reuniÓn da comisiÓn 2.ª, ordenaciÓn territorial, obras ...€¦ · reuniÓn da comisiÓn 2.ª,...

68
REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Upload: others

Post on 31-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª,

ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS

PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E

SERVIZOS

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 4 de xullo de 2016, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.

A orde do día é a seguinte :

Punto 1. Preguntas orais en comisión

1.1 48042 (09/POC-007179)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaFernández Fernández, Raúl e 5 máisSobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica deterioradas a consecuencia das obras de construción da liña de alta velocidade Lubián-Ourense, o protocolo de actuación para a súa reparación, así como a Administración que está a asumir as obras e os custos do seu arranxo, compromisos asinados para a súa reversión á situación orixinal ao remate das obras do AVEPublicación da iniciativa, BOPG n.º 614, do 10.03.2016

1.2 49388 (09/POC-007377)Grupo Parlamentario MixtoFernández Rodríguez, Mónica e Martínez García, María ConsueloSobre a información e as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia en relación coas verteduras, rozas e amoreamento de material asfáltico tóxico no río Baa, ao seu paso polos concellos de Cabanas e Fene, o seu impacto na calidade das augas da traída auxiliar municipal de Mugardos, así as previsións da restauración do hábitat dese río a cargo dos responsables desas actuaciónsPublicación da iniciativa, BOPG n.º 635, do 20.04.2016

1.3 50979 (09/POC-007616)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da colaboración económica co Concello de Ponteceso para reparar os problemas estruturais da ponte da Garga e proceder á súa rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas para paliar os danos causados polos asolagamentos

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 656, do 08.06.2016

1.4 51003 (09/POC-007619)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan Manuel e 5 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da colaboración co Concello de Ponteceso para o arranxo da ponte da Garga de xeito definitivo e as razóns existentes para non atender as demandas realizadas polo Concello ao respectoPublicación da iniciativa, BOPG n.º 656, do 08.06.2016

Punto 2. Elaboración do ditame, á vista do Informe da Ponencia, sobre a Proposición de Lei de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia

2.1 50759 (09/PPL-000044)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaProposición de lei de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 648, do 24.05.2016Publicación da asignación a Comisión e apertura de emendas, BOPG n.º 655, do 07.06.2016Publicación da toma en consideración, BOPG n.º 655, do 07.06.2016Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 658, do 14.06.2016Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 663, do 22.06.2016Publicación da designación da Ponencia, BOPG n.º 665, do 27.06.2016

O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2016 Enrique N·voa L·pez Presidente da Comisi·n

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL,

OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE ESERVIZOS

POR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteEnrique Nóvoa López P

VicepresidenteJesús Antonio Goldar Güimil P

SecretarioJuan Manuel Fajardo Recouso AGE

Jaime Castiñeira Broz PRaúl Fernández Fernández SMónica Fernández Rodríguez MAlejandro Gómez Alonso PFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGAntonio Mouriño Villar PJosé Antonio Sánchez Bugallo SJosé Francisco Santos Regueiro PGonzalo Trenor López PDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna PPatricia Vilán Lorenzo S

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1. Preguntas orais en comisión

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 48042(09/POC-007179)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Fernández Fernández, Raúl e 5 máis

Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir

a seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica

deterioradas a consecuencia das obras de construción da liña

de alta velocidade Lubián-Ourense, o protocolo de actuación

para a súa reparación, así como a Administración que está a

asumir as obras e os custos do seu arranxo, compromisos

asinados para a súa reversión á situación orixinal ao remate

das obras do AVE

Publicación da iniciativa, 614, 10.03.2016

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Raúl Fernández Fernández, María Quintas Alvarez, Carmen Acuña

do Campo, Noela Blanco Rodríguez, Patricia Vilán Lorenzo e José

Antonio Sánchez Bugallo, deputados e deputadas pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa reposta oral en Comisión 2.ª, Ordenación

Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

A construción da liña de alta velocidade Lubián – Ourense esixe un

considerable movemento de maquinaria e vehículos de gran tonelaxe.

A súa orixe e destino son as obras que se están a facer para dar soporte á

chegada da alta velocidade a Galicia no referido tramo.

Dende o comezo das obras, fai xa varios anos, o continuo e permanente

tráfico deste tipo de vehículos é visible.

É visible no circular dos vehículos, mais tamén nas pegadas que deixa na

rede viaria.

Estradas locais, provinciais, autonómicas e nacionais, que dan soporte a

este tráfico, amosan un evidente deterioro facilmente recoñecible.

De feito, as estradas autonómicas situadas neste ámbito de actuación,

aparecen parcheadas, nunha precaria labor de mantemento, para tapar

fochas e deterioracións do firme.

Esta deterioración diaria da rede viaria autonómica está a producir unha

merma da seguridade viaria co conseguinte malestar das persoas usuarias.

Mais tamén, a incógnita de como quedarán estes viais ao rematar as obras

do AVE.

Por ilo, os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Que medidas adoptou e está a adoptar o Goberno galego para

garantir a seguridade viaria nas estradas da súa titularidade

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

deterioradas como consecuencia das obras da liña de alta velocidade

Lubián – Ourense?

2. Cal é o protocolo de actuación polo que se rexe o Goberno galego

para subsanar o deterioro destas estradas?

3. Que administración está a asumir as actuacións e custos das

reparacións destas estradas ocasionadas polas obras do AVE?

4. Que compromisos ten asinados o Goberno galego para que o

patrimonio viario da Xunta de Galicia, deteriorado polas obras do

AVE, reverta a súa situación orixinal unha vez rematadas as obras do

AVE?

5. Que administración, unha vez rematadas as obras do AVE, asumirá

as actuacións e custos necesarios para retrotraer a situación das

estradas autonómicas ao seu estado orixinal?

6. Cales son as estradas autonómicas afectadas por esta situación?

Pazo do Parlamento, 3 de marzo de 2016

Asdo.: Raúl Fernández Fernández

María Quintas Alvarez

Carmen Acuña do Campo

Noela Blanco Rodríguez

Patricia Vilán Lorenzo

José Antonio Sánchez Bugallo

Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Raúl Fernández Fernández na data 03/03/2016 16:21:44

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 03/03/2016 16:21:52

María del Carmen Acuña do Campo na data 03/03/2016 16:21:57

Noela Blanco Rodriguez na data 03/03/2016 16:22:01

Patricia Vilán Lorenzo na data 03/03/2016 16:22:07

José Antonio Sánchez Bugallo na data 03/03/2016 16:22:13

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 49388(09/POC-007377)

Grupo Parlamentario Mixto

Fernández Rodríguez, Mónica e Martínez García, María Consuelo

Sobre a información e as actuacións levadas a cabo pola Xunta

de Galicia en relación coas verteduras, rozas e amoreamento

de material asfáltico tóxico no río Baa, ao seu paso polos

concellos de Cabanas e Fene, o seu impacto na calidade das

augas da traída auxiliar municipal de Mugardos, así as

previsións da restauración do hábitat dese río a cargo dos

responsables desas actuacións

Publicación da iniciativa, 635, 20.04.2016

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

Mónica Fernández Rodríguez e Consuelo Martínez García, deputadas do

Grupo Parlamentar Mixto, ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión

2ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

Tivemos coñecemento a través da cidadanía e os medios de comunicación de

sucesivas agresións ao río Baa ao seu paso polos concellos de Cabanas e

Fene.

Así, o pasado 5 de abril un tractor rozou completamente a zona de policía e a

canle do río Baa na parte leste do polígono industrial de Vilar do Colo. Ao

parecer non é a primeira vez que se realiza unha roza tan agresiva sen que

leve aparellada unha recuperación ou actuación na zona que amorteza os

danos ao ambiente e á canle.

Sobre o 10 de marzo, produciuse unha vertedura que Augas de Galicia e

Seprona investigaron tras a aparición dunha sustancia con aspecto espumoso

e de cor branca no río Baa de orixe descoñecida, no tramo entre Fene e

Mugardos. Con toda seguridade proveniente dalgunha empresa, ao ser

localizada tamén na zona do polígono Vilar do Colo.

No pasado ano, o Concello de Cabanas, nunha parcela da súa propiedade no

devandito polígono industrial, realizou unha vertedura de materiais sobre o leito

do río Baa que mereceu un expediente sancionador. Tamén a asociación de

amigos do río Baa denunciou en abril de 2015 o incremento da contaminación

sobre as augas que sofre nos últimos anos e a súa degradación.

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

2

Hai seis anos, unha empresa amoreou 135.000 Tn de asfalto tóxico (non

reciclado e declarado perigoso e non válido para a construción por conter

alcatrán de ulla, substancia prohibida polas directivas europeas) enriba mesmo

do río Baa. Actualmente o concello de Cabanas tramita a súa recualificación no

seu Plan Xeral de Ordenación Municipal e na devandita parcela non marcou as

preceptivas proteccións de Augas, nin Augas de Galicia lle exixiu tal protección.

A Xunta de Galicia, como autoridade competente, é tamén directamente

responsable destes feitos e ten a potestade administrativa de reposición dos

danos tal e como se establece na Lei 26/2007, de 23 de outubro, de

Responsabilidade Medioambiental. A Lei de Augas refundida polo Real Decreto

Lexislativo 1/2001 prohibe as verteduras e os movementos de terras que

afecten as canles dos ríos e Augas de Galicia é competente para a autorización

e control das verteduras e actuacións que afecten as correntes de auga.

Polo exposto, as deputadas que subscriben, formulan as seguintes preguntas

á Xunta para a súa resposta oral en Comisión:

Abriu expedientes sancionadores ás responsables polas verteduras e

polas actuacións devanditas?

Coñece outras verteduras ou actuacións que afectaran ao río Baa e

quen foi o seu causante?

