reuniÓn da comisiÓn 8.ª, pesca e marisqueo · 2015-09-03 · do comité das rexións, no seo da...

33
REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Upload: others

Post on 31-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E

MARISQUEO

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 9 de setembro de 2015, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Preguntas orais en Comisión

1.1 38167 (09/POC-005598)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre os obxectivos da participación directa do Goberno galego, no ámbito do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos ao futuro da acuicultura, así como os compromisos e as posicións defendidas ao respecto na semana do 19 de xuño en PortugalPublicación da iniciativa, BOPG n.º 490, do 02.07.2015

1.2 38825 (09/POC-005776)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel e 7 máisSobre a valoración que fai o Goberno do desenvolvemento da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocataPublicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 28.08.2015

Punto 2. Proposicións non de lei en Comisión

2.1 22251 (09/PNC-001806)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos criterios de uso dos fondos europeos para a pesca e a actual Orde de axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico noroestePublicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 23.04.2014

2.2 26485 (09/PNC-002224)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do CarmeSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para o inicio

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

pola Comisión Europea dun novo proceso negociador con Mauritania que restitúa as posibilidades de pesca da frota cefalodopeira galega nese caladoiroPublicación da iniciativa, BOPG n.º 339, do 11.09.2014

2.3 28514 (09/PNC-002375)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa Orde do 23 de xuño de 2014 pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo de Gardacostas de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 360, do 23.10.2014

2.4 35812 (09/PNC-003007)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 2 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar o impacto que está a ter na frota galega do cerco o actual modelo de xestión e repartición das posibilidades de pesca das especies peláxicasPublicación da iniciativa, BOPG n.º 444, do 08.04.2015

2.5 38221 (09/PNC-003205)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José ManuelSobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas iniciativas dirixidas a aumentar as posibilidades pesqueiras para a frota galega no ano 2016, en coherencia coa mellora da situación dos recursos, e a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia ao respectoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 490, do 02.07.2015

2.6 38870 (09/PNC-003265)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 3 máisSobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan integral de saneamento das rías de Arousa e PontevedraPublicación da iniciativa, BOPG n.º 510, do 28.08.2015

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015

Javier Jorge Guerra Fernández

Presidente da Comisión

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO

POR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteJavier Jorge Guerra Fernández P

VicepresidentaRosa Oubiña Solla P

SecretarioJosé Manuel Gallego Lomba S

José Manuel Balseiro Orol PNoela Blanco Rodríguez SJuan Manuel Fajardo Recouso AGEMaría Consuelo Martínez García MVidal Martínez-Sierra López PBerta Pérez Hernández PMaría Soledad Piñeiro Martínez PMaría Herminia Pouso Maneiro PDaniel Rodas Chapela BNGGonzalo Trenor López PJosé Ramón Val Alonso S

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1. Preguntas orais en Comisión

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 38167(09/POC-005598)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel

Sobre os obxectivos da participación directa do Goberno

galego, no ámbito do Comité das Rexións, no seo da Comisión

de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames

relativos ao futuro da acuicultura, así como os compromisos e

as posicións defendidas ao respecto na semana do 19 de xuño

en Portugal

Publicación da iniciativa, 490, 02.07.2015

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA

Juan Manuel Fajardo Recouso, deputado pertencente ao Grupo

Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no

artigo 156 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a

súa resposta oral en Comisión .

O Partido Popular que sustenta o executivo galego ten actuado de estilete nas

políticas de desvaldimento de competencias do país, para cedelas ao estilo

colonial á metrópole, neste caso á UE e, polo tanto, a Alemaña. Son moitos os

casos onde por omisión, ou por acción activa do goberno galego se permite

que a lexislación europea ocupe espazos asignados ao noso país; un exemplo

a permisividade sobre as competencias, que de exclusividade Galicia ten en

augas interiores, e que o executivo delega de forma temeraria na Unión

Europea ou no estado.

Máis preocupante é cando a iniciativa xorde do propio PP de Galicia, como no

caso da emenda que provocou a eliminación da obriga do orixe no etiquetado

dos produtos elaborados, decisión política do PP que suporá un auténtico crime

económico e de emprego no país.

