aeiga · remunerado pero tamén son estruturas económicas que producen bens e servizos...
TRANSCRIPT
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
0
Guía para a creación de
Empresas de
Inserción Laboral
Asociación de
Empresas de
Inserción de
Galicia AEIGA
AEIGA
Actualizada 2013
1
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
2
Guía para a creación de
Empresas de
Inserción Laboral
3
Autores:
Equipo técnico AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Edita:
AEIGA Asociación de Empresas de Inserción de Galicia
Rúa Concheiros, 33, 1º
Tel/Fax: 881 957 452
Santiago de Compostela, 2013
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
4
ÍNDICE DE CONTIDOS
PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS DA GUÍA ................................................ 6
1. DESCRICIÓN DAS EMPRESAS DE INSERCION LABORAL ................ 9
1.1. Contexto das empresas de inserción laboral .................................... 9
1.2. A loita contra a exclusión social a través das empresas de inserción
laboral .................................................................................................... 10
1.3. Participación das empresas de inserción laboral nas políticas
públicas .................................................................................................. 11
1.4. Retorno económico das empresas de inserción laboral á
administración ........................................................................................ 12
2. CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN
LABORAL ..................................................................................................... 19
2.1. Lexislación aplicable ....................................................................... 19
2.2. Concepto de Empresa de Inserción Laboral ................................... 19
2.3. Entidades promotoras ..................................................................... 20
2.4. Forma xurídica das empresas de inserción laboral ......................... 20
2.5. Porcentaxe mínima de participación no capital social ..................... 21
2.6. Desenvolvemento de actuacións de inserción sociolaboral ............ 21
2.7. Número mínimo de persoas traballadoras en inserción .................. 22
2.8. Preserva da esencia do obxecto social e prohibición de reparto de
beneficios ............................................................................................... 22
2.9. Denominación da empresa de inserción laboral ............................. 23
3. PROCEDEMENTO DE CUALIFICACIÓN E REXISTRO COMO
EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL ........................................................ 25
3.1. Rexistro de empresas de inserción laboral ..................................... 25
3.2. Procedemento administrativo de cualificación e rexistro ................ 25
3.3. Seguimento da cualificación como empresa de inserción laboral ... 26
5
3.4. Perda da cualificación como empresa de inserción laboral ............ 27
4. AS PERSOAS TRABALLADORAS EN INSERCIÓN ............................ 29
4.1. Persoas susceptibles de entrar na empresa de inserción laboral ... 29
4.2. Contexto social da exclusión en Galicia .......................................... 30
4.3. Contexto laboral .............................................................................. 32
5. PROCEDEMENTO DE INCORPORACIÓN DE UNHA PERSOA Á
EMPRESA DE INSERCIÓN .......................................................................... 35
5.1. Cualificación da persoa como beneficiaria da inserción ................. 35
5.2. Convenio de Inserción .................................................................... 36
5.4. Contratación (segundo o decreto 156/2007) ................................... 37
5.5. Competencias das distintas administracións .................................. 38
6. A DECISIÓN DE POÑER EN MARCHA UNHA EMPRESA DE
INSERCIÓN LABORAL ................................................................................ 41
6.1. Oportunidades de negocio para as empresas de inserción ............ 42
6.2. Características dos sectores económicos onde se atopan as
empresas de inserción laboral ............................................................... 43
6.3. Exemplos de ideas de negocio para unha empresa de inserción ... 43
6.4. O plan de empresa ......................................................................... 44
7. AXUDAS PÚBLICAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN ....................... 47
7.1. Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral ............. 47
7.2. Bonificacións das cotas da seguridade social ................................. 52
8. CONTRATO DE TRABALLO PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE
EXCLUSIÓN SOCIAL EN EMPRESAS DE INSERCIÓN ............................. 55
9. PRINCIPAIS ATRANCOS PARA A CREACIÓN DUNHA EMPRESA DE
INSERCIÓN LABORAL ................................................................................ 59
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
6
PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS DA GUÍA
A presente guía busca proporcionar á aquelas entidades de iniciativa social que
traballen no ámbito da loita contra a exclusión socio-laboral de colectivos en
risco ou situación de exclusión social en Galicia, os coñecementos necesarios
sobre os aspectos de carácter técnico e procedemental relacionados coas
empresas de inserción laboral que lles permitan valorar a posibilidade de poñer
en marcha novas iniciativas de empresas de inserción laboral.
Tamén busca ser un manual no relacionado cos aspectos básicos das
empresas de inserción laboral, dirixido aos profesionais das diferentes
administración públicas e de entidades de iniciativa social que estean a
traballar nas áreas directamente relacionadas coa figura das empresas de
inserción laboral, tales como: inclusión social, servizos sociais, orientación
laboral, promoción do emprego e do emprendemento.
Dende a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia queremos dar
cumprimento a unha serie de obxectivos que nos son propios como entidade e
que trasladamos a esta guía.
Sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e sobre a
inserción sociolaboral en Galicia.
Proporcionar aos responsables e técnicos de entidades de iniciativa social
os coñecementos básicos respecto da creación e constitución de novas
empresas de inserción laboral para valorar a posibilidade de decidir iniciar
o camiño do emprendemento e avanzar na posta en marcha de iniciativas
empresariais de Empresas de Inserción Laboral.
Dar difusión á figura das empresas de inserción laboral entre os
profesionais das áreas de inclusión social, servizos sociais, orientación
laboral e promoción do emprego que traballen tanto en entidades de
carácter público como de iniciativa social.
Servir de ferramenta de traballo para os técnicos de inclusión social,
servizos sociais, orientación laboral e promoción do emprego e do
emprendemento na súa relación coas empresas de inserción laboral e
coas entidades promotoras deste tipo de figuras.
E como último obxectivo está o de apoiar a creación de novas empresas
de inserción laboral en Galicia.
7
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
8
1
DESCRICIÓN DAS EMPRESAS DE
INSERCIÓN LABORAL
9
1. DESCRICIÓN DAS EMPRESAS DE INSERCION
LABORAL
As Empresas de Inserción Laboral son un instrumento que permite ás persoas
en situación ou risco de exclusión socio-laboral realizar unha aprendizaxe
nunha contorna laboral real mediante o traballo nun posto por conta allea
remunerado pero tamén son estruturas económicas que producen bens e
servizos axustándose ás normas do mercado.
As características principais das empresas de inserción son as seguintes:
1. Son estruturas produtivas (empresas)
Promovidas por organizacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da
inclusión social e que se incorporan ao mercado producindo bens e ofrecendo
servizos, contratando para iso a persoas en risco ou situación de exclusión.
2. Son unha ferramenta de inclusión social
Xa que o seu fin social último non é o económico senón a integración das
persoas en risco ou situación de exclusión no mercado laboral ordinario de
traballo a través dun proceso temporal de aprendizaxe das habilidades técnicas
dun posto e das habilidades sociais e laborais básicas.
1.1. Contexto das empresas de inserción laboral
As limitacións do estado do benestar, a globalización e a crise económica están
a impulsar un novo orde socioeconómico que conduce a numerosas persoas a
situacións de desprotección onde as desigualdades sociais son cada vez máis
evidentes. O número de persoas que viven en situación de “pobreza” aumenta,
pero tamén aumenta o número daquelas que non entran en esa definición pero
están no que se da en chamar “risco de pobreza”.
Os cambios demográficos (envellecemento da poboación, fenómenos
migratorios, novas formas de familia, o crecemento do desemprego,…) e os
cambios económicos (introdución de novas tecnoloxías, globalización, crise
económica,…) conforman unha sociedade complexa e diversa que está a
deixar a un lado a moita xente. Unha sociedade na que determinados grupos
non atopan posibilidades de incorporarse ao mercado laboral e que soportan
unha crecente desprotección social posto que as políticas públicas xa
deficitarias en tempos de bonanza económica non dan abasto ante unha
importante crise económica como a que estamos a sufrir.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
10
As políticas sociais teñen como obxectivo contrarrestar as desigualdades
socioeconómicas. Historicamente a forma de intervención era a través de
prestacións de tipo asistencial (subsidios de desemprego, xubilacións, pensións
non contributivas) pero pronto reveláronse insuficientes e viuse a necesidade
de incorporar medidas activas que actúen sobre a raíz do problema, a
desigualdade, e non unicamente na consecuencia, a pobreza.