Afectan estas verteduras e actuacións á calidade da auga da traída

auxiliar municipal de Mugardos bombeada augas abaixo no Seixo, en

Mugardos?

Ordenoulles ás responsables das verteduras e as actuacións medidas

de obrigado cumprimento para previr ou evitar novos danos ao río Baa?

En caso afirmativo, adoptaron as responsables as correspondentes

medidas?

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

3

Ten previsto restaurar o hábitat do río Baa á custa dos responsables

para cumprir coa directiva europea de calidade das augas?

Ten en conta Augas de Galicia nas súas inspeccións que o río Baa

desemboca na ría de Ferrol, declarada sensible ante as autoridades

europeas?

Pazo do Parlamento, a 08 de abril de 2016

Asdo.: Mónica Fernández Rodríguez Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

Mónica Fernández Rodríguez na data 08/04/2016 09:59:25

María Consuelo Martínez García na data 08/04/2016 09:59:35

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 50979(09/POC-007616)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da

colaboración económica co Concello de Ponteceso para reparar

os problemas estruturais da ponte da Garga e proceder á súa

rehabilitación integral, así como o establecemento de axudas

para paliar os danos causados polos asolagamentos

Publicación da iniciativa, 656, 08.06.2016

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputada e

deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa

resposta oral na Comisión 2ª, relativa á situación da Ponte da Garga en Ponteceso.

A Ponte da Garga é unha ponte de indubidábel valor patrimonial, catalogada, e

que ademais está en uso, cumprindo unha funcionalidade social real ao comunicar

directamente os núcleos de Anllóns e A Garga, e por extensión ás parroquias

circundantes.

Trátase dunha ponte do século XIX, de dous vans, executados con arcos de

medio punto lixeiramente rebaixados, de doelas de cantería de granito. Os seos están

formados por cachotería e posúe un tallamar central en ángulo, formado con cantería de

granito. O acceso realízase mediante dúas ramplas a cada lado da ponte. O paso superior

posúe gran anchura e proteccións laterais, constituíndo unha estrada de asfalto. Os

peitorís pertencen a unha actuación posterior, executados con pezas de cantería.

A ponte, pese a súa beleza e valor patrimonial e atoparse nun entorno natural de

grande fermosura, sufriu co paso do tempo un importante proceso de degradación.

Dunha banda existen na contorna e na propia ponte elementos descontextualizados que

deterioran a súa imaxe, entre os que cabe destacar a existencia de distintos aparellos de

medida da calidade das augas colocados por Augas de Galiza, que están apoiados na

estrutura e proximidades da ponte. Ademais na cantería da ponte foi medrando

abondosa vexetación. A estas deficiencias súmase o deterioro da calzada e diversas

fendas na tallamar da ponte.

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Estas deficiencias víronse fortemente agravadas polas dúas importantes

enchentes do río Anllóns no último ano, provocando entre outros problemas estruturais,

a evolución imparable das fendas no tallamar e estrutura da ponte, o fallo da

cimentación do tallamar e o xiro do mesmo provocando o reasentamento do arco dereito

e un aumento importantísimo das fendas na calzada e outras partes da ponte. Froito

desta situación o concello tivo que adoptar a decisión de cortar o tráfico rodado na ponte

ao deixar de reunir as condicións máis elementais de seguridade.

Esta situación de corte do tráfico na ponte provoca numerosas disfuncións na

vida cotiá dos/as veciños/as, que se ven obrigados/as a dar unha volta de sete

quilómetros co correspondente prexuízo económico e de perda de tempo. A isto súmase

a situación das persoas con problemas de discapacidade, que para se desprazar

dependen doutras para uns desprazamentos de metros que se converten en imposibles ao

depender do automóbil e doutras persoas, ou os prexuízos que esta situación provoca no

reparto de mercadorías, nos traballos en leiras próximas e un longo etcétera. Situacións

que inciden na calidade de vida dos/as veciños/as, que ven reducidas e encarecidas as

súas posibilidades de comunicación.

Por todo o devandito, formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na

Comisión 2ª, relativas á situación da Ponte da Garga en Ponteceso:

-Vai a Xunta de Galiza colaborar co concello de Ponteceso, habilitando a

partida económica correspondente, para adoptar medidas de urxencia ante os graves

problemas estruturais da ponte da Garga, co fin de evitar o risco de ruína da ponte e de

restablecer a comunicación directa entre os núcleos de Anllóns e A Garga?

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Vai colaborar co concello de Ponteceso, habilitando a partida económica

correspondente, para proceder á reparación dos problemas estruturais da ponte da

Garga e á súa rehabilitación integral, recuperando os seus valores patrimoniais?

-Vai establecer con urxencia as axudas pertinentes para paliar os prexuízos

causados polas inundacións no concello de Ponteceso?

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

Asdo. Ana Belén Pontón Mondelo

Portavoz do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz s. do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 30/05/2016 13:45:28

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 30/05/2016 13:45:33

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Orde do día

1.4 51003(09/POC-007619)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel e 5 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da

colaboración co Concello de Ponteceso para o arranxo da ponte

da Garga de xeito definitivo e as razóns existentes para non

atender as demandas realizadas polo Concello ao respecto

Publicación da iniciativa, 656, 08.06.2016

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Á MESA DO PARLAMENTO

Juan Manuel Fajardo Recouso, Ramón Vázquez Díaz, Eva Solla Fernández, Antón

Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado e Xabier Ron Fernández, deputados e

deputada do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (ESQUERDA

UNIDA-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,

presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

As inundacións sufridas no conxunto do país, durante o pasado mes de marzo, teñen

provocado numerosos desperfectos no conxunto de concellos afectados, un dos máis

significativos é o producido sobre a Ponte da Garga na parroquia de Anllóns (San Fins) no

concello de Ponteceso, que como consecuencia das riadas ocasionadas neses días

incrementou de forma moi considerable o seu deterioro e, sobre todo, coa presenza, logo

desa data, de danos estruturais tanto no pano como nos piares centrais da ponte, danos que

poñen en risco a súa integridade e que a fan perigosa para o uso diario.

Este deterioro obrigou a que no presente mes o concello pechase a ponte ao tráfico rodado,

situación que afecta a ducias de veciñas e veciños que teñen que utilizar un desvío de máis

de 7 km para acceder ás súas vivendas e situación que tamén afecta ao subministro ou

servizos como a recollida de lixo. A pesar de todo isto, dende a Xunta de Galicia non

tiveron a ben nin visitar a zona, nin facilitar os técnicos para o estudo da situación, nin

ningunha outra actuación; de feito, só existe silencio e inacción por parte da

administración autonómica ante este grave contexto.

.

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), formula a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión:

1.ª) Ten previsto o Goberno galego establecer algún tipo de colaboración co

concello de Ponteceso co obxectivo de arranxar de forma definitiva esta ponte?

2.ª) Cal é o motivo polo que dende a Xunta de Galicia se teña desatendido

calquera solicitude de axuda, información ou apoio ante as demandas concretas

sobre este tema realizadas dende o Concello de Ponteceso?

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016.

Asinado dixitalmente por:

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 30/05/2016 17:29:48

Eva Solla Fernández na data 30/05/2016 17:29:57

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 30/05/2016 17:30:04

Anton Sánchez García na data 30/05/2016 17:30:08

Ramón Vázquez Díaz na data 30/05/2016 17:30:12

Jose Javier Ron Fernandez na data 30/05/2016 17:30:15

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2. Elaboración do ditame, á vista do Informe da Ponencia, sobre

a Proposición de Lei de medidas urxentes para a actualización

do sistema de transporte público de Galicia

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,

Medio Ambiente e Servizos

Día: 04.07.2016 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 50759(09/PPL-000044)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Proposición de lei de medidas urxentes para a actualización

do sistema de transporte público de Galicia

Publicación da iniciativa, 648, 24.05.2016

Publicación da asignación a Comisión e apertura de emendas,

655, 07.06.2016

Publicación da toma en consideración, 655, 07.06.2016

Publicación da ampliación do prazo de presentación de

emendas, 658, 14.06.2016

Publicación de emendas ao articulado, 663, 22.06.2016

Publicación da designación da Ponencia, 665, 27.06.2016

Publicación do informe da Ponencia, 667, 30.06.2016

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

1

(Texto para Comisión)

PROPOSICIÓN DE LEI DE MEDIDAS URXENTES PARA A ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA

Proposición de lei: BOPG núm. 648, do 24.05.2016 Emendas ao articulado: BOPG núm. 663, fascículo 2, do 22.06.2016 Informe da Ponencia: BOPG núm. 667, fascículo 2, do 30.06.2016

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

2

TEXTO DO PROXECTO:

Artigo 1. Obxecto da lei Esta lei ten por obxecto establecer as medidas urxentes necesarias para a actualización do sistema de transporte público de Galicia e os mecanismos transitorios precisos ata acadar a dita actualización.

INFORME DA PONENCIA:

Artigo 1. Obxecto da lei Esta lei ten por obxecto establecer as medidas urxentes necesarias para a actualización do sistema de transporte público de Galicia en condicións de seguridade, calidade e eficacia social e os mecanismos transitorios precisos ata acadar a dita actualización.