A ocultación coa que se fan estas prácticas, incluso camuflando as decisións

en órganos e materias que impiden coñecer o obxectivo final, é un exemplo do

turbio fin que se persegue por parte do executivo galego. Nos últimos meses

veñen de participar como poñentes e expertos no ámbito do comité das

rexións, na elaboración de ditames, informes e celebración de “mitins” que

perseguen trasladar as competencias sobre acuicultura á UE, sobre todo ante a

covardía de expresarlle ao sector do mar de Galicia o obxectivo final, que

incluso esta redactado no borrador de lei de pesca que ocultan nos caixóns da

Xunta, a privatización do noso mar e as nosas Rías.

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), formula a

seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión :

1.- Cal é obxectivo que persegue a participación directa, e incluso impulso, dos

informes e proxectos de ditame sobre o futuro da acuicultura, realizados no

comité das Rexións dentro da comisión de Recursos Naturais?

2.- Que compromisos e posicións defendeu o executivo galego ou os seus

representantes no “mitin” celebrado durante a semana do 19 de xuño en

Portugal?

3.- Porque ocultaron ao sector e o parlamento esta transcendental posición

sobre a acuicultura do goberno Galego en Europa?

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015.

Asdo.: Juan M. Fajardo Recouso

Deputado do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 19/06/2015 11:46:24

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 38825(09/POC-005776)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

Sobre a valoración que fai o Goberno do desenvolvemento da

iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata

Publicación da iniciativa, 510, 28.08.2015

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Rosa Oubiña Solla, Marisol Piñeiro Martínez, Javier Guerra Fernández, Vidal Martínez-Sierra López, Berta Pérez Hernández, Herminia Pouso Maneiro e Gonzalo Trenor López, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. Ao longo dos últimos anos e, a través da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata, a Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración cos departamentos autonómicos de Educación e Sanidade e de Anfaco-Cecopesca, pretende fomentar o consumo de conservas de peixe e moluscos entre os máis cativos e transmitirlles a importancia das súas achegas nutritivas. A campaña Ponlle as pilas ao teu bocata estivo presente durante o curso nas aulas de colexios públicos de toda Galicia e en diferentes eventos deportivos e culturais, campamentos e outras iniciativas de participación xuvenil. Ao obxecto de valorar o desenvolvemento desta actividade así como a finalidade perseguida pola mesma, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:

1. Cantas accións se veñen desenvolvendo ao longo do último ano ao abeiro da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata?

2. Cal é a acollida que está a recibir esta iniciativa polos rapaces

galegos e nos centros educativos e outras entidades nas que se vén realizando?

3. Que valoración fai o Goberno galego do desenvolvemento

desta actividade?

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

Asinado dixitalmente por:

José Manuel Balseiro Orol na data 14/07/2015 10:06:29

Rosa Oubiña Solla na data 14/07/2015 10:06:38

Maria de la Soledad Piñeiro Martinez na data 14/07/2015 10:06:44

Javier Jorge Guerra Fernández na data 14/07/2015 10:06:47

Vidal Martínez-Sierra López na data 14/07/2015 10:06:55

Berta Pérez Hernández na data 14/07/2015 10:07:01

María Herminia Pouso Maneiro na data 14/07/2015 10:07:10

Gonzalo Trenor Lopez na data 14/07/2015 10:07:20

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2. Proposicións non de lei en Comisión

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 22251(09/PNC-001806)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación cos criterios de uso dos fondos europeos para a

pesca e a actual Orde de axudas á paralización definitiva dos

buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da

pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico noroeste

Publicación da iniciativa, 277, 23.04.2014

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa

dos deputados Daniel Rodas Chapela e Francisco Xesús Jorquera Caselas, ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei

para o seu debate en Comisión, instando ao Goberno galego a rexeitar os criterios dos

fondos comunitarios para a paralización definitiva dos buques de pesca galega e a

revocar a actual orde de axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros afectados

polo Plan de xestión integral da baixura.

