A atmosfera da Terra.

� Os satélites de Marte.

� A constelación de Orión.

S9. Busque imaxes sobre temas de astronomía, refinando cada vez máis o sistema de busca. Gárdeas como ficheiros de imaxe que poida empregar posteriormente (empregue o formato JPEG):

� Saturno.

� Plutón e Caronte.

� As constelacións do Zodíaco.

Page 14: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 14 de 56

2.1.3 Servizos de internet: correo electrónico (e-mail)

Outra ferramenta moi empregada en internet e o correo electrónico. É un sistema moi rá-pido que permite o movemento de cantidades importantes de información. Permite anexar ou xuntar ficheiros de texto e gráficos.

Para empregar o correo electrónico temos que dispor dun provedor de correo que, pola súa vez, nos ha permitir empregar un enderezo de correo e un portal (páxina web) que dá acceso a un xestor de correo que permite o tráfico de mensaxes.

As mensaxes están no provedor ata que o usuario abre a súa conta e pasan ao seu com-putador. Os servidores de correo poden ser empresas informáticas, como Yahoo, Wana-doo, etc., organismos oficiais, como a Xunta, as universidades, empresas de acceso telefó-nico, etc.

Se non dispomos dun enderezo de correo podémolo conseguir de balde en calquera dos moitos servidores de internet: Hotmail, Yahoo, etc.

Os enderezos de correo electrónico gardan certo parecido cos das páxinas web. Constan de dúas partes:

Abrir unha conta e usar o correo electrónico

Page 15: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 15 de 56

Page 16: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 16 de 56

Xuntar ficheiros a mensaxes

O correo electrónico tamén se pode empregar para xuntar ficheiros. Isto é enviar, ademais do texto do correo, algún documento de texto, imaxe, etc. que teñamos previamente elabo-rado.

O sistema é sinxelo. Na ventá en que escribimos o correo, eliximos a opción de xuntar. Abrirase outra ventá, onde procuraremos o ficheiro para xuntar, e entón seleccionarémolo.

Ao mandarmos o correo tamén se inclúe o ficheiro sinalado, que pode abrirse á súa re-cepción seleccionándoo co botón esquerdo do rato.

Page 17: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 17 de 56

Actividades propostas

S10. Cree unha conta de correo electrónico en calquera dos servidores de internet coñecidos. Todas empregan criterios moi parecidos.

S11. Pídalle o enderezo de correo electrónico a un compañeiro e intercambie correos con el.

S12. Envíe un correo co que xunte documentos de texto ou imaxes gardadas nas ac-tividades anteriores.

S13. Pídalle a un compañeiro que lle envíe un correo en que se xunte algún dos do-cumentos ou das imaxes elaboradas en actividades anteriores e ábraos.

Page 18: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 18 de 56

2.1.4 Servizos de internet: grupos de noticias (news)

Os grupos de noticias (news groups) son caixas de correo onde se deixan mensaxes que calquera pode ler, e que gardan relación cun tema determinado.

A maioría dos buscadores permiten que os configuremos para que, cando se produza unha nova relacionada co tema que nos interesa, chegue ao noso correo electrónico unha mensaxe que nolo comunica.

Para acceder a grupos de noticias empréganse varios camiños: o máis sinxelo é o uso dos buscadores descritos anteriormente (Google, Yahoo, etc.). Imos describir, deseguido, o método para acceder ás news do buscador Google.

Page 19: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 19 de 56

Pódese configurar o buscador para que se nos comunique calquera nova que se produza sobre o tema de consulta. Para isto é preciso que o buscador dispoña dun enderezo de co-rreo electrónico ao que mandarnos a información.

Page 20: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 20 de 56

Actividades propostas

S14. Abra o grupo de noticias de Google e procure informacións recentes sobre os temas seguintes:

� Existe vida en Marte?

� Viaxes espaciais recentes.

S15. Empregue os grupos de noticias dispoñibles noutros buscadores (Yahoo, Lycos, etc.) para atopar información actual sobre cuestións relacionadas coa astrono-mía:

� Eclipses de Sol e de Lúa.

� As mareas.

Page 21: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 21 de 56

2.1.5 Licenzas de uso e distribución do software

Internet facilita a reprodución de documentos, pero non podemos ignorar as leis da pro-piedade intelectual. Ao recollermos información de internet, se a información esta está protexida só podemos empregala nas condicións que estableza a lexislación.

Existen graos de protección para o uso e a distribución do software, aquelas aplicacións que permiten o acceso á información e, tamén, a súa produción ou a súa reprodución:

� Comerciais: só se poden baixar e instalar pagando o prezo establecido.

� Sharewere (de proba): son programas que se atopan na rede, que se poden baixar e ins-talar e que funcionan de xeito completo ou parcial durante un certo período (15 ou 30 días). Despois deste período o programa bloquéase e hai que mercalo.

� Freewere (libre): programas que se poden baixar e instalar. Son de balde e funcionais.

� Dialer: son programas que se poden baixar que permiten a conexión a determinadas páxinas por medio dunha ligazón telefónica. A chamada non é gratuíta.

Page 22: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 22 de 56

Actividades propostas

S16. Empregue un buscador para localizar e identificar aplicacións sobre un tema: a Astronomía. Instale aplicacións gratuítas (freewere) ou de proba (sharewere). Empregue estas aplicacións para visualizar conceptos estudados neste tema.

Page 23: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 23 de 56

2.2 O Universo, o Sistema Solar e a Terra

2.2.1 O Universo: forma e orixe

O Universo está formado por todo o que nos rodea. Cando falamos do Universo referímo-nos ao conxunto de astros que ocupan a bóveda celeste: estrelas, planetas, satélites, come-tas, asteroides, etc.