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº1, de Substitución. Débese substituir o texto do artigo polo seguinte: "Esta lei ten por obxecto establecer as medidas urxentes necesarias para adaptar a normativa europea ao transporte de viaxeiros por estrada e establecer as liñas estratéxicas transitorias para a modernización do modelo de transporte de Galicia de forma adecuada ás necesidades e exixencias de carácter económico, social, medioambiental e territorial, de forma que permita adaptar o noso marco legal ao disposto no Regulamento (CR) nº 1370/2007, do 23 de outubro de 2007.” __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº1, de Adición. Debe ser engadido ao artigo 1 o seguinte texto: "...en condicións de seguridade, calidade e eficacia social...", quedando redactado o artigo do seguinte xeito:

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

3

Esta lei ten por obxecto establecer as medidas urxentes necesarias para a actualización do sistema de transporte público de Galicia en condicións de seguridade, calidade e eficacia social e os mecanismos transitorios precisos ata acadar a dita actualización. __________________________________________

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

4

TEXTO DO PROXECTO:

Artigo 2. O Plan de transporte público de Galicia 1. A actualización do sistema de transporte público de Galicia levarase a cabo mediante a aprobación do Plan de transporte público de Galicia. Este plan é o instrumento de planificación mediante o cal se establece a ordenación dos servizos de transporte público regular da competencia da Administración xeral da Comunidade Autónoma, así como a coordinación do conxunto de servizos de transporte público que se desenvolvan na Comunidade Autónoma. 2. Son obxectivos do Plan de transporte público de Galicia facilitar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade e sostibilidade económico-financeira e medioambiental, fomentando e potenciando o uso prioritario do transporte público en calquera dos seus modos, facilitando a intermodalidade do servizo e a súa accesibilidade ás persoas, de xeito que se potencie a súa concepción como unha alternativa sostible fronte ao transporte particular e contribúa á vertebración territorial da Comunidade Autónoma. 3. O Plan de transporte público de Galicia, que desenvolverá o contido establecido como anexo a esta lei, será elaborado pola consellaría da Xunta de Galicia competente en materia de transportes e, logo do seu sometemento a información pública e do informe do Consello Galego de Transportes, será aprobado polo Consello da Xunta de Galicia. O primeiro plan de transporte público de Galicia deberá aprobarse no prazo de vinte e un meses desde a entrada en vigor desta lei, garantindo que a adxudicación dos contratos de servizo público que expirasen, así como dos novos contratos de servizo público que estableza o plan, se produza dentro do período transitorio fixado no Regulamento (CE) nº 1370/2007, do 23 de outubro de 2007, sobre os servizos públicos de transporte de viaxeiros por ferrocarril e estrada, e conforme o disposto nel. 4. A concreción dos servizos de transporte público contida no plan efectuarase mediante o seu desenvolvemento nos correspondentes anteproxectos de servizos de transporte público regular de uso xeral, que, logo da súa tramitación

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

5

consonte o disposto pola normativa sectorial aplicable, serán aprobados pola consellaría competente en materia de transportes.

INFORME DA PONENCIA:

Artigo 2. O Plan de transporte público de Galicia 1. A actualización do sistema de transporte público de Galicia levarase a cabo mediante a aprobación do Plan de transporte público de Galicia. Este plan é o instrumento (...) mediante o cal se establece a ordenación dos servizos de transporte público regular da competencia da Administración xeral da Comunidade Autónoma, así como a coordinación do conxunto de servizos de transporte público que se desenvolvan na Comunidade Autónoma. 2. Son obxectivos do Plan de transporte público de Galicia facilitar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade, eficiencia social e sostibilidade económico-financeira e medioambiental, fomentando e potenciando o uso prioritario do transporte público en calquera dos seus modos, facilitando a intermodalidade do servizo e a súa accesibilidade ás persoas, de xeito que se potencie a súa concepción como unha alternativa sostible fronte ao transporte particular e contribúa á vertebración territorial da Comunidade Autónoma. 3. O Plan de transporte público de Galicia, que desenvolverá o contido establecido como anexo a esta lei, será elaborado pola consellaría da Xunta de Galicia competente en materia de transportes e, logo do seu sometemento a información pública e do informe do Consello Galego de Transportes, será aprobado polo Consello da Xunta de Galicia. O primeiro plan de transporte público de Galicia deberá aprobarse no prazo de vinte e un meses desde a entrada en vigor desta lei, garantindo que a adxudicación dos contratos de servizo público que expirasen, así como dos novos contratos de servizo público que estableza o plan, se produza dentro do período transitorio fixado no Regulamento (CE) nº 1370/2007, do 23 de outubro de 2007, sobre os servizos públicos de transporte de viaxeiros por ferrocarril e estrada, e conforme o disposto nel.

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

6

4. A concreción dos servizos de transporte público contida no plan efectuarase mediante o seu desenvolvemento nos correspondentes anteproxectos de servizos, (...) que, logo da súa tramitación consonte o disposto pola normativa sectorial aplicable, serán aprobados pola consellaría competente en materia de transportes.

EMENDAS PRESENTADAS:

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº2, ao apartado 1, de Supresión. Debe ser suprimido no segundo parágrafo do apartado 1 do artigo 2 o seguinte texto: “...de planificación...” __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº2, ao apartado 1, de Substitución. Débese substituir o texto do primeiro paragrafo do apartado 1 polo seguinte: "1. A actualización do sistema de transporte público por estrada de Galicia levarase a cabo mediante a aprobación polo Parlamento do Plan de transporte público de Galicia.“ __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº3, ao apartado 2, de Substitución. Débese substituir o texto do apartado 2 polo seguinte: "2. Son obxectivos e principios básicos da actuación do futuro Plan de transporte público por estrada que aprobará o Parlamento galego, de forma que se constrúa un sistema de transporte sostible: * Serán de carácter prioritarios os métodos de transporte por estrada de menos custo social e impacto ambiental. * Garantir unha mobilidade accesible, universal e sostible. * Consolidar o dereito dos cidadáns a un modelo accesible e adecuado, con independencia das condicións sociais e económicas deles. * Promover a implantación de medios de transporte eléctricos, desincentivando os medios menos ecolóxicos e favorecendo a implantación de medios con menor impacto respecto dos baseados en combustibles fósiles.

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

7

* Garantir un modelo de maior seguridade e menor sinistralidade. * Introducir modelos de cooperación entre as diversas administracións implicadas, garantindo unha adecuada planificación e coordinación no sector, que promova a eficiencia dos recursos públicos. * Promoverá o desenvolvemento dun modelo territorial racional e sostible, que permita a redución de necesidades de mobilidade." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº4, ao apartado 2, de Substitución. Debe ser substituído no apartado 2 do artigo 2 a expresión “...en calquera dos seus modos...” por “...colectivo, con especial incidencia no transporte de ría e ferroviario,...” quedando redactada a alínea do seguinte xeito: 2. Son obxectivos do Plan de transporte público de Galicia facilitar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade e sostibilidade económico-financeira e medioambiental, fomentando e potenciando o uso prioritario do transporte público colectivo, con especial incidencia no transporte de ría e ferroviario, facilitando a intermodalidade do servizo e a súa accesibilidade ás persoas, de xeito que se potencie a súa concepción como unha alternativa sostible fronte ao transporte particular e contribúa á vertebración territorial da Comunidade Autónoma. __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº3, ao apartado 2, de Adición. Debe ser engadido no apartado 2 do artigo 2 o seguinte texto: "..., eficacia social...", quedando redactada a alínea do seguinte xeito: 2. Son obxectivos do Plan de transporte público de Galicia facilitar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade, eficacia social e sostibilidade económico-financeira e medioambiental, fomentando e potenciando o uso prioritario do transporte público en calquera dos seus modos, facilitando a intermodalidade do servizo e a súa accesibilidade ás persoas, de xeito que se potencie a súa concepción como unha alternativa sostible fronte ao transporte particular e contribúa á vertebración territorial da Comunidade Autónoma.

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

8

__________________________________________ REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto.

Emenda nº5, ao apartado 2, de Adición. Debe ser engadida no apartado 2 do artigo 2 o seguinte texto “... e eficaz...”, quedando redactada a alínea do seguinte xeito: 2. Son obxectivos do Plan de transporte público de Galicia facilitar a mobilidade das persoas en termos de igualdade, seguridade, calidade e sostibilidade económico-financeira e medioambiental, fomentando e potenciando o uso prioritario do transporte público en calquera dos seus modos, facilitando a intermodalidade do servizo e a súa accesibilidade ás persoas, de xeito que se potencie a súa concepción como unha alternativa sostible e eficaz fronte ao transporte particular e contribúa á vertebración territorial da Comunidade Autónoma. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº1, ao apartado 3, de Substitución. Substitúese o primeiro parágrafo do apartado 3 do artigo 2 polo seguinte: “3. O Plan de transporte de Galicia, que desenvolverá o contido como anexo desta lei, será elaborado pola consellaría competente en materia de transportes e contará coa participación de todas as administracións con competencias en transportes en Galicia, co fin de que o documento de planificación aborde de xeito integral e coordinado os diferentes modos de transporte público con independencia da súa titularidade. Será sometido a información pública e aos informes que sexan preceptivos de órganos consultivos, entre eles particularmente o do Consello Galego de Transportes, e aprobado finalmente polo Consello da Xunta de Galicia.” __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº4, ao apartado 3, de Substitución. Débese substituir no primeiro paragrafo do apartado 3 o seguinte texto: Onde di: "O Plan de transporte público de Galicia,..." debe dicir: "O Plan de transporte público por estrada de Galicia,..."

