2016 07 02 memoria 2015 gl · 2016. 7. 4. · - manuel gallego. arquitectura 1969-2015 63 -...

39

Upload: others

Post on 27-Jan-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 3

    MEMORIA2015

    Fundación Barrié

    fundacionbarrie.org/memoria2015

    Imaxe portada e contraportadaObra de Kiko Pérez pertencenteá Colección de Pintura Internacionalda Fundación Barrié

    Arriba abaixo esquerda dereito, 2015109 × 82 cm

  • 2 3

    ACCIÓN SOCIAL 43· Profesionalización do Terceiro Sector Social 44- Programa Máis Social 45· Reinserción social 50- Programa de axuda a centros penitenciarios 50· Intervención social 52- Programa Rede Paraugas Alzheimer 52· Prevención social 54- Programa de atención a menores e educación familiar 54- Di K Non. Prevención do consumo de drogas 55- Ktorce-18. Prevención de condutas infractoras 55· Outras colaboracións 56· Recoñecementos 56

    PATRIMONIO E CULTURA 59· Conservación e recuperación do Patrimonio 60- Programa Catedral de Santiago de Compostela 60· Exposicións 62- Out to Sea? Proxecto dos Residuos de Plástico 62- Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre 63 - Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015 63- Exposicións itinerantes 65- Conmemoración Día das Letras Galegas 65· Conferencias 66- A historia da Beleza. De Fidias a Picasso 66- A Biblia do Prado. A historia sagrada na arte 67- Mentres sucede. Derivas do presente. Arte e cultura no novo século (I) 68· Fondo Documental 69- Biblioteca e publicacións 69- Novas publicacións 70

    Índice | Memoria 2015

    CARTA DO PRESIDENTE 5

    PADROADO 7

    ORGANIGRAMA 9

    A FUNDACIÓN EN CIFRAS 10

    INSTITUCIONAL 14

    EDUCACIÓN 17· Formación do talento de posgrao 18- Programa de bolsas de posgrao no estranxeiro 18- Asociación de Bolseiros 21· Formación do talento universitario 24- Mentores Barrié 24· Promoción do éxito escolar: educaBarrié 24- Bolsas High School 24

    · Formación do profesorado 25- Talento 3.0 25

    · Fomento de vocacións científico-tecnolóxicas 28- Educación STEM 28

    · Educación en valores 29- Proxecto Convivimos 32

    · Desenvolvemento e impulso á creatividade 30- Xornadas educaBarrié sobre experiencias de patrimonio na infancia 30- Espertamos ás artes 30- Un artista na escola 31- Kreaturama 31

    CIENCIA 33

    · Apoio á investigación científica 34- Fondo de Ciencia 34· Formación do talento investigador 38- Science Xpression 38- GRADschool 38· Transferencia do coñecemento 40- Metodoloxía do Fondo de Ciencia 40- Programa de Adestramento en Transferencia de Tecnoloxía 40- Redes de Excelencia 41

    Índice

    Memoria 2015 | Índice

  • 4 5

    Cando nos achegamos ao medio século de actividade, desde as primeiras accións en que se sentaron as ba-ses deste gran proxecto de Pedro Barrié de la Maza ata os esforzos na busca dunha presenza cada vez máis aberta a compartir ideas e afáns, a influír e a deixarse influír, cremos que o percorrido que fixemos, e neste fixemos quero incluír a todos os que o compartillaron connosco, cumpriuse coa coherencia necesaria como para dicir que fomos fieis á vontade do noso fundador.

    A historia, polo demais, foinos ensinando que cambiar, nun mundo que non deixa de facelo, é a maneira de seguir a ocupar a mesma posición relativa de ser fiel a un propio.

    O ano de 2015, cuxos principais fitos pretendemos encerrar nesta memoria, foi precisamente un ano de profunda reflexión institucional. Unha introspección

    cuxo reflexo máis visible pode ser a nosa nova presen-za web na que coidamos especialmente a xerarquiza-ción de conceptos: programas con principio e fin son agrupados por liñas estratéxicas, que son o que en rea-lidade conta a nosa actuación ao longo do tempo. O temporal e o permanente son dous extremos cos que podemos etiquetar todas as nosas accións, importan-tes en si mesmas todas elas, pero que deben ocupar o seu xusto lugar cando se queren manter os trazos que nos definen.

    O noso obxectivo segue a ser o mesmo: a busca dun futuro mellor para Galicia, baseados na fe nas persoas, a través da propia sociedade como motor deste no que a nosa fundación pode participar fundamentalmente a través do apoio a unha concepción da educación que abrangue todas as esferas da personalidade, unha sorte de chave que nos permite asomarnos ao futuro.

    José María Arias MosqueraPresidente da Fundación Barrié

    Cartado Presidente

    Carta do Presidente | Memoria 2015

  • 6 7

    PRESIDENTE Sr. Don José María Arias Mosquera* VICEPRESIDENTA Srra. Dona Pilar Romero Vázquez-Gulías* VOGAL SECRETARIO Sr. Don Vicente Arias Mosquera*

    VOGAISSra. Dona María Luisa Martínez Poch**

    Sra. Dona Loreto Arias Mosquera*

    Sra. Dona Pilar Arias Romero*

    Sr. Don Miguel Sanmartín Losada**

    Sr. Don Joaquín Arias Romero*

    Sr. Don Carlos Lema Devesa**

    Sr. Don Ángel Carracedo Álvarez**

    Presidente do Tribunal Supremo**

    Presidente do Consello Superiorde Investigacións Científicas**

    Avogado Xeral do Estado- Director do Servizo Xurídico do Estado**

    * Patrón familiar / ** Patrón independente

    Padroado

    Padroado | Memoria 2015

    Esquerda:Pedro Barrié de la Maza e Carmela Arias y Díaz de Rábago

  • 8 9

    PRESIDENTE EXECUTIVO José María Arias Mosquera INVESTIMENTO E FINANZAS Directora Xeral de Investimentos Ana José Varela González INTERVENCIÓN XERAL E CONTROL DE XESTIÓN Interventor Xeral de Intervención e Control de Xestión Juan Rioboo Lata Responsable de Administración e Finanzas Manuel Peón Mosquera Director de Control de Xestión Francisco Gómez Pose Técnico de Intervención Beatriz Santos García Asistente de Administración Silvia Rey Barral

    COMUNICACIÓN E IMAXE CORPORATIVA Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa Suzana Mihalic Asistente de Comunicación Herminia Fariña López

    ÁREASEDUCACIÓN Director de Programas Antonio Varela Fariña Coordinadora de Programas Montse Orta Isasi CIENCIA Directora de Programas María José Mariño Fontenla Coordinadora de Programas Olga Otero Tovar

    ACCIÓN SOCIAL Directora de Programas María Isabel Pérez Martínez Coordinadora de Programas Inés Fuster Sanjurjo PATRIMONIO E CULTURA Director de Programa José Enrique Fernández Varela Biblioteca e Arquivo Documental Diego Rodríguez González

    Organigrama

    Organigrama | Memoria 2015

    Esquerda:Detalle da sede da Fundación Barrié en Vigo.

  • 10 11

    PATR

    IMO

    NIO

    E

    CU

    LTU

    RA

    IMPACTOS EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN

    792.429PARTICIPANTES172.470 EN 2015En actividades divulgativase didácticas sobre patrimoniodesde 2009.

    CIE

    NC

    IA A Fundación en Cifras - Indicadores | Memoria 2015

    4PROXECTOSDESDE 2011De Investigación do Fondo de Ciencia en fase de desenvolvemento de negocio.

    448.673PUBLICACIÓNS5.606 EN 2015Doadas desde 1966.

    247PROFESIONAIS26 EN 2015Asistiron a xornadas de formación en transferencia de tecnoloxíadesde 2010.

    3.945.118USUARIOS181.355 EN 2015Da programación culturaldesde 1999.

    438INVESTIGADORES88 EN 2015Participaron en actividades de desenvolvemento de competencias desde 2012.

    180CONTACTOS50 EN 2015Comerciais realizados desde 2011.

    1.192

    EN 2015AC

    CIÓ

    N

    SOC

    IAL

    EDU

    CA

    CIÓ

    N

    A Fundación en cifrasIndicadores

    Memoria 2015 | A Fundación en Cifras - Indicadores

    100% 1.148MÓDULOS CENTROS

    429 EN 2015De respecto en centros penitenciarios apoiados en Galicia desde 1971.

    Participaron en actividades educativas desde 2012.

    22.289 3.289ALUMNOS PROFESORES5.862 EN 2015 710 EN 2015Participaron na prevención social nos ámbitos da saúdee condutas infractoras desde 2011.

    Participaron en xornadas de formación desde 2012.

    80% 186.078ENTIDADES ALUMNOSDESDE 2011 42.992 EN 2015Melloraron a súa presenza onlinea través do Programa Máis Social.

    Participaron en actividades educativas desde 1968.

    2.226PERSOASDESDE 2015Beneficiáronse do Programa de Atención a Menores e Educación Familiar.

    15.313BOLSAS144 EN 2015De estudo concedidasdesde 1968.

  • 12 13

    DES

    DE

    1966

    9,7%SEDES E OUTROS BENS AFECTOS A FINS FUNDACIONAIS37,9 M€

    11,3%ACCIÓN SOCIAL44,4 M€

    8,9%CIENCIA34,9 M€

    36,5%PATRIMONIO

    E CULTURA143,2 M€

    33,6%EDUCACIÓN132,2 M€

    TOTAL

    392,6 M€

    A Fundación en Cifras - Investimento | Memoria 2015

    EN 2

    015

    A Fundación en cifrasInvestimento

    17,4%ACCIÓN SOCIAL1,5 M€

    29,1%EDUCACIÓN2,5 M€

    11,6%CIENCIA

    1,0 M€

    41,9%PATRIMONIO

    E CULTURA3,6 M€

    TOTAL

    8,6 M€

    Memoria 2015 | A Fundación en Cifras - Investimento

  • 14 15

    1 DE OUTUBRODÍA EUROPEO DE FUNDACIÓNS E DOANTES

    A Fundación Barrié uniuse á celebración da segunda edición do Día Europeo de Fundacións e Doantes (1 de outubro) cunha xornada divulgativa que abriu as portas da súa sede na Coruña a máis dun cento de xoves. Alumnos de 4º da ESO do Colexio Santa María do Mar da Coruña tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man, a historia da institución así como as actuacións do presente e os obxectivos do futuro. A actividade compúxose dunha presentación xenérica na que aprenderon que é unha fundación e cal é o seu papel no desenvolvemento social, cultural, edu-cativo e económico da nosa sociedade así como dun concurso final. Os alumnos puideron coñecer parte da Colección Internacional de Pintura Contemporá-nea, a colección permanente de pintura de Francisco Lloréns así como as actuacións realizadas pola funda-

    ción na Catedral de Santiago con especial fincapé no Programa Catedral que aborda o proxecto de conser-vación e restauración do Pórtico da Gloria. O obxecti-vo final foi achegar aos xoves ao importante labor que desenvolve a Fundación e potenciar o coñecemento do sector fundacional.