Non se coñece o tamaño do Uni-

verso. Sábese que hai espazos con grande acumula-ción de materia

Grupo local de galaxias

A nosa galaxia é a Vía Láctea; tería un aspecto parecido a esta se puidésemos fotografala dende o

exterior

O Sol e o conxunto de astros que o acompañan: o Sistema Solar

A Terra: O planeta en que vivimos

� As galaxias defínense como enormes agrupacións de estrelas e gas.

� A nosa galaxia é a Vía Láctea. O Sol é unha pequena estrela da Vía Láctea.

A vía Láctea Algunhas curiosidades

���� Nos lugares afastados das cidades, nas noites en que o ceo está limpo e as luces das cidades non molestan, pódese ver unha grande mancha de cor branco no ceo. É a Vía Láctea.

���� O seu nome fai referencia a que parece unha mancha leitosa cando se observa a simple vista.

���� Nalgunhas rexións recibe o nome de Camiño de Santiago. Dise que servía de guía aos peregrinos no seu camiño cara a Com-postela

As constelacións

Vistas dende a Terra, as estrelas parecen estar agrupadas. Estas agrupacións son froito da imaxinación humana que, xa desde a prehistoria foi capaz de ver no firmamento figuras de animais, deuses, etc.

As constelacións máis coñecidas, aínda que non sempre as máis doadas de observar, son as que forman o Zodíaco. O momento do ano en que corresponde un determinado sig-no do Zodíaco é aquel no que a constelación dese signo se atopa detrás do Sol, visto desde a Terra.

A imaxe seguinte representa a posición do Sol, a Terra e as constelacións do Zodíaco sendo o tempo de Libra.

Page 24: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 24 de 56

Algunhas curiosidades

���� Os exipcios coñecían as constelacións do Zodíaco: Tauro, Aries, etc. Todas elas foron representadas en moitos rele-vos de tumbas e templos. Imaxinaban o Universo como o corpo da deusa Nut, que representaban apoiada coas mans e os pés sobre a Terra.

���� Os antigos habitantes de México consideraban que a Terra era plana e se atopaba no centro do Universo. Sobre ela estaba o nivel superior, o ceo, e debaixo o inframundo. Tanto o ceo como o inframundo estaban divididos en pisos. O derradeiro piso do inframundo era o reino dos mortos.

���� Os gregos propuxeron modelos en que a Terra e o Sol figuraban como centro do Universo. O primeiro denominámolo modelo xeocéntrico e o segundo heliocéntrico.

���� O modelo xeocéntrico, no que a Terra era o centro do Universo, foi considerado como correcto ata o século XVI, can-do foi substituído polo modelo heliocéntrico, en que o Sol ocupaba ese lugar.

���� Na actualidade sabemos que nin a Terra nin o Sol son o centro do Universo. Son só un pequeno planeta que xira arredor dunha pequena estrela, importantes para nós porque a primeira é o noso fogar.

O Big Bang: a Grande Explosión

Na actualidade, a teoría máis admitida sobre a orixe do Universo é a da Grande Explosión, máis coñecida por esta expresión en inglés, Big Bang. Segundo esta teoría, ao principio toda a materia e toda a enerxía estaban concentradas nun punto. A materia estaba formada por partículas elementais cunha grande cantidade de enerxía.

Despois da Grande Explosión as partículas uníronse para formaren átomos. Así, o Uni-verso comezou a facerse cada vez máis grande.

Pouco a pouco foise producindo o arrefriamento do Universo, que ao principio estaba a unha grande temperatura. Pénsase que este proceso de arrefriamento continúa aínda na ac-tualidade.

Page 25: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 25 de 56

Actividades propostas

Use un buscador para atopar en internet a información precisa para realizar as actividades.

S17. Escriba unha definición para: estrela, Sistema Solar e planeta.

S18. Represente graficamente as visións xeocéntrica e heliocéntrica do Universo.

S19. Escriba o nome de cinco constelacións.

S20. Debuxe a Osa maior e Casiopea.

S21. Documéntese en internet e copie nun documento de texto unha imaxe que pro-porcione información sobre o Big Bang. Documente esa imaxe con texto explica-tivo sobre o tempo transcorrido desde que se produciu a Grande Explosión e so-bre os acontecementos máis salientables que aparezan na imaxe, por exemplo:

� Aparición do Sistema Solar.

� Aparición da Terra.

� Aparición da vida.

Page 26: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 26 de 56

2.2.2 Identificación dos elementos do Sistema Solar

Denomínase Sistema Solar o conxunto de planetas, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas que orbitan de xeito regular arredor do Sol. O Sistema Solar está formado por:

� Unha estrela: o Sol.

� Oito planetas: Mercurio, Venus, A Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

� Tres planetas ananos: Plutón, Ceres e Eris.

� Unha chea de satélites, asteroides e cometas.

Actividade proposta

S22. Complete a táboa seguinte, en que se solicitan datos sobre compoñentes do Sis-tema Solar. Procure información en internet empregando un buscador .

Distancia media ao Sol

(millóns de km)

Período de tran-slación

(días ou anos terrestres)

Diámetro ecuato-rial (km)

Atmosfera (com-poñentes máis abundantes)

Temperatura superficial media

(ºC)

���� Mercurio

���� Venus

���� Terra

���� Marte

���� Xúpiter

���� Saturno

���� Urano

���� Neptuno

Page 27: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 27 de 56

2.2.3 Recoñecemento da Terra como planeta dentro do Siste ma Solar

Aplicacións informáticas

Existen moitas aplicacións que nos permiten visualizar a Terra, a Lúa, os planetas e, en xeral, os astros, así como reproducir os seus movementos, localizalos, etc.

O funcionamento destas aplicacións é sempre moi semellante e o único xeito de aprender a manexalas é, a partir de nocións básicas, investigar o seu funcionamento e ver o que se atopa.

Unha das aplicacións máis empregadas é o Google Sky. Para dispor dela hai que insta-lala no computador e ter unha conexión a internet. Pódese baixar a aplicación, de modo gratuíto, desde a páxina web que se indica deseguido, e instálase seguindo as instrucións da propia páxina web.