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

9

__________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº5, ao apartado 3, de Substitución. Débese substituir, ao final do primeiro paragrafo do apartado 3, o seguinte texto: Onde di: "...será aprobado polo Consello da Xunta de Galicia." debe dicir: "...será aprobado polo Parlamento de Galicia." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº6, ao apartado 3, de Substitución. Débese substituir, ao inicio do segundo paragrafo do apartado 3, o seguinte texto: Onde di: "O primeiro plan de transporte público de Galicia deberá aprobarse no prazo de vinte e un meses...", debe dicir: "O primeiro plan deberá someterse a debate do Parlamento galego no prazo de vinte e un meses..." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº7, ao apartado 3, de Substitución. Debe ser substituída no apartado 3 do artigo 2 a expresión do final do parágrafo: "... Consello da Xunta de Galicia." por "...Pleno do Parlamento de Galicia." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº8, ao apartado 3, de Substitución. Debe ser substituída no segundo parágrafo do apartado 3 do artigo 2 a expresión "...vinte e un meses..." por "...doce meses..." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº6, ao apartado 3, de Adición. Debe ser engadido ao apartado 3 do artigo 2 o seguinte texto: “...e do Consello Económico e Social de Galicia,...”, quedando redactada alínea do seguinte xeito:

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

10

3. O Plan de transporte público de Galicia, que desenvolverá o contido establecido como anexo a esta lei, será elaborado pola consellaría da Xunta de Galicia competente en materia de transportes e, logo do seu sometemento a información pública e do informe do Consello Galego de Transportes e do Consello Económico e Social de Galicia, será aprobado polo Consello da Xunta de Galicia. __________________________________________

TRANSACC. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº1, ao apartado 4, de Supresión. Débese suprimir no punto 4 do artigo 2 a seguinte expresión: Na terceira liña, suprimir: "de uso xeral" __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº2, ao apartado 4 bis), de Adición. Engádese un novo apartado 5 no artigo 2 coa seguinte redacción: “5. O Plan de transporte público de Galicia abordará integralmente o sistema de mobilidade a través do transporte colectivo en Galicia, establecendo a planificación xeral que será referencia para o desenvolvemento dos distintos modos de transporte. Para iso, contarase coa participación de todas as administracións que teñen competencias, e o documento final dispoñerá dos mecanismos de coordinación e cooperación para facer efectivos os obxectivos e mecanismos do plan por cada administración.” __________________________________________

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

11

TEXTO DO PROXECTO:

Artigo 3. Garantía da prestación de servizos no período transitorio 1. Queda sen efectos a modificación dos prazos de vixencia dos contratos de servizo público de transporte regular de uso xeral introducida polo artigo 1 da Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector de transporte público de Galicia, considerando expirados estes contratos desde que alcancen o seu período de vixencia previo á indicada modificación, todo isto sen prexuízo da aplicación das disposicións do Regulamento (CE) 1370/2007 relativas ao seu período transitorio e á duración dos contratos. Malia o indicado no punto anterior, os servizos públicos de transporte regular de uso xeral aos que facía referencia o artigo 1 da Lei 5/2009 continuarán a ser explotados polos seus prestadores actuais ata a adxudicación e implantación dos servizos establecidos no Plan de transporte público de Galicia, de acordo cos prazos indicados no artigo anterior. A continuidade na explotación producirase sen necesidade de requirimento previo por parte da Administración, e será obrigatoria para o prestador se no prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao de entrada en vigor desta lei, non comunica formalmente á dirección xeral competente en materia de transportes a súa renuncia expresa á devandita continuidade. No caso de renuncia neste prazo, o prestador manterá en calquera caso a continuidade na prestación dos servizos como obriga de servizo público, durante o prazo máximo de doce meses, contados desde a data da renuncia, prazo no que a dirección xeral con competencias en materia de transportes procederá á adxudicación directa do servizo de acordo co Regulamento (CE) nº 1370/2007. No caso dos contratos que non expirasen á entrada en vigor desta lei, o prazo máximo de doce meses anteriormente citado contarase desde a data da súa expiración. 2. No período de continuidade na explotación, os prestadores dos servizos manterán, para todos os efectos, a condición de contratistas do servizo público de transporte, cuxa prestación será exixible de acordo coas condicións establecidas nos títulos contractuais aplicables o 14 de marzo de 2016 ou, se é o caso, en ulteriores modificacións ou adaptacións que se aproben para atender novas necesidades ou tráficos de

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

12

relevante interese social ou por resolución de expedientes de modificación iniciados con antelación á referida data. Así mesmo, resultaranlles aplicables as previsións do Regulamento (CE) nº 1370/2007, do 23 de outubro de 2007; da Lei 6/1996, do 9 de xullo, de coordinación dos servizos de transporte urbanos e interurbanos de viaxeiros por estrada; da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico; da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres; e do resto de normativa que resulte aplicable. 3. Durante o dito período, poderá solicitarse a novación subxectiva do prestador do servizo de transporte. A dita novación deberá ser aprobada pola consellaría competente en materia de mobilidade e virá condicionada á asunción, polo cesionario, das obrigas derivadas das condicións de explotación vixentes para o cedente. 4. En particular, durante o período de continuidade na explotación, serán exixibles as seguintes obrigas contractuais: a) Integrar os contratos nos plans de transporte metropolitano e no novo sistema tarifario zonal. b) Implantar un sistema de axuda á explotación de acordo co establecido na Resolución conxunta do 1 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se aproban as especificacións funcionais para a implantación de sistemas de axuda á explotación en toda a frota adscrita aos contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular permanente de persoas de uso xeral por estrada de Galicia, e posteriores actos e actuacións efectuados ou que se deban realizar en aplicación da dita resolución. c) Os vehículos que, durante o período de continuidade na explotación, se adscriban por primeira vez a un contrato de xestión dun servizo público de transporte regular interurbano de uso xeral da competencia da Xunta de Galicia serán accesibles para persoas con mobilidade reducida. A Administración non autorizará a adscrición de novos vehículos que non cumpran os requirimentos previstos neste punto. No caso de incumprimento dalgunha destas obrigas, será aplicable o réxime sancionador da Lei 16/1987, do 30 de xullo.

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

13

INFORME DA PONENCIA:

Artigo 3. Garantía da prestación de servizos no período transitorio 1. Queda sen efectos a modificación dos prazos de vixencia dos contratos de servizo público de transporte regular de uso xeral introducida polo artigo 1 da Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector de transporte público de Galicia, considerando expirados estes contratos desde que alcancen o seu período de vixencia previo á indicada modificación, todo isto sen prexuízo da aplicación das disposicións do Regulamento (CE) 1370/2007 relativas ao seu período transitorio e á duración dos contratos. Malia o indicado no punto anterior, os servizos públicos de transporte regular de uso xeral aos que facía referencia o artigo 1 da Lei 5/2009 continuarán a ser explotados polos seus prestadores actuais ata a adxudicación e implantación dos servizos establecidos no Plan de transporte público de Galicia, de acordo cos prazos indicados no artigo anterior. A continuidade na explotación producirase sen necesidade de requirimento previo por parte da Administración, e será obrigatoria para o prestador se no prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao de entrada en vigor desta lei, non comunica formalmente á dirección xeral competente en materia de transportes a súa renuncia expresa á devandita continuidade. No caso de renuncia neste prazo, o prestador manterá en calquera caso a continuidade na prestación dos servizos como obriga de servizo público nos termos establecidos no artigo 97.3 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación dos transportes terrestres, durante o prazo máximo de doce meses, contados desde a data da renuncia, prazo no que a dirección xeral con competencias en materia de transportes procederá á adxudicación directa do servizo de acordo co Regulamento (CE) nº 1370/2007. No caso dos contratos que non expirasen á entrada en vigor desta lei, o prazo máximo de doce meses anteriormente citado contarase desde a data da súa expiración. 2. No período de continuidade na explotación, as empresas prestadoras dos servizos manterán, para todos os efectos, a condición de contratistas do servizo público de transporte, cuxa prestación será exixible de acordo coas condicións establecidas nos títulos contractuais aplicables o 14 de marzo

Page 35: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

14

de 2016 ou, se é o caso, en ulteriores modificacións ou adaptacións que se aproben para atender novas necesidades ou tráficos de relevante interese social ou por resolución de expedientes de modificación iniciados con antelación á referida data. Así mesmo, resultaranlles aplicables as previsións do Regulamento (CE) nº 1370/2007, do 23 de outubro de 2007; da Lei 6/1996, do 9 de xullo, de coordinación dos servizos de transporte urbanos e interurbanos de viaxeiros por estrada; da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico; da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres; e do resto de normativa que resulte aplicable. 3. Durante o dito período, poderá solicitarse a novación subxectiva do prestador do servizo de transporte. A dita novación deberá ser aprobada pola consellaría competente en materia de mobilidade e virá condicionada á asunción, polo cesionario, das obrigas derivadas das condicións de explotación vixentes para o cedente. 4. En particular, durante o período de continuidade na explotación, serán exixibles as seguintes obrigas contractuais: a) Integrar os contratos nos plans de transporte metropolitano e no novo sistema tarifario zonal. b) Implantar un sistema de axuda á explotación de acordo co establecido na Resolución conxunta do 1 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Mobilidade e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se aproban as especificacións funcionais para a implantación de sistemas de axuda á explotación en toda a frota adscrita aos contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular permanente de persoas de uso xeral por estrada de Galicia, e posteriores actos e actuacións efectuados ou que se deban realizar en aplicación da dita resolución. c) Os vehículos que, durante o período de continuidade na explotación, se adscriban por primeira vez a un contrato de xestión dun servizo público de transporte regular interurbano de uso xeral da competencia da Xunta de Galicia serán accesibles para persoas con mobilidade reducida. A Administración non autorizará a adscrición de novos vehículos que non cumpran os requirimentos previstos neste punto. No caso de incumprimento dalgunha destas obrigas, será aplicable o réxime sancionador da Lei 16/1987, do 30 de xullo.

