tema 12.- as cidades e os procesos de urbanización. eso tema 12... · n 1.- realiza as actividades...

3
2º ESO - Tema 12 - páx. 1 Tema 12.- As cidades e os procesos de urbanización. 1.- Que se entende por cidade? 1.1.- O poboamento rural e urbano. [páx. 236] 1.2.- O concepto de cidade. C A palabra cidade é un concepto impreciso. Non existe unha única definición de cidade, xa que os criterios usados para definila son moi distintos e varían segundo os países. Xeralmente, empréganse cinco criterios que axudan a diferenciar unha cidade dun asentamento rural: o tamaño, a densidade da súa poboación, a forma ou morfoloxía urbana, as actividades económicas e as formas de vida. Criterio Cidade Tamaño C Poboación superior á dos asentamentos rurais. O número de habitantes para que un núcleo de poboación se considere unha cidade varía segundo os países; en España clasifícase como cidade a concentración de máis de 10.000 habitantes Densidade de poboación C Densidade de poboación elevada: vive moita xente nun espazo relativamente pouco extenso C As cidades teñen, por definición, un poboamento concentrado Morfoloxía C Amplas avenidas, predominan as vivendas colectivas desenvolvidas en altura (edificios) sobre as vivendas unifamiliares C Moita circulación de persoas e vehículos, densa rede de comunicacións, abundantes servizos públicos e locais de ocio... C Zonas verdes creadas ou mantidas artificialmente (parques) Actividade económica C Predominio das actividades secundarias (industria) e sobre todo terciarias (servizos) C As cidades centralizan os fluxos de persoas, de produtos, de capitais e de ideas Formas de vida C Complexas: predomina o individualismo, as relacións son máis impersoais e anónimas C Existe unha maior especialización no traballo e máis posibilidades de acceso á información e á cultura C O modo de vida é rápido e intenso, cosmopolita e anónimo, tolerante e dinámico N 1.- Realiza as actividades do mapa da páxina 237. 2.- A morfoloxía urbana. A morfoloxía urbana é a forma ou aspecto externo que presenta unha cidade. Depende de diversos factores: a orixe e localización da cidade, a súa posterior evolución, as funcións que desempeña... A morfoloxía dunha cidade está reflectida no seu plano. C O plano dunha cidade é a representación gráfica, a gran escala, da trama dunha cidade, é dicir, da distribución dos espazos libres (rúas, prazas, espazos sen edificar, parques, xardíns) e dos espazos construídos (vivendas, industrias, edificios públicos...). C Os tipos de plano urbano son moi variados, aínda que se adoitan clasificar en dúas grandes categorías: plano irregular e planos regulares. T Plano irregular: é aquel que carece de planificación, xa que a cidade medrou de xeito espontáneo e desordenado. T Planos regulares: son aqueles nos que o trazado dos diferentes espazos urbanos reflicte un ordenamento, unha planificación previa. Os máis comúns son o plano ortogonal, en cuadrícula ou reticular, e o plano radiocéntrico. Fíxate nas ilustracións da páxina 238. 1.- O plano irregular presenta rúas curtas, estreitas e tortuosas, ás veces sen saída, patios interiores e prazas sen forma definida, que producen un efecto desordenado e confuso. O seu trazado responde a un crecemento incontrolado da cidade. C Este tipo de plano é característico das cidades musulmás, da zona medieval das cidades europeas e dalgunhas cidades dos países en vías de desenvolvemento de Asia, África e América Latina. C Este tipo de plano dificulta as comunicacións e o tráfico de vehículos, pero permite conservar monumentos históricos de grande interese na zona vella das cidades. 2.- O plano ortogonal está formado por rúas rectas que se cortan perpendicularmente formando cuadrículas, semellantes a un taboleiro de xadrez máis ou menos regular. C Utilizouse moito ao longo da historia: a súa orixe remóntase ás cidades gregas e romanas, e despois foi utilizado nas cidades de nova creación de época moderna, e nos ensanches, os novos barrios das cidades dos séculos XIX e XX. C Ofrece unha forma simple e sinxela de ampliar, pero a súa organización espacial non se adapta a calquera topografía (necesita espazos amplos e chans) e as súas rúas perpendiculares crean moitos cruces que non permiten unha circulación fluída, polo que se fai necesario crear eixes diagonais para comunicar os extremos. 3.- O plano radiocéntrico organízase a partir dun núcleo central do que parten rúas radiais, cortadas por outras que forman círculos concéntricos cada vez máis afastados do centro a medida que a cidade vai crecendo en extensión. Presenta unha forma de tea de araña. C O seu trazado permite un rápido acceso ao centro polas vías radiais, pero a comunicación entre as distintas zonas da cidade pode resultar difícil e a miúdo é obrigado o paso polo centro urbano; para evitalo trázanse roldas (vías de comunicación que unen os eixes en forma de círculo). Cidades como París, Moscova, Milán ou Madrid son exemplos deste tipo. 4.- O plano lineal é menos frecuente: ten unha forma alongada, que se organiza en torno a un eixe central (estrada, camiño, ferrocarril, río, a liña de costa...) a partir do cal se construíron edificios e outras vías secundarias. C Ten a súa orixe en poboacións que xurdiron en torno a unha vía de comunicación como as cidades do Camiño de Santiago, ou nas cidades xurdidas no século XIX coa expansión do ferrocarril, ou como resultado da planificación urbana do século XIX (as cidades lineais). O crecemento urbano posterior ocultou o plano lineal inicial. C É un trazado urbano simple e sinxelo, pero padece conxestión de tráfico en determinados momentos. N 2.- Comenta os seguintes planos urbanos: resume os seus trazos básicos, as súas vantaxes e inconvenientes.

Upload: others

Post on 01-Oct-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 12.- As cidades e os procesos de urbanización. ESO tema 12... · N 1.- Realiza as actividades do mapa da páxina 237. 2.- A morfoloxía urbana. A morfoloxía urbana é a forma

2º ESO - Tema 12 - páx. 1

Tema 12.- As cidades e os procesos de urbanización.

1.- Que se entende por cidade?

1.1.- O poboamento rural e urbano. [páx. 236]

1.2.- O concepto de cidade.

C A palabra cidade é un concepto impreciso. Non existe unha única definición de cidade, xa que os criterios usados para definila son moi distintos evarían segundo os países. Xeralmente, empréganse cinco criterios que axudan a diferenciar unha cidade dun asentamento rural: o tamaño, adensidade da súa poboación, a forma ou morfoloxía urbana, as actividades económicas e as formas de vida.

Criterio Cidade

TamañoC Poboación superior á dos asentamentos rurais. O número de habitantes para que un núcleo de poboación se considere unha

cidade varía segundo os países; en España clasifícase como cidade a concentración de máis de 10.000 habitantes

Densidade depoboación

C Densidade de poboación elevada: vive moita xente nun espazo relativamente pouco extensoC As cidades teñen, por definición, un poboamento concentrado

MorfoloxíaC Amplas avenidas, predominan as vivendas colectivas desenvolvidas en altura (edificios) sobre as vivendas unifamiliaresC Moita circulación de persoas e vehículos, densa rede de comunicacións, abundantes servizos públicos e locais de ocio...C Zonas verdes creadas ou mantidas artificialmente (parques)

Actividadeeconómica

C Predominio das actividades secundarias (industria) e sobre todo terciarias (servizos)C As cidades centralizan os fluxos de persoas, de produtos, de capitais e de ideas

Formasde vida

C Complexas: predomina o individualismo, as relacións son máis impersoais e anónimasC Existe unha maior especialización no traballo e máis posibilidades de acceso á información e á culturaC O modo de vida é rápido e intenso, cosmopolita e anónimo, tolerante e dinámico

N 1.- Realiza as actividades do mapa da páxina 237.

2.- A morfoloxía urbana.

A morfoloxía urbana é a forma ou aspecto externo que presenta unha cidade. Depende de diversos factores: a orixe e localización da cidade, a súaposterior evolución, as funcións que desempeña... A morfoloxía dunha cidade está reflectida no seu plano.C O plano dunha cidade é a representación gráfica, a gran escala, da trama dunha cidade, é dicir, da distribución dos espazos libres (rúas, prazas,

espazos sen edificar, parques, xardíns) e dos espazos construídos (vivendas, industrias, edificios públicos...).C Os tipos de plano urbano son moi variados, aínda que se adoitan clasificar en dúas grandes categorías: plano irregular e planos regulares.

T Plano irregular: é aquel que carece de planificación, xa que a cidade medrou de xeito espontáneo e desordenado. T Planos regulares: son aqueles nos que o trazado dos diferentes espazos urbanos reflicte un ordenamento, unha planificación previa. Os máis

comúns son o plano ortogonal, en cuadrícula ou reticular, e o plano radiocéntrico. Fíxate nas ilustracións da páxina 238.

1.- O plano irregular presenta rúas curtas, estreitas e tortuosas, ás veces sen saída, patios interiores e prazas sen forma definida, que producen unefecto desordenado e confuso. O seu trazado responde a un crecemento incontrolado da cidade.

C Este tipo de plano é característico das cidades musulmás, da zona medieval das cidades europeas e dalgunhas cidades dos países en vías dedesenvolvemento de Asia, África e América Latina.

C Este tipo de plano dificulta as comunicacións e o tráfico de vehículos, pero permite conservar monumentos históricos de grande interese na zonavella das cidades.

2.- O plano ortogonal está formado por rúas rectas que se cortan perpendicularmente formando cuadrículas, semellantes a un taboleiro de xadrezmáis ou menos regular.

C Utilizouse moito ao longo da historia: a súa orixe remóntase ás cidades gregas e romanas, e despois foi utilizado nas cidades de nova creación deépoca moderna, e nos ensanches, os novos barrios das cidades dos séculos XIX e XX.

C Ofrece unha forma simple e sinxela de ampliar, pero a súa organización espacial non se adapta a calquera topografía (necesita espazos amplos echans) e as súas rúas perpendiculares crean moitos cruces que non permiten unha circulación fluída, polo que se fai necesario crear eixes diagonaispara comunicar os extremos.

3.- O plano radiocéntrico organízase a partir dun núcleo central do que parten rúas radiais, cortadas por outras que forman círculos concéntricos cadavez máis afastados do centro a medida que a cidade vai crecendo en extensión. Presenta unha forma de tea de araña.

C O seu trazado permite un rápido acceso ao centro polas vías radiais, pero a comunicación entre as distintas zonas da cidade pode resultar difícile a miúdo é obrigado o paso polo centro urbano; para evitalo trázanse roldas (vías de comunicación que unen os eixes en forma de círculo). Cidadescomo París, Moscova, Milán ou Madrid son exemplos deste tipo.

4.- O plano lineal é menos frecuente: ten unha forma alongada, que se organiza en torno a un eixe central (estrada, camiño, ferrocarril, río, a liña decosta...) a partir do cal se construíron edificios e outras vías secundarias.

C Ten a súa orixe en poboacións que xurdiron en torno a unha vía de comunicación como as cidades do Camiño de Santiago, ou nas cidades xurdidasno século XIX coa expansión do ferrocarril, ou como resultado da planificación urbana do século XIX (as cidades lineais). O crecemento urbanoposterior ocultou o plano lineal inicial.

C É un trazado urbano simple e sinxelo, pero padece conxestión de tráfico en determinados momentos.

N 2.- Comenta os seguintes planos urbanos: resume os seus trazos básicos, as súas vantaxes e inconvenientes.

Page 2: Tema 12.- As cidades e os procesos de urbanización. ESO tema 12... · N 1.- Realiza as actividades do mapa da páxina 237. 2.- A morfoloxía urbana. A morfoloxía urbana é a forma

2º ESO - Tema 12 - páx. 2

plano 1 plano 2 plano 3

N 3.- Le detidamente a información da páxina 239. Despois realiza as actividades 1, 4 e 6.

3.- As funcións urbanas.

N 4.- Le detidamente a información das páxinas 240 e 241. Despois responde as seguintes preguntas:a.- Que son as funcións urbanas? Cales son as principais funcións que adoitan desempeñar a meirande parte das cidades?b.- Que diferenzas existen entre os centros das cidades europeas e os das norteamericanas?

4.- Tipoloxía e xerarquía mundial das cidades.

4.1.- A explosión urbana.

� Un dos trazos máis característicos do mundo actual é a concentración da poboación en cidades. No ano 1800, só o 3% da poboación mundial vivíaen cidades; en 1950, o 30%, e no ano 2010 xa superou o 50% (máis de 3.500 millóns de persoas). Este fenómeno de crecemento rápido da poboacióndas cidades denomínase explosión urbana; desenvolveuse en momentos diferentes, e presenta trazos distintos entre países desenvolvidos esubdesenvolvidos.

C Nos países desenvolvidos o crecemento urbano está asociado á revolución industrial e ao crecemento económico, e produciuse sobre todo no séculoXIX e a primeira metade do XX. As novas fábricas situáronse xeralmente nas cidades ou creceron cidades ao redor de centros industriais; ademais,a poboación campesiña emigrou en masa cara aos centros urbanos (éxodo rural) para ocupar os novos empregos que xeraban as fábricas.

C Nos países menos desenvolvidos o gran crecemento urbano comezou no século XX, sobre todo na súa segunda metade, pero desenvolveuse deforma acelerada e desordenada. Neste caso obedeceu a un éxodo rural que, polo xeral, non foi acompañado dun desenvolvemento económico:a poboación campesiña emigrou ás cidades para fuxir da miseria e da falta de perspectivas das áreas rurais, pero a realidade é que as cidades doTerceiro Mundo non ofrecen empregos, vivendas nin servizos suficientes para os novos habitantes.

� Na actualidade, os países desenvolvidos son os máis urbanizados; neles, a taxa de urbanización (porcentaxe da poboación que reside en cidades)supera o 75%, fronte ao 45% dos países menos desenvolvidos. Porén, nestes é maior a poboación urbana, en cifras absolutas de residentes.

Evolución da

poboación urbana

(Fonte: ONU)

ano 1950 ano 1975 ano 2007 ano 2025

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

Poboaciónurbana

taxa deurbanización

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

[millóns depersoas]

[% de poboaciónurbana]

Mundo 738 29,1 1.518 37,3 3.293 49,4 4.585 57,2

Países desenvolvidos 428 52,5 701 67 911 74,4 995 79

Países subdesenvolvidos 310 18 817 27 2.382 43,8 3.590 53,2

África 33 14,5 107 25,7 373 38,7 658 47,2

Asia 237 16,8 574 24 1.645 40,8 2.440 51,1

Europa 281 51,2 444 65,7 528 72,2 545 76,2

América Latina e Caribe 69 41,4 198 61,1 448 78,3 575 83,5

América do Norte 110 63,9 180 73,8 275 81,3 337 85,7

Oceanía 8 62 15 71,5 24 70,5 30 71,9

Page 3: Tema 12.- As cidades e os procesos de urbanización. ESO tema 12... · N 1.- Realiza as actividades do mapa da páxina 237. 2.- A morfoloxía urbana. A morfoloxía urbana é a forma

2º ESO - Tema 12 - páx. 3

N 5.- Le este apartado e observa a táboa. Despois responde estas preguntas:a.- Que é a taxa de urbanización? Como se calcula?b.- Canto medrou a poboación urbana mundial e a taxa de urbanización entre 1950 e 2007? Onde medrou máis?c.- En que países e continentes é maior a poboación urbana? E a taxa de urbanización?d.- Tendo en conta o anterior, que relación atopas entre desenvolvemento e taxa de urbanización?

4.2.- A tipoloxía mundial de cidades.

� O crecemento da cidade xerou as denominadas aglomeracións urbanas, que son amplas zonas que abranguen unha ou diversas cidades coas súasáreas circundantes. As aglomeracións urbanas poden ter diferentes extensións ou tamaños. En función da súa área de expansión distinguimos: áreametropolitana / conurbación - rexión urbana / megalópole.

4.3.- A xerarquía mundial de cidades.

� As cidades non están illadas no territorio, senón que se conectan entre si mediante intercambios de todo tipo: persoas, medios de transporte,produtos, información... Todos estes intercambios unen as cidades formando redes urbanas. No mundo actual, todas as redes urbanas estáninterconectadas entre si, e forman unha rede global.

C Unha rede urbana está formada, pois, por un conxunto de cidades que manteñen entre elas relacións de dependencia. Pero non todas as cidadesteñen a mesma influencia: existe unha orde de importancia, unha xerarquía.

N 6.- Le estes apartados nas páxinas 242 e 243. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Identifica e define os diferentes tipos de aglomeración urbana.b.- Explica cales son os niveis de clasificación da xerarquía urbana das cidades actuais.c.- Actividades 1, 2 e 3 da páxina 243.

5.- As paisaxes urbanas.

N 7.- Le este apartado nas páxinas 244 e 245. Despois elabora un cadro comparativo entre as cidades dos países ricos e as cidades dospaíses pobres (estrutura urbana / tendencia de crecemento / problemas sociais).

6.- O espazo urbano español.

N 8.- Le este apartado nas páxinas 248 e 249. Despois realiza as seguintes actividades:a.- Identifica os problemas das cidades españolas. Que medios usan os gobernos para afrontalos?b.- Explica os distintos niveis da xerarquía urbana española.c.- Observa o mapa da páxina 263. Despois elabora e enche un cadro como este:

eixe urbano metrópole nacional metrópoles rexionais metrópoles subrexionais centros subrexionais

7.- Os problemas das grandes cidades.

N 9.- Le detidamente a información das páxinas 252 e 253. Despois realiza as actividades 1 e 3 da páxina 253.