jean baptiste de lamarck (acr)

9
JEAN-BAPTISTE DE LAMARCK (1744-1829) AITOR CAMPOS RAMOS. 1ºC BACHARELATO. FEBREIRO DE 2012

Upload: aitorcr

Post on 04-Aug-2015

619 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Jean baptiste de lamarck (acr)

JEAN-BAPTISTE DE LAMARCK(1744-1829)

AITOR CAMPOS RAMOS. 1ºC BACHARELATO. FEBREIRO DE 2012

Page 2: Jean baptiste de lamarck (acr)

INDICE.-

VIDA OBRA

PESAMENTO CIENTÍFICO PUBLICACIÓNS

LEGADO BIBLIOGRAFÍA

Page 3: Jean baptiste de lamarck (acr)

VIDA.-O biólogo francés Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet de Lamarck naceu na localidade de Bazentin-le-Petit, situada a uns 150 km. ó norte de París, o 1 de agosto do ano 1744. Foi o máis novo de once írmáns nunha familia cunha tradición de varios séculos de servicio militar. Pero, por vontade do seu pai, Lamarck entrou no seminario dos xesítas de Amiens, ó redor do ano 1756, saíndo ós 17 anos , pouco despois da morte do seu pai, para unirse ó exército francés. Xa na súa primeira batalla foi promovido a oficial pola súa valente actuación. Permaneceu no exército durante sete anos, ata 1768, cando unha ferida accidental lle obrigou a dexialo. Despois desto, desprazouse a Paris, onde traballou como empregado nun banco e empezous a estudar mediciña e botánica, disciplina esta última na qu e rapidamente se convertíu en experto, publicando con notable éxito Flora Francesa, no ano 1778, na cal por primeira vez se clasificaba a flora mediante un criterio dicotómico (de dous compoñentes).

Tras o éxito desta obra conseguíu un emprego como botánico no Jardin des Plantes, un xardín botánico no que tamén se facía investigación en bioloxía. Con este traballo apenas malvivía e en varias ocasións estivo a punto de perdelo polos recortes de gastos do goberno.

Arriba, vista actual da pequena localidade de Bazentin le Petit. Abaixo, imaxe da casa natal de

Lamarck.

Page 4: Jean baptiste de lamarck (acr)

VIDA.-Coa Revolución Francesa, o Jardin des Plantes convertíuse no Museo Nacional de Historia Natural, e Lamarck foi nomeado director do Departamente de Insectos e Vermes, un tema sobre o que parece que el non tiña nin idea. Posteriormente Lamarck cambiaríalle o nome, pasando a ser o Departamento de Animais Invertebrados. En realidade este departamento tiña moi pouco prestixo e consideración (incluso a palabara “invertebrado” non existía, sendo acuñada polo propio Lamarck). Pero este biólogo conseguíu , co seu traballo, darlle respeto e prestixo, creando un novo campo na bioloxía. Así, fixo a primeira división deste grupo de animais en outros catro grupos: arácnidos, insectos, crustáceos e equinodermos.

Pero a pesar deste traballo, de acuñar a expresión “invertebrados” ou “bioloxía”, as obras de Lamarck non chegaron a ser realmente populares e non acadou o prestixo de colegas seus como Cuvier, que o respetou pola súa labor cos invertebrados pero que o desacreditou polas súas ideas evolucionistas. Boa parte da vida de Lamarck foi unha loita contra a pobreza. Para colmo, en 1818 empezou a perder vista, e pasou os seus últimos anos pobre e cego, coidado polas súas fillas, que tivera fruto dalgún dos seus catro matrimonios.

Lamarck morreu o 28 de decembro de 1829. Tivo un funeral pobre e foi enterrado nunha tumba de aluguer, da que o retiraron ó cabo de cinco anos. Hoxe en día ninguén sabe ónde están os seus restos, se é que se conservan.

Vistas actuais exterior (arriba) e dunha das salas (abaixo) do Museo

Nacional de Historia Natural de Francia, en París.

