determinantes
DESCRIPTION
Os determinantes na lingua galegaTRANSCRIPT
● Os determinantes acompañan o nome para
actualizalo ou precisar o seu significado.
● ARTIGO: sempre actúa como DET da fr. nom.
● PRONOME: poden actuar como DET ou como N. da
fr. nom.● Demostrativos
● Posesivos
● Identificadores
● Cuantificadores
● Relativos, interrogativos, exclamativos
Palabra variable que funciona DET na fr. nominal.
Actualiza ou identifica os substantivos
● ARTIGO DETERMINADO: presenta un substantivo como
coñecido. Tipos de presentación:
– Presenta o substantivo como algo concreto: Regaleille
o xersei vermello.
– Presenta o substantivo como algo coñecido:
Presentoume unha compañeira súa. A compañeira é
de Betanzos.
– Presenta o substantivo como o conxunto de individuos
dunha especie: O león é o rei da selva.
As fiestras da casaOs parafusos
● Expresan familiaridade cos nomes de persoa. O Manuel
estuda en Santiago.
● Nomes dos ríos e mares. Por Padrón pasa o Sar.
● Algúns topónimos. É da Pobra do Caramiñal.
● Cos posesivos. Fun á vosa casa onte.
● En locucións adverbiais: ao chou, ao pé, á parte, á beira,
ás escuras, ao carón de...
Está ao pé da árbore.
O(S) A(S)
A Ao(s) Á(s)
DE Do(s) Da(s)
CON Co(s) Coa(s)
EN No(s) Na(s)
POR Polo(s) Pola(s)
U U-lo(s) U-la(s)
CA Có(s) / Ca o(s) Cá(s) / Ca a(s)
Con “por” e “u” é obrigado o emprego da 2ª forma do artig: E a nena, u-la?
CA non contrae obrigatoriamente. Existen as dúas posibilidades: É máis listo o can ca o / có gato. Porén a pronuncia do masculino é sempre /kɔ/ /ka/.
Lembra: só contrae coa preposición se esta rexe o artigo. De os pais o saberen, non o consenten.É obrigatorio contraer co artigo dos topónimos: É do Carballiño. Deputación da Coruña.
A segunda forma do artigo só é de uso obrigatorio na escrita con “por” e “u”.
Porén, é obrigatoria o seu uso na lingua oral:
◦ /’bou to’malo ‘leite/
◦ /en’trambolos dous/
◦ /’ban ben’dela kasa/
● O ARTIGO INDETERMINADO
● Presenta o substantivo como descoñecido: Andaba un can
solto pola rúa.
● CONTRACCIÓNS:
UN(S) UNHA(S)
DE Dun(s) Dunha(s)
CON Cun(s) Cunha(s)
EN Nun(s) Nunha(s)
● En xeral, son palabras variables en xénero e número que
poden funcionar como DET na fr. nom.(ese can), como N
(Traboume ese), ou como MOD (o can ese).
● Poden expresar distintas nocións: persoa, referencia
espacial ou temporal, posesión ou pertenza...
● Localizan no espazo tomando como referencia o falante
(Este caderno é meu). Tamén poden situar no tempo
(Naqueles anos eu era moi pequena).
● Oposición segundo o grao de proximidade:
proximidade: este, esta, isto
intermedio: ese, esa, iso
afastamento: aquel, aquela, aquilo
ESTE(S) / ESTA(S) / ISTO
ESE(S) / ESA(S) / ISO
AQUEL(ES) / AQUELA (S)/ AQUILO
EN Neste(s)Nesta(s)Nisto
Nese(s)Nesa(s)Niso
Naquel(es)Naquela(s)Naquilo
DE Deste(s)Desta(s)Diso
Dese(s)Desa(s)Diso
Daquel(es)Daquela(s)Daquilo
OUTRO(S)OUTRA(S)
Estoutro(s)Estoutra(s)
Esoutro(s)Esoutra(s)
Aqueloutro(s)Aqueloutra(s)
Estas formas, á súa vez, tamén contraen
con “en” e “de”: Prefiro daqueloutros.
● Valor deítico: sitúa no espazo ou no tempo. Esta maceira é moi
produtiva.
● Valores afectivos ou irónicos (Este rapaz...), pexorativos (Quen é o
tipo ese?) ou intensificadores (Que anos aqueles! Que rapaces estes!)
● Aquel e aquela poden empregarse como substantivos sen significado
concreto: Merquei un aquel moi bonito. Créase o verbo aquelar:
Aquélasme a cafeteira?
● Daquela pode ser un adverbio temporal: Daquela non había móbiles.
● Daquela pode ser unhaconxunción consecutiva “entón”:Chove? Daquela non vou.
● Nisto, niso con valor temporal“nese preciso momento”. Iamossaír e niso chegaron os veciños.
● Valor eufemístico dos neutrospara se referir a actos ouórganos sexuais. Estivemos afalar e logo fixemos iso.