    O Día Europeo de Fundacións e Doantes é unha inicia-tiva promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundacións (AEF) impulsa en España.

    Institucional

    Arriba:O presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, explica que é unha Fundación aos alumnos de 4º de ESO.

    13 de setembro, 2015

    Memoria 2015 | Institucional Institucional | Memoria 2015

    15

  • 16 17

    Educación

    Áreas - Educación | Memoria 2015

    LIÑ

    AS

    ESTR

    ATÉ

    XIC

    ASFORMACIÓN DO TALENTO DE POSGRAO

    Programa de bolsas de posgrao no estranxeiro

    Asociación de Bolseiros

    FORMACIÓN DO TALENTO UNIVERSITARIOMentores Barrié

    PROMOCIÓN DO ÉXITO ESCOLAR: educaBARRIÉBolsas High School

    Formación do profesorado

    Talento 3.0

    Fomento de vocacións científico-tecnolóxicas

    Educación STEM

    Educación en valores

    Convivimos

    Desenvolvemento e impulso á creatividade

    Xornadas educaBarrié sobre experiencias de Patrimonio na infancia

    Espertamos ás Artes

    Un artista na escola

    Kreaturama

    Aeducación sérvenos para afrontar o futuro e me-drar en situacións que certamente requirirán de habilidades e coñecementos de carácter intensivo, innovador e creativo.

    A diversidade de accións en educación dos últimos 50 anos centrouse en 5 áreas de desenvolvemento con obxectivos complementarios: o acceso a oportunida-des de formación altamente relevantes para Galicia, a formación de profesores, a globalización, o talento, e o fomento da creatividade. A Fundación aposta por consolidar a interacción entre estas accións para ins-pirar melloras sistémicas na educación de Galicia.

    No 2015 a Fundación continuou a traballar sobre o eixe da detección e o desenvolvemento do talento, tanto a nivel de posgrao e universitario como no ámbito escolar.

    Esquerda:Entrega das credenciais aos novos bolseiros de bolsas de posgrao no estranxeiro da man do presidente da Xunta de Galicia, o presidente e a vicepresidenta da Fundación Barrié e o presidente da Asociación de Bolseiros.

  • 18 19

    Áreas - Educación | Memoria 2015

    10 BOLSAS para a realización de estudos de Máster

    María Aguado Álvarez de Sotomayor Dereito Máster en Cooperación Institute of Development Studies Reino Unido ao Desenvolvemento (IDS), University of Sussex

    Javier Cudeiro Blanco Enxeñaría Biomédica Máster en Deseño de Dispositivos The Imperial College, London Reino Unido Médicos e Emprendemento

    Lila Fernández Delgado Administración MBA Insead Singapur e Dirección de Empresas

    Laura María Gómez Villasante Dereito MBA London Business School Reino Unido

    María López Quiroga Ciencias Biomédicas. Máster en Investigación Clínica Karolinska Institutet Suecia Neurociencia aplicada en Ciencias da Saúde

    David Antonio Rodríguez Martínez Enxeñaría Industrial Máster en Enxeñaría Cranfield University Reino Unido da Automoción

    Patricia Calvo Pérez Matemáticas Máster en Estatística Swiss Federal Institute Suíza e Investigación Operativa of Technology, Zürich

    Pablo González Álvarez Medicina Piano e Canto Postgraduate Diploma Royal Welsh College Reino Unido in Music Performance for Music and Drama

    Belén Presas Mata Xornalismo Máster en Relacións New York University Estados Unidos Internacionais

    Alejandro Vilar López Física teórica Máster en Física Teórica University of Cambridge Reino Unido

    NOME APELIDOS LICENCIATURA PRINCIPAL TITULACIÓN QUE SE VAI OBTER CENTRO DESTINO PAÍS DESTINO

    Dereita:Os 30 novos bolseiros da 26º edición

    do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro.

    Educación

    PROGRAMA DE BOLSAS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO

    Nesta edición convocáronse 10 bolsas para realizar es-tudos de máster e 20 bolsas para axudas á mobilidade internacional de xoves investigadores de programas de Doutoramento en Galicia para apoiar a formación de xoves titulados universitarios vinculados a Galicia e fomentar a investigación, o desenvolvemento e a in-novación en todos os ámbitos do coñecemento.

    Os 30 novos bolseiros recibiron as súas credenciais o 3 de xullo de 2015 nun acto presidido por Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, acom-pañado de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación, Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresi-denta da Fundación, e Fernando González Laxe, presi-dente da Asociación de Bolseiros.

    Cinco dos bolseiros cursarán os seus estudos de pos-grao en centros de prestixio de Estados Unidos como a Universidade de Nova York, a Universidade Politécni-ca Estatal de California, a Universidade de Rutgers, ou a Universidade de Míchigan. Outros 22 novos bolseiros cursarán os seus estudos en Europa, nun amplo abano de disciplinas e centros universitarios do Reino Unido, Bélxica, Suecia, Italia, Suíza, Alemaña, Francia ou Países Baixos. E por último, hai tres novos bolseiros que cursa-rán os seus estudos en Canadá, Brasil e Xapón.

    Desde a creación desta convocatoria en 1990, a Fun-dación outorgou 636 bolsas de posgrao no estranxei-ro para titulados universitarios vinculados a Galicia cun proxecto académico, investigador ou profesional claro e de interese para a comunidade.

    Os novos beneficiarios da 26º convocatoria foron os seguintes:

    Memoria 2015 | Áreas - Educación

    FORMACIÓNDO TALENTODE POSGRAO

  • 20 21

    Áreas - Educación | Memoria 2015

    Asociación de Bolseiros

    27 novos bolseiros uníronse á Asociación de Bolsei-ros que xa suma 944 socios, todos eles beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universita-rios en España ou no estranxeiro, e cooperan, a tra-vés da Fundación, co desenvolvemento de Galicia como obxectivo.

    O 4 de xullo tivo lugar a xornada de verán, na Coruña, cunha mesa redonda sobre Indignación e populismo: as claves do cambio político en España como tema cen-tral. A xornada contou coa participación de Xosé Luís Barreiro Rivas, politólogo, e os bolseiros Cristina Gó-mez Román e Francisco Seoane.

    Na xornada presentouse o nº18 da revista 43ºN8ºW, que ademais de incluír artigos de interese xeral es-critos polos bolseiros, entrevistas na sección Falamos con…, información sobre as actividades da Asocia-ción, información sobre os bolseiros na sección Pro-tagonistas, etc., inclúe un artigo sobre os 25 anos das bolsas de posgrao no estranxeiro.

    O 28 de decembro, a Asociación celebrou a tradi-cional xornada de Nadal dedicada nesta ocasión a A Innovación Sanitaria en Galicia. A xornada pechouse coa asemblea xeral ordinaria e unha visita á exposi-ción Manuel Gallego: Arquitectura 1969-2015 guiada por Pablo Gallego.

    www.becariosbarrie.org

    O politólogo Xosé Luís Barreiro López é entrevistado pola Televisión de Galicia antes da súa intervención na Xornada de Verán da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié.

    Sara Louredo Casado Dereito London School of Economics Reino Unido and Political Science

    Educación

    Memoria 2015 | Áreas - Educación

    20 AXUDASá mobilidade predoutoralpara a realización de estadíasen centros de excelencia no estranxeiro

    Ángel Álvarez Pardiñas Enxeñaría Industrial SINTEF Noruega

    Noelia Bouzas Cruz Medicina Montefiore Hospital Estados Unidos General Hospital of Toronto Canadá Hospital Freeman, Newcastle Reino Unido

    NOME APELIDOS LICENCIATURA PRINCIPAL CENTRO DESTINO PAÍS DESTINO

    Saray Busto Ulloa Matemáticas University of Trento Italia

    Eva Cabanelas Dopazo Veterinaria University of Bern Suíza

    Miguel Carrero Pazos Historia University College London Reino Unido

    Mercedes Conde Amboage Matemáticas Centre de Recherche Francia en Économie et Statistique

    Santiago García Vázquez Pedagoxía Universidade do Minho, Braga Portugal

    Lucía Casal de la Fuente Psicopedagoxía University College London Reino Unido

    Iria García Moreiras Bioloxía University of Victoria Canadá

    Noelia Guldrís Pensado Química Osaka University Xapón

    Diego Nodar López Enxeñaría Superior California Polytechnic Estados Unidos de Telecomunicación State University

    Víctor Sanmartín López Matemáticas Instituto Nacional Brasil de Matemática Pura e Aplicada

    Simón Oya Díez Enxeñaría Superior Rutgers, The State University Estados Unidos de Telecomunicación of New Jersey New Brunswick

    Andrés Seoane Fernández Química RWTH Aachen Univeristy Alemaña

    Sara Marsillas Rascado Psicoloxía Vrije Universiteit Brussel Bélxica

    María Roel Sánchez Veterinaria University of Michigan Estados Unidos Comprehensive Cancer Center

    Lucía Rey Ares Economía University of Groningen Países Baixos

    Laura Touriñán Morandeira Historia e Ciencias da Música Royal Academy of Music Reino Unido

    Marina Aurora Garzón Fernández Historia da Arte École des Hautes Francia en Sciences Sociales Études

  • 22 23

    3 de xuño, 201514 de xuño, 2015 7 de xuño, 2015

    Áreas - Educación | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Educación

  • 24 25

    Formación do profesorado

    TALENTO 3.0

    A Fundación Barrié, en colaboración coa Consellería de Educación e a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu, entre maio e xuño de 2015, a segunda edición do programa Talento 3.0, un programa de formación do profesorado galego en desenvolvemento do talento nas aulas. Este ambi-cioso proxecto busca como obxectivo fundamental, por segundo ano consecutivo, a sensibilización ante a necesidade de potenciar o talento como fonte de futuro para a evolución da nosa sociedade en todos os ámbitos.

