calendario de stes-intersindical "tempo de mulleres 2015" galicia

17

Upload: confederacion-intersindical

Post on 06-Apr-2016

247 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Calendario de STEs-intersindical "Tiempo de Mujeres, Mujeres en el Tiempos" 2015. Creadoras de Opinión. Propuesta de actividades didácticas

TRANSCRIPT

Page 1: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 2: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 3: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 4: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 5: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 6: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 7: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 8: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 9: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 10: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 11: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 12: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 13: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia
Page 14: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia

STES·INTERSINDICALOrganización de Mujeres

ACTIVIDADES PROPOSTAS

Obxectivos:- Identificar as achegas destas tres mulleres xornalistas.- Investigar a traxectoria destas mulleres dentro do seu contexto

histórico.Metodoloxía:

A metodoloxía asentará esencialmente na propia actividade do alumnado e será marcadamente participativa, para que, partindo das ideas ou coñecementos previos, se potencie a autonomía do alumna-do no proceso de aprendizaxe.Recursos:

- Internet para buscar información:• http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-noso-tras-contamos-josefina-carabias/2434508/.• http://www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-histo-ria-carmen-burgos-colombine/841220/• http://fondosdigitales.us.es/media/books/1464/1464_358387_0.jpeg

- Microsoft Publisher.- Fotos das xornalistas.

INFANTILNa asemblea de inicio do día, a mestra ou mestre pregunta ao

alumnado se sabe que é unha xornalista, a que se dedica, onde traballa e se coñece algunha en particular. Pódese ler o conto “Laura quiere ser periodista” ou o conto “El hombrecillo de papel”. En ambos casos, adaptados.

Preséntase a foto das primeiras mulleres xornalistas (Aculodi, Carabias e Carmen de Burgos).

Recortar as letras dos seus nomes (Francisca, Josefina, Carmen) e facer 3 cartaces coa súa foto e co seu nome de letras recortadas.

Xogar a ser xornalistas: un/ha alumno/a fai preguntas a outro/a cun micrófono (Como te chamas? Cantos anos tes? A que colexio vas? Que che gustaría ser de maior? A que che gusta xogar?..., por exemplo), gravando as respostas. Despois reprodúcense coma se es-tivesen a facer un programa de radio.

PRIMARIAActividade: Josefina Carabias. · Reflexión antes de ver documental:

Que traballos poden facer todos, homes e mulleres?Que é un/unha xornalista?Poden ser as mulleres xornalistas? Quen foron as primeiras mulleres xornalistas?

Ver documental: http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-nosotras-contamos-josefina-carabias/2434508/.

· Preguntas para debater sobre o documental tras visionalo:Por que din que Josefina Carabias foi pioneira do xornalismo?

Obxectivos:- Identificar as achegas destas tres mulleres xornalistas.- Investigar a traxectoria destas mulleres e o seu contexto his-

tórico.Metodoloxía:

A metodoloxía asentará esencialmente na propia actividade do alumnado e será marcadamente participativa, para que, partindo das ideas ou coñecementos previos, se potencie a autonomía do alumna-do no proceso de aprendizaxe.Recursos:

- Internet para buscar información:• http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-nosotras-contamos-josefina-carabias/2434508/.• http://www.revistafusion.com/2000/agosto/entrev83.htm

- Microsoft Publisher.- Fotos das xornalistas.

INFANTILNa asemblea de inicio, recórdase o da asemblea de Xaneiro e con

xornais varios vese se os artigos que hai son de homes ou mulleres.Presentamos as xornalistas de febreiro, importantes durante a

Transición (Narvión, Prego e Álvarez).Invitarase unha muller xornalista ou unha estudante de xornalis-

mo da nosa cidade para que o alumnado lle poida preguntar cousas.Presentamos fotos de mulleres xornalistas en prensa, radio e

televisión.Podemos contar agora o conto que non usamos en xaneiro.En casa os nenos e nenas terán que ver o Telediario e fixarse en

se os presentadores son homes, mulleres ou ambos.

Febreiro. Xornalistas da transición

Marzo. Analistas políticas

Xaneiro. Pioneiras

INFANTIL: As noticias da miña claseObxectivos:

• Aproximar modelos de personaxes femi-ninas e masculinas na profesión xor-nalística a través dunha aprendizaxe participativa coas familias.

Metodoloxía:Imos converternos en xornalistas por

uns días. Para iso imos pedir a colaboración do profesorado e da familia. Por iso imos traballar en distintas fases:

Fase 1. En asemblea, a profesora ou pro-fesor explicará que é un xornal, para que serve, as distintas tarefas ou tra-ballos que se realizan e as seccións que existen nun xornal.

Fase 2. Preguntaredes en casa que vos amosen mulleres e homes xornalistas da tele, a radio ou un xornal e que vos busquen imaxes destas persoas, que im-primiredes. Deberán traballarse o mesmo número de mulleres e homes xornalistas.

Fase 3. Individualmente debuxaredes nun folio a noticia da semana que máis im-portante vos pareceu na vosa aula, co-medor ou patio. No debuxo aparecerán os personaxes e o que sucedeu.

Fase final. Tras dúas semanas reuniredes todas as noticias-debuxo e con elas formaredes un xornal de infantil. Ao final aparecerán as imaxes das e dos xornalistas que a vosa fa-milia vos amosou neste tem-po e marcaredes a quen vos gustaría parecervos no futuro se fósedes xornalistas.

Este material encadernarase e entregarase ao alumnado para que o vexa de xeito rotativo xunto á súa familia.

PRIMARIA: Tras a crónicaObxectivos:

• Reflexionar sobre a arbitra-riedade dos repartos de traballos tendo en conta o xénero da per-soa.Metodoloxía: imos converternos en xornalistas por uns días. Para iso imos investigar coa axuda da profesora ou profesor as distintas tarefas que se poden realizar nun xornal. Utilizaremos periódicos

Farase un xornal de aula entre todos/as, con noticias importan-tes para eles/as (onte fun andar en bicicleta, hei ter un irmán, hoxe vou comer a casa da avoa...), cada neno/a conta a súa noticia na asemblea e despois debúxaa nun folio ou cuartilla e ponlle un titular, con axuda da mestra ou mestre. Previamente haberá que falarlles aos nenos/as da estrutura dunha noticia.

PRIMARIAPilar Narvión, Victoria Prego o Soledad Álvarez-Coto son tres das

mulleres pioneiras do xornalismo español, que desenvolveron a súa tarefa nunha época, a da Transición, en que o exercicio do xornalismo era case en exclusiva unha actividade masculina.