Page 36: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

15

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº7, ao apartado 1, de Substitución. Débese substituir no 3º paragrafo do apartado 1 a seguinte expresión: Onde di: "...e será obrigatoria para o prestador se no prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao de entrada en vigor desta lei,..." debe dicir: "...e será obrigatoria para o prestador se no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte á entrada en vigor desta lei,..." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº2, ao apartado 1, de Adición. Débese engadir ao final do punto 1 do artigo 3 o seguinte contido: Engadir in fine: "...para estes efectos considerarase como investimento significativo o xa realizado en virtude do Plan de modernización." __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº9, ao apartado 2, de Substitución. Debe ser substituída no apartado 2 do artigo 3 a expresión "... os prestadores dos servizos..." por "... as empresas prestadoras dos servizos..." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº3, ao apartado 2, de Modificación. Débese modificar na liña quinta do punto 2 do artigo 3 o seguinte contido: Onde di: "...modificacións ou adaptacións que se aproben para atender novas necesidades..." debe dicir: "...modificacións ou adaptacións que se aproben de oficio por razóns de interese público ou por instancia dos explotadores dos servizos para atender novas necesidades..."

Page 37: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

16

__________________________________________ REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia.

Emenda nº4, ao apartado 4.b, de Modificación. Débese modificar na aliña b) do punto 4 do artigo 3 o seguinte contido: Onde di: "b) Implantar un sistema de axuda á explotación..." debe dicir: "b) Implantar nas áreas onde opere a tarxeta moedeiro da Xunta de Galicia un sistema de axuda á explotación..." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº5, ao apartado 4.c, de Modificación. Débese modificar a aliña c) do punto 4 do artigo 3, que quedaría redactada co seguinte contido: "c) A explotación dos servizos deberá cumprir as previsións do Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade. Os vehículos que, durante o período de continuidade na explotación, se adscriban por primeira vez a un contrato dun servizo público de transporte regular da Xunta de Galicia serán accesibles para persoas con mobilidade reducida; a partir do 1 de xaneiro de 2018 deberá selo calquera vehículo que se adscriba a calquera contrato de transporte regular de persoas de uso xeral. A Administración non autorizará a adscrición de vehículos que non cumpran os requirimentos previstos neste punto." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº8, ao apartado 4.c) bis), de Adición. Débese engadir un novo punto no apartado 4 co seguinte texto: "d) Os vehículos que durante a continuidade na explotación sexan adscritos ao servizo público deberán garantir unha redución da antigüidade da frota adscrita ao servizo." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº9, ao apartado 4.c) ter), de Adición. Débese engadir un no punto no apartado 4 co seguinte texto:

Page 38: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

17

"e) Calquera substitución ou incremento de vehículos adscritos ao servizo deberá cumprir o disposto na alínea e) deste artigo, así como garantir a redución de consumo de combustibles fósiles, favorecendo a introdución de vehículos de carácter mixto ou netamente eléctricos." __________________________________________

Page 39: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

18

INFORME DA PONENCIA:

MANTENSE O TEXTO DO PROXECTO

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº10, de Adición. Débese engadir un novo artigo 3 bis) co seguinte texto: "Artigo 4. Xestión directa 1. Procederá a xestión pública directa dun servizo cando a xestión directa resulte inadecuada, ou non garanta os obxectivos fixados nesta lei, no ámbito da preservación do medio ambiente ou a garantía de universalidade del, ademais de cando a xestión indirecta sexa incapaz de satisfacer os obxectivos económicos, de seguridade, sociais ou de garantía de accesibilidade e mobilidade da cidadanía afectada, ou cando veña dada por motivos de interese público de carácter económico-social. 2. Cando se dean as circunstancias previstas no punto 1 deste artigo, a Administración poderá prestar de forma directa os servizos de transporte público permanente ou non de viaxeiros por estrada e utilizar para a súa xestión calquera dos mecanismo legalmente dispoñibles e contidos ademais no Regulamento CE nº 1370/2007, do 23 de outubro, de servizos públicos de transporte de viaxeiros por ferrocarril e estrada." __________________________________________

Page 40: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

19

TEXTO DO PROXECTO:

Disposición adicional. Establecemento de novos servizos de duración temporalmente limitada A implantación de servizos de transporte público regular de uso xeral de duración temporalmente limitada, aínda que sexan de repetición periódica, como os de feiras, mercados, praias ou semellantes, será acordada pola dirección xeral competente en materia de transportes, de oficio ou por petición dunha empresa interesada na súa prestación. Con antelación á aprobación do establecemento destes servizos, a Administración someterá a información pública durante un prazo de dez días, e simultaneamente a informe do Comité Galego de Transportes, un proxecto de explotación do servizo, no que se identifiquen os tráficos que se van atender, os itinerarios –se é o caso–, o calendario de prestación e a tarifa aplicable, así como aqueloutros elementos que configuren o servizo e que poderán ser obxecto de valoración para a súa adxudicación. A dirección xeral competente en materia de transportes poderá acordar a adxudicación directa destes servizos de acordo co Regulamento (CE) nº 1370/2007.

INFORME DA PONENCIA:

Disposición adicional única. Establecemento de novos servizos de duración temporalmente limitada A implantación de servizos de transporte público regular de uso xeral de duración temporalmente limitada, aínda que sexan de repetición periódica, como os de feiras, mercados, praias ou semellantes, será acordada pola dirección xeral competente en materia de transportes, de oficio ou por petición dunha empresa interesada na súa prestación. Con antelación á aprobación do establecemento destes servizos, a Administración someterá a información pública durante un prazo de dez días, e simultaneamente a informe do Comité Galego de Transportes, un proxecto de explotación do servizo, no que se identifiquen os tráficos que se van atender, os itinerarios –se é o caso–, o calendario de prestación, as frecuencias e a tarifa aplicable, así como aqueloutros elementos que configuren o servizo e que poderán ser obxecto de valoración para a súa adxudicación. A dirección xeral

Page 41: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

20

competente en materia de transportes poderá acordar a adxudicación directa destes servizos de acordo co Regulamento (CE) nº 1370/2007.

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº11, de Supresión. Debe ser suprimido do apartado segundo da disposición adicional o seguinte texto: "... A dirección xeral competente en materia de transportes poderá acordar a adxudicación directa destes servizos de acordo co Regulamento (CE) nº 1370/2007” __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº10, de Adición. Debe ser engadida no segundo parágrafo da disposición adicional a expresión "..., as frecuencias..." quedando redactado o parágrafo do seguinte xeito: Con antelación á aprobación do establecemento destes servizos, a Administración someterá a información pública durante un prazo de dez días, e simultaneamente a informe do Comité Galego de Transportes, un proxecto de explotación do servizo, no que se identifiquen os tráficos que se van atender, os itinerarios –se é o caso–, o calendario de prestación, as frecuencias e a tarifa aplicable, así como aqueloutros elementos que configuren o servizo e que poderán ser obxecto de valoración para a súa adxudicación. A dirección xeral competente en materia de transportes poderá acordar a adxudicación directa destes servizos de acordo co Regulamento (CE) nº 1370/2007. __________________________________________

Page 42: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

21

INFORME DA PONENCIA:

MANTENSE O TEXTO DO PROXECTO

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº6, de Adición. Débese engadir unha nova Disposición adicional bis, que quedará redactada co seguinte contido: "Disposición adicional bis) Os servizos públicos regulares de transporte de persoas nas áreas de débil tráfico poderán prestarse con vehículos de ata nove prazas incluído o condutor. Regulamentariamente a consellaría competente en materia de transporte fixará os requisitos que deberán cumprir as empresas de transporte que xa dispoñan de autorizacións VD para a obtención de autorización para prestar servizos regulares con este tipo de vehículos." __________________________________________

Page 43: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

22

TEXTO DO PROXECTO:

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa Queda derrogado o artigo 1 da Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector de transporte público de Galicia.

INFORME DA PONENCIA:

MANTENSE O TEXTO DO PROXECTO

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº7, de Modificación. Débese modificar a Disposición derrogatoria que quedará redactada co seguinte contido: "Queda derrogada a Resolución do 26 de febreiro de 2010 da Dirección Xeral de Mobilidade pola que se aproba o Plan de modernización das concesións de transporte público regular permanente de persoas de uso xeral por estrada de Galicia." __________________________________________

Page 44: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

23

TEXTO DO PROXECTO:

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento Habilítase o Consello da Xunta de Galicia para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento do disposto nesta lei.

INFORME DA PONENCIA:

MANTENSE O TEXTO DO PROXECTO

EMENDAS PRESENTADAS:

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 45: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

24

TEXTO DO PROXECTO:

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor Esta lei entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

INFORME DA PONENCIA:

MANTENSE O TEXTO DO PROXECTO

EMENDAS PRESENTADAS:

NON SE PRESENTARON EMENDAS

Page 46: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

25

TEXTO DO PROXECTO:

Anexo . Contido do Plan de transporte público de Galicia O Plan de transporte público de Galicia concretará a rede de transporte público de Galicia da competencia da Xunta de Galicia, establecendo os servizos e territorios potencialmente afectados polas futuras adxudicacións dos servizos e os tipos de adxudicación previstos para cada servizo, así como os supostos e condicións de integración de servizos de transporte público regular de uso xeral e de uso especial. Especificamente, terá en consideración as normas en materia de dereitos dos pasaxeiros, protección social, emprego e protección do medio ambiente, así como as necesidades de mobilidade da poboación nas zonas rurais, para o que, xunto cos servizos de transporte público de uso xeral baseados en itinerarios e calendarios estables, integrará a prestación de servizos baixo demanda das persoas usuarias, definindo as formas de integración que en cada caso resulte máis axeitada. O Plan de transporte público de Galicia terá como contido mínimo o seguinte: – O desenvolvemento dos obxectivos do propio plan. Concretaranse os obxectivos establecidos tanto nesta lei como na normativa sectorial aplicable para efectos da planificación do sistema de transporte público. – A programación de licitación dos contratos de servizos públicos de transporte regular de uso xeral da titularidade da Xunta de Galicia. Unha vez adxudicados os contratos, a implantación do servizo producirase no prazo máximo de tres meses desde a formalización do contrato. Os pregos de condicións que rexerán os contratos, sen prexuízo do dereito nacional e comunitario, e incluídos os convenios colectivos entre os interlocutores sociais, preverán que o operador de servizo público adxudicatario ofreza ao persoal previamente contratado para prestar os servizos os dereitos que este tería se se producise un traspaso consonte a Directiva 2001/23/CE, de acordo co previsto no Regulamento (CE) nº 1370/2007. Así mesmo, de acordo coas condicións que se desenvolvan no plan, os pregos recollerán regras para

