reuniÓn da comisiÓn 2.ª, ordenaciÓn territorial, obras ... · a comisión 2.ª, ordenación...

30
REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Upload: others

Post on 05-Jun-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª,

ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS

PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E

SERVIZOS

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 20 de febreiro de 2014, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Preguntas orais en Comisión

1.1 14775 (09/POC-002771)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSoneira Tajes, María Soledad e 4 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da priorización do tramo Carballo-Baio na construción da autovía da Costa da Morte e a súa incidencia nas condicións da adxudicación, así como a execución e as características técnicas do resto do trazado Baio-Berdoias, a existencia dalgún proxecto para a construción dunha variante de Baio e o prazo previsto para a entrada en funcionamento da totalidade da autovía

1.2 16743 (09/POC-002315)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación co proxecto da variante de PortosínPublicación da iniciativa, BOPG n.º 226, do 21.01.2014

1.3 17270 (09/POC-002447)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a valoración do Goberno galego do impacto en Galicia da suba das peaxes das autoestradas e as actuacións previstas para a súa rebaixa, así como sobre o rescate da titularidade pública da AP-9Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014

1.4 17956 (09/POC-002609)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María Concepción e 4 máisSobre o estado de execución das obras da ponte de Paradai, da cidade de LugoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014

1.5 18013 (09/POC-002622)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, Yolanda

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Sobre a adxudicación da obra da variante da estrada AC-550 no núcleo de PortosínPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014

1.6 18058 (09/POC-002633)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre as actuacións do Ministerio de Fomento destinadas á mellora da seguridade das infraestruturas ferroviariasPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014

1.7 18168 (09/POC-002655)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María Concepción e 3 máisSobre o proxecto de reforma da estrada LU-641 entre A Cruz do Incio e Castroncán, en SamosPublicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 06.02.2014

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

Daniel Luís Varela Suanzes-CarpegnaPresidente da Comisión

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL,

OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE ESERVIZOS

POR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna P

VicepresidenteEnrique Nóvoa López P

SecretarioAntón Sánchez García AGE

Jaime Castiñeira Broz PRaúl Fernández Fernández SJosé Santiago Freire Abeijón PAlejandro Gómez Alonso PAntonio Mouriño Villar PAna Belén Pontón Mondelo BNGRomán Rodríguez González PJosé Antonio Sánchez Bugallo SJosé Francisco Santos Regueiro PPatricia Vilán Lorenzo S

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1. Preguntas orais en Comisión

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 14775(09/POC-002771)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Soneira Tajes, María Soledad e 4 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da

priorización do tramo Carballo-Baio na construción da autovía

da Costa da Morte e a súa incidencia nas condicións da

adxudicación, así como a execución e as características

técnicas do resto do trazado Baio-Berdoias, a existencia

dalgún proxecto para a construción dunha variante de Baio e o

prazo previsto para a entrada en funcionamento da totalidade

da autovía

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Marisol Soneira Tajes, Francisco Caamaño Domínguez, Raúl

Fernández Fernández, José Antonio Sánchez Bugallo e Patricia Vilán

Lorenzo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta

oral en Comisión.

No pasado Pleno celebrado os días 29 e 30 de outubro, o Sr. conselleiro de

Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, manifestou que a Xunta de

Galicia está a priorizar o tramo Carballo-Baio da paralizada autovía da

Costa da Morte e introduciu unha nova infraestrutura que non estaba

prevista anteriormente: a variante de Baio.

A autovía da Costa da Morte é unha infraestrutura que conforma un único

proxecto e que como tal foi licitada e adxudicada, de tal xeito que calquera

modificación ao respecto modifica, tamén, as condicións da licitación e da

adxudicación co que iso pode significar en canto a posibles reclamacións e

recursos por parte das empresas que concorreron o concurso e non gañaron

o mesmo.

Tampouco coñecemos cal é o procedemento para a executar a denominada

variante de Baio, anunciada polo Sr. Conselleiro, nin cal vai a ser o

procedemento para a súa licitación, adxudicación e execución xa que non

figura cantidade algunha nos orzamentos para 2014, nin nos consta que esta

posibilidade figurase na oferta feita pola empresa concesionaria da autovía

como unha posibilidade a maiores.

Todas estas incertezas engádense a un atraso considerable das obras por

decisións políticas da Xunta de Galicia, a carencia de capacidade financeira

da empresa readxudicataria das mesmas, e a sensación dos habitantes da

Costa da Morte de que existe unha falta total de interese por parte do

Goberno Galego para dotar a este territorio dunha infraestrutura

fundamental para o seu desenvolvemento económico.

Por iso, as deputadas e os deputados asinantes preguntan a Xunta de

Galicia nos seguintes termos:

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

1.ª) Que significa exactamente “priorizar o tramo Carballo-Baio” no

trazado da autovía da Costa da Morte?

2.ª) Que pretende facer a Xunta de Galicia co resto do trazado Baio-

Berdoias, e cales serían as características técnicas do mesmo?

3.ª) Existe un proxecto para a construción dunha variante de Baio? Se é así,

canto custa, en que fase de tramitación se atopa e cal vai a ser o proceso e o

prazo para a súa execución?

4.ª) Existe algún proxecto de someter a peaxe o tramo anunciado como

prioritario?

5.ª) Esta priorización non implica a modificación das condicións de

adxudicación da autovía da Costa da Morte?

6.ª) Cando prevé a Xunta de Galicia que circulen vehículos pola totalidade

da autovía da Costa da Morte?

Pazo do Parlamento, 4 de novembro de 2013

Asinado dixitalmente por: María Soledad Soneira Tajes na data 06/11/2013 11:20:21

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 06/11/2013 11:20:38 Raúl Fernández Fernández na data 06/11/2013 11:20:46 José Antonio Sánchez Bugallo na data 06/11/2013 11:20:54

Patricia Vilán Lorenzo na data 06/11/2013 11:21:03

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 16743(09/POC-002315)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en

relación co proxecto da variante de Portosín

Publicación da iniciativa, 226, 21.01.2014

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do

Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión,

relativa á variante de Portosín.

O Diario Oficial de Galiza do pasado 22 de outubro de 2013 publicaba a

resolución pola que se sometía a información pública o estudo informativo e o

estudo de impacto ambiental da obra de variante da estrada AC-550 no núcleo de

Portosín. Trátase dunha actuación de pouco máis de sete quilómetros, no que a

Xunta de Galiza ten previsto investir en torno aos 37 millóns de euros. Unha

actuación que neste momento non ten sentido levar adiante e que tería un forte

impacto ambiental e social. A mellora das comunicacións nesta zona podería

resolverse mellorando a AC-550 e destinarse o resto do recursos á incrementar e

reforzar os servizos públicos, ou impulsar a creación de emprego.

Desde o BNG consideramos que nun momento de crise económica, con grandes

recortes en servizos públicos tan relevantes, a atención a sanidade, educación e

servizos sociais deberan ser as prioridades da Xunta de Galiza. Nun contexto

como o actual, as obras en materia viaria deberan centrarse en actuacións que

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

eliminen puntos negros nas estradas galegas, melloras estruturais de estradas que

rexistren unha elevada sinistralidade e o mantemento da rede actual. Do noso

punto de vista, estas non son as circunstancias que concorren no caso da variante

de Portosín, razóns polas que defendemos as seguinte Pregunta para a súa

resposta oral en Comisión:

Considera a Xunta de Galiza que neste contexto de crise económica é lóxico

priorizar actuacións como a variante de Portosín?

Ten previsto a Xunta de Galiza reconsiderar esta actuación e destinar estes

recursos a mellorar a AC-550 e garantir os servizos públicos ou crear emprego

nesta comarca?

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2013

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Ana Belén Pontón Mondelo na data 26/12/2013 11:04:41

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 17270(09/POC-002447)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a valoración do Goberno galego do impacto en Galicia da

suba das peaxes das autoestradas e as actuacións previstas

para a súa rebaixa, así como sobre o rescate da titularidade

pública da AP-9

Publicación da iniciativa, 230, 04.02.2014

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en comisión, relativa ás

actuacións que ten previsto levar adiante o Goberno galego, en relación coas peaxes das

autoestradas, singularmente coa AP-9.

O pasado 1 de xaneiro os galegos e galegas vían de novo como as peaxes das

autoestradas galegas incrementaban os seus prezos. Estamos ante un novo abuso que

converte o acceso ás autoestradas nun artigo de luxo e que agrava a crise que o sector do

transporte atravesa no noso país.

De feito, as autoestradas galegas son das máis caras de todo o Estado e as que

menos bonificacións presentan. Unha discriminación clara, que se agrava no caso da

AP-9 cuxo percorrido íntegro xa supera os 20 euros. Co agravante de ser unha vía de

peaxe na que non hai alternativa real, sendo moitas e moitos os condutores cautivos da

mesma. Mais a AP-9 é tamén a mostra clara e evidente da grande estafa que supuxo a

súa privatización: un grande negocio para Audasa, unha ruína para a cidadanía. Os

galegos e galegas non obtivemos ningún beneficio real da súa privatización, só

incrementos abusivos das peaxes todos os anos.

Desde o Bloque Nacionalista Galego consideramos que esta situación é gravosa

para o conxunto de Galiza e debe ser revisada con urxencia. Non é normal que viais

estruturantes dunha parte relevante do territorio se convertan nun freo ao noso

desenvolvemento é a mobilidade das e dos cidadáns galegos.

Estamos ademais nun momento de crise económica, cuns niveis de paro

escandalosos e cunha forte baixada dos salarios na Galiza, con incremento dos prezos

dos combustíbeis e dos impostos asociados aos mesmos. Xustamente neste contexto a

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

suba das peaxes é un freo ao desenvolvemento económico da Galiza e unha nova

penalización ao conxunto de galegos e galegas que usan esta vía.

Por estas razóns formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta oral en

comisión:

-Como valora a Xunta de Galiza o impacto que ten a suba das peaxes na Galiza?

-Que actuacións ten previsto levar adiante o Goberno galego para que se

rebaixen as peaxes das autoestradas galegas de titularidade estatal e galega?

-Que opinión lle merece á Xunta de Galiza a posibilidade de recuperar a

titularidade pública da AP-9?

-Ten previsto levar adiante algunha actuación que vaia na dirección de avanzar

no rescate da titularidade pública da AP-9?

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 15/01/2014 09:53:32

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.4 17956(09/POC-002609)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Burgo López, María Concepción e 4 máis

Sobre o estado de execución das obras da ponte de Paradai, da

cidade de Lugo

Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Concepción Burgo López, Juan Carlos González Santín, José Antonio

Sánchez Bugallo, Patricia Vilán Lorenzo e Raúl Fernández Fernández,

deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas

de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e

Servizos.

A execución do chamado “Plan Paradai”, está a ser un exemplo paradigmático

da ineficacia, falta de credibilidade, e incumprimentos da Xunta de Galicia en

Lugo.

O Plan Paradai foi iniciado en 1999 a través dun convenio firmado pola

Consellería de Política Territorial, o IGVS, a Deputación de Lugo e o

Concello de Lugo e tiña tres fases das que queda pendente a terceira que tería

que terminarse en 2010-2011, pero lonxe diso, a Consellería de Medio

Ambiente, Territorio e Infraestruturas foi demorando estas obras dende 2009.

En 2011 foi necesario firmar unha addenda o convenio para alongar o prazo

de realización das obras por parte da Xunta de Galicia e ampliar o prazo de

remate das obras dous anos, ata 2014, ano no que a Xunta de Galicia se

comprometeu a ter finalizadas as obras, insistimos xa incumprindo as súas

promesas iniciais.

Pero en 2012, e antes de licitar nin unha soa obra, o conselleiro de Medio

Ambiente, Territorio e Infraestruturas, incumpriu de novo o seu compromiso o

dicir que só realizará a ponte e o enlace ata Serra de Meira, cun presuposto

de 3,5 millóns, e deixando sine die a realización da estrada das Gándaras, o

acceso da nova ponte ata Conde Fontao e o tramo entre Serra de Meira e a

estrada de Vegadeo. Para afianzar este incumprimento total, no mesmo ano a

Xunta de Galicia desestima de forma unilateral o convenio firmado en 1999.

A única obra do Plan Paradai que foi licitada, a ponte e a conexión ca estrada

das Gándaras, foi parada durante máis de un ano e reiniciada en outubro de

2013 pero de novo volveu a ser interrompida en xaneiro de este ano.

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas afirmou que

había problemas técnicos para continuar a obra da ponte, pero sen especificar

cales eran estes inconvenientes.

Non parece admisible que de novo a Xunta de Galicia alongue no tempo a

realización destas infraestruturas que son esenciais para a zona norte da cidade

nin que sega a intentar culpar ao Concello de Lugo, nunha estratexia medida

de ataque político con cal intenta tapar a súa propia incapacidade e nula

vontade de rematar estas infraestruturas.

Polo exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Por que despois de tantas demoras na realización do Plan Paradai, a

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas suspendeu

as obras en xaneiro de 2014?

2. Cales son os problemas técnicos aos que aludiu o conselleiro para

xustificar a suspensión?

3. Cando van a reanudar as obras de Paradai?

4. Cando ten previsto a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas rematar a obra da ponte de Paradai e a conexión coa

estrada das Gándaras?

5. Ten intención o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas de retomar o convenio do Plan Paradai desestimado no

ano 2012 de forma unilateral?

6. Ten intención o conselleiro de Medio Ambientes, Territorio e

Infraestruturas de facer as obras da terceira fase do dito Plan que faltan?

7. Cando ten previsto facelo?

Pazo do Parlamento, 24 de xaneiro de 2014

Asdo.: Concepción Burgo López

Juan Carlos González Santín

José Antonio Sánchez Bugallo

Patricia Vilán Lorenzo

Raúl Fernández Fernández

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: María Concepción Burgo López na data 24/01/2014 13:14:29 Juán Carlos González Santín na data 24/01/2014 13:14:35

José Antonio Sánchez Bugallo na data 24/01/2014 13:14:41 Patricia Vilán Lorenzo na data 24/01/2014 13:14:47

Raúl Fernández Fernández na data 24/01/2014 13:14:53

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.5 18013(09/POC-002622)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre a adxudicación da obra da variante da estrada AC-550 no

núcleo de Portosín

Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Yolanda Díaz Pérez, membro do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega da

Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da

Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión, relativa

á resolución que somete a información pública o estudo informativo e de impacto

ambiental da variante da estrada AC-550 no núcleo de Portosín.

Ao rematar maio, presentou Alternativa Galega da Esquerda dúas iniciativas

advertindo dos prexuízos que se derivarían da pretensión da consellaría de desbaldir

millóns de euros nunha infraestrutura superflua que afectaría a diversos espazos

naturais protexidos e a diversos elementos do patrimonio cultural. Agora publícase no

DOG de 20 de novembro, o trámite de información pública do estudo informativo e de

impacto ambiental da obra da variante da estrada AC-550 no núcleo de Portosín.

No resumo do estudo de impacto ambiental acredítase a existencia do LIC Esteiro do

Tambre como parte da ría de Noia, abranguindo unha superficie de 1.581 ha., o cal

propicia o desenvolvemento dunha ampla gama de comunidades vexetais que alentan

un determinado número de especies acuáticas invernantes e algunhas nidificantes.

No ámbito do hábitat as obras de actuación da obra afectan a unha parte do polígono

con diferentes elementos dentro do ámbito e nos arraedores.

Nas inmediacións da área de estudo atópanse dous humidais, un, o de Trasdunas das

Gaivotas, dentro do ámbito doe studo, e outro, o das Marismas de Anguieira a poucos

metros do mesmo.

O estudo recolle o inventario dos elementos patrimoniais susceptibles de vérense

afectados pola obra: as mámoas da Agra da Cova, o castro de Valcunqueiro, os muíños

das Raposeiras, as cruces de Mantoño, as Pedregueiras e o camiño de Mantoño.

A xeración de riscos ecolóxicos de grao medio, de carácter irreversible, na rede de

drenaxe superficial apenas se poderá no mellor dos casos mitigarse; na hidroloxía

subterránea a afección é alta tanto na perda de calidade das augas como nas

interferencias no réxime hidráulico; haberá destrución directa de solo extensa,

permanente e irreversible; recoñécese o irreversible efecto barreira na fauna; a

recoñecida no estudo afectación media, permanente e irreversible no patrimonio

cultural; a lesión alta, extensa, permanente e apenas mitigable no que atinxe á paisaxe;

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

e unha afección irreversible, aínda que o estudo di que de grao baixo nos tecores de

caza e pesca: en resumo, atopámonos con impactos que o propio estudo de impacto

ambiental cualifica como moderados na emisión de partículas e gases de combustión e

nas vibracións, na rede de drenaxe e nas augas fluviais, nas interferencias no réxime

hidráulico, na eliminación da cuberta vexetal e nas formacións vexetais de interese, así

como na perda de bens e na permeabilidade territorial; e o impacto é severo na

xeración de riscos xeolóxicos, na destrución directa de solo e na creación do efecto

barreira.

Todo elo para satisfacer un volume de tráfico que se mantivo constante nos últimos 10

anos (non superou o incremento do 1% no decenio), e incluso cun lixeiro descenso nos

últimos anos no que se refire a vehículos pesados. E os atascos puntuais se superarán

coa posta en funcionamento da variante noiesa. Cales son polo tanto os estudos de

tráfico da zona? De que planeta saen os centros de camións e os milleiros de vehículos

reflectido na memoria? Incluso o pretendido aforro do tempo dista de ser o sinalado.O

proxecto fala de mellorar a seguridade nun traxecto que xa o é.

A consellaría deixa de lado a previsible afectación negativa no pequeno negocio da vila,

ao alonxar o tráfico destes establecementos. Incluso os danos nos montes adxacentes

restaría un valor natural por suposto, pero tamén económico ao restar ao turismo

verde na zona.

Por último que non menor, queremos chamar a atención sobre un proxecto inviable

nos termos económicos porque supón enterrar, nas verbas do conselleiro, 37 millóns

de euros, os cales teñen hoxe outras ocupacións urxentes e necesarias, que non son as

desta variante.

En suma,o conxunto dos prexuízos nunha infraestrutura tan innecesaria como onerosa

leva a este Grupo Parlamentar a reclamar a súa non realización.

Xa que logo, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda formula a

seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral na comisión:

- En atención aos prexuízos avaliados no informe de impacto ambiental non vai

proceder o goberno galego a suspender a súa adxudicación?

- Non considera o goberno galego un gasto superfluo e oneroso un investimento

nunha infraestrutura que non é precisa á teor dos datos de tráfico da memoria

do estudo informativo?

Compostela, 28 de xaneiro do 2014.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 28/01/2014 10:14:32

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.6 18058(09/POC-002633)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre as actuacións do Ministerio de Fomento destinadas á

mellora da seguridade das infraestruturas ferroviarias

Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Á MESA DO PARLAMENTO

Antón Sánchez García, deputado pertencente ao Grupo Parlamentario da

Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do

Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta, para a súa resposta

oral en Comisión, en relación coas medidas de seguridade a adoptar despois

do accidente de Angrois.

O accidente na curva da Grandeira, unha traxedia na que faleceron 79 persoas,

mostrou carencias nos sistemas de seguridade das liñas chamadas de alta

velocidade.

Ademáis do esclarecemento das responsabilidades do accidente, é

fundamental correxir aqueles aspectos necesarios para que non se volte a

producir un accidente destas características.

A ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou unha batería de 20 medidas

correctivas.

Non se puxo un prazo para executar estas melloras, que supoñen revisar toda

a rede ferroviaria e os sistemas de seguridade. A aquel grupo inicial de

reformas sumáronse outras achegadas polas vítimas, como a suxeición dos

asentos ao arco estrutural do tren ou estudar o uso do cinto de seguridade,

medidas que a ministra formulou no último Consello de Ministros de Transporte

da UE.

Polo declarado pola ministra todo está en revisión medio ano despois.

Descoñecemos si o goberno galego dispón de información por parte do

Ministerio de Fomento sobre as a súas actuacións no sistema ferroviario

galego.

Por todo o exposto, o deputado que subscrebe, do Grupo Parlamentar da

Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte Pregunta para a súa

resposta oral en Comisión:

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

1.- É coñecedor o goberno da Xunta de Galicia do grado de execución e

implementación das 20 medidas propostas polo Ministerio de Fomento en

relación coa mellora da seguridade das infraestruturas ferroviarias?

2.- Cáles son as medidas executadas ate o de agora?

3.- Dentro das 20 medidas non se explicitou rematar de implementar o tramo

Ourense A Coruña con todas as características do proxecto orixinal como

cambio do ancho de vía e a implantación das medidas de seguridade previstas

no proxecto inicial .Cál é a posición defendida pola Xunta de Galicia diante do

Ministerio de Fomento a propósito do remate da liña en 2018?

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014.

Asdo. Antón Sánchez García

Deputado do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Antón Sánchez García na data 28/01/2014 12:23:11

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 20.02.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.7 18168(09/POC-002655)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Burgo López, María Concepción e 3 máis

Sobre o proxecto de reforma da estrada LU-641 entre A Cruz do

Incio e Castroncán, en Samos

Publicación da iniciativa, 232, 06.02.2014

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Concepción Burgo López, Raúl Fernández Fernández, José Antonio

Sánchez Bugallo e Patricia Vilán Lorenzo, deputadas e deputados

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan

ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión

2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e

Servizos.

En novembro de 2009, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas anunciou o inicio dun estudio para elaborar un proxecto de

reforma da estrada LU-641 entre A Cruz do Incio e Castrocán en Samos

para incrementar as súas condicións de seguridade eliminando ou

reducindo curvas, ampliando tramos e acondicionado os entronques con

outras estradas, tal como afirmou a delegada da Xunta de Galicia en Lugo.

Para elo, o Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010

aprobou un decreto para proceder a expropiación urxente dos bens e

dereitos afectados polo proxecto de mellora desta estrada, ao tempo coas

obras, dun total de 14,4 quilómetros e con 7.404.428,07 € de orzamento,

dividíanse en tres tramos:

Castrocán-Santa María do Mao cun orzamento de 2.184.147,29 €

Travesía do Mao cun orzamento de 509.203,96 €

Santa María do Mao - O Incio cun orzamento de 4.711.076,82 €

As obras tiñan unha duración prevista de 12 meses, e a travesía e o tramo

entre Santa María do Mao e O Incio están rematados; pero non así a parte

que une Castrocán e Mao onde nada se fixo e está nunhas condicións

lamentables.

Non parece lóxica esta situación cando a Xunta de Galicia afirmaba que a

adaptación da estrada LU-641 ao Plan de baixa intensidade media diaria era

absolutamente necesaria porque era a principal vía de comunicación entre

os concellos de Samos e O Incio. Así, afirmaba en 2010, que había que

aumentar a estrada con dous carrís de 3 metros para desconxestionar o

tráfico, reducir os tempos de percorrido, mellorar a seguridade de vehículos

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

e peóns e a accesibilidade a empresase vivendas. Tan importante era que as

expropiacións se fixeron polo procedemento de urxencia.

Non se pode entender, por tanto, como no se rematou a obra e permítese

que parte desta estrada, o tramo que une Santa María de Mao e Castrocán,

estea nunhas lamentables condicións que fan perigosa a circulación, sobre

todo en inverno, e reduce as posibilidades de competitividade das empresas

situadas na zona.

As necesidades que deron lugar ao arranxo da estrada LU-641 seguen

presentes, e mais son aínda maiores polo deterioro que o tempo fixo no

tramo non iniciado. As expropiacións están feitas e polo tanto, so se

necesita a vontade política de cumprir cas promesas realizadas pola Xunta

de Galicia para arranxar o tramo que resta.

Polo exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan as

seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Por que non se fixo a obra de arranxo do tramo Santa María de Mao-

Castrocán (Samos) da estrada LU-641?

2. Foron adxudicadas as obras no tramo santa María do Mao-

Castrocán? Cando?

3. Pensa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

terminar esta obra xa presupostada e anunciada dende 2010?

4. Considera a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas que é necesaria facer o tramo restante da LU-641?

Pazo do Parlamento, 28 de xaneiro de 2014

Asdo.: Concepción Burgo López

Raúl Fernández Fernández

José Antonio Sánchez Bugallo

Patricia Vilán Lorenzo

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ... · A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte,

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: María Concepción Burgo López na data 29/01/2014 11:05:31

Raúl Fernández Fernández na data 29/01/2014 11:05:39 José Antonio Sánchez Bugallo na data 29/01/2014 11:05:45

Patricia Vilán Lorenzo na data 29/01/2014 11:05:51