asociaciÓn de empresas de inserciÓn de galicia (aeiga) › wp-content › uploads › 2019 › 02...

30
ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA MEMORIA 2018 R/ CONCHEIROS 33, 1º 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.aeiga.org

Upload: others

Post on 28-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA

MEMORIA 2018

R/ CONCHEIROS 33, 1º 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA

www.aeiga.org

[email protected] TLF/ FAX: 881 95 74 52-981 58 05 06

Page 2: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

1

Índice:

1. A nosa entidade …………...…..……………………………..2

2. O noso traballo no ano 2018…………...…………………….4

Proxecto Galego de Empresas de Inserción Laboral…...5

Proxecto en materia de Emprego “OPTIMO”………….8

Programa IN-FORMATE……………………….….……9

V Proxecto Muller en igualdade………………...……...11

Actividades REDE EUSUMO…………………….…….13

Xornadas e Exposicións…………………………………20

Outras actividades………………...……………..………24

3. Financiamento……………………...……………………… 27

4. Agradecementos……………………………...……………. 28

Page 3: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

2

1. A NOSA ENTIDADE:

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) constituíuse en 2007,

e dende esa data, está a traballar activamente na defensa dos intereses das Empresas de

Inserción e dos seus traballadores así como na promoción das Empresas de Inserción

laboral e a inserción laboral dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de

Galicia.

Os seus fins estatutarios, entre eles:

Promover, apoiar e fomentar o desenvolvemento das Empresas de Inserción,

potenciar as agrupacións territoriais de calquera ámbito e coordinarse coas xa

existentes e as que puidesen xurdir sexa no ámbito da Comunidade Galega, do

Estado Español ou da Unión Europea.

Facilitar contribuír e promover a inserción social e laboral a través das Empresas

de Inserción e tamén a través da economía social e/ou solidaria, de aqueles

colectivos social e laboralmente excluídos do mercado laboral ordinario.

A defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de exclusión social e

calquera outros de similar natureza.

Fomentar e dar soporte aos esforzos das administracións públicas e entidades e

iniciativa social para difundir a figura das empresas de inserción como

ferramenta de loita contra a exclusión social e de promoción da inserción socio-

laboral.

Por outra banda, cabe salientar, que a figura das Empresas de Inserción vai

medrando ano a ano. Durante o 2017 traballouse de forma conxunta na creación dunha

nova empresa de Inserción, Conservas Anaco EIL, e no ano 2018 incorporouse como

entidade socia.

Para rematar, destacamos o traballo realizado para dar forma ao FORO POLA

ECONOMIA SOCIAL GALEGA, presentado en marzo de 2018 e desenvolvendo gran

número de actividades ao longo deste ano (actividades subvencionadas no marco da

Rede Eusumo).

Page 4: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

3

COMPOSTELA INSERTA, EIL

PROPERDIS, EIL

Entidades socias 2018

EIL CORMO INTEGRAL

ARROUPA, EIL

CONSERVAS ANACO, EIL

FEITO PONTEVEDRA, EIL

Page 5: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

4

2. O NOSO TRABALLO NO ANO 2018:

A Asociación de Empresas de inserción de Galicia (AEIGA) neste ano 2018, continuou

con algúns proxectos que xa levaba a cabo en anos anteriores, continuando así, a súa

labor, e complementando as actividades a realizar.

A súa actividade pode quedar enmarcada dentro de varios bloques principais:

Liñas de traballo de AEIGA

Proxecto Galego de Empresas de Inserción

Proxecto en materia de Emprego “OPTIMO”

Programa IN-FORMATE

V Proxecto Muller en igualdade

Actividades REDE EUSUMO

Xornadas e Exposicións

Outras actividades

Este ano, no mes de novembro vimos ampliado noso espazo coa incorporación do novo

espazo de traballo no Centro de Empendemento da Cidade da Cultura en Santiago de

Compostela.

AEIGA no centro de traballo no CEM – CIDADE DA CULTURA

Page 6: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

5

O proxecto Galego de Empresas de Inserción, é un proxecto que nace para

difundir as Empresas de Inserción Laboral, e onde englobamos, entre outras, as nosas

actividades de asesoramento diario.