Ante esta situación non só as instancias públicas “deben” participar, senón
tamén as organizacións sociais promotoras deste tipo de iniciativas. Iniciativas
que pretenden ofrecer unha saída a determinadas situacións de exclusión
socio-laboral que non teñen cabida no mercado ordinario de traballo. Unha
saída que sexa ademais unha oportunidade de progreso persoal e profesional.
1.2. A loita contra a exclusión social a través das
empresas de inserción laboral
A loita contra a exclusión social debe ser unha inquietude de tódolos axentes
sociais tanto privados como públicos e unha das ferramentas para traballar
neste ámbito son as Empresas de Inserción laboral.
As persoas en situación ou risco de exclusión social non so necesitan atopar un
traballo senón tamén incorporarse ao mercado laboral normalizado xa que por
diferentes circunstancias atopase marxinados do aceso a un traballo. Son
persoas que padecen dun conxunto de carencias, normalmente combinadas
(emprego, educación, formación, vivenda, renda, recursos asistenciais, apoio
familiar, integración socio-cultural, …) que as colocan nunha situación de
precariedade e exclusión.
Neste punto as Empresas de Inserción funcionan como ponte entre a situación
de exclusión social e a incorporación ao traballo. Unha ponte que se
desenvolve a través de itinerarios de inserción que buscan acadar que a
persoa traballadora volva sentirse útil e adquira as habilidades sociais e
laborais necesarias para poder traballar nunha empresa “ordinaria”.
PONTE
EMPRESA DE
INSERCIÓN
LABORAL
SITUACIÓN
DE
EXCLUSIÓN
SOCIAL
INCORPORACIÓN
Á EMPRESA
ORDINARIA
DE
SC
RIC
IÓN
DA
S E
MP
RE
SA
DE
IN
SE
RC
IÓN
LA
BO
RA
L
11
A Empresa de Inserción é, para a persoa traballadora, unha estadía temporal,
cunha finalidade principal, a inclusión socio-laboral. O emprego remunerado
funciona como un instrumento de inclusión, quizais un dos máis eficaces e que
vai permitir a estas persoas incluídas dentro dos itinerarios de inserción ter
unha mellor situación económica pero tamén acadar certa autonomía persoal,
autoestima e acceso a un sistema de protección social.
Dende o punto de vista mercantilista a Empresa de Inserción non nace para
maximizar os beneficios económicos, senón para maximizar os beneficios
sociais, crear traballo e axudar a aquelas persoas que teñen maiores
dificultades para acceder ao traballo. Pero para acadar estes beneficios sociais
necesítase dunha base económica, base que no caso das Empresas de
Inserción procede da actividade económica que en réxime de competencia
realizan nunha economía de libre mercado. Son empresas mercantís e como
tales compiten co resto de empresas que teñen como único obxectivo social
acadar os maiores beneficios económicos.
Todo isto dificulta a competitividade deste tipo de empresas. Os custos sociais
dos traballadores en inserción son maiores que os de outros traballadores e a
súa rendibilidade significativamente menor, sobre todo se temos en conta que
pasan por un itinerario de inserción que inclúe formación, orientación,
acompañamento e seguimento, e que se desenvolve dentro da xornada laboral.
1.3. Participación das empresas de inserción laboral
nas políticas públicas
As empresas de inserción laboral contribúen a transformar as políticas pasivas
en activas e a aumentar a rendibilidade dos investimentos públicos.
O emprego en inserción xera un dobre beneficio para as administracións. Por
un lado, contribúe directamente ao sistema de Seguridade Social, posto que as
persoas en inserción pasan de ser actores pasivos do sistema a ser
contribuíntes directos a través das cotizacións á seguridade social, e por outro
lado, libera recursos públicos que estaban destinados a políticas pasivas
relacionadas coa inclusión social e permite investilos noutras políticas de
carácter activo que están a demostrar maiores rendementos sociais.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
12
1.4. Retorno económico das empresas de inserción
laboral á administración
Unha forma de estudar a participación das empresas de inserción nas políticas
activas de emprego é analizar o retorno económico ás administracións en
relación ás axudas públicas que reciben comparándoo co custo das políticas
pasivas de emprego dirixidas ás persoas en situación ou risco de exclusión.
Para poñer de manifesto esta análise tomamos como exemplo o estudo feito
pola Federación Estatal de Asociacións de Empresas de Inserción (FAEDEI)
con datos de diferentes comunidades autónomas (Canarias, Aragón, Madrid,
Castela e León, Euskadi) onde as empresas de inserción veñen traballando
dende fai xa anos.
Os ingresos ás Administracións Públicas:
Os ingresos ás AA.PP en concepto de Iva ou Impostos Especiais (IGIC),
Imposto sobre Sociedades, Irpf e outros tributos foi de 6.120.299,20€.
DE
SC
RIC
IÓN
DA
S E
MP
RE
SA
DE
IN
SE
RC
IÓN
LA
BO
RA
L
13
A desagregación por Comunidades Autónomas sería:
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
14
Calculo do Retorno Social:
Para o cálculo do retorno social ,tiveronse en conta os seguintes aspectos:
Fixose o calculo en base a un salario bruto anual do traballador en inserción de
13.346,92€. Ao intervir as Eil en sectores tan diversos, dende a construcción
ata limpeza, reciclaxe, con niveis salariais moi diversos, fixouse unha media
que permitise facer as comparacións pertinentes.
Sobre este importe-13.346,92 – aplicáronse diversos conceptos:
Así, a nivel individual existe un retorno por posto de inserción de 6.929.52 €.
Se se fai o cálculo por CC.AA o retorno sería o seguinte:
15
Comparación Axudas –Retornos:Coste real da plaza en inserción
Para facer a comparación das axudas que reciben ás Eil e o retorno ás AA.PP
fixose o seguinte cálculo:
Total das axudas públicas das Eil sobre o total de postos de inserción
Retorno Social por posto de inserción
Coas estimacións realizadas, o custe real global de unha persoa en inserción
sería de 2.903,91€.Se comparamos o custe para a AA.PP en cada Cominidade
Autónoma de unha praza de inserción, co importe que as Eil retornan á
Administración, obtemos o custe real de unha persoa en inserción:
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
16
No noso caso, Galicia aporta algo mais do que percibe da Administración
pública en concepto de axudas ás Eil
Subvencións ás Empresas de Inserción 4.038, 69 euros
Retorno á Administración 4.612,07 euros
Custo real dunha persoa na Empresa de
Inserción Laboral -573,38 euros
Custo real dunha persoa na Empresa de
Inserción Laboral -573.38euros
Custo dunha persoa nun programa de
renda básica ou similar 4792,59 euros
Diferenza económica a favor da
Administración 4219,21 euros
17
Polo que se conclúe dos datos:
É mais económico para a Administración o custo dunha persoa nunha
empresa de inserción que nun programa de Renda Básica
Que a activación das persoas en situación de exclusión, ademais do
efecto positivo para o proceso de inclusión é interesante dende o punto de
vista da redución de custos para a Administración
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
18
2
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DAS
EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL
19
2. CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DAS EMPRESAS DE
INSERCIÓN LABORAL
2.1. Lexislación aplicable
A nivel estatal atopamos a seguinte lexislación:
Lei 44/2007, de 13 de decembro que establece a regulamentación do
réxime das empresas de inserción. (BOE 14 decembro 2007)
R.D. 49/2010, 22/01/10, polo que se crea o Rexistro Administrativo de E.I,
do Ministerio de Traballo e Inmigración
A regulamentación a nivel autonómico é a seguinte:
Decreto 156/2007, de 19 de xullo polo que se regulamenta o
procedemento para a cualificación das empresas de inserción ,créase o
seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da
inserción socio-laboral. (DOG, 8 de agosto de 2007)
Orde 29 de decembro de 2008 pola que se regulamenta o procedemento
de cualificación e rexistro
Orde de 26 de maio de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras
do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral para 2010.