Page 5: Jean baptiste de lamarck (acr)

OBRA. PENSAMENTO CIENTÍFICO.-

Lamarck fixo importantes aportacións á bioloxía, tanto no campo da organizacións dos seres vivos, como na división clara que fixo do mundo orgánico e inorgánico, como na clasificación que levou a cabo dos animais atendendo á súa complexidade, pero, sobre todo e polo que é máis coñecido é porque formulou a primeira teoría da evolución biolóxica, 50 anos antes que Darwin.¿Cal era o mecanismos desa evolución? O “lamarckismo utilizase hoxe en día máis ben en sentido peiorativo para referirse á teoría dos “caracteres adquiridos”, que acabou de forma simplista en que os cambios que experimenta un individuo pasan ós seus fillos. Pero o que Lamarck realmente expuxo era máis complexo e non tan directo. Segundo el, non é que os organismos se alteran pasivamente polo medio, senón que os cambios no medio provócanlles ós individuos novas necesidades, polo que teñen que desenvolver novos hábitos. Estos hábitos alterados e mantidos no tempo levan a un maoir ou menor uso dun órgano ou estructura, o que conleva o seu desenvolvemento e crecemento ou, polo contrario a súa atrofia ou desaparición. Lamarck di que este proceso é lento, ó longo de xeracións, e que o individuo non o percibe na súa vida. Esta é a primeira lei que Lamarck expón na súa obra Filosofía Zoolóxica, de 1809, onde expón a súa teoría da evolución: o uso ou desuso conleva o desenvolvemento ou a desaparición do órgano afectado a través das xeracións.

Lamarck afirma que o uso intensivo e continuado dun órgano, por exemplo o pescozo das xirafas, conleva o seu desenvolvemento, igual que o desuso leva á súa atrofia ou desaparición

Page 6: Jean baptiste de lamarck (acr)

OBRA. PENSAMENTO CIENTÍFICO.-A segunda teoría que expón Lamarck

indica que os cambios ou caracteres adquiridos para adaptarse ó medio son herdables, é dicir, transmítense por herdanza biolóxica ós seus descendentes .O resultado da acción de ambas teorías é que os individuos se van volvendo máis complexos ó irse adaptando ó entorno, por tanto, as necesidades de adaptación dos individuos explican a evolución para Lamarck.En consecuencia con esta visión de cambios lentos e graduais, a Terra para Lamarck é inmensamente vella, e afirma que as especies non se extinguen, senón que evolucionan a outras diferentes. En todo caso, a s teorías científicas de Lamarck son sobre a evolución da vida, xa que, en canto á orixe desta, cría que se debía á xeración espontánea de organismos simples que logo se perfeccionaban ó irse adaptando.As teorias evolutivas de Lamarck foron menospreciadas e atacadas durante a súa vida, se ben foi o primeiro en falar de cambios ou evolución nos seres vivos, e de amosar a posibilidade de que tales cambios foran debidos a leis concretas, e non a feitos miragrosos.

O das xirafas é o exemplo máis usado para explicar as teorias evolutivas de Lamarck. Arriba, vese que unha das xirafas se enfrenta á nova necesidade de acadar a comida a máis altura, polo que ten que erquerse sobre as patas dianteiras e estirar o pescozo. No medio, ilústrase que ese novo uso mantido das patas dianteiras e do pescozo conleva o seu desenvolvemento. Ademáis, ese novo carácter adquirido , ó manterse no tempo, herédase polos descendentes. Tal cambio non se tería producido se, como lle pasa á xirafa da esquerda, non tivera que desenvolver o novo hábito para poder acadar o alimento a máis altura.

Page 7: Jean baptiste de lamarck (acr)

OBRA. PUBLICACIÓNS.-A primeira obra de Lamarck, que tivo unha boa acollida e lle facilitou a entrada como botánico no Jardin des Plantes foi “Flora Francesa”, publicada no ano 1778.

A súa obra máis coñecida , e que supuxo a exposición das súas teorías evolutivas, foi publicada no ano 1809, chamándose “Filosofía Zoolóxica”.

