voandeira 5 big brother

6

Upload: ies-de-beade

Post on 07-Apr-2016

218 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Autor: Chema

TRANSCRIPT

Page 1: Voandeira 5 big brother

Revista E dálleFolla Voandeira

Especial Novas Tecnoloxías Ies Beade de Vigo

1

Antes discutiamos de política e relixión cos nosos amigos e veciños, agora eses temas son tabú e son subs-

tituídos polo entretemento do famoseo xa que moita xente cre máis importante saber con quen están saíndo

as súas celebridades favoritas que coñeceren os proxectos de lei presentados e votados no Parlamento ou no

pleno do noso Concello. É interesante que mentres a xente semella volverse cada vez máis idiota as

computadoras son máis espelidas. Estamos converténdonos nunha sociedade de lerdos que non poden

pensar por nós mesmos e estamos sendo deshumanizados até converternos nunha masa laboral mental-

mente escrava monitorizados, rexistrados en arquivos de datos e mantidos a liña polo medo á omnisciente

tecnoloxía Big Brother cada día máis barata e avanzada.

BENVIDOS AO NOVO MUNDO.BIG BROTHER ISWATCHINGYOU

E AGORATAMÉN SABE O QUE PENSAS

O goberno de Gran Bretaña gastou 700 millóns de dóla-res en instalar cámaras de vixilancia dentro dos fogaresde cidadáns para constatar se os seus fillos asistían a cla-se, tiñan unha correcta alimentación e deitábanse á horaaxeitada. Forma parte dun programa gobernamental cha-mado “Family Interventions Projects”, que ademaisinclúe a traballadores sociais que visitan regularmente asfamilias para comprobar se os pais están criando ben osfillos. Aproximadamente 2000 familias foron as elixidaspolo programa cando se iniciou no 2009 e as autoridadesbritánicas planean aumentar o número até as 20,000.Pais e fillos sometidos a este programa Orwelliano sonademais obrigados a asinar un “contrato de comporta-

mento” chamado de Home School Agreement, que resu-me o que o goberno espera deles. Hai décadas as rúas deGran Bretaña foran invadidas por millóns de cámarasCCTV pero esta decisión de metelas nas casas de ci-dadáns privados asombrou e desgustou a xente e é algoque non só está pasando en Gran Bretaña. En febreiro do2006, o xefe de policía de Houton en Texas, quixo insta-lar vídeo cámaras dentro dos fogares para loitar contra ocrime porque había, na súa opinión, un recorte no nú-mero de axentes de policía. O xefe Harold Hurtt dixoaos reporteiros, “sei que hai moita xente preocupada po-lo Big Brother, pero a miña resposta a iso é, se vostedenon está a facer algo malo de que debería preocuparse?

O GOBERNO BRITÁNICO INSTALA CÁMARAS NAS CASAS

Page 2: Voandeira 5 big brother

Revista E dálleFolla Voandeira

Especial Novas Tecnoloxías Ies Beade de Vigo

2

COIDADIÑO CO QUE FAS DIANTE DO TEU COMPUTADOR

En febreiro de 2010 houbo escolas que espiaron a alum-nos a través das vídeo cámaras dos portátiles. Unhaescola de Filadelfia espiou os estudantes activando as ví-deo cámaras dos seus portátiles. Os estudantes recibironos portátiles das autoridades locais con permiso de leva-los á casa para uso persoal. Case todos osportátiles, como probabelmente xa sabes,teñen unha cámara pequerrecha na partesuperior da pantalla e tamén un micrófonopara seren usados en vídeo-conferenciasou para gravar vídeo blogs. Pouca xentesabe que poden ser activados remotamen-te e utilizados para mirar e escoitar a cal-quera que estea no seu campo de visión.Os pais dun estudante presentaron unha demanda en re-presentación de 1800 estudantes aos que se lles entrega-ran os portátiles pero non foran informados de que osadministradores da escola tiñan a posibilidade de, en se-creto, activar remotamente as vídeo cámaras. A demandaesixe danos e prexuízos por invasión da privacidade,roubo de información privada e acceso ilegar á informa-