� http://earth.google.com/downloads.html

Existen outras aplicacións informáticas e páxinas web con moita información sobre o Universo. Esta páxina permite a descarga de aplicacións para a observación e o estudo do Universo.

� http://www.zeroprogramas.com/subcategoria.asp?subcat=262

Page 28: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 28 de 56

Actividades propostas

S23. Instale a aplicación Google Earth para a observación de obxectos astronómicos.

� Pódese baixar de http://earth.google.com/downloads.html

Page 29: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 29 de 56

S24. Localice en Google Sky estes obxectos astronómicos: Xúpiter e a Osa Menor. Deseguido indique de que obxectos astronómicos se trata en cada caso, así co-mo as súas características máis salientables.

S25. Visite algunha páxina web, na que se represente o Sistema Solar e o movemen-to dos planetas arredor do Sol. Empregue un buscador e afine a procura o posi-ble para atopar unha boa simulación.

Page 30: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 30 de 56

2.2.4 Coñecemento e explicación das características da Te rra como planeta

Orixes do Universo e da Terra

A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar. É un astro único porque é o noso, e nel as condicións físico-químicas, propiciaron a orixe e o desenvolvemento da vida.

A Terra ten a súa orixe totalmente relacionada coa do Sistema Solar.

O Sistema Solar orixinouse hai uns 4.600 millóns de anos a partir dunha enorme nube cósmica, formada principalmente de hidróxeno e, en menor cantidade, doutros elementos, que se atopaba situada nun dos brazos da Vía Láctea

Debido á forza de gravidade, esta nube comezou a contraerse e producíronse nela grandes remuíños. A nube cósmica, que xa tiña un certo movemento de rotación, á medida que se ía concentrando, xiraba cada vez máis rápido e dividíase en fragmentos. Ademais aplanábase ata adquirir a forma dun disco cunha masa central máis grosa.

Despois, a materia condensada na parte central contraeuse, quentándose extremada-mente, o que provocou a fusión nuclear do hidróxeno cun gran desprendemento de ener-xía. Así naceu o Sol luminoso que agora vemos.

No entanto, os fragmentos da nube orixinaria que constituían o disco formaron acumu-lacións nunha serie de puntos, constituíndo núcleos que exercían unha forza de atracción gravitatoria sobre os materiais, o que deu lugar aos planetas, aos asteroides e a outros fragmentos, coma os meteoritos.

Os anacos máis pequenos que non chegaron a concentrarse constitúen o cinto de máis de 2.000 asteroides, situados entre Marte e Xúpiter, é dicir, son restos da nube primitiva

Page 31: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 31 de 56

Actividade proposta

S26. Investigue en internet e reúna todos os datos que considere de interese sobre o planeta Terra: diámetro; duración da rotación e a translación; composición (ele-mentos químicos máis abondosos); composición da atmosfera; temperaturas medias, máximas e mínimas; ... Constrúa un informe nun documento de texto.

Page 32: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 32 de 56

2.2.5 Fenómenos relacionados cos movementos da Terra

Movementos da Terra

� Rotación. A Terra xira sobre o seu eixe. Isto dura 24 horas e é responsable da sucesión de días e noites. Os puntos da Terra móvense de Oeste a Leste. O Sol sae polo leste.

� Translación. A Terra describe unha órbita arredor do Sol, e tarda 365 días e 6 horas en completala. Este movemento, xunto coa inclinación do eixe de rotación, é responsable das estacións. Para estas coincidan sempre cuns días determinados estableceuse que de cada catro anos, un deles leve 366 días, o que se coñece como ano bisesto.

Page 33: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 33 de 56

A Lúa: o satélite da Terra

A Terra ten un único satélite, a Lúa. É un astro moi grande para ser un satélite da Terra, polo que a súa influencia no noso planeta é tamén moi importante

A Lúa, vista desde a Terra, non amosa sempre o mesmo aspecto. Isto é debido a que o que vemos do noso satélite é, exclusivamente, a parte que ilumina o Sol. Por iso, o aspecto que ten a Lúa depende da súa posición relativa con respecto ao Sol e á Terra

A Lúa ten dous movementos, un de rotación arredor do seu eixo e outro de translación arredor da Terra, acompañándoa no movemento desta arredor do Sol. Emprega o mesmo tempo no seu movemento de rotación que no de translación: 28 días.

As eclipses

A combinación dos movementos de translación da Lúa arredor da Terra e desta arredor do Sol fai que, algunhas veces, un dos primeiros astros se interpoña entre os outros dous fa-cendo que se produza unha eclipse.

O astro que se interpón provoca a aparición dunha zona de sombra en que entra o outro, quedando a escuras total ou parcialmente.

���� Eclipse de lúa A terra interponse entre o Sol e a Lúa, e esta última fica es-curecida.

���� Eclipse de Sol A Lúa interponse entre o Sol e a Terra, e nesta última pro-dúcense zonas de sombra

���� Lúa chea Nesta posición, vista desde a Terra, a Lúa amosa iluminada toda a súa su-perficie

���� Cuarto minguante Nesta posición, vista desde a Terra, a Lúa amosa iluminada só a parte es-querda

���� Lúa nova A cara iluminada da Lúa non se ve desde a Terra

���� Cuarto crecente Vista desde a Terra, a lúa amosa ilu-minada a parte dereita

Page 34: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 34 de 56

As mareas

A proximidade da Lúa á Terra fai que a influenza do satélite sobre o noso planeta sexa moi evidente. Unha destas manifestacións son as mareas.

A atracción exercida pola Lúa sobre a Terra provoca que a masa de auga que forma parte desta se deforme. Isto, combinado co movemento de rotación da Terra, provoca que cada día o nivel da auga de mares e océanos acade dúas veces un máximo, e outras dúas veces un mínimo de altura, coñecidos como preamar, os dous primeiros, e baixamar os dous últimos.