2.2. Concepto de Empresa de Inserción Laboral
Segundo a lei 44/2007 de trece de decembro de 2007 define no seu artigo 4 ás
empresas de inserción como:
“Aquelas sociedades mercantís ou cooperativas legalmente constituídas
que debidamente cualificadas polos organismos autonómicos
competentes na materia, realicen calquera actividade económica de
produción de bens e servizos, cuxo obxecto social teña como fin a
integración e formación sociolaboral de persoas en situación de
exclusión social como tránsito ó emprego ordinario”.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
20
De maneira similar en Galicia o decreto 156/2007 de 19 de xullo de 2007 as
define como:
“Aquelas estruturas produtivas de bens ou servizos que teñan por
finalidade primordial do seu obxecto social a incorporación ao mercado
laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social,
proporcionándolles un traballo remunerado e a formación e
acompañamento precisos para mellorar as súas condicións de
empregabilidade e facilitarlles o acceso ao mercado laboral ordinario”
2.3. Entidades promotoras
A lexislación limita a posibilidade de promover e constituír empresas de inserción
laboral, reservándoa a unha serie de entidades.
Trátase das seguintes:
– Entidades ou corporacións de dereito público
– Entidades sen ánimo de lucro
– Fundacións
Ademais esíxese que ditas entidades, para poder crear empresas de inserción
laboral, teñan recollido dentro do seu obxecto social a inserción social de
persoas en situación ou risco de exclusión social.
Isto reduce as posibilidades de creación de Empresas de Inserción pero o que
se busca con esta limitación é preservar a súa esencia como instrumento de
loita contra a exclusión e evitar o abuso da figura.
2.4. Forma xurídica das empresas de inserción laboral
As empresas de inserción laboral poden adoptar calquera das seguintes formas
xurídicas:
– Sociedades mercantís (SL, SA, …)
– Sociedades laborais (SLL, SAL)
– Sociedades cooperativas
Para ser consideradas empresas de inserción laboral deben estar legalmente
constituídas, inscritas e rexistradas no rexistro que lle corresponda (rexistro
mercantil, rexistro de cooperativas, ...), cumprindo cos requisitos da lexislación,
CA
RA
CT
ER
ÍST
ICA
S P
RIN
CIP
AIS
DA
S E
MP
RE
SA
S D
E I
NS
ER
CIÓ
ON
LA
BO
RA
L
21
tanto a propia da forma xurídica elixida como o establecido no decreto
156/2007 que regula as empresas de inserción laboral en Galicia e segundo o
establecido na orde 29 de decembro de 2008 que regula o seu procedemento
de cualificación e rexistro.
2.5. Porcentaxe mínima de participación no capital
social
A lexislación esixe unha porcentaxe mínima de participación no capital social
das empresas de inserción por parte das entidades susceptibles de ser
promotoras deste tipo de empresas.
Trátase doutra medida para garantir a esencia e o carácter social deste tipo de
figura. Desta forma requírese que as empresas de inserción laboral sexan
promovidas e participadas por unha ou varias entidades susceptibles de ser
promotoras de empresas de inserción laboral nas seguintes porcentaxes do
capital social dependendo da forma xurídica elixida.
– 51% nas sociedades mercantís
– 49% nas sociedades laborais
– 33% nas sociedades cooperativas
Analizando por tipo de figura xurídica no caso de sociedade mercantís a
maioría do capital social (51%) debe ser promovido por unha ou varias
entidades susceptibles de ser promotoras pero o resto do capital podería ser
promovido por outro tipo de entidades, sociedade ou particulares.
No resto de figuras xurídicas, por un lado as sociedades laborais e por outra as
cooperativas a porcentaxe mínima que se esixe sexa aportada por ou polas
entidades susceptibles de ser promotoras de empresas de inserción coincide
coa porcentaxe do capital que pode ser aportado por socios diferentes aos
socios traballadores ou aos cooperativistas.
2.6. Desenvolvemento de actuacións de inserción
sociolaboral
Aquelas sociedades mercantís que pretendan cualificarse como empresas de
inserción laboral, ademais de ser promovidas por algunha das entidades que
deben e unicamente poden constituír empresas de inserción teñen que
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
22
proporcionar ás persoas traballadoras en proceso de inserción medidas de
apoio personalizas:
– Formación profesional
– Adquisición de hábitos sociais de traballo
– Acompañamento social
Ditas actuacións virán recollidas nos itinerarios de inserción establecidos para
cada unha das persoas traballadoras en inserción e de maneira xenérica no
Convenio de Inserción que debe asinarse antes do contrato.
O obxectivo é que estas persoas adquiran tanto as necesarias habilidades
socio-laborais para desenvolverse na contorna laboral como unha formación
profesional básica que os cualifique dentro do mercado laboral.
2.7. Número mínimo de persoas traballadoras en
inserción
Esíxese que polo menos o 30% de persoas traballadoras da empresa de
inserción laboral teñan a cualificación de persoas traballadoras en
inserción. Dita porcentaxe computarase respecto do total do cadro en cómputo
anual, (salvo os límites específicos para sociedades laborais e das sociedades
cooperativas en relación coas porcentaxes esixidas de socios traballadores e
cooperativistas respecto do total de persoas traballadoras).
En ningún caso poderá ter menos de dúas, salvo no caso que a empresa conte
con catro ou menos persoas traballadoras que terán polo menos unha persoa
en inserción.
Para acreditar as porcentaxes indicadas, computaranse tanto as persoas
traballadoras por conta allea como as socias traballadoras e as referencias aos
postos de traballo entenderanse como xornadas completas.
2.8. Preserva da esencia do obxecto social e
prohibición de reparto de beneficios
Para manter a “esencia” social da empresa de inserción laboral esíxese que os
balances, contas de resultados e o patrimonio que poida ter a sociedade non
estean vinculados a actividades económicas distintas das do obxecto social,
CA
RA
CT
ER
ÍST
ICA
S P
RIN
CIP
AIS
DA
S E
MP
RE
SA
S D
E I
NS
ER
CIÓ
ON
LA
BO
RA
L
23
que como se indicou, ademais da actividade económica debe incluír como a
inserción socio-laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.
En liña co requisito anterior, a empresa de inserción laboral deberá aplicar o
100% dos resultados ou dos excedentes dispoñibles de cada exercicio
económico á mellora ou ampliación das estruturas produtivas e de inserción da
propia empresas de inserción., ou a programas de inserción sociolaboral das
entidades promotoras.
2.9. Denominación da empresa de inserción laboral
Ademais de tódolos requisitos anteriores a sociedade debe incluír na súa
denominación social a expresión “Empresa de Inserción Laboral” ou a
abreviatura “E.I.L.”. Isto significa que xa no proceso de constitución da
sociedade como tal, sexa cal sexa a forma xurídica elixida, sería conveniente
cumprir con este requisito senón no momento de solicitar a cualificación como
empresa de inserción laboral esta viríase paralizada ata que se reformasen os
estatutos sociais e se incluíse neles tal denominación.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
24
3
PROCEDEMENTO DE CUALIFICACIÓN DE
REXISTRO COMO EMPRESA DE INSERCIÓN
LABORAL
25
3. PROCEDEMENTO DE CUALIFICACIÓN E REXISTRO
COMO EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL
Unha vez cumpridos todos estes requisitos recollidos no Decreto 156/2007
poderase proceder a solicitar a cualificación e inscrición no rexistro público
creado ao efecto pola administración autonómica, como empresa de inserción
laboral o que se fará mediante o procedemento específico regulado pola Orde
de 29 de decembro de 2008.
