secretaría xera proposta calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- os exames extraordinarios e...

34
CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 1 Secretaría Xeral Proposta Calendario escolar curso 2007-08 modalidade B 1.- O período lectivo do curso académico comprenderá do día 24 de setembro de 2007 ao 19 de setembro de 2008. O mes de agosto non será lectivo. 2.- As actividades académicas comezarán e rematarán nas datas seguintes: Primeiro cuadrimestre inicio: 24 de setembro de 2007. remate: 16 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre inicio: 18 de febreiro de 2008 remate: 21 de xuño de 2008. 3.- Os exames ordinarios terán lugar entre as datas seguintes: Primeiro cuadrimestre: entre o 29 de xaneiro e o 16 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre: entre o 4 e o 21 de xuño de 2008. A data límite para a entrega de actas de exames será: Primeiro cuadrimestre: 29 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre: 4 de xullo de 2008. 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro curso 2007/2008: entre os días 14 e 21 de decembro de 2007. Convocatoria fin de carreira: entre os días 14 e 21 de decembro de 2007. Convocatoria de setembro: entre os días 1 e o 19 de setembro de 2008. A data límite para a entrega de actas de exames será: Convocatoria de fin de carreira: 11 de xaneiro de 2008. Convocatoria de decembro curso 2007/2008: 11 de xaneiro de 2008. Convocatoria de setembro: 3 de outubro de 2008. 5.- As clases interromperanse dende o día 14 de decembro de 2007 ata o día 7 de xaneiro de 2008 (ambos os dous incluídos), os días 4 e 5 de febreiro e dende o día 15 de marzo ao 24 de marzo de 2008 (ambos os dous incluídos). 6.- Terá carácter festivo o día 28 de xaneiro de 2008 (celebración do patrón da Universidade). Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais. 7.- Así mesmo, en cada Centro terán carácter festivo a data da festa do Centro. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días.

Upload: trinhquynh

Post on 10-Nov-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 1 Secretaría Xeral

Proposta Calendario escolar curso 2007-08 modalidade B

1.- O período lectivo do curso académico comprenderá do día 24 de setembro de 2007 ao 19 de setembro de 2008. O mes de agosto non será lectivo. 2.- As actividades académicas comezarán e rematarán nas datas seguintes: Primeiro cuadrimestre inicio: 24 de setembro de 2007. remate: 16 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre inicio: 18 de febreiro de 2008 remate: 21 de xuño de 2008. 3.- Os exames ordinarios terán lugar entre as datas seguintes: Primeiro cuadrimestre: entre o 29 de xaneiro e o 16 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre: entre o 4 e o 21 de xuño de 2008. A data límite para a entrega de actas de exames será: Primeiro cuadrimestre: 29 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre: 4 de xullo de 2008. 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro curso 2007/2008: entre os días 14 e 21 de decembro de 2007. Convocatoria fin de carreira: entre os días 14 e 21 de decembro de 2007. Convocatoria de setembro: entre os días 1 e o 19 de setembro de 2008. A data límite para a entrega de actas de exames será: Convocatoria de fin de carreira: 11 de xaneiro de 2008. Convocatoria de decembro curso 2007/2008: 11 de xaneiro de 2008. Convocatoria de setembro: 3 de outubro de 2008. 5.- As clases interromperanse dende o día 14 de decembro de 2007 ata o día 7 de xaneiro de 2008 (ambos os dous incluídos), os días 4 e 5 de febreiro e dende o día 15 de marzo ao 24 de marzo de 2008 (ambos os dous incluídos). 6.- Terá carácter festivo o día 28 de xaneiro de 2008 (celebración do patrón da Universidade). Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais. 7.- Así mesmo, en cada Centro terán carácter festivo a data da festa do Centro. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días.

Page 2: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicación 29-09-07, sábado E.U. Enx. Téc. Forestal 04-10-07, xoves Facultades de Bioloxía// Ciencias do Mar// Química//Ciencias 15-11-07, xoves E.U. Formación do Profesorado de E.X.B. 27-11-07, martes E.T.S. Enxeñaría de Minas 04-12-07, martes Fac. de Dereito // Fac. CC. Xurídicas e do Traballo 07-01-08, luns E.S. Enxeñaría Informática 25-02-08, luns E.T.S. Enx. Industrial // E.U. Enx. Téc. Industrial 19-03-08, mércores Facultade CC.EE.EE. // CC.EE e Turismo // E.U.Est. Empresariais 05-04-08, sábado Fac. Historia//Filoloxía e Tradución//Fac. CC. da Educación//Fac. CC.Educ. e Dep. 26-04-08, sábado Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 29-04-08, martes Fac. CC. Xurídicas e do Traballo ( Relacións Laborais) 01-05-08, xoves Facultade de Belas Artes 05-05-08, luns EE.UU. de Enfermería 12-05-08, luns

Page 3: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

Secretaría Xeral

Proposta Calendario escolar curso 2007-08 modalidade A

1.- O período lectivo do curso académico comprenderá do día 12 de setembro de 2007 ao 7 de setembro de 2008. O mes de agosto non será lectivo. 2.- As actividades académicas comezarán e rematarán nas datas seguintes: Primeiro cuadrimestre inicio: 12 de setembro de 2007. remate: 30 de xaneiro de 2008. Segundo cuadrimestre inicio: 31 de xaneiro de 2008. remate: 5 de xuño de 2008. 3.- Os exames terán lugar entre as datas seguintes: Fin de carreira: entre os días 17 e 21 de decembro de 2007. Ordinarios e extraordinarios de 1º e 2º cuadrimestre: Primeiro cuadrimestre: entre o 12 de xaneiro e o 30 de xaneiro de 2008. Segundo cuadrimestre: entre o 19 de maio e o 5 de xuño de 2008. Extraordinarios de xullo: entre os días 4 e 21 de xullo de 2008. 4.- A data límite para a entrega de actas de exames será: Convocatoria Fin de Carreira: 11 de xaneiro de 2008. Primeiro cuadrimestre: 27 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre: 26 de xuño de 2008. Convocatoria de xullo 31 de xullo de 2008. 5.- As clases interromperanse dende o día 22 de decembro de 2007 ata o día 7 de xaneiro de 2008 (ambos os dous incluídos), os días 4 e 5 de febreiro e dende o día 15 de marzo ao 24 de marzo de 2008 (ambos os dous incluídos). 6.- Terá carácter festivo o día 28 de xaneiro de 2008 (celebración do patrón da Universidade). Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais. 7.- Así mesmo, en cada Centro terán carácter festivo a data da festa do Centro. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días.

Page 4: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicación 29-09-07, sábado E.U. Enx. Téc. Forestal 04-10-07, xoves Facultades de Bioloxía// Ciencias do Mar// Química//Ciencias 15-11-07, xoves E.U. Formación do Profesorado de E.X.B. 27-11-07, martes E.T.S. Enxeñaría de Minas 04-12-07, martes Fac. de Dereito // Fac. CC. Xurídicas e do Traballo 07-01-08, luns E.S. Enxeñaría Informática 25-02-08, luns E.T.S. Enx. Industrial // E.U. Enx. Téc. Industrial 19-03-08, mércores Facultade CC.EE.EE. // CC.EE e Turismo // E.U.Est. Empresariais 05-04-08, sábado Fac. Historia//Filoloxía e Tradución//Fac. CC. da Educación//Fac. CC.Educ. e Dep. 26-04-08, sábado Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 29-04-08, martes Fac. CC. Xurídicas e do Traballo ( Relacións Laborais) 01-05-08, xoves Facultade de Belas Artes 05-05-08, luns EE.UU. de Enfermería 12-05-08, luns

Page 5: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 2 Secretaría Xeral

Proposta Calendario escolar curso 2007-08 estudos oficiais de Posgrao

1.- O período lectivo do curso académico comprenderá do día 24 de setembro de 2007 ao 31 de xullo de 2008. O mes de agosto non será lectivo. 2.- As actividades académicas comezarán e rematarán nas datas seguintes: Primeiro cuadrimestre inicio: 24 de setembro de 2007. remate: 16 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre inicio: 18 de febreiro de 2008. remate: 21 de xuño de 2008. 3.- Cando estea previsto a realización de exames teóricos ou prácticos os estudantes en cada curso académico terán dereito a dúas convocatorias de exames. Estas terán lugar ao final de cada cuadrimestre quedando o calendario recomendado de exames o seguinte: Primeiro cuadrimestre: do 29 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2008. Segundo cuadrimestre: do 4 ao 21 de xuño de 2008. Convocatoria extraordinaria de xullo: do 10 ao 21 de xullo de 2008.

A data límite para a entrega de actas de exames será o día 31 de xullo. 4.- As clases interromperanse dende o día 22 de decembro de 2007 ata o día 7 de xaneiro de 2008 (ambos os dous incluídos), os días 4 e 5 de febreiro e dende o día 15 de marzo ao 24 de marzo de 2008 (ambos os dous incluídos). 5.- Terá carácter festivo o día 28 de xaneiro de 2008 (celebración do patrón da Universidade). Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais. 6.- Así mesmo, en cada Centro terán carácter festivo a data da festa do Centro. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días. E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicación 29-09-07, sábado E.U. Enx. Téc. Forestal 04-10-07, xoves Facultades de Bioloxía// Ciencias do Mar// Química//Ciencias 15-11-07, xoves E.U. Formación do Profesorado de E.X.B. 27-11-07, martes E.T.S. Enxeñaría de Minas 04-12-07, martes Fac. de Dereito // Fac. CC. Xurídicas e do Traballo 07-01-08, luns E.S. Enxeñaría Informática 25-02-08, luns E.T.S. Enx. Industrial // E.U. Enx. Téc. Industrial 19-03-08, mércores Facultade CC.EE.EE. // CC.EE e Turismo // E.U.Est. Empresariais 05-04-08, sábado Fac. Historia//Filoloxía e Tradución//Fac. CC. da Educación//Fac. CC.Educ. e Dep. 26-04-08, sábado Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación 29-04-08, martes Fac. CC. Xurídicas e do Traballo ( Relacións Laborais) 01-05-08, xoves Facultade de Belas Artes 05-05-08, luns EE.UU. de Enfermería 12-05-08, luns

Page 6: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 3

CALENDARIO

Presentación nos rexistros oficiais da uvigo:

Reunión da Mesa interuniversitaria do S.U.G.:

Avaliación e aprobación na Uvigo:

Reunión da Mesa interuniversitaria do S.U.G.:

Aprobación polo Consello de Goberno e

Consello Social:

Presentación ante da Xunta de Galicia:

ata o 3 de setembro

do 4 ao 7 de setembro

do 16 de setembro ao 16 de outubro

do 17 de outubro ao 24 de outubro

ata o 23 de novembro

ata o 30 de novembro.

APROBADO NA COMISIÓN DE POSGRAO DE 26 DE ABRIL DE 2007

CALENDARIO PARA AS SOLICITUDES DE NOVOS TÍTULOS DE POSGRAO

Page 7: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 4

Page 8: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 6

Page 9: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro
Page 10: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 7

Normativa sobre grupos de investigación da Universidade de Vigo

Sendo conscientes da importancia que na actividade investigadora moderna ten o traballo en grupo, a Universidade de Vigo leva anos utilizando uns criterios que tentan favorecer a creación e consolidación de grupos de investigación que poidan resultar cada vez máis competitivos. Non obstante, estes criterios, aprobados no seu día pola Comisión de Investigación, non deron lugar ata o de agora a ningún regulamento e, ademais, deixan sen definir moitos dos aspectos que durante os últimos anos teñen producido conflitos, tales como a obriga ou non de pertencer a algún grupo determinado, o xeito de crear novos grupos a partir de grupos preexistentes ou o papel que as novas figuras de contratado de investigación poden desempeñar nestes grupos, cunha especial referencia á nova “carreira de tecnólogo” que aparece no INCITE este ano. Tamén estaba sen regulamentar a participación nos nosos grupos de investigadores pertencentes a outras institucións.

Por outra banda, desde a administración pública galega puxéronse en

funcionamento dúas liñas de axudas para grupos cunha determinada constitución (no ano 2006 axudas para grupos de referencia da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e no ano 2007 para grupos consolidados, da Consellaría de Industria) que obrigan ao Servizo de Investigación a xustificar ante a administración autonómica que se cumpren os mínimos recollidos nese programa.

Para rematar, cómpre poñer en marcha un sistema explícito de

rexistro dos grupos de investigación.

Con base nestas apreciacións, e á espera de que o regulamento de investigación poida incluír estes e outros aspectos da actividade investigadora, a Comisión de Investigación aprobou por unanimidade a proposta que aquí se presenta, a fin de dotala de rango legal como acordo do Consello de Goberno e de darlles publicidade aos procesos de posta en marcha e de modificación de grupos de investigación. O principio básico que inspira esta normativa é que existe liberdade para asociarse e formar grupos de investigación, que se establecen tres niveis de grupo (o nivel mínimo interno, que é o que xa se estaba a considerar, e as dúas novas categorías, que serán semellantes nas tres universidades) e que, en todo caso, se axusten os grupos seguindo un procedemento regulado.

Page 11: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

Normativa sobre os grupos de investigación e figuras de contratado de investigación en convocatorias públicas

Esta normativa ten por obxecto regulamentar as relacións entre o persoal investigador, os grupos de investigación e as tarefas que deben levar a cabo.

Grupo de investigación Defínese un grupo de investigación da Universidade de Vigo como unha agrupación de investigadores con certa estabilidade. Para figuraren no catálogo oficial, o grupo deberá ter polo menos un investigador principal, que deberá ser doutor funcionario ou contratado doutor. Ademais, deberá contar con polo menos dous membros máis, sendo computables para estes efectos calquera profesor, contratados das figuras Ramón y Cajal e Parga Pondal durante os seus contratos, e bolseiros de investigación con bolsa correspondente a convocatorias públicas competitivas. En último lugar poderá formar parte do grupo calquera outro investigador en formación ou investigador que se queira asignar a este, sempre que pertenza á Universidade de Vigo ou a unidades asociadas. Para este mesmo efecto, poderanse incluír no grupo de investigación, coa consideración de colaboradores, investigadores doutras institucións, sempre que acadaran o permiso da institución á que pertenzan. Ademais desta composición mínima, establécense dúas categorías máis esixentes: Os grupos consolidados, que son aqueles que constan polo menos de tres doutores. Os grupos de referencia, que se definen como aqueles que teñen como mínimo catro profesores doutores e polo menos catro sexenios de investigación. Son os únicos que poden optar ás axudas do contrato-programa na súa modalidade A. Ademais do rexistro de grupos, poderán rexistrarse investigadores individuais.

Page 12: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

Participación dos investigadores nos grupos Os investigadores son libres de asignarse ao grupo que soliciten, sempre que respecten os compromisos asinados e o grupo receptor os acepte. Ninguén pode ser obrigado a pertencer a un grupo de investigación. Unicamente os investigadores deberán facer fronte aos compromisos adquiridos. Ninguén pode pertencer simultaneamente a dous grupos de investigación distintos. As convocatorias de axudas da Universidade poderán establecer a necesidade de estaren previamente rexistrados na base de datos de grupos e as condicións de tamaño que se estimen convenientes. Base de datos de grupos de investigación A Universidade de Vigo manterá unha única base de datos centralizada de investigación, en que consten os grupos e os investigadores rexistrados. A devandita base de datos será actualizada periodicamente. Procedemento de inscrición de novos grupos O investigador que vaia actuar como investigador principal entregará en calquera momento do ano unha solicitude de creación do grupo en que fará constar o nome proposto para o grupo, os seus compoñentes, coa súa categoría e coa sinatura de conformidade. A Comisión de Investigación dará de alta o grupo sempre que cumpra os requisitos. Procedemento para a modificación de grupos Anualmente nas datas fixadas pola Comisión de Investigación poderán presentarse propostas de modificación de grupos. Excepcionalmente poderán atenderse solicitudes de modificación de grupos noutras datas sempre que estea plenamente xustificado a xuízo da Comisión de Investigación. Cando un grupo se escinda, se un dos novos grupos o solicita, farase constar o reparto das infraestruturas. Das novas figuras de contratación de investigadores e tecnólogos Oferta de prazas Ramón y Cajal e Parga Pondal

Page 13: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

A Comisión de Investigación velará para que na oferta anual destas prazas ou equivalentes se intente preservar o equilibrio entre ámbitos, e que o número de prazas asignadas aos grupos de investigación evite unha excesiva concentración en poucos grupos, sempre tendo en conta o tamaño dos grupos peticionarios e a súa calidade medida en termos de sexenios, produción científica e captación de recursos. Tamén se terá en conta a cantidade de contratos na área de coñecemento segundo o seu tamaño. Os grupos que efectúen petición de oferta de prazas deberán indicar os espazos que porán a disposición do investigador contratado no caso de que se lle asigne ao grupo. Oferta de prazas de tecnólogo No caso de prazas cofinanciadas polo grupo de investigación, o tecnólogo pertencerá ao grupo que asume o cofinanciamento. En caso de solicitar cambio de grupo, este só poderá atenderse se o grupo que recibe o tecnólogo se fai cargo do cofinanciamento. Esta normativa entrará en vigor o día seguinte da súa aprobación polo Consello de Goberno e estará vixente ata a aprobación e entrada en vigor do novo Regulamento de investigación.

Dilixencia para facer constar que este regulamento foi aprobado na sesión de Consello de Goberno do 9 de maio de 2007.

A Secretaria Xeral

Esther Mª González Pillado

Page 14: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CONSELLO DE GOBERNO 09-05-07 ANEXO 8

CONVOCATORIA DE PRAZAS E BOLSAS DE ALOXAMENTO PARA ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CURSO 2007-2008 A Universidade de Vigo convoca prazas e bolsas de aloxamento para o curso académico 2007-2008 conforme ás seguintes

BASES I. Solicitantes

Poderán solicitar prazas de aloxamento xestionadas pola Universidade de Vigo os estudantes que cumpran os requisitos desta convocatoria e vaian desenvolver as súas actividades na Universidade de Vigo durante o período lectivo do curso 2007-2008. Así mesmo, reservaranse ata un 5% das prazas para outros sectores da comunidade universitaria en función das solicitudes presentadas. As prazas non cubertas engadiranse ao cupo xeral.

II. Prazas convocadas

As prazas que se ofertan nesta convocatoria son as que se detallan a continuación: CAMPUS DE VIGO • Complexo residencial universitario “O Castro”:

- 19 prazas en apartamentos individuais con cociña. - 199 prazas en apartamentos individuais con cociña compartida (cada 2), das cales

seis están adaptadas para discapacitados. CAMPUS DE PONTEVEDRA • Residencia concertada “A Peregrina”:

- 10 prazas en habitacións individuais. - 60 prazas en habitacións dobres.

CAMPUS DE OURENSE (cidade) • Complexo residencial universitario “As Burgas”:

- 132 prazas en apartamentos individuais con cociña (catro adaptadas para discapacitados). - 56 prazas en apartamentos individuais con cociña compartida (cada 2). - 6 prazas en apartamentos dobres.

CAMPUS DE OURENSE (Allariz) • Complexo residencial concertado “Alcai”:

- 10 prazas en apartamentos con habitación individual (cinco apartamentos). - 10 prazas en apartamentos con habitación dobre (cinco apartamentos).

Page 15: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

III. Requisitos para solicitar a admisión

Como regra xeral, os solicitantes de praza de aloxamento deberán ter o seu domicilio familiar fóra do termo municipal no que estea situada a residencia ou o complexo residencial onde se solicita a praza de aloxamento.

a) Solicitantes de nova admisión, de 1º e 2º ciclo e estudantes de posgraos oficiais (POPs)

Estes solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:

- Matricularse no curso 2007/2008 na Universidade de Vigo en centros do campus no que opten á praza, nalgún dos vixentes planos de estudos de primeiro ou segundo ciclo, ou ben nun posgrao oficial. Os estudantes que estean realizando o Proxecto Fin de Carreira deberán matricularse no mesmo ao longo do curso 2007-2008.

- Obter a seguinte nota media:

* Para persoas que inician por primeira vez estudos universitarios: nota de acceso á universidade igual ou superior a 1 punto, ou ben 1 punto de nota media no curso que lle dá acceso á mesma, de acordo co establecido no punto VI.1.a) da presente convocatoria.

* Para os restantes casos:

-en estudos de ensinanzas técnicas: 0,6 puntos; -nos de máis estudos universitarios e superiores: 0,8 puntos

entendendo en ambos casos por puntuación académica a nota media calculada de 0 a 4 puntos conforme ao Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e ordenación universitaria e as universidades galegas (DOG do 23 de marzo de 2005). Para o cálculo da puntuación académica terase en conta a nota máis alta obtida en cada materia do curso 2005-2006 e do 2006-2007 ata a data de finalización do prazo de entrega de solicitudes. Considerarase como número de convocatorias consumidas en cada materia o valor de 1. Ademais, no caso dos solicitantes que iniciaron por primeira vez os seus estudos universitarios no curso 2006-2007, considerarase a nota de acceso á Universidade a efectos de calcular a media. No caso de non estar matriculado no curso 2006-2007 os requisitos académicos esixiranse respecto do último curso realizado.

b) Estudantes de 3º ciclo

Poderán ser admitidos a trámite como estudantes de terceiro ciclo, para os efectos desta convocatoria:

Page 16: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

b.1.) Os estudantes que teñan superado todas as materias da súa titulación na convocatoria de xuño de 2007 ou anteriores e vaian solicitar a súa admisión nalgún dos programas de doutoramento desta Universidade correspondentes ao bienio 2007/2009. A admisión estará condicionada á aceptación definitiva destes nos estudos de terceiro ciclo, e perderán de forma automática, no caso contrario, o dereito á praza.

b.2.) Os estudantes que estean realizando os cursos de doutoramento sempre que obtivesen unha cualificación media igual ou superior ao “aprobado” nos cursos de doutoramento realizados.

c) Renovación das prazas de aloxamento

Esta renovación será automática se:

c.1.) Cumpren os requisitos académicos recollidos no apartado III desta convocatoria.

c.2.) Non existe informe negativo da dirección da residencia ou complexo residencial (a dirección da residencia ou complexo residencial terá a obriga de entregar unha copia dos informes negativos na Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes).

c.3.) Se manteñen condicións económicas similares as que permitiron a obtención da praza de residente no curso anterior.

d) No caso de resultar prazas vacantes poderán ser concedidas ás persoas solicitantes que non cumpran a nota media esixida. Concederanse en primeiro lugar a residentes no curso anterior empezando polos de nota media máis alta e a continuación aos solicitantes de nova admisión empezando polos de renda persoal dispoñible máis baixa.

IV. Solicitudes, lugares e prazo de presentación

1.- Solicitudes

Faranse no modelo que se xunta como Anexo I. Presentarase unha única solicitude por persoa.

2.- Lugares de recollida dos impresos de solicitude

Os impresos de solicitude de praza de aloxamento nos establecementos residenciais, poderanse recoller nos propios establecementos residenciais e tamén nos seguintes lugares:

Page 17: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

� � � � � � Vigo:

- Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes (Edif.. Miralles, Campus de Vigo).

- SIOPE (Edificio Miralles, Campus Lagoas-Marcosende). - - - - Sección de Bolsas (Reitoría, Campus de Lagoas-Marcosende).

� Pontevedra: - Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra (E.U.E.T., Campus

A Xunqueira s/n – 36005, Pontevedra).

� Ourense: - Área de Servizos á Comunidade do Campus de Ourense (Unidade

Administrativa, Campus As Lagoas – 32004, Ourense).

3.- Lugares de presentación dos impresos de solicitude

Os impresos de solicitude xunto coa documentación requirida presentaranse en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo ou na propia instalación dos complexos residenciais e residencias onde se vai solicitar a praza, este caso os complexos residenciais serán os responsables da entrega das solicitudes nos rexistros da Universidade dentro do prazo establecido pola presente convocatoria, ou por calquera dos procedementos previstos na lexislación vixente. As solicitudes presentadas a través das oficinas de Correos deberan ir en sobre aberto para ser datadas e seladas antes da súa certificación.

4.- Prazo

O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios do Rexistro da Reitoría ata o 6 de xullo de 2007.

V. Documentación que se debe achegar coas solicitudes

- Fotocopia do NIF de todos os membros computables da familia do solicitante.

- Fotocopia completa cotexada da Declaración da Renda das Persoas Físicas referida ao exercicio 2006 dos membros que constitúen a unidade familiar á que pertence a persoa solicitante, xunto coa folla de liquidación do ingreso selado pola entidade bancaria ou delegación de Facenda na que foi presentada. No caso de non ter presentado declaración da renda, deberá achegar certificado expedido pola Seguridade Social dos períodos de cotización e certificado de haberes e retencións, certificado de prestacións e subsidios de desemprego, pensións, documento da entidade bancaria no que consten os rendementos de capital mobiliario e ganancias e perdas patrimoniais percibidas durante o ano 2006.

Page 18: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

- Documento expedido pola entidade bancaria dos datos identificativos da conta

bancaria do solicitante.

- Os estudantes que van iniciar primeiro curso por primeira vez deberán achegar un documento acreditativo da cualificación final obtida nas PAAU. Aqueles que ingresen en centros sen necesidade de presentarse a estas probas deberán presentar unha certificación académica na que consten as cualificacións obtidas en COU ou no último curso de FP.

- O resto dos estudantes de primeiro e segundo ciclo ou de posgrao oficial (POPs) que no curso 2006-2007 estiveran matriculados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo deberán presentar unha certificación académica dos últimos estudos realizados.

- Os estudantes de terceiro ciclo deberán presentar unha certificación académica das cualificacións obtidas ao longo de todos os cursos da súa carreira. No caso de estar realizando os cursos de doutoramento, deberán presentar un xustificante de estaren matriculados nos citados cursos e unha certificación das cualificacións obtidas nos xa realizados.

- Os solicitantes de aloxamento nos complexos residenciais das Burgas e O Castro achegarán a seguinte documentación: para o complexo residencial As Burgas, resgardo de pagamento do prezo de matrícula fixado pola empresa concesionaria na conta 2080/0261/29/0040020942 de Caixanova, e para o complexo residencial O Castro, o resgardo de pagamento do prezo de matrícula fixado pola empresa concesionaria na conta 2080/0000/75/0040269255 de Caixanova, indicando o nome e apelidos da persoa que solicita a praza. Esta cantidade está fixada en 123 euros para os novos residentes e en 107 para os antigos no caso do complexo residencial O Castro, e en 123 euros para os novos e 53 para os antigos no caso de As Burgas. Está destinada a gastos de xestión e tramitación do contrato de alugamento e será devolta a todas as persoas beneficiarias das axudas do punto XII desta convocatoria. Nos demais casos, as condicións de devolución da matrícula son as que fixa a empresa e se especifican no apartado 6 da información xeral que acompaña á ficha de pre-inscripción.

VI. Baremos para a avaliación das solicitudes de praza Para a adxudicación das prazas terán preferencia as solicitudes de renovación.

1) Estudantes de nova admisión

A puntuación total será a suma das puntuacións académica e económica obtida conforme aos seguintes criterios:

a) Puntuación académica

Para estudantes que inician os estudos universitarios será a nota de acceso calculada de acordo co seguinte baremo:

Page 19: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

Matrícula de honra (10) 4 puntos Sobresaliente (9,0-9,9) 3 Notable (7,0-8,9) 2 Aprobado (5,0-6,9) 1 Suspenso (0-4,9) 0

Para o resto dos estudantes de primeiro e segundo ciclo será a nota media, calculada segundo o especificado no apartado III desta convocatoria.

Para estudantes do terceiro ciclo a puntuación académica virá dada pola nota media obtida nos seus estudios de primeiro e segundo ciclo conforme ao establecido no parágrafo anterior.

b) Puntuación económica

A puntuación económica outorgarase en función da Renda Persoal Dispoñible (RPD) definida como a Renda Familiar (RF) da persoa solicitante dividida polo número de membros da unidade familiar, calculada segundo establece o R.D. 545/2007, de 27 de abril (BOE do 28 de abril) polo que se establecen os umbrais de renda para as axudas ao estudo do MEC para o curso 2007-2008. A equivalencia en puntos será a seguinte: Con RPD por debaixo de 3.035 € 1 punto “ entre 3.035 e 3.948 € 0,9 entre 3.948 e 4.861 € 0,8 entre 4.861 e 5.774 € 0,7 “ entre 5.774 e 6.687 € 0,6 “ entre 6.687 e 7.600 € 0,5 entre 7.600 e 8.513 € 0,4 entre 8.513 e 9.426 € 0,3 entre 9.426 e 10.339 € 0,2 entre 10.339 e 11.256 € 0,1 por riba de 11.256 € 0 puntos

En caso de empate na puntuación global de dous ou máis solicitantes, a orde de prelación establecerase segundo as rendas persoais dispoñibles ordenadas de menor a maior.

2) Estudantes que solicitan a renovación da praza

Os estudantes residentes no curso 2006-2007 serán readmitidos se cumpren os requisitos establecidos no apartado III para este colectivo.

Page 20: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

VII. Admisión e readmisión nas residencias concertadas As residencias concertadas recibirán directamente as solicitudes e as prazas serán adxudicadas por unha comisión mixta. Por iso a resolución da selección dos candidatos/as ás prazas da residencia concertada “A Peregrina” delégase na comisión mixta prevista no convenio.

VIII.Tramitación das solicitudes e adxudicación Unha vez rematado o proceso de avaliación das solicitudes, adxudicaranse as prazas en función da puntuación obtida e faranse públicas mediante Resolución reitoral as listas provisorias de persoas admitidas e en espera coa súa puntuación, e excluídas xunto coa causa que motiva a súa exclusión. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais para presentar a documentación que permita corrixir os erros que se aprecien. Unha vez revisadas as alegacións presentadas publicaranse as listas definitivas de admitidos en cada complexo residencial ou residencia, a lista de espera e a relación de excluídos.

Todas as listas e relacións ás que se refire este punto publicaranse nos taboleiros da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes (Edificio Miralles, campus de Lagoas-Marcosende), no Rexistro xeral da Reitoría e nos Rexistros auxiliares dos tres campus.

IX. Obrigas, aceptación e fianza Os estudantes admitidos disporán dun prazo de dez días hábiles para entregar na súa residencia o xustificante de ter feito o ingreso dunha cantidade equivalente a:

- Para o complexo residencial universitario “O Castro” de Vigo, dúas mensualidades en concepto de fianza que se ingresarán na conta nº 2080-0000-75-0040269255 de Caixanova.

- Para o complexo residencial universitario “As Burgas” de Ourense, dúas mensualidades en concepto de fianza que se ingresarán na conta nº 2080-0261-29-0040020942 de Caixanova.

- Para a residencia concertada “A Peregrina”, a fianza será de 240 € e ingresarase na conta 0072/0474/49/0000100077 do Banco Pastor.

A entrega destes xustificantes servirá como confirmación da aceptación da praza por parte do solicitante. Este deberá, así mesmo, asinar un documento no que especifique a aceptación das condicións xerais que rexen o aloxamento nas residencias e

Page 21: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

complexos residenciais da Universidade de Vigo –neste caso un contrato de hospedaxe-, así como o Regulamento de réxime interno. No caso de non cumprir algún destes trámites, entenderase que renuncia á praza concedida e procederase a mover a lista de agarda.

A fianza devolverase ao finalizar o curso, agás naqueles casos nos que o residente deteriore as instalacións ou moblaxe, teña pendentes débedas ou abandone o complexo residencial ou residencia, xa sexa por decisión propia antes de rematar o curso ou polos motivos recollidos no apartado X.

A asignación das habitacións aos residentes efectuarase en cada complexo residencial ou residencia.

As persoas con praza asignada deberán efectuar a matrícula do curso 2007/2008 no prazo establecido no seu día pola convocatoria de matrícula agás os estudantes de 3º ciclo.

X. Perda do dereito á praza Ademais dos motivos recollidos no Regulamento de réxime interno e noutros apartados desta convocatoria, serán motivos de perda do dereito á praza concedida sen dereito a devolución de fianza os seguintes:

- O atraso no pagamento das cotas en máis de dous meses. - Facer calquera tipo de cesión a outra persoa da praza concedida. - Ao descubrirse que houbo ocultación ou falseamento dos datos achegados. Para o efecto poderase solicitar a documentación complementaria para acreditar o cumprimento dos requisitos. A non presentación destes datos será motivo de perda da praza.

XI. Prezos

Os prezos dos aloxamentos para o curso 2007/2008 serán os seguintes:

CAMPUS DE VIGO

• Complexo residencial universitario “O Castro” (*)(**): - Habitación individual con cociña individual:…………….. 251,31 €

persoa/mes. - Habitación individual con cociña compartida:…………… 251,31 € persoa/mes.

Page 22: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

CAMPUS DE OURENSE

• Complexo residencial universitario “AS BURGAS” (Ourense) (*)(**): - Habitación individual con cociña individual:……………. 251,31 €

persoa/mes. - Habitación individual con cociña compartida:………….. 251,31 € persoa/mes. - Habitación dobre:………………………………………….. 192,93 € persoa/mes.

• Residencia “ALCAI” (Allariz - Ourense) (*): - Aloxamento en apartamentos con habitación individual:…… 110 € persoa/mes. - Aloxamento en apartamentos con habitación dobre:………... 110 € persoa/mes.

CAMPUS DE PONTEVEDRA

• Residencia “A PEREGRINA” (Pontevedra) (***) - Aloxamento en habitación individual:……………………… 355 € persoa/mes.

- Aloxamento en habitación dobre:………………………….. 245,30 € persoa/mes.

- Pensión completa:………………………………………….. 245,30 € persoa/mes.

(*) En todos os casos hai que sumarlle os consumos de luz e auga e teléfono individual.

(**) Prezos por curso académico completo (dez meses). O total débese pagar en nove mensualidades.

(***) Prezos por curso académico (nove meses). O total débese pagar en oito mensualidades.

XII. Axudas

1. Beneficiarios/as Poderán beneficiarse das axudas de residencia os estudantes de 1º, 2º e 3º ciclo ou de posgrao oficial (POPs) que teñan adxudicada unha praza de residencia das ofertadas nesta convocatoria, sempre e cando non pertenzan a outro sector da comunidade universitaria, e cumpran o requisito da nota media tal e como establece o punto III.d) e non renuncien expresamente a axuda na solicitude de praza.

Page 23: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

2. Tipos de axudas convocadas

- Nivel A: 50 bolsas de 114 €/mes, sempre que a RPD (Renda Persoal Dispoñible) sexa inferior a 3.948 €.

- Nivel B: 60 bolsas de 57 €/mes, sempre que a RPD sexa inferior a 7.600 €.

3. Adxudicación das bolsas A adxudicación das axudas de residencia farase en función da renda persoal dispoñible en orde ascendente.

Non poderán obter a axuda as persoas solicitantes que non teñan presentada toda a documentación económica esixida no punto V. Para a obtención da axuda será imprescindible a autorización de obter datos económicos na Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

Na Resolución reitoral de adxudicación de prazas de residencia a que se refire o punto VIII publicarase a lista de bolsas adxudicadas, de espera e denegadas na que se fará constar a causa da denegación. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais para presentar as alegacións que estimen oportunas. Tras a revisión das alegacións presentadas e unha vez adxudicadas as prazas de aloxamento, publicaranse as listas definitivas de axudas concedidas, denegadas e lista de agarda.

O pagamento desta axudas farase con cargo á partida 0000 211D 482.15., e o importe

máximo total establecido para a presente convocatoria fai un total de 82.100 €. O importe da axuda será ingresado unha vez ao mes á residencia ou complexo residencial onde o beneficiario/a resida.

XIII. Verificación e reintegro das axudas As axudas adxudicadas serán revogadas pola Universidade de Vigo e devolto o seu importe cando non se reúnan os requisitos establecidos ou cando exista ocultación ou falseamento dos datos achegados.

Terminado o proceso de adxudicación das axudas, a Universidade verificará na AEAT a exactitude dos datos económicos achegados pola persoa solicitante, procedéndose a revogación da axuda no caso de haber discrepancias cos datos declarados e a publicación dunha nova lista de agarda no caso de producirse cambios na mesma.

XIV. Obrigas das persoas con axuda concedida: No caso de renunciar á praza da residencia ou de anulación de matrícula durante o curso académico a axuda deixará de ser efectiva dende o momento de producirse a baixa na residencia ou a anulación da matrícula.

-----------------------------------------------------------

Page 24: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

SOLICITUDE DE PRAZA DE ALOXAMENTO NA UNIVERSIDADE DE

VIGO CURSO 2007/2008

SOLICITUDE DE: � NOVA ADMISIÓN

� READMISIÓN

COMPLEXO RESIDENCIAL AS BURGAS (RESA) COMPLEXO RESIDENCIAL O CASTRO (RESA) A- Individual con cociña: � A- Individual con cociña: � B- Individual con cociña compartida: � B- Individual con cociña compartida: � C- Dobre: � RESIDENCIA A PEREGRINA COMPLEXO RESIDENCIAL ALCAI � A- Individual con pensión completa � B- Dobre con pensión completa � ¿SOLICITA AXUDA DE RESIDENCIA CONVOCADA POLA UNIVERSIDADE DE VIGO? SI � NON �

DATOS PERSOAIS (encher en letra maiúscula) (*) NOTA: este enderezo servirá para todas as comunicacións

Nome:.........................................Apelidos:.................................................................................DNI ou pasaporte:........................Data

nacemento:...............................................Enderezo(*): .............................................................................................................

C.Postal:......................Poboación:.......................Provincia:...................................País:.............................Teléfono:............................

Enderezo electrónico ...........................................

DATOS ACADÉMICOS (curso 2007/2008)

Facultade: ............................................................. Titulación:………………………………………………………. Último curso aprobado: ..........

�Alumno/a de 1º e 2º ciclo: especificar curso 1º � 2º � 3º� 4º � 5º � 6º �

�Alumno/a de 3º ciclo: especificar o nome do programa de doutoramento: .........................................................................................

- � PDI/PAS: especificar lugar de traballo: ..........................................

OUTROS DATOS DE INTERESE NÚMERO DE CONTA CORRENTE: __ __ __ __ / __ __ __ __ / __ __ / __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ / (20 díxitos) Entidade Oficina DC Número de conta É imprescindible achegar un certificado da entidade financeira acreditando a veracidade do número da conta. Os estudantes non residentes en España deberán abrir unha conta corrente unha vez que lles comuniquen a admisión na residencia.

¿Como coñeciches a existencia da residencia? 1. Internet (web Resa / web Universidade / buscadores, ¿Cal?................. 2. (SIOPE) 3. Amigo/a 4. Residente 5. Feiras 6. Instituto 7. Folleto 8. Anuncio prensa 9. Outros...................... ¿Se elixiches unha habitación individual con cociña compartida ou dobre, gustaríache compartila con alguén en particular?:

1. Si � 2. Non � Nome:…………………………………………………………………¿Es fumador/a? ………….. _______________________________________________________________________________________________________________________________ SÓ NO CASO DE SOLICITAR PRAZA NAS RESIDENCIAS “AS BURGAS” ou “O CASTRO”. ¿Queres contratar servizo de limpeza da habitación? (28.94 €/mes. ½ hora semanal) Si � Non �

Rexistro de entrada

Page 25: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

¿Queres contratar entrega e limpeza semanal de sabas e toallas? (35.34 €/ mes) Si � Non � (SÓ PARA A RESIDENCIA “AS BURGAS” ) ¿Queres alugar unha praza de aparcamento? Si 1.a � Coche (40 € / mes) Si 1.b � Moto (16,50 € / mes) 2. Non � Rogámosche que leas con moita atención as condicións que figuran no anexo que se encontra á túa disposición nas residencias As Burgas e O Castro, e asina ao pé desta ficha, escribindo ao lado a frase "CONFORME COAS CONDICIÓNS DE CONTRATO". En caso de non poder dispoñer desta información, podes dirixirte ás residencias por correo electrónico [email protected] ou [email protected] ou [email protected] ou ben chamando aos teléfonos (988) 010400 e (986) 031000 e (986) 850145 respectivamente. DATA E SINATURA: (ENCHER POLA RESIDENCIA) Nº de reserva:_______ Nº de habitación:_________ Data/modo pago matrícula:__________________

Page 26: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

SOLICITUDE DE PRAZA DE ALOXAMENTO NA UNIVERSIDADE DE VIGO. CURSO 2007 / 2008

DATOS DOS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR COS QUE CONVIVE: 1 Solicitante

Apelidos e nome Parentesco Profesión Idade NIF ESTADO CIVIL

2 3 4 5 6

Número total de membros (incluído o solicitante):_____

DATOS ACADÉMICOS: ¿Ten algunha titulación universitaria? G SI G NON Indicar titulación: ......................................................................... Ano da primeira matrícula nalgunha universidade: ..................

Estudos universitarios realizados no curso 2006/2007 (ou no último curso no que estivo matriculado): …………………………………………………………… Se estes estudos foron realizados noutra universidade indíquese:……………………………………………………Estudos que vai realizar no curso 2007/2008:………………………………………………………………

Estudos realizados no curso 2006/2007 (ou no último curso no que estivo matriculado/a): G COU ou Bacharelato LOXSE G FPII Cualificación final das probas de acceso á universidade: .............

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR. (poña unha X na documentación entregada) A) Común a todos os solicitantes: G Fotocopia do DNI do solicitante. G Documentación económica esixida e especificada no apartado V da convocatoria. G Certificado da conta bancaria especificada na primeira folla desta ficha de pre-inscrición. B) Documentos específicos R B.1.- Primeiro curso. Documentación esixida e especificada no apartado V da convocatoria. R B.2.- 1º e 2º ciclo. Documentación esixida e especificada no apartado V da convocatoria.

R B.3.- 3º ciclo. e POPs Documentación esixida e especificada no apartado V da convocatoria. C.1) Documentos específicos para o complexo residencial As Burgas (RESA) G Resgardo de pagamento do prezo de matrícula fixado pola empresa concesionaria na conta 2080/0261/29/0040020942 de Caixanova. C.2) Documentos específicos para o complexo residencial O Castro (RESA) G Resgardo de pagamento do prezo de matrícula fixado pola empresa concesionaria na conta 2080/0000/75/0040269255 de Caixanova. C.3) Documentos específicos para a residencia A Peregrina (Pontevedra) G Resgardo de pagamento do prezo de reserva fixado pola residencia concertada na conta 0072/0474/49/0000100077 de Banco Pastor. As persoas que abaixo asinan declaran que son certos os datos incorporados á presente solicitude e autorizan á Universidade de Vigo a solicitar a Axencia Estatal da Administración Tributaria, os datos necesarios para determinar a renda para o recoñecemento, seguimento e control das bolsas de aloxamento, en aplicación do disposto na disposición adicional cuarta da Lei 40/1998 de 9 de decembro. Sinaturas: Solicitante Pai Nai Outros membros da unidade familiar

_________________ , ______ de _____________de 2007

Page 27: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

INFORMACIÓN XERAL COMPLEXO RESIDENCIAL O CASTRO

Dirección: Rúa Xeración Nos, nº 4 Campus de Vigo, As Lagoas, Marcosende. 36310 Vigo Tfno. 986 031 000 – Fax: 986 031 001 [email protected] Para información sobre as características dos cuartos e sobre a situación da residencia, consultar a nosa páxina web: www.resa.es

SISTEMA TELEFÓNICO Todos os dormitorios dispoñen de teléfono propio conectado á central do edificio que permite o acceso directo á rede telefónica. As chamadas entre os cuartos dentro do edificio son gratuítas. Os residentes soportarán o custo das súas chamadas telefónicas e tamén unha cota fixa que xa está incluída no prezo mensual. Esta cota é de pago obrigatorio. Para poder chamar ao exterior do edificio, o residente terá que aboar previamente á súa conta particular, no despacho de administración, o importe que crea conveniente (cun mínimo fixado pola dirección que non poderá ser inferior a 5€); só poderá chamar ao exterior mentres teña crédito na súa conta.

SISTEMA ELECTRÓNICO O consumo de electricidade controlarase segundo un contador individual instalado en cada cuarto. Aboaranse mensualmente 35€, como cantidade fixa á conta que se incluirá no recibo mensual. Este importe regularizarase ao finalizar a estadía en función do consumo de cada cuarto.

SERVIZO DE AUGA O consumo de auga cobrarase mensualmente. Abonaranse 8€ como cantidade fixa incluída no recibo mensual.

SERVIZOS COMÚNS A residencia dispón de sala de informática, salas de estudo, sala de fotografía, sala de TV e/ou DVD, sala de estar e xogos, ximnasio, servizo de vending e lavandaría e aparcadoiro. Todos estes servizos están incluídos no prezo mensual, agás o servizo de vending e a lavandaría (esta funciona con fichas, 1.5€ a lavadora e 1.5€ a secadora). O deterxente e o suavizante van a cargo do residente. Tamén se prestarán ferros de pasar e taboleiros para pasalo, así como aspiradoras e xogos de mesa. A residencia é titular de tres subscricións aos periódicos: La Voz de Galicia e Faro de Vigo, que estarán cada día na recepción.

OUTROS SERVIZOS Hai unha persoa responsable de mantemento que vive na propia residencia para solucionar calquera estrago ou avaría nos cuartos. Tamén hai persoal de limpeza que se encarga das zonas comúns. A limpeza do cuarto vai a cargo do propio residente, pero se se desexa, pódese contratar a limpeza da habitación por 28.94€/mes (1/2 hora semanal). A residencia proporcionará a cada residente unha manta, almofada, funda do colchón e colcha; o resto dos efectos, sabas e toallas, traeraos o propio residente. O suplemento por contratar a entrega e limpeza semanal de sabanas e toallas é de 35.34€/mes.

PREZOS E TRAMITACIÓN DA RESERVA 1. PREZOS DO CURSO 2007 /20 08 Cuarto individual con cociña individual: 251.31€/persoa/mes Cuarto individual con cociña compartida: 251.31€/persoa/mes Prezos con IVE incluído. Nestes prezos está incluído o aluguer mensual (aloxamento), a cota fixa de teléfono, a conexión informática con acceso a internet (coas limitacións de uso propias da Universidade de Vigo), a antena de TV e a conexión vía satélite e a utilización das zonas comúns. Os consumos individuais de auga e electricidade, así como as chamadas telefónicas que se realicen, cobraranse á parte. O curso cobrarase en nove mensualidade a razón de 279.23€ por persoa ao mes tanto en cuarto individual como en cuarto individual con cociña compartida. As mensualidades abonaranse entre o día 1 e 5 de cada mes a través de domiciliación bancaria con cargo á conta que indique o residente na ficha de preinscrición. NOTA: A estancia mínima e obrigatoria é de 10 meses. 2. FORMALIZACIÓN DA RESERVA A solicitude de reserva entenderase formalizada unha vez efectuados todos os trámites indicados a continuación: a) Cumprimentar debidamente a ficha de preinscrición. b) Realizar o pago da matrícula por un importe de 123€ os novos residentes e 107€ os antigos residentes (importe destinado a gastos de xestión e tramitación do contrato de aluguer en caso de formalizar definitivamente a reserva) dentro do seguinte prazo: do 10 de maio ao 6 de xullo. Pasado este prazo só se aceptarán solicitudes para poñer en lista de espera, excepto se na residencia aínda hai prazas vacantes. c)Enviar os documentos que se piden na Convocatoria de prazas e bolsa de aloxamento nas residencias para estudantes da Universidade de Vigo, aprobada en Xunta de Goberno do curso 2007/2008. d) Enviar TODA A DOCUMENTACIÓN (a,b e c) por correo postal certificado á dirección da residencia. 3. ADMITIDOS E LISTA DE AGARDA – 3.1. CRITERIOS DE ADMISIÓN A adxudicación das prazas dos estudantes realizarase tendo en conta os criterios establecidos na convocatoria de prazas e bolsas de aloxamento nas residencias da Universidade de Vigo. En relación cos antigos alumnos, realizarase con base no rendemento académico do alumno, sempre e cando non exista informe negativo emitido pola dirección da residencia. 3.2. ESTUDANTES ADMITIDOS Unha vez terminado o proceso de avaliación das solicitudes, adxudicaranse as prazas en función da puntuación obtida e se farán públicas as listas provisionais de persoas admitidas, en espera e excluídas. Estas persoas disporán de dez días naturais para

Page 28: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

presentar a documentación que permita corrixir os erros que se aprecien. Unha vez revisadas as alegacións publicaranse as listas definitivas de admitidos, de agarda e a relación de excluídos. Os estudantes que non sexan admitidos permaneceran en lista de agarda. A residencia só notificará por escrito as admisións. Do 3 ao 13 de agosto enviarase por correo electrónico (ou no seu defecto por correo ordinario) á dirección que se especifique na ficha de preinscrición a carta de admisión e a 1ª folla personalizada do contrato de hospedaxe por duplicado. Na carta indicarase como debe realizarse o pago en concepto de fianza, así coma as instruccións para poder descargar o resto da documentación contractual: cláusulas xerais do contrato e regulamento de réxime interior. Aos residentes antigos regularizaráselles a fianza. ANTES DO 24 DE AGOSTO ENVIARASE Á RESIDENCIA POR CORREO POSTAL A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN: a) O contrato e o regulamento debidamente cubertos e firmados (documentos orixinais). b) O comprobante bancario do pago da fianza (dúas mensualidades). c) Dúas fotos tamaño carne. d) Unha fotocopia do DNI ou pasaporte. e) Fotocopia da matrícula da Universidade de Vigo correspondente ao curso 2007/08. NOTA: se non se realiza o pago da fianza e/ou non se envía o contrato e o regulamento cubertos no prazo indicado, anularase a reserva sen dereito ningún á devolución da matricula. O inventario da habitación realizarase e se asina ao chegar á residencia. O contrato realizarase por un prazo de 10 MESES, con data de inicio o 1 de setembro e fin o 30 de xuño. En caso de estar interesado en prolongar a estancia durante uns días do mes de xullo, deberá abonarse o mes completo (excepto aqueles estudantes que previo aviso e xustificación oportuna permanezan na residencia por exames). Se unha vez finalizada a duración do contrato ao residente lle interesa continuar na residencia durante o próximo curso, terá que formalizar a reserva durante o mes de maio na propia residencia, cubrindo o correspondente boletín de resposta que se lle entregará. 4. LISTA DE AGARDA A residencia abrirá unha lista de agarda para todos aqueles estudantes que presentaran a súa solicitude e non foran admitidos na lista inicial. A residencia chamará no momento en que se libere unha praza; por este motivo é necesario especificar na ficha de preinscrición todos os teléfonos onde os podamos localizar durante os meses de verán. 5. ASIGNACIÓN E DISTRIBUIÓN DOS DORMITORIOS A distribución dos dormitorios realizaraa a responsable da residencia. Os residentes antigos que renoven contrato terán preferencia á hora de escoller tipo de cuarto, segundo dispoñibilidade. A dirección reservase, non obstante, o dereito de cambiar o cuarto asignado durante a estancia, en caso de necesidade sobrevida, sempre que o novo cuarto sexa do mesmo tipo que a inicialmente contratado. 6. CONDICIÓNS DE PENALIZACIÓN E DEVOLUCIÓN DA MATRÍCULA E FIANZA SÓ SE DEVOLVERÁ a matrícula e/ou fianza: - No caso de non poder asignar a praza solicitada por falta de cuartos dispoñibles, ou ben por non poder ofrecer o tipo de cuarto que se desexa e que se marcara nalgunha das opcións previstas. - No caso de non conseguir praza en ningunha escola ou facultade da UVigo en Vigo e nos envíes unha copia da carta de non admisión da Universidade de Vigo antes do 1 de agosto. É requisito indispensable o envío por fax (986 03 10 01) da carta de non admisión na UVigo. - No caso de obter unha bolsa de aloxamento por parte da Universidade (neste caso só se devolverá a matrícula). O prazo máximo para as devolucións dos bolseiros é o 15 de novembro. - No caso de suspender as PAU en xuño e comunicalo antes do 19 de xullo. NON SE DEVOLVERÁ a matricula e/ou fianza: - No caso de renunciar voluntariamente á praza atribuída na residencia. - No caso de renunciar á praza adxudicada pola residencia, no caso de que se asigne un tipo de cuarto non elixido como primeira opción (marcando previamente as outras opcións dispoñibles). - No caso de renunciar á praza adxudicada pola residencia en caso de non poder compartir o dormitorio co compañeiro/a que indicastes. - No caso de non comunicar por escrito á residencia no prazo indicado a non admisión na Universidade de Vigo. Terase que enviar por fax unha copia do documento acreditativo de non admisión na citada universidade que xustifique a renuncia. Non serven como documentos xustificativos a carta de admisión doutras universidades e nota das PAU. - Nos supostos previstos no contrato de hospedaxe. PRAZO PARA AS DEVOLUCIÓNS: Empezaranse a facer efectivas a partir do 15 de outubro, sempre e cando se detallara na ficha de preinscrición o número de conta corrente completo para realizar a transferencia (exceptuando os estudantes non residentes en España, que se lles devolverá mediante cheque). No seu defecto, RESA non se responsabiliza de podelo tramitar nese prazo. A bolsa de aloxamento da Universidade de Vigo descontarase mensualmente a partir da publicación da “LISTA DEFINITIVA DE BOLSEIROS”.

NÚMERO DE CONTA PARA OS PAGOS

Titular: SIRESA NOROESTE, S.A. Entidade: CAIXANOVA Nº c/c: 2080-0000-75-0040269255 Dirección da sucursal: Avda. de García Barbón, 1. 36201 Vigo (PONTEVEDRA) SWIFT: CAVIES2V IBAN: ES91 NOTA: o importe será exacto e os gastos da transferencia corren a cargo do solicitante. Na transferencia irá como ordenante o nome e apelidos do solicitante.

Para máis información chamar ao teléfono 986 031 000 (Sra. Mónica Costas). Para visitar a residencia é imprescindible chamar previamente para concertar unha cita coa responsable. O horario é os luns e mércores de 10 h a 14 h.

Page 29: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

INFORMACIÓN XERAL COMPLEXO RESIDENCIAL AS BURGAS

Dirección: Campus de Ourense, As Lagoas. Avda. de Alfonso Rodríguez Castelao, 26. 32004 Ourense Tel.: 988 010 400 – Fax: 988 010 401 [email protected] Para información sobre as características dos dormitorios e sobre a situación da residencia, consultar a nosa páxina web: www.resa.es

SISTEMA TELEFÓNICO Todos os dormitorios dispoñen de teléfono propio conectado á central do edificio que permite o acceso directo á rede telefónica. As chamadas entre os cuartos dentro do edificio son gratuítas. Os residentes soportarán o custo das súas chamadas telefónicas e tamén unha cota fixa que xa está incluída no prezo mensual. Esta cota é de pago obrigatorio. Para poder chamar ao exterior do edificio, o residente terá que aboar previamente á súa conta particular, no despacho de administración, o importe que crea conveniente (cun mínimo fixado pola dirección que non poderá ser inferior a 5€); só poderá chamar ao exterior mentres teña crédito na súa conta.

SISTEMA ELECTRÓNICO O consumo de electricidade controlarase segundo un contador individual instalado en cada cuarto. Aboaranse mensualmente 30€, como cantidade fixa á conta que se incluirá no recibo mensual. Este importe regularizarase ao finalizar a estadía en función do consumo de cada cuarto.

SERVIZO DE AUGA O consumo de auga cobrarase mensualmente. Aboaranse 8€ como cantidade fixa incluída no recibo mensual regularizarase este importe ao finalizar a estadía.

SERVIZOS COMÚNS A residencia dispón de sala de informática, salas de estudo, sala de fotografía, sala de TV e/ou DVD, sala de estar e xogos, ximnasio, servizo de vending e lavandaría e aparcadoiro. Todos estes servizos están incluídos no prezo mensual, agás o servizo de vending e a lavandaría (esta funciona con fichas, 1.5€ a lavadora e 1.5€ a secadora) e o aparcadoiro(40€ coche/16,50€moto). O deterxente e suavizante van a cargo do residente. Tamén se prestarán ferros de pasar e taboleiros para pasalo, así como aspiradoras e xogos de mesa. A residencia é titular de tres subscricións aos periódicos: Marca, La Voz de Galicia e La Región, que estarán cada día na recepción.

OUTROS SERVIZOS Hai unha persoa responsable de mantemento para solucionar calquera estrago ou avaría nos vosos dormitorios. Tamén hai persoal de limpeza que se encarga das zonas comúns. A limpeza do cuarto vai a cargo do propio residente, pero, se se desexa, pódese contratar a súa limpeza por 28.94€/mes (1/2 hora semanal). A residencia proporcionará a cada residente dúas mantas, almofada, funda do colchón e colcha; o resto dos efectos, sabas e toallas, traeraos o propio residente. O suplemento por contratar a entrega e limpeza semanal de sabas e toallas é de 35.34€/mes. Durante as noites e fins de semana hai un servizo de conserxaría.

PREZOS E TRAMITACIÓN DA RESERVA 1. PREZOS PARA O CURSO 2007 / 2008 Cuarto individual con cociña individual: 251.31€/persoa/mes Cuarto individual con cociña compartida: 251.31€/persoa/mes Cuarto dobre: 192.93€/persoa/mes Prezos con IVE incluído. Nestes prezos está incluído o aluguer mensual (aloxamento), a cota fixa de teléfono, a conexión informática con acceso a internet (coas limitacións de uso propias da Universidade de Vigo), a antena de TV e a conexión vía satélite e a utilización das zonas comúns. Os consumos individuais de auga e electricidade, así como as chamadas telefónicas que se realicen, cobraranse á parte. O curso cobrarase en nove mensualidades a razón de 279.23€ por persoa ao mes, tanto en cuarto individual como en cuarto individual con cociña compartida e 214.37€ en cuarto dobre por persoa ao mes.

Page 30: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

As mensualidades aboaranse entre o día 1 e 5 de cada mes a través de domiciliación bancaria con cargo á conta que indique o residente na ficha de preinscrición. NOTA: a estancia mínima e obrigatoria é de 10 meses. 2. FORMALIZACIÓN DA RESERVA A solicitude de reserva entenderase formalizada unha vez efectuados todos os trámites indicados a continuación: a) Cubrir debidamente a ficha de preinscrición. b) Realizar o pago da matrícula por un importe de 123€ os novos residentes e 53€ os antigos residentes (importe destinado a gastos de xestión e tramitación do contrato de aluguer en caso de formalizar definitivamente a reserva) dentro do seguinte prazo: do 10 de maio ao 6 de xullo. Pasado este prazo só se aceptarán solicitudes para poñer en lista de agarda, excepto se na residencia aínda hai prazas vacantes. c) Enviar os documentos que se piden na Convocatoria de prazas e bolsa de aloxamento nas residencias para estudantes da Universidade de Vigo, aprobada en Xunta de Goberno do curso 2007/08. d) Enviar TODA A DOCUMENTACIÓN (a,b e c) por correo postal certificado á dirección da residencia. 3. ADMITIDOS E LISTA DE AGARDA – 3.1. CRITERIOS DE ADMISIÓN A adxudicación das prazas dos estudantes realizarase tendo en conta os criterios establecidos na Convocatoria de prazas e bolsas de aloxamento nas residencias da Universidade de Vigo. En relación cos antigos alumnos, realizarase con base no rendemento académico do alumno, sempre e cando non exista informe negativo emitido pola dirección da residencia. 3.2. ESTUDANTES ADMITIDOS Unha vez terminado o proceso de avaliación das solicitudes, adxudicaranse as prazas en función da puntuación obtida e faranse públicas as listas provisionais de persoas admitidas, en espera e excluídas. Estas persoas disporán de dez días naturais para presentar a documentación que permita corrixir os erros que se aprecien. Unha vez revisadas as alegacións publicaranse as listas definitivas de admitidos, de agarda e a relación de excluídos. Os estudantes que non sexan admitidos permanecerán en lista de agarda. A residencia só notificará por escrito as admisións. Do 3 ao 13 de agosto enviarase por correo electrónico (ou no seu defecto por correo ordinario) á dirección que se especifique na ficha de preinscrición a carta de admisión e a 1ª folla personalizada do contrato de hospedaxe por duplicado. Na carta indicarase como se debe realizar o pago en concepto de fianza, así coma as instrucións para poder descargar o resto da documentación contractual: cláusulas xerais do contrato e regulamento de réxime interior. Aos residentes antigos regularizaráselle a fianza. ANTES DO 24 DE AGOSTO ENVIARASE Á RESIDENCIA POR CORREO POSTAL A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN: a) O contrato e o regulamento debidamente cubertos e firmados (documentos orixinais). b) O comprobante bancario do pago da fianza (dúas mensualidades). c) Dúas fotos tamaño carné. d) Unha fotocopia do DNI ou pasaporte. e) Fotocopia da matrícula da Universidade de Vigo correspondente ao curso 2007/08. NOTA: se non se realiza o pago da fianza e/ou non se envía o contrato e o regulamento cubertos no prazo indicado, anularase a reserva sen dereito ningún á devolución da matricula. O inventario do dormitorio realizarase e asinarase ao chegar á residencia. O contrato realizarase por un prazo de 10 MESES, con data de inicio o 1 de setembro e fin o 30 de xuño. En caso de estar interesado en prolongar a estancia durante uns días do mes de xullo, deberá aboarse o mes completo (excepto aqueles estudantes que previo aviso e xustificación oportuna permanezan na residencia por exames). Se unha vez finalizada a duración do contrato, ao residente lle interesa continuar na residencia durante o próximo curso, terá que formalizar a reserva durante o mes de maio na propia residencia, cubrindo o correspondente boletín de resposta que se lle entregará. 4. LISTA DE AGARDA A residencia abrirá unha lista de agarda para todos aqueles estudantes que presentaran a súa solicitude e non foran admitidos na lista inicial. A residencia chamará no momento en que se libere unha praza; por este motivo é necesario especificar na ficha de preinscrición todos os teléfonos onde os poidamos localizar durante os meses de verán. 5. ASIGNACIÓN E DISTRIBUCIÓN DOS CUARTOS A distribución dos cuartos realizaraa a responsable da residencia. Os residentes antigos que renoven contrato terán preferencia á hora de escoller tipo de dormitorio, segundo dispoñibilidade. A dirección resérvase, non obstante, o dereito de cambiar o dormitorio asignado durante a estancia, en caso de necesidade sobrevida, sempre que o novo cuarto sexa do mesmo tipo que o inicialmente contratado.

Page 31: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro

6. CONDICIÓNS DE PENALIZACIÓN E DEVOLUCIÓN DA MATRÍCULA E FIANZA SÓ SE DEVOLVERÁ a matrícula e/ou fianza: - No caso de non poder asignar a praza solicitada por falta de cuartos dispoñibles, ou ben por non poder ofrecer o tipo de dormitorio que se desexa e que se marcara nalgunha das opcións previstas. - No caso de non conseguir praza en ningunha escola ou facultade da UVigo en Ourense e nos envíes unha copia da carta de non admisión da Universidade de Vigo antes do 1 de agosto. É requisito indispensable o envío por fax (988 010 401) da carta de non admisión na UVigo. - No caso de obter unha bolsa de aloxamento por parte da Universidade (neste caso só se devolverá a matrícula). O prazo máximo para as devolucións dos bolseiros é o 15 de novembro. - No caso de suspender as PAU en xuño e comunica antes do 19 de xullo. NON SE DEVOLVERÁ a matricula e/ou fianza: - No caso de renunciar voluntariamente á praza atribuída na residencia. - No caso de renunciar á praza adxudicada pola residencia, no caso de que se asigne un tipo de cuarto non elixido como primeira opción (marcando previamente as outras opcións dispoñibles). - No caso de renunciar á praza adxudicada pola residencia en caso de non poder compartir o dormitorio co compañeiro/a que indicastes. - No caso de non comunicar por escrito á residencia no prazo indicado a non admisión na Universidade de Vigo. Terase que enviar por fax unha copia do documento acreditativo de non admisión na citada universidade que xustifique a renuncia. Non serven como documentos xustificativos a carta de admisión doutras universidades e nota das PAU. - Nos supostos previstos no contrato de hospedaxe. PRAZO DE DEVOLUCIÓNS: empezaranse a facer efectivas a partir do 15 de outubro, sempre e cando se detallara na ficha de preinscrición o número de conta corrente completo para realizar a transferencia (exceptuando os estudantes non residentes en España, que se lles devolverá mediante cheque). No seu defecto, RESA non se responsabiliza de podelo tramitar nese prazo. A bolsa de aloxamento da Universidade de Vigo descontarase mensualmente a partir da publicación da “LISTA DEFINITIVA DE BOLSEIROS”.

NÚMERO DE CONTA PARA OS PAGOS Titular: SIRESA NOROESTE, S.A. Entidade: CAIXANOVA Nº c/c: 2080-0261-29-0040020942 Dirección da sucursal: Avda. de García Barbón, 1. 36201 Vigo (PONTEVEDRA) SWIFT: CAVIES2V IBAN: ES89 NOTA: o importe será exacto e os gastos da transferencia corren a cargo do solicitante. Na transferencia irá como ordenante o nome e apelidos do solicitante.

Para máis información chamar ao teléfono 988 010 400 (Sr. Jorge Rodríguez). Para visitar a residencia é imprescindible chamar previamente para concertar unha cita co responsable. O horario é de luns venres de 9.00 h a 13.00 h. de 16.00 h a 19.00 h.

Page 32: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro
Page 33: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro
Page 34: Secretaría Xera Proposta Calendario escolar curso 2007-08 ... · 4.- Os exames extraordinarios e de fin de carreira terán lugar entre as datas seguintes: Convocatoria de decembro