revista coias nº 11

38
revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11 este ano andivemos a contar estrelas

Upload: ceipseisdonadal-ceipseisdonadal

Post on 12-Mar-2016

239 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Revista do CEIP Seis do Nadal

TRANSCRIPT

Page 1: Revista COIAS Nº 11

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

este ano andivemos a contar estrelas

Page 2: Revista COIAS Nº 11

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

este ano andivemos a contar estrelas

Page 3: Revista COIAS Nº 11

Ola a tod@s,benqueridas familias do noso alumnado. Estamos no final deste curso adicado a “O ceo e a terra” e vivimos xun-tos moito. É o momento de recoller os froitos do noso traballo, reflexio-nar sobre os resultados e disfrutar das merecidas vacacións.

A nosa revista COIAS naceu con moita ilusión fai algo máis que 10 anos. Nesta nova década comenzamos un novo proxecto de revista. Este novo número pretende difundir a maioría das experiencias educativas que se fixeron dentro e fóra da aula, tanto do alumnado como do profesorado, co obxectivo de que todos poidamos coñecer e analizar estas prácticas.

Queremos expresar o noso agradecemento a todas aquelas persoas que, coa súa colaboración fixeron posibel a súa elaboración. Agradecer dun-ha maneira especial aos máis pequenos do cole polo seu esforzo para poder ter esta portada deste número de revista especial.

Non podemos esquecer a ANPA nin a Agrupación Deportiva pois se deles temos algo que dicir é GRAZAS pola vosa colaboración e axuda sempre gratuita e incondicional.

Desexamos que pasedes un feliz verán, xogade, lede, coidade o medio ambiente, compartide cos demaís todo o que aprendestes co tema deste ano… e moito respecto aos vosos maiores. Aproveitade cada momento ao máximo porque a volta o cole no esta tan lonxe como parece

Un saúdo. O Equipo Directivo.

O ceo e a terra: 3

O magosto e o samain: 4 e 5

Tempo de Nadal: 6, 7 e 8

O día da Paz: 9

O Entroido: 10-11

Biblioteca escolar: 12, 13 e 14

A festa do Maio: 15

Letras galegas: 16, 17 e 18

Interteatro: 19

O tesouro dos avós: 20

Proxecto europeo: 21

Aprendemos sen libros dentro da escola: 22, 23, 24 e 25

Aprendemos sen libros fóra da escola: 26, 27, 28 e 29

ANPA: 30 e 31

Baloncesto : 32

Balonman: 33

As obras do cole: 34

Premios acadados: 35

editorialsumario

coia a coia ...

Page 4: Revista COIAS Nº 11

3

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Este ano, un grandísimo astronauta recibiunos no comezo de cur-so, deixando a súa pegada na lúa, e o seu lema:

“un pequeno paso para o home,un grande paso para a humanidade”

Con ese lema puxémonos mans á obra, e os nosos corredores enché-ronse de planetas, astros, estrelas, meteoritos e naves estelares.

o ceoe a terra

Despegao curso 2009- 2010

Foron moitase diversasas realizacións plásticasque fixemos,e foi moitoo que aprendemos deste tema.

Page 5: Revista COIAS Nº 11

4

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Coa chegada do Outono ador-namos o noso cole e comeza a ter este colorido.

No San Martiño celebramos O MAGOSTO, comendo castañas asadas, pintando as nosas caras e xogando ao peón, ás bólas,aos bolos, ao pano, á rá…

Cantodisfrutamos!

o magostoAs nosas tradicións de outono

Page 6: Revista COIAS Nº 11

5

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

A noite do 31 de outubro ce-lébrase en todos os países que tiveron que ver co mundo CEL-TA a noite do SAMAÍN, deus celta dos máis venerados naquel tempo. Nesta data comezaba un ano novo e facíase unha festa na honra dos difuntos, marcando a transición do outono ao inver-no.

Coma sempre, fixemos unha GRAN EXPOSICIÓN coas caba-zas e probamos uns doces ricos, ricos...

UUUhhhmmmm!

Que sirvan estas fotos para homenaxear ás familias que de xeito tan entusiasta aportaron á exposición colorido e imaxi-nación.

o samaínAs nosas tradicións de outono

Page 7: Revista COIAS Nº 11

6

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Chegou o Nadal, e a nós, educación infantil, tocábanos decorar a entrada,tiñamos moito interesee puxémonos mans á obra.O noso particular universodecoraría a entrada.

tempode nadal

O planeta Gorniti,o do Principiño,o planeta das Fasion polis,o planeta dos Clics,ambientaron todo, inmerso nun magnífico ceo estrelado, cheo de constelacións, e así os nosos faros do ceo e as estrelas, alumearíannos todo o curso. Entre Andrómena, Casiopea, a Vía láctea, destacaba a nosa constelación A DO SEIS.

Page 8: Revista COIAS Nº 11

7

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Felicitamos ás familias cunha postal que era una foto do noso particular sistema solar.