Ven de publicarse a Orde do 3 de abril de 2014 pola que se establecen as bases

reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á

paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da

pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste, cofinanciadas nun 75%

co Fondo Europeo de Pesca

Estas axudas van destinadas a embarcacións sometidas a plans de recuperación,

plans de xestión, plan nacional de desmantelamento, medidas de urxencia da Comisión,

medidas de urxencia do Estado membro, medidas dos estados membros dentro das 12

millas, aplicables unicamente aos buques pesqueiros que enarbolen o seu pavillón.

A finalidade desta orde é acatar as directrices de Bruxelas, no sentido de adaptar

a nosa flota á dispoñibilidade dos recursos, non mediante mellores negociacións e un

trato xusto, senón mediante a redución do esforzo pesqueiro, asumindo como propio a

obrigatoriedade de ter que reducir o número de embarcacións como principal piar dos

fondos comunitarios que a actual consellaría subscribe, apoia e comparte.

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Prantéxaselle unha solución individual ao armador, mentres as tripulacións

quedan ao pairo para que as embarcacións galegas poidan servir de arrecifes artificiais

ou de elementos folclóricos nas rotondas dos paseos marítimos, promocionando o que

puido ser e acabou sendo a flota galega.

Estas son as razóns que levan ao BNG a formular a seguinte Proposición non de

lei para o seu debate en Comisión:

“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a non aceitar o

prantexamento dos fondos europeos para pesca dos que unha parte significativa dos

mesmos vaia destinado ao despeze. Non aceptar o modelo imposto polos fondos do

FEMP que mantén ditos investimentos e a paralizar a actual orde de axudas á

paralización definitiva de buques pesqueiros afectados polo Plan de xestión integral da

baixura”.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Daniel Rodas Chapela na data 15/04/2014 12:52:12

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 15/04/2014 12:52:20

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.2 26485(09/PNC-002224)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e Adán Villamarín, María do Carme

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para

o inicio pola Comisión Europea dun novo proceso negociador

con Mauritania que restitúa as posibilidades de pesca da

frota cefalodopeira galega nese caladoiro

Publicación da iniciativa, 339, 11.09.2014

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa do

deputado Daniel Rodas Chapela e da deputada María do Carme Adán Villamarín,

ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non

de lei para o seu tratamento en Comisión, para instar ao Goberno galego a reclamar

as xestións precisas do Goberno español para que a Comisión Europea inicie un novo

proceso negociador con Mauritania que restitúa as posibilidades de pesca da flota

cefalopodeira galega.

Mauritania ven de prohibir dende o 21 de agosto ata o 30 de novembro a pesca

de polbo aducindo problemas comerciais, isto é: de exceso de oferta e caída dos prezos.

O anterior acordo pesqueiro entre a República de Mauritania e a UE estivo

condicionado polo argumento de que o polbo nas súas augas estaba sobreexplotado, o

que impedía a renovación do acordo coa inclusión da flota cefalopodeira. Así, a UE

aceptou este argumentario asinando un novo protocolo pesqueiro 2012-2014 por 70

millóns de euros anuais que excluía a flota galega, cando os informes científicos

españois reflectían a boa situación do stock.

Este acordo pagouno a UE pero non foi utilizado nin pola metade dos barcos

con posibilidades de pesca nas costas do país africano, e supuxo a renuncia dos dereitos

de pesca históricos da flota galega, e o amarre e posterior despece de moitas das

embarcacións que alí faenaban.

Mentres se lle negaba o aceso ás augas mauritanas á flota galega, os barcos

chinos a través da compañía Poly Hondone ocupaban o lugar ao que a UE renunciaba, e

que ademais levan a cabo unha actividade con cuestionables criterios de sostibilidade,

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

pois pesca con artes non autorizadas e en zonas restritivas para a reprodución, pescando

por riba da demanda do mercado, acadando un exceso de capturas superior en 6.000

toneladas, o que provocou o afundimento do mercado xaponés abocado a manter o stock

almacenado en frigoríficos en Nouadhibou.

Estas son as razóns que levan ao G.P. do BNG a formular a seguinte proposición

non de lei para a súa resposta oral en comisión:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a reclamar as xestións

precisas do Goberno español para que a Comisión europea inicie un novo proceso

negociador con Mauritania, que restitúa as posibilidades de pesca da flota cefalopodeira

galega (2012), sen a cal non debería renovarse o actual acordoo pesqueiro UE-

Mauritania”.

Santiago de Compostela,1 de setembro de 2014

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

María do Carme Adán Villamarín

Portavoz s. do G.P. BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 01/09/2014 13:04:57

María do Carme Adán Villamarín na data 01/09/2014 13:05:02

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.3 28514(09/PNC-002375)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia

en relación coa Orde do 23 de xuño de 2014 pola que se

establecen os elementos identificativos do Servizo de

Gardacostas de Galicia

Publicación da iniciativa, 360, 23.10.2014

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

O grupo parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, a iniciativa da súa deputada

Yolanda Díaz Pérez, ao abeiro do artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a

seguinte Proposición non de Lei para o seu debate na comisión, relativa á derrogación

da Orde do 23 de xuño de 2014, pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo

de Gardacostas de Galicia.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O pasado día 7 de xullo do 2014, o DOG publicou a Orde do 23 de xuño de 2014 pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo de Gardacostas de Galicia. Pola lei 2/2004, do 21 de abril, creárase o Servizo de Gardacostas de Galicia, modificada pola Lei 10/2010, do 11 de novembro, que no seu artigo 3º sinala que o persoal do Servizo de Gardacostas irá uniformado portando placa e carné profesional, e no seu artigo 1º prescribe que os membros do Servizo de Gardacostas serán os pertencentes ás escalas específicas que nel se definen. A legalidade sinala pois que levarán uniforme identificativo, placa e carné profesional do Servizo de Gardacostas exclusivamente as persoas pertencentes as escalas que define o artigo 1º da devandita lei.

Hai pouco a propia consellería, representada pola Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, tras unha investigación interna motivada por unha iniciativa parlamentar presentada polo noso grupo determinou que o actual Subdirector xeral do Gardacostas non podía levar uniforme nin placa ni carné profesional, por ser ilegal polo feito de pertencer á administración xeral da Xunta e non pertencer a ningunha das escalas do Gardacostas.

A devandita Orde do 23 de xuño teima en disputarlle á lei e o decreto a razón. A orde recolle no seu artigo13.3:

Cando existan outros cargos de dirección superiores ao/á subdirector/a xeral, dos que, segundo o correspondente decreto de estrutura, teña dependencia orgánica o Servizo

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

de Gardacostas de Galicia, nos actos en que exerzan representación directa deste, poderán usar o uniforme de clase A no cal exhibirán as mesmas divisas que o/a subdirector/a xeral pero engadindo sobre eles outro galón dourado de 14 mm, no caso de cargos de nivel de director/a xeral ou secretario/a xeral, e engadindo dous galóns dourados de 14 mm, no caso de nivel de conselleiro/a.

Isto é ilegal pois infrinxe de novo a lei e o decreto de funcións do Gardacostas. Por outra banda

a orde de uniformidade fíxose atendendo ós postos non ás escalas, para enmascarar que

persoas pertencentes a grupos inferiores manden nos superiores, o que lesiona claramente as

funcións das escalas como indica o decreto 157/2005, do 26 de maio, nos seus artigos 6º, 7º e

8º. Semella transparente o exercicio de amiguismo que practica a conselleira, que pretende

aprobar un ordenamento ad hoc, que sirva para satisfacer indesexables clientelismos e

extravagantes caprichos.

Semella claro que os distintivos deben de ser por escalas e que ademais a uniformidade leve

unha referencia o posto, tal e coma indicaba o anexo IV da orde do 22 de xullo de 2005 pola

que se establecían os distintivos de identificación, divisas e uniformes do Servizo de

Gardacostas, feita polo PP e actualmente derrogada. Coa orde actual na que os distintivos son

pos postos pódense dar situacións en que un axente que estea en libre designación cese e

quede a disposición da Conselleira, polo que non estaría en ningún posto dos que cita a orde;

entón que galóns ou distintivos levaría?, traballaría sen distintivos indo en contra da norma?.

Esta orde foi publicada en suma para tratar de xustificar temporalmente situacións irregulares

do servizo, e este grupo coñece do proxecto de decreto de funcións que iría na mesma liña de

vulneración da lei.

Polo referido, este grupo parlamentar achega a seguinte proposición non de lei para a

comisión:

1º.- O parlamento Galego insta á Xunta á derrogación inmediata da Orde do 23 de xuño de

2014 pola que se establecen os elementos identificativos do Servizo de Gardacostas de Galicia.

2º O parlamento Galego insta á Xunta á elaborar unha nova orde que cumpra a Lei 2/2004, do

21 de abril, sendo os distintivos por escalas e na que ademais a uniformidade leve unha

referencia ao posto, tal e coma indicaba o anexo IV da Orde do 22 de xullo de 2005 pola que se

establecen os distintivos de identificación, divisas e uniformes do Servizo de Gardacostas,

actualmente derrogada.

3º O parlamento Galego reproba a actuación da conselleira do Medio Rural e do Mar por ter

publicado normas e permitir situación ilegais no seu departamento, e permitir a permanencia

do Subdirector xeral do Servizo de Gardacostas nunha situación ilegal e irregular.

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Compostela, 13 de outubro do 2014.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 13/10/2014 13:25:31

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.4 35812(09/PNC-003007)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Val Alonso, José Ramón e 2 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia

para evitar o impacto que está a ter na frota galega do cerco

o actual modelo de xestión e repartición das posibilidades de

pesca das especies peláxicas

Publicación da iniciativa, 444, 08.04.2015

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus

deputados, José Ramón Val Alonso, José Manuel Gallego Lomba e Francisco

Caamaño Domínguez, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160

do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non

de lei para o seu debate na Comisión 8ª.

A situación da flota do cerco galega é practicamente insostible principalmente

polas medidas que durante os últimos anos vén implementando o Goberno do

Estado coa connivencia do Goberno galego.

Non corren bos tempos para os nosos cerqueiros, profundamente discriminados

nos repartos de todas e cada unha das especies peláxicas, profundamente

discriminados no Plan de xestión da sardiña e sen ningunha alternativa para

poder seguir desenvolvendo a actividade pesqueira con garantías.

Á falla de posibilidades de pesca nas súas especies obxectivo hai que sumarlle,

nos últimos tempos, a enorme presión inspectora que sofren, tratados moitas

veces como delincuentes e non como traballadores profesionais.

Hai poucos días saía á luz pública unha desmedida actuación inspectora contra

un barco do cerco, ao que lle foi prohibido desembarcar as súas capturas nun

porto galego que tan só estaba a unhas poucas millas da súa posición de pesca e

foi escoltado ata o porto da Coruña onde sufriu unha fonda inspección que

rematou nunha infracción sen motivo aparente algún.

O Goberno galego permanece impasible diante destas actuacións que moitas

veces rozan o abuso de autoridade, e mira para outro lado á hora de defender a

viabilidade das empresas pesqueiras, sen manifestar a posibilidade de ir a un

cambio de modelo que desde hai tempo veñen reclamando os propios

profesionais.

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todas estas razóns o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte

proposición non de lei.

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:

1º) Reclame un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de

pesca das especies peláxicas que afecta á flota do cerco galega e a de artes

menores, solicitando un reparto lineal e xusto baseado en criterios

socioeconómicos (núm. Tripulantes ...) que permitan aos barcos da comunidade

de galega acceder ao recurso en igualdade de condicións.

2º) Defender aos profesionais do mar ante as decisións do Goberno central de

ordenar actuacións inspectoras desproporcionadas.

Pazo do Parlamento, 27 de marzo de 2015

Asinado dixitalmente por:

José Ramón Val Alonso na data 27/03/2015 12:08:54

José Manuel Gallego Lomba na data 27/03/2015 12:09:37

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 27/03/2015 12:09:51

Jose Luis Méndez Romeu na data 27/03/2015 12:10:11

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.5 38221(09/PNC-003205)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel

Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación coas

iniciativas dirixidas a aumentar as posibilidades pesqueiras

para a frota galega no ano 2016, en coherencia coa mellora da

situación dos recursos, e a actuación que debe levar a cabo a

Xunta de Galicia ao respecto

Publicación da iniciativa, 490, 02.07.2015

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa do deputado José Manuel Balseiro Orol, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta, ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.

Exposición de motivos

O artigo 43, apartado 3, do Tratado de Funcionamento da Unión Europea dispón que corresponde ao Consello Europeo, a proposta da Comisión, adoptar as medidas relativas á fixación e repartición das posibilidades de pesca. Para adoptalas, a normativa vixente establece que debe terse en consideración os ditames científicos, técnicos e económicos dispoñibles e sempre garantir un trato xusto entre os distintos sectores da pesca. A súa vez todo este proceso é resultado dun amplo período de consultas previas coas autoridades dos Estados membros e as autonómicas, a consulta coas partes interesadas, en particular, nas reunións dos consellos consultivos rexionais correspondentes. Non obstante, segue a ser un obxectivo preferente do sector pesqueiro galego e do propio Goberno autonómico seguir avanzando en cantas medidas se estimen acaídas para ampliar e darlle máis oportunidades á nosa flota e máis posibilidades de pesca aos nosos profesionais. De feito, a conselleira do Medio Rural e do Mar vén de defender, na última xuntanza do Consello Consultivo de Pesca celebrado no mes de xuño, entre o Ministerio de Agricultura e as comunidades autónomas un novo aumento das posibilidades pesqueiras para a nosa flota en 2016.

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

En apoio destas petición e polo exposto con anterioridade, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión: “O Parlamento de Galicia, manifesta o seu apoio ás iniciativas dirixidas a acadar un aumento das posibilidades pesqueiras para a nosa flota en 2016, en coherencia coa mellora da situación dos recursos e, neste sentido, insta á Xunta de Galicia a seguir defendendo este obxectivo diante da autoridades correspondentes”.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015 Asinado dixitalmente por:

Pedro Puy Fraga na data 22/06/2015 17:54:58

José Manuel Balseiro Orol na data 22/06/2015 17:55:13

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Reunión da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo

Día: 09.09.2015 Hora: 10:30

Orde do día

2.6 38870(09/PNC-003265)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Val Alonso, José Ramón e 3 máis

Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan integral

de saneamento das rías de Arousa e Pontevedra

Publicación da iniciativa, 510, 28.08.2015

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus

deputados e das súas deputadas, José Ramón Val Alonso, José Manuel Gallego

Lomba, Patricia Vilán Lorenzo e Noela Blanco Rodriguez, a través do portavoz e

ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante

esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 8ª.

As confrarías das rías de Arousa e Pontevedra levan anos sufrindo problemas

moi similares sempre ligados á contaminación, á falta de saneamento nas rías e á

pouca implicación por parte do Goberno galego do Partido Popular.

Os datos falan por si solos, e calquera indicador dos que podamos consultar nos

vai referir á situación na que se atopan as persoas profesionais do marisqueo

nestas dúas rías.

Se falamos de días traballados poderemos comprobar como en moitos casos se

chega a reducir en preto do 60 % o número de días propostos para traballo nos

plans de explotación cos días realmente traballados.

Se decidimos consultar os niveis de produción poderemos observar tamén como

ten diminuído de xeito alarmante nos últimos anos, ao igual que os niveis de

ingresos.

O Goberno galego fala continuamente de dinamizar e profesionalizar o sector,

pero o único que está a conseguir é precarizar os empregos no mar.

O Grupo Parlamentario Socialista considera que é preciso deter a sangría que

está a sufrir o sector marisqueiro en moitas confrarías destas dúas rías polo que

presentamos a seguinte proposición non de lei.

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 8.ª, PESCA E MARISQUEO · 2015-09-03 · do Comité das Rexións, no seo da Comisión de Recursos Naturais, na elaboración de informes e ditames relativos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

1º) Poñer en marcha un plan integral de saneamento destas dúas rías que sirva

para eliminar todos os puntos de vertidos incontrolados.

2º) Realizar todos os traballos de rexeneración comprometidos nas zonas de libre

marisqueo de ámbalas dúas rías.

Pazo do Parlamento, 14 de xullo de 2015

Asinado dixitalmente por:

José Ramón Val Alonso na data 14/07/2015 13:49:47

José Manuel Gallego Lomba na data 14/07/2015 13:49:58

Patricia Vilán Lorenzo na data 14/07/2015 13:50:07

Noela Blanco Rodriguez na data 14/07/2015 13:50:19