Page 47: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

26

posibilitar a transmisión dos elementos que formen parte do sistema de axuda á explotación previsto nesta lei e a continuidade da explotación cos vehículos ou material móbil que estiver adscrito á prestación do servizo segundo as condicións recollidas no título concesional aplicable ao servizo preexistente, e sempre que se axuste aos requirimentos necesarios para a prestación do novo servizo. Para garantir a consecución dos obxectivos sinalados no punto 2 do artigo 2 desta lei, os pregos de condicións fixarán os criterios obxectivos para a adxudicación dos concursos, garantindo que, como mínimo, o 65 % da puntuación que se asigne ás ofertas se dirixa a valorar a calidade do servizo público de transporte. – As clases de transporte público que resultarán aplicables en cada ámbito territorial, ou para cada tipoloxía de tráficos, baseados en sistemas de prestación lineal e/ou zonal de servizos e, se é o, na integración de diferentes clases de servizos. O plan analizará a ordenación do territorio en termos de mobilidade, perfilando as modalidades de mobilidade axeitadas para cada ámbito territorial, establecendo as condicións nas que se produciría, se for o caso, a integración de diferentes clases de servizos de transporte. – Os modelos de xestión de servizos baixo demanda das persoas usuarias e a integración destes servizos na rede global de transportes. Mediante a implantación de formas de xestión baixo demanda, e coa utilización das novas tecnoloxías, promoverase a máxima expansión da oferta de servizos de transporte público nos ámbitos rurais, nos que se produce unha maior dispersión da poboación, contribuíndo ao mantemento da poboación. Garantirase a conexión e integración destes servizos no sistema xeral de transportes, de xeito que se facilite a mobilidade cos principais núcleos de poboación. – Os requisitos básicos que deba cumprir a oferta de transporte público en ámbitos tales como accesibilidade, conectividade territorial, seguridade, interconexións modais e intermodais nos principais nós de conexión.

Page 48: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

27

Estableceranse os requisitos mínimos que deberán ser comúns ao conxunto do sistema de transporte público autonómico, facilitando a nivel técnico a universalización deste servizo público para a poboación con dificultades de mobilidade. Fixaranse criterios de conectividade do territorio e dos servizos, nunha concepción integrada do sistema de transporte público, e garantindo a máxima seguridade para as persoas usuarias. – As normas de calidade correspondentes a asuntos tales como equipamento dos vehículos e, se é o caso, as paradas, puntualidade e fiabilidade, limpeza, servizo e información ao cliente, tramitación de queixas e vías de recurso e seguimento da calidade do servizo. Determinaranse os elementos de calidade común dos servizos de transporte, que se incorporarán aos proxectos de explotación deles, fixando o usuario como elemento central do sistema de transporte público. – Os sistemas de tarificación que resultarán aplicables ao conxunto do sistema de transportes. Desenvolveranse os sistemas de tarificación, sobre modelos lineais ou zonais, os sistemas de pagamento por parte das persoas usuarias dos servizos e as posibles liñas de bonificacións orientadas á promoción da utilización do sistema de transporte público ou a finalidades de carácter social. – As prioridades referentes á modernización do sistema de transporte e á coordinación e integración do conxunto de sistemas de transportes que operan na Comunidade Autónoma. Estableceranse as pautas para garantir a adaptación constante do sistema de transporte público á evolución social e tecnolóxica, impulsando a propia modernización deste sector empresarial galego. – Complementará as condicións básicas de dereitos e obrigas das persoas usuarias e garantirá a accesibilidade para o conxunto da poboación. O plan complementará as disposicións mediante as que se recoñecen os dereitos e se establecen as obrigas das persoas usuarias do sistema de transporte público, concretando os mecanismos para facer valer os seus dereitos. Definiranse os

Page 49: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

28

elementos operativos do sistema necesarios para garantir a accesibilidade ao sistema de transporte do conxunto da poboación. – O procedemento de seguimento do cumprimento do plan e os supostos nos que procederá a revisión, total ou parcial, e actualización do plan. O plan fixará os mecanismos de seguimento do nivel de cumprimento dos obxectivos establecidos e de calidade do sistema de transporte público, determinando sistemas de indicadores para tal fin. Fixará as condicións nas que se realizarán modificacións puntuais, así como os criterios determinantes da súa revisión global.

INFORME DA PONENCIA:

Anexo . Contido do Plan de transporte público de Galicia O Plan de transporte público de Galicia concretará a rede de transporte público de Galicia da competencia da Xunta de Galicia, establecendo os servizos e territorios potencialmente afectados polas futuras adxudicacións dos servizos e os tipos de adxudicación previstos para cada servizo, así como os supostos e condicións de integración de servizos de transporte público regular de uso xeral e de uso especial. Especificamente, terá en consideración as normas en materia de dereitos das persoas pasaxeiras, protección social, seguridade viaria, emprego e protección do medio ambiente, así como as necesidades de mobilidade da poboación nas zonas rurais, para o que, xunto cos servizos de transporte público de uso xeral baseados en itinerarios e calendarios estables, integrará a prestación de servizos baixo demanda das persoas usuarias, definindo as formas de integración que en cada caso resulte máis axeitada. O Plan de transporte público de Galicia terá como contido mínimo o seguinte: – O desenvolvemento dos obxectivos do propio plan. Concretaranse os obxectivos establecidos tanto nesta lei como na normativa sectorial aplicable para efectos da planificación do sistema de transporte público.

Page 50: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

29

– A programación de licitación dos contratos de servizos públicos de transporte regular de uso xeral da titularidade da Xunta de Galicia. Unha vez adxudicados os contratos, a implantación do servizo producirase no prazo máximo de tres meses desde a formalización do contrato. Os pregos de condicións que rexerán os contratos, sen prexuízo do dereito nacional e comunitario, e incluídos os convenios colectivos entre os interlocutores sociais, preverán que o operador de servizo público adxudicatario ofreza ao persoal previamente contratado para prestar os servizos os dereitos que este tería se se producise un traspaso consonte a Directiva 2001/23/CE, de acordo co previsto no Regulamento (CE) nº 1370/2007. Así mesmo, de acordo coas condicións que se desenvolvan no plan, os pregos recollerán regras para posibilitar a transmisión dos elementos que formen parte do sistema de axuda á explotación previsto nesta lei e a continuidade da explotación cos vehículos ou material móbil que estiver adscrito á prestación do servizo segundo as condicións recollidas no título concesional aplicable ao servizo preexistente, e sempre que se axuste aos requirimentos necesarios para a prestación do novo servizo. Para garantir a consecución dos obxectivos sinalados no punto 2 do artigo 2 desta lei, os pregos de condicións fixarán os criterios obxectivos para a adxudicación dos concursos, garantindo que, como mínimo, o 65 % da puntuación que se asigne ás ofertas se dirixa a valorar a calidade do servizo público de transporte. – As clases de transporte público que resultarán aplicables en cada ámbito territorial, ou para cada tipoloxía de tráficos, baseados en sistemas de prestación lineal e/ou zonal de servizos e, se é o caso, na integración de diferentes clases de servizos. O plan analizará a ordenación do territorio en termos de mobilidade, perfilando as modalidades de mobilidade axeitadas para cada ámbito territorial, establecendo as condicións nas que se produciría, se for o caso, a integración de diferentes clases de servizos de transporte. – Os modelos de xestión de servizos baixo demanda das persoas usuarias e a integración destes servizos na rede global de transportes.

Page 51: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

30

Mediante a implantación de formas de xestión baixo demanda, e coa utilización das novas tecnoloxías, promoverase a máxima expansión da oferta de servizos de transporte público nos ámbitos rurais, nos que se produce unha maior dispersión da poboación, contribuíndo ao mantemento da poboación e ás necesidades de acceso ás oportunidades de emprego, formación e relación dunha poboación máis diversa e máis exixente. Garantirase a conexión e integración destes servizos no sistema xeral de transportes, de xeito que se facilite a mobilidade cos principais núcleos de poboación. – Os requisitos básicos que deba cumprir a oferta de transporte público en ámbitos tales como accesibilidade, conectividade territorial, seguridade, interconexións modais e intermodais nos principais nós de conexión. Estableceranse os requisitos mínimos que deberán ser comúns ao conxunto do sistema de transporte público autonómico, facilitando a nivel técnico a universalización deste servizo público para a poboación con dificultades de mobilidade. Fixaranse criterios de conectividade do territorio e dos servizos, nunha concepción integrada do sistema de transporte público, e garantindo a máxima seguridade para as persoas usuarias. – As normas de calidade correspondentes a asuntos tales como equipamento dos vehículos e, se é o caso, as paradas, accesibilidade, puntualidade e fiabilidade, limpeza, servizo e información ao cliente, tramitación de queixas e vías de recurso e seguimento da calidade do servizo. Determinaranse os elementos de calidade común dos servizos de transporte, que se incorporarán aos proxectos de explotación deles, fixando o usuario como elemento central do sistema de transporte público. – Os sistemas de tarificación que resultarán aplicables ao conxunto do sistema de transportes. Desenvolveranse os sistemas de tarificación, sobre modelos lineais ou zonais, os sistemas de pagamento por parte das persoas usuarias dos servizos e as posibles liñas de bonificacións orientadas á promoción da utilización do sistema de transporte público ou a finalidades de carácter social.

