cuestiÓn teÓrica 7: os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos

Post on 05-Aug-2015

91 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

CUESTIÓN TEÓRICA 7: Os usos do solo e a súa distribución: tipos e

factores explicativos

IES JOJHAN CARBALLEIRA (BUEU)

  O sector Primario

Na actualidade o sector primario só dá emprego ao 4,5% dos ocupados en España, e xera unha proporción algo inferior (4%) do PIB: a produción final agraria é hoxe un 30% superior á de hai un cuarto de século grazas ao seu maior grao de tecnificación.

O sector primario ten un valor estratéxico (autonomía alimentaria, achega de materias primas, manter poboación e emprego en áreas rurais, preservar o medio ambiente...).

Os grandes tipos de usos do solo: terras labradas

As terras labradas comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total de España) Esténdense polas grandes cuncas e vales interiores, (vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana, Guadalquivir), algunhas depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga, etc.) e o

litoral mediterráneo Son escasas tanto nas rexións do norte

peninsular, coma nas áreas de montaña e o arquipélago canario.

Os grandes tipos de usos do solo: terras labradas

• Nas terras labradas:

Cultivos de regadío

Cultivos de

secaño

Os grandes tipos de usos do solo: Os prados e pastos

Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total), ocupan as áreas máis húmidas, topograficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo.

ClasifÍcanse en: pradarías permanentes desde Galicia ao País Vasco (gando

vacún).

pastos estacionais no oeste (gandaría bovina, ovina e porcina)

pastos de altura, utilizados tradicionalmente por unha

gandaría transhumante principalmente ovina.

Os grandes tipos de usos do solo: Os prados e pastos

Pradarías permanentes

Prados estacionais

Prados de altura.

Transhumancia

Os grandes tipos de usos do solo: As áreas forestais

As áreas forestais: ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total), sobre todo nas rexións máis húmidas, nas principais cadeas montañosas da Península e nos arquipélagos . Nelas explótase a madeira e outros produtos complementarios (cortiza, froitos, etc.), e úsanse para a caza.

Os grandes tipos de usos do solo:

Os restantes usosOs restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas

(que constitúe o 17% da superficie total); inclúense desde os terreos ermos improdutivos ata as áreas urbanizadas, as ocupadas por infraestruturas

(como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís) e os espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros).

Factores explicativos da distribución de usos do solo

As condicións naturais: - dominio atlántico: predominio de prados e bosques

- dominio mediterráneo: predominio de terras labradas

- dominio subtropical das illas Canarias: a aridez é o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas expostas aos ventos alisios.

- áreas montañosas : a elevada altitude e pendente, os solos pouco profundos e o descenso térmico favorecen a existencia de prados e bosques

- chairas: predominio das terras cultivadas

- o tipo de solo: a súa composición determina a súa fertilidade. Algúns están máis afectados pola erosión e son menos produtivos.

- A dispoñibilidade de auga: cultivos de secaño e de regadío

Factores explicativos da distribución de usos do solo

A evolución histórica e a estrutura da propiedade:

- paso dunha economía de subsistencia a outra de mercado- na gran propiedade, son habituais os usos extensivos con

poucos rendementos por hectárea ,pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles

- a pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendementos

- os latifundios: atópanse sobre todo en Andalucía, Aragón, Estremadura e en zonas da submeseta sur. Predominan pastos e cultivos de secaño

- os minifundios: predominan en Galicia, na submeseta norte e na Comunidade Valenciana. Destacan as terras labradas e o regadío. Na actualidade están modernizándose pola aplicación dunha política de concentración parcelaria.

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Predominio de prados e bosques

nas montañas e no dominio oceánico

Predominio de terras labradas nas chairas e no

dominio mediterráneo

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Solos fértiles

Solos erosionados

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Cultivos de secaño

Factores explicativos da distribución de usos do solo

 

Cultivos de regadío

Factores explicativos da distribución de usos do solo

Latifundios e minifundios

top related