lúa e as diferenzas

12
Lúa e as diferenzas. Unha tigresa branca, unha golfiña rosada e unha loriña sen plumas terán unha gran aventura por terra, mar e aire. Se che gustan os animais e as aventuras, este é o teu conto. Atrévete a seguilas! Se colles este libro, olvidarás que hoxe ninguén quixo xogar contigo. Érase unha vez unha tigresa branca que se chamaba Lúa. Era unha pequena cría de tigre, que nacera cunha fermosa capa branca de pelo, a diferenza dos seus irmáns que tiñan o pelo alaranxado. Os seus pais ao principio

Upload: isidro-parga

Post on 31-Mar-2016

244 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Unha pequena tigresa, unha golfiña e unha loriña sen plumas terán unha gran aventura por terra, mar e aire. Conto colectivo feito polos alumnos de 3º A. CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal.

TRANSCRIPT

Page 1: Lúa e as diferenzas

Lúa e as diferenzas.

Unha tigresa branca, unha

golfiña rosada e unha loriña

sen plumas terán unha gran

aventura por terra, mar e

aire. Se che gustan os

animais e as aventuras, este

é o teu conto. Atrévete a

seguilas!

Se colles este libro, olvidarás que hoxe ninguén quixo xogar

contigo.

Érase unha vez unha tigresa

branca que se chamaba Lúa.

Era unha pequena cría de tigre, que

nacera cunha fermosa capa branca

de pelo, a diferenza dos seus

irmáns que tiñan o pelo alaranxado.

Os seus pais ao principio

Page 2: Lúa e as diferenzas

sorprendéronse, pero pronto, Lúa gañoulles a eles e aos seus

irmáns coa súa intelixencia e a súa simpatía.

Vivía nun lugar paradisíaco, nunha

pequena selva cerca do Océano Pacífico,

cun río que a atravesaba. Entre fieitos e

palmeiras vivían felices os seus

habitantes.

Un día Lúa mirouse no río e en vez de

verse a ela, viu unha cara rosada de

golfiño.

- Aaaahhh! Pero si esa non son eu!,

dixo Lúa berrando.

- Non berres, eu tamén me

asustei, dixo a pequena cría de

golfiño rosado.

- É que nunca tiña visto un

golfiño coma ti. Chámome

Lúa. E ti, como te chamas?

- Chámome Candy e eu

tampouco tiña visto unha

tigresa coma ti.

- De onde ves?, preguntou

Lúa.

Page 3: Lúa e as diferenzas

- Veño dun río moi, moi lonxano que se chama Amazonas.

Perdinme porque estaba

despistada e de repente a

miña familia non estaba, así

que púxenme a nadar e a

nadar e cheguei ata aquí,

perseguida por unha terrible

bestia azul de grandes

dentes.

- Non te preocupes Candy, eu

vouche axudar, díxolle Lúa.

As dúas amigas seguiron río

abaixo buscando o camino ao

océano.

Despois dun longo percorrido, fixeron un pequeno descanso.

De pronto escoitaron uns pequenos cruxidos por enriba das

súas cabezas, logo escoitouse:

- Aaaahhh! Chof! Socooooorro!

Page 4: Lúa e as diferenzas

Lúa e Candy viron a un estrano ser na auga pedindo axuda.

Candy foi velozmente a por el, agarrouno coa súa boca polas

costas e lanzoullo a Lúa, quen o colleu entre as súas peludas

patas.

- Moitas grazas! Salváchedesme a vida, chámome Lulú.

- Eu chámome Lúa, dixo a

pequena tigresa.

- E eu chámome Candy.

- Que animais máis raros

sodes! Unha tigresa branca

e unha golfiña rosada.

- Pois, eu non tiña visto un

paxaro tan estrano, dixo

Candy.

- E eu tampouco tiña visto nada igual, dixo Lúa.

Entón os tres animais fixéronse amigos.

- Podemos ir ver ao Mono Sabio, dixo Lúa.

- Quen é o Mono Sabio?, preguntou Candy.

Page 5: Lúa e as diferenzas

- É o animal máis intelixente da selva, respondeu Lulú.

As tres amigas seguiron o sendeiro ao lado do río e que as

levaba a Vilapátano.

Despois dun longo día,

aproximáronse a

Vilaplátano. De pronto,

escoitáronse uns agudos

berros que as asustaron.

Quedaron quietas. Houbo

un inquietante silenzo.

Unha choiva de plátanos caeu sobre elas.

Quenes sodes vós?

- Que queredes?

- Fóra de aquí! Non queremos estranos!

As tres amigas miráronse entre elas. Candy e Lulú non

articularon palabra.