• Actividade 1. Por grupos, elixir a unha das tres xornalistas amentadas, buscando algunha información en internet sobre elas e pensando as preguntas para unha posíbel entrevista que vos gustaría facerlles.

• Actividade 2. Investigar entre os vosos pais e nais, avós e avoas, veciños e veciñas maiores que foi a Transición democráti-ca e que xornalistas femininas coñecen/lembran desa época.

• Actividade 3. http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-nosotras-contamos-josefina-carabias/2434508/.

SECUNDARIAImos ler unha entrevista que lle fixeron a Vitoria Prego sobre a

Transición. A partir desa lectura, estabeleceremos un diálogo entre o alumnado sobre o que se di na entrevista e a situación actual: se cambiou, en que cambiou...

Buscaremos información sobre os xornalistas que se citan na propia entrevista.

http://www.revistafusion.com/2000/agosto/entrev83.htm.

BACHARELATO:Actividade:

1.- @s alumn@s buscan en Internet información profesional e per-soal sobre Pilar Narvión (1922-2013), Vitoria Prego e Soidade Álvarez Coto.

2.- Ofreceráselle información do papel que as mulleres tiñan na sociedade durante o franquismo e o que empezaron a ter ao comezo da democracia.

3.- Logo dunha reflexión individual, e por escrito, sobre a contri-bución destas tres mulleres a esta nova sociedade, suscitarase un debate sobre algúns interrogantes: É posible que ideoloxías diferentes contribúan por igual a unha sociedade democrática en construción? Por que é tan importante que as mulleres par-ticipen na vida social? Unha sociedade plural pode prescindir da opinión e participación das mulleres? Por que non foi fácil para estas mulleres abrirse camiño nun mundo de homes?

que nos sirvan de guía para ver as seccións e traballos.

Elaboraremos un cadro con distintos xor-nais (táboa 1).

Por que coidas que representou un novo tipo de xornalista? Sobre que temas escribían ata entón as mulleres?

Había moitas mulleres que fosen á Universidade? Por que cres que era así?

Por que é considerada Carabias unha verdadeira xornalista?Que é o que máis che gustou de Josefina Carabias?

SECUNDARIAImos coñecer tres mulleres pioneiras no xornalismo: Francisca

de Aculodi, Josefina Carabias e Carmen de Burgos. Para iso ides in-vestigar sobre elas. Debedes procurar datos sobre a época en que escribiron, noticias dos medios en que destacaron, información sobre as dificultades que se atoparon no seu traballo profesional...

“Noticias principales y verdaderas” é o primeiro xornal realizado por unha muller, Francisca de Aculodi. Ao longo deste mes ides rea-lizar un xornal no instituto.

O primeiro que se fará será ir visitar un xornal local para ver o seu funcionamento. Xa no instituto, o alumnado elaborará un xornal; para iso distribuiranse o traballo entre todos e todas. En primeiro lugar consensuarán quen será o director/a do xornal e logo dis-tribuiranse as distintas responsabilidades: redactor/a, columnista, reporteiro/a... Antes de comezar elixirase un nome para o xornal. Ao longo da semana iranse elaborando as noticias e ao final colgarase o xornal na páxina web do instituto.

Para iso pódese utilizar o Microsoft Office Publisher.

BACHARELATOActividade. Carmen Burgos (1867 – 1932)

1.- Proxectarase o documental de “Mujeres en la historia. Carmen de Burgos (Colombine)”. www.rtve.es | la 2 | Mujeres en la historia.

2.- Darase información sobre o papel da muller na época en que desenvolveu a súa profesión Carmen de Burgos, o primeiro cuar-tel do século XX.

3.- Pediráselle ao alumnado que reflexione, persoalmente e por escrito, sobre a importancia do papel de Carmen de Burgos para a súa época, tanto na loita pola liberación das mulleres como no seu labor profesional e persoal.

4.- Para finalizar, realizarase un debate no que o alumnado reflexio-ne e opine sobre distintos aspectos que lle serán suscitados con interrogantes como estes: É difícil ir contracorrente? É importan-te a coherencia entre o persoal e o profesional? Que fai que unha muller poida mellorar as condicións do resto das mulleres da súa época? Sería a mesma a situación das mulleres na actualidade sen mulleres precedentes que loitaron polos seus dereitos? Por que a muller estaba relegada á esfera do privado?

SECUNDARIA: Así é e así volo contamos

A crónica política foi un espazo tratado tradicionalmente por homes; non obstante, na actualidade cada vez hai máis mulleres que asumen e amosan o seu interese e a súa competencia neste ámbito. Obxectivos:

• Visibilizar mulleres como modelos da pro-fesión xornalística como referencia.

- Reflexionar sobre os estereotipos de xé-nero dentro da profesión xornalística.

Metodoloxía: en grupo mixto de 2 persoas, buscade datos sobre a vida e o traballo des-tas tres xornalistas e realizade un sinxelo Power Point que despois expoñeredes a compañeiras e compañeiros de clase. Pode-rase sumar como proposta de actividades extraescolares para a semana cultural.

BACHARELATO. Actividade: “Á LUZ DOS DATOS”Obxectivos:

• Reflexionar sobre a persistencia de es-tereotipos de xénero no ámbito laboral xornalístico e os cambios producidos ao longo do tempo.

• Análise das causas do man-temento de brechas laborais na actualidade entre mulleres e homes.

Metodoloxía:1. De xeito individual farase

unha sinxela investigación sobre as distintas cadeas de televisión e polo menos sobre 3 xornais e buscarase quen se ocupa da in-formación política neles (táboa 2).

2. Le o seguinte artigo: www.apmadrid.es/noticias/generales/carmen-del-riego-el-periodismo-es-aun-una-profesion-dominada-por-hombres?Itemid=209

3. Responde á luz dos datos extraídos da táboa realizada e do artigo lido.

Corresponden os datos ex-traídos coa súa presenza nos medios que investigaches? A que cres que se debe a diferenza?

Nomes de periodistas

No de mulleres

No de homes

Nome do xornal

Director/a

Redactores/as

Sección política

Sección economía

Sección sociedade

Sección internacional

Sección deportes

Sección actualidade

Sección opinión

Xornal Fins de semana

Muller Home Muller Home

TV1

TV2

ANTENA 3

TELE5

LA SEXTA

CUATRO

Canle de TV local, rexional ou autonómico

Xornal local, rexional ou autonómico

EL PAIS

El confidencialhttp://blogs.elconfidencial.com/

EL MUNDO

ABC

LA RAZÓN

PUBLICO.ES

ElPeriodico.comhttp://www.elperiodico.com/es/

El diario.eshttp://www.eldiario.es/

INFANTIL: Quen é ela? Obxectivos: desenvolver a capacidade artística e a lecto-escrito-

ra para expresar unha noticia a través dunha imaxe e un título rela-cionados. Espertar o sentido crítico. Romper estereotipos de xénero relacionados co traballo.