No marco do proxecto Galego de Empresas de inserción podemos distinguir

actividades de difusión das EIL:

XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL:

FORMACIÓN PROFESIONAL:

AEIGA impartiu catro Xornadas Informativas de Inserción Laboral en diferentes

centros de Formación Profesional entre os meses de xaneiro a xuño do 2018,

actividade subvencionada pola Consellería de Política Social (Dirección Xeral

de Inclusión Social). No seguinte período subvencionable 2018-2020

realizáronse dous Xornadas informativas os días 7 e 28 de novembro.

Difusión e publicidade

PROXECTO GALEGO DE E.I.L.

Page 7: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

6

Diferentes xornadas informativas sobre EIL nos diferentes centros de FP.

UNIVERSIDADE:

Realizáronse dúas Xornadas Informativas sobre Empresas de Inserción La-

boral na Universidade de Santiago de Compostela, os días 21 de febreiro de

2018 e 11 de abril de 2018, actividade subvencionada pola Consellería de

Política Social (Dirección Xeral de Inclusión Social). No seguinte período

subvencionable 2018-2020 realizáronse dous Xornadas informativas os na

Centro Formación Profesional Persoas informadas Horas

IES AS FONTIÑAS 27 2 horas

IES MACIAS O NAMORADO 25 2 horas

CIFP COMPOSTELA 25 2 horas

IES Nº 1 DE ORDES 56 2 horas

CIFP COMPOSTELA (novembro) 65 4 horas

TOTAL 198 TOTAL 12 horas

Page 8: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

7

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Universidade de

Santiago de Compostela), o día mércores 21 de novembro en horario de

18:00 a 20:hs e xoves 22 de novembro en horario de 11:00 a 13:00 hs. Nas

clases do Profesor Eduardo Curto Rodríguez.

Diferentes xornadas informativas sobre EIL na USC

Facultades da USC Persoas informadas Horas

ESCOLA UNIVERSITARIA

DE TRABALLO SOCIAL

20 2 horas

FACULTADE DE

RELACIÓNS LABORAIS

80 2 horas

FACULTADE DE CIENCIAS

ECONOMICAS

51 4 horas

TOTAL 151 TOTAL 8 horas

Programa:

Bloque I: A Empresa de Inserción Laboral.

Bloque II: O Traballador en Inserción.

Bloque III: Promoción das Empresas de Inserción.

Bloque IV: Presentación das Empresas de Inserción da zona de referencia

Compostela Inserta EIL e restantes empresas de inserción que forman parte de

AEIGA.

Page 9: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

8

Durante o ano 2018, como reforzo á fase final do itinerario de inserción dos

traballadores das empresas de inserción laboral desenvolveuse o proxecto “ÓPTIMO”.

OBXECTIVO DO PROXECTO.

O obxectivo do proxecto en materia de emprego “ÓPTIMO” consistiu en actuar

como un reforzo final ao proceso de inserción, dentro dun proceso integral de interven-

ción social. A través deste proxecto planificáronse sucesivas e distintas accións necesa-

rias co fin de garantir posibilidades de inserción no mercado laboral ordinario ao persoal

beneficiario.

METODOLOXÍA.

O ámbito temporal de desenvolvemento do proxecto abarcou dende o 1 de xaneiro

ata o 31 de decembro do 2018. O proxecto desenvolveuse como un plan con fases dife-

renciadas, nas que se foron realizando accións de cara ao tránsito dos traballadores das

EIL ao mercado laboral normalizado.

ACTUACIÓNS

INFORMACIÓN E

SELECCIÓN DO PERSOAL

BENEFICIADO

ORIENTACIÓN, FORMACIÓN

E ASESORAMENTO SOBRE

TÉCNICAS E FERRAMENTAS DE

BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

E RELACIÓN LABORAL

PRÁCTICAS PROFESIONAIS

MEDIACIÓN

EMPRESARIAL,

INFORMACIÓN E

SENSIBILIZACIÓN DO

SECTOR EMPRESARIAL

O lugar destinado para o desenvolvemento do Proxecto en materia de emprego

“OPTIMO” foi a sede de Aeiga coa colaboración de dúas entidades socias:

Compostela Inserta EIL (Santiago de Compostela)

Cormo Integral (Vigo)

PROXECTO EN MATERIA DE EMPREGO “ÓPTIMO”

Page 10: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

9

Presentación Proxecto sede Cormo

A Asociación de Empresas de inserción de Galicia (AEIGA) continuando co traballo

realizado en anos anteriores, no seu traballo con persoas en situación ou risco de exclusión

social dentro da súa programación PROGRAMA IN-FORMATE, continúa coas actuacións

subvencionadas.