- Somos Candy, Lulú e Lúa. Vimos a ver ao Mono Sabio e non

nos iremos sen velo, xa que necesitamos a súa axuda.

- Eu son o Mono Sabio. Que queredes de min?

- A nosa amiga Candy está perdida e necesita volver ao

Amazonas cos seus pais.

- Por favor, por favor quero volver coa miña familia, votoos

moito de menos, dixo Candy.

Mono Sabio quedouse pensativo mirando a pobre Candy.

- Está ben, axudarémosvos.

Page 6: Lúa e as diferenzas

Entre todos construiron unha balsa. Antes de partir Mono

Sabio díxolles:

- Tomade este mapa para chegar ao Amazonas. Igual que nós

vos axudamos, axudade vós a quen o necesite. Boa viaxe!

As dúas amigas montáronse na balsa e comezaron a súa viaxe

río abaixo. Candy acompañabaas cun sorriso na súa cara rosada.

Chegaron ao océano, Lúa mirou o mapa e indicoulle o camino a

Candy, quen ía diante da balsa.

Despois varios días polo

enorme océano, ao lonxe Lulú

viu a uns golfiños rosados

brincando. Seguro que son a

familia de Candy, pensou Lulú,

quen se convertira nunha

preciosa loriña de cores.

- Candy! Berrou Lulú. Creo que estou vendo a túa familia.

Page 7: Lúa e as diferenzas

Candy brincou de alegría para ver aos seus pais e aos seus

irmáns.

Lúa, mentres sorría contenta na balsa.

Page 8: Lúa e as diferenzas

Unha escura mancha apareceu na auga. Produciuse un silenzo.

Empezou a emerxer unha inquietante aleta gris. E … de repente

apareceron os afilados dentes do tiburón dirixíndose a Candy.

Lúa quedou sen palabras. O

tiburón achegábase a

Candy. Lúa fixouse nos

afiados dentes que se

acercaban á súa amiga. Viu

unha mancha nun dos seus

dentes.

Nese momento deuse conta que o tiburón non quería facerlles

dano, soamente quería axuda. Lúa acordouse das palabras do

Mono Sabio:” Igual que nós vos axudamos, axudade vós a quen

o necesite”.

Page 9: Lúa e as diferenzas

- Coidado Candy! Tes a bestia detrás!, gritou Lulú.

- Tranquila Candy, non quere facerche dano, necesita a nosa

axuda.

Candy e Lulú escoitaron as palabras de Lúa asombradas, pero

entenderon o que quería dicir a pequena tigresa ao ver a

mancha no dente do tiburón.

- Lulú! Vai a boca da bestia e ponte enriba do dente maliño!

Lulú ao principio dudou, pero despois foi sen pensalo dúas

veces.

O tiburón seguiu coa súa enorme boca aberta.

Candy quedou muda mirando á súa amiga voar ao perigo.

Lulú, temblorosa, posouse no puntiagudo dente.

- Agora picotéao, ordeou Lúa.

A pequena loriña comezou a facer o perigoso traballo. Pouco a

pouco a mancha de carie foi desaparecendo. Lulú acabou o seu

traballo e saiu voando das fauces do tiburón.

- Moitas grazas!, dixo o tiburón. Xa non podía máis coa dor.

Page 10: Lúa e as diferenzas

- De nada!, exclamaron as tres amigas á vez.

- Por que me perseguías antes?, preguntou Candy.

- Soamente quería axuda, pero entendo que te asustaras.

- Con eses dentes calquera non te ten medo, dixo Lulú.

- Non vos preocupedes, son un tiburón vexetariano. Chámome

Gustavo, pero os meus amigos chámanme Gus.

- Ola Gus!, dixeron as tres

amigas.

- Grazas por considerarme o

voso amigo.

- Eu chámome Lúa, dixo a

tigresa.

- Chámome Candy,

presentouse a golfiña.

- E eu son Lulú.

- Como podo axudaros?,

ofreceuse o tiburón.

Page 11: Lúa e as diferenzas

- Eu estou coa miña familia, pero as miñas amigas por

axudarme están lonxe da súa casa na selva. Di Candy.

- Non vos preocupedes, coñezo o camino.

- Entón, non volveremos a verte, dixo Lulú.

A Lúa entristeceuselle a mirada.

- Cando queirades vela eu ocupareime delo. Dixo Gus.

As tres amigas despedíronse tristes, pero coa esperanza de

volver a verse pronto.

Page 12: Lúa e as diferenzas

Era o atardecer, na desembocadura do río Amazonas víase a

familia dos golfiños despedirse das súas amigas, alonxándose

polo océano camiño á súa casa.

FIN.