lugo, novembro 2017 para que lugo...

8
Para que Lugo funcione O Lugo que queremos -Mobilidade. páx. 2-3. -Recuperar Lugo. páx. 4, 5 e 6 ARRU da Milagrosa Barrios da Tinería e das Fontiñas Servizos do Rural A Garaballa Cultura, ensino, mediambiete e mocidade Xulgado de Violencia de Xénero Xestión eficaz Memoria histórica -Os pactos do PP-PSOE que danan Lugo. páx 6 -Zona de baño no río Miño. páx. 7 -Piscinas termais públicas. páx. 7 Olalla Rodil, Rubén Arroxo, Ana Pontón e Maite Ferreiro na Praza Maior de Lugo Asemblea do BNG-AA. A participación social é unha das nosas bases para deseñar o futuro de Lugo. Entrevista a Rubén Arroxo Portavoz do BNG no Concello de Lugo. Páxina 8 “O BNG é un claro empuxe no deseño e desenvolve- mento do Lugo do futuro” impreso postal sen enderezo Lugo, novembro 2017 www.bng.gal/lugocentro facebook.com/BNGLugo @BNGLugo - [email protected]

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Para que Lugo funcione

O Lugo que queremos-Mobilidade. páx. 2-3.

-Recuperar Lugo. páx. 4, 5 e 6

ARRU da MilagrosaBarrios da Tinería e das FontiñasServizos do RuralA GaraballaCultura, ensino, mediambiete e mocidadeXulgado de Violencia de XéneroXestión eficazMemoria histórica

-Os pactos do PP-PSOE que danan Lugo. páx 6

-Zona de baño no río Miño. páx. 7

-Piscinas termais públicas. páx. 7

Olalla Rodil, Rubén Arroxo, Ana Pontón e Maite Ferreiro na Praza Maior de Lugo

Asemblea do BNG-AA. A participación social é unha das nosasbases para deseñar o futuro de Lugo.

Entrevista a Rubén ArroxoPortavoz do BNG no Concello de Lugo.Páxina 8“O BNG é un claro empuxe no deseño e desenvolve-mento do Lugo do futuro”

impreso postal sen enderezo

Lugo, novembro 2017

www.bng.gal/lugocentrofacebook.com/BNGLugo

@BNGLugo - [email protected]

MobilidadeConstruíndo o Lugo do século XXI

Apostando por un Lugo sostible que solucione os problemas de transporte de persoas, impulseos desprazamentos ecolóxicos e contribúa a eliminar a saturación do tráfico da zona urbana.

bus-Un bus que vertebre a cidade e cubra a comunicación co rural. Adía de hoxe o transporte público en Lugo perde viaxeiros polo malenfoque dalgunhas rutas, e por uns horarios pouco axeitados.Precísase poñer os buses urbanos ao servizo das persoas, e nonao revés.

medidas de calmado do tráfico.-A propia DGT recomenda limitar a velocidade nas cidades a 30km/hcomo medida “salvavidas”. Hai máis dun 90% de posibilidade de supervivencia nun atropelo a estavelocidade.

transporte sostible-Uso de transporte sostible. Lugo ten un 83% do viario cunhapendente inferior ao 4%, algo que o converte nunha cidade aptapara o uso da bicicleta. Precísanse medidas de calmado do tráficopara facer seguro o seu uso, recuperar o servizo de préstamo(incluíndo bicicletas eléctricas) e puntos de estacionamento portoda a cidade. (Máis O2. Menos fumes)

incremento da peonalización-As rúas peonís dinamizan os barrios, melloran a calidade de vidada veciñanza e crean postos de traballo a través do pequenocomercio. É importante avanzar en gañar espazos para aspersoas, polo que cómpre lograr a peonalización completa docasco histórico (permitindo acceso a residentes, aparcadoirossoterrados e mercancías). Apostamos por liberar de vehículos amotor o entorno da Muralla, para protexela dos danos producidospolas vibracións e gañar un amplo espazo público.

2

O exemplo demobilidade que triúnfa

Pontevedra, concello gobernado polo BNG dende 1999, recibe premios internacionais pola súatransformación urbana. Destaca o recoñecemento co premio Habitat da ONU como a mellorcidade do mundo para vivir no ano 2015, dándolle máxima relevancia ao seu modelo demobilidade. O Grupo Municipal do BNG de Lugo promoveu unha visita para comprobar condiversos colectivos lucenses como xestionar ese proxecto. Temos claro que Lugo pode apos-tar tamén por converterse nunha cidade de grande recoñecemento internacional cun gobernoque recupere o orgullo do noso municipio.