Page 52: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

31

– As prioridades referentes á modernización do sistema de transporte e á coordinación e integración do conxunto de sistemas de transportes que operan na Comunidade Autónoma. Estableceranse as pautas para garantir a adaptación constante do sistema de transporte público á evolución social e tecnolóxica, impulsando a propia modernización deste sector empresarial galego. – Complementará as condicións básicas de dereitos e obrigas das persoas usuarias e garantirá a accesibilidade para o conxunto da poboación. O plan complementará as disposicións mediante as que se recoñecen os dereitos e se establecen as obrigas das persoas usuarias do sistema de transporte público, concretando os mecanismos para facer valer os seus dereitos. Definiranse os elementos operativos do sistema necesarios para garantir a accesibilidade ao sistema de transporte do conxunto da poboación. – O procedemento de seguimento do cumprimento do plan e os supostos nos que procederá a revisión, total ou parcial, e actualización do plan. O plan fixará os mecanismos de seguimento do nivel de cumprimento dos obxectivos establecidos e de calidade do sistema de transporte público, determinando sistemas de indicadores para tal fin. Fixará as condicións nas que se realizarán modificacións puntuais, así como os criterios determinantes da súa revisión global.

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº3, de Substitución. Substitúese o primeiro parágrafo do Anexo polo seguinte: “O Plan de transporte público de Galicia concretará as redes de transporte público en Galicia, establecendo a planificación xeral de toda a rede de transportes colectivos que servirá de directriz básica para a ordenación do transporte público de todas as administracións con competencias en Galicia, así como,

Page 53: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

32

respecto do transporte competencia da Administración galega e local, os servizos e territorios potencialmente afectados polas futuras adxudicacións dos servizos e os tipos de adxudicación previstos para cada servizo, así como as condicións de integración dos servizos de transporte público regular de uso xeral e de uso especial.” __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº4, de Substitución. Substitúese o segundo parágrafo do Anexo polo seguinte texto: “Especificamente, terá en consideración a intermodalidade dos diferentes modos de transporte e a cobertura do territorio a partir da combinación de uso deles. Adicionalmente, terá en consideración as normas en materia de dereitos dos pasaxeiros, protección social, emprego, protección do medio ambiente e eficiencia enerxética, así como as necesidades de mobilidade da poboación nas zonas rurais,…" (o resto segue igual) __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº12, de Substitución. Debe ser substituída no parágrafo segundo do anexo a expresión “...dos pasaxeiros...” por “...das persoas pasaxeiras,...” __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº14, de Substitución. Debe ser substituído no segundo parágrafo do segundo guión dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo a palabra “...nacional...” por “...estatal...”. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº16, de Substitución. Debe ser substituído ao final do terceiro parágrafo do segundo guión dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo a expresión “...calidade do...” por “...eficacia social e a calidade do emprego e....” quedando redactado o parágrafo do seguinte xeito:

Page 54: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

33

Para garantir a consecución dos obxectivos sinalados no punto 2 do artigo 2 desta lei, os pregos de condicións fixarán os criterios obxectivos para a adxudicación dos concursos, garantindo que, como mínimo, o 65 % da puntuación que se asigne ás ofertas se dirixa a valorar a eficacia social e a calidade do emprego e servizo público de transporte. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº8, de Adición. Débese engadir ao final do terceiro parágrafo do segundo guión dos contidos mínimos do Plan de transporte público de Galicia do anexo o seguinte contido: Engadir in fine: "...En concreto, deberán preverse, entre outros, aqueles aspectos que favorezan a sostibilidade do modelo de mobilidade, aspectos sociais e laborais que garantan no mantemento do emprego e as mellores condicións de traballo e emprego do sector, así como a promoción da calidade e a garantía do mantemento dos servizos e da idoneidade da rede de transportes para obter obxectivos de integración e equilibrio territorial." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº9, de Adición. Débese engadir no segundo parágrafo do terceiro guión dos contidos mínimos do Plan de transporte público de Galicia do anexo, a seguinte expresión: Despois de:"...en termos de mobilidade,..." engadir: "sostible, coa declaración expresa de que o Plan de transportes deberá prever necesariamente medidas de discriminación positiva do transporte público e mecanismos graduais de internacionalización dos custos medioambientais..." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº10, de Adición. Débese engadir un novo guión aos contidos mínimos do Plan de transporte público de Galicia do anexo co seguinte contido: "O Plan de transporte público de Galicia constará da correspondente memoria económico-financeira que garanta a universalidade da mobilidade, a súa sostibilidade e a discriminación positiva do seu uso."

Page 55: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

34

__________________________________________ REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego.

Emenda nº5, de Adición. A continuación do décimo parágrafo do Anexo engádese o seguinte texto: “Para estes efectos, a planificación prevista no plan no que atinxe á ordenación do territorio en termos de mobilidade será vinculante para as distintas administracións titulares de servizos de transporte, que deberán adecuar a planificación de cada modalidades de transporte para facer efectiva a intermodalidade, complementariedade e interoperatividade de toda a rede de transporte público colectivo.” __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº13, de Adición. Debe ser engadido un novo guión aos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia, do anexo co seguinte texto: - A duración máxima do contrato de adxudicación, incluídas as posibles ampliacións. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº15, de Adición. Debe ser engadido ao final da primeira frase no segundo parágrafo do segundo guión dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo, o seguinte texto: “...incluídos, de habelos, os réximes de protección social complementarios. ...” quedando o parágrafo redactado do seguinte xeito: Os pregos de condicións que rexerán os contratos, sen prexuízo do dereito nacional e comunitario, e incluídos os convenios colectivos entre os interlocutores sociais, preverán que o operador de servizo público adxudicatario ofreza ao persoal previamente contratado para prestar os servizos os dereitos que este tería se se producise un traspaso consonte a Directiva 2001/23/CE, de acordo co previsto no Regulamento (CE) nº 1370/2007, incluídos, de habelos, os réximes de protección social complementarios. Así mesmo, de acordo

Page 56: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

35

coas condicións que se desenvolvan no plan, os pregos recollerán regras para posibilitar a transmisión dos elementos que formen parte do sistema de axuda á explotación previsto nesta lei e a continuidade da explotación cos vehículos ou material móbil que estiver adscrito á prestación do servizo segundo as condicións recollidas no título concesional aplicable ao servizo preexistente, e sempre que se axuste aos requirimentos necesarios para a prestación do novo servizo. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº17, de Adición. Debe ser engadido un novo parágrafo ao segundo guión dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo, co seguinte texto: Do mesmo xeito, para avanzar nos obxectivos de igualdade de xénero no ámbito laboral, os pregos de condicións fixarán os criterios obxectivos para a adxudicación do concurso, garantindo que, como mínimo, o 5 % da puntuación que se asigne ás ofertas se dirixa a valorar a ratio de emprego feminino e a súa calidade. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº18, de Adición. Debe ser engadido un novo parágrafo ao segundo guión dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo, co seguinte texto: Así mesmo, para garantir o obxectivo de mellorar a calidade do emprego, os contratos farán constar entre as súas cláusulas a prohibición expresa de contratar con terceiros a actividade principal obxecto de contratación. __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº19, de Adición. Engadir no segundo parágrafo do guión cuarto dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo, a seguinte expresión “... e ás necesidades de acceso ás oportunidades de emprego, formación e relación dunha

Page 57: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

36

poboación máis diversa e máis esixente.”, quedando redactado o parágrafo do seguinte xeito: Mediante a implantación de formas de xestión baixo demanda, e coa utilización das novas tecnoloxías, promoverase a máxima expansión da oferta de servizos de transporte público nos ámbitos rurais, nos que se produce unha maior dispersión da poboación, contribuíndo ao mantemento da poboación e ás necesidades de acceso ás oportunidades de emprego, formación e relación dunha poboación máis diversa e máis exixente. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº20, de Adición. Debe ser engadido ao terceiro parágrafo do guión cuarto dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo, o seguinte texto: “... a atención nun tempo máximo de 2 horas, así como...”, quedando redactado o parágrafo do seguinte xeito: Garantirase a atención nun tempo máximo de 2 horas, así como a conexión e integración destes servizos no sistema xeral de transportes, de xeito que se facilite a mobilidade cos principais núcleos de poboación. __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº21, de Adición. Debe ser engadido ao final do terceiro parágrafo do guión cuarto dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo o seguinte texto: “...e nas relacións de carácter comarcal así como en aquelas actividades caracterizadas polo emprego elevado do vehículo privado como poden ser parques empresariais, hospitais, universidades, grandes empresas, ...”, quedando redactado o parágrafo do seguinte xeito: Garantirase a conexión e integración destes servizos no sistema xeral de transportes, de xeito que se facilite a mobilidade cos principais núcleos de poboación e nas relacións de carácter comarcal, así como naquelas actividades caracterizadas polo emprego elevado do vehículo privado, como poden ser parques empresariais, hospitais, universidades, grandes empresas, ...