ción electrónica. Os pais de Blake Robbins, responsábeisda demanda, descubriron que as autoridades escolaresestaban usando as computadoras para espiar os estudan-tes cando o director do colexio acusou o seu fillo de“comportamento inaxeitado dentro do domicilio” e

amosoulle unha foto tomada desde oportátil escolar.Moita xente só pecha o portátil cando tenintención de movelo e moita xente teñenos seus portátiles colocados nas mesasdos seus cuartos coa cama e baño a miú-do dentro do campo de visión da cámarasen sospeitar que alguén poida estar ob-servando. Os administradores escolares

puideron ver os estudantes espidos ou incluso miralossentados diante dos portátiles masturbándose mentresconsumían porno en internet. Se os administradores es-colares viron os estudantes facendo tal cousa, algo que émoi frecuente entre moitos estudantes e adultos, poderíaser un caso de pornografía infantil.

Os portátiles teñenunha cámara e unmicrófono(...).

Pouca xente sabeque poden ser ac-tivados remota-

mente.

Noutra escola Reynoldsburg High School en Ohio, a policía instalou unha vídeo cámara nos baños coa xustifi-cación de identificar a unha persoa que escribira un graffiti na parede. O superintendente da escola Richard

Ross dixo que o graffiti era críptico e que cría que se refería a un-ha ameaza de bomba. O conserxe da escola retirouna en canto adescubriu. O xefe de policía Jeanne Miller, defendeu o uso da cá-mara dicindo que estaba colocada de xeito que só podía gravar aspersoas desde o peito para arriba. “non estou de acordo co métodoporque creo que é unha invasión da privacidade” dixo Linda Rico,nai dunha alumna. A miña filla estaba moi desgustada, estou con-tenta de que retirasen a cámara”. Dan Doyen, superintendentedunha escola en Texas, foi sentenciado a cinco anos e tivo que re-xistrarse como acosador sexual despois de instalar unha cámaraoculta nos baños femininos da oficina da súa escola. A cámara es-taba disimulada porque parecía un dispensador de ar fresco e foramercada coa tarxeta de crédito da escola. Unha escola en PineBush, New York instalou no baño unha vídeo cámara falsa paradisuadir coa súa presenza que os rapaces destrozasen o baño.

NON ESQUEZAS SORRIR CANDO VAIAS AO BAÑO

Page 3: Voandeira 5 big brother

Revista E dálleFolla Voandeira

Especial Novas Tecnoloxías Ies Beade de Vigo

3

En 2005 un centro comercial deHolanda instalou un sistema

de recoñecemento facial para loca-lizar sospeitosos de roubar. Os pri-meiros intentos probaron un 90%de acerto na identificación dos sos-peitosos. Imaxes tomadas polas cá-maras son transmitidas a unha basede datos que contén fotografías devoluntarios que actúan comoladróns. Cando entran no centrocomercial e pasan por diante dunhacámara o sistema dá a alarma. Estemesmo sistema vén sendo usadonos casino desde polo menos o ano2005 para locali-zar xogadores queteñen prohibido oacceso por facerentrampas ou conta-ren as cartas. (Es-tes xogadores sonengadidos a un li-bro negro que teno nome de Griffinbook). No pasado os gardas de se-guridade memorizaban as fotos de-sas persoas para recoñecelos unhavez dentro do casino. Por suposto olector pode pensar que poñendo unchapeu, unhas lentes ou unha barbafalsa podemos enganar o sistema,mais un programa do HistoryChannel titulado Fort Knox: Secre-tes Revealed (2007) detallaba asmedidas de seguridade para prote-xer o ouro alí gardado e cando ex-plicaba os sistemas utilizados parao recoñecemento facial, o expertoen seguridade dixo que incluso un-ha persoa con cirurxía estética po-dería ser idenficadainmediatamente.