Materiais: roupas e instrumentos para o disfraz, lapis, cores e papel.

Metodoloxía: sealizarase en grupo durante a Asemblea e ac-tuarase individualmente para a realización do debuxo e a elección do titular.

Fase 1. O xornalismo en asembleaIntroduciremos a actividade presentando na nosa Asemblea unha

persoa adulta (nai, pai, profesor/a, xornalista local, etc.) disfrazada de muller xornalista, cos instrumentos ou ferramentas máis típicos do seu traballo (bolígrafo, bloc de notas, cámara de fotos, ordenador, micrófono, etc.); a continuación, suscitaremos a xeito de adiviña qué profesión ten a personaxe.

Fase 2. A xornalista contará brevemente o resto da información relevante para que queden claros os conceptos de xornalista e de xornalismo e explicará por que elixiu esa profesión, todo isto sen revelar o seu nome.

Pediráselle entón ao alumnado que individualmente ilustre a ac-tividade do día mediante un debuxo, para o que deberá elixir cada quen un titular. Deixarase un espazo en branco no debuxo para poder logo engadir o nome da personaxe.

PRIMARIA: Laura quere ser xornalistaObxectivos: espertar o sentido crítico, reflexionar sobre as cua-

lidades necesarias para desempeñar unha profesión con independen-cia do xénero, ofrecer modelos femininos non estereotipados sobre as distintas profesións, introducirse na comprensión da linguaxe non inclusiva, para decatarse de que, aínda que sexa a que se utiliza habitualmente, é confusa e invisibiliza ás mulleres.

Metodoloxía: • En asemblea, a profesora ou profesor lerá para toda a clase o

conto Laura quere ser xornalista. http://www.educapeques.com/cuentos-infantiles-cortos/otros-cuentos/cuento-infantil-laura-quiere-ser-periodista.html.

• A continuación, abrirase unha rolda de preguntas do alumnado sobre vocábulos que non comprendan no conto, que serán res-pondidas coas achegas do resto do alumnado ou pola mestra ou mestre.

• Suscitaranse toda unha serie de preguntas ao alumnado sobre os personaxes do conto que garantan a plena comprensión deste:

Que profesión teñen a nai e o pai de Laura? Cal é a novidade que aparece no Centro? Que é o que máis quere Laura? Como describirías a Laura, e a Arturo? Que actitude amosa a nai diante do entusiasmo

Abril. Coetáneasda nena?. Atendendo á descrición que fixeches de Laura e de Arturo, coidas que Laura ten cualidades para ser redactora xefe?, e Arturo? Que cualidades son esas? Se os dous pais de Laura son xornalistas, quen cres que se ocupará do coidado de Laura e da casa? Coidas que hai pícaras e compañeiras na clase de Laura e no equipo do xornal, ou só está ela? Por que pensas iso? (Aproveitaremos a actividade para facer aclaracións sobre linguaxe non inclusiva de termos como compañeiros, nenos, redactor, xefe...)

SECUNDARIA: Información deportiva realizada por mulleres

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar e tomar conciencia da actividade profesional das xornalistas deportivas.

Metodoloxía: dividiremos o alumnado en grupos de traballo para que debata as cuestións propostas e despois poña en común as conclusións de todos e cada un dos grupos.

• Busca información sobre María Escario. Cal foi a súa actividade profesional máis destacada?; Que outras mulleres realizaron in-formación deportiva?

• Le a seguinte entrevista realizada a María Escario: http://www.acade-miatv.es/entrevista-academiatv-maria-escario/#.VAWItsV_tIZ

- Trala lectura da entrevista, consideras que houbo unha evolución na actitude cara ás xornalistas deportivas? E no tratamento dos logros deportivos das mulleres?

BACHARELATO: Mulleres no mundo deportivoObxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar e tomar conciencia

dos logros deportivos das mulleres. Analizar o tratamento das noti-cias deportivas protagonizadas por mulleres.

Metodoloxía: nesta actividade combinarase o traballo indivi-dual de procura de noticias co traballo en grupo para a análise das mesmas.

• No primeiro traballo de María Escario dixéronlle que se encar-gase dos “deportes de mulleres”. Imos analizar se mudou algo a mentalidade. Para iso revisaremos a prensa deportiva durante unha semana:

- Á vista das noticias publicadas an presa durante esa semana, coidas que se lle dá a mesma importancia ao deporte feminino que ao masculino?

- Consideras que se produce unha invisibilidade respecto das com-peticións deportivas femininas nos noticiarios televisivos e na prensa escrita?

- Cando se fala de mulleres deportistas, dáselles igual tratamen-to que aos homes ou valóranse aspectos distintos nun caso e noutro?

- Podemos falar de estereotipos sexistas na información deportiva? Explica por que.

A incorporación da muller ao mundo laboral, a súa presenza en case todas as profesións, é unha realidade: temos o exemplo destas mulleres no xornalismo. Sabemos que o camiño andado foi importante, pero non se debe esquecer que seguen existindo prexuizos e estereotipos sexuais cara ás mulleres en determinadas profesións consideradas históricamente como masculinas. Esta actividade pretende que o alumnado reflexione sobre as desigualdades de xénero que se poden observar en distintos ámbitos e sobre as limitacións que seguen presentes para as mulleres na sociedade actual. Do mesmo xeito pretendemos visibilizar a contribución das mulleres como creadoras de opinión.

Máis actividades en http://www.stes.es/mujer.html

Page 15: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia

STES·INTERSINDICALOrganización de Mujeres

ACTIVIDADES PROPOSTASINFANTIL

Obxectivos: visibilizar as mulleres e dar a co-ñecer os traballos que realizan.

Metodoloxía: pártese dun debate en asemblea sobre as mulleres que coñecen, sexan da súa con-torna ou non. Posteriormente repártense os mate-riais e cada quen debuxa tres mulleres que serán presentadas ao resto do alumnado dicindo quen son e por que resultan importantes.

Recórtanse os debuxos feitos e realízase o mural decorándoo con témperas.

Por grupos danse a coñecer mediante fotos as tres mulleres de maio achegando razóns de por que merecen ser coñecidas. Pártense as fotos e realízanse os puzzles por grupos.

PRIMARIA Actividade previa. Presentación das mulleres

xornalistas do mes de maio (adecuando o contido a cada nivel) e das súas fotos.

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valori-zar o traballo das mulleres xornalistas.

