tema4 os ecosistemas

26
TEMA 4 OS ECOSISTEMAS

Upload: eva-dominguez-cortinas

Post on 13-Jan-2017

284 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema4 Os ecosistemas

TEMA 4OS ECOSISTEMAS

Page 2: Tema4 Os ecosistemas

• Que se necesita para vivir?• Os compoñentes dun ecosistema• O papel dos seres vivos

• As cadeas e as redes alimentarias• Ecosistemas terrestres• Ecosistemas acuáticos• O ser humano cambia o medio

Page 3: Tema4 Os ecosistemas

COMPOÑENTES DUN ECOSISTEMA• Os compoñentes dun ecosistema son: o medio

físico, os seres vivos e as relacións.• O medio físico está formado polos elementos que non

posúen vida.• Os seres vivos son os elementos que posúen vida. O

conxunto de seres vivos que poden reproducirse entre si denomínase especie. Os organismos dunha mesma especie constitúen unha poboación. O conxunto de organismos de distintas especies forman unha comunidade.• Entre os compoñentes dun ecosistema establécense

relacións.

Page 4: Tema4 Os ecosistemas

O PAPEL DOS SERES VIVOS• Existen tres tipos:• Organismos produtores: son os seres vivos que

fabrican o seu propio alimento mediante o proceso de fotosíntese.• Organismos consumidores: son os que se alimentan

doutros seres vivos.• Organismos descompoñedores: son organismos que,

como os fungos, se nutren con restos doutros seres vivos.

Page 5: Tema4 Os ecosistemas

AS CADEAS ALIMENTARIAS• Que é?• É a relación que indica quen serve de alimento a quen.

• Nun ecosistema uns seres vivos aliméntanse doutros e son como elos dunha cadea

Page 6: Tema4 Os ecosistemas

AS REDES ALIMENTARIAS• Que son?• Son as distintas cadeas alimentarias relacionándose entre

elas.

Page 7: Tema4 Os ecosistemas

O EQUILIBRIO ENTRE OS SERES VIVOS• Nas redes alimentarias non falta nin sobra ningún

grupo de seres vivos. A mínima variación de calquera deles afecta aos demais. Este continuo equilibrio chámase equilibrio ecolóxico.

• O ecosistema sofren cambios. Algúns cambios son leves, como os que orixinan as estacións, e non alteran o equilibrio ecolóxico. Pero hai outros que son tan graves que alteran ese equilibrio e poden chegar a ocasionar a extinción de especies.

• Para que exista equilibrio ecolóxico entre os seres vivos, debe haber máis produtores que herbívoros. E máis herbívoros que carnívoros

Page 8: Tema4 Os ecosistemas

ECOSISTEMAS TERRESTRES

Page 9: Tema4 Os ecosistemas

• Caracterízase por ter temperaturas moi baixas e precipitacións moi escasas en forma de neve.

• A vexetación é case inexistente. Os animais viven cerca das costas e presentan unha espesa capa de graxa que os protexe do frío.

DESERTO FRÍO

Page 10: Tema4 Os ecosistemas

• Caracterízase por ter temperaturas baixas, que só superan os 0 ºC no verán, e precipitacións escasas en forma de neve, e de chuvia no verán.

• A vexetación adoita estar formada por bosques de abetos e piñeiros. Hai lebres, lobos, renos, etc.

TAIGA

Page 11: Tema4 Os ecosistemas

• Ten temperaturas baixas no inverno e suaves no verán. As precipitacións, en forma de chuvia, son moderadas.

• A vexetación adoita ser de folla caduca. A fauna é moi variada e pode migrar segundo a estación.

BOSQUE TEMPERADO

Page 12: Tema4 Os ecosistemas

• As temperaturas son elevadas durante o día e baixan pola noite. As precipitacións son case inexistentes.

• A vexetación é moi escasa, e os animais e as plantas están adaptados á falta de auga.

DESERTO CÁLIDO

Page 13: Tema4 Os ecosistemas

• As temperaturas son elevadas durante todo o ano. As precipitacións son escasas, salvo na época de chuvias, en que son torrenciais.