Neste tempo de Nadal , a nosa árbore, tamén foi planetaria, moitos e variados planetas colgaron dela, feitos ao noso xeito, con plasti-lina, papeis pinturas, e sobre todo foron feitas con moito agarimo e entusiasmo, quedou chulísimo, e as nosas estrelas aínda siguen alumeándonos.

Como cada ano seguimos au-mentando a nosa colaboración co Banco de alimentos de Vigo.Moitas grazas a toda comuni-dade educativa.

tempo de nadal

Nestas festas quixemosrecuperar esta figura mítica do Nadal galego: o Apalpador.

Era un home xigante e boíño que baixaba ás aldeas o 25 de decembro e deixaba agasallos a todos os nen@s.

Page 9: Revista COIAS Nº 11

8

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

tempo de nadal

As rebulideirasburbullas foron asestrelas do nosofestival, coa súa alegría foron presentandoo seguinte programa:

4ºC de E. Primariabailaron“Stars pop” e “We Rock”.

4ºA de E. Primariaescenificaron“Hijo de la luna”.

4ºB de E. Primariaescenificaron“A lenda de Orion”

6ºA de E. Primariarepresentaron“Muxicas no ceo de Belén”

5º de E. Infantilcantaron“Panxoliña das horas”.

4ºC

4ºA

4ºB

6ºA

Page 10: Revista COIAS Nº 11

9

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Neste día saímos todos ao patio para lerlle ao mundo as nosas frases de amor, amizade, tolerancia... e solidarizarnos con todas esas persoas que sofren.

díada paz

Este ano mandamosas nosas mensaxes máis lonxe montadasen papaventos de cores.

Page 11: Revista COIAS Nº 11

10

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Este curso dedicamos o noso entroido ao Universo.En educación infantil fomos de heroes espaciais,os de primeiro de marcianos,os segundos de estrelas,os terceiros de astronautas,os cuartos de constelacións,os quintos de planetas e os sextos de merlíns.Fixemos o noso desfile polas rúas.

E para rematar unha merendola con filloas, orellas, flores.uhhmm...............!todo estaba boísimo!!!!

e chegouo entroido

Os mandadiños do Meco:

luns, día 8Dixeron no seisque no ceo están,que o luns na cabezaalgo debes levar.

martes, día 9O martes novedespois do almorzolucirá o solse pomos algo no pescozo

mércores, día 10Se queres viaxar á lúaadorna ben a túa cintura

xoves, día 11O astronauta caerá do revésse o xoves non tras algo nos pés.

Page 12: Revista COIAS Nº 11

11

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

güi, güi, güios do entroidoos do entroidogüi,güi,güios do entroidoestamos eiquí

xa están os do seis outra vez na rúaeste ano tocao espacio e a lúa

güi, güi, güi...

os de infantilimos de heroesde todo o espaciosomos os mellores

as coplasdo Seis

güi, güi, güi...

soles e lúasatoparedes en especialen todo o universonon hai ninguén igualgüi, güi, güi...

somos mascariñastodas diferentese iso nos convirteen extraterrestres

güi, güi, güi…

os de segundoimos estreladoscomo podes vertamén prateados

güi, güi, güios astronautasos astronautasgüi,güi,güios astronautasestamos eiquí

lúa lueiracascabeleiraque veña con 3ºtodo aquel que queira

güi, güi, güi

na esfera celesteestamos debuxadosdoce simboliños super estrelados

gui,gui, gui

somos os de quintoxa nos coñecedesimos de planetasna rúa nos veredes

güi, güi, güi...

nós, os maioresimos de merlínscompases e catalexosabondo hai eiquí.

Page 13: Revista COIAS Nº 11

12

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

O mesmo expositor e montóns de libros diferentes!As veces do espazo, de miste-rio, novidades,...

Si que nos serveu esa tabliña este curso. Sobre todo para resolver as fichas do espazo e os retos do concurso anual.

Algúns deses libros foron nas mochilas viaxeiras, e outros na guía de lectura de nadal, pero a meirande parte deles estiveron dentro da biblio todo o curso. Eran de consulta, e aprendimos a atopar neles respostas para resolver traballos como o que fixeron os de 6º, sobre o Courel de Novoneyra, ou os de 5º sobre as Illas Atlán-ticas, ou os de Infantil, sobre o espazo...

E que todos aprendimos moito sobre “O ceo e a Terra” !!!!

Mirade cantaxente leu os librosdo universo!

atlasdos soños

A nosa biblioteca

Page 14: Revista COIAS Nº 11

13

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Tamén houbo tempo para os contos, sobre todo no mes de Abril, cando celebramos o día do libro cos “Padriños de lectura”. Estivemos tan quediños, tan contentos, tan atentos que ata nos sacaron fotos dende os balcóns, os veciños do cole non crían o que estaban vendo.