    A formación ofrecida a través deste proxecto pionei-ro e innovador está dirixida, de modo específico, ao profesorado de Galicia (Infantil, Primaria, Secundaria e Orientación), facendo énfase na necesidade de detec-tar o talento nos alumnos e optimizar o seu desenvol-vemento nas aulas.

    O programa dividiuse en tres fases:

    Fase IConversas de divulgaciónDo 25 de maio ao 6 de xuño

    Ciclo de charlas con personalidades galegas relevan-tes no mundo da ciencia, a comunicación, as artes e o deporte. As Conversas tiveron lugar en Vigo, Lugo, Ou-rense e Santiago de Compostela. En cada cidade con-touse cunha parella ilustre, vinculada afectivamente a ese lugar, cunha posta en escena moi teatral, na que conversan durante 30 minutos sobre o talento, a súa relación co proceso educativo, a contribución do pro-fesorado ao desenvolvemento deste, os atrancos que cada un/unha encontrou nos seus respectivos cami-ños, os acicates e factores que contribuíron aos seus respectivos éxitos, os seus momentos de gloria e os seus momentos de fracaso. Contouse coa presenza de: Óscar Pereiro, que conversou con Terio Carrera; Es-tívaliz Veiga con Antonio Mourelos; Daniel Minimalia con Ramón Conde; e Jorge Mira con María Solar.

    Áreas - Educación | Memoria 2015

    MENTORES BARRIÉ

    Mentores Barrié é a rede de mentoring da Fundación Barrié, unha rede formada por profesionais, directivos, investigadores e empresarios, que actúan como men-tores de persoas vinculadas coa Fundación por algún dos seus proxectos formativos.

    En 2015 ponse en marcha un programa de mentoring para bolseiros de posgrao das promocións 2014 e 2015.

    Co Programa de Mentoring Bolsas de Posgrao propor-ciónase aos bolseiros a oportunidade de desenvolver un plan de acción individualizado, coa axuda dun men-tor, que lles permite:

    · Establecer unha estratexia para o desenvolvemento da súa carreira profesional.

    · Desenrolar habilidades e competencias necesarias para desenvolverse en contornos globais.

    · Ampliar a súa rede de contactos.

    · Potenciar as oportunidades que xera a súa bolsa de posgrao.

    O obxectivo é proporcionar aos participantes a oportu-nidade de potenciaren o valor da súa bolsa ao traballa-ren de xeito individual cun mentor profesional.

    BOLSAS HIGH SCHOOL

    O 20 de xuño tivo lugar na sede da Fundación Barrié na Coruña, a entrega de credenciais da sexta promo-ción do programa de Bolsas High School da Fundación Barrié e da Fundación Amancio Ortega. Dos 75 bolsei-ros desta promoción, 45 son mozas e 30 son mozos e proceden a maioría de centros públicos (72%, 54 es-colares), seguidos de estudantes de centros concerta-dos (28%, 21 escolares).

    En agosto de 2015 os bolseiros viaxaron a Estados Unidos para iniciar os estudos de Grade 11, equivalen-tes ao 1º curso de Bacharelato, nun instituto america-no (High School) de entre a rede de 18.000 centros públicos do país.

    Tras seis edicións conxuntas e 425 bolsas outorga-das, a Fundación Barrié considera cumpridos os seus obxectivos dentro do Programa Internacional de Bol-sas High School e conclúe a súa participación neste.

    FORMACIÓNDO TALENTOUNIVERSITARIO

    PROMOCIÓNDO ÉXITO ESCOLAR:EDUCABARRIÉ

    Educación

    Memoria 2015 | Áreas - Educación

  • 26 27

    Fase IIIFeira de Proxectos25 de xuño

    Combinación de exposición e formación. Os profeso-res que implementaron o modelo nos seus centros expuxeron e deron a coñecer os proxectos Talento 3.0 que levaron a cabo no curso escolar 2014-2015 nos distintos centros.

    Áreas - Educación | Memoria 2015

    Dereita: O ciclista Óscar Pereiro e o xornalista Terio Carrera inician

    o ciclo de charlas no marco do programa Talento 3.0na sede de Vigo.

    Fase IISummer Institute. Formación do Profesorado Do 22 ao 25 de xuño

    Curso intensivo de catro días, con carácter residen-cial, para formar a 50 profesores de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato e Orientadores de centros galegos. Conferencias e obradoiros impartidos por profesionais de prestixio internacional como o Dr. Joseph S. Renzully e a Dra. Sally M. Reis da University of Connecticut, Nicole Waicunas e Carla Brigandi, am-bas da Universidade de Connecticut, e a Dra. Carmen Pomar, da Universidade de Santiago de Compostela.

    Educación

    Memoria 2015 | Áreas - Educación

  • 28 29

    Educación

    CONVIVIMOS

    Proxecto educativo xurdido da colaboración coa Fun-dación Meniños que fomenta os valores e habilidades precisos para unha convivencia baseada no respecto ás diferenzas e na igualdade de dereitos e responsa-bilidades. Participaron 5.765 nenos e nenas de educa-ción infantil e primaria.

    Educación en valores

    Áreas - Educación | Memoria 2015

    Obradoiro A Maxia da Robótica.

    Memoria 2015 | Áreas - Educación

    Fomento de vocaciónscientífico-tecnolóxicas

    EDUCACIÓN STEMScience, Technology Engineering and Maths / Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas.

    As actividades realizadas no marco da educación STEM, para atraeren mozos e mozas cara ás discipli-nas de ciencia e tecnoloxía, contaron cunha gran res-posta por parte da comunidade educativa. As sedes da Coruña e Vigo acolleron obradoiros e certames que vinculan ciencia e tecnoloxía como A Maxia da Robótica,  Imatxina e UDCienciaBarrié. O fin último é contribuír ao aumento de carreiras científicas e inves-tigadoras, estimulando a curiosidade, e apoiando ao profesorado na innovación na ensinanza das discipli-nas STEM.

    68 centros desenvolveron no curso 2014-2015 os proxectos escolares A Farmacia Natural, orientado á aprendizaxe da botánica, Xeometría da Natureza, que estuda os padróns xeométricos evolutivos das espe-cies e OlimpiADN; e 40 centros expuxeron as mostras científicas itinerantes resultantes de concursos que vinculan arte e ciencia como InvestigArte, de fotografía científica, e MateExpo, de fotografía matemática.

    En total, 32.810 escolares, 1.377 profesores e 269 cen-tros educativos participaron nas actividades de fo-mento de vocacións científico-tecnolóxicas promovi-das e apoiadas pola Fundación Barrié.

    Colaboracións durante o curso escolar

    A Fundación Barrié colabora con outras entidades promovendo unha rede estable de cooperación Cien-cia-Educación que se concreta na promoción e parti-cipación en diferentes actividades en toda Galicia:

    · Día da Ciencia en Galicia. Real Academia Galega de Ciencias.

    · Campus de Verán Científico-Tecnolóxico. Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo.

    · Exper-i-ciencia. Consello Superior de Investigacións Científicas CSIC.

    Durante este ano apoiáronse concursos escolares como D3Mobile e Explícoche Matemáticas da Univer-sidade de Santiago de Compostela; Incubadora de Sondaxes e Experimentos de SGAPEIO e Mateblog da Asociación Galega de Profesorado de Educación Ma-temática AGAPEMA.

    Obradoiro UDCiencia que pretende achegar a ciencia aos xoves.

    Áreas - Educación | Memoria 2015

  • 30 31

    Áreas - Educación | Memoria 2015

    UN ARTISTA NA ESCOLA

    Dezaoito colexios de Galicia e un de Londres acepta-ron a proposta da Fundación Barrié de sumarse a Un artista na escola, un proxecto educativo que integra disciplinas artísticas nas súas aulas e que se desenvol-veu en 2015. Un artista na escola reúne nestes colexios a artistas e profesores, co propósito de utilizar a ex-presión artística como ferramenta didáctica para unha mellor asimilación dos contidos curriculares, ofrecen-do aos alumnos e profesores unha proposta innova-dora baseada no desenvolvemento da creatividade e das competencias básicas do currículo educativo. A actividade contou coa participación de 1.000 alum-nos, 47 profesores e 11 artistas.

    KREATURAMA

    Proxecto educativo desenvolvido nas sedes da Coru-ña e Vigo e que contou con 321 participantes. A acti-vidade propuxo, a partir de ferramentas manuais, dis-positivos electrónicos (smartphones, tablets...) e redes sociais, crear desde o cotián e desenvolver as habilida-des e as aptitudes de nenos e nenas e xoves de entre 6 e 16 anos, ofrecendo unha batería de propostas en formato campamento de verán arredor da arquitectu-ra, a fotografía, o deseño, a música e a arte, fusionando creatividade, sostibilidade e tecnoloxía e proxectando a cultura desde o participativo e o lúdico.

    Campamento de verán Kreaturama.

    Educación

    Memoria 2015 | Áreas - Educación

    Desenvolvemento e impulsoá creatividade

    XORNADAS EDUCABARRIÉ SOBRE EXPERIENCIAS DE PATRIMONIO NA INFANCIA (0-6)

    A Fundación Barrié programou na súa sede na Coru-ña as III Xornadas Internacionais educaBarrié sobre Pa-trimonio: “O Patrimonio Inmaterial na escola”, dirixidas a profesorado de todos os ciclos educativos, pedago-gos, educadores e estudantes de maxisterio así como a todas aquelas persoas interesadas en profundar coñecementos na área de Patrimonio Inmaterial. As xornadas, que contaron con 75 participantes, tiñan como obxectivo potenciar a didáctica do Patrimonio Inmaterial nas aulas coa finalidade de integralo, dado o enorme potencial que nos brinda, dunha forma in-terdisciplinar no currículo educativo.

