cig informa reforma laboral · 2017-10-14 · confederación intersindical galega 2 marzo 2012 •...

Post on 13-Feb-2020

9 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Marzo 2012

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

Todas e todos á folga xeral do 29 de marzo

MOBILÍZATE!MOBILÍZATE!

En nome dunha crise provocada polas políticas entregadas á gran Banca, ao gran capital fi nanceiro, ás multinacionais a aos poderosos, o goberno do PP volve, máis unha vez, a castigar as vítimas deste sistema: as traballadoras e os traballadores.

O PP, en lugar de incentivar me-didas contrarias ás que nos levaron a esta crise, pretende continuar con políticas ultraliberais que veñen im-postas desde instancias económicas e políticas (BM, FMI UE), non suxei-tas a ningún control democrático. Coa desculpa de combater o défi cit e a débeda pública, asáñanse co gasto social, cos servizos públicos e coas conquistas laborais, favorecen-do, descaradamente, os intereses do capital fi nanceiro e especulativo, e empobrecendo, aínda máis, aos que menos teñen.

Pretendese, de novo, que sexan as súas traballadoras e traballadores e os servizos públicos os que paguen as consecuencias desta crise, debida a un sistema especulativo e totalmen-te inxusto que comporta a destrución de todo o que é público, a precari-zación das condicións de traballo e amplía as desigualdades sociais

Así, constatamos: • A mingua de 425 millóns nos or-

zamentos destinados á educación en Galiza, desde o ano 2009.

confederación intersindical galega2

marzo 2012

• A eliminación da gratuidade dos libros de texto.

• A supresión de máis de 1000 pro-fesores/as.

• A eliminación de máis de 3000 postos escolares e 176 unidades nos centros públicos.

• O empeoramento da atención á educación especial e á diversida-de.

• A ampliación dos concertos e a entrega, por parte da Consellaría, de máis de 247 millóns de euros ao ensino privado, amais de sub-vencións adicionais.

• A depreciación en máis dun 15% dos nosos salarios, en menos de tres anos.

• A diminución, de novo, das nosas nóminas entre 20 e 45 euros men-suais, a causa do incremento do IRPF.

• O incremento dos descontos

nun 1% para pasivos e MUFACE, 16,94 euros no caso de mestres/as, e 21,56 euros nos PES anuais.

• A supresión da xubila-ción LOE.

• O incremento do horario lectivo do profesorado, empeorando a calidade do ensino, para destruír emprego.

• A redución, aos interinos/as e laborais, das súas re-tribucións nos primeiros 21 días de baixa por continxencias comúns.

• A liquidación do Fondo de Acción Social.

• A non convocatoria de oferta de emprego, co obxecto de amortizar prazas.

• A supresión das licenzas por es-tudo e da matrícula gratuíta na

universidade.

Todas estas medidas en contra dos dereitos laborais e salariais do profesorado están orientadas a dete-riorar, recortar e privatizar os servizos públicos e destruír emprego, imposi-bilitándolles o acceso ao traballo aos máis novos.

Agora, o goberno do Estado do PP vén de aprobar unha reforma laboral que supón o desmantelamento dos dereitos laborais, conquistados pola clase traballadora en décadas de loi-ta, para favorecer a parte máis forte nas relacións laborais, o capital.

A reforma causará unha despro-tección absoluta á clase traballadora. Provocará un empobrecemento xeral das traballadoras e traballadores e un enriquecemento da minoría máis rica. Traslada diñeiro público do Estado ás empresas nas bonifi cacións, nas de-ducións fi scais e no pagamento das indemnizacións por despedimentos, reducindo o gasto en sanidade, en-sino, servizos públicos, pensións e prestacións.

Estamos ante unha reforma que fa-cilita o abaratamento do despedimen-to, xeneralizándose o despedimento obxectivo (20 días por ano de traballo cun máximo de 12 mensualidades) por causas técnicas, organizativas

confederación intersindical galega3

marzo 2012

ou produtivas que tamén poderá ser aplicado no sector público, e redúce-se nun 70% o custo do despedimento improcedente. Suprímese a autoriza-ción administrativa nos despedimen-tos colectivos para os ERE de extin-ción que tamén se poden producir no sector público.