Metodoloxía: exposición previa do profesor/a. Traballo de procura de información individualizada, traballo en grupo con elección dunha persoa mo-deradora e outra secretaria, traballo expositivo en gran grupo, debate en gran grupo.Actividade 1

1.- Localiza no mapa a cidade de Barcelona, lugar de nacemento de Rosa Ma Calaf Solé.

2.- Busca en Wikipedia a súa biografía e contes-ta as seguintes cuestións:Data exacta de nacemento. Cantos anos ten a día de hoxe?Data da súa xubilación. A que idade se xu-bilou?En que proxecto participa actualmente xunto con outras catro xornalistas? En que consiste?En cantos países estivo de corresponsal?Cantos premios recibiu ata a data?

Actividade 21.- Cantas persoas coñeces co nome de Carmen

ou o seu masculino Carmelo e que relación ou parentesco te une a elas? Faremos unha gráfica de barras na pizarra.

2.- O vindeiro sábado veremos todas/os o pro-grama de RTVE Informe Semanal, intentando tomar nota do seu contido e comentarémolo o luns en clase.

3.- Veremos en clase os documentais de Carmen Sarmiento: “Filipinas, infancias rotas” (https://www.youtube.com/watch?v=-XShvgxwY1w) y “La

mujer, el sur de todos los nortes” (https://www.youtube.com/watch?v=GndVk4EoukU ) y logo reali-zaremos un vídeo-forum.

4.- Divididos/as en tres grupos, debatemos e logo poñemos en común as seguintes frases de Carmen Sarmiento:-“Vivimos nun mundo onde todo se etique-ta como masculino ou feminino e iso fíxonos sufrir a moitas persoas. Cada ser humano ten unhas potencialidadess”.- “En España, a muller vive opresión e exclu-sión. Tantas mulleres asasinadas cada ano por seren mulleres, por non responderen ao padrón que o home desexaba delas”.

Actividade 31.- Escribir unha carta a xornalistas locais, in-

vitándoas a asistir á clase a explicar en que consiste o seu traballo e que limitacións atopan para desempeñalo polo feito de ser mulleres.

SECUNDARIA, BACHARELATOObxectivos: promover no alumnado o interese

por coñecer xornalistas comprometidas e desen-volver unha conciencia crítica sobre a información que publican os medios de comunicación.

Metodoloxía: traballo individual de procura da información. Análise de frases en pequenos gru-pos. Exposición de resultados ao gran grupo-clase.

Actividade 1.Rosa María Calaf Solé (Barcelona 1945), foi co-

rrespondente de RTVE durante máis de trinta anos e xubilouse en 2008, acolléndose voluntariamente ao ERE de RTVE.

Busca en Internet a biografía de Rosa María Calaf e responde as seguintes preguntas:

En que ano comeza a traballar en TVE? Que pre-mios recibiu polo seu traballo? Preocupouse pola desigualdade da muller?

Actividade 2.Almudena Ariza (Algeciras, Cádiz, 1 de sep-

tiembre de 1963), correspondente de RTVE e xor-nalista de radio e televisión.

Analizar en grupos e logo expoñer ao resto da clase a frase de Almudena Ariza:

"O burka é un obxecto absurdo, repugnante" Que é o burka e en que países se emprega

actualmente? Que razóns cres que existen para que as mulleres leven o burka?

PRIMARIAMONSERRAT BOIX PIQUÉ. Biografía, blogs e espazos web

http://www.mujeresenred.net/montserratboix.htmlhttp://www.mujeresenred.net | http://www.mujeresenred.net/mboix/blog/

Actividade 1Obxectivos- Promover o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) entre o

alumnado de primaria.Para Monserrat Boix, nun momento no que resulta prioritario na Sociedade

da Información o achegamento das mulleres ás TIC, é especialmente importante o deseño de estratexias de formación. Unha data sinalada para iso é o Día Inter-nacional das Nenas nas TIC, que se celebra o cuarto xoves de abril de cada ano. No seguinte enlace atópanse ideas para celebralo con actividades que promovan este uso:

http://girlsinict.org/es http://girlsinict.org/sites/default/files/resources/docs/girlsinictday2014_s.pdf

Actividade 2Obxectivos Incentivar as nenas no desenvolvemento tecnolóxico e no avanzo cara á inven-

ción de novos dispositivos que melloren a vida de todas as persoas.Materiais- Páginas de internet: https://www.youtube.com/watch?v=ZN2eKkRSmuo http://catunescomujer.org/creadoras/

- Dispositivo de proxección.Metodoloxía1. Mediante o dispositivo de proxección veremos as imaxes de internet.Previamente preguntaráselle a nenos e nenas: Coñeces o conto de Alicia no País

das marabillas? Recordas cando cae por un tobo?2. A continuación proxectarase a escena da película que corresponde a ese

momento da historia: https://www.youtube.com/watch?v=ZN2eKkRSmuo e pasarase logo a contestar esta pregunta: Que cousas vía mentres ía caendo polo tobo?

3. PPara rematar contrástase este visionado co da http://catunescomujer.org/crea-doras/ e suscítase a mesma pregunta. O mestre ou mestra vai explicando que se trata de inventos que fixeron avanzar a Humanidade, a importancia que ten esta achega para unha mellor sociedade, para o benestar de todos e todas. Pódese deter en cada un dos obxectos: que son, para que serven, como funcionan... Tamén se van explicando as frases que aparecen, comentándoas entre todos e todas.

Maio. Corresponsais Xuño. Blogueiras

Xullo. Xornalismo cultural Agosto. Activistas

SECUNDARIACORAL HERRERA GÓMEZBlogs e espazos web

htto://www.coralherreragom.blogspot.com/El Rincón de Haika: http://www.haikita.blogspot.com/Lo romántico es político: https://www.youtube.com/watchv=Rc1UtRo0OqI&feature=youtu.be

Obxectivos - Coñecer os erros e malas prácticas do amor romántico a través das opinións

de Coral Herrera.Materiais

- http://www.pikaramagazine.com/2011/10/el-amor-no-deberia-basarse-en-la-necesidad-en-el-miedo-a-la-soledad-ni-en-la-exclusividadcoral-herrera-gomez-afirma-que-mujeres-y-hom-bres-sufren-por-el-ideal-del-amor-romantico-aunque-no-de-la-m/

MetodoloxíaDivídese a clase en 12 grupos/parellas. Cada grupo lerá en voz alta a pregunta e

a resposta de Coral Herrera sobre o amor romántico que se atopa aquí. Logo cada grupo debaterá internamente a pregunta e resposta que lle tocou e

para rematar expoñerán as conclusións a respecto das seguintes cuestións:- Estás de acordo co que opina Coral?- Recórdache ou suxíreche algunha situación vivida persoalmente ou que lle

sucedese a alguén coñecido?