A actividade Inmersión lingüística e coidados do menor levouse a cabo no mes de abril,

do 2 ata o 9, en horario de mañá. A actividade formativa abrangueu 6 días, con 5 horas de

formación o primeiro día de formación, e 4 horas os cinco seguintes. Actividade subvencionada

pola Conselleria de Política Social (Promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e

inclusión social 2017-2018).

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E COIDADOS DO MENOR 2017-2018.

Persoas participantes

5

FORMACIÓN PROGRAMA IN-FORMATE

Page 11: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

10

Persoas participantes Horas

13 25 horas

Programa:

Etapas evolutivas

Coidados durante o embarazo

Coidados do recen nacido

Alimentación do menor

Hixiene dental

Enfermidades máis frecuentes e calendario de vacinas

Actuación ante accidentes (queimaduras, atragoamento, …)

Visita ao centro de saúde

Establecemento de rutinas e normas

Asertividade e resolución de conflitos cos fillos

No colexio dos fillas e fillos

Xogos e xoguetes adecuados

Fomento de habilidades sociais

Page 12: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

11

Inmersión lingüística e coidado do menor (Lalín).

A Asociación de Empresas de inserción de Galicia continuando no seu traballo de

inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, e coa

intención da mellora da formación das mesmas, continúa o seu traballo de formación

deste colectivo, dende o punto de vista de posibles persoas traballadoras das Empresas

de Inserción. Dentro desta liña ten lugar o proxecto Muller en igualdade, do 24 a 28 de

setembro, cun total de 25 horas, financiado pola Concellería de Igualdade,

Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela.

Persoas participantes Horas

10 25 horas

V PROXECTO MULLER EN IGUALDADE

Page 13: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

12

Momentos da formación e difusión

Contido:

1.Alfabetización dixital.

Que é un ordenador e como funciona.

Navegar por internet.

O e-mail.

A busca de información en internet.

Técnicas de busca de emprego.

Portais de emprego e bolsas de traballo.

2.Igualdade de Oportunidades no ámbito do emprego.

Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes.

Análise do mercado laboral español dende a perspectiva de

xénero.

O traballo por conta propia das mulleres en España.

Mercado laboral e situacións de vulnerabilidade social.

Políticas e estratexias para o cambio estrutural.

Page 14: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

13

Ao longo do ano 2018, e dentro da REDE EUSUMO, AEIGA desenvolveu e participou

activamente nas seguintes actividades (algunhas de forma individual e outras en

colaboración con AESGAL, CEGASAL, AGACA e ESPAZO COOP):

Formación “O empredemento e as Empresas de Inserción Laboral”.

Presentación FORO POLA ECONOMIA SOCIAL DE GALEGA

Xornadas “Nova lei de contratos do sector público”.

Manual divulgación economía social de Galicia.

Planeamento foro pola economía social galega.

Economía social meetings.

O EMPRENDEMENTO E AS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL:

A Rede EUSUMO é unha rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar

para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do

espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á

creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de

actuación

Durante o 2014 a entidade incorporouse na rede EUSUMO, e no 2018 foi

concedida una subvención para levar a cabo o curso “O emprendemento e as Empresas de

Inserción Laboral”. A realización do curso formativo, cunha duración total de 25 horas,

deu comezo o luns 4 de xuño, rematando o luns 11 de xuño de 2018, cun horario de 09:30

a 13:30h os días 4, 5, 6, 7 e 8 e de 09:00 a 14:00h o día 11 de xuño.

O lugar designado para desenvolver a actividade foi o Centro Sociocultural O

Ensanche (R/ Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo).