As baixas por incapacidade tem-poral común poden ser motivo de despedimento, cando nun período de 2 meses se superan 8 días de baixa ou 21 días en catro meses, en dúas baixas distintas.

Estabelécese a fl exibilidade total na contratación para menores de 30 anos a través do período de proba dun ano. Durante este ano, poderase despedir sen ningún tipo de indem-nización. A empresa contará con bonifi cacións, axudas públicas e de-ducións fi scais.

Modifícase a regulación de contra-tación a tempo parcial para permitir a realización de horas extras.

Permítese que os empregados/as que cobran prestación poidan facer traballos sociais sen compensación económica, o que vai supor que se substitúa persoal laboral das admi-nistracións por persoas preceptoras

de prestación por desemprego. Facilítase o descolgue dos conve-

nios e o convenio de empresa ten prioridade absoluta fronte aos sec-toriais. Deste xeito, restrínxense os dereitos de negociación colectiva, permítese que a empresa, alegando condicións obxectivas, poida baixar os salarios, ampliar a xornada de traballo, modifi car o horario e cam-biar as vacacións. Se non hai acordo despois de dous anos de fi nalizar a vixencia do convenio, perderanse to-dos os dereitos, quedando regulados polo Estatuto dos traballadores/as.

A coartada para este golpe de estado contra os nosos dereitos é que temos un mercado laboral ríxi-do, cando a realidade é que o ano pasado fi xéronse no Estado máis de 18 millóns de contratos por horas, por días, de interinidade, por substi-tución, por obra, por ETT (Empresas de Traballo Temporal).

Estamos ante unha reforma do go-berno do PP que supón un saqueo aos dereitos da clase traballadora. Esta reforma vai comportar máis des-emprego, aumento da precariedade e inseguridade no traballo. Trátase de facilitar o despedimento, o que su-porá máis paro. O empobrecemento da clase traballadora non activará a

economía, xa que reducirá o consu-mo. Así podemos ver como todos os países de Europa que teñen os sa-larios máis baixos son os que teñen unha crise máis fonda, máis paro e máis precariedade nos contratos ou, polo contrario, como no País Vasco, cos mesmos dereitos ca nós e uns salarios superiores aos nosos nun 40%, teñen a metade de paro que en Galiza.

Amais de todas estas razóns para ir a folga, temos que saber que ou respondemos con contundencia o día 29 ou o goberno do estado terá as mans libres para que nos orzamentos do estado, que está previsto sexan aprobados a fi nais de mes, continúe recortando no ensino e nos dereitos laborais do profesorado e dos empre-gados/as públicos/as.

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 santiago@cig-ensino.com

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñaacorunha@cig-ensino.com

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. 986610465baixominho@cig-ensino.com

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. 986302987morrazo@cig-ensino.com

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. 981358760ferrol@cig-ensino.com

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: lugo@cig-ensino.com

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. 988222855ourense@cig-ensino.com

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. 986855050pontevedra@cig-ensino.com

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. 982129593amarinha@cig-ensino.com

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. 988411013verin@cig-ensino.com

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. 986262844vigo@cig-ensino.com

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. 986505323salnes@cig-ensino.com

Os nosos locais

Existen alternativasOutro modelo económico e social é posíbel

Empecemos por:• Unha reforma fi scal na defensa dun modelo que grave máis as rendas máis altas, as grandes fortunas, a banca e as

grandes empresas.• Medidas contra a fraude fi scal.• Eliminar os paraísos fi scais.• Penalizar os movementos especulativos do capital.• Crear unha banca pública.• Mellorar o poder adquisitivo dos salarios.• Incrementar o investimento público.• Mellorar os servizos públicos básicos como o ensino, a saúde ou a asistencia social.• Mellorar as prestacións dos sistemas públicos de protección social.• Fomentar a economía produtiva fronte á especulativa.• Crear empresas públicas en sectores estratéxicos da economía.• Defender un novo modelo económico e social xusto, solidario, democrático e sustentábel social e ambientalmente.• Defender un Marco Galego de Relacións Laborais con plenas competencias, dentro dun marco político amplo de

soberanía política para Galiza.

top related