Outra das grandes obras de Lamarck, de feito ocupa varios tomos e foi sendo publicada ó longo de 7 anos, entre 1815 e 1822, foi “Historia Natural dos animais invertebrados”, onde fixo un grande avance sobre a clasificación dos mesmos ata entón existente, ó dividilos en catro novos grupos: insectos, arácnidos, crustáceos e equinodermos.

A parte destos e de publicar tamén investigacións sobre a organización dos seres vivos, Lamarck aínda tivo tempo de escribir e publicar sobre outros moitos temas, como a Física ou a Meteoroloxía, publicando, por exemplo, “Investigacións sobre as causas principais dos fenómenos físicos”, do ano 1794, ou “Hidroloxía”, do ano 1802.

Á esquerda, imaxe da primeira edición (1809) da obra na que Lamarck expuxo as súas teorías

evolutivas, Filosofía Zoolóxica. Á dereita, unha das primeiras edicións de Flora Francesa, que publicou

en 1778.

Page 8: Jean baptiste de lamarck (acr)

LEGADO.-As teorías evolutivas de Lamarck no foron apenas consideradas no seu tempo. É certo que houbo quen as apoiou, como por exemplo Erasmus Darwin, avó de Charles Darwin , que enunciou teorías moi similares. Pero a pesar de que a Filosofía Zoolóxica circulou por Francia e Gran Bretaña, non tivo adeptos e Lamarck, falto de “éxito” pasou boa parte da súa vida loitanto contra a penuria, ata que finalmente morreu pobre, cego e sen apenas recoñecemento.Pero, co paso do tempo, as súas teorías foron rescatadas e recobraron algo do mérito que se lles negara antes. O propio Charles Darwin, que refutou a idea evolutiva xeral de Lamarck, acabou considerando a posibilidade de que quizás o efecto hereditario do uso e desuso tivese a súa importancia na evolución. Tempo despois, xa no século XX volveuse a plantexar o feito de que quizás a evolución biolóxica podería seleccionar xens favorables a un novo comportamento dos organismos para adaptarse ó medio, de modo que favorecería ós individuos que dispuxeran desos xens relacionados co comportamento, adquiridos eso sí, por unha variación xenética (é dicir, é unha ventaxa nacer con algo xa aprendido, debido a unha variación xenética, de cara a sobrevivir entre o resto dos individuos).En definitiva, Lamarck fracasou en vida frente a creacionistas como Cuvier, pero a súa intuición xeral de que as especies evolucionaban resultou ser a correcta, polo que parece que a derrota non foi tan grande. É mais, grandes figuras da bioloxía actual, como a recentemente falecida bióloga americana Lynn Margulis, afirmaron que o lamarckismo non debe ser abandonado nin descartado, senón “refinado coidadosamente” e que na evolución non hai azar, como dixo Darwin, senón máis ben adaptación ó medio.

Co tempo, a figura e a obra de Lamarck conseguiron algo do recoñecemento que non tivo en vida. Á esquerda, Lynn Margulis, defensora da idea de que quizás Lamarck non ía tan desencamiñado como se dixo. Á dereita, medalla que reciben os premiados pola Unión Europea das Ciencias da Terra, coa figura de Jean Baptiste de Lamarck.

Page 9: Jean baptiste de lamarck (acr)

BIBLIOGRAFÍA.-

En Internet:-http://aportes.educ.ar/biología/núcleo-teórico/recorrido-historico-www.educarm.es/paleontología/lamarck.htm-www.ucmp.berkeley.edu/history/lamarck.html-www.biografiasyvidas.com/biografia/I/lamarck.htm-http://es.wikipedia.org/wiki/Jean-Baptiste_Lamarck-http://es.wikipedia.org/wiki/Lamarckismo

-En papel:-La Enciclopedia del Estudiante.Tomo 09 Ciencias de la Vida. Editorial Santillana Educación, S.L.. Madrid, 2005.