Nº homes Nº de mulleres Total participantes

4 7 11

ACTIVIDADES REDE EUSUMO:

Page 15: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

14

Formación “Emprendemento e

as Empresas de Inserción

Laboral”

PROGRAMA:

Parte I

I. ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL

-A idea de empresa, o emprendemento, o plan de empresa

-Formas xurídicas de empresa e trámites.

-O Réxime Especial de Traballadores Autónomos

-Aspectos básicos da fiscalidade na empresa.

-Documentación básica na empresa.

-Estrutura organizativa e xestión de RRHH.

II. MARKETING E COMERCIALIZACIÓN

-Mercado: clientes, competencia e provedores.

-Ferramentas básicas da mercadotecnia.

-Habilidades para o trato ao cliente.

III. ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRO.

-Financiamento (tipos).

-Plan económico e viabilidade económico financeira .

-Subvencións e axudas (características, trámites e tipos).

Parte II

Bloque I A EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL

-Concepto de empresa de inserción laboral.

-Entidades promotoras de empresas de inserción laboral..

-Procedemento de constitución e cualificación.

-Oportunidades de negocio no ámbito das empresas de inserción

laboral.

-Elaboración do proxecto de empresa de inserción.

-Principais atrancos para a posta en marcha dunha empresa de

inserción laboral.

Bloque II O TRABALLADOR EN INSERCIÓN

-Características da persoa traballadora susceptible de ser

contratada en inserción.

-Factores de exclusión social.

-Características da contratación. O contrato en inserción.

Page 16: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

15

PRESENTACIÓN FORO POLA ECONOMIA SOCIAL DE GALEGA

O Foro pola Economía Social Galega, presentouse o 13 de marzo de 2018 en Santiago de

Compostela, coa participación do Conselleiro de Economía, Emrpego e Industria Francisco

Conde. A Asociación de empresas de inserción de Galicia (AEIGA), a Asociación empresarial

de sociedades laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación galega de cooperativas

agroalimentarias (AGACA), a Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego

sen ánimo de lucro (CEGASAL) e a Unión de cooperativas de Galicia ESPAZOCOOP son as

cinco entidades que sumaron forzas para constituír esta nova plataforma que reúne baixo un

mesmo paraugas as empresas que optan por un modelo económico sustentable no que as persoas

están no centro da toma das decisións e cuxo motor principal é xerar e distribuír riqueza para a

sociedade.

O Foro Pola Economía Social Galega non só representará os intereses da economía social

perante os diferentes axentes políticos, económicos e sociais; senón que traballará a prol do

desenvolvemento das entidades que conforman a economía social da nosa comunicade mediante

a intercooperación e o acceso a procesos de contratación pública porque malia a importancia e

arraigo que ten no noso territorio, a economía social segue a ser bastante descoñecida para a

sociedade en xeral e, en particular, para os axentes sociais, políticos, económicos e da

comunicación.

Presentación do FORO POLA ECONOMIA SOCIAL GALEGA

Page 17: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

16

XORNADA SOBRE A NOVA LEI DE CONTRATOS DO SECTOR

A Xornada sobre a nova Lei de Contratos do Sector Público celebrouse o 4 de xuño de

2018, presentada como una actividade conxunta organizada a través do Foro pola Economía

Social Galega xunto con outras entidades da economía social. Co obxecto de analizar o novo

esceario normativo de cláusulas sociais e contratación trala aprobación da Lei 9/2017 de 8 de

novembro, de Contratos do Sector Público; facilitar ás entidades da economía social o seu

acceso á adxudicación de contratos públicos e ofrecer ao persoal técnico implicado na

contratación pública as ferramentas e mellores prácticas para elaborar os pregos de contratación

con cláusulas sociais e reservas de contratos.

Programa:

9:00 – 9:30. Recepción dos participantes

9:30 – 10:00. Inauguración.

- Celso Gándara. Presidente de EspazoCoop e do Foro pola Economía Social Galega

- José Antonio Vázquez Freire. Presidente de CEGASAL

- Miguel Fernández Blanco. Presidente da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA)

- Concepción Fernández Fernández. Concelleira responsable de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos do

Concello de Santiago de Compostela

-

10:00 – 10:45. Relatorio sobre novedades en materia de contratación pública responsable na nova Lei de Contratos do Sector

Público e as oportunidades que se lle poden presentar ás empresas de Economía Social.