O intervalo que transcorre entre dúas preamares consecutivas é de 12 horas e 25 minu-tos.

O Sol está moito máis lonxe que a Lúa e a súa influenza nas mareas é menor. Cando a posición relativa do Sol, a Lúa e a Terra é a apropiada prodúcense mareas vivas. Nelas, as preamares alcanzan máis altura e as baixamares menos que o resto das mareas.

���� A masa de auga defórmase pola atracción da Lúa

Page 35: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 35 de 56

Actividades propostas

S27. Observe un mapa da Península Ibérica e conteste razoadamente. Onde sae an-tes o Sol, en Mallorca ou en Lugo?

S28. Indique que estación é en cada posición, no hemisferio sur. Razoe a resposta.

S29. O 21 de maio foi Lúa chea. Cando será Lúa nova? Cando volve ser Lúa chea?

S30. Coloque de xeito ordenado as imaxes da Lúa:

S31. En que fase da Lúa se produce unha eclipse de Sol? E unha eclipse de Lúa? Razoe a resposta e faga un debuxo da situación relativa do Sol, a Terra e a Lúa en cada caso.

S32. Se hoxe tivo lugar unha preamar ás 7 h 35 min, cando se producirá a preamar seguinte?

Page 36: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 36 de 56

3. Resumo de contidos

Internet

� Internet é un conxunto formado por milleiros de redes de todo o mundo que están co-nectadas entre si.

� Cando un equipamento informático se conecta a internet está identificado por un ende-rezo IP.

� Para establecer unha conexión é preciso contratar o servizo cunha compañía telefónica.

� As páxinas web son un dos medios de transmisión de información en internet. Están en servidores e pódese acceder a elas a través da rede.

� Un navegador é unha aplicación que permite abrir páxinas web.

� A información contida nas páxinas web pode ser gardada total ou parcialmente. Se é de interese unha parte do contido dunha páxina web, pódense empregar as ferramentas se-leccionar e copiar para, posteriormente, pegar nun documento de texto.

� Un buscador é unha páxina web que funciona como un filtro e amosa as páxinas que atopa sobre o tema de interese. Exemplos de buscadores: Google, Yahoo, ...

� Outra das formas de mover información en internet é o correo electrónico. Para poder empregar o correo electrónico é preciso contratar unha conta de correo con un provedor deste servizo. Hai provedores que proporcionan este servizo de xeito gratuíto.

� Os grupos de noticias permiten a recepción e o doado acceso á información sobre un tema determinado.

O Universo

� O Universo é todo o que nos rodea: galaxias, estrelas, planetas, ...

� Vistas dende a Terra, algunhas estrelas parecen estar agrupadas, son as constelacións. Estas agrupacións son imaxinarias pero servíronlle ao home para coñecer mellor o Uni-verso.

� Na actualidade pénsase que o Universo formouse a partir dunha grande explosión, o Big Bang.

� O Sistema Solar está constituído polo Sol e polos astros que xiran arredor del: planetas, satélites, asteroides e cometas.

� A Terra ten dous movementos, un de rotación sobre un eixo, no que inviste 24 horas, e outro de translación arredor do Sol, que completa en 365 días e 6 horas. O primeiro é responsable dos días e as noites e o segundo, xunto coa inclinación do eixo de xiro da Terra, das estacións.

� A Lúa é o satélite da Terra.

� As mareas están causadas pola atracción que exerce a Lúa sobre o noso planeta.

� Cando a Lúa se interpón entre o Sol e a Terra prodúcese unha eclipse de Sol e, se é a Terra a que se interpón entre o Sol e a Lúa, prodúcese unha eclipse de Lúa.

Page 37: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 37 de 56

4. Actividades complementarias

S33. Explique a visión que tiñan os exipcios da forma do Universo.

S34. Constrúa unha táboa en que aparezan as constelacións do Zodíaco e as datas do ano que correspondan a cada unha delas.

S35. Infórmese e determine cal é o seu signo do Zodíaco. Debuxe a posición do Sol, a Terra e a constelación do seu signo do Zodíaco durante o seu aniversario.

S36. Á vista dos resultados da actividade 15 conteste ás preguntas seguintes:

� Cales son os planetas cun tamaño máis parecido ao da Terra?

� Cales son maiores?

� Cales son máis pequenos?

� Como clasificaría en grupos os planetas do Sistema Solar?

S37. Investigue e conteste razoadamente:

� Que estación é en Bos Aires cando en Galicia é verán?

� Que estación é en Xapón cando en Galicia é outono?

S38. Infórmese e poña todos os anos bisestos entre 2000 e 2025, ambos incluídos.

S39. Por que vai máis calor no verán?

S40. Vexa algunha simulación para reproducir as fases da Lúa. En internet hai varias páxinas web que as ofrecen. Probe a comezar coas seguintes:

� http://www.edumedia-sciences.com/m228-p1_l3-astronomia.html

� http://www.astro.wisc.edu/~dolan/java/MoonPhase.html

S41. Vexa algunha simulación dunha eclipse. Na web pódense atopar en varias páxi-nas. Pode comezar por esta:

� http://www.edumedia-sciences.com/m228-p1_l3-astronomia.html

S42. Vexa algunha simulación das mareas. Na web pódense atopar en varias páxi-nas. Probe a comezar por esta:

� http://www.edumedia-sciences.com/m228-p1_l3-astronomia.html

S43. Investigue na web. Onde son máis altas as mareas, na costa de Galicia ou na costa de Valencia? Razoe a resposta.

Page 38: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 38 de 56

En internet pode atopar información para construír instrumentos que permiten entender mellor algúns dos conceptos estudados no tema. Documéntese sobre os traballos que se propoñen deseguido, procure deseños e procedementos sinxelos e constrúaos.