● Indican posesión, pertenza... e refiren a persoa gramatical
posuidora
● Posesivo de respecto: MI, TU, SU + padre, madre, tío,
señor, amo.
●
Na actualidade o seu uso é moi reducido e só as atopamos en cantigas ou frases
feitas.
● O posesivo precisa doutro determinante cando se antepón
ao substantivo. O meu ordenador está estragado.
● AUSENCIA DE ARTIGO:
– Designan seres únicos: Noso Señor, Súa Alteza
– Vocativos: Como estás, miña xoia?
– Frases estereotipadas: A meu entender, A seu favor...
– Se existe un distributivo: En cada roca, seu fuso.
– Nomes de parentesco próximos: meu pai, meu avó.
● Enfático ou de propiedade exclusiva: Ten casa de seu.
● Enfatiza unha calidade ou propiedade: É lista de seu.
● Distributivo: Regaleilles cadanseu reloxo. Levaron cadansúa
bicicleta.
● Valor afectivo ou familiaridade: A miña Begoña é moi eficaz.
● Indica familia ou persoas moi achegadas: Hoxe ceo cos meus.
Gañaron os nosos.
● Falcatruadas, trasnadas: Sempre andas a facer das túas.
● Cantidade aproximada: Terá os seus vinte anos.
● Acción habitual: Despois de xantar, sempre tomo o meu café.
● Introducen exclamacións e poden funcionar como
determinante ou como núcleo.
● Formas:
– QUEN. Invariable. Emprégase en cláusulas
desiderativas: Quen me dera!
– QUE. Acompaña un subst., adx. ou adv. Que alta é!
Que axiña veu!
– CAL. Indica estrañeza. Cal vestido levaba!
– CANTO. Valor ponderativo. Canta xoia leva!
– COMO. Como canta!
● Actúan como nexos na oración subordinada de relativo e
fan referencia a un elemento anterior do discurso.
● QUEN. Invariable, só refire persoas. A rapaza a quen
saudei é irmá de Lorena.
● QUE. Invariable; refire persoas, cousas ou unha cláusula
enteira. Pode ir precedido de artigo: O home que vimos na
rúa... Os que ían diante eran os representantes do
concello.
● CAL. Varía en número e vai precedido de artigo. Esa é a
razón pola cal vin.
● CUXO(S), CUXA(S). Indica relación de posesión. A
película cuxo actor protagonista é Luís Tosar estréase
hoxe.
● CANTO(S), CANTA(S). Pode ir reforzado por todo(s),
toda(s): Todos cantos estaban alí afirman o mesmo.
● ONDE. Adverbial. O instituto onde estudei...
● CANDO. Adverbial. O día cando naceu meu irmán...
● COMO. Adverbial. Non me gustou o xeito como lle falou.
● Introducen preguntas directas ou indirectas e cumpren a función de DET ou N.
● QUEN. Invariable, só refire persoas. O verbo sempre vai en sg. agás no caso do verbo ser: Quen petou á porta? Quen son os que chaman?
● QUE. Invariable. Que che dixo? Que película che gusta máis?
● CAL(ES). Cales che gustan máis?
● CANTO(S), CANTA(S). Pregunta polo número ou cantidade. Quere saber cantos queres? Cantas precisas?
● ONDE. Adverbial. Onde está a parada de autobús?
● CANDO. Adverbial. Cando marchades de viaxe?
● COMO. Adverbial. Como se atopa hoxe?
● U. Adverbial. Só se emprega seguido de artigo e sen verbo. U-lo meu
sombreiro?
Cuantifican a realidade. Distínguense:
● Definidos (ou numerais): indican a cantidade exacta.
– Cardinais. Número exacto de unidades: un, dous, vinte
e dous...
– Ordinais. Indican a orde: primeiro, segundo, décimo….
– Multiplicativos. Resultan dunha multiplicación: dobre,
dupl.
– Partitivos. Indican unha parte. Só quero media laranxa.
– Colectivos. Indican un conxunto: par, parella, ducia,
cento, milleiro...
Algún(s) contrae coas prep. “de” e
“en”: Nalgúns hoteis non admiten mascotas.
● Indefinidos: indican a cantidade de forma imprecisa.
Cada, algo, algún(s), varia(s), bastante(s), moito(s)…..
● Absolutos: negan ou sinalan a totalidade dunha
cantidade.
Todo(s), nada, ningunha, ninguén…
Todas votaron a favor.
Había bastantes persoas na reunión
Seleccionan un elemento de entre outros da mesma especie.
Distínguense:◦ Non-confrontativos: non se compara con outras
entidades da clase. Calquera, quenquera, tal(es), certo(s), certa(s)....
◦ Confrontativos: confróntanse con outras unidades: outro(s), outra(s), o(s) máis, mesma(s), propia(s)...
Outro(s) e outra(s) contraen coas preposicións “en” e “de”:
Creo que o gardei noutro sitio.