- Relatora: Andrea Garrido Juncal, profesora contratada doutora de Dereito Administrativo da USC

Salón de graos. Presenta Miguel Fernández Blanco

10:45 – 11:45. Relatorio sobre cómo a Administración Pública está a aplicar e impulsar as cláusulas sociais na contratación pública.

Relatores:

- Patricia Iglesias Rey, Letrada da Xunta de Galicia - Xefa de Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario - Asesoría Xurídi-

ca Xeral

- Manuel Cutrín Domínguez, Director da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo.

Salón de graos. Presenta José Antonio Vázquez Freire

11:45 – 12:15. Pausa

12:15 – 13:45. Obradoiros prácticos

- Aula 1: Dirixido a empresas de economía social, Acceso, análise, requisitos, preparación e presentación da documenta-

ción. Juan Carlos Romar Villar, Fusco Consulting, asesor en contratación pública.

- Aula 2: Dirixido a persoal técnico das Administracións Públicas: Problemas e solución na redacción de contratos con

cláusulas sociais. Casos prácticos. Manuel Cutrin Dominguez.

13:45. Peche da xornada

- Celso Gándara. Presidente de EspazoCoop e do Foro pola Economía Social Galega

- Maria Emilia Vázquez Rozas. Decana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais

- Covadonga Toca Carús. Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.

Page 18: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

17

Diferentes relatorios da xornada

Persoas

participantes 65

Ponentes 4

HORAS 5

Page 19: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

18

MANUAL DIVULGACIÓN ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA. e

Esta actividade realizarase en dúas anualidades 2018-2019. Para o

desenvolmenento da primeira parte (ata setembro de 2018) as tarefas consistiron en

mesas de traballo coas secretarías técnicas das diferentes entidades para dar forma ao

Manual. Finalmente acordouse a edición dun manual en formato papel de

aproximadamente 70 páxinas que poda ser empregado como material de difusión,

complementario dos materiais audiovisuais.

Ao longo do 2018 traballouse nas seguintes actividades:

Borrador da introdución

Esquema planillo de edición do Manual

Distribución dos contidos e paxinación

Esquema de contidos

Esquema de contido Preguntas/entrevistas

PLANEAMENTO FORO POLA ECONOMÍA SOCIAL GALEGA.

E Foro pola Economía social Galega aspira a ser a entidade de referencia no ámbito

da Economía Social en Galicia. A posta en marcha e consolidación do Plan Estratéxico

pasa por establecer obxectivos e estratexias claras, definidas e cuantificables que

permitan desenvolver accións concretas para o bo fin do mesmo. O traballo

desenvolvido en 2018 centrouse en diversas reunións de traballo e da síntese da

principal documentación estratéxica das propias entidades participantes, así como das

entidades representativas estatais e dos documentos que forman parte da Estratexia

Española e Galega para o fomento da Economía Social .

ECONOMÍA SOCIAL MEETINGS

A longo do 2018 realizáronse diferentes encontro Meetings coa colaboración e

participación das entidades de economía social e seus asociados. O programa de

Meeting deseñouse como sesións de curta duración, para permitir o desenvolvemento da

actividade propia o resto da xornada (duración: 2 horas). Co obxecto de intercambiar

coñecementos e experiencias, dinamizar procesos de intercooperación ea consolidación

e desenvolvemento de boas prácticas das entidades.

Page 20: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

19

20/04/18 Sede de AGACA: Presentación dos equipos técnicos. Intercambio de

necesidades, experiencias e proxectos.

01/06/18 Hotel Porta do Camiño: Presentación das Asembleas conxuntas e in-

tercambio de experiencias

20/09/18 Pontevedra: Presentación das entidades con motivo do PONT UP.