25 DE NOVEMBRODÍA INTERNACIONAL

CONTRA AVIOLENCIA DE XÉNERO

3

Viaxe aPontevedra

Recuperar Lugo

ARRU da Milagrosa- O barrio da Milagrosa é un dos máispoboados de Lugo, unha zona próxima aocentro da cidade. Actualmente son nece-sarias actuacións para poñer en valor opotencial que o barrio tivo. Dende o BNGlevamos tempo esixindo máxima priori-dade para levar adiante os proxectosprecisos que permitan declarar este barriocomo zona ARRU. Esta declaración deARRU tería como consecuencia un impor-tante financiamento para a rehabilitaciónde edificios e a recuperación urbana.

A Tinería-Durante a lexislatura da Xunta 2005-2009o BNG, dende a Consellería de Vivenda,levou adiante un plan de “rehabilitación erehabitación” da Tinería, co obxectivo derecuperar un barrio cun importante patri-monio cultural e histórico, no que actual-mente conflúen 3 elementos Patrimonioda Humanidade. Neste período a Xuntainvestiu uns 30 millóns de euros, e o pro-xecto foi premiado pola ONU. Coa che-gada de Feijóo paralizouse por completo,

o cal supuxo un novo proceso de deteriorodesta zona.Dende o 2009 o BNG leva presentadoducias de iniciativas no ParlamentoGalego e no Concello de Lugo, chegandoincluso á Valedora do Pobo, co obxectivode que o goberno galego retome a recupe-ración da Tinería.

As Fontiñas Unha das zonas con máis problemasde tráfico da cidade. O BNG organizoudiferentes asembleas veciñais co fin deescoitar os problemas máis destacablesdo barrio. Fixemos diversas propostascomo a creación de aparcadoiros enterreos públicos existentes na zona.Propuxemos que o Concello chegara aacordos coa propiedade dos terreos balei-ros para facer aparcadoiros disuasorios.Promovemos a execución de prazas deaparcadoiro na parte municipal dosterreos da rúa Primavera. Tamén propu-xemos crear dobre carril nos tramos conmáis colapso de vehículos e a rotondaentre Fontiñas e San Eufrasio (un dos

puntos con máis colisións na cidade). O goberno municipal comprometeuse enfebreiro a facer un estudo técnico, estudodo que a día de hoxe aínda nada se sabe.

Servizos no rural O BNG conseguiu o compromiso do plenomunicipal, e acordou na Deputación, queos 500.000€ anuais do Plan Único do enteprovincial, que lle corresponden aoConcello de Lugo, sexan investidos nas 54parroquias do rural.Abastecemento de augas, saneamento,arranxo de pistas e unha mellor conexióndo transporte público son as nosas priori-dades.

A Garaballa:

Na Garaballa, no barrio de Albeiros, levananos sufrindo cheiros e contaminaciónpola mala xestion das augas residuais quese verten directamente ao río Rato. O BNGpresentou unha denuncia no SEPRONA ena Confederación Hidrográfica parabuscar solucións reais aos problemas daveciñanza.

A MILAGROSA O RURAL

A TINERÍA

A GARABALLA AS FONTIÑAS

4

CulturaA xestión cultural dos gobernos do PSOE no Concello e do PP na Xuntareflíctese nun Auditorio sen abrir, nun cuartel de S Fernando abandonado,doutro auditorio sen programación, nun castro da Piringalla ignorado edunha inexistencia total de políticas culturais. O PSOE, en materia cultural,unicamente se preocupou en desmontar todas as programacións que o BNGpuxera en marcha cando tiña responsabilidades de goberno na Deputacióne no Concello. O BNG presentou propostas e iniciativas, máis o único des-tino dos fondos destinados á cultura é facer edificios que despois quedanbaleiros.CULTURA

MedioambienteURBASER a megaempresa de Florentino que segue traballando no concellode Lugo sen contrato e nunha situación de ilegalidade, traslada a SOGAMA,outra megaempresa montada polo PP, os residuos que se producen diaria-mente no noso concello, cun custo que supera os 6 millóns de euros. O BNGaposta por outro modelo de xestión de residuos, e por iso xa levou ao plenomunicipal a proposta de municipalización de dito servizo, a cal foi aprobadapero aínda non iniciada. O concello de Allariz, gobernado polo BNG, foi capazde rebaixar o recibo na recollida do lixo grazas a un plan de compostaxe.Apostamos pola creación de hortos urbanos municipais nos barrios dacidade.