BACHARELATOBEATRIZ GIMENO REINOSOBlogs e espazos web

http://beatrizgimeno.eshttp://www.pikaramagazine.com/author/beatriz-gimeno/www.elplural.com, www.elciudadano.cl, www.eldiario.esObxectivos

- Coñecer a obra literaria de Beatriz Gimeno. - Interpretar e valorar a súa obra.

Materiais - https://www.youtube.com/watch?v=qnO93m8WxD8

MetodoloxíaBeatriz Gimeno le algúns dos seus poemas. Escóitaos e comenta o poema que

máis che gustou. Escríbeo para despois lelo en voz alta. Que che suxire?

INFANTIL: Xogo de cartasObxectivos: Desenvolver a capacidade de narración dunha

historia.Metodoloxía: pode realizarse de forma individual

ou colectiva. Recórtanse unhas cartolinas do tama-ño das cartas da baralla. Repartiranse e cada nena ou neno debuxará nelas un obxecto calquera, un animal ou unha paisaxe, procurando que non haxa repeticións. Cando todo o mundo acabou, xúntanse e mestúranse. O primeiro xogador ou xogadora saca catro cartas e colócaas de forma visíbel. A partir do que lle suxiren os debuxos, ten que inventar unha historia. Despois van xogando os demais alumnos e alumnas.

Tamén pode facerse de forma colectiva, inven-tando a historia en grupos de catro.

PRIMARIAObxectivos: aprender a manexar os xornais. Sa-

ber discernir entre o absurdo e a realidade. Materiais e recursos: xornais vellos, tesoiras.Metodoloxía: cCada nena ou neno, de xeito indi-

vidual, recortará as frases do xornal que lle gusten, fragmentos ou palabras illadas que lle fagan rir ou que non entenda.

Despois pegará os recortes nun folio, intentando crear unha historia fantástica e divertida e terá que lela aos outros compañeiros/as.

Seguidamente, faranse as seguintes preguntas ao grupo:

a) Parécevos que esta noticia podería saír nun xornal? Por que?

b) Como teñen que ser as noticias dos xornais?Intentarase afondar no debate sobre temas

como a responsabilidade da veracidade nas noticias, o xeito de enfocalas, o código deontolóxico da pro-fesión, etc.

SECUNDARIACentrarémonos na xornalista Rosa Mora que é,

ademais, comentarista de novela negra no diario en El País.

Obxectivos: coñecer a estrutura da novela ne-gra, se lestes algunha e/ou ler unha destas, por ejemplo Fundido en negro, que é unha antoloxía de relatos do mellor calibre criminal feminino e reúne por primeira vez as heroínas máis representativas da novela criminal feminina española contemporá-nea. Tamén a podedes inventar.

Materiais e recursos: prensa, antoloxía Fundido en negro, Internet. http://blogs.elpais.com/elemental/rosa-mora/

MetodoloxíaNa novela negra sempre hai algún asasinato.

Buscade nun xornal unha noticia sobre a morte dal-gunha muller por violencia machista.

1. Parécevos que a noticia está ben enfocada?2. Trátase o suceso de xeito morboso?3. Culpabilízase dalgún xeito á muller?Busca o código deontolóxico para xornalistas

sobre o tratamento das noticias sobre violencia machista.

BACHARELATOActividade 1Pilar Miró: http://es.wikipedia.org/wiki/Pilar_Mir%C3%B3Obxectivos: coñecer a figura e o traballo desta

xornalista e cineasta. Materiais e recursos: http://www.rtve.es/alacarta/

videos/imprescindibles/imprescindibles-quien-fue-pilar-mi-ro/1120308/

MetodoloxíaNo grupo-clase visionarase o documental do en-

lace citado, analizando a información que achega. Despois de designar unha persoa moderadora, intro-ducirase un debate no grupo a través das seguintes preguntas:

1. Foi doado o inicio da súa carreira profesional? Por que?

2. Como se viu obrigada a actuar?3. Segundo o testemuño das persoas entrevista-

das e dos comentaristas, cales eran os valores que a guiaban?

Actividade 2Margalida Capellà i Fornés destaca polo seu com-

promiso na visualización de mulleres represaliadas durante e logo da guerra civil.

Esta xornalista sacou á luz a figura de moitas mulleres comprometidas que foron encadeadas, si-lenciadas, asasinadas ou represaliadas, traballo que na Illa de Mallorca ninguén antes levara a cabo.

http://diccionariperiodisme.wikispaces.com/Margalida+Capell%C3%A0+Forn%C3%A9s

Actividade 3Obxectivos: realizar un traballo de investigación

xornalística.Metodoloxía: buscar a través da rede, libros de

historia, charlas con persoas maiores, etc., temas in-éditos ou temas que oístes no voso círculo familiar, social, ou que vos chamaron a atención e que non sexan tratados na prensa.

Informarse con veracidade e intentar escribir un artigo sobre o tema.

Obxectivos:• Identificar as achegas destas tres mulleres xornalistas.• Investigar a traxectoria destas mulleres, o seu contexto histórico e a súa impor-

tancia para o movemento feminista.• Valorar o traballo desenvolvido por estas mulleres.

Contidos:• Coñecemento e práctica de actitudes de respecto en traballos grupais.• A igualdade de dereitos no mundo laboral e social.• A Transición e a súa influenza na actualidade.

Metodoloxía:Traballarase desde unha metodoloxía activa, participativa e dinámica, tanto en

pequenos grupos como en gran grupo, desenvolvendo estratexias de procura de información autónoma e selección de información.

Materiais:Ordenador con conexión a internet e canón de proxección, papel, lápis, cartolina,

bolígrafos e pinturas de cores.

INFANTILO mestre/a contextualizará dúas das mulleres protagonistas deste mes: Tareixa

Navaza e Margarita Ledo Andión.As alumnas/os preguntarán aos seus pais/nais e avós/avoas por estas dúas

mulleres e a súa traxectoria nos medios de comunicación e polos recordos que teñan sobre elas.

Con estas dúas imaxes impresas en cartolinas faremos dous quebracabezas cun número de pezas axeitado á idade das nenas e nenos.

PRIMARIAXornalistas na TVG

Tareixa Navaza foi xornalista dende os anos 70 en medios audiovisuais. Unha muller galega pioneira no mundo do xornalismo nun momento en que a censura estaba moi presente.