3.1. Rexistro de empresas de inserción laboral
Trátase dun rexistro público e gratuíto de carácter administrativo que foi creado
en virtude do decreto 156/2007 e regulado no referente ao procedemento de
tramitación na orde de 29 de decembro de 2008.
En dito rexistro estarán inscritas todas as empresas de inserción laboral que
teñan a súa sede en territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Depende administrativamente da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da
Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
A inscrición neste rexistro non substitúe á obriga de rexistrar a sociedade no
rexistro correspondente segundo a natureza xurídica (Rexistro Mercantil,
Rexistro de Cooperativas, ...) e é condición previa para poder acceder ás
axudas públicas específicas establecidas para a promoción das empresas de
inserción laboral en Galicia.
3.2. Procedemento administrativo de cualificación e
rexistro
O procedemento de cualificación e rexistro da sociedade como empresas de
inserción laboral ven regulado na orde de 29 de decembro de 2008.
Unha vez a sociedade está xa constituía e inscrita no rexistro correspondente
segundo a forma xurídica elixida a Administración no procedemento de
cualificación e rexistro constatará que se compren ademais os requisitos
esixidos para ser empresa de inserción laboral recollidos no decreto 156/2007
e que vimos de detallar.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
26
Na solicitude formal de inscrición no rexistro, haberá que presentar ademais a
seguinte documentación:
– Denominación social.
– Memoria que acredite a viabilidade económica, técnica e financeira
do proxecto de empresas de inserción laboral.
– CIF e escritura, estatutos ou outra documentación da entidade ou
entidades promotoras.
– CIF, escritura e estatutos da propia empresa de inserción laboral que
se pretende cualificar como empresa de inserción laboral.
– DNI dos representantes legais da sociedade.
– A relación de traballadores da empresa de inserción laboral.
A Administración deberá resolver no prazo de seis meses e en caso de silencio
administrativo este terá carácter positivo, e dicir, entenderase cualificada e
inscrita como empresa de inserción laboral.
3.3. Seguimento da cualificación como empresa de
inserción laboral
Unha vez cualificada e rexistrada a empresas de inserción laboral debe cumprir
cunha serie de requirimentos coa Administración que teñen como obxectivo
constatar que os requisitos como empresa de inserción mantéñense no tempo.
As obrigas para as empresas de inserción neste senso son as seguintes:
Comunicar calquera modificación estatutaria que poida afectar á súa
cualificación no prazo de 2 meses dende que aconteza dita modificación.
Presentar anualmente ante a Administración un plan de actividades e o
orzamento anual da empresa con anterioridade ao exercicio
correspondente.
Presentar as contas anuais e o informe de xestión de cada exercicio
económico no prazo 6 meses dende o peche de cada exercicio.
O balance social anual, que consiste nun informe sobre os resultados de
inserción dentro da empresa de inserción laboral (tamén no prazo 6
meses dende peche exercicio).
PR
OC
ED
EM
EN
TO
DE
CU
AL
IFIC
AC
IÓN
E R
EX
IST
RO
CO
MO
EIL
27
3.4. Perda da cualificación como empresa de inserción
laboral
Se a administración constata que non se cumpren os requisitos esixidos
revocará a cualificación e a inscrición no rexistro.
As causas da perda de cualificación son as seguintes:
– Incumprimento da finalidade principal da empresa de inserción
laboral, é dicir, a integración socio-laboral de persoas procedentes de
colectivos en risco ou situación de exclusión social.
– Perda ou incumprimento dos requisitos de cualificación.
– Incumprimento das obrigas como empresa de inserción laboral.
– Transformación, fusión, absorción, segregación (teñen que
cualificarse as novas sociedades como empresas de inserción
laboral).
– Peche ou disolución.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
28
4
AS PERSOAS TRABALLADORAS EN
INSERCIÓN
29
4. AS PERSOAS TRABALLADORAS EN INSERCIÓN
4.1. Persoas susceptibles de entrar na empresa de
inserción laboral
A inserción sociolaboral a través das empresas de inserción laboral está
dirixida á persoas desempregadas e nas que concorran un ou varios factores
de exclusión dos recollidos no decreto 156/2007.
Dito decreto establece un listado de factores de exclusión socio laboral que dan
entrada á persoa dentro da empresa de inserción laboral como persoas
traballadoras en proceso de inserción.
Factores de exclusión sociolaboral segundo o decreto 156/2007
A discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou a enfermidade mental, en
graos que dificulten pero non imposibiliten a súa inserción laboral ordinaria.
A condición de persoa en proceso de rehabilitación e socialización normalizada,
por proceder dunha situación de desestruturación persoal e familiar, de conflito
co contorno, ou rexeitamento social, tales como adiccións a drogas ou alcohol,
o exercicio de prostitución, o cumprimento de penas privativas de liberdade, ....
A situación de cargas familiares non compartidas, agravadas por outros factores
ou carencias persoais ou familiares.
A condición de inmigrante ou emigrante retornado, cando, polas súas
características ou circunstanciais persoais, presenten especiais dificultades de
integración no mercado laboral.
A condición de persoa sen fogar.
A procedencia de institucións de protección ou reeducación de menores.
A condición de muller vítima de violencia de xénero que, por proceder de
recursos específicos de acollida ou por calquera outra circunstancia, implique
especiais dificultades de integración laboral
A pertenza a determinadas minorías étnicas cando implique especiais
problemas de integración laboral
Calquera outro factor non previsto sempre que, ponderado polos servizos
sociais no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione gravemente
a súa empregabilidade
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
30
Poderán ser ademais beneficiarias da inserción
As persoas beneficiarias da RISGA ou prestación de natureza equivalente e
outros usuarios e usuarias do Plan Galego de Inclusión Social, tamén as
perceptoras de axudas a vítimas de violencia de xénero xestionadas póla
Comunidade Autónoma.
As persoas en situación ou risco de exclusión social que non accedan á dita
prestación por falta do período de residencia ou empadroamento,
características da unidade de convivencia, obriga de alimentos, idade ou tempo
máximo de percepción.
As persoas desempregadas inscritas ininterrompidamente na oficina de
emprego durante 2 anos.
As persoas maiores de 45 anos desempregadas durante un período superior a
12 meses.
As persoas admitidas no programa que contempla a axuda específica
denominada Renda activa de inserción que o soliciten e que a criterio do
Servizo Público de Emprego de Galicia ou entidades asociadas, requira a súa
inclusión nun proceso de inserción a través dunha empresa de inserción.
Nestes casos, será necesario valorar que se atopan en situación ou risco de
exclusión social.
4.2. Contexto social da exclusión en Galicia
Podemos definir a exclusión como a acumulación e interrelación de diferentes factores de vulnerabilidade social que poden afectar a persoas ou grupos e que lles dificultan ou impiden participar en ámbitos da vida social e laboral.
O seu concepto vai mais alá do paro e a pobreza, tamén hai que ter en conta a falta de formación adecuada, os hábitos laborais , a contorna familiar e social,...
A nivel estatístico inclúense en situación de pobreza a aquelas persoas que
teñen ingresos por debaixo do limiar de risco de pobreza que é do 60% da
media de ingresos. Para ser incluídos dentro dese núcleo duro a porcentaxe
redúcese ao 25% da media de ingresos.
Como datos máis significativos do contexto social da exclusión social en
España destacamos os seguintes:
AS
PE
RS
OA
S T
RA
BA
LL
AD
OR
AS
EN
IN
SE
RC
IÓN
31
Datos obtidos do INE
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
32
4.3. Contexto laboral
O desemprego actúa como causa de exclusión e paralelamente o traballo
remunerado configúrase como un dos instrumentos máis eficaces da inclusión
socio-laboral. Proba disto é a presenza e peso das políticas de fomento do
emprego que se poñen en marcha tanto a nivel local, autonómico, estatal e
europeo.
Taxas de paro en Galicia.