    ESPERTAMOS ÁS ARTES

    A Fundación programou nas súas sedes da Coruña e Vigo espectáculos e actividades didácticas concibidos para que bebés e nenos de ata 4 anos gocen de es-pectáculos creados para potenciar a súa sensibilidade e se acheguen por primeira vez ao mundo do teatro e da música nun espazo escénico especificamente adaptado para eles, xa que os primeiros anos da vida dun neno son unha etapa crucial na súa educación, na que os sentidos xogan un papel esencial na súa aprendizaxe e desenvolvemento. Na súa sede na Co-ruña a actividade contou con 634 participantes e en Vigo con 1.024.

    Nenos menores de catro anos contemplan un espectáculo do ciclo Espertamos ás Artes na sede de Vigo.

  • 32 33

    LIÑ

    AS

    ESTR

    ATÉ

    XIC

    AS

    Ciencia

    Áreas - Ciencia | Memoria 2015

    APOIO Á INVESTIGACIÓN CIENTÍFICAFondo de Ciencia

    FORMACIÓN DO TALENTO INVESTIGADORScience Xpression

    GRADschool

    TRANSFERENCIA DO COÑECEMENTOMetodoloxía do Fondo de Ciencia

    Programa de Adestramento en Transferencia de Tecnoloxía

    Redes de Excelencia

    Oapoio á investigación galega de excelencia se-gue a ser unha prioridade para a Fundación ao entendela como piar do desenvolvemento econó-mico e o benestar social de Galicia con programas que obedecen a tres liñas estratéxicas: apoio á inves-tigación científica, formación do talento investiga-dor e transferencia do coñecemento.

    Para iso, impulsa programas de adestramento para unha transferencia de tecnoloxía eficiente, apoia a investigación próxima ao mercado a través do seu Fondo de Ciencia, elabora informes e estudos de tendencias no eido da ciencia galega, traballa para facilitar ao sistema de ciencia oportunidades de in-ternacionalización mediante a creación de redes de contacto entre a comunidade investigadora e o teci-do empresarial e apoia a formación de investigado-res de calquera disciplina para mellorar a súa efecti-vidade no ámbito laboral.

  • 34 35

    Ciencia

    Memoria 2015 | Áreas - Ciencia

    FONDO DE CIENCIA

    O Fondo foi creado en 2011 cunha dotación inicial de 5,5 millóns de euros. Continúa co seu obxectivo de promover a investigación de excelencia, fomentar a transferencia dos resultados científicos e tecnolóxicos xerados á sociedade, e abrir a ciencia e a I+D pública ao investimento privado. Nestes 4 anos desde a súa constitución apoiou e continúa a apoiar a xeración de oportunidades de investimento baseados en desen-volvementos científicos e tecnolóxicos.

    O fondo deu como resultado a creación de dous spin-off, Torusware (da Universidade da Coruña) e Nasas-biotech (da Fundación Ramón Domínguez), onde a Fundación segue a xogar un papel activo apoiando os seus equipos de xestión, e por outra banda continúase o apoio dos proxectos QuorumQuenching e SCAPE da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gra-diant, de Vigo, respectivamente.

    Patentes e acordos con posibles licenciatarios

    No marco das actividades do Fondo de Ciencia finan-ciouse o mantemento e entrada en fases nacionais nos principais mercados das patentes internacionais dos proxectos QuorumQuenching da USC e CTC Trap da Fundación Ramón Domínguez e o SERGAS. Con-tinuando co proceso de comercialización das tecno-loxías e resultados e grupos de investigación apoiados asináronse máis de 30 acordos de confidencialidade con potenciais licenciatarios tanto nacionais como internacionais en países como USA, China, Francia, Reino Unido, Malaisia e Alemaña entre outros, tanto destes dous proxectos como de Scape do Centro Tec-nolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant.

    APOIO Á INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

    2 de agosto, 2015

    Áreas - Ciencia | Memoria 2015

    35

  • 36 37

    Áreas - Ciencia | Memoria 2015

    Proxecto en desenvolvemento coa UDC: Torusware, a primeira spin-off creada no marco do Fondo

    A start-up Torusware foi creada en 2013, promovida e participada polos membros do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, a Universidade da Coruña e a Fundación Barrié, a través do Fondo de Ciencia. Está especializada na redución do tempo de resposta de aplicacións informáticas, e ten por obxecto conti-nuar co desenvolvemento e a comercialización dos resultados xerados dentro do proxecto apoiado pola Fundación denominado  HPC4HPT. Liderada polo in-vestigador Guillermo López, Torusware foi seleccio-nada (a única empresa española que o acadou ata o momento) para participar no acelerador de start-ups FintechInnovationLab promovido por Accenture en Londres e onde participan as principais entidades fi-nanceiras a nivel mundial como unha das empresas máis innovadoras de Europa dentro do sector Fintech. Aos numerosos premios nacionais e internacionais re-cibidos, en 2015 súmase o Premio Cinco Días á acción empresarial máis innovadora ligada á Universidade. Torusware desenvolve actualmente novos produtos, e acadou os seus primeiros clientes entre entidades financeiras internacionais, start-ups tecnolóxicas e empresas especializadas en Big Data.

    www.torusware.com

    Proxecto en desenvolvemento coa Fundación Ramón Domínguez Control da diseminación de células tumorais circulantes (CTC). Nasasbiotech, segunda spin-off creada no marco do Fondo

    A start-up Nasasbiotech foi creada en novembro de 2014 coa participación da Fundación Ramón Domín-guez, a Fundación Barrié e os investigadores do La-boratorio de Oncoloxía Translacional e o Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Univer-sitario de Santiago (CHUS) responsables do proxecto CTC Trap do que xorde.

    A empresa durante este tempo centrou os seus esfor-zos en realizar os ensaios precisos para poder iniciar a fase regulamentaria que esixe a lexislación para a in-trodución dun novo dispositivo médico no mercado. Para iso continuou co desenvolvemento do dispositi-vo médico deseñado e pretende comezar cos ensaios clínicos durante o ano 2016 coa finalidade de acadar a súa aprobación pola axencia española de medica-mentos e produtos sanitarios (AEMPS) e comezar a súa comercialización unha vez finalizados estes nos próximos anos.

    www.nasasbiotech.com

    Memoria 2015 | Áreas - Ciencia

    Proxecto en desenvolvemento coa USC: QuorumQuenching do Grupo Biotecnoloxía e Acuicultura da USC

    Este proxecto, financiado pola Fundación Barrié e li-derado pola profesora Ana María Otero da Universida-de de Santiago de Compostela, permitiu, mediante a realización de ensaios en laboratorio e de probas de campo, validar un mecanismo alternativo aos antibió-ticos para o tratamento de infeccións, a través da de-gradación dos sinais de comunicación das bacterias, denominadas quorumsensing, reducindo deste xeito a virulencia dos seus ataques e polo tanto facendo que sexa moito máis doado para o sistema inmune des-truílas. O produto final obtido é un aditivo alimenticio que se inclúe nos pensos dos animais e que prevén a aparición de enfermidades de tipo infeccioso que supón unha forte perda económica para o sector da acuicultura e a gandaría. A tecnoloxía está patentada nos principais mercados da saúde animal, EE.UU, Eu-ropa, China, entre outros, e na actualidade mantemos conversas con multinacionais do sector interesadas na súa explotación comercial.

    Proxecto en desenvolvemento co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, de Vigo. SCAPE, de seguridade computacional na nube

    Este proxecto pretende ofrecer unha serie de solucións de privacidade en contornos de cloud computing me-llorando a seguridade e evitando que esta dependa da confianza no provedor do servizo pero respectando os principios básicos do paradigma Cloud: escalabilidade, flexibilidade e optimización de recursos e están orien-tadas á súa transferencia ao sector empresarial.

    As solucións céntranse no procesado de información no dominio encriptado e o emprego da tecnoloxía dos criptoprocesadores. A primeira aplicación da tec-noloxía de SCAPE encóntrase no eido do proceso e compartición segura e privada de datos xenómicos. Neste eido e en colaboración coa Fundación Públi-ca Xenómica de Galicia, desenvolveuse un visor que permite a compartición privada e segura de datos xenómicos entre grupos de investigación e empresas. Estes desenvolvementos están claramente aliñados coa regulamentación que está a definir a Comisión Europea a respecto da protección da privacidade dos datos clínicos dos pacientes, con especial coidado dos datos xenómicos.

    Na actualidade estanse a realizar as probas finais da so-lución desenvolvida para a súa posterior transferencia á industria biotecnolóxica e farmacéutica

    Ciencia

  • 38 39

    SCIENCE XPRESSION

    Programa de competenciaspara xoves investigadores A Fundación Barrié organizou, xunto co Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), un cur-so para o desenvolvemento de habilidades e com-petencias comunicativas e promover a interacción entre investigadores de distintos eidos. O curso foi impartido polo Dr. Dale Laird, da Western University, Canadá, e o Dr. Christian Naus, da University of British Columbia, Canadá..

    21-25 de setembro

    Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela

    Sede Fundación Barrié, A Coruña

    Universidade da Coruña

    GRADSCHOOL

    88 investigadores das universidades e hospitais ga-legos participaron na cuarta edición do Programa GRADschool de Competencias Profesionais para In-vestigadores. Trátase dun programa de catro días, en réxime residencial, deseñado para desenvolver as habilidades transferibles (comunicación, liderado, tra-ballo en equipo,…) de estudantes de doutoramento, e posto en marcha pola Fundación Barrié xunto coas tres universidades galegas e o SERGAS.

    13-16 de outubro

    Los Abetos, Santiago de Compostela

    FORMACIÓN DO TALENTOINVESTIGADOR

    Áreas - Ciencia | Memoria 2015

    Ciencia

    Memoria 2015 | Áreas - Ciencia

    Participantes da cuarta edición de Gradschoolen Santiago de Compostela.

  • 40 41

    REDES DE EXCELENCIA

    A Fundación Barrié impulsa desde hai anos diversas iniciativas para propiciar unha rede estable de coo-peración internacional entre os ámbitos científico e empresarial, para favorecer a posta en valor e a trans-lación ao mercado dos grupos científicos de Galicia, e busca novas fórmulas para achegar a ciencia ao mer-cado e á sociedade.

