os grandes ecosistemas terrestres: os...

8
Mª Ángeles González Baldonedo 1 OS GRANDES ECOSISTEMAS TERRESTRES: OS BIOMAS Denomínanse biomas ós grandes tipos de ecosistemas presentes no medio terrestre do planeta. Os biomas ocupan extensas rexións da Terra e están determinados polos factores climáticos de temperatura e pluviosidade. Diferéncianse polo tipo de formación vexetal dominante, o que condiciona o resto de organismos vivos asociados a ela. Tendo en conta que a temperatura depende dos factores latitude e altitude, os biomas distribúense como grandes franxas máis ou menos paralelas ó ecuador, nestas franxas, haberá variacións en función da altitude. A TUNDRA Ocupa a quinta parte da superficie continental é propia das zonas polares e das cimas das montañas. O factor limitante é o frío, pois ten menos de tres meses sen xeadas. Por esta razón, só se desxea a parte superficial do solo denominada, mollisol , permanecendo xeada a parte restante que é o permafrost. A vexetación queda reducida a liques, brión, carrizas, plantas herbáceas e arbustos rastreiros Tundra en Alaska en verán A fauna é moi escasa, está formada por especies que emigran na época fría. Destacan mamíferos como os renos, lebres árticas, raposo ártico, roedores (lemming) lobos. Aves sedentarias como o bufo nival e aves migratorias que chegan no verán para aniñar , alimentándose dos numerosos insectos que eclosionan nesta estación. Reno (Rangifer tarandus) Lemming (Lemmus lemmus)

Upload: others

Post on 18-Jan-2020

29 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Mª Ángeles González Baldonedo 1

OS GRANDES ECOSISTEMAS TERRESTRES: OS BIOMAS Denomínanse biomas ós grandes tipos de ecosistemas presentes no medio terrestre do planeta. Os biomas ocupan extensas rexións da Terra e están determinados polos factores climáticos de temperatura e pluviosidade. Diferéncianse polo tipo de formación vexetal dominante, o que condiciona o resto de organismos vivos asociados a ela. Tendo en conta que a temperatura depende dos factores latitude e altitude, os biomas distribúense como grandes franxas máis ou menos paralelas ó ecuador, nestas franxas, haberá variacións en función da altitude. A TUNDRA Ocupa a quinta parte da superficie continental é propia das zonas polares e das cimas das montañas. O factor limitante é o frío, pois ten menos de tres meses sen xeadas. Por esta razón, só se desxea a parte superficial do solo denominada, mollisol , permanecendo xeada a parte restante que é o permafrost.

A vexetación queda reducida a liques, brión, carrizas, plantas herbáceas e arbustos rastreiros

Tundra en Alaska en verán A fauna é moi escasa, está formada por especies que emigran na época fría. Destacan mamíferos como os renos, lebres árticas,

raposo ártico, roedores (lemming) lobos. Aves sedentarias como o bufo nival e aves migratorias que chegan no verán para aniñar , alimentándose dos numerosos insectos que eclosionan nesta estación.

Reno (Rangifer tarandus) Lemming (Lemmus lemmus)

Mª Ángeles González Baldonedo 2

A TAIGA A taiga é un bioma de clima frío, aínda que non tan extremo como o da tundra. Os invernos son longos e moi fríos, pero a temperatura estival sobe o suficiente como para permitir o desenvolvemento lento das árbores. Formado por bosques de coníferas distribuídos en franxas á marxe do círculo polar, como Siberia, Rusia ou Canadá e tamén existen na Patagonia e en Nova Zelandia. Fóra destas latitudes hai formacións de coníferas nas cimas de alta montaña