Investigadores da Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) estánintentando crear un nariz artifical que pode ulir a adrenalina que segundo

os científicos é expelida en grandes cantidades por unha persoa cando se senteculpábel. Homeland Security está ademais traballando en recoller un banco decheiros de escenas de crimes porque cren que así poderán identificar aindividuos como se fai até agora co ADN. O profesor Kenneth Furton daUniversidade Internacional de Miami, está traballando unha tecnoloxía queaxiña identificará criminais comparando as moléculas do olor collidas naescena do crime coas do banco de olores como se fosen un banco de datos dasmarcas dactilares. Di que os científicos xa poden determinar a raza, idade eentorno dunha persoa en base ao seu olor e nalgúns casos até qué foi o quecomeu na súa última cea. Os científicos están tamén buscando comoidentificar olores que indican se unha persoa está deprimida ou enferma.

AQUE CHEIRAO MEDO?ESCÁNER FACIAL

O fabricante de coches Honda deseñou un trebello que le as ondas cere-brais dunha persoa e que pode controlar un robot co pensamento. Nunha

conferencia de prensa en Xapón en 2009 a empresa desvelou unha versión ac-tualizada do seu robot Asimo que camiña sobre dúas pernas e é controlado porunha persoa que viste un estraño casco que le a mente. O aparato está feito encolaboración entre Honda e o Instituto Internacional de Investigación Shi-madzu. O trebello ten a apariencia dun casco de bici cuberto con compoñenteseléctricos e usa a electroencefalografía (EEG) e a espectroscopía de infraver-mellos (NIRS) para medir a actividade cerebral. Cabe preguntarse por queHonda está interesada en tal tecnoloxía xa que non parece que aporte ningúnbeneficio á súa industria automobilística. Parece que Honda está buscandocomo ampliar o seu negocio e construír algún día robots que nos poidan axu-dar na casa. Cren que estaría moi ben usar esa tecnoloxía para que a xentepoida abrir o maleteiro do coche ou configurar o ar acondicionado só co pen-samento, porque supostamente, cren que apertando un só botón é demasiadodifícil.

O experto enseguridade dixoque incluso unha

persoa con cirurxíaestética podería ser

idenficadainmediatamente.

HONDA INVENTAUNHAMÁQUINAQUE LE AS ONDAS CEREBRAIS

Page 4: Voandeira 5 big brother

Revista E dálleFolla Voandeira

Especial Novas Tecnoloxías Ies Beade de Vigo

4

En xaneiro de 2006 o programa de TV newsmagazi-ne chamado 60 minutos emitiu un documental tiu-

lado Mind Reading que amosaba unha nova tecnoloxíadeseñada na Universidade Carnegie Mellon que pode li-teralmente ler a túa mente. O documental presentaba oneuro científico Marcel Just e o seu colaborador TomMitchell, responsábeis do sistema. Marcel Just non qui-xo chamalo lector da mente e prefería denominalo comoun identificador de pensamento. Un dos produtores dodocumental sentou na máquina e tivo que pensar en dezobxectos diferentes, como un martelo, un desaparafusa-

dor, un apartamento e o computador escaneando o seucerebro desvelou os obxectos en que pensara e a ordeexacta. A máquina ten o nome de Functional MRI ma-chine ou fMRI. Despois da demostración Lesly Stahl, apresentadora do documental, estaba visiblemente impre-sionada. O escáner pode detectar se unha persoa senteamabilidade, hipocrisía ou incluso amor. No documentaltamén entrevistaron a científicos de Berlín no CentroBernstein onde dirixían experimentos onde escaneaban

os cerebros de voluntarios mentres escollían entre sumarou restar dous números e a computadora era quen deaveriguar o que decidían. “Sempre lles digo aos meusestudantes que xa non hai máis ciencia ficción. Estamosfacendo toda a ciencia ficción que lía no instituto” diPaul Root Wolpe, director do Centro para a Ética naUniversidade Emery en Atlanta. E continúa, “En toda anosa Historia, ninguén podía obrigar a alguén a revelarinformación. A tortura non funcionaba, a persuasión nonfuncionaba.. . o dereito a manter os pensamentos paranós no noso cerebro está entre os máis sagrados”. Entóncita exemplos en que cuestiona quen tería autoridade le-gal para usar esta tecnoloxía, se o goberno podería enbreve obrigar a xente a usalo, ou se incluso pais po-derían obrigar os seus fillos a usalo cando crean que llesestán mentindo.Unha empresa chamada No Lie MRI anuncia os seusservizos dicindo que o uso do fMRI proporciona un mé-todo obxectivo para detectar o engano e outra informa-ción gardada no cerebro. Hai un ruxe-ruxe sobre unaparato que pode emitir un raio de luz ou ondas de radioá cabeza dunha persoa e ler as súas ondas cerebrais. Talmáquina pode obviamente ser usada sen o consentimen-to ou coñecemento da persoa, a diferenza doutras má-quinas fMRI que necesitan que a persoa estea deitada ousentada inmóbil para ser escaneada.