Datos obtidos da Xunta de Galicia
33
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
34
5
PROCEDEMENTO DE INCORPORACIÓN
DUNHA PERSOA Á EMPRESA DE
INSERCIÓN LABORAL
35
5. PROCEDEMENTO DE INCORPORACIÓN DUNHA
PERSOA Á EMPRESA DE INSERCIÓN
5.1. Cualificación da persoa como beneficiaria da
inserción
Como paso previo á contratación da persoa na empresa de inserción é
necesaria a súa cualificación como beneficiaria da inserción. Dita cualificación
é competencia do departamento da Administración autonómica con
competencias en materia de Servizos Sociais, actualmente a Secretaría Xeral
de Benestar da Consellería de Traballo e Benestar.
Para iso os servizos sociais do concello de residencia da persoa interesada ou
o equipo de inclusión socio-laboral de referencia, emitirán un informe,
preceptivo e non vinculante, (que enviarán á Secretaría Xeral de Benestar), no
que se acredite a situación de exclusión social, de conformidade coas
situacións e factores de exclusión e as súas especiais dificultades de acceso
ao mercado laboral. Recibido dito informe, a Secretaría Xeral de Benestar
validará a cualificación e procederá a remitir o documento de cualificación aos
servizos sociais de atención primaria.
Logo da cualificación da persoa interesada como beneficiaria da inserción
laboral, o Servizo Público de Emprego emitirá un informe no que se
acrediten, con carácter previo á formalización do contrato cunha empresa de
inserción laboral., os seguintes extremos:
A condición de demandante de emprego do interesado/a e, se nos dous
últimos anos previos á contratación que se pretende realizar prestou
servizos ou traballou nunha empresa de inserción e o tempo de servizos
prestados.
A súa idoneidade profesional para o posto de traballo de que se trate.
Reunida toda a documentación anterior os servizos sociais porán en contacto
ás persoas susceptibles de incorporación coa empresa de inserción que
decidirá se establece a relación laboral ou non.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
36
5.2. Convenio de Inserción
Antes de formalizarse a relación laboral a través da sinatura do contrato de
traballo é necesario que a persoa cualificada como beneficia da inserción, a
empresa en inserción e os servizos sociais de atención primaria (do concello ou
do plan de inclusión), asinen un Convenio de Inserción.
Trátase dun documento-programa no que as partes establecen de mutuo
acordo as accións específicas de carácter social necesarias para conseguir a
inserción persoal, social e laboral ou previr o risco de exclusión da persoa que
se vai incorporar á empresa de inserción.
O convenio de inserción deberá establecer:
Contido do Convenio de Inserción
Distribución do tempo das actividades de produción, formación no posto de
traballo e de intervención ou acompañamento social necesarias.
Os compromisos adquiridos por cada unha das partes no proceso de inserción.
Periodicidade coa que se efectuará a súa avaliación por parte dos servizos
sociais (podendo revisarse, modificarse ou suspenderse a súa aplicación)
Accións que é necesario desenvolver.
Tipoloxía das accións a incluír nos Convenios de Insercións
Encamiñadas ao desenvolvemento dos elementos precisos para promover a
estabilidade persoal, o equilibrio na convivencia e a inserción e a participación
social.
Que faciliten o acceso ao sistema xeral de saúde, en especial en casos en que
requira tratamento médico especializado ou se requiran accións específicas de
desintoxicación ou deshábito.
Que permitan o desenvolvemento das aptitudes e hábitos precisos para a
adquisición de novos coñecementos educativos e formativos.
Específicas de formación, regulada ou non, que permitan adecuar o nivel de
formación ou as competencias profesionais adquiridas ás necesidades do
sistema produtivo.
Que posibiliten o acceso a un posto de traballo, sexa por conta allea ou polas
vías de acceso existentes para a creación dunha empresa propia.
Outras que poidan considerarse necesarias para garantir a inserción social.
PR
OC
ED
EM
EN
TO
DE
IN
CO
RP
OR
AC
IÓN
DE
UN
HA
PE
RS
OA
.A
EIL
37
O convenio de inserción poderá resolverse nos seguinte casos:
– Térense acadado os obxectivos do convenio de inserción.
– Non realizar a persoa beneficiaria da inserción, por causa que lle
sexa imputable, actuacións ás que se comprometera.
– Por acordo das partes.
– Polo cumprimento do prazo establecido.
– Outras causas previstas no ordenamento xurídico.
5.4. Contratación (segundo o decreto 156/2007)
A incorporación dunha persoa á empresa de inserción pode facerse como:
Socia traballadora (cando a forma xurídica da empresa sexa cooperativa
de traballo asociado ou sociedade laboral)
Socia de traballo (cando a forma xurídica da empresa sexa cooperativa
distinta a de traballo asociado).
Traballadora por conta allea en réxime ordinario.
Traballadora por obra ou servizo determinado para a inserción laboral.
O contrato de traballo que subscriba a empresa coa persoa en inserción laboral
terá como finalidade principal a integración socio-laboral nos termos fixados no
convenio de inserción previo.
A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 24 meses, e
pode incluír un período de proba.
Os contratos deberán formalizarse por escrito, aceptándose calquera das
modalidades de contratación existentes na normativa laboral vixente.
Deste xeito non é obrigatorio nin para considerar á persoa traballadora en
inserción nin para acceder ás axudas a empresas de inserción subscribir o
contrato específico de traballo para persoas traballadoras contratadas por
empresas de inserción, creado ao abeiro da lei 44/2007 de 13 de decembro,
que regula ás empresas de inserción a nivel estatal. Agora ben, de utilizar este
modelo específico terase dereito á bonificación das cotas da seguridade social.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
38
Esquema do procedemento de cualificación e contratación
INICIO
Correspóndelle aos Servizos Sociais de atención de base.
Por iniciativa dos propios Servizos Sociais.
Por solicitude dos Servizos Sociais especializados.
Por solicitude do Servizo Público de Emprego.
Por solicitude da Empresa de Inserción.
DOCUMENTACIÓN
Informe dos Servizos Sociais do Concello de residencia que acredite a
concorrencia dos requisitos na persoa contratada pola empresa de
inserción
Cualificación da condición de beneficiario polos Servizos Sociais da Xunta
(Secretaría Xeral de Benestar)
Certificado do Servizo Público de Emprego da situación de desemprego e
de que nos 2 anos anteriores á contratación que se pretende non estivo
contratada por un proceso de inserción socio-laboral.
Informe Servizo Público de Emprego que ditamine a adecuación da
persoa ao posto.
CONTRATACIÓN
Convenio de Inserción (antes da firma do contrato (partes)
Servizos Sociais do Concello
Empresa de Inserción
Persoa traballadora
Contrato de traballo (ou vínculo social se pasa a ser socio traballador)
Comunicación do contrato de traballo asinado a:
Os Servizos Sociais de base
O Servizo Público de Emprego
5.5. Competencias das distintas administracións
Servizos Sociais (de base e especializados)
– Cualificación das persoas susceptibles de ser beneficiarias da
inserción laboral.
– Avaliación e acreditación dos resultados dos procedementos de
inserción socio-laboral desenvolvidos dentro da empresas de
PR
OC
ED
EM
EN
TO
DE
IN
CO
RP
OR
AC
IÓN
DE
UN
HA
PE
RS
OA
.A
EIL
39
inserción. Isto faise fundamentalmente a través da presentación
anual ante a Administración do Balance Social.
Servizo Publico de Emprego
– Facilitar os procesos de orientación e formación.
– Rexistrar os contratos.
– Certificar antes da firma do contrato que a persoa a contratar figura
como demandante de emprego e que nos dous últimos anos non
traballou noutra empresa de inserción e se o fixo, durante canto
tempo.
– Acreditar a adecuación da persoa ao posto .
Servizos Sociais e Servizo Público de Emprego
– Seguimento dos itinerarios e procesos de inserción e do
cumprimento dos convenios de inserción.