As taigas son formacións con pouca diversidade, nas que dominan as especies perennifolias aciculares de copas densas, cuxo sotobosque moi umbroso e pouco estratificado, é moi pobre en especies e individuos. A lenta descomposición das follas das coníferas (acículas) fai que estas se acumulen en grandes masas, que acidifican o substrato, Nos claros dos bosques abundan as turbeiras. Xunto cos piñeiros, abetos e piceas, aparecen alerces e bidueiros caducifolios. Alerces (X. Laris)

A fauna é pouca variada, destacando o lince, o oso , o raposo, o lobo, a marta, o castor, o visón , o esquío, o porco espiño e o urogalo. Durante o curto verán proliferan os insectos, que alimentan a numerosas especies: arañas, aves, musarañas, etc. Marta (Martes martes)

Urogalo (Tetrao urogallus) Musaraña (Sorex araneus) Castor (Castor fiber)

Mª Ángeles González Baldonedo 3

OS BOSQUES TEMPERADOS CADUCIFOLIOS Esténdense en rexións húmidas, que presentan estacións moi marcadas e chuvias repartidas ó longo do ano. Están formados por árbores de folla caduca (frondosas), adaptadas á parada fisiolóxica durante o inverno. Estas árbores producen unha gran cantidade de follaxe no outono, de rápida descomposición e humificación, debido á abundante e activa fauna edáfica. Este bosque sitúase por debaixo da taiga, ocupando Europa Central, este de Norteamérica, Xapón e China.. As árbores característica son os carballos, as faias, os ameneiros, os bidueiros, os castiñeiros, os tilleiros e as nogueiras. A fauna, insectos, vertebrados como o cervo, o corzo, o lobo, o raposo, o esquío, o xabaril , as lebres, os linces, os ratos, etc. Entre as aves, os bufos, as curuxas,as aguias. Lince (Lyns lyns) Corzo (Capreolus capreolus) Bufo (Bubo bubo) Curuxa (Tyto alba)

Mª Ángeles González Baldonedo 4

É un dos biomas máis alterado e modificado polos asentamentos humanos. O BOSQUE ESCLERÓFILO Tamén chamado bosque mediterráneo, caracterizado por invernos fríos e húmidos e veráns cálidos e secos. As circunstancias do clima fan que as follas das súas árbores e arbustos estean endurecidas por unha grosa cutícula (esclerofilia) que as recobre e as protexe da secura durante os cálidos e secos veráns, típicos das rexións mediterráneas. As árbores e arbustos representativos son: aciñeiras, sobreiras, piñeiros, oliveiras, bugallos, cabrafigos, algúns carballos e os eucaliptos. Na fauna destacan o lince, o raposo, o lobo, o gamo, o cervo, a lebre, o rabisaco. Entre as aves abundan as rapaces (aguias, voitres, miñatos), réptiles (lagartos, lagartiños, cobras, tartarugas, víboras e salamántiga), e insectos.

Gamo (Dama dama) Rabisaco (Genetta genetta)

Miñato (Milvus milvus) Salamántiga (Salamandra salamandra) En Europa coñécese tamén como maquis ou maquía , mentres que en Norteamérica chámase chaparral .

Mª Ángeles González Baldonedo 5

O BOSQUE TROPICAL En rexións de latitude baixa (próximas ó ecuador) son moi frecuentes as precipitacións ó longo de todo o ano. Estas chuvias condicionan un forte lavado dos nutrientes do solo, a formación de costras superficiais (laterización) e un elevado risco de erosión, se desaparece a cuberta vexetal. A vexetación é exuberante e está constituída por especies de folla perenne e ancha. A humidade permite o desenvolvemento dun bosque estratificado e moi denso, cun dosel de grandes árbores solitarias de 50 e 60 m de altura e un dosel inferior continuo. O estrato inferior está formado por plantas que non necesitan moita luz. Abundan as plantas rubideiras ou lianas e as epífitas. Os insectos proliferan grazas á abundancia de alimento. Moitas aves e primates viven no dosel do bosque, onde comen insectos e froitos. A diversidade de animais dos bosques tropicais é moi grande.