Diferentes Meetings realizados no 2018

Page 21: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

20

PARTICIPACIÓN NA COMISIÓN DE SEGUIMENTO SOBRE A

RESERVA DE CONTRATOS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

E A EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL:

AEIGA participa na comisión de traballo dende maio de 2011 como representante

das Empresas de Inserción Social. Dita comisión, segundo o artigo 35 punto 7 da Lei

15/2010 do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia, debe estar

constituída por un representante da Xunta de Galicia, un representante da patronal

maioritaria dos Centros Especiais de Emprego de Galicia e outro das Empresas de

Inserción Social. Os Obxectivos son vixiar o cumprimento da cláusula de Reserva de

contratos nas diferentes Consellerías e organismos da Xunta de Galicia. Esta

recomendación constitúe un paso moi importante dado pola Administración

Autonómica. Dentro de este apartado destacamos o traballo de Aeiga de presentación

da entidade en diversas Consellerías da Xunta de Galicia para o recordatorio da obriga

do cumprimento da reserva de contratos que establece a lei.

O 6 de xuño de 2017, retomouse a actividade da comisión cunha xuntanza na Sala

de xuntas da Consellaría de Economía Emprego e Industria.

TALENTIA 2018: ENCONTRO DO TALENTO E O EMPREGO

Os días 13 e 14 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela,

tivo lugar o maior encontro do Talento e Emprego.

Talentia 2018 foi un espazo aberto para o encontro, a reflexión e o diálogo no

ámbito laboral. As Empresas de Inserción de Galicia estiveron presentes cun posto

informativo, tamén foi posible recoller mais de 200 currículos con perfís diversos para

facilitar as empresas asociadas.

OUTRAS ACTIVIDADES:

Page 22: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

21

Stand informativo sobre Empresas de Inserción Laboral

IV XORNADA DE EMPREGO DE RIBADUMIA

O venres 23 de novembro de 2018, no Anfiteatro do Auditorio Municipal de

Ribadumia, AEIGA participou cunha exposición na IV Xornada de Emprego de

Ribadumia.

Unhas xornadas que tratan de achegar tanto as ofertas de emprego ós veciños e

veciñas do municipio e da contorna, como formación e pautas para mellorar a busca de

emprego e que os resultados sexan óptimos.

Presentación das Xornadas

Page 23: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

22

PACTO POLO EMPREGO DA CIDADE DA CORUÑA

O Pacto Local polo Emprego ten como obxectivo promover a cooperación dos axentes

locais -administración local, axentes sociais e económicos e outras entidades- no deseño

e coordinación de accións en favor do emprego. Preténdese así mobilizar todos os

recursos dispoñibles na cidade, para conseguir unha maior coordinación das medidas a

favor do emprego.

No ano 2017 AEIGA incorporase ao Pacto Polo Emprego da Cidade da Coruña.

Durante o ano 2018 participouse activamente nas xuntanzas e mesas de traballo para

desenvolver e por en marcha as accións do Plan Municipal de emprego,

Emprendemento e Economía Social.

Xuntanza do 12 de xaneiro no Centro Municipal Dos Rosales (A Coruña).

I ENCONTRO UNIVERSIDADE ECONOMÍA SOCIAL

O Foro UES (Eniversidade/Economía Social) pretende sentar as bases dunha colaboración

estable entre a academia e a Economía social de Galicia. Ditas xornadas constitúense como un

primeiro paso de cara á configuración dun proceso particpativo de posta en común de

experiencias, inquedanzas e perspectivas por parte dos membros da comunidade universitaria

e das entidades que forman parte da Economía social en Galicia, unidas polo interese común

do puloo a este sector.

Participación de AEIGA na mesa de debate sobre Necesidades das Entidades de Economía

Social, moderada por Alba Paz Boubeta, Subdirectora Xeral de Economía Social.

Page 24: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

23

I Encontro Universidade Economía Social

CULTURGAL 2018- PONTEVEDRA

AEIGA estivo presente este ano 2018 no Culturgal os días 30 de novembro, 1 e 2 de

decembro nun expositor común da Economía social Galega, no Pazo da Cultura de

Pontevedra.

Para facilitar a presenza da economía social neste evento, a Secretaría Xeral de

Emprego, a través da Subdirección de Economía Social, puxo a disposición unha caseta

conxunta.

Caseta conxunta da Economía Social Galega

Page 25: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

24

ASESORAMENTO

O asesoramento efectúase e realízase a través de diversos medios: consultarías

presenciais, vía telefónica, no noso enderezo electrónico (on line) ou incluso a través da

nosa páxina web, que tratamos de solventar coa maior brevidade posible.