– Prestar apoio aos traballadores que se reincorporen a un posto de
traballo de carácter ordinario.
– Facilitar ás empresas de inserción laboral o persoal necesario para
tutelar o proceso de inserción laboral.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
40
6
A DECISIÓN DE POÑER EN MARCHA UNHA
EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL
41
6. A DECISIÓN DE POÑER EN MARCHA UNHA
EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL
Para crear unha empresa de inserción, como para outra empresa, é necesario:
– Unha idea realista.
– Un capital inicial mínimo.
– Información e coñecementos básicos da contorna socioeconómica.
– Coñecementos técnicos e experiencia sobre o negocio e actividade.
A diferenza fundamental é a natureza das promotoras, que son entidades sen
ánimo de lucro que teñen a inserción sociolaboral dentro do seu obxecto social.
Ante a idea de crear unha empresa de inserción débense ter en conta unha
serie de aspectos:
Diferenciar entre a promotora e a empresa de inserción laboral. A primeira
é unha entidade sen ánimo de lucro mentres que a empresa de inserción,
deixando a parte o contido social do seu obxecto é unha empresa de
carácter mercantil e, como tal, debe xestionar a maior parte dos seus
asuntos.
Ponderar na súa debida medida o peso do aspecto mercantil e o social
sen esquecer a inserción sociolaboral como obxectivo da empresa.
A actividade debe xustificarse por si e non polas axudas que poida obter,
á dicir, debe ser viable tanto técnica, económica como financeiramente.
Realizar un plan de empresa analizando a viabilidade é imprescindible
para poder analizar as diferentes variables que entran en xogo na decisión
de crear unha empresa de inserción.
Elementos da creación dunha empresa
Entidade promotora Motivacións
Experiencia
A idea de negocio Orixe da idea
Pre-análise
O plan de empresa
Estudo das necesidades
Análise dos recursos
¿QUÉN?
¿QUE?
¿CÓMO?
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
42
6.1. Oportunidades de negocio para as empresas de
inserción
As oportunidades de negocio para a creación de empresas de inserción laboral
vincúlanse principalmente aos denominados novos xacementos de emprego.
Son novos sectores de actividade que ofrecen grandes posibilidades de traballo
e de emprendemento, que teñen como características principais:
– Satisfacen necesidades novas ou non cubertas.
– Atópanse principalmente no ámbito local
– Están a recibir das administracións importantes apoios.
Listado dos novos xacementos de emprego
A. SERVIZOS DA VIDA DIARIA
1.SERVIZOS A DOMICILIO
2. ATENCIÓN Á INFANCIA
3.NOVAS TECNOLOXÍAS DA
INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN
4.AXUDAS A XÓVENES CON
DIFICULTADES DE INSERCIÓN
B. SERVIZOS DE MELLORA DA
CALIDADE DE VIDA
5. MELLORA DA VIVIENDA
6. SEGURIDADE
7. TRANSPORTES COLECTIVOS LOCAIS
8. APROVEITAMENTO ESPAZOS
PÚBLICOS
9.COMERCIOS DE PROXIMIDADE
C. SERVIZOS CULTURAIS E DE OCIO
10. TURISMO
11. SECTOR AUDIOVISUAL
12. VALORIZACIÓN DO PATRIMONIO
CULTURAL
13. DESENVOLVEMENTO CULTURAL
LOCAL
D. SERVIZOS DE MEDIO AMBIENTE
14. TRATAMENTO DE RESIDUOS
15. XESTIÓN DA AUGA
16. PROTECIÓN E MANTEMENTO DAS
ZONAS NATURAIS
17. REGULACIÓN E CONTROL DA
CONTAMINACIÓN
A maioría deles xorden de cambios sociais que xeran novas necesidades e
demandas na sociedade actual.
– Cambios no nivel de ingresos e cultural.
– Cambios no uso do tempo libre.
– Cambios na esperanza de vida.
– Cambios na actividade laboral da muller.
A D
EC
ISIÓ
N D
E P
OÑ
ER
EN
MA
RC
HA
UN
HA
EM
PE
SA
DE
IN
SE
RC
IÓN
LA
BO
RA
L
43
– Cambios nas formas de vida: ex. a soidade.
– Cambios nos medos da poboación.
– Cambios no mercado de traballo e na contorna económica.
– Cambios na contorna enerxética.
6.2. Características dos sectores económicos onde se
atopan as empresas de inserción laboral
Son sectores intensivos en man de obra e que requiren de escasa
cualificación profesional.
Non precisan de grandes investimentos (as entidades promotoras sen ter
dificultades para achegar capital ou conseguir financiamento).
Deben permitir labores de acompañamento e seguimento das persoas
traballadoras en proceso de inserción.
6.3. Exemplos de ideas de negocio para unha empresa
de inserción
1. Conservación e mantemento de edificios e espazos públicos.
2. Construción e pequenas reformas.
3. Servizos de xardinería, forestais, ...
4. Mensaxería, distribución, reparto.
5. Artes gráficas (imprenta, reprografía, ...)
6. Limpezas e lavandería.
7. Servizos a domicilio (coidado de maiores, pequenos recados, ...)
8. Restauración (catering)
9. Agricultura ecolóxica e viveiros.
10. Recollida, transporte e revalorización de residuos (cartón, roupa de
segunda man, envases, ...)
11. Confección (ex. roupa de traballo)
12. Protección e mantemento de zonas naturais.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
44
6.4. O plan de empresa
Como para calquera outra empresa a realización dun plan de empresa é
fundamental no proceso de creación dunha empresa de inserción laboral.
Trátase dun documento no que se sintetiza a concepción do negocio e reflicte a
información e reflexións da entidade promotora durante todo o proceso de
estudo do proxecto empresarial, así como a planificación do medio e longo
prazo.
A súa realización é un esforzo válido por si mesmo, independentemente do
documento físico que se obtén, xa que:
Axudará a coñecer a viabilidade do proxecto.
Servirá de guión a seguir en cada etapa da creación da empresa.
Obriga á promotora a coñecer profundamente todas as condicións e
características que intervirán no momento de levalo á práctica.
Constitúe un valioso documento de comunicación interna, como guía a
seguir e instrumento de control, e de comunicación externa, cos bancos,
investidores, futuros socios/as,...
Habitualmente a súa presentación é obrigatoria para a solicitude de
axudas, subvencións ou créditos, para o propio proceso de cualificación
como Empresa de Inserción
O plan de empresa deberá responder ás seguintes cuestións:
– En que consiste o negocio?
– É unha idea realista?
– Quen é a entidade promotora?
– É viable técnica, económica e financeiramente?
– Que nos diferenza da competencia?
– Hai expectativas de venda?
– Que medios necesitamos? De onde os obteremos?
– Que decisións tomaremos a curto e a medio prazo?
– O proxecto é o suficientemente rendible como para poñelo en
marcha?
A D
EC
ISIÓ
N D
E P
OÑ
ER
EN
MA
RC
HA
UN
HA
EM
PE
SA
DE
IN
SE
RC
IÓN
LA
BO
RA
L
45
Contido do plan de empresa
1. Identificación do proxecto empresarial
2. Identificación e descrición da entidade promotora
3. Descrición da idea de negocio
4. Estudo de mercado
5. Plan de Marketing
6. Plan de Produción
7. Plan de Recursos Humanos
8. Forma xurídica e posta en marcha
9. Plan económico-financeiro
PR
INC
IPA
IS A
TR
AN
CO
S P
AR
A A
CR
EA
CIÓ
N D
UN
HA
EM
PR
ES
AS
DE
IN
SE
RC
IÓN
LA
BO
RA
L
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
46
7
AXUDAS PÚBLICAS ÁS EMPRESAS DE
INSERCIÓN
47
7. AXUDAS PÚBLICAS AS EMPRESAS DE INSERCIÓN
7.1. Programa de incentivos ás empresas de inserción
laboral
Dependente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a
última orde de axudas a empresas de inserción publicada é a de 11 de xuño de
2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de Incentivos
ás Empresas de inserción e ás súas entidades promotoras(DOG “0 xuño de
2013)
Finalidade
Promover a inserción sociolaboral da persoas en situación ou risco de
exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das
empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo en Galicia, co fin
de que poidan cumprir coa súa función social.