Huapo vermello (Cacajao calvus)

Guacamayo azul (Ara ararauna)

Tucanos (Ramphastos)

Variacións rexionais do modelo xeral son a xungla , con bambús e palmeiras espiñosas, e a selva monzónica (ambas asiáticas), os xunglares (litorais mariños, fluviais e lacustres de América e África e a laurisilva (en Canarias, Madeira, as Azores e zonas costeiras de América, Asia e Australia).

Mª Ángeles González Baldonedo 6

AS ESTEPAS So pradarías de zonas temperadas que teñen clima continental. Localízanse en rexións do interior de Europa con chuvias irregulares e temperaturas que presentan grandes oscilacións estacionais.

Nas estepas as árbores son escasas e abondan as plantas herbáceas (sobre todo as gramíneas). Antano, esta vexetación alimentaba a grandes herbívoros que desapareceron pola presión das actividades humanas. Hoxe a parte de gando, nelas atopamos mandas de herbívoros (antílopes, cabalos salvaxes ou bisontes), os seus depredadores (lobos e coiotes) e os roedores (cans de pradaría ou esquíos terrestres). Tamén son importantes as poboacións de réptiles.

Estepa siberiana Segundo a zona, reciben diferentes nomes, en Asia chámanse estepas, en Norteamérica pradarías e en América do Sur pampas.

Antílopes (Taurotragus orys)

Pradaría A pampa

Mª Ángeles González Baldonedo 7

A SABANA A sabana desenvólvese en rexións tropicais que teñen dúas estacións climáticas (seca e humidade). Son formacións de rexións cálidas, con abundantes chuvias concentradas nunca soa estación. Sitúanse en América do Sur, Australia e, sobre todo en África. A vexetación consta dun importante estrato herbáceo formado por gramíneas de ata 4 m de alto cunha vexetación acompañante, moi aberta, de matogueiras, arbustos e arbores (acacias e baobad) que poden alcanzar gran tamaño, aínda que se encontran illadas debido a que a estación seca limita a densidade destes produtores. Nas sabanas africanas hai herbívoros de gran tamaño (cebras, búfalos, rinocerontes, ñus, gacelas, xirafas etc.), que constitúen o alimento de numerosos depredadores (leóns, leopardos, guepardos, licaóns…) e preeiros (xenas, voitres, marabús…). Tamén abondan os insectos: térmitos, escaravellos, lagostas, etc.

Licaón (Lycaon pictus)

Ñu (Connochaetes)

Marabú (Leptoptilos crumeniferos)

Deseto do Sahara

Mª Ángeles González Baldonedo 8

OS DESERTOS Son as rexións máis áridas do planeta. Localízanse cerca dos trópicos, onde reinan as altas presións que impiden a formación de nubes e de precipitacións. As chuvias son moi irregulares e escasas; en ocasións caen en forma torrencial e pódense formar ríos e lagos moi efémeros. Durante este curto período, moitas plantas, das que as sementes se encontraban no solo esperando a auga para xerminar, realizan o seu ciclo vital con rapidez. Non obstante, a vexetación escasea nos desertos a causa da aridez. Moitas plantas (como os cactos) carecen de follas e desenvolven espiñas para perder menor cantidade de auga por transpiración.

A fauna presenta adaptacións en forma de hábitos subterráneos (insectos, escorpións, réptiles e roedores) ou mecanismos para reter a auga, como algúns mamíferos (rata canguro do deserto) teñen ouriños concentrados e os excrementos son practicamente sólidos. Os descompoñedores son escasos e moi pouco activos.

Deserto de Atacama

Rata canguro (Dipodomys deserti) Raposo do deserto (Vulpes)

Hai desertos en América do Norte (Sonora), América do Sur (Atácama), África ( Sáhara, Kalahari), Asia Central (Gobi) e Australia ( O Gran Deserto Victoria) Deserto de Gobi