Como orientación, inclúense algunhas páxinas en que aparece información sobre cada actividade. É importante ter en conta que se poden atopar páxinas similares igual de váli-das.

S44. Constrúa un Péndulo de Foucault.

� http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2003/astronomia/pag/b1mt7/ste642tl.htm

S45. Constrúa un reloxo de sol.

� http://www.galeon.com/casanchi/ast/sol1.htm

S46. Constrúa un buscador de estrelas.

� http://emeteriotb.iespana.es/1%BA_e_s_o_.htm

S47. Localice constelacións e estrelas a simple vista coa axuda do buscador de estre-las: Osa maior, Estrela Polar, Casiopea, Orión, Sirio e Betelgeuse.

S48. Observe a Lúa cuns prismáticos.

S49. Observe o Sol.

� http://www.iac.es/educa/sol/actividad.htm

���� Importantísimo Non se pode ollar o Sol directamente. Corremos o risco de quedar cegos.

Page 39: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 39 de 56

5. Exercicios de autoavaliación

1. Que é internet?

� Un grupo de computadores que están nun aula de informática.

� Unha rede wifi.

� Unha rede que abrangue todos os computadores dun país.

� Unha rede que conecta moitas redes do mundo.

2. A información móvese en internet de moitas formas...

� Por carta.

� Por medio de páxinas web.

� Por medio de correo electrónico.

� Por papel.

3. Un navegador é ...

� Un visualizador de páxinas web.

� Un mando a distancia.

� Un antivirus para protexer o computador.

� Un cliente de correo electrónico.

4. Se queremos atopar páxinas web das que non coñecemos o enderezo, sobre un tema de-terminado, podemos facelo cun...

� Navegador.

� Correo electrónico.

� Buscador.

� Computador pirata.

5. Para copiarmos información de interese nunha páxina de internet podemos...

� Escribirlle ao propietario da páxina e pedirlle que a mande.

� Escribila cun bolígrafo en papel.

� Escaneala e imprimila.

� Seleccionala, copiala e despois pegala nun documento de texto.

Page 40: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 40 de 56

6. Para mandar un correo electrónico precisamos ...

� O enderezo postal do destinatario.

� O lugar en que se atopa o computador do remitente.

� Que o noso computador e o do remitente estean conectados á rede.

� O enderezo de correo electrónico do destinatario.

7. Cal é a idea actual sobre a orixe do Universo?

� Existiu desde sempre.

� Foi creado.

� Unha grande explosión.

8. Que forma ten o Universo? Sinale as frases correctas.

� A teoría xeocéntrica establecía que o Sol era o centro do Universo

� A teoría heliocéntrica establecía que o Sol era o centro do Universo

� A Terra é un pequeno planeta, situado nunha galaxia das que forman o Univer-so

9. Para abrirmos unha páxina web precisamos...

� Un navegador.

� Coñecermos o enderezo da páxina.

� Ter conexión a internet.

� Chamar a un teléfono de contacto para que nos permitan abrila.

10. Cales das seguintes afirmacións son correctas?

� As páxinas web pódense gardar nun cartafol coa opción Gardar como...

� O texto e as imaxes que aparecen nas páxinas web non se poden copiar nin gardar.

� Un bo xeito de recoller información (texto e imaxes) dunha páxina web é co-piar o que é de interese e despois pegar nun documento de texto (por exemplo un documento de Word).

11. As ligazóns permiten...

� Pasar dunhas páxinas web a outras.

� Saber a que hora podemos acceder a unha páxina web.

� Gardar páxinas web.

Page 41: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 41 de 56

12. Cando non coñecemos o enderezo dunha páxina web pero sabemos o tema de que trata, podemos atopalo empregando:

� Un navegador, por exemplo o Google.

� Un buscador, por exemplo o Explorer.

� Un navegador, por exemplo o Explorer.

� Un buscador, por exemplo o Google.

13. Cales das seguintes afirmacións son correctas?

� A Terra é o planeta máis grande do Sistema Solar.

� O Sol xira arredor da Terra describindo unha órbita elíptica.

� O centro do Sistema Solar é o Sol. Arredor del xiran oito planetas, algúns deles acompañados de satélites.

� Ningunha das afirmacións anteriores é correcta.

14. Sinale agora as afirmacións que son incorrectas:

� O Sol é a única estrela do Sistema Solar, produce unha enorme cantidade de enerxía que chega á Terra e fai dela un planeta con vida

� A Osa Maior, Orión e Libra son tres constelacións do Zodíaco.

� O Zodíaco está formado por doce constelacións.

� Sirio é unha estrela.

15. O correo electrónico...

� Permite mandar cartas con sobres especiais que chegan antes ao destino.

� Permite o envío de información de xeito inmediato.

� Funciona só a determinadas horas.

16. Para poder mandar un correo electrónico é preciso:

� Contratar cun provedor unha conta de correo (hainas gratuítas).

� Coñecer o enderezo de correo electrónico do destinatario.

� Estar conectado a internet.

� Que coñezamos a persoa á que mandamos o correo.

Page 42: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 42 de 56

17. Sinale as afirmacións que considere correctas:

� O Sistema Solar formouse a partir dunha nube cósmica hai 4.600 millóns de anos.

� A Terra tarda 365 días en dar unha volta arredor do Sol.

� A Terra emprega 24 horas en realizar un movemento completo de rotación.

� A Lúa tarda 28 días en realizar a súa rotación e o mesmo tempo na súa transla-ción

18. As estacións débense a:

� O movemento de rotación da Terra.

� O movemento de translación da Lúa arredor da Terra.

� O movemento de translación da Terra.

� O movemento de translación da Terra arredor do Sol e a inclinación do eixe de rotación da Terra.

19. Para que teña lugar unha eclipse é preciso que ...

� A Terra se interpoña entre o Sol e a Lúa.