Entidades beneficiarias
– Entidades Promotoras de Empresas de inserción Laboral
– As empresas de inserción cualificadas e rexistradas
– Poden solicitar e ser beneficiarias as empresas que solicitasen a súa
cualificación aínda que non fose concedida (pero non cobrarán ata
que sexan cualificadas oficialmente).
Actuacións subvencionables:
Para as Empresas de inserción:
1. Contratación de persoas en situación o risco de exclusión social
2. Contratación de xerentes ou técnicos para o análise da viabilidade
económica, técnica ou financieira.
3. Contratación de técnicos en orientación e acompañamento
4. Labores de mediación laboral pola contratación de persoas en inserción
no mercado laboral ordinario
5. Préstamos con entidades financeiras
6. Creación e ampliación do cadro de persoal.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
48
7. Inicio e posta en marcha da actividade.
Para as Entidades Promotoras das Empresas de inserción:
1.contratación de persoas técnicas en accións de orientación e
acompañamento.
2.Fomento de creación de Empresas de inserción.
Axudas:
1. Subvención para a Contratación de persoas en situación o risco de
exclusión social
Serán subvencionados os contratos de traballo celebrados con persoas en
risco ou situación de exclusión social, cualificadas segundo decreto
156/2007.
Importe:
Salario mínimo interprofesional (proporcional se a xornada é a tempo
parcial), incluídas as pagas extraordinarias.
Requerimentos dos contratos de traballo a persoas en risco ou
situación de exclusión para ser subvencionables:
– Formalizarse por escrito
– Duración non inferior a 6 meses
– Xornada non inferior ao 50% da establecida no convenio colectivo da
aplicación, ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legalmente
establecida.
– Deberá subscribirse previamente ao contrato un convenio de Inserción
entre a futura persoa traballadora, a empresa de inserción laboral e os
Servizos Sociais de base.
2. Subvención Contratación de xerentes ou técnicos
Xerentes ou técnicos necesarios para garantir a viabilidade técnica,
económica ou financeira da empresa de inserción.
Importe:
50% custos laborais totais (incluída SS) calculada sobre 36 mensualidades
máximo 24.000 €.
AX
UD
AS
PÚ
BL
ICA
S Á
S E
MP
RE
SA
S D
E I
NS
ER
CIÓ
N L
AB
OR
AL
49
3. Subvención Contratación técnicos orientación e acompañamento á
inserción
O persoal técnico deberá posuír a titulación universitaria axeitada ás labores
e ter 2 anos de experiencia en programas de acompañamento sociolaboral
Importe:
50% custos laborais totais (incluída SS) calculada sobre 24 mensualidades,
máx. 6000€ por traballador en inserción e non máis de 24.000€. (non se
pode solicitar de novo se non se esgotou o período máximo anterior).
4. Subvención Labores de mediación laboral pola contratación de
persoas en inserción no mercado laboral ordinario
Son subvencionables os seguintes supostos:
– A incorporación con contrato indefinido e a xornada completa á empresa
ordinaria dun traballador en proceso de inserción.(6000 €)
– A incorporación con contrato temporal (=24 meses-3000 €,< a 24 meses
> 6 meses-reducirase proporcionalmente)
– A empresa de inserción que assesore, acompañe e apoie a unha
persoa en proceso de inserción na súa iniciativa de autoemprego
individual.
O prazo entre a baixa na empresa de inserción e a alta na empresa
ordinaria non pode ser superior a 1 mes.
A empresa de inserción asume as obrigas de seguimento do proceso de
inserción.(mínimo 12 meses)
Importe:
6.000 € pola incorporación indefinida da persoa a unha empresa ordinaria
ou pola alta como traballador autónomo.
A porcentaxe correspondente no resto dos casos, tempo parcial ou temporal
(mínimo 6 meses e inferior a 2 anos).
Serán subvencionables, podendo solicitarse a axuda, unha vez rematados
os 6 meses dende a formalización do contrato coa empresa ordinaria ou a
alta de autónomos.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
50
5. Subvención financeira
Consistirá na redución dos xuros dos préstamos utilizados para financiar os
investimentos que sexan necesarios para a creación e posta en marcha das
empresas de inserción laboral.(75% mínimo para financiar investimentos en
inmobilizado material ou intanxible)
Ditos prestamos deberán estar concedidos por entidades financeiras que
teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar.
Importe:
Redución de ata 4 puntos o tipo de xuro (calculado sobre os 8 primeiros
anos do préstamo).
Máximo 3000€ por posto en inserción creado no primeiro ano de actividade
da empresa..
6. Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal en
inserción
Dirixido a EIL de nova creación ou que amplíen o cadro de persoal en
inserción.
Calcúlase en función do investimento en inmobilizado material ou intanxible
(directamente relacionado coa actividade principal desenvolvida pola
empresa).
Importe:
60% do custo total do investimento en activo fixo, excluídos impostos.
Máximo 12.000€ por posto novo creado en inserción.
7. Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade
Dirixido a financiar os primeiros gastos de actividade realizados con
posterioridade ó inicio da actividade e efectivamente xustificados
Importe:
3.000 € por cada persoa traballadora en proceso de inserción ata un
máximo de 12.000E
AX
UD
AS
PÚ
BL
ICA
S Á
S E
MP
RE
SA
S D
E I
NS
ER
CIÓ
N L
AB
OR
AL
51
8. Subvención para o fomento de procesos de creación de Empresas
de Inserción Laboral
Dirixido a financiar parcialmente ás entidades promotoras de empresas de
inserción os custos que comporta o proceso de creación de empresas de
inserción laboral.
Importe:
50% do custo total do proceso de creación da Empresa de inserción, límite
máximo 6.000 €
Incompatibilidades
As axudas á contratación por conta allea (como media de promoción do
emprego) polos mesmos conceptos (salvo bonificacións da seguridade
social que si son compatibles).
Os incentivos establecidos non son copatibles con calquera outra axuda
para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións
públicas ou entes públicos ou privados pero,sen que en ningún caso,
illadamente ou en concorrencia con outras axudas podan superar os
límites establecidos pola Unión Europea e os da Lei de subvencións de
Galicia.
Axudas sometida ao réxime de mínimis
Non pode superar os 200.000€ en 3 anos nin os 100.000€ para o sector
transporte por estrada.
Actividades excluídas
– Pesca e acuicultura
– Produción primaria de produtos agrícolas
– Exportación a 3º países
– Carbón
– Empresas en crise
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
52
7.2. Bonificacións das cotas da seguridade social
Para o contrato de traballo para traballadores desempregados contratados por
empresas de inserción contemplado na Lei 44/2007 de Empresas de Inserción.
Importe:
Bonificación da cota empresarial en 70,83 €/mes ou 850€/ano, durante un
máximo de tres anos ou a vixencia do contrato se é inferior a ese prazo sempre
que a lo menos conte cunha duración dun ano e excepcionalmente 6 meses se
así o consideran os servizos sociais competentes.
53
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
54
8
CONTRATO DE TRABALLO PARA
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN
SOCIAL EN EMPRESAS DE INSERCIÓN
55
8. CONTRATO DE TRABALLO PARA PERSOAS EN
SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL EN EMPRESAS
DE INSERCIÓN
Xurde coa aprobación da lei 44/2007, que regula as empresas a nivel estatal.
Como xa indicamos, en Galicia, non existe a obriga de utilizar este contrato,
podendo utilizar calquera outro tipo de carácter temporal.
Poden ser contratadas mediante este tipo de contrato as persoas
desempregadas inscritas como demandantes de emprego que se atope en
situación de exclusión social.