    En 2015 a Fundación Barrié foi co-promotora da 9ª Edición do Technology Transfer Summit Europe que se celebrou por primeira vez en España da man de TTS Global Initiative, organización a nivel mundial que abrangue as compañías e institucións chave no eido da Biotecnoloxía, Biomedicina e Ciencias da Saúde.

    No TTS Europe Barcelona 2015 reuníronse os princi-pais actores en ciencias da vida e saúde orientado á eficiencia da transferencia de tecnoloxía e os resulta-dos de investigación, a internacionalización e o des-envolvemento de negocio e redes internacionais. En-tre os case 250 asistentes encontrábanse os axentes decisores chave, profesionais do eido universitario, start-ups e multinacionais, hospitais, fundacións e ins-titutos de investigación, venture capital, e entidades públicas e privadas de nivel europeo e internacional.

    Todos eles asistiron a unha mesa redonda sobre retos e oportunidades de financiamento da Biotecnoloxía na que participaron representantes de compañías como a suíza Aravis Venture Capital, London Stock Exchange, Rosetta Capital e Parkinson´s UK de Reino Unido) e a española Synthesis Capital.

    A Fundación Barrié coordinou unha delegación inte-grada por 16 destacados representantes de empresas e institucións galegas do ámbito da Biotecnoloxía e Saúde co fin de obter o maior beneficio destes foros internacionais para o tecido investigador e produtivo de Galicia.

    28 e 29 de abril

    Biomedical Research Park, Barcelona

    Áreas - Ciencia | Memoria 2015

    ADESTRAMENTO EN TRANSFERENCIADE TECNOLOXÍA

    Programa de desenvolvemento de negocio a partir da Tecnoloxía. No marco do  Programa de Adestramento en Trans-ferencia de Tecnoloxía,  creado en 2010, celebrouse unha actividade formativa en colaboración con ASTP Proton Knowledge Transfer Europe. Asistiron 26 pro-fesionais de Galicia e outras comunidades dedicados á avaliación e comercialización de tecnoloxías proce-dentes das universidades, oficinas de transferencia de resultados de investigación (OTRI), fundacións hospi-talarias, centros tecnolóxicos e outras entidades de I+D+i.

    26 e 27 de outubro

    Sede Fundación Barrié, A Coruña

    Ciencia

    Memoria 2015 | Áreas - Ciencia

    METODOLOXÍA DO FONDO DE CIENCIA Desde 2010 a Fundación Barrié vén deseñando e desenvolvendo unha metodoloxía propia de traballo cuxa factibilidade foi validada a través do investimen-to en proxectos reais, que foi perfeccionándose en base á experiencia, mediante unha filosofía baseada en “aprender-mellorar facendo” aplicada durante as fases de valorización, proba de concepto e comercia-lización de resultados científico-tecnolóxicos.

    No desenvolvemento desta metodoloxía do  Fondo de Ciencia contouse co asesoramento dun conxunto de expertos de nivel internacional, entre os que se en-contra a sociedade de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford.

    En 2015 culminou este proceso que permitirá a transferencia da metodoloxía a outros axentes para a súa aplicación.

    TRANSFERENCIADO COÑECEMENTO

    Xornada de formación con Jeff Skinner, director do Instituto de Innovación e Emprendemento Deloitte na London Business School.

  • 42 43

    LIÑ

    AS

    ESTR

    ATÉ

    XIC

    AS

    Acción Social

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015

    PROFESIONALIZACIÓN DO TERCEIRO SECTOR SOCIALPrograma Máis Social

    REINSERCIÓN SOCIALProgramas de axuda a centros penitenciarios

    INTERVENCIÓN SOCIALPrograma Rede Paraugas Alzheimer

    PREVENCIÓN SOCIALPrograma de atención a menores e educación familiar

    Di K Non Prevención do consumo de drogas

    Ktorce-18 Prevención de condutas infractoras

    RecoñecementosPremio FEGADACE

    Centro penitenciario A Lama

    Esquerda:Curso impartido por Juan Mezo no marco do programa Máis Social.

    Aprofesionalización do Terceiro Sector, a reinserción de persoas en exclusión, a prevención de condu-tas de risco en xoves e o desenvolvemento de progra-mas de intervención social que melloran a calidade de vida de colectivos en situación de desigualdade son os eixes estratéxicos da área de Acción Social.

    En 2015, a Fundación dá continuidade a estas liñas de actuación dirixidas á integración e normalización dos sectores máis vulnerables da sociedade, conso-lidando programas como Máis Social a través dunha nova convocatoria e continuando o apoio a progra-mas de atención directa como son os desenvolvidos en centros penitenciarios, Rede Paraugas Alzheimer ou o Programa de atención a menores e educación familiar, entre outros.

  • 44 45

    Dereita:No marco da xornada de presentación das entidades

    sociais seleccionadas na III Convocatoria Máis Social da Fundación Barrié e a Fundación de PwC,

    o investigador e patrón da Fundación Barrié Ángel Carracedo ofreceu a conferencia Ciencia

    e compromiso social.

    PROGRAMA MÁIS SOCIAL

    Programa que facilita un abano de instrumentos de apoio, entre os que se inclúe:

    · Financiamento para a contratación de profesionais con experiencia en xestión.

    · Servizos de consultoría para a realización de plans de acción, estratéxicos ou de captación de fondos.

    · Dous programas formativos dirixidos aos membros das xuntas directivas ou padroados e equipos directivos para que melloren a súa formación en áreas de xestión que favorezan o éxito da súa organización no medio e longo prazo.

    Programa Formativo I

    28 abril, sede A CoruñaEstratexia e Cambio, con Ignasi Carreras, profesor do departamento de Estratexia e Dirección Xeral de Esade.

    12 maio, sede VigoXestión de Persoas, con Carlos Cortés, consultor, formador e coach executivo.

    26 maio, sede A CoruñaComunicación e Marketing, con Toni Puig, profesor de marketing e branding público no Instituto de Gobernanza e Dirección Pública de Esade.

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

    Acción Social

    PROFESIONALIZACIÓN DO TERCEIRO SECTOR SOCIAL

    Obradoiro de mobles de cartón en Ecos do Sur.

    Máis Social ofrece ás entidades galegas prestadoras de servizos sociais recursos, medios e estratexias que contribúen a optimizar a súa xestión dando priorida-de á súa captación de recursos e fondos cara á súa sostibilidade e proxección futura.

  • 46 47

    · Máis Social Conecta Solución web creada en colaboración coa empresa Edisa no marco de Máis Social que ten como obxectivo cubrir a parte institucional de comunicación e rendición de contas á que está supeditada calquera entidade do terceiro sector e servir de ferramenta eficaz para a captación de base social (socios, doantes, colaboradores, etc.).

    · Apoio a proxectos en colaboración coa Fundación Roviralta e co obxectivo de facilitar apoio económico a proxectos sociais de entidades participantes en Máis Social. Entre os proxectos presentados déronse prioridade a aqueles que promoven a integración social de colectivos en situación de vulnerabilidade ou exclusión, así como os máis innovadores e con capacidade de replicarse noutras entidades.

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

    Acción Social

    O presidente da Fundación Barrié presenta a Gonzalo Álvarez Marañón que impartiu a conferencia A arte de presentarno marco do Social Venture Academy do programa formativo, na sede da Coruña.

    Curso de Máis Social Conecta na sede de Vigo.

    4 xuño, sede VigoCaptación de Fondos, con Juan Mezo, profesor colaborador no departamento de marketing do Instituto de Innovación Social de Esade.

    17 xuño, sede A CoruñaXestión de Proxectos, con Augustín de Asís, director xeral da Fundación Summa Humanitate.

    15 outubro, sede A CoruñaSocial Venture Academy, con Carlos Cortés, consultor, formador e coach executivo.

    Programa Formativo II

    29 abril, sede A CoruñaA medición de resultados nas organizacións da sociedade civil, con Ignasi Carreras, profesor do departamento de Estratexia e Dirección Xeral de Esade.

    13 maio, sede VigoXestión de persoas: casos prácticos para a aprendizaxe, con Carlos Cortés, consultor, formador e coach executivo.

    27 maio, sede A CoruñaRedes asociativas e movementos sociais, con Toni Puig, profesor de marketing e branding público no Instituto de Gobernanza e Dirección Pública de Esade.

    Café con Aspanaex, Apamp e Alento tras a doazón de dispositivos informáticos e un transporte adaptado.

  • 48 49

    ASPACE GALICIA - Federación Galega de Asociacións de Parálise CerebralASPANAES- Asociación de Pais de Persoas con T.E.A. de CoruñaASPANAS - Asociación de Pais a favor das Persoas con Retraso Mental de OurenseASPAS - Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de SantiagoASPERGA - Asociación Galega de Familias de Persoas Afectadas polo Síndrome de AspergerASPRONAGA - Asociación Pro Persoas con Discapacidade IntelectualCCAO - Comité Cidadán Anti-SIDA de OurenseCentro de Desenvolvemento Rural O Viso CENTRO JUAN MARÍA - Asociación la Esperanza del Valle MiñorCOGAMI- Confederación Galega de Persoas con DiscapacidadeCentro Pai Menni Casa Hnas. HospitalariasAsociación de Axuda ao Enfermo Mental DOA DOWN GALICIA - Federación Galega de Institucións para Síndrome de DownDOWN VIGOONGD Ecos do SurGrupo EMAÚS Fundación Social

    FAG - Federación Autismo GaliciaFAGAL - Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias FAIBEN, Fundación Apoio á InfanciaFDZ - Hijas del Divino Celo-RogacionistasFEGABAN - Federación Galega de Bancos de AlimentosFEGADACE - Federación Galega de Dano CerebralFEGEREC - Federación Galega de Enfermidades Raras e CrónicasFSG - Fundación Secretariado GitanoFundación Érguete IntegraciónFundación Juan soñadorFundación para a Discapacidade e Emprego Juan XXIIIFundación MeniñosIGAXES3 - Instituto Galego de Xestión para o Terceiro SectorLIGARE - Liga Reumatolóxica GalegaPlan Comunitario de TeisAsociación RAIOLAS-LUGOAsociación Viraventos

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015

    ACOFIFA - Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Fatiga Crónica ADACECO - Asociación Dano Cerebral CoruñaAGASDEP - Asociación Asistencia Galega Servicios Dependencia AGASFRA - Asociación Galega San FranciscoALIAD ULTREIAALUME - Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais AMENCER ASPACEAMICOSAODEM - Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Parkinson APACAF - Asociación de Pais de Persoas con T.E.A. de Centros de Apoio FamiliarAPES - Asociación para a Prevención da Exclusión Social ARELA - Iniciativas de Apoio á Infancia e á MocidadeAsociación ALAR GaliciaAsociación DIGNIDAD-GALICIAAsociación INTEGRO para a Diversidade Funcional ASORLU - Asociación de Persoas Xordas de Lugo ASPACE CORUÑA - Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral Coruña

    Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

    Acción Social

    A selección de entidades realízase a través de convocatorias específicas abertas a entidades do Terceiro Sector Social de Galicia.