Pero velaiquí as probas:

Os patios cheos de nenos, maiores e pequenos LENDO!! E sobre todo pasándoo ben.

A nosa biblioteca

atlas dos soños

Tamén invitamos a exper-tos que nos falaron sobre banda deseñada, librosmusicais,...

Page 15: Revista COIAS Nº 11

14

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Contamos tamén coa visitade escritores, comoFrancisco Rivadulla Corcón, que nos asinou: “O elefantedunha soa orella”.

En fin, que lemos moitomoito: na escola, na casa, nos patios... no outono, no inverno e na primavera.

Aquí vos deixamos un pequeno agasallo para que sigades lendo no verán, as novas recomen-dacións de libros. Así cando voltemos en setembro seguire-mos dicindo:

A nosa biblioteca

atlas dos soños

Moitos destes libros acadaron un premio editorial ou da crítica últimamente. Saberías dicir cales?.

a nosa “biblio”recomenda para este verán

Ed. infantil:

Los bolsillos de Lola ou Os petos de Lola. Quentin Blake.Ed. Kalandraka.¿A que veñen as gaivotas a Compostela?. Rivadulla Corcón.Ed. Sotelo Blanco.

Ed. Primaria 1º ciclo:

El príncipe de los enredos. Roger Olmos y Roberto Aliaga. Ed. Edelvives.Adiviñas de animais. Gloria Sánchez. Ed. Obradoiro

Ed. Primaria 2º ciclo:

El secreto de If. Ana Alonso y Fco. Javier Pelegrín. Ed. SM.Ciudad laberinto. Pedro Mañas. Ed. Factoría K.

Ed. Primaria 3º ciclo:

Barro de Medellín. Alfredo Gómez. Ed. Edelvives.Valdemuller. Neira Cruz. Ed. S.M.

Pais e Nais:

Colección Superpreguntas. Oscar Brenifier. Ed. EDB.El pequeño dictador. Javier Urra. Ed. La esfera de los libros.A praia dos afogados. Domingo Villar. Ed. Galaxia.

Page 16: Revista COIAS Nº 11

15

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscu-tible a celebración do espertar da natureza.

En Galicia hai variasmanifestacións:Agrarias, pecuarias,mariñeiras, lúdicas,amorosas, cristiásou cristianizadas.

Son numerosas as festas que se fan nestes días no noso país, os nenos e nenas fixeron o seu maio especial.

a festado maio

Moitas grazas pola vosa aportación demateriais para o maio do Seis, que nosprotexerá ataa próxima primavera.

Un maio, maíño especial,para un ano, aniño, espacial.

Co Maio do “Seis do Nadal”non se pasa nada mal.

O maio coma un cometachegará ao noso planeta.

En Maio, fun pasear á Bouzae collín flores para a miña moza.

Como as estrelas, está a brilar,o nosso maio no Seis do Nadal.

Maio, maio, que és moi especial.O maio maial, no espazo espacial.

O Maio do Seis mola mogollóne ata o celebran en Plutón.

os maios do Seis

Page 17: Revista COIAS Nº 11

16

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

letrasgalegasUxío NovoneyraEste ano 2010 a Real Academia Galega adícalle o 17 de maio, Día das Letras Galegas, ao poe-ta lugués Uxío Novoneyra.

Uxío naceu o 19 de xaneiro de 1930 na pequena aldea de Parada de Moreda, nas monta-ñas do Courel, na provincia de Lugo. Estudou o bacharelato na cidade de Lugo e posteriormen-te trasladouse a Madrid para comezar a carreira de Filosofía e Letras. E é nesta cidade onde publica os seus primeiros poe-mas. Estes primeiros poemas están escritos en castelán.

No ano 1952 volta a Galicia e entra en contacto con dife-rentes intelectuais galegos de Santiago de Compostela, o que

o leva a escribir, xa a partir de entón, exclusivamente en idio-ma galego.

Casou, en 1973 con Elva Rei, á que coñeceu durante a súa estadía en Lugo, e coa que tivo tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo. Durante un tempo vive entre Lugo e O Courel ata que se establece definitivamente, dez anos máis tarde, en Santia-go de Compostela. Foi presi-dente da Asociación de Escri-tores en Lingua Galega durante dezasete anos seguidos.

Uxío é autor de numerosos poe-mas, sendo os máis coñecidos e máis representativos da súa obra os recollidos baixo o título “Os Eidos”, nos que recopila toda a súa poesía relacionada co Courel. Escribiu tamén tres

contos para os máis pequenos: “Gorgorín e Cabezón”, “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín” e “O cubil do xabarín”.

Faleceu en Santiago de Com-postela un 30 de outubro de 1999.

Foi un gran defensor da lingua e cultura galegas.

Page 18: Revista COIAS Nº 11

17

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

O fiadeiro

Durante este curso a Coordinadora deEquipos de Normalización e Dinamización Lingüís-tica levou adiante varias campañas informativas e explicativas contra o Decreto do Plurilinguismo recén aprobado.Consideramos que supón un retroceso para oidioma galego e que o conflito deste curso non beneficiou nada á nosa lingua.