Neste punto, temos que destacar que o asesoramento dos nosos técnicos non vai

dirixido única e exclusivamente ás empresas xa constituídas senón, que posuímos

persoal especializado para o asesoramento daquelas entidades susceptibles de ser

promotoras das Empresas de Inserción, así como de todo empresario que se achegue a

nós con interese en dita materia.

A súa finalidade, é dar o mellor asesoramento ás dúbidas ou consultas que se

poidan ter das Empresas de Inserción, xa que no Estudo de Necesidades Formativas

realizado por AEIGA no ano 2011 detectouse unha carencia de coñecemento ou

carencia de formación, incluso por parte do persoal técnico do 24% en materia de

intervención con persoas en risco ou exclusión social (constitución, procedemento para

a contratación de persoas en situación de risco ou exclusión social, proporcionándolles

itinerarios de inserción laboral,…,etc).

Abarcamos tamén asesoramento a novos emprendedores interesados no

establecemento dunha Empresa de Inserción proporcionándolles, en todo momento

atención personalizada na nosa oficina de traballo ou por medios informáticos,

orientación no plan de Empresa, axudas que se poden solicitar para a súa constitución,

requisitos para poder ser unha Empresa de Inserción, etc.

Tamén son beneficiarios deste servizo técnico aquelas persoas que foron

declaradas en situación ou risco de exclusión social ou que cumpran os requisitos para

selo e que se acheguen a nós para solicitar, por un lado, información do que é unha

empresa de inserción, do seu funcionamento, e por outro lado, incluso ás veces traballo

nas Empresas de Inserción Galegas, acudindo a nós coma ponte para entrar a traballar

nas Empresas de Inserción.

AEIGA conta dende varios anos cun Axente de Emprego e cun Axente de

colocación, a súa labor é, entre outras o asesoramento en materia de emprendemento de

Empresas de inserción. Todas aquelas persoas que teñan interese en recibir información-

formación, consultas específicas sobre empresas de inserción, e principalmente sobre a

súa constitución… acudan á nosa entidade ou poden realizar todo tipo de consultas a

través dos diversos medios de contacto (vía electrónica, teléfono,..etc).

OUTRAS ACTIVIDADES:

Page 26: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

25

Asesorase dende as diversas formas xurídicas a adoptar, cuestións de marketing,

de contratación de persoal, cuestións económicas e financieiras… analizando a idea de

proxecto que se nos achega e garantindo a través do seu análise a viabilidade para a súa

posta en marcha.

Cabe ademais salientar, que o traballo coas Empresas de Inserción non remata

aquí, senón que dende AEIGA realizase un seguimento durante o primeiro ano de

constitución axudando en todo o que se poda durante este primeiro ano, a aquelas

entidades promotoras que finalmente decidisen a posta en marcha da Empresa de

inserción.

SEGUIMENTO:

O seguimento ás Empresas de inserción socias de AEIGA levase a cabo a

través de visitas a cada unha das empresas de inserción laboral para levar un maior

control e coordinación de cada unha delas.

A persoa que traballa en inserción na Eil ou posible traballadora ten que

dispoñer da maior formación posible para competir por un posto de traballo no mercado

laboral que poida considerarse en condicións de igualdade co resto das persoas

desempregadas e, por iso, consideramos de gran relevancia o seguimento, asesoramento

e información, entre outros, aos técnicos das EIL para unha maior eficacia no seu

traballo e mellor consecución do seu fin (inserción da persoa traballadora en inserción

na EIL no mercado ordinario de traballo, rompendo a consideración que teñen estas

persoas de “núcleo duro” do paro).

Para un maior seguimento e control das EIL de Galicia, por este motivo,

consideramos necesaria esta labor, xa que contamos co persoal mais experto nesta

materia.

INFORMACIÓN:

AEIGA proporciona información sobre as Empresas de Inserción empregando

todos os medios de difusión, información e comunicación posibles.

Dispón de unha páxina web coa que tamén se axuda. (www.aeiga.org). A páxina

atopase totalmente actualizada e a súa actualización é diaria. Ademais AEIGA emprega

mais medios de información e difusión, tanto a nivel de reparto de publicidade,

utilización de diversas páxinas web, xornadas formativas para dar a coñecer as empresas

de inserción e colaboracións varias para o cumprimento dos seus fins.