O alumnado, por grupos, fará un traballo de investigación sobre:

a) Tareixa Navaza e a súa traxectoria:En que medios de comunicación traballou Tareixa Navaza?Que represalias tivo que padecer por exercer como xornalista?Por que estivo moitos anos traballando no arquivo, en documentación?Que é a censura?

b) As mulleres xornalistas:Cantas mulleres exercen como xornalistas na TVG e na Radio Galega?Cantos homes exercen como xornalistas na TVG e na Radio Galega?

c) O galego nos medios de comunicación: Unha frase de Tareixa Navaza, contando situacións ás que se tivo que enfrontar, é: “Hábleme usted como si fuese de Burgos” Cando e por que lle dixeron iso? Cales eran as dificultades para traballar como xornalista en galego?

SECUNDARIAA profesora fará unha introdución dun feito histórico para Galicia como foi a traída

dos restos de Castelao a Santo Domingos de Bonaval. Tareixa Navaza fai a retransmi-sión en directo deste momento.

En gran grupo coméntase e búscase información sobre:– Por que había manifestacións multitudinarias contra a chegada dos restos de

Castelao a Santiago de Compostela?– Que estudos fixo Castelao? Por que non exerceu nunca a profesión para a que

estudara?– Por que faceta era coñecido nese momento Castelao? Debuxante, político ou

escritor?– Coñeces as obras de Castelao?– Onde viviu Castelao durante o seu exilio, despois da guerra do 36?– Que textos elixiu Tareixa Navaza para ler o día da retransmisión da traída dos

restos de Castelao?

BACHARELATOA profesora ou profesor fará unha introdución sobre o filme que se vai ver a

continuación: “A cicatriz blanca”, de Margarita Ledo Andión.A directora pon de relevo nel o ocultamento secular ao que as mulleres foron so-

metidas por razóns de xénero e que continúa vixente nos nosos días. A degradación persoal, a discriminación social e cultural e a explotación laboral á que foron e aínda son hoxe sometidas as mulleres son aspectos reflectidos neste filme, que supón unha aposta pola diferenza e a defensa dos dereitos humanos.

Na primeira metade do século XX, miles de mulleres saíron soas de Galiza cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade.

- Visionado do filme.- Debate e posta en común, para o que se terán en conta as seguintes cuestións:

a) Quen son as protagonistas do filme?b) Poderías facer un retrato de Merce?c) Cales eran os motivos que levaban ás mulleres galegas a emigrar a América?d) Qué traballos tiñan que facer para saír adiante?e) O matrimonio era algo case obrigado nese momento?f ) Algunha muller das vosas familias emigrou a América?g) Consideras que este filme está feito dende unha perspectiva feminista? Por que?h) Cantas directoras de cine galegas coñeces?

Máis actividades en http://www.stes.es/mujer.html

Page 16: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia

STES·INTERSINDICALOrganización de Mujeres

ACTIVIDADES PROPOSTAS

Iniciamos o curso co obxectivo de poñer en funcionamento unha radio escolar que nos permita ampliar as traxectorias escolares de nenos, nenas, mozos e mozas ao vincular a dimensión formal e non formal da educación, e desenvolver e implementar accións e proxectos que posibiliten novas formas de ensinar e aprender.

Obxectivos:Desenvolver un novo xeito de educar: activo, aberto á vida, democrático,

crítico e solidario. Dinamizar a comunicación entre a comunidade escolar e difundir por Internet

os espazos radiofónicos creados por nenos/as e mozos/as.Plan de actuación e Materiais necesariosSubdivídese en 5 etapas:

1) Creación de Blogs. 2) Elaboración de guións. 3) Captación da información: captación do audio. 4) Edición do material. A edición de audio realízase mediante o programa de software libre “Audacity”. 5) Difusión.

Para reproducir os programas de radio utilizaremos Goear. Posteriormente in-troduciremos o reprodutor (mediante un código que nos ofrece Goear) no blog para que poida ser escoitado . (www.goear.com)

ACTIVIDADES PREVIAS A EMITIR UN PROGRAMAActividade: Escoitamos radio para nenosCada día da semana durante o mes de setembro escoitaremos grazas aos

podcast uns minutos do programa “La estación azul de los niños” en Radio 5 ou outro semellante de interese para o alumnado.

Trala súa escoita analizaremos o xénero, as técnicas, a arte, a rotina do programa, o formato, os xornalistas que interveñen…

Actividade: Vemos facer radioPídeselle a unha emisora local con motivo do inicio de curso que realice o seu

programa magacín de mañá no salón de actos do centro e que o público sexa o alumnado, coa finalidade de coñecer o código radiofónico (voz, música, efectos sonoros).

Actividade: Taller “Preparámonos para facer radio”Durante o mes de setembro o alumnado voluntario: - Coa colaboración do profesorado de TICs, aprenderá a utilizar o programa de

edición de son e emisión a través da páxina web do centro.- Coa colaboración do profesorado de Audición e Linguaxe, aprenderá asema-

de nocións sobre dicción e lectura ante micro.- Coa colaboración dun/ha xornalista local, analizaremos diferentes progra-

mas para evidenciar o xénero e as técnicas empregadas.Coa colaboración do profesorado voluntario coordinador/a, fórmanse os gru-

pos cooperativos necesarios para iniciar a realización do programa, definindo roles e funcións en cada un (coordinación, recolección de noticias ou novidades escolares, encargado/a de noticias de actualidade, encargado/a da música, etc.)

Elixir un nome para a radio.Planificar a programación.

HORARIO E A FRECUENCIAEn principio pode ser de unha vez por semana.

INFANTIL: A miña presentadora favoritaObxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar o traballo das mulleres xornalistas.Metodoloxía: iniciase un debate co grupo clase sobre as presentadoras de televisión facéndolles as seguin-

tes preguntas: • Que presentadoras de televisión coñeces? Esas mulleres presentan noticias, deportes, información do tempo

ou outro tipo de programas? Son mulleres novas ou vellas? Por que crees que hai mulleres desas idades?• Debuxa a teu presentadora preferida e explica aos teus compañeiros e compañeiras por que é a presentadora

que máis che gusta. Expoñede todos os debuxos nun mural na aula.

PRIMARIA: Xornalistas e comprometidasObxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar o traballo das mulleres xornalistas e o seu compromiso social.Metodoloxía: divídese ao alumnado en grupos para realizar a labor de investigación e as reflexións.

• Busca información tanto da actividade profesional como do compromiso social das tres xornalistas deste mes: Rosa Ma Mateo, Concha García Campoy e Mara Torres. Hai algún aspecto da súa vida profesional que che chame a atención? En que medios de comunicación traballaron preferentemente? Que tipos de noticias e programas realizaron?

• Por que crees que son importantes estas mulleres dentro do xornalismo español?• Algunha delas traballou ou colaborou con algunha campaña de sensibilización ou acto relacionado cas mulle-

res? Por que crees que as elixiu? Recollede as reflexións e expoñédeas ao resto do grupo.