CANTA o cuco cala e cantados castiñeiros do val.Pasa o tempo e non di nadae volta o cuco a cantar

FIANDEIRA namoradaque fías detralo lumecos ollos postos nas chamasroxiñas brancas i azules.Fiandeiriña que fíasnas noites do longo invernoas liñas máis delgadiñasco fío do pensamento.

letrasgalegas

RINCHA o cabalo rinchónpeta o piquelo no encinoresga o gaio unha cancióne guíndaa dindes do are vai voando sin tinobuscando outra noutro breloque ha de ter o mesmo sino.Enche o cuco o val co seu cantar

Page 19: Revista COIAS Nº 11

18

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

letrasgalegas

Canción do Seis paraDon Uxío.

Don Uxío NovoneyraO poeta do CourelNas nosas letras galegasHomenaxeado éHomenaxeado éHomenaxeado éDon Uxío NovoneyraO poeta do Courel.

Naceu nun mes de xaneiroAlá polo ano trintaEn Parada de MoredaNunha familia labrega.

Retrouso

De mozo viviu en LugoOnde fixo os seus estudos,Coñeceu dous bos amigosManuel-María e Mariño.

Retrouso

Viaxou ata MadríPara seguir estudandoIniciouse na poesíaE seguiu profundizando.

Retrouso

Cando enfermaron seus paisQuedouse a vivir aquíCoñeceu a dona ElvaE con ela foi feliz.

Retrouso

Tiveron logo tres fillosE viviron no CourelEscribiu moitos poemasDalgúns eu me lembrarei:

Retrouso

“Canta o cuco cala e cantados castiñeiros do val.Pasa o tempo e non di nadaE volta o cuco a cantar.”

“Cai a neve cai caifalopiña a falopiñanin o vento a arremuíñanin a auga a desfai.”

Retrouso

Traballou en varios mediosE ata chinés traduciuPero o que máis lle gustabaEra poesía escribir

Retrouso

Foi amigo de escritoresE traballou pola terraDefendeu o noso idiomaComo hai que fagher nela

Retrouso

Loli, 26 de Abril de 2010.

Page 20: Revista COIAS Nº 11

19

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Cada ano somos máis coles participando nesta experiencia tan educativa. Ademais este ano tivemos a novidade de que fomos todos durante tres días a representar as nosas obras de teatro áEscola Municipal de Teatro no Monte da Mina en Castrelos e ofre-céronnos a súa axuda en canto á técnicas de dramatizacióne atrezzo.

A nosa obra chámase: “Rosa, a astronauta máis glamurosa”.Fomos representala aos coles Castelao de Navia e Carrasqueira de Coruxo. Foi na homenaxe ao Ano Internacional de Astronomía.

rosa a astronautamáis glamurosa

Cada día o facemosmellor!!!! Ai!!!Xa estamos soñando con premios, con Hollywood…Gardade esta revistaque logo ímonos cotizar!!

Interteatro

Actrices e actoresMiriam Álvarez Rodas. Astronauta RosaMarcos Bascoy López. MercurioSarah Beck Enriquez. SolClara Carrasco Pérez. EstrelaPaula Castro Pazos. Vía LácteaTomás Collazo Barciela. XúpiterUxía Costas Rodríguez. EstrelaDiego Fortes Mosquera. Marte Amaia Ibarra Forneiro. LúaManuel Justo Puga. Plutón

Iván Matalobos Gonzalo. EstrelaManuel Montero Regades. NeptunoCarla Pérez Pérez. VenusAlán Rey Fernandez. SaturnoGael Rey Fernandez. EstrelaAlicia Rodríguez Taboas. TerraXurxo Sieiro García. UranoJ.Luis Rodríguez. ProductorÁnxeles Rivela. Director

Page 21: Revista COIAS Nº 11

20

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Este ano comezamos este proxecto que lle queremos dar continui-dade nos vindeiros anos en E.Infantil, traendo os maiores dos no-sos nenos e nenas, para que lle conten como era a súa vida cando eran pequenos: como vivían, os seus xogos, as súas músicas, etc.

Foi marabilloso, e ata nos veu unha orquestra de catro avós que nos cantaron nas Letras Galegas: “Os bohemios”. Tiveron un gran éxito. Invitámolos para que o curso que vén veñan moitos e moitas máis!!!!

o tesouro dosavós

Page 22: Revista COIAS Nº 11

21

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Seguimos intercambiando experiencias pedagóxicas coas seis es-colas asociadas: Romanía, España, Suiza, Alemania, Reino Unido e Polonia. Neste segundo ano aplicamos as súas metodoloxías e avaliamos as actividades intercambiadas. As actividades educati-vas planificadas xiraron en torno “o ceo e o mar” (sky/sea).

O alumnado das aulas específicas de Educación Especial construiu murais con diferentes técnicas, traballaron co libro “O principiño” e plasmaron a súa actividade nun xogo inventado, e para de-mostrar os seus dotes artísticos van representar a obra de teatro: “Daniel no país do espello”.

O de 6º curso de E. infantil adicáronse a traballar sobre o espacio e os planetas. Tamén experimentaron coa auga e fixeron nubes e geisers. Comeron meteoritos de chocolate. Escoitaron historias e cancións sobre estrelas. O de 5ºcurso de E. Primaria centráronse no tema do mar e as illas Cíes. Documentáronse, sobre a vida ma-riña. Coa influencia do Colexio alemán, buscaron faros e idearon un xogo coas súas regras. Tamén crearon un animalario inventado con obxectos domésticos chamado: BICCHOSINOS.

Segundo ano do proxecto europeoCOMENIUS

O traballo de estes dous anos de Comeniuspodédelo ver en internet nas direccións:

http://segundob.wikispaces.comhttp://trotamundos.wikispaces.comhttp://seisdonadal.blogspot.com

Este curso visitaron o noso colexio as profesoras de Polonia. En abril un grupo de profesoras do Seis do Nadal foron a Neubrander-burg en Alemaña. E a derradeira reunión Comenius, foi en Polize (Polonia).

aprender contodos os sentidos

Page 23: Revista COIAS Nº 11

22

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

O venres 02-10-2010 comezou a funcionar a radio cunha novidade: rompemos coa tradición da exclusividade de facer os programas só os cursos de 5º e 6º e ao longo destes meses poden participar todos os cursos que queiran!!! Ante esta posibilidade apúntanse: un 1º, un 2º, dous 3º e os tres 4º, que xunto cos de 5º e 6º encargáronse da animación, das noti-cias, das recomendacións, das dedicatorias e dos espazos temáticos dende os micros do cole para todo Coia os venres nos recreos.

Así venres a venres con nervios, e as veces voces temblorosas, fixéronse programas de-dicados a: Poemas de Miguel Hernández, a capa de ozono, o millo, a muller traballado-ra, coplas de entroido, aniversario de Vigo, a vendima, o universo, letras galegas, as gaivotas, illas Cíes, o ceo e a terra, cancións infantís, día do libro, películas de Disney, paso polo cole e despedida dos de 6º.

Sabemos que fóra:nos patios,nos corredores do cole, na rúa...disfrutades dos programas;pero dentro…”DISFRUTAMOS A TOPE”

aprendemos senlibros dentro da escolaradio xornal Seis do Nadal

Page 24: Revista COIAS Nº 11

23

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

As profes do cole cociñan moi ben.

Loli e Bea fixéronnos unha flores espaciais riquísimas. Noraboa ás cociñeiras! Poden repetilo máis amiúdo!!!!!!

Os nenos e nenas de 2º fixeron un postre xenial. Estes son os ingredientes:

½ litro de caldo.½ litro de leite.3 ovos.½ kilo de fariña.Una pizca de sal.Azucre.

Misturamos todos os ingre-dientes, botamos un pouquiño desa mistura nunha tixola (axudounos a profe), poñémola ao lume e cando está algo feita dámoslle a volta. Sacámola para un prato e botámoslle azucre. Deliciosas!

En Educación Infantil fixemos: Biscoito de cabaza e Meteoritos de chocolate.

aprendemos senlibros dentro da escola

obradoiro de cociña

Page 25: Revista COIAS Nº 11

24

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Nunha charla moi interesante titulada Todo é auga. Explicáron-nos o ciclo da auga cunha exposición de maquetas nas que poide-mos visualizar todo o proceso.

Nos obradoiros “camiña con nós pola igualdade”, para promover a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, realizamos coas monitoras diferentes actividades e xogos.

aprendemos senlibros dentro da escola

outras actividades

Page 26: Revista COIAS Nº 11

25

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

O longo do curso conta-mos coa colaboración dos pais en nais, e en tres oca-sións organizaron para nós actividades coas que gozamos e aprendemos moito.

Tamén chegou a maxia... quedamos coa boca aberta!

Mención especial para o “noso” grupo de pandereteiras que nos sorprendeu cunha brillante actuación interpretando unha composición propia.

Juan preparou un preciosos fo-guetes espaciais que lanzamos a voar polo ceo.

María e Alberto contáronnos moitas historias dos costumes e maneiras de vivir na China. Aprendimos moitísimo e rematamos a mañá comendo con palillos ao xeito dos chineses.

Pedro e Jane viñeron facer connosco unha sesión de ioga, e logo de saudar o sol fixemos moitas posturas de ioga que teñen nomes de animais.Rematamos a sesión aprenden-do a dicir unha palabra Na-maste, que quere dicir grazas.

Page 27: Revista COIAS Nº 11

26

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Casi todo o alumna-do do centro visitou a exposición de Maruja Mallo. Resultou moi interesante, as expli-cacións das monitoras axudáronnos a que entenderamos un pouco máis da obra da artista.

aprendemos senlibros fóra da escola

Visitamos os talleres de con-sumo que se fixeron no IFEVI ¡Cantas cousas aprendemos! Dende logo hai que fixarse moi-to cando compramos algo e non só en aforrar senon en facer un consumo responsable.

Os de 5º participaron na preselección para visitar algunha das illas que forman o Parque Natural Marítimo Terrestre das Illas Atlánti-cas de Galicia e resultaron seleccionados. Despois das actividades no centro, visitaron a illa de Ons. Nun día espléndido aprenderon moitas cousas referidas as illas e ao coidado do medioambiente, ademais ¡pasárono xenial!

Page 28: Revista COIAS Nº 11

27

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

¡Que ben o pasamos na nosa primeira viaxe en tren! Caixanova deunos a oportunidade de viaxar a San-tiago e visitar a exposición do Pórtico, a de Seoane e coñecer Área Central.

aprendemos senlibros fóra da escola

“Vigo por dentro” é un programa Educativo Municipal do Concello de Vigo que orga-niza, de forma excelente, visitas formativas a diferentes lugares representativos da cidade. Nós visitamos: o mercado do Calva-rio, o casco histórico da cidade, Parque forestal do Vixiador e as mámoas.

Os de 6º visitaron o Centro de Artesanía Tradicional e as Salinas da época romana. Como non lle chega ter a excursión de varios días pola Ruta da prata e estar facendo actividades en Salamanca tamen forón a Coruña a visitar o acuario, o domus e o planetario…

Dentro das actividades para escolares organizadas porCaixanova o terceiro ciclo asistiu ao espectáculo musical e teatral “Os Instrumentos da Orquestra”.

¡Que xeito tan divertido de aprender¡

Asistimos no Auditorio do Centro Cultural Caixanova as representacións de:

“El Gato Manchado” un gato con moi mala reputación polos seus malos modais.

“El Niño Colchon” que trata dun neno que inicia unha viaxe na que coñece a unha serie de personaxes que lle axudan a asimilar a separación dos seus pais.

“Me duele el caparazón” tratou de demostrarnos que non hai que ter medo a ir ao médico. ¡Teñen moita razón!

Page 29: Revista COIAS Nº 11

28

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Todos, menos os pequenos, visitamos xa o Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova no que exploramos: o universo, o planeta e o home e o seu medio a través de módulos interactivos. ¡Que pasada a viaxe virtual no submarino para coñe-cer o fondo da ría!

aprendemos senlibros fóra da escola

No Verbum asistimos a representación teatral “Os Catro da Xunqueira” sobre o despoboamento rural. Todos tivemos que participar facendo algo. Os pequenos foron ver a represtación de “A Fan-tástica Viaxe de Patri”.

Tamén aprendemos inglés fóra da escola, porque fomos ver varias obras de teatro “Teddy Bear”, “Merlin” e visi-tamos o zoo cunha guía que nos explicou todo en inglés.

Visitamos Museo do mar no que se amosa en pequena escala o transito submarino que vai dende o museo ata as illas Cíes recorrendo tres ecosistemas: costa, ría e illas. O edificio e o xardín son moi bonitos.

O que máis nos gusta son as excursións nas que temos que comer fóra. Os de cuarto estivemos no Grove. Visitamos o acuario e viaxamos nun barco moi especial no que se podían ver os fondos sub-marinos. Comemos na illa da Toxa. Pasámolo moi ben a pesares da chuvia.

Page 30: Revista COIAS Nº 11

29

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

aprendemos senlibros fóra da escolaOs alumn@s de 6º de Infantil estivemos nos xardíns da Fundación Sales. Nun fermoso mini xardín botánico no que poidemos observar moitas e variadas plantas, paseamos pola bambusería, polo mini bosquete, polos estanques, .....

Tamén fomos a Apípolis, foi unha saída longa, pasamos todo o día aprendendo moito das abellas, fixemos bolechas de mel, visitamos o apiario e fabricamos velas.

Page 31: Revista COIAS Nº 11

30

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Traballando por unha formacióne convivencia de calidade

A.N.P.A.Valentín Paz Andrade

Outro curso máis, dende a A.N.P.A deste centro escolar, tentamos desen-volver un papel fundamental cara ó crecemento integral dos nenos e cara á mellora da calidade de vida das fami-lias. Complementamos a aprendizaxe dos nenos do colexio, e de moitas per-soas do barrio, ofrecendo formación artística, deportiva e espazos de ocio e convivencia.

Para os pequenosBaile moderno,Ballet, Inglés,Iniciación ó deporte,Kung-fu,Ludoteca,Manualidades Nenos,Música e Movemento,Música Instrumental,Natación,

Patinaxe,Pintura,Reciclaxe,Teatro,Xadrez,Ximnasia Rítmica,Baloncesto,Balonmán,Hockei,Volei.

E para os maioresManualidades,Encaixe,Bolillos,Baloncesto,Volei,Xim. mantemento.

Outros éxitos e participacións:Este curso outra vez colaboramos co colexio na mellora do patio exterior de infantil, con máis árbores, arranxo do parque, camiños novos, gradas...

Como xa é tradición, organizamos as festas de fin de actividades en Xuño, durante toda unha semana: concurso de pintura, torneos deportivos, exhibicións ximnasia rítmica (tamén participamos no Día da Rítmica no Pavillón dos Deportes) e ximnasia de mantemento; exhibición kung-fu, patinaxe, actua-cións de música, ballet, baile moderno, teatro, exposición ludoteca e manualidades, pintura, bolillos...

Page 32: Revista COIAS Nº 11

31

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

¡Felicidades a todos os participantes que levaron premios, merendase refrescos!

¡Outra vez batemos o noso propiorécord: máis de 150 bailarinas e bailaríns na batuka de fin de curso!

Non queremos deixar de felici-tar ós nosos equipos de balon-mán, que subiron de división e @s xogador@s que foron elexid@s para as seleccións provinciais. Tamén os nosos equipos de kung-fu acadaron éxitos no Campionato Esco-lar Di-Som: categoría laranxa alevíns Campeóns e categoría alevíns verde 3º Clasificados.

¡Felicidades a todos e a seguir entrenando con ganas!

Seguimos coa xestión do novo comedor (con máis de 100 nenas e nenos utilizándoo diariamente). Ademais este curso estreamos o novo servizo de gardería a mediodía, para facilitar ás familias a recollida dos fillos á saída do colexio. Puxemos en marcha un servizo con monitores que coidan aos nenos, que así o solicitan previamente, durante media hora aproximadamente. Así colabo-ramos na conciliación familiar e laboral, un dos nosos principias obxectivos.

¡¡ Como sempre para o curso que ven estamos abertos a to-das aquelas persoas interesadas en botar unha man, con suxes-tións, ideas novas, e por su-posto co tempo dedicado para poñer en funcionamento todas estas actividades e algunhas máis!!

Grazas a tódalas persoas que fixestes posible, co voso tempo e esforzo e coa vosa dedicación desinteresada, que todos estes proxectos saíran adiante. Que por certo, non o fixemos só nós ,senón que contamos coa estreita colaboración da Agrupación Depor-tiva, a Dirección do centro, o equipo docente e o resto de persoas que tra-ballan no “Seis do Nadal”.

Page 33: Revista COIAS Nº 11

32

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

o baloncestoO Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia …… ¡segue crecendo e mellorando!

Corría o mes de setembro de 1982 cando, nun barrio de Coia en pleno crecemento e expansión, entraba en funcionamento un novo centro escolar, o Colexio Público Seis do Nadal, que deu novos bríos á actividade educativa, social e deportiva do seu entorno. O feito de contar cunha comunidade educativa nova e ilusionada co seu posto de traballo, xunto co nacemento dunha Asociación de Pais e Nais de Alumnos loitadora e sacrificada, facilitou que no ámbito cercano deste colexio xurdiran unha chea de iniciativas que contaron con suficiente respaldo para tirar cara adiante. Naquel primeiro ano de vida escolar, o centro acolleu un sinfín de activida-des culturais, recreativas e deportivas, froito das que logo naceron outras asociacións que traballaron a favor do noso barrio, entre elas, a Agrupación Deportiva Seis do Nadal.

Desta forma, tras organizar diversas actividades de promoción de-portiva ó longo do primeiro ano de existencia del CP Seis do Nadal, no mes de Abril de 1983 se creou unha sección deportiva dentro do ANPA, onde tiñan cabida tódalas actividades deportivas organiza-das por esta asociación: era o xerme inicial do noso club, as nosas orixes.

No día de hoxe nesta tempada 2009/2010 e despois de 27 anos de traballo e crecemento, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é o mellor club de Vigo e a súa comarca e un dos clubs coa mellor can-teira de toda Galicia. Os números demostran esta realidade: nesta tempada 2009/2010 a entidade conta con máis de 520 xogadores e xogadoras, e ao redor de 35 adestradores e adestradoras, distri-buídos nun total de 23 equipos federados e 10 escolas deportivas desde categoría prebenxamín ata categoría sénior.

Un ano máis, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia segue demos-trando o seu traballo e crecemento recollendo os froitos dunha filosofía baseada claramente na formación integral de tódolos seus membros, unha formación deportiva e persoal que permite alcanzar éxitos como os desta tempada: os equipos Infantís Au-tonómicos, masculino e feminino, se proclamaron Subcampións Galegos e loitaran por unha praza no Campionato de España na Fase Interautonómica, os equipos Benxamín Masculino “A”, Alevín Masculino “A” e Júnior Masculino “A” foron os equipos Campións das súas respectivas Ligas de Vigo, o equipo Infantil Masculino “C” foi proclamado Subcampión da súa Liga Zonal Viguesa, os equipos

Page 34: Revista COIAS Nº 11

33

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

Os e as balonmanistas do Club de Balonmán Seis do Nadal comple-taron neste curso unha gran campaña. Hai que dicir que este ano houbo moitos nenos e nenas do colexio de categoría prebenxamín e benxamín que se apuntaron a este deporte conseguiron o subcam-pionato provincial benxamín. En total nestes momentos o club conta con dezaoito equipos de categoría masculina e feminina dos que hai catorce federados.

Este ano celebramos especialmente o ascenso dos dous equipos se-niors masculinos a 1ª Nacional e a 1ª Autonómica, un feito que con-verte ao noso Club nun dos máis importantes de Galicia.

Agardamos que os nenos e as nenas do Colexio vos sigades apun-tando ao balonmán porque seredes o futuro do Club. Non esqueza-des que os que xogan agora no primeiro equipo do Seis foron tamén alumnos do Colexio e comezaron de benxamíns.

Agardamos a vosa presencia nas gradas do pavillón de Coia para ani-mar os nosos equipos e, sobre todo, que vos apuntedes a xogar o próximo curso.

o balonmán

Alevín Feminino “A” e Infantil Feminino “B” remataron na terceira posición da súa competición zonal, e os equipos Júnior Masculino “A” e Júnior Feminino participaron na Copa Autonómica FGB desta tempada.

Outro dos aspectos polos que destaca o Club de Baloncesto do noso colexio é pola gran cantidade de actividades e eventos que organiza cada ano. Neste curso escolar non houbo tempo de descanso entre tódolos eventos: o 10º Torneo Internacional de Minibásquet, o 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín, o 3º Torneo Internacional Cadete, o 2º Torneo Internacional Infantil, a 8º Liga Interna de Colexios - Liga LINCO 2010, a 1ª Liga Interna de Colexios XL - Liga LINCO XL 2010, a Xornada de “Básquet na Rúa” en Navia, e as Xornadas de Formación para adestradores e adestradoras.Hai que destacar que o noso Club de Baloncesto recibiu dous galardóns especias que avalan o gran traballo e estrutura organizativa. O Premio ao Mellor Club Siareiro Base da tempa-da 2008/2009 foi concedido pola Fundación Vigo en Deporte, e o Premio Galicia de Xornalismo De-portivo 2009 na modalidade de “Internet” foi entregado pola Federación Galega de Prensa Deportiva grazas á nosa páxina web (www.seisdonadalcoia.com) polo fomento das novas tecnoloxías no ámbito deportivo.

E así remata un novo curso escolar no CEIP Seis do Nadal, e unha tempada deportiva no Club Balon-cesto Seis do Nadal - Coia. Agardamos que o mellor deste ano sexa o peor do próximo curso, e que poidamos seguir medrando e crecendo a prol da formación.

Por Sergio González

Page 35: Revista COIAS Nº 11

34

revista anual do CEIP “Seis do Nadal” xuño 2010 nº 11

E para seguir na nosa línea cada ano intentamos mellorar as infra-estructuras, seguir arranxando teitos, poñendo canóns-proxectores e pantallas nas aulas, vestindo o escenario, plantando árbores, facendo algún xardín e compoñendo o noso laboratorio matemáti-co que queremos que siga medrando.

obras no cole

Finalizamos a revista igual que a comezamos agradecendo a ANPA a súa colaboración para así seguir medrandoe poder dicir todos o“O Seis ….máis que unha escola”.

Page 36: Revista COIAS Nº 11

premios acadados

... fixemos a portada da revista

Felicidades polo Primeiro Premio de Galiza doRebumbio Matemáticoaos nosos representantes.

Irene González ibáñez, Lucas Vigara Sieiro e Nuria Fidalgo Conde.

Os alumn@s 5º de Primaria obtiveron o Primeiro Premio doconcurso “Mergullándonos nas Illas Atlántidas” coa fotogra-fia vivinte que leva por título “A ILLA DO SEIS”

Page 37: Revista COIAS Nº 11

des

eño:

reb

eca

ces.

com

dep

ósit

o le

ga

l: C

19

43-2

010

Subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

C.E.I.P Seis do Nadal http://centros.edu.xunta.es/seisdonadal R/ Mondariz nº 2 email: [email protected] - Vigo teléfono/fax: 986.290081

Orgullosos do noso,orgullosos do galego.

Page 38: Revista COIAS Nº 11

des

eño:

reb

eca

ces.

com

dep

ósit

o le

ga

l: C

19

43-2

010

Subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

C.E.I.P Seis do Nadal http://centros.edu.xunta.es/seisdonadal R/ Mondariz nº 2 email: [email protected] - Vigo teléfono/fax: 986.290081

Orgullosos do noso,orgullosos do galego.