� A Lúa se interpoña entre o Sol e a Terra.

� O Sol se interpoña entre a Terra e a Lúa.

� Un planeta se interpoña entre dúas estrelas.

20. As mareas prodúcense...

� Pola atracción que exerce a Lúa sobre a Terra.

� Cada seis meses, dependendo de se é ano bisesto ou non.

� Periodicamente. Entre dúas preamares hai 12 horas (aproximadamente).

21. Os grupos de noticias serven para:

� Obtermos información sobre as últimas novas referidas a un tema determinado.

� Comunicarnos cos encargados de dar as noticias nos programas informativos da radio e da TV.

Page 43: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 43 de 56

6. Solucionarios

6.1 Solucións das actividades propostas

S1.

� Abra un navegador (por exemplo, o Explorer) e escriba os enderezos das páxi-nas na barra de enderezos do navegador como se describe na imaxe da páxina 6.

S2.

� Cando atope unha páxina web que lle interese siga os pasos que se describen nas imaxes da páxina 6 para agregala a Favoritos.

S3.

� Siga os pasos da páxina 7 para facer que a páxina na que se inicie o navegador sexa unha das indicadas.

S4.

� Siga as indicacións da páxina 7.

S5.

� Siga as indicacións da páxina 7.

S6.

� Escriba o tema que lle interese na ventá de busca do buscador que elixa.

S7.

� Escriba entre aspas as expresións que se indican, así, o buscador tratará de lo-calizar páxinas coa expresión completa: “a atmosfera de Venus”, “os satélites de Xúpiter” e “a Vía láctea”. Lembre, de todos os xeitos, que o buscador non diferencia maiúsculas de minúsculas.

S8.

� Despois de realizar a busca das expresións indicadas, copiar texto e imaxes das páxinas atopadas, e pegar nun documento de texto (Word ou Oppen Office).

S9.

� Despois de realizar a procura das expresións indicadas, situarse sobre a imaxe que interese, seleccionala, abrir o diálogo contextual co botón dereito do rato e seleccionar a opción Gardar a imaxe como .... Seleccionar o cartafol en que se quere gardar a imaxe e gardala.

Page 44: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 44 de 56

S10.

� Siga as instrucións da páxina 14 para crear unha conta de correo electrónico.

S11.

� Contacte cun compañeiro, ou amigo, e intercambie correos electrónicos con el.

S12.

� Siga as instrucións da páxina 17 e envíe un correo electrónico que xunte un fi-cheiro dos construídos nas actividades anteriores.

S13.

� Contacte cun compañeiro, ou amigo, e intercambie correos electrónicos con el.

S14.

� Siga as instrucións da páxina 18.

S15.

� Siga as instrucións da páxina 18.

S16.

� Abra un buscador (Google, por exemplo).

� Na ventá de busca, escriba “freewere astronomia”. Aparecerán páxinas que conteñen aplicacións gratuítas sobre astronomía.

� Na ventá de busca, escriba “sharewere astronomía”. Aparecerán páxinas que conteñen aplicacións de avaliación, que poderá empregar durante un período de tempo, pero que, se lle interesa dispor delas permanentemente terá que merca-las.

S17.

� Estrela: astro formado por hidróxeno e helio que liberan enerxía.

� Sistema solar: conxunto de planetas, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas que orbitan arredor do Sol.

� Planeta: astro que xira arredor dunha estrela e que logrou despexar as súas in-mediacións de corpos menores.

S18. ...

Modelo xeocéntrico Modelo heliocéntrico

Page 45: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 45 de 56

S19.

� Orión, Casiopea, Géminis, Tauro e Pegaso.

S20.

� Empregue un buscador para atopar en internet representacións das constela-cións e debúxeas.

Osa maior Casiopea

S21.

� Empregue unha imaxe das que amose o buscador e sitúe no tempo os aconte-cementos que se indican. A modo de exemplo empregamos unha liña de tempo.

m.a. = millóns de anos

S22.

Distancia media ao Sol

(millóns de km)

Período de trans-lación (días ou anos

terrestres)

Diámetro ecuato-rial (km)

Atmosfera (com-poñentes máis abundantes)

Temperatura superficial media

(ºC)

���� Mercurio 59 88 d 4880 Non 350 día

-170 noite

���� Venus 108 225 d 12100 Dióxido de carbo-

no 480

���� Terra 150 365,25 d 12756 Nitróxeno e osíxe-

no 15

���� Marte 228 687 d 6780 Dióxido de carbo-

no -23

- 13 800 m.a. - 4 500 m.a.

- 3 800 m.a. Actualidade

Big Bang: Orixe do Universo. Toda a materia e a enerxía estaban concentradas nun punto ata que tivo lugar a grande explosión. A partir dese mo-mento a materia comezou a condensarse. As partículas uníronse para formar átomos e o Uni-verso foise facendo cada vez máis grande. Formación da Terra

e do Sistema solar.

Aparición dos primeiros organismos vivos.

Page 46: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 46 de 56

���� Xúpiter 778 11,86 a 142800 Hidróxeno e helio -150

���� Saturno 1427 29,46 a 120000 Hidróxeno e helio -180

���� Urano 2800 84,01 a 51800 Hidróxeno, helio e

metano -210

���� Neptuno 4500 164,8 a 49500 Hidróxeno, helio e

metano -220

S23.

� Siga as instrucións da páxina 28.

S24.

� Localice os obxectos astronómicos sinalados (se é posible) e despois infórmese e escriba algunhas características dos mesmos.

Tipo de obxecto astronómico Características salientables (exemplos)

���� Xúpiter Planeta É o planeta máis grande do Sistema solar, ten unhas fran-xas de nubes características e unha grande mancha que se move polo ecuador do planeta, ...

���� Osa menor Constelación É unha constelación visible todo o ano. A súa estrela máis brillante é a Estrela Polar, ...