EnsinoLugo precisa que se revise a zonificación que define cal centro escolarlle toca a cada nena e neno. Defendemos a construción de novos centrospúblicos de ensino no barrio do Sagrado Corazón, na zona sur da cidade ena zona centro, para satisfacer a demanda existente. Denunciamos as polí-ticas do PP, encamiñadas a desmantelar o sistema público de ensino paraengordar o negocio dos centros privados e concertados.

Xulgado Violencia de XéneroLugo volcouse coa campaña de recollida de sinaturas para a creación dunxulgado específico de violencia de xénero para Lugo. O BNG está impul-sando a través de iniciativas nas institucións, e dunha campaña de recollidade sinaturas, a implantación deste xulgado tan necesario.

ENSINO

SINATURAS XULGADO VIOLENCIA DE XÉNERO

MocidadeLugo ten que mellorar a oferta de actividades alternativas para a mocidade. Dende o BNG levamos a pleno dúas iniciativas queconsideramos positivas, que malia ser aprobadas, aínda non se xestionaron. Unha delas é a apertura das pistas deportivas doscentros de ensino. Propoñemos que poidan ser usadas nas fins de semana e festivos. Así permitiríase á xente nova acceder aestes espazos sen ter que saltar varandas como acontece agora, poñendo en risco a súa seguridade. Outra das iniciativas quepresentamos é a ampliación de locais de ensaio, de cara a que os grupos de música que se están iniciando poidan dispoñer deespazos acaídos. Ademais propuxemos a creación dunha escola municipal de teatro.

Recuperar Lugo5

MEDIOAMBIENTE

Recuperar Lugo

UNHA XESTIÓN EFICAZ

MEMORIA HISTÓRICA

Unha xestión eficaz O noso concello precisa de maior axilidade para solucionar os problemas reais,que poden ir dende a ausencia de colectores de vidro ata o arranxo dun acceso,pasando pola mala iluminación nunha rúa, ou a existencia dunha barreira ur-banística. No BNG cremos que se deben primar esforzos en facer unha admi-nistración máis áxil. Un exemplo de desidia por parte da administración nestesentido foi que tivesen que ser persoas afiliadas e simpatizantes do BNG asque rozasen o camiño que une o parque do Miño co do Rato, paso usado dia-riamente por moita xente e que estaba a piques de pecharse pola vexetación.

Memoria históricaConseguimos que se retirasen os nomes das rúas de persoeiros que participa-ron do réxime, pero aínda queda moito por camiñar.Un pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila, de aí que para oBNG sexa tan importante coñecer os acontecementos tráxicos do pasado. Nesaliña queremos que se cumpra a lei da Memoria Histórica, na cal entre outrascuestións aparece recollida a eliminación de toda homenaxe á ditaduraFranquista, polo que non é de recibo que aínda se manteñan placas de exalta-ción de dito réxime en centros educativos.

Os pactos PP-PSOEque danan a Lugo

Nos últimos anos PP e PSOE cazolearondiversos acordos de grande calado que prexu-dicaron os intereses de Lugo, estas alianzasentre PP e PSOE foron acordadas na sombra:

-Un PXOM pouco axeitado para Lugo. OPlan Xeral do noso concello foi un reparto decromos entre PP e PSOE deseñando un docu-mento para unha suposta cidade de máis de300.000 habitantes en 10 anos. A realidade éque 6 anos despois da súa aprobación Lugo tenaproximadamente a mesma poboación, osbarrios históricos estanse degradando e un 5%do planeamento segue sen aprobarse.

-O concello deixará de cobrar 600.000€ao ano: A alcaldesa de Lugo e o presidente da Xunta asinaron un acordo para que a Xunta deixe de pagar o IBI de 6 dos seus edi-ficios a cambio de equipar o auditorio. Isto vai supoñer unha perda de 600.000€ cada ano para o concello, unha cantidade impor-tantísima para as inversións de Lugo que agora quedarán paralizadas. Ademais Feijóo incumpre as súas constantes declaraciónsde que o auditorio o ía completar a Xunta, e a veciñanza de Lugo pagaremos dobremente cos nosos impostos as inversións parao auditorio.

-9,5 millóns cazoleados entre PP e PSOE: Os últimos remanentes que se aprobaron no concello de Lugo (ano 2014) foronpactados polo PP e PSOE e coa oposición do BNG. Nestas partidas destináronse unha cantidade tan importante como 9,5 millóns€ facendo un gasto partidista para os intereses de ambos partidos sen terse en conta un proxecto global.