SECUNDARIA: Noticias de hoxe para xornalistas do mañá

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar e tomar conciencia das noticias protagonizadas por mulleres . Metodoloxía: para esta actividade pódese combinar o traballo de forma individual para as labores de procura

de información e o traballo en equipo para a realización do noticiario caseiro. • Busca vídeos de Rosa Ma Mateo, Concha García Campoy e Mara Torres: Que programas realizaron? De que tipo

son: noticiarios, magazines, musicais…?• Unha vez analizados os programas nos que traballan ou traballaron estas xornalistas imos realizar un pro-

grama caseiro con noticias de actualidade, para iso:- Selecciona noticias relacionadas coas mulleres da túa rexión, de España e doutros lugares do mundo.- Elabora un guión para o programa coas noticias seleccionadas.- Deseña un pequeno decorado.- Gravade o noticiario e si podedes subídeo á páxina web do centro educativo.

BACHARELATO: Mulleres e profesionais do xornalismoObxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar o traballo das mulleres xornalistas.Metodoloxía: dividir ao alumnado en grupos de traballo para que debatan as cuestións propostas e logo

poñan en común as conclusións todos os grupos.• Le o seguinte artigo sobre o premio concedido a Rosa María Mateo pola Asociación de Empresarias e

Profesionais:http://elpais.com/diario/2005/06/03/cvalenciana/1117826304_850215.html Por que crees que lle concedeu este premio?• Visualiza o seguinte vídeo: http://www.rtve.es/alacarta/videos/fue-noticia-en-el-archivo-de-rtve/pueblo-democra-

cia-24-1981/395104/ A que acontecementos se refíre Rosa Ma Mateo na súa lectura? Por que crees que foi a persoa elixida para a lectura deste manifesto?

• Le a seguinte frase de Concha García Campoy:“PPero todos os días as mulleres temos que demostrar que temos a mesma capacidade que os homes. Hai

un feminismo militante moi útil e que nos favorece a todas, ata ás que non militamos explícitamente.” Crees que Concha, Rosa Ma e Mara Torres han ter as mesmas oportunidades ca os seus compañeiros varóns?

INFANTIL: Martín y la pirata Candela de Nuria Varela

Unha noite, a pirata Candela, a máis aventureira de todas as piratas do reino dos soños, foi visitar a Martín. Desde entón, Martín sabe que os soños poden cumprirse por moi difíciles que parezan, se se teñen bos amigos.

Obxectivos:• Visibilizar a igualdade entre nenos e nenas.• Fomentar o uso da linguaxe non sexista.• Fomentar as ideas e sentimentos de xustiza e igualdade

interxéneros.Materiais e recursos:Libro Martín y la pirata Candela, material de debuxo.Actividades:Lectura do libro.Realizarase un debuxo dunha pirata, inspirado na lectura.

Valorarase o que máis guste ou o máis votado para que sexa a mascota da clase.

PRIMARIAObxectivos:

• Coñecer as figuras de Maruja Torres, Nuria Varela e Nazanín Armaniam.

• Concienciar ao noso alumnado da desigualdade existente aínda na nosa sociedade entre mulleres e homes.

• Incentivar o uso dunha linguaxe non sexista.• Coñecer figuras que contribuíron a modificar a imaxe das

mulleres.Materiais e recursos

• Biografía de Maruja Torres: http://www.marujatorres.com/bio/• Biografía de Nuria Varela: http://www.lecturalia.com/autor/18561/

nuria-varela• Biografía de Nazanim Ar-

maniam: http://www.naza-nin.es/?page_id=112

Metodoloxía:A mestra/e fará en pri-

meiro lugar unha introdución sobre a biografía destas mu-lleres. O alumnado, a seguir, fará unha procura en internet e ampliará os seus coñece-mentos. Indicamos arriba as páxinas a visitar.

Para a procura dividimos a clase en grupos de 3 alum-nos/as. Estes grupos elixirán unha xornalista das estuda-das e realizarán as activi-dades; valóranas e xogando aprendemos.

Actividade: Sopa de le-tras

ACTIVIDADES PARA SECUNDARIA E BACHARELATOActividade: EntrevistasA clase divídese en grupos e a cada un asígnaselle unha das xornalistas

Gemma Nierga, Pepa Bueno o Àngels Barceló.A través dos textos que se poden ler nas páxinas web recomendadas, cada

grupo tratará de contestar como o farían esas xornalistas á seguinte entrevista, na que se poden engadir en todo caso outras preguntas:

Onde e cando empezaches a facer radio? Por que empezaches a facer radio? De onde vén a túa querenza polo xornalismo? En que canles traballaches? Que premios obtiveches? Que programas dirixiches? Atopaches ao principio da túa carreira algunha dificultade engadida por seres muller? Que tal te consideras como “xefa”? Como se chama o programa de radio que actualmente dirixes? Cal é a súa franxa horaria e cal é o seu xénero radiofónico?

Unha vez cumprimentada a entrevista, elabórase un póster dixital con axuda do programa edu-gloster e sóbese ao blog de aula.

Actividade: Sección de radio coma se fose elaUnha vez cumprimentada a entrevista da actividade anterior gravarase, nun

falso directo, dramatizando: unha persoa fai de entrevistador/a e a outra de xornalista entrevistada. Para rematar sóbese ao blog para que poida ser escoi-tada por todos.

Actividade: Adiviña quen dixo istoLese atentamente, individualmente ou en grupos, o seguinte feixe de frases

e procúrase adiviñar quen foi a xornalista que as dixo: Gemma Nierga, Pepa Bueno o Àngels Barceló.

“Na radio non me atopei ningún problema: confiouse en min e si, son muller, son muller, non pasa nada”

“A reforma da lei do aborto é un sensentido, unha concesión á Igrexa, que non aos católicos, porque moitos deles están en contra”

“A inmediatez obríganos a ser máis responsábeis”Páxinas web recomendadashttp://es.wikipedia.org/wiki/Gemma_Niergahttp://cordopolis.es/2013/12/28/gemma-nierga-siempre-me-ha-venido-grande-el-disfraz-

de-estrella/http://es.wikipedia.org/wiki/Pepa_Buenohttp://es.wikipedia.org/wiki/%C3%80ngels_Barcel%C3%B3http://www.cadenaser.com/hora-25/

INFANTIL: Mamá quero ser xornalistaObxectivos:• Aproximar modelos de personaxes femininas na profesión xorna-

lística.Materiais e recursos: xornais, Internet, tesoiras, cartolina lila tamaño

A4, pinzas da roupa e unha corda.Metodoloxía: Preséntase a actividade preguntando en asemblea se saben que é a

profesión xornalística e se coñecen xornalistas homes ou mulleres.A procura de imaxes e a copia do nome farase de xeito individual,

pero a selección e realización da grilanda farase en gran grupo.Fase 1. Busca fotografías das tres mulleres xornalistas que aparecen

na portada e recórtaas. A continuación, copia ou debuxa as letras do seu nome e apelido nunha cartolina de cor lila.