S25.

Esta páxina proporciona simulacións interesantes:

� http://www.edumedia-sciences.com/m228-p1_l3-astronomia.html

S26.

� Nun documento de texto resuma todos os datos que atope en internet sobre a Terra.

S27.

� O Sol sae primeiro en Mallorca, xa que esta cidade está situada máis ao leste e a Terra rota xirando de oeste a leste.

S28.

� Verán (1), outono (2), inverno (3) e primavera (4).

S29.

� Será lúa nova o día 4 de xuño e volverá ser lúa chea o día 28 de xuño.

S30.

� (5), (8), (6), (1), (3), (4), (7) e (2).

Page 47: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 47 de 56

S31.

� As eclipses de Sol prodúcense en fase de lúa nova, nese momento a Lúa está entre a Terra e o Sol. As eclipses de Lúa prodúcense en fase de lúa chea, mo-mento no que a Terra está entre o Sol e a Lúa.

Eclipse de Sol Eclipse de Lúa

S32.

� A seguinte preamar terá lugar ás 20 h 00 min (7 h 35 min + 12 h 25 min).

Page 48: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 48 de 56

6.2 Solucións das actividades complementarias

S33.

� Os exipcios representaban o Universo como o corpo da deusa Nut que formaba un arco que apoiaba as mans e os pes sobre a Terra.

S34.

���� Aries De 21 de marzo a 20 de abril. ���� Libra De 23 de setembro a 22 de outubro.

���� Tauro De 12 de abril a 21 de maio. ���� Escorpión De 23 de outubro a 22 de novembro.

���� Xéminis De 22 de maio a 21 de xuño. ���� Saxitario De 23 de novembro a 21 de decembro

���� Cáncer De 22 de xuño a 22 de xullo. ���� Capricornio De 20 de decembro a 20 de xaneiro.

���� Leo De 23 de xullo a 22 de agosto. ���� Acuario De 20 de xaneiro a 18 de febreiro.

���� Virgo De 23 de agosto a 22 de setembro.

���� Peixes De 19 de febreiro a 20 de marzo.

S35.

� En calquera xornal, ou en internet, pode atopar o seu signo do Zodíaco. Para facer o debuxo basta con que sitúe o Sol entre a Terra e unha representación da súa constelación.

S36.

� Venus e Marte son os planetas máis parecidos á Terra.

� Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

� Mercurio, Venus e Marte.

� Unha posible clasificación é en interiores, que están máis próximos ao Sol que a Terra (Mercurio e Venus) e exteriores (Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno).

S37.

� Bos Aires está no hemisferio sur. Cando en Galicia é verán, en Bos Aires é in-verno.

� O Xapón está no hemisferio norte. Cando en Galicia é verán en Xapón é tamén verán.

S38.

� 2000, 2004, 2008, 2012, 2016, 2020 e 2024.

S39.

� Os raios solares inciden máis verticalmente sobre a superficie da Terra.

Page 49: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 49 de 56

S40.

� Acceder ás páxinas.

S41.

� Acceder á páxina.

S42.

� Acceder á páxina.

S43.

� A diferenza de alturas entre a preamar e a baixamar é máis grande nas costas galegas que nas costas de Valencia, xa que a masa de auga do Atlántico é moi-to máis grande que a do Mediterráneo.

S44.

� Siga as instrucións.

S45.

� Siga as instrucións.

S46.

� Siga as instrucións.

S47.

� Siga as instrucións.

S48.

� Se é posible, observe a Lúa cun mapa do noso satélite. Poderá recoñecer facil-mente os cráteres máis salientables.

S49.

� Siga as instrucións. Lembre que non se pode ollar directamente o Sol, e moito menos cuns prismáticos.

Page 50: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 50 de 56

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. Que é internet?

� Unha rede que conecta moitas redes do mundo..

2. A información móvese en internet de moitas formas...

� Por medio de páxinas web.

3. Un navegador é ...

� Un visualizador de páxinas web.

4. Se queremos atopar páxinas web das que non coñecemos o enderezo, sobre un tema de-terminado, podemos facelo cun...

� Buscador.

5. Para copiarmos información de interese nunha páxina de internet podemos...

� Seleccionala, copiala e despois pegala nun documento de texto.

Page 51: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 51 de 56

6. Para mandarmos un correo electrónico precisamos ...

� O enderezo de correo electrónico do destinatario.

7. Cal é a idea actual sobre a orixe do Universo?

� Unha grande explosión.

8. Que forma ten o Universo? Sinale as frases correctas.

� A Terra é un pequeno planeta, situado nunha galaxia das que forman o Univer-so.

9. Para abrirmos unha páxina web precisamos...

� Un navegador.

� Ter conexión a internet.

10. Cales das seguintes afirmacións son correctas?

� As páxinas web pódense gardar nun cartafol coa opción Gardar como...

� Un bo xeito de recoller información (texto e imaxes) dunha páxina web é co-piar o que é de interese e despois pegar nun documento de texto (por exemplo un documento de Word).

11. As ligazóns permiten...

� Pasar dunhas páxinas web a outras.

Page 52: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 52 de 56

12. Cando non coñecemos o enderezo dunha páxina web pero sabemos o tema do que trata, podemos atopalo empregando:

� Un buscador, por exemplo o Google.

13. Cales das seguintes afirmacións son correctas?

� O centro do Sistema Solar é o Sol. Arredor del xiran oito planetas, algúns deles acompañados de satélites.

14. Sinale agora as afirmacións que son incorrectas:

� A Osa Maior, Orión e Libra son tres constelacións do Zodíaco.

15. O correo electrónico...

� Permite o envío de información de xeito inmediato.

16. Para podermos mandar un correo electrónico é preciso:

� Contratar cun provedor unha conta de correo (hainas gratuítas).

� Coñecer o enderezo de correo electrónico do destinatario.

� Estar conectado a internet.