• A vexetación está formada por herbas e algunhas árbores dispersas, e a fauna é moi variada.

SABANA

Page 14: Tema4 Os ecosistemas

• As temperaturas son elevadas e as precipitacións abundantes durante todo o ano.

• A vexetación é moi rica, con árbores moi altas e hai gran variedade de seres vivos.

SELVA

Page 15: Tema4 Os ecosistemas

ECOSISTEMAS ACUÁTICOS• Están influídos pola cantidade de luz, a

temperatura e as substancias disolvidas na auga, como o osíxeno ou os sales minerais

• Poden ser:• Auga doce: ríos e lagos• Auga salgada: mares e océanos• Estes dous tipos de ecosistemas diferéncianse

fundamentalmente pola cantidade de sales disolvidos na auga.

Page 16: Tema4 Os ecosistemas

OS SERES VIVOS DOS ECOSISTEMAS ACUÁTICOS• Tamén existen organismos produtores,

consumidores e descompoñedores.• Poden ser:• Ecosistemas de auga doce: Estes ecosistemas son moi

ricos. A abundancia de luz e a auga favorece o desenvolvemento de produtores, como o plancto, as algas e as plantas que viven no fondo e nas ribeiras. Desta gran riqueza de vida dependen os organismos acuáticos e moitos organismos terrestres que se alimentan deles.• Ecosistemas de auga salgada: Nestes ecosistemas

acuáticos a luz do sol só pode penetrar entre 100 e 200 metros baixo a auga. Nesta zona dos ecosistemas viven os organismos produtores e, por tanto, tamén moitos consumidores. A maior profundidade, o océano é escuro e só se atopan organismos consumidores.

Page 17: Tema4 Os ecosistemas

ECOSISTEMAS DE AUGA DOCE

Page 18: Tema4 Os ecosistemas

ECOSISTEMAS DE AUGA SALGADA

Page 19: Tema4 Os ecosistemas

A VIDA NOS ECOSISTEMAS MARIÑOS• Podemos distinguir distintos ecosistemas

mariños: litoral, superficie do mar aberto e as profundidades mariñas.• O litoral é unha zona costeira de transición entre os

ecosistemas terrestres e os mariños. As características deste tipo de ecosistemas varían segundo se a costa é un acantilado, unha praia de area ou unha zona húmida costeira.• Na superficie do mar aberto existe unha gran cantidade de

seres vivos que se desprazan nadando ou arrastrados polas correntes mariñas.• Nas profundidades mariñas viven poucos seres vivos, moitos

deles descoñecidos. Nestas zonas a vida depende dos restos de seres vivos que caen ao fondo.

Page 20: Tema4 Os ecosistemas
Page 21: Tema4 Os ecosistemas

O SER HUMANO CAMBIA O MEDIO• Hai uns 10.000 anos a poboación humana non era

moi numerosa. A súa acción sobre o medio que a rodeaba limitábase á caza e á recolección de froitos e sementes para sobrevivir

• Hai uns 2.000 anos, a agricultura e a gandaría fixeron que o ser humano tivese máis alimentos, e que a súa poboación aumentase. A agricultura e a gandaría transformaron o ecosistema inicial

• Hai uns 200 anos, apareceu a industria. Actualmente, a poboación humana segue crecendo e as industrias xeran residuos que contaminan o aire, a auga e o solo.

Page 22: Tema4 Os ecosistemas
Page 23: Tema4 Os ecosistemas
Page 24: Tema4 Os ecosistemas
Page 25: Tema4 Os ecosistemas

EXISTEN SOLUCIÓNS• Se a acción humana seguise desenvolvéndose sen

control, moitas especies desaparecerían, é dicir, perderíase a biodiversidade.

• Para evitalo, debemos reducir os efectos negativos que a nosa forma de vida ocasiona no medio.

• Todos xuntos podemos desenvolver accións positivas para a paisaxe.

• Entre outras cousas, depurar as augas para evitar contaminala, reutilizar ou reciclar os materiais de refugallo e repoboar os bosques que sufriron deforestacións por cortas ou incendios

Page 26: Tema4 Os ecosistemas