O escáner pode detectar se unhapersoa sente amabilidade,

hipocrisía ou incluso amor. (...)O goberno podería en breve

obrigar a xente a usalo, ou inclusopais poderían obrigar os seus fillos

a usalo cando crean que estánmentindo.

UNHAMÁQUINAQUE SABE O QUE PENSAMOS

áreas do cerebro que se activan cando mentimos

Prototipo do coñecido

detector de mentiras

até agora utilizado

pola policía

Page 5: Voandeira 5 big brother

Revista E dálleFolla Voandeira

Especial Novas Tecnoloxías Ies Beade de Vigo

5

Visionics, é unha empresa líder no recoñecementofacial, que usa o que eles chaman “nodal points”

80 puntos de referencia distintos da face humana e queson medidos e traducidos a código numérico para repre-sentar cada un dos rostros humanos. Visionics di que sóson necesarios de 14 a 22 puntos para que o seu softwareFaceit recoñeza a alguén. No ano 2000 o sistema era ca-paz de identificar unha persoa entre 60 millóns de foto-grafías de caras distintasnun minuto. Hoxe estessistemas poden proba-belmente escanear unhabase de datos que con-teña toda a poboación deEEUU para identificar aunha persoa en só segun-dos. Visionics foi funda-da por Joseph Atickrecrutado en 1991 polaUniversidade Rockefellerde New York para crear oLaboratorio computacio-nal de Neurociencia ondedesenvolveu esta tecno-loxía de recoñecementofacial. Para logralo recibiu unha bolsa do Ministerio deDefensa por valor de 4 millóns de dólares. AAxencia pa-ra a Seguridade Nacional deulle outros 4 millóns paradesenvolver o software FaceIt. Desde que a policía gravaen vídeo as manifestacións para identificar en caso deque haxa disturbios e vandalismo os culpábeis somosconscientes de que seasistimos a calquera pro-testa podemos ser identi-ficados se a policíautiliza o sistema de re-coñecemento facial. Podemos ser rexistrados en bases dedatos policiais como extremistas só por asistir a unhamanifestación lexitima e pacífica. A medida que estessistemas de recoñecemento facial se popularice eles po-derán saber o nome de cada unha das persoas asistentes aunha manifestación.

En Febreiro do 2010 unha empresa sueca chamada Asto-nishing Tribe presentou unha aplicación para teléfonomóbil que permite á xente facer unha foto a alguén e usarun sistema de recoñecemento facial e impresión dixitalpara despois atopar a esa persoa en Facebook ou MyS-pace. A aplicación chámase Recognizr e nada máiscoñecerse provocou serias controversias entre os defen-sores da privacidade. Tom Gaffney, un experto en apli-

cacións de seguridadeF-Secure, dixo “estaapliación parece o soñodun acosador feito reali-dade” e Simon Davies dePrivacy International di-xo desta aplicación queera unha invasión atrozda privacidade e dixoque incrementaba os pe-rigos de acoso e intru-sismo. Usando estapequena aplicación unfulano pode facer unhafoto a unha moza que lleguste, estea nun bar, natenda ou xalundes e

entón só en segundos entrar na súa Facebook e saber onome, onde vive, ler todos os seus comentarios, ver assúas fotos, averiguar quen son os seus amigos e máis. Asbarbaridades que poden ser cometidas por acosadores,criminais, chantaxistas, pervertidos e sociópatas son vir-tualmente ilimitadas. Esta non é a única aplicación deste

tipo. Unha aplicación pa-ra Iphone chamada FaceMatch fai algo similar aoidentificar a persoas enfotos que teñas subido á

túa Facebook. O mercado para o recoñecemento facialpara móbiles só está empezando; durante este século estatecnoloxía avanzará moi rapidamente e calquera día po-derá identificar a un ser humano tan rapidamente comanós recoñecemos a un amigo.