Page 53: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 53 de 56

17. Sinale as afirmacións que considere correctas:

� O Sistema Solar formouse a partir dunha nube cósmica hai 4.600 millóns de anos.

� A Terra tarda 365 días en dar unha volta arredor do Sol.

� A Terra emprega 24 horas en realizar un movemento completo de rotación.

� A Lúa tarda 28 días en realizar a súa rotación e o mesmo tempo na súa transla-ción.

18. As estacións débense a:

� .

� O movemento de translación da Terra arredor do Sol e a inclinación do eixo de rotación da Terra.

19. Para que teña lugar unha eclipse é preciso que ...

� A Terra se interpoña entre o Sol e a Lúa.

� A Lúa se interpoña entre o Sol e a Terra.

20. As mareas prodúcense...

� Pola atracción que exerce a Lúa sobre a Terra.

� Periodicamente. Entre dúas preamares hai 12 horas (aproximadamente).

21. Os grupos de noticias serven para:

� Obter información sobre as últimas novas referidas a un tema determinado.

Page 54: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 54 de 56

7. Glosario

A ���� Anexar Xuntar ou engadir a outra cousa que se considera como principal.

���� Aplicación informática Tipo de programa informático, deseñado como unha ferramenta, que permite ao usuario realizar unha ou varias tarefas.

���� Asteroide Corpo rochoso, de menor tamaño que un planeta, que orbita arredor do Sol entre as órbitas de Marte e Xúpiter.

���� Astro Calquera corpo celeste: estrela, planeta, satélite, ...

B ���� Baixar En informática, é un termo que se emprega para indicar a descarga de ficheiros, programas ou aplicacións dos servidores nos que se atopan en internet.

C ���� Cartafol En informática, é o lugar virtual en que se gardan ficheiros para unha mellor clasificación.

���� Cometa Corpo celeste formado por xeo e rochas que se move arredor do Sol describindo órbitas moi elípticas.

���� Condensar Facer máis denso, concentrar.

���� Condicións fisicoquí-

micas

Parámetros de temperatura, presencia de auga líquida, presencia de atmosfera filtradora e combinación de elementos químicos que permitiron (ou orixinaron) a aparición de vida na Terra.

���� Conexión Contacto entre dúas partes dun sistema. En informática, medio polo que se establece comunicación entre dous equipos informáticos.

���� Configurar Dar forma a algo. En informática, establecer as características dunha aplicación ou dun equipamento informático.

���� Contraer Diminuir o volume.

���� Copiar En informática, función de edición que permite gardar nunha memoria temporal un obxecto, ou parte del, con posibilidade de ser pegado posteriormente noutro lugar.

F ���� Favoritos En internet, páxinas web nas que se entra a cotío.

���� Ficheiro En informática, lugar virtual no que se garda información (texto, imaxe, etc.).

���� Fusión nuclear Proceso mediante o que se unen dous núcleos de dous átomos liberando moita enerxía. Nas estrelas únense dous núcleos de hidróxeno para formar núcleos de helio.

H ���� Hipertexto Texto empregado en soporte informático que permite o acceso secuencial a distintos documentos que están relacionados entre si. Pásase duns documentos a outros por medio de ligazóns.

I ���� Icona Símbolo que identifica un elemento informático: ficheiro, cartafol, aplicación, ...

L ���� Ligazón Referencia que permite pasar dun documento a outro nun hipertexto. Tamén se chama hiperligazón.

Page 55: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 55 de 56

O ���� Órbita Curva pechada descrita por todo astro que gravita arredor doutro.

P ���� Pegar En informática, inserir un obxecto previamente copiado (texto, imaxe, ...) dentro doutro.

���� Planeta Astro con movemento independente pero sen luz propia. Xira arredor dunha estrela.

���� Planeta anano É unha nova categoría de planetas que reúne a aqueles que non limparon a vecindade da súa órbita doutros corpos celestes.

���� Propiedade intelectual Dereito do autor sobre a súa obra.

���� Provedor Aquel que proporciona algo.

R ���� Refinada Máis fina, máis eficaz, máis axeitada ao que se busca.

S ���� Satélite Astro que xira arredor dun planeta.

���� Servidor En informática, equipamento informático que forma parte dunha rede e que proporciona servizos a outros equipamentos denominados clientes.

T ���� Transmisión Envío de algo (neste caso datos) dun punto a outro dunha rede informática.

X ���� Xuntar Asociar a algo que se considera principal. Referido á informática, engadir a un correo electrónico un ficheiro de texto, unha imaxe, etc.

Z ���� Zodíaco Franxa imaxinaria do firmamento na que semellan moverse o Sol, a Lúa e os planetas. Divídese en doce partes e a cada unha delas correspóndelle unha das doce constelacións que o forman.

Page 56: Ámbito científico tecnolóxico · para estudarmos o Sistema Solar, a Terra e a Lúa, así como as consecuencias da súa rela-ción. 1.2 Coñecementos previos Para un mellor aproveitamento

Páxina 56 de 56

8. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Aplicaciones Informáticas. La Enciclopedia del Estudante. V 14. Santillana. El País.

� Ciencias da Natureza 1º ESO. Ecir Editorial. 2002.

� Ciencias da Natureza 1º ESO. Ed. Casals. Atmos. 2002.

� Ciencias da Natureza 1º ESO. Ed. Rodeira. 2007.

� Ciencias da Natureza 1º ESO. Ed. Santillana. 2002.

� Ciencias da Natureza 1º ESO. Ed. Tambre. Proxecto 2.2. 2002.

� Ciencias da Natureza 1º ESO. Oxford Educación. Proxecto Ánfora. 2007.

� Ciencias de la Tierra y del Universo. La Enciclopedia del Estudante. V 10. Santillana. El País.

Ligazóns de internet

As ligazóns de internet relacionadas con este tema aparecen ao longo do texto.