Factores de exclusión sociolaboral segundo a lei 44/2007
Perceptores de rendas mínimas de inserción ou calquera outra prestación de
igual ou similar natureza, segundo a denominación adoptada en cada
comunidade autónoma, así como os membros da unidade de convivencia
beneficiarios de elas.
Persoas que non podan acceder ás prestacións ás que fai referencia o
parágrafo anterior por algunha das seguintes causas:
– Falta de período esixido de residencia ou empadroamento, ou para a
constitución da unidade perceptora.
– Haber esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido.
Maiores de 18 anos e menores de 30 procedentes de institucións de protección
de menores.
Persoas con problemas de drogodependencia ou outros trastornos aditivos que
se atopen en proceso de rehabilitación ou reinserción social.
Internos en centros penitenciarios cuxo réxime de reclusión permita acceder ao
emprego e con relación laboral non incluída no art. 1 do RD 782/2001 de 6 de
xullo , así como liberados condicionais e ex reclusos.
Menores internos incluídos no ámbito de aplicación da LO 5/2002
(responsabilidade penal menor) cuxa situación lles permita acceder a un
emprego e cuxa relación laboral non estea incluída no ámbito de aplicación da
relación laboral especial do art. 53.4 do regulamento da lei do menor, así como
aos que se atopen en liberdade vixiada e ex internos.
Persoas procedentes de centros de aloxamento alternativo autorizados polas
CCAA, Ceuta e Melilla
Persoas procedentes de servizos de prevención e inserción social autorizados
polas CCAA, Ceuta e Melilla.
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
56
Non poderán ser contratados por este tipo de contrato:
As persoas traballadoras que nos 2 anos inmediatamente anteriores
prestasen servizos en igual ou diferente empresa de inserción, mediante
contrato de traballo, incluída esta modalidade, salvo que, no suposto de
fracaso dun proceso previo de inserción ou de recaída na situación de
exclusión, fose considerado o contrario polo servizo público competente
á vista das circunstancias persoais do traballador.
As persoas traballadoras que finalizaran a súa relación laboral de
carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do
contrato excepto no suposto previsto no art. 8.2 da lei 43/2006.
Características do contrato de traballo para traballadores/as
desempregados/as contratados/as por empresas de inserción laboral
Normativa:
– Lei 43/2006 de 29 de decembro (BOE 30 decembro) disposición adicional 1ª.
– Lei 44/2007 de 13 decembro, (BOE 14 decembro de 2007) art.15,
modificado pola disposición adicional 12ª da lei 27/2009 de 30 de decembro
(BOE 31 decembro de 2009)
Requirimentos da empresa:
– Estar cualificada como empresa de inserción e inscrita no rexistro
correspondente (e cumprir o resto de requirimentos para ser considerada
empresa de inserción: promotores, reparto beneficios, número mínimo de
persoal en inserción, etc.)
– Non poderán contratar temporalmente persoas en situación de exclusión
social as empresas que, nos 12 meses anteriores á contratación, extinguiran
contratos indefinidos por despido recoñecido improcedente ou por despido
colectivo
– O período de exclusión contarase dende o recoñecemento ou declaración da
improcedencia do despido ou do despido colectivo.
Incentivos:
Bonificacións das cotas da seguridade social de 70,83€/mes (850€/ano) durante
toda a vixencia do contrato (máximo 3 anos).
Indemnización:
12 días de salario por ano de servizos.
Formalización:
– Por escrito e no modelo oficial
– Comunicarase nos 10 días seguintes á súa celebración ao servizo público
de emprego.
CO
NT
RA
TO
DE
TR
AB
AL
LO
PE
SO
AS
EN
SIT
UA
CIÓ
ND
E E
XC
LU
SIÓ
N S
OC
IAL
EN
EIL
57
Duración:
Poderá formalizarse por un período mínimo de 12 meses e máximo de 3 años.
Excepcionalmente pode ser menor se dentro dun itinerario de inserción
previamente pactado así o aconsellan os Servizos Sociais Públicos (nunca
menos 6 meses).
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
58
9
PRINCIPAIS ATRANCOS PARA A
CREACIÓN DUNHA EMPRESA DE
INSERCIÓN LABORAL
59
9. PRINCIPAIS ATRANCOS PARA A CREACIÓN DUNHA
EMPRESA DE INSERCIÓN LABORAL
Escasa disposición de capital nas empresas de
inserción laboral e nas súas entidades promotoras
As promotoras e as propias empresas de inserción, teñen como condición
organizativa non repartir beneficios senón reinvestilos na súa actividade ou en
beneficios sociais. Isto fai moi difícil que poidan recuperar o capital investido e
aínda máis xerar e repartir beneficios o que implica dificultades para crecer.
Persoal con baixa cualificación laboral, menor
produtividade e maiores custos
O persoal polas características da empresa de inserción carece na maioría dos
casos de cualificación profesional. Isto conduce a que estas empresas traballen
fundamentalmente en sectores nos que non necesitan de man de obra
cualificada e intensivos en emprego. A produtividade é menor que a do persoal
en situación normalizada, condicionada tamén pola obriga de dedicar parte da
xornada laboral a labores de formación, orientación e acompañamento o que
supón uns gastos de persoal maiores que noutras empresas.
Escasa flexibilidade na contratación
O obxectivo final deste tipo de empresas, a inserción laboral, e a forma de
contratación fai moi complicado a contratación en función das cargas de
traballo da empresa..
Confusión entre o papel empresarial e social
(Dualidade do obxecto social)
Na empresa de Inserción coexisten dous obxectos sociais. O principal que a
inserción socio-laboral das persoas en situación de risco ou exclusión social e
por outro lado o obxecto da súa actividade económica.
Sectores de actividade con importante competencia de
prezo e de servizo
As empresas de inserción laboral traballan fundamentalmente en sectores onde
existe gran competencia tanto de prezo como de servizos (ex. servizos de
limpeza, reformas, reparto, xardinería, …).
Guía para a creación de Empresas de Inserción Laboral
60
Escasa capacidade de negociación cos clientes e
provedores
Debido á escasa dimensión, por norma xeral, dos contratos e servizos
prestados por este tipo de empresas as condicións de negociación cos clientes
polo prezo do servizo e cos provedores respecto da compra de materias primas
son moi escasas co cal a marxe comercial é moito menor.
Certa dificultade á hora de atopar clientes
Existen certos prexuízos cara as persoas pertencentes aos colectivos que
traballan estas empresas. Pero como tódolos prexuízos son baseados en
fundamentos na maioría das veces errados e falsos.
Falta de iniciativas de reserva de mercado e escasa
utilización das cláusulas sociais nos seus procesos de
contratación
Non son os únicos recursos nin bastan por si sós pero son ferramentas
importantes sobre todo no ámbito de traballo das Empresas de Inserción e en
xeral de toda a “Economía Social”.
A Administración debe mercar e contratar ao mellor prezo, pero tamén é a súa
obriga facelo co maior beneficio social posible. Actuacións deste tipo
conseguen non so que determinadas persoas atopen traballo, senón, ademais,
serven para diminuír os custos sociais da Administración, xa que pasan de ser
suxeitos pasivos das políticas sociais, recibindo subsidios e rendas de inserción
a ser suxeitos activos laboralmente que xeran rendas, recursos e a pesar de ter
unha rendibilidade menor á dun traballador en situación normal son capaces de
xerar riqueza e contribuír en vez de só recibir.
Puntos outorgados nas fases
de valoración dentro dos
procesos de contratación
desenvolvidos polas
administracións públicas
CONTRATACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
MERCADOS RESERVADOS
Condicións de acceso para as
empresas a un determinado
mercado público e/ou reserva
dunha porcentaxe dese
mercado
CLÁUSULAS SOCIAIS
PR
INC
IPA
IS A
TR
AN
CO
S P
AR
A A
CR
EA
CIÓ
N D
UN
HA
EM
PR
ES
AS
DE
EIL
61