    En total, foron 50 as entidades beneficiarias durante o 2015:

    Entidades beneficiarias do Programa Máis Social 2015.

  • 50 51

    Programa de ampliación e mellora de módulos de respecto e fomento de actividades educativas

    Esta actuación enmárcase no convenio (2014-2016) asinado coa Secretaría Xeral de Institucións Penitencia-rias, do que se benefician os seis centros penitenciarios galegos: Teixeiro (A Coruña), A Lama (Pontevedra), Pe-reiro de Aguiar (Ourense), Monterroso e Bonxe (Lugo), e o CIS “Carmela Arias y Díaz de Rábago” (A Coruña), e aos que a Fundación achega 150.000 euros. A súa liña de actuación prioritaria é o incremento e a mello-ra dos módulos de respecto que existen actualmente en Galicia (módulos de acceso voluntario, xestionados polos propios internos co respaldo dun equipo de funcionarios, que implica a aceptación dun código éti-co de conduta e a realización de actividades durante todo o día que perseguen a mellora da convivencia e a preparación para a vida en liberdade). A Fundación tamén fomenta obradoiros ocupacionais e actividades formativas nos centros. En total, 1.976 persoas internas en módulos de respecto beneficiáronse deste Progra-ma en 2015.

    Programa para a atención de enfermos mentais internos nos centros penitenciarios de Galicia

    Tamén no marco temporal 2014-2016, e cunha ache-ga da Fundación de 130.000 euros asinado con Insti-tucións Penitenciarias e con FEAFES-Galicia, oriéntase á atención integral de persoas con enfermidade men-tal nos centros penitenciarios galegos, coas que –en colaboración cos servizos médicos penitenciarios– se desenvolve un programa de terapias individuais e de grupo, buscando así mesmo a implicación da familia e o contacto coas asociacións de referencia de cara a facilitar a súa integración social unha vez se reincorpo-ren á sociedade. O número de persoas atendidas en 2015 no marco deste convenio é de 160.  Con estes convenios a tres anos damos continuidade a un labor de apoio aos centros penitenciarios de Ga-licia iniciado hai máis de 35 anos.

    Mediante a colaboración con institucións e entida-des especializadas en procesos de reinserción social, e mediante a realización de actividades terapéuticas, ocupacionais, educativas, recreativas, etc., traballamos para facilitar e mellorar os procesos de reeducación e reincorporación social de quen se encontra en situa-ción de exclusión ou marxinación.

    PROGRAMAS DE AXUDAA CENTROS PENITENCIARIOS

    Desde 2011 e co convencemento de que a reinser-ción social das persoas condenadas a penas na cadea é un obxectivo posible e necesario, lévanse a cabo dous programas específicos nos centros penitencia-rios galegos:

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015

    REINSERCIÓN SOCIAL

    INDICADORESporcentaxes internos vs tipo de módulo

    TOTAL3.229 internos

    ordinariosde respecto

    Distribuciónde internos por

    tipo de módulos

    38,80%

    61,20%

    Progreso 3er

    grao

    15,46%

    84,54%

    Permisos

    10,73%

    89,27%

    Expedientesdisciplinarios

    88,26%

    11,74%

    Traballosremunerados

    19,24%

    80,76%

    Asistenciaa formación

    30,49%69,51%

    Internos do Centro Penitenciario na Lama.

    Acción Social

    Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

  • 52 53

    Promovido e executado en colaboración coa Federa-ción de Asociacións Galegas de Familiares de Enfer-mos de Alzheimer e outras demencias (FAGAL), este programa, nado en maio de 2013, cun orzamento de 238.330 euros para 2013-2016 ten como obxectivo apoiar ás familias con enfermos de Alzheimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores de enfermos de Alzheimer e unidades de memoria para os afectados, ademais de fomentar o asociacio-nismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das asociacións de familiares xa existentes nesa área.

    No ano 2015 desenvolvéronse as seguintes actividades:

    Charlas informativas nas comarcas da Fonsagrada, Mariña Oriental, Meira, Os Ancares, A Ulloa, A Paradanta, Allariz-Maceda, Viana do Bolo, Terra de Soneira, Ortegal, Barcala, Baixa Limia, Terra de Trives, Quiroga, Terra de Caldelas, Arzúa, A Limia, O Sar, Xallas, Fisterra, Muros, Terra de Melide, Tabeirós-Terra de Montes, ás

    que asistiron 530 familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias.

    Unidades de memoria para afectados de Alzhei-mer que teñen como obxectivo axudar ás persoas diagnosticadas de demencia inicial a manterse acti-vas, para evitar o seu illamento e, en consecuencia, a diminución da súa calidade de vida. Realizáronse nas localidades de Vilalba, O Carballiño, Silleda, Noia e Be-tanzos, coa participación de 72 persoas.

    Accións educativas para o fomento das relacións interxeracionais nas que participaron 9 centros edu-cativos e 907 alumnos de Primaria e ESO.  Estas activi-dades buscan aproximar os escolares á realidade das demencias e á importancia dun reparto equilibrado na familia do coidado das persoas maiores que sofren unha demencia.

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

    Acción Social

    INTERVENCIÓN SOCIAL

    PROGRAMA REDE PARAUGAS ALZHEIMER

    Levamos a cabo iniciativas sociais –propias ou en co-laboración con entidades do Terceiro Sector– que contribúan á normalización e inclusión de persoas ou colectivos en situación de necesidade, vulnerabilida-de ou dependencia, potenciando así o fortalecemen-to dunha sociedade inclusiva, con oportunidades de desenvolvemento para todos.

    Alumnos de centros educativos de Galicia na presentación de Engurras, un filme animado sobre dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Un deles padece un principio de Alzheimer. Vistas da exposición virtual iPhilanthropy no Centro Europeo de Fundacións.

    Creación de 3 redes estables nas comarcas de Deza, Ancares e Xallas, para a detección, asesoramen-to e apoio de persoas con Alzheimer e as súas familias no rural galego.

    O programa foi seleccionado para formar parte da ex-posición multimedia iPhilanthropy na sede do Centro Europeo de Fundacións en Bruselas, inaugurada no mes de novembro. O obxectivo foi amosar o impacto que o labor de diferentes fundacións ten na vida das persoas, abranguendo desde a infancia ata a anciani-dade e estimular reflexións e xerar un diálogo entre o sector fundacional e a sociedade á que serve.

  • 54 55

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015 Áreas - Acción Social | Memoria 2015

    Di K Non. Prevención do consumo de drogas

    Di K Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas en adolescentes, na que os in-ternos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias con escolares galegos coa finalidade de previr os adolescentes verbo do consumo de drogas. Trátase dun obradoiro que consta de dúas partes: a primeira delas realízase no centro educativo; na se-gunda, un grupo de alumnos visita o centro peniten-ciario de Teixeiro.

    1.191 alumnos participaron nestes obradoiros duran-te o ano 2015.

    Ktorce-18. Prevención de condutas infractoras

    A Fundación Barrié e a Asociación Arela desenvolven o Programa Ktorce-18, que se inicia no 2012 e ao que a Fundación Barrié achegou desde entón máis de 59.000 euros (2012-2015). Este programa achega a Lei do Menor, reguladora da responsabilidade penal dos menores, a institutos e colexios de toda Galicia e ás ANPA destes mediante charlas divulgativas para infor-mar, previr e facerlles conscientes das consecuencias dos seus actos. Durante o ano 2015, participaron no programa 5.471 persoas, entre alumnos, familias e profesores.

    Ademais, 150 docentes e profesionais da intervención educativa participaron na xornada “Educar hoxe en contextos diferenciados”, no marco da cal o filósofo, escritor e pedagogo José Antonio Marina ofreceu a conferencia Talento: intelixencia en acción.

    O filósofo, escritor e pedagogo José Antonio Marina e Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié no marco do programa Ktorce-18.

    Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

    PREVENCIÓN SOCIAL

    PROGRAMA DE ATENCIÓN A MENORES E EDUCACIÓN FAMILIAR

    Apoio económico para acceder a recursos educativos especializados e actividades extraescolares, compra de libros e de material escolar, así como actividades de apoio escolar son algunhas das accións de inter-vención que engloba este Programa impulsado pola Fundación Barrié e Cáritas e que se inicia en 2015 cun-ha dotación anual de 150.000 euros e que ten como obxectivo principal axudar a reducir o abandono e fracaso escolar de menores. Está coordinado por Cári-tas Española e execútase a través da rede das cinco Cáritas Diocesanas de Galicia (Santiago de Composte-la, Tui-Vigo, Lugo, Mondoñedo-Ferrol e Ourense), que, ademais de levar a cabo os labores de recepción, aco-llida, valoración, propostas, concesión e seguimento das familias beneficiarias, achegarán os seus recursos humanos e infraestruturas para a xestión e concesión das axudas.

    En 2015 o Programa atendeu a 615 menores de 636 familias cunhas características sociais e económicas comúns, determinadas pola precariedade laboral e a dificultade na integración sociocultural co obxectivo de evitar que os menores abandonen o sistema edu-cativo regrado obrigatorio e non poidan conseguir unha titulación e unha preparación que lles capacite profesionalmente.

    Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

    Acción Social

    José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Sebastián Mora Rosado, secretario xeral de Cáritas Española na sinatura do convenio.

    Levamos a cabo programas e actividades que bus-can reducir riscos e potenciar medidas de protección para previr o desenvolvemento de situacións consi-deradas socialmente problemáticas, tratando con iso de eliminar as causas que as xeran a través de pro-postas educativas baseadas no coñecemento e a ex-periencia.

  • 56 57

    Premio FEGADACE

    A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) concedeu á Fundación Barrié o III Premio FEGADA-CE ao labor de difusión da problemática das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, dado o apoio constante que nos últimos anos leva propor-cionando ás asociacións de dano cerebral adquirido, especialmente a través do Programa Máis Social, así como en recoñecemento da aposta estratéxica da Fundación Barrié por potenciar o movemento asocia-tivo do dano cerebral adquirido, que conta cunha bre-ve historia pero que resulta de vital importancia para as 35.000 persoas que se estima teñen DCA en Galicia e para as súas familias.

    Este III Premio FEGADACE entregouse no marco do IV Foro de Familias de Persoas con DCA.

    Centro penitenciario A Lama

    Homenaxe de recoñecemento á Fundación Barrié por parte do grupo de internos e funcionarios do Obra-doiro de Música e de A Radio de A Lama, polo apoio e colaboración da Fundación ao longo dos anos.

    O evento celebrado no salón de actos de dito cen-tro penitenciario foi emitido pola radio e contou coas intervencións de gratitude por parte do director de A Lama e representantes de internos e funcionarios, así como da representante da Fundación Barrié que agradeceu tamén a homenaxe en nome do Padroado. O acto pechouse coa actuación do Grupo de Música do Centro Penitenciario.

    OUTRAS COLABORACIÓNS

    RECOÑECEMENTOS

    Memoria 2015 | Áreas - Acción Social

    Acción Social

    A vicepresidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías, nas instalacións de ASPACE Coruña co xerente da entidade, Eulogio López Río.Foto cortesía de ASPACE Coruña.

    Mans UnidasApoio á exposición de pintura de Siro López e de todo o programa de actividades desenvolvido arredor dela pola Delegación de Mans Unidas de Santiago de Compostela, co obxectivo de sensibilizar e concien-ciar, especialmente aos máis xoves, sobre os dereitos humanos e a necesidade, non só de defendelos e res-pectalos, senón tamén de loitar contra os que preten-dan conculcalos.

    A Radio ContaA sede da Fundación Barrié da Coruña acolleu a 3ª edición de A Radio Conta, unha iniciativa a beneficio da ONG  Ecos do Sur na que sete emisoras públicas e privadas da Coruña (Radio Galega, RNE, Radio Co-ruña-Cadena Ser,  Radio Voz,  Onda Cero,  Radio Mar-ca e COPE) se unen nunha iniciativa pioneira na radio-difusión española a prol das persoas refuxiadas.

    Áreas - Acción Social | Memoria 2015

  • 58 59

    LIÑ

    AS

    ESTR

    ATÉ

    XIC

    AS

    Patrimonio e Cultura

    CONSERVACIÓN E RECUPERACIÓN DO PATRIMONIOPrograma Catedral de Santiago

    EXPOSICIÓNSOut to sea? O proxecto dos residuos de plástico

    Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre

    Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015

    CONFERENCIASA historia da beleza. De Fidias a Picasso

    A Biblia do Prado. A historia sagrada na arte

    Mentres sucede. Derivas do presente. Arte e cultura no novo século (I)

    Exposicións itinerantes

    Conmemoración Día das Letras Galegas

    FONDO DOCUMENTALBiblioteca e publicacións

    Novas publicacións

    Áreas - Patrimonio e Cultura | Memoria 2015

    AFundación Barrié deseña e implementa accións combinadas co obxectivo de concienciar á so-ciedade na importancia de conservar o Patrimonio e divulgar as accións de conservación preventiva nece-sarias para que no futuro, porque entendemos o Patri-monio como un valor estratéxico para unha comuni-dade, ese valor poida xerar riqueza, competitividade e emprego, e o cal debemos aprender a xestionar para que as vindeiras xeracións poidan gozalo. E nesa liña traballa, especialmente na Catedral de Santiago, coa que a Fundación Barrié colabora desde hai catro dé-cadas e á que destinou arredor de 9 millóns de euros no marco de distintos proxectos, como a reconstru-ción do Coro do Mestre Mateo, a posta en valor das réplicas en madeira dos Instrumentos do Pórtico ou a actual restauración do Pórtico da Gloria. En 2015, máis de 172.000 persoas tomaron parte nalgunha destas accións que perseguen inculcar conciencia e bos há-bitos arredor do Patrimonio.

    Na área de Cultura, a Arte Contemporánea, o Patrimo-nio, a Arquitectura e a Fotografía foron os catro eixes que vertebraron en 2015 a programación da Funda-ción tanto nas súas sedes da Coruña e Vigo, como en proxectos itinerantes presentes máis alá de Galicia. En total, 181.000 persoas participaron, dentro e fóra de Galicia, nos proxectos educativos promovidos desde a área de Cultura da Fundación.

    Esquerda:Concerto coas réplicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria na Catedralde Santiago de Compostela.

  • 60 61

    PROGRAMA CATEDRAL DE SANTIAGO A través de todas as súas actuacións no ámbito do Pa-trimonio, a Fundación Barrié impulsa o concepto de que “a mellor estratexia de conservación é a educa-ción” e traballa para concienciar á sociedade de que a conservación do Patrimonio ten de ser unha respon-sabilidade compartida de todos. Coa súa participa-ción como promotor do Programa Catedral, xunto coa Fundación Catedral de Santiago, a Fundación Barrié márcase o obxectivo de poñer a disposición da socie-dade un proxecto cultural integral, aberto e próximo ao público, que contribúa de forma decisiva á difusión da importancia da conservación de bens culturais tan destacados como o Pórtico da Gloria.

    En 2015 continuaron as accións contempladas no plan de intervención no Pórtico da Gloria, cuxa finali-zación está prevista para agosto de 2017.

    Ademais, a Fundación Barrié continuou en 2015 co programa internacional “Bolsas Andrew W. Mellon para o Programa Catedral de Santiago de Compostela”, ao que o organismo estadounidense The Andrew W. Mellon Foundation destinou 396.000 dólares para un período de tres anos. Este programa, desenvolvido e implementado pola Fundación General Universidad Complutense de Madrid baixo a dirección do Dr. Fran-cisco Prado-Vilar como investigador principal, avan-zou en 2015 coa celebración en xullo do Simposio Científico Arquitectura, materia e visión: a construción

    do Pórtico da Gloria, culminado cun concerto con ré-plicas dos instrumentos do Pórtico da Gloria a cargo da agrupación musical Martín Códax na Catedral de Santiago. Así mesmo, en decembro tivo lugar a en-trega das súas credenciais aos seis investigadores se-leccionados na segunda convocatoria do devandito programa de bolsas.

    Co obxectivo de achegar o proxecto de conservación do Pórtico da Gloria á sociedade e difundir o coñece-mento sobre o Patrimonio, o Espazo Divulgativo do Pórtico da Gloria, situado na Sala de Armas do Pazo de Xelmírez (Santiago de Compostela), continuou aberto para o público en 2015 coa súa proposta expositiva permanente artellada arredor das novas tecnoloxías de información e comunicación xunto a soportes expositivos máis tradicionais, amosando os avances dos traballos que se levaron a cabo no mar-co do Programa Catedral.

    CONSERVACIÓN E RECUPERACIÓNDO PATRIMONIO

    Patrimonio e Cultura

    Memoria 2015 | Áreas - Patrimonio e Cultura

    Dereita:Vista xeral do Espazo Divulgativo sobre os contidos

    do Programa Catedral de Santiago.

    Acto de entrega da segunda convocatoria das Bolsas Andrew W. Mellon para o Programa Catedral de Santiago.

    Áreas - Patrimonio e Cultura | Memoria 2015

  • 62 63

    ExposiciónMANUEL GALLEGO.ARQUITECTURA 1969-2015 Primeira retrospectiva do arquitecto galego e Premio Nacional de Arquitectura (1997) que, organizada arre-dor dos apartados temáticos a “Arquitectura da viven-da” e a “Arquitectura dos espazos de uso colectivos”, abordou 22 dos seus proxectos construídos creando un fío argumental que permitiu desenvolver un dis-curso subliñando a idea e o contexto como argumen-tos conceptuais que son a base de toda a súa obra e cruciais para elaborar o seu pensamento.

    18 de novembro de 2015 - 10 de abril de 2016

    Sede A Coruña

    ExposiciónVÍCTOR SAID ARMESTO. A LECCIÓN DUN CIDADÁN LIBRE Proxecto educativo incluído nas actividades progra-madas pola Fundación en colaboración co Museo do Pobo Galego e coa Deputación de Pontevedra, enca-miñadas a conmemorar o centenario do pasamento de Víctor Said Armesto, tratando de poñer en valor a vida e obra, escasamente coñecida na actualidade, do intelectual pontevedrés, folclorista, filólogo, pen-sador político e primeiro catedrático de Literatura galego-portuguesa, figura imprescindible da cultura española no tránsito do século XIX ao XX.

    4 de decembro 2014 - 15 de marzo 2015

    Sede A Coruña

    1 de outubro 2015 – 28 de febreiro 2016

    Sede Vigo

    Áreas - Patrimonio e Cultura | Memoria 2015

    EXPOSICIÓNS

    A Fundación organiza nas súas sedes, e ofrece en réxime de itinerancia fóra delas, completos proxectos educativos conformados por exposicións temporais especializadas en Fotografía, Arquitectura e Arte Con-temporánea, enriquecidas con coidadas publicacións e por unha lúdica programación didáctica.

    ExposiciónOUT TO SEA? O PROXECTO DOS RESIDUOS DE PLÁSTICO Proxecto educativo de conservación medioambien-tal presentado por vez primeira en España, en cola-boración co Museo de Deseño de Zürich, que pre-tende concienciar á sociedade en xeral, e aos máis novos en particular, na urxencia e necesidade de non emporcar os nosos mares co lixo plástico que, silandeiro e paseniño a medida que pasa o tempo e a mercé das correntes mariñas, vaise descompoñendo en perigosos fragmentos e partículas de diferentes tamaños, provocando cambios irreversibles tanto no ecosistema mariño mundial como na cadea alimenti-cia da humanidade.

    13 de novembro - 1 de marzo de 2015

    Sede Vigo

    Vista da exposición e do acto de inauguración da exposición Manuel Gallego. Arquitectura 1969-2015.

    Memoria 2015 | Áreas - Patrimonio e Cultura

    Patrimonio e Cultura

  • 64 65

    Pedro María Corral Corral, presidente da Comisión Permanente Ordinaria de Cultura e Deportes do Concello de Madrid e José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié durante a visita guiada á exposición A Colección en CentroCentro Cibeles.

    EXPOSICIÓNS ITINERANTES

    En 2015 as exposicións Catalá-Roca Obras mestras e A Colección viaxaron, respectivamente, á Fundación An-tonio Pérez. Museo da Fotografía de Huete (Cuenca), ao Espacio Cultural MIRA de Pozuelo de Alarcón (Ma-drid) e ao CentroCentro Cibeles (Madrid) e recibiron a visita de 148.000 persoas..

    CONMEMORACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de-dicado en 2015 á figura de Xosé Filgueira Valverde, a Fundación, no seu compromiso permanente co estu-do e a divulgación da cultura de Galicia programou o concerto da Coral Polifónica de Pontevedra o 17 de maio no Museo de Pontevedra e o simposio científico Filgueira Valverde na cultura galega do século XX, o 27 de novembro na súa sede da Coruña.

    Esquerda:Vista xeral da exposición A Colección en CentroCentro Cibeles en Madrid que presentou unha selección da Colección de Pintura Internacional da Fundación Barrié na capital.

    Áreas - Patrimonio e Cultura | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Patrimonio e Cultura

  • 66 67

    Ciclo de conferenciasA BIBLIA DO PRADO. A HISTORIA SAGRADA NA ARTE

    O ciclo profundou no estudo das claves esenciais da iconografía cristiá presentes no Antigo Testamento, texto que foi fonte de inspiración, reflexión e rein-terpretación ao longo dos séculos nas máis diversas disciplinas, converténdose nunha das claves funda-mentais para comprendermos o devir dos tempos e o noso mundo e arte actuais.

    Sede A Coruña 5 novembro: Panóptico de mulleres bíblicas, por Francisco Calvo Serraller, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid.

    12 novembro: “Que me beixe co beixo da súa boca”: as interpretacións visuais do Cantar dos Cantares, por Rocío Sánchez Ameijeiras, profesora de Historia da Arte, Universidadede Santiago de Compostela.

    19 novembro: Adán e Eva, por Gonzalo M. Borrás, catedrático emérito de Historia da Arte, Universidade de Zaragoza.

    Sede Vigo 3 decembro: Cando o Paraíso non era ningún paraíso (ou o Edén en Mesopotamia), por Pedro Azara, profesor de Estética, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona.

    10 decembro: Experiencias sobre o Templo de Salomón, por Alfonso Rodríguez e Gutiérrez de Ceballos, académico numerario, Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

    17 decembro: Un tempo de cantar e un tempo de calar. A música nos escritos bíblicos, por Ramón Andrés, ensaísta e músico.

    Francisco Calvo Serraller, director do ciclo, Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié, Nuria de Miguel, secretaria xeral da Fundación Amigos do Museo do Prado e José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié.

    CONFERENCIAS

    Ciclo de conferencias A HISTORIA DA BELEZA. DE FIDIAS A PICASSO

    O ciclo abordou un percorrido pola historia da Beleza, analizándoa a través de artistas e obras caracteristica-mente exemplares desde a Grecia Clásica ata o come-zo da nosa era contemporánea.

    Paraninfo da Universidadede Santiago de Compostela12 febreiro: Rostro formado/ Rostro deformado, por Victor Stoichita, professeur ordinaire en histoire de l´art des temps modernes, Université de Fribourg

    19 febreiro: O soño da razón produce monstros, por Valeriano Bozal, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid

    COLABORACIÓN COA FUNDACIÓNAMIGOS DO MUSEO DO PRADO

    Os ciclos de conferencias programados pola Funda-ción desde 1999, en colaboración coa Fundación Ami-gos do Museo do Prado, difunden dun modo eminen-temente didáctico coñecementos verbo da Historia da Arte en xeral e da Pintura en particular achegados por conferenciantes de nivel internacional e sempre cos espléndidos fondos atesourados polo Museo do Prado como referencia.

    Patrimonio e Cultura

    Áreas - Patrimonio e Cultura | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Patrimonio e Cultura

  • 68 69

    BIBLIOTECA E PUBLICACIÓNS

    Durante 2015 o Portal das Palabras, iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a divul-gación do léxico e a promoción da lingua de Galicia, continuou asentando a súa comunidade de usuarios e popularizando novas iniciativas como A Palabra do Ano, ao tempo que se levaba a cabo a mellora das aplicacións para móbiles e a súa integración co por-tal e se emprendía unha migración completa do sis-tema á plataforma Wordpress en busca de máis fle-xibilidade, portabilidade e, en xeral, liberdade para a modificación da tecnoloxía. Tamén se emprenderon melloras no propio dicionario, ao que se incorporou unha etiqueta para indicar as voces actualizadas e un conxugador de verbos.

    Patrimonio e Cultura

    FONDODOCUMENTAL

    Memoria 2015 | Áreas - Patrimonio y Cultura

    Ciclo de conferenciasMENTRES SUCEDE. DERIVAS DO PRESENTE.ARTE E CULTURA NO NOVO SÉCULO (I)

    A través de conferencias maxistrais, conversas, diálo-gos e debates, a Fundación Barrié programou un ciclo de conferencias en Santiago e A Coruña, organizado en colaboración co Centro Galego de Arte Contem-poránea (CGAC), que xirou sobre as distintas visións do mundo artístico contemporáneo, ofrecendo un retrato da complexidade da creación actual, e reco-llendo as súas respostas desde a voz de protagonistas e axentes de diferentes ámbitos, desde a historia e a teoría da arte, a arquitectura ou a experiencia artística.

    5 maio, CGAC e 6 maio, Sede A Coruña: A situación das Artes, por Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia.

    13 maio, Sede A Coruña: Transurbanismos de andarmos por casa, por Andrés Jaque, profesor de Deseño Avanzado en Columbia University GSAPP e profesor visitante en Princeton University.

    9 xuño, Sede A Coruña y 10 xuño, CGAC: As Galerías como axentes dinamizadores do desenvolvemento da Arte, Juana de Aizpuru, galerista.

    10 xuño, CGAC: 33 Artists in 3 Acts, por Sarah Thornton, escritora e socióloga da arte.

    O arquitecto Andrés Jaque e a galerista Juana de Aizpuru durante as súas conferencias.

    O dicionario da Real Academia Galega, nunha tableta electrónica.

    Áreas - Patrimonio e Cultura | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Patrimonio e Cultura

  • 70 71

    Víctor Said Armesto e o seu tempo: perspectivas críticasA presente monografía é o resultado de distintos en-contros multidisciplinares, celebrados en Galicia no outono de 2014, que partiron dun convenio institu-cional entre a Deputación de Pontevedra, a Funda-ción Barrié e o Museo do Pobo Galego. Tratábase de darlle relevancia e proxección de futuro á celebración do centenario do pasamento do pontevedrés Víctor Said Armesto (1871-1914). Estes encontros monográ-ficos, dedicados á súa figura e ao seu tempo (política e ideoloxía, música e etnografía, e literatura e mundo literario) representan un extraordinario avance no co-ñecemento do personaxe.

    Emigrantes galegos,transportes e remesas (1830-1930)  Durante 20 anos de investigación, Alejandro Vázquez González foi confeccionando unha base de datos do-cumental sobre a emigración galega que abrangue o período de 1830-1930. O resultado deses anos de tra-ballo materialízase na presente monografía, dedicada en gran parte á cuantificación estatística dos emigran-tes, clasificados por idade, sexo, profesión, países de destino, clasificación por portos de orixe etcétera. O estudo complétase con 187 táboas e 20 mapas e 42 gráficos estatísticos.

    Manuel Antonio. Obra Completa. V.III: EpistolarioDentro da colección “Clásicos da Academia” publícase o terceiro volume da obra completa de Manuel Anto-nio, dedicado á correspondencia, cuxa edición e no-tas foron realizadas por Xosé Luís Axeitos.

    O corpus de correspondencia achéganos o universo humano de Manuel Antonio, coa vila de Rianxo como fondo, un lugar de encontro entre o cotiá e o universal onde se fraguaron personalidades de primeira liña no galeguismo dos anos vinte.

    Manuel Gallego. Arquitectura 1967 - 2015 Catálogo da exposición retrospectiva sobre a obra de Manuel Gallego. 

    Manuel Gallego Jorreto é un referente fundamental non só na arquitectura galega contemporánea, senón tamén na arquitectura española. Premio Nacional de Arquitectura en 1997 polo Museo de Belas Artes da Coruña e Medalla de Ouro do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España en 2011, pertence a unha estirpe internacional de arquitectos defensora dunha arquitectura non obxectual, senón relacional, sensible ao contexto a través de actuacións que inten-tan fusionarse co territorio, onde se relaciona o exis-tente co novo para facelo habitable.

    Patrimonio e Cultura

    NOVAS PUBLICACIÓNS

    Áreas - Patrimonio e Cultura | Memoria 2015 Memoria 2015 | Áreas - Patrimonio e Cultura

  • 4

    fundacionbarrie.org/memoria2015

    [email protected]

    Cantón Grande, 915003 A CoruñaEspaña

    Tel. +34 981 221 525Fax +34 981 224 448

    Policarpo Sanz, 3136202 VigoEspaña

    Tel. +34 986 110 220Fax +34 986 110 225

    Imaxe portada e contraportadaObra de Kiko Pérez pertencenteá Colección de Pintura Internacionalda Fundación Barrié.

    Arriba abaixo esquerda dereito, 2015109 × 82 cm.

    © Fundación Barrié

    FotografíasXosé DuránFotos NovoaLorena CendónRosa TaboadaLa Voz de GaliciaEl Faro de VigoLa Opinión de A CoruñaEl Progreso de Lugo

    Deseño e realizaciónWeBraw