As barbaridades que poden ser cometidaspor acosadores, criminais, chantaxistas,pervertidos e sociópatas son virtualmente

ilimitadas

SEI QUEN ES, ONDE VIVES E O QUE FIXECHES O VERÁN PASADO

Page 6: Voandeira 5 big brother

Revista E dálleFolla Voandeira

Especial Novas Tecnoloxías Ies Beade de Vigo

6

Pode parecer que todo isto está aínda a décadas de serusado ante un tribunal, estás equivocado. En India unhamuller foi acusada de asasinato en 2008 tras un escaneocerebral. Un artigo do New York Times explica: “India éo primeiro pais en acusar a alguénde cometer un crime baseándose enevidencias tiradas dunha contro-vertida máquina, un escáner cere-bral que produce imaxes da mentehumana en acción e que seica indi-ca se un sospeitoso lembra detallesdun crime.” En xuño de 2008, unha xuíza da India per-mitiu un escáner cerebral para demostrar que unha sos-peitosa tiña o coñecemento vivencial dun crime do xeitoen que só o podería ter sendo a asasina. A sospeitosa foisentenciada a cadea perpetua. “ Creo que isto é á vez in-teresante e preocupante”. Dixo Henry T. Greely, un

bioético da Universidade de Dereito de Standford. “Se-guimos a buscar unha solución máxica para detectarmosa mentira. Quizais a consigamos algún día, pero cómpreesixir a máxima infalibilidade antes de arruinar a vida da

xente se usamos esta tecnoloxía.” Oescáner cerebral, utilizado neste caso,esixe que a persoa estea unida porelectrodos á máquina para que durantea lectura dea detalles moi concretos daescena do crime. Segundo os fabrican-tes da máquina, certas partes do noso

cerebro se activan cando a memoria é estimulada. Istoleva a pensar ás autoridades que aquilo que causa a acti-vación cerebral é consecuencia de que a persoa foi teste-muña dos feitos que se lle están lendo. Esta tecnoloxíaten por suposto críticos porque é moi nova e aínda nonfoi sometida a experimentación rigorosa.

XANON HAI QUEN COLGUE CLASE EN BRASIL: UN MICROCHIPDARÁAALERTA SE OS NENOS NON VAN AO COLEXIO

Unha cidade brasileira comezou a implantar os 'unifor-mes intelixentes' para manter os seus alumnos controla-dos e evitar que laten clase.Os "uniformes intelixentes" chegaron aos colexios deBrasil para acabar co absentismo de raíz. 20.000 alum-nos da cidade nororiental de Vitoria da Conquista serános (afortunados?) que estreen a vestimenta 'anti colgar'.As camisetas levarán microchips incorporados, nunhamanga ou baixo a insignia do colexio, que enviarán unhamensaxe de texto (SMS) aos pais cando o alumno che-gue ou avisaranos se entra tarde a clase. Unha medidaque, segundo as autoridades locais, axudará a mellorar acoordinación entre pais e profesores.O plan é que para o próximo ano todos os estudantes demáis de 14 anos da rexión utilicen a indiscreta peza, naque o goberno local investiu uns 530.000 euros.O responsable de Educación da cidade, Coriolano Mo-raes, explicaba a Associated Press a orixe da medida."Démonos conta de que moitos pais traían aos seus fillosao colexio, pero non chegaban a ver se entraban ou nonno edificio, porque tiñan que marcharse correndo para ir

traballar".O sistema que puxeron en marcha para solucionalo ésinxelo: cando o alumno atravese os sensores á entradado colexio, o microchip oculto na roupa enviará un SMSaos pais, confirmando que os seus fillos entraron ao co-lexio.Se pasados 20 minutos da hora de entrada o estudanteaínda non pasou por diante do sensor, unha mensaxe dealarma chega até os pais.

LEN O NOSO CEREBRO ANTE UN TRIBUNAL

En xuño de 2008, unhaxuíza da India permitiuun escáner cerebral. A

sospeitosa foi sentenciadaa cadea perpetua