Fase 2. Cando teñades todas as fotos recortadas, facede tres series consecutivas agrupando as imaxes recompiladas por toda a clase de cada unha das mulleres.

Fase 3. Agora imos facer unha gran grilanda: colgaremos todas as ima-xes das xornalistas con pinzas da roupa, separando as series polas cartolinas que teñen o seu nome.

Fase 4. Cando estea finalizada, colgámola na clase e invitamos ás ou-tras clases a que entren a ver o noso álbum de fotos de mulleres xornalistas.

PRIMARIA: Noticias á vista Obxectivos:• Incentivar o gusto pola lectura e a reflexión crítica do que se le.• Reflexionar sobre a arbitrariedade dos repartos de traballos tendo

en conta o xénero da persoa.Materiais e recursos: www.clubgeronimostilton.es/clubTeaBienvenida.phphttp://tragaletras.wordpress.com/2008/12/14/el-eco-del-roedor/

Metodoloxía: 1. De xeito colectivo presentaremos a actividade á clase de xeito se-

mellante a este: Coñecedes o nome dalgunha xornalista? Veña, imos facer memoria... Acordádesvos de Tea Stilton? Si, a irmá de Jeróni-mo Stilton e reporteira do xornal “El Eco del Roedor”. Para coñecela mellor imos ler, de xeito individual, algún dos seus moitos libros, e despois describiredes as funcións e traballos que hai nun xornal, e faredes un diagrama ou árbore onde se mostren as tarefas do xornal e as persoas que as realizan.

2. En gran grupo, a continuación, responderedes estas cuestións, expli-cando as vosas respostas:A. Que protagonistas son máis frecuentes no xornal, os masculinos ou os femininos?

Setembro. Radio

Novembro. Columnistas Decembro. Escritoras

Outubro. Televisión

B. Como describirías a Tea? Utiliza adxetivos.C. Quen realiza as tarefas de maior responsabilidade? D. Por que crees que é así no libro? Representa a realidade? Dá 3 razóns polas que consideres que é posíbel que haxa xornais cos roles invertidos entre os personaxes masculinos e femeninos.

SECUNDARIA: A miña experiencia como xornalistaObxectivos:

• Visibilizar a vida e a obra de mulleres creadoras de opinión.• Potenciar a aprendizaxe comprensiva e facela extensiva a distintas

áreas de coñecemento. Metodoloxía:• Formando 3 grupos mixtos farase unha sinxela investigación sobre

as vidas e obras das xornalistas que aparecen na imaxe deste mes. Cada grupo elixirá unha xornalista e distribuirá o traballo para confeccionar unha entrevista ficticia coa escritora en que aparezan reflectidas a súa obra literaria e a súa obra xornalística, así como todo aquilo que chamase a atención do grupo sobre ela (premios, anécdotas, etc). Pódese elixir o medio que se queira (prensa, radio, televisión...), pero na entrevista teñen que aparecer voz ou palabras escritas, imaxes e personaxes como o/a entrevistador/a e a xornalista entrevistada. Presentarase a entrevis-ta á clase e debaterase sobre ela.

Propoñerase á persoa responsábel das actividades extraescolares que introduza un panel na semana cultural sobre as xornalistas en cuestión.

BACHARELATO: Palabras de mulleres xornalistasObxectivos:

- Visibilizar a vida e a obra de mulleres creadoras de opinión.- Potenciar a capacidade de traballo cooperativo.- Potenciar a aprendizaxe comprensiva e facela extensiva a distintas

áreas de coñecemento.Metodoloxía:En 3 grupos realizarase unha procura a través de internet para locali-

zar todos os artigos que sexa posíbel das tres escritoras que aparecen na imaxe deste mes. Despois reuniranse todos os artigos de cada autora dos tres grupos e farase un dossier de cada unha delas. Poderase rendibilizar o seu uso para a análise de textos, análise sintáctica, exercicios sobre morfoloxía, etc…

Recomendacións para a procura:http://www.lavanguardia.com/magazine/index.htmlhttp://elpais.com/autor/almudena_grandes/a/http://elpais.com/autor/almudena_grandes/a/ http://elpais.com/autor/rosa_montero/a/

Buscaremos o nome e apelido das tres mulleres xornalistas que estudamos.

Elaboraremos en cartolina as siluetas dunha foto destas mu-lleres. No seu interior iranse escribindo os nomes dos xornais nos que publicaron os seus traballos.

SECUNDARIA: Conociendo a Maruja TorresXustificación. Escribir axuda a comprender, como ben di Ma-

ruja Torres; pois comecemos a coñecela deste xeito.Obxectivos:

• Coñecer Maruja Torres.• Lograr a visibilización da muller xornalista.

Materiais e recursos:• Biografía de Maruja Torres: http://www.marujatorres.com/bio/• Artigos de Maruja Torres: http://elpais.com/autor/maruja_torres/a/

Metodoloxía:Para iso dividimos a clase en grupos de 4 alumnos/as. Estes

grupos realizarán as actividades e avaliarannas.Actividade: elixir 10 artigos dos escritos por Maruja e ela-

borar cos títulos unha sopa de letras.

BACHARELATO: Coñecendo Nuria VarelaObxectivos:

• Coñecer a Nuria Varela• Respectar e valorar o traballo das mulleres xornalistas.• Lograr a visibilización da muller na sociedade.

Materiais e Recursos:• Biografía de Nuria Varela: http://www.lecturalia.com/autor/18561/

nuria-varela | http://nuriavarela.com/perfil/Metodoloxía: comezamos cunha clase maxistral, de 15 mi-

nutos, para a explicación da biografía de Nuria. Ademais, utilizaran-se estratexias de procura, organización e selección da información, preparando ao alumnado para localizar, sis-tematizar e organizar a in-formación e o coñecemento ao seu alcance.

Para isto dividiremos a clase en grupos de 4 ou 5 integrantes e realizaremos as seguintes tarefas:

Elixir actividades profe-sionais, libros, artigos..., rea-lizados por Nuria e elaborar un pequeno informe sobre elas. Realizaranse tarxetas, tamaño cuartilla, para ilus-tralas con fotos referidas aos diversos contidos e en cada unha delas pegaremos a información.

Máis actividades en http://www.stes.es/mujer.html

Page 17: Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia