roteiro gran gincana instruccións
TRANSCRIPT
Instrucións da Gran Xincana
“Roteiro To Chanteiro”
Ao longo do camiño teredes que facer diversas
probas se queredes ser os campións absolutos do
voso curso (hai premio para os gañadores). Para iso
debedes valervos da vosa astucia, saber, arte e do
voso inseparable móbil para poder rexistralo todo.
Facede grupos de 7-10 alumnos por curso e, en
cada grupo, deberedes ter, polo menos, unha
persoa que teña instaladas as seguintes
aplicacións:
Aplicación Android IOS
Runtastic Runtastic Runtastic
Lector códigos QR (elixe un)
QR droid, QR Barcode Scanner, QR
Code reader…
Qr reade, Qrafter, Scan, Bidi: lector QR...
Compás (a elixir)
Brújula 360 Pro Gratis, Brújula - Smart
Compass...
Compás do IOS 7, Brújula...
Editor de imaxes (a elixir)
Photo Editor de Aviary, PicsArt - Photo Studio, Photoshop…. ou o que máis che guste
Snapseed, Afterlight...ou o que máis che guste
1. Abre a app runtastic ao inicio da marcha e mete os datos de masa e altura. Se non os sabes
exactos, non pasa nada.
Dálle a iniciar actividade e elixe camiñar. Déixao funcionando durante toda a túa marcha.
Ao final dos percorridos, debes aportar os datos de Calorías e ritmo aproximado.
(3 e 4 eso)
2. Fotoartista
Procura identificar os lugares das fotos antigas do cadro de abaixo. Cando cheguemos a eles,
tira unha foto co móbil facendo o mesmo encadre no que aparezan os mesmos elementos que
nas fotos (aínda que algúns desapareceran ou haxa outros novos)
3. Retrofoto.
Busca no teu sobre as 2 fotos antigas impresas en cartolina. Colle a foto impresa (como ves na
imaxe dereita) e tira unha foto procurando que ocupe o mesmo lugar na paisaxe. Axúdate
xogando coa perspectiva.
4 Fotomatón. (Nas ovellas)
● Conta o nº de ovellas e sácalles unha foto a cada intregante do grupo cunha ovella
detrás.
● Saca unha foto con dúas especies diferentes de lique na man.
● Saca unha foto do grupo coas Mirandas detrás e investiga a altura á cal nos atopamos
(dámos mapa topográfico)
5. Superinvestigador. (Ao inicio das escaleiras)
1) Ao longo do camiño hai unha especie chamada fiúncho cuxo olor lembra un licor que
seguro toman os teus avós. Descubre para que outra cousa máis se emprega e tíralle
unha foto.
2) Estes días está en flor unha árbore cuxo froito comemos no outono e que ás veces nos
produce gases. Tíralles unha foto ás follas e á flor.
3) Ao bordo do camiño é moi abondoso un fieito que se chama fieito macho (dámos foto).
Sácadevos unha foto todos cunha póla na man.
4) Nas alfombras florais emprégase un cardo do xénero Cirsium que ten unha flor malva,
saca unha foto del.
5) As gramíneas prodúcennos alerxias a moitos de nós, podedes sacar unha foto de dúas
especies diferentes?
6. Lobo mariño. (Nas escaleiras d´As Mirandas)
Emprega a carta de nubes e o compás. Dános a dirección e forza do vento, grao de cobertura e
tipo de nubes.
Colle o calendario de mareas. Pescuda a hora da marea baixa/alta e o estado do mar.
7: Preguntoiro (Na EDAR)
1. Que significa EDAR?
2. Quen era Díaz Castro?
3. Como se chamaba a cantante que nos deu un concerto o pasado mes Maio?
4. En que consiste o mail art?
5. De que falamos se vemos un nimboestrato?
6. Abre a app do compás e indica en que dirección queda a Torre de Hércules.
11. Rapstar (á hora de xantar)
1º e 2º: Creade un retrouso, unha rima partindo de “ROTEIRO TO CHANTEIRO”
3º e 4º Grava en vídeo. Compoñede un rap; nel o retrouso ha ser “ROTEIRO TO
CHANTEIRO”. O que máis estrofas cante, gaña
12. Pitinglish Pelota profesional (No Panel da Cova do Mouros)
● Sácate un selfie con Dani (2º ESO). Traduce ao inglés Subir e baixar (do bus).
● Sácate un selfie con Luísa (1º ESO). Traduce ao inglés Acender/apagar.
● Sácate un Selfie con Jorge (3º ESO).Traduce ao inglés Coller amorodos
● Sácate un selfie con Xaco ( 4º da ESO). Cantade en grupo e gravade en vídeo (con
Vicen) o estribillo de Lemon Tree
13. Acrosport (Na praia, nas escaleiras)
Representade en grupo a figura de acrosport que máis vos guste e tirádelle unha foto. (1 e 2
eso).
14. Artista dixital. (Na parada do bus, antes de volvermos)
De todas as fotos que sacaches hoxe. Elixe a que máis che guste, aplícalle todos os filtros que
queiras e tuitéaa co hashtag #roteiroachanteiro e un breve comentario sobre ela. Entre todas
elixirase unha gañadora que recibirá un agasallo.
Folla de participación Nome do grupo:
Integrantes do grupo:
Curso da ESO:
Táboa de mareas para o 9 de Xuño