Page 27: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

26

ACTIVIDADE COMERCIAL:

Nun mercado tan competitivo como o actual, onde a calidade e o prezo dos

produtos/servizos adoitan estar bastante igualados, xurde a esixencia de nos diferenciar

do resto das empresas convencionais resaltando o carácter social das empresas de

inserción laboral que nos integran.

É mester para AEIGA, incorporar dentro da asociación un axente comercial xa

que é precisamente neste punto onde ten cabida a figura do axente comercial, entendido

este como o profesional cuxa labor vai encamiñado á sensibilización, promoción e

difusión dos nosos obxectivos a través das seguintes accións:

ESTABLECEMENTO DE CONTACTOS con entidades públicas e privadas

que permitan establecer relacións profesionais nun curto prazo.

INFORMACIÓN, PROMOCIÓN E PRESENTACIÓN ás entidades

contactadas, do concepto de empresa de inserción e a súas connotacións

sociais, das empresas de inserción laboral existentes na actualidade dentro da

Comunidade Autónoma de Galicia, do sector empresarial ao que se dedican e

das actividades profesionais que estas desenvolven dentro do mercado.

REALIZACIÓN DUNHA PRIMEIRA NEGOCIACIÓN coas entidades

orientada á formalización de contratos, analizando necesidades existentes e

expondo solucións axeitadas de maneira previa.

INFORMACION SOBRE CONTRATOSRESERVADOS E CLÁUSULAS

SOCIAIS, moitas veces encontramos descoñecemento desta forma de

contratación.

Page 28: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

27

3. FINANCIACIÓN:

OBXETO

IMPORTE

COTAS

SOCIOS

FINANCIAMENTO PROPIO

Actividades e mantemento

1.200 €

AXUDAS E

SUBVENCIÓNS

CONSELLERÍA DE

ECONOMÍA,

EMPREGO E

INDUSTRIA

Subvencións para o fomento do

emprego a través dos programas de

cooperación no ámbito de

colaboración coas entidades sen ánimo

de lucro para contratar axentes de

emprego e unidades de apoio

(2017/2018).

Persoal técnico (Axente de

Emprego)

26.998,49 €

Subvencións para o fomento do

emprego a través dos programas de

cooperación no ámbito de

colaboración coas entidades sen ánimo

de lucro (2017/2018).

Persoal técnico (Desempregado)

17.415 €

Subvencións para sufragar os gastos

de funcionamento das entidades

asociativas de cooperativas, sociedades

laborais, centros especiais de emprego

e empresas de inserción.

Gastos de funcionamento 24.288,16 €

Subvencións ás entidades

colaboradoras da Rede Eusumo para

realizar actividades de promoción e

impulso do cooperativismo e da

economía social, e se convocan para os

anos (2018/ 2019).

O Emprendemento e as EIL Actividades conxuntas FORO POLA ECONOMIA SOCIAL GALEGA

3.000 €

3449,39 €

CONSELLERÍA DE

POLITICA SOCIAL

Subvencións a entidades de iniciativa

social para a promoción de actuacións

de servizos sociais comunitarios e

inclusión social (2017-2018).

Xornadas informativas sobre EIL (Universidades e FP).

Inmersión Lingüística e coidados do menor

1.250 €

609,25 €

Subvencións a entidades de iniciativa

social para a promoción de actuacións

de servizos sociais comunitarios e

inclusión social (2018-2020).

Xornadas informativas sobre EIL

(Universidades e FP).

500 €

CONCELLO DE

SANTIAGO DE

COMPOSTELA

Programa Muller en Igualdade 1.500 €

DOAZÓN FUNDACIÓN JOSE OTERO – CARMELA MARTINEZ Axuda 2018 1.250 €

Page 29: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

28

4. AGRADECEMENTOS E COLABORACIÓNS:

Page 30: ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE INSERCIÓN DE GALICIA (AEIGA) › wp-content › uploads › 2019 › 02 › Memoria-2018.pdfO NOSO TRABALLO NO ANO 2018: A Asociación de Empresas de inserción

29