-Abandono de barrios. Na Tinería, na Milagrosa ou nas solucións de tráfico en Fontiñas (en concreto o enlace Fontiñas –San Eufrasio) existen competencias compartidas entre Concello e Xunta, pero ambos gobernos evitan sentarse para darlle solu-ción, facendo que ao final a veciñanza de Lugo teñamos que sufrir as consecuencias do seu pasotismo.

6

Zona de Baño no MiñoCronoloxía do que puido ser e non foi

Como o PSOE leva 8 anos impedindo que Lugo teña unha zona pública de baño-13/04/2009. O Pleno municipal aproba, por iniciativa do

BNG, a creación dunha zona pública de baño no río Miño ao seupaso por Lugo.

-Marzo/2011. O BNG, a través da vicepresidencia da Depu-tación, compromete unha partida económica para desenvolvera zona de baño á espera de que o Concello realice os trámitespertinentes.

-2/05/2014. O BNG volve levar a pleno unha proposiciónpara a execución inmediata da zona de baño no río Miño despoisda inoperancia do goberno municipal socialista.

-24/07/2015. O BNG traslada unha iniciativa á comisiónde Desenvolvemento Sostible de cara a buscar solucións paraque Lugo teña unha zona pública de baño no río Miño.

-2/06/2016. O BNG lémbralle ao goberno municipal queten ata 250.000€ nos orzamentos do ano 2016 para investir nazona de baño e que ata ese momento non gastou nin un só euro.

-1/08/2016. Ante a continuada paralización por parte dogoberno municipal, o portavoz do BNG, Rubén Arroxo, presentaunha solicitude ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Silpara a instalación dun pantalán na zona das Saamasas.

-8/08/2016. A Confederación Hidrográfica responde queconsidera autorizable a proposta que fai o Grupo Municipal doBNG. Demóstrase que o goberno municipal do PSOE en ningúnmomento iniciou os trámites necesarios.

-13/12/2016. Sométese a exposición pública o proxecto dopantalán para acceso ao río Miño redactado polo BNG.

-5/07/2017. O BNG anuncia que acaba de acadar as auto-

rizacións da Confederación Hidrográfica e da Conselleríade Medio Ambiente para realizar o pantalán que proxectou. Sóprecisa autorización da Deputación de Lugo por ser propietariado terreo.

-6/07/2017. O BNG solicita permiso para o uso do terreopara a instalación dun pantalán de acceso ao río á Deputación,e solicita tamén unha reunión co seu presidente para darlleaxilidade ao asunto.

-31/08/2017. Remata agosto, e malia as moitas insisten-cias do BNG, a Deputación non respondeu á solicitude, e opresidente da entidade non aceptou reunirse co portavozmunicipal do BNG.

Piscinas termais públicasLugo é unha cidade que dispón de diversas fontes termais, como xa

coñecían as poboacións galaicas e romanas. Dende o BNG propoñemosque se aproveiten algunhas desas vetas de auga para deseñar no entornodo río Miño un espazo de ocio conformado por piscinas termais públicas.Agora mesmo o Concello de Lugo conta con 12,5 millóns € de fondos doPlan EDUSI, dos cales unha parte poderían ser dedicados a este proxecto.Lugo podería ter unhas instalacións semellantes ás que ten, por exemplo,a cidade de Ourense no complexo A Chavasqueira.

7

•Vostede sae elixido comovoceiro do BNG nas eleccións municipaisdo ano 2015 con menos de 30 anos.Como é a experiencia de formar parte dacorporación municipal de Lugo?

-É unha experiencia que tenunha grande parte positiva polo feito deque estás nunha organización coma é oBNG cun grande proxecto para Lugo eque traballa todos os días para levaloadiante. Estar dentro da corporacióntamén resulta clarificador, por que vescomo PSOE e PP, chegan a acordos queteñen que ver cos seus intereses parti-distas pero non co interese xeral para oconcello.

•Que cree que aporta a presenzado BNG no concello de Lugo ás veciñase veciños?

-Por unha banda un claroempuxe no deseño e desenvolvementodo Lugo do futuro, no BNG temos unproxecto de cidade, témolo claro e traba-llamos nesa liña. E pola outra banda po-ñémoslle voz aos problemas daveciñanza, todos os días hai persoas quese achegan a nós para pedirnos informa-ción e axuda para darlle solucións assúas situacións, e nós facemos todo oque está da nosa man para poder xestio-nalas da mellor forma posible.

•Na ronda da Muralla limitousea velocidade a 30 km/h por unha pro-posta do BNG, cree que esto foi positivo?

-A proposta do BNG non eralimitar a Ronda da Muralla a 30km/h, aproposta do BNG era unha modificacióndo tráfico da cidade, na que englobaba,entre outras cousas, limitar a maior partede rúas e avenidas, algo que está a pedira propia DGT para todas as cidades doestado, dado que a 30km/h a superviven-cia dun atropelo é superior ao 90%,mentres que a 50km/h non chega ninao 50%. Ademais redúcese a contamina-ción acústica de forma considerable,contaminación esta última que está de-mostrada que é causa de diversas enfer-

midades de tipo nervioso que abundannas zonas urbanas. A imitación a 30km/hnon pode ser illada, e ten que ir ligada aun proxecto con medidas como retiradade semáforos que deixan de ser útiles,unidirecionalidade dalgunhas rúas... ocal fará, como así está demostrado, queindo máis lento se chegue incluso antes.

•Se o BNG gobernase, daríavostede o paso de peonalizar Lugo comofixo o seu partido en Pontevedra?

-O centro de Lugo ten que sertotalmente peonil, permitindo o traballodos carga e descarga nunhas horas limi-tadas, o acceso aos garaxes e aos apar-cadoiros. E o obxectivo ten que ser amedio prazo peonalizar a Ronda daMuralla. Non ten xeito que o noso patri-monio principal da cidade este sufrindoa diario os fortes danos pola vibración demiles de vehículos. Se nós sacásemos aalcaldía peonalizaríamos a totalidade da

Ronda da Muralla e todo o recinto interioren 8 anos, dando as solucións óptimaspara eliminar calquera problema detráfico e de estacionamento ao levarseesta actuación.

•O edificio do Garañón seguenas Costas do Parque, cal é futuro destedespropósito urbanístico?

-Só hai un futuro para ese mons-tro, a súa demolición. E hai que facertodo o posible para que non se pague concartos públicos por esa desfeita que tenresponsables con nomes e apelidos.

•Que hai que facer para que seremate a rehabilitación da Tinería?

-Aquí só hai unha solución, quea Xunta de Galiza cumpra. Entre o 2005e o 2009 cando o BNG levaba a conselle-ría de vivenda investíronse máis de 20millóns no barrio da Tinería e fíxose unplan de rehabilitación e rehabitación quefoi ata galardoado co premio Hábitat da

propia ONU como exemplo de recupera-ción urbana. O problema veu coachegada de Feijóo e o seu desprezo aLugo, o recorte económico na Tinería foicase total, dando moitos pasos atrás notraballo feito.

•E no rural de Lugo, cales foronas súas propostas?

-O rural ten moitas carencias,pero hoxe en día o que máis urxe solucio-nar son 4 eivas. O mantemento daspistas e estradas, o abastecementode auga, o saneamento e o transportepúblico. Estas 4 cuestións son as nosasreivindicacións primordiais para o rural,e poñemos ferramentas sobre a mesacomo é que os 500.000€ que lle tocana Lugo cada ano polo Plan Único daDeputación sexan integramente para as54 parroquias do noso rural.

•Cree que o BNG ten posibili-dade de medrar electoralmente noconcello de Lugo?

-Eu estou completamenteconvencido. A xente coméntanos adiario que lles está a gustar moito onoso traballo e a nosa idea para o Lugodo futuro, e ese é o noso camiño.

•O BNG levou a cabo unharecollida de sinaturas para que Lugoconte cun xulgado específico de violen-cia de xénero. Cre vostede que é nece-sario?

-Lugo a diferenza doutras cida-des non conta cun xulgado de violenciade xénero, xulgado este que sería unhaferramenta moi importante para axilizaros trámites ás mulleres que se atopan ensituacións, nos que incluso pode estar asúa vida en perigo, e que precisan que osprotocolos se fagan de forma inmediataunha vez interposta a súa denuncia.Este é un servizo perfectamente viable easumible, e dende logo dunha necesi-dade indiscutible, por iso dende o BNGestamos traballando por diferentesvías de cara a esixir a constitución destexulgado.

Entrevista a Rubén Arroxo Portavoz do BNG no Concello de Lugo

RUBÉN ARROXO

8

http//unpasoadiante.gal/

“O BNG é un claro empuxe no deseño edesenvolvemento do Lugo do futuro”