Page 58: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

37

__________________________________________ REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto.

Emenda nº22, de Adición. Debe ser engadido ao primeiro parágrafo do guión quinto dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo, o seguinte texto “...frecuencias,...”, quedando redactado o guión do seguinte xeito: – Os requisitos básicos que deba cumprir a oferta de transporte público en ámbitos tales como accesibilidade, conectividade territorial, seguridade, frecuencias, interconexións modais e intermodais nos principais nós de conexión. __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº23, de Adición. Debe ser engadido no guión sexto dos contidos mínimos do Plan de Transporte Público de Galicia do anexo o seguinte texto: “...accesibilidade,...”, quedando redactado o guión do seguinte xeito: – As normas de calidade correspondentes a asuntos tales como equipamento dos vehículos e, se é o caso, as paradas, accesibilidade, puntualidade e fiabilidade, limpeza, servizo e información ao cliente, tramitación de queixas e vías de recurso e seguimento da calidade do servizo. __________________________________________

ACEPTADA -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº11, ao apartado 2, de Adición. Débese engadir no segundo paragrafo a seguinte expresión: Despois de"...protección social,..." Débese engadir: "seguridade viaria" __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº12, ao apartado 6, de Substitución. Débese substituir o texto do sexto paragrafo polo seguinte: “Para garantir a consecución dos obxectivos sinalados nos puntos anteriores da lei, os pregos fixarán criterios socioeconómicos e de garantía social como prioritarios, establecéndose como indiscutible a introdución da garantía de

Page 59: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

38

subrogación do persoal adscrito, así como outorgando un maior valor ponderado neles ás ofertas que melloren a calidade, seguridade e redución enerxética do servizo público de transporte.“ __________________________________________

Page 60: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

39

TEXTO DO PROXECTO:

Exposición de motivos. O acentuado ritmo de transformación social e territorial acaecido nas últimas décadas ten determinado un profundo cambio nos modelos de asentamentos da poboación en Galicia, manifestando unha tendencia ao reforzamento da actividade económica nas zonas atlánticas fronte á menor actividade nas zonas rurais. Neste contexto, produciuse un reforzamento dos asentamentos urbanos nas zonas próximas ás principais cidades do denominado eixe atlántico, incluso con manifestacións de urbanización dispersa, xunto cunha perda relativa de poboación nos territorios interiores, nos que tamén se avanzou cara a un maior avellentamento da poboación. Os efectos desta evolución resultan claramente perceptibles en relación co sistema de transporte público. Así, xunto cun claro incremento da demanda de mobilidade recorrente ou diaria nos contornos urbanos e metropolitanos, preséntase a necesidade de manter un sistema de transporte público sostible nos contornos rurais, nos que mesmo presenta unha nítida finalidade social como garantía de dereitos esenciais como o propio dereito á mobilidade persoal ou a servizos esenciais. A evolución social e territorial da poboación demanda dunha resposta clara da Administración e do propio sector económico, debendo levar a unha revisión en profundidade dun mapa de servizos de transporte público que, basicamente, se construíra ao longo da primeira metade do pasado século, cando as necesidades da poboación e os seus asentamentos resultaban moi distintos dos actuais. O novo mapa de servizos de transporte público deberá responder á dobre necesidade indicada anteriormente, garantindo, por unha parte, a maior cobertura territorial do sistema de transporte, para o que resultarán de grande utilidade as oportunidades que introducen as novas tecnoloxías na utilización de sistemas de transporte baixo demanda das persoas usuarias, e por outra parte, a resposta aos desprazamentos constantes e recorrentes en espazos cada vez máis poboados e conxestionados, contribuíndo á construción dun sistema de transporte público universal, alternativo ao vehículo particular, respectuoso co medio, e que contribúa á mellora da calidade de vida das persoas.

Page 61: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

40

Para facilitar esta adaptación do sistema de transporte e do propio sector, a Comunidade Autónoma de Galicia aprobou a Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector do transporte público de Galicia e, en aplicación dela, o Plan de modernización das concesións administrativas prestadoras destes servizos, o que permitiu avanzar xa a introdución de diferentes actuacións e melloras do sistema. Non obstante, logo de que o Tribunal Supremo anulase a ampliación dos prazos de vixencia daquelas concesións previsto naquela lei, deberanse programar os traballos de planificación do novo sistema de transporte público para a súa licitación consonte o previsto na normativa comunitaria, sen prexuízo de apostar polo mantemento das actuacións de modernización que faciliten ao sector de transporte público responder axeitadamente ás demandas do novo mapa de servizos. En definitiva, esta lei dá resposta ás necesidades de planificación e definición dun novo sistema de transporte público axeitado á evolución das necesidades da sociedade, ao tempo que establece os mecanismos precisos para a transición cara a el, axustada ás necesidades xurdidas logo do pronunciamento do Tribunal Supremo, achegando a máxima seguridade xurídica tanto aos actuais prestadores como ás persoas usuarias do sistema. En canto á estrutura da lei, configúrase como unha lei con tres artigos, unha disposición adicional, unha disposición derrogatoria e dúas disposicións derradeiras. No texto articulado, logo de dedicar o primeiro artigo a fixar o seu propio obxecto, no segundo artigo regúlase o Plan de transporte público de Galicia, como instrumento de planificación mediante o que se establecerá o novo mapa de servizos de transporte público, determínase o seu contido mínimo, que se incorpora como anexo ao texto articulado, e fíxanse as regras precisas para a súa elaboración e aprobación. Por outra parte, logo do pronunciamento do Tribunal Supremo en relación coa ampliación de prazos das concesións que establecera a Lei 5/2009, no terceiro artigo do texto articulado fíxanse as regras para garantir a continuidade da prestación dos servizos de transporte público durante o tempo preciso para o desenvolvemento dos traballos de planificación e o novo deseño de servizos, facilitando o mantemento de actuacións relevantes de modernización do sector previstas naquela lei.

Page 62: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

41

Por último, na disposición adicional establécese unha regulación precisa para, xa desde a entrada en vigor da lei, establecer servizos de transporte de reducida entidade suxeitos a obrigas de servizo público, coa máxima transparencia e participación sectorial.

INFORME DA PONENCIA:

MANTENSE O TEXTO DO PROXECTO

EMENDAS PRESENTADAS:

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº11, de Modificación. Débese modificar no quinto parágrafo da exposición de motivo o seguinte contido: Onde di: "...e, en aplicación dela, o Plan de de modernización das concesións administrativas prestadoras destes servizos, o que permitiu..." debe dicir: "e, en aplicación dela, aprobou a Resolución do 26 de febreiro de 2010 da Dirección Xeral de Mobilidade pola que se aproba o Plan de modernización das concesións de transporte público regular permanente de persoas de uso xeral por estrada de Galicia, finalmente anulada polo Tribunal Supremo, o que permitiu..." __________________________________________

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº6, de Adición. A continuación do noveno parágrafo da Exposición de motivos engádese o seguinte texto: “O plan procurará abordar de xeito integral a planificación xeral do transporte público en Galicia. Para iso, prevese que na súa elaboración se establezan mecanismos de participación e coordinación doutras administracións públicas, particularmente do Estado, para atinxir unha integración real de todos os modos de transporte con independencia de quen sexa a administración titular. Non se pode deixar á marxe a integración de servizos ferroviarios que recibiron importantes investimentos, ficando illados nun Plan de transporte público de Galicia. Por iso, debe haber un marco xeral de planificación do transporte colectivo que logo permita integralos nunha única rede intermodal de transporte público colectivo en toda Galicia. Polo tanto, o plan fará unha especial análise e proposta de

Page 63: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

42

solucións baseándose na interoperabilidade e complementariedade das distintas modalidades de transporte, tanto por ser a base dunha ordenación racional do transporte en Galicia como para permitir potenciar o conxunto do sector do transporte colectivo e asegurar e mellorar o seu nivel de emprego e actividade económica.“ __________________________________________

Page 64: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

1

CLASIFICACIÓN DAS EMENDAS AO PROPOSICIÓN DE LEI DE MEDIDAS URXENTES PARA A ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE TRANSPORTE

PÚBLICO DE GALICIA

ARTIGO 1

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº1, de Substitución.

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº1, de Adición.

ARTIGO 2

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº2, ao apartado 1, de Supresión.

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº2, ao apartado 1, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº3, ao apartado 2, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº4, ao apartado 2, de Substitución.

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº3, ao apartado 2, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº5, ao apartado 2, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº1, ao apartado 3, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº4, ao apartado 3, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº5, ao apartado 3, de Substitución.

Page 65: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

2

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº6, ao apartado 3, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº7, ao apartado 3, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº8, ao apartado 3, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº6, ao apartado 3, de Adición.

TRANSACC. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº1, ao apartado 4, de Supresión.

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº2, ao apartado 4 bis), de Adición.

ARTIGO 3

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº7, ao apartado 1, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº2, ao apartado 1, de Adición.

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº9, ao apartado 2, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº3, ao apartado 2, de Modificación.

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº4, ao apartado 4.b, de Modificación.

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº5, ao apartado 4.c, de Modificación.

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº8, ao apartado 4.c) bis), de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº9, ao apartado 4.c) ter), de Adición.

Page 66: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

3

ARTIGO 3 BIS)

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº10, de Adición.

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº11, de Supresión.

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº10, de Adición.

DISPOSICIÓN ADICIONAL BIS)

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº6, de Adición.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº7, de Modificación.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA PRIMEIRA

- Non se presentaron emendas.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA SEGUNDA

- Non se presentaron emendas.

ANEXO

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº3, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº4, de Substitución.

Page 67: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

4

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº12, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº14, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº16, de Substitución.

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº8, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº9, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº10, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº5, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº13, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº15, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº17, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº18, de Adición.

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº19, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº20, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº21, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº22, de Adición.

ACEPTADA -Do G.P. Grupo Mixto. Emenda nº23, de Adición.

Page 68: REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS ...€¦ · REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS ... compromisos

5

ACEPTADA -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda.

Emenda nº11, ao apartado 2, de Adición.

REXEITAD. -Do G.P. Alternativa Galega de Esquerda. Emenda nº12, ao apartado 6, de Substitución.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

REXEITAD. -Do G.P. Socialistas de Galicia. Emenda nº11, de Modificación.

REXEITAD. -Do G.P. Bloque Nacionalista Galego